Pasar al contenido principal

Decanas e decanos de Psicoloxía de universidades de todo o Estado abordan en Santiago o futuro da titulación

Un momento da xornada da mañá do xoves no Centro de Estudos Avanzados
Un momento da xornada da mañá do xoves no Centro de Estudos Avanzados
As xornadas son un foro de debate de cuestións que afectan os ensinos oficiais da disciplina, onde se exploran aspectos específicos nos ámbitos profesional e académico

A Conferencia de decanos e decanas de Psicoloxía das universidades españolas (CDPUE) comezou este xoves no Centro de Estudos Avanzados da Universidade de Santiago a súa reunión bianual cun acto oficial de inauguración presidido polo vicerreitor de Profesorado da USC Ernesto González Seoane e ao que tamén asistiron a decana do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia e vogal do Consello Xeral da Psicoloxía, Rosa Álvarez Prada, e o presidente da Conferencia Antonio Ferrer Manchón. O encontro persegue constituír un foro de encontro e discusión de cuestións que afectan os ensinos oficiais da Psicoloxía en España así como outros aspectos máis concretos relativos aos diferentes ámbitos desta ciencia e a súa aplicación profesional.

A reunión da CDPUE supón un avance importante na consolidación da calidade e renovación dos estudos de Psicoloxía en España, segundo a organización. Nas xornadas do xoves e do venres, as persoas asistentes debaterán e buscarán o acordo en asuntos importantes para os estudos de Psicoloxía, explorarán vías de mellora das titulacións e traballarán sobre aspectos específicos de aplicación da Psicoloxía nos seus diferentes ámbitos profesionais e académicos.

Na mañá deste xoves 23 desenvolveuse unha mesa de debate coordinada por Maribel Hombrados Mendieta da Universidad de Málaga, baixo o título 'Psicoloxía da intervención social e comunitaria: formación e profesión' e unha charla do presidente da Asociación Española de Servicios Psicológicos y Psicopedagógicos Universitarios, Miguel Ángel Rando, co título 'Servicios de asistencia psicolóxica e/ou clínicas de psicoloxía nas universidades españolas: percorrido e estado actual'. Para a tarde, a partir das 16.00 horas e ata as 18.30 horas, está programada a asemblea xeral da Conferencia. O venres 24 a partir das 9.30 horas continuarán a examinarse os asuntos da orde do día da asemblea e esta rematará ás 13.30 horas.

A xornada permitiu abordar asuntos de actualidade para profesionais da psicoloxía
A xornada permitiu abordar asuntos de actualidade para profesionais da psicoloxía
Los contenidos de esta página se actualizaron el 23.05.2024.