Entidade que nace no ano 1979 para reivindicar e promover os dereitos das persoas con autismo e os seus familiares, para que os exerzan nas mesmas condicións que o resto da cidadanía, promovendo oportunidades en todo o seu ciclo vital, facilitando apoios específicos e especializados para que poidan desenvolver o seu proxecto de vida.
Equipo Familiar de Apoio 360: acompañamento a persoas con Autismo.
O equipo familiar de apoio 360 está composto pola persoa con autismo, familiares e a persoa voluntaria e actúa os 360 días do ano. As actividades a desenvolver consisten no acompañamento ás persoas con autismo nas diferentes actividades da vida diaria que poidan necesitar un apoio/reforzo para participar en igualdade de condicións que o resto da cidadanía.
As actividades nas que pode participar a persoa voluntaria poden ser:
- De inclusión social e participativas na comunidade (cafetarías, centros comercias, museos, cines, etc...)
- Acompañamento a médicos especialistas, tarefas administrativas...
- Actividades puntuais de artes plásticas, música, danza...
- Actividades deportivas (piscina, ximnasio, ioga, pilates...
- Actividades organizadas por outras entidades no eido do lecer: festas na rúa, andainas, carreiras populares...
Horario: de luns a domingo, en función das necesidades das persoas con autismo e da dispoñibilidade das persoas voluntarias.
Prazas: s/n segundo as necesidades, axendas, voluntariedade e consenso das prazas.