Axudas de mobilidade para PTXAS a países extracomunitarios a través do programa Erasmus+.
A USC convoca axudas á mobilidade internacional para persoal técnico e de administración e servizos (PTXAS), para estadías en institucións socias da USC fóra da UE no marco do Programa Erasmus+, Acción Chave KA171. A duración desta actividade será dun mínimo de 5 días de traballo e dun máximo de 2 meses, se ben só se financiarán 5 días de traballo e ata 2 días de viaxe.
Email de contacto: erasmus.ka107 [at] usc.gal
Período de solicitudes dende o 1 de maio a 20 de maio ás 23.59 horas a través do Rexistro electrónico da USC.
Convocatoria
Taboleiro de anuncios - Sede electrónica (usc.es) (publicada 30 de abril de 2024)
Resolucións derivadas da convocatoria
- Lista provisional de solicitudes admitidas e excluídas: Taboleiro de anuncios - Sede electrónica (usc.es) (06/06/2024)
- Lista definitiva de solicitudes admitidas e excluídas e proposta provisional de asignación de destinos - Taboleiro de anuncios - Sede electrónica (usc.es) (28/06/2024)
- Resolución definitiva de concesión de axudas: Taboleiro de anuncios - Sede electrónica (usc.es) (09/07/2024)