Pasar al contenido principal

Mossos d’Esquadra recoñece o traballo de colaboración do Grupo de Toxicoloxía Forense da USC

O profesor López-Rivadulla recollendo o premio. Foto: Dirección Xeral da Policia da Generalitat
O profesor López-Rivadulla recollendo o premio. Foto: Dirección Xeral da Policia da Generalitat
Recolleu o premio en Pedralbes o profesor emérito Manuel López- Rivadulla

A Universidade de Santiago de Compostela foi una das institucións recoñecidas o pasado venres no Acto do Día das Escuadras dos Servizos da Dirección Xeral da Policía da Generalitat de Catalunya, que cada ano entrega distincións a actuacións policiais meritorias e colaboracións relevantes con ese corpo de seguridade.

En representación do reitor Antonio López acudiu ao acto no Palacio de Pedralbes de Barcelona o profesor emérito Manuel López- Rivadulla, que recolleu a placa conmemorativa en agradecemento ao apoio “puntual, xeneroso e desinteresado” ao Servizo de Avaliación da Aptitude Psicofísica dos Mossos d’Esquadra.

A proposta de recoñecemento á USC partiu concretamente da Subdirección Xeral de Recursos Humanos, quen quere agradecer deste xeito ao Grupo de Toxicoloxía Forense (FORTOX) da USC a súa colaboración cando o servizo catalán de avaliación de aptitudes físicas dos Mossos lle realizou consultas puntuais sobre consumo de drogas e a súa detección.

 

López-Rivadulla na súa intervención en nome da USC. Foto: Dirección Xeral da Policia da Generalitat
López-Rivadulla na súa intervención en nome da USC. Foto: Dirección Xeral da Policia da Generalitat
Los contenidos de esta página se actualizaron el 07.05.2024.