Pasar al contenido principal

O Consello Social da USC resolveu o premio ás prácticas externas extracurriculares mellor valoradas

A persoa gañadora coñecerase a vindeira semana. Foto: Santi Alvite
A persoa gañadora coñecerase a vindeira semana. Foto: Santi Alvite
A persoa gañadora recibirá 1.500 euros

O Consello Social da Universidade de Santiago acaba de resolver provisionalmente a convocatoria dirixida a premiar aquela ou aquel estudante cuxas prácticas externas extracurriculares fosen as mellor valoradas.

Contra esta resolución ábrese dende este mércores un prazo de 3 días hábiles para presentar reclamación. A partir de aí resolverase definitivamente a convocatoria, na que a persoa premiada recibirá un premio de 1.500 euros e un diploma acreditativo.

 

 

Los contenidos de esta página se actualizaron el 15.05.2024.