Mossos d’Esquadra recoñece o traballo de colaboración do Grupo de Toxicoloxía Forense da USC
A Universidade de Santiago de Compostela foi una das institucións recoñecidas o pasado venres no Acto do Día das Escuadras dos Servizos da Dirección Xeral da Policía da Generalitat de Catalunya, que cada ano entrega distincións a actuacións policiais meritorias e colaboracións relevantes con ese corpo de seguridade.
En representación do reitor Antonio López acudiu ao acto no Palacio de Pedralbes de Barcelona o profesor emérito Manuel López- Rivadulla, que recolleu a placa conmemorativa en agradecemento ao apoio “puntual, xeneroso e desinteresado” ao Servizo de Avaliación da Aptitude Psicofísica dos Mossos d’Esquadra.
A proposta de recoñecemento á USC partiu concretamente da Subdirección Xeral de Recursos Humanos, quen quere agradecer deste xeito ao Grupo de Toxicoloxía Forense (FORTOX) da USC a súa colaboración cando o servizo catalán de avaliación de aptitudes físicas dos Mossos lle realizou consultas puntuais sobre consumo de drogas e a súa detección.