Actividades da BUSC polo 8M
A Biblioteca da USC conmemora o 8M a través de diversas actividades nos seus distintos puntos de servizo:
- A biblioteca Concepción Arenal, ofrece unha mostra bibliográfica sobre "A muller na banda deseñada".
- A mostra bibliográfica ofrecida pola biblioteca de CC Económicas e Empresariais, titúlase "Construíndo xuntas a economía social: innovación feminina no cooperativismo".
- A biblioteca de Bioloxía, pola súa banda, repasa nun vídeo a traxectoria das biólogas españolas máis destacadas.
- A biblioteca Xeral ofrece un centro de interese cunha selección de autoras con vinculación á USC.
Convidamosvos a sacar partido destas iniciativas que, á súa vez, convídannos a ter presente a perspectiva de xénero durante todo o ano.
Os horarios da BUSC poden consultarse na súa páxina web.