Formación de Wiley para autores
A editorial Wiley organiza entre o 7 de marzo e o 21 de maio cinco sesións formativas co fin de apoiar aos investigadores no proceso de publicación dos seus traballos científicos. Para participar é necesario inscribirse previamente. Algúns dos obxectivos das sesións serán:
• Buscar de forma avanzada nas revistas científicas e crear alertas.
• Utilizar ferramentas de intelixencia artificial que poidan axudar a autores e profesionais coa xeración de ideas, colaboracion, busca e tratamento de contidos.
• Coñecer as iniciativas actuais para xestionar o acceso aberto aos datos seguindo os principios FAIR (acrónimo de Findable, Accessible, Interoperable e Reusable).
• Visibilizar o traballo científico unha vez foi publicado.
Programa
- Como estar ao día coas revistas científicas de Wiley: alertas e buscas efectivas
7 marzo. Das 17 ás 18 horas.
Inscribirse
- Ferramentas de intelixencia artificial para o autor
21 marzo. Das 16 ás 17 horas
Inscribirse
- Navegar a revisión por pares
11 de abril. Das 17 ás 18 horas
Inscribirse
- Publicar en acceso aberto
30 abril. Das 17 ás 18 horas
Inscribirse
- Buscas avanzadas coas revistas de Wiley: exercicios prácticos con Booleanos.
21 maio. Das 17 ás 18 horas
Inscribirse