Curso de voz e movemento. Campus de Lugo.
O noso son nace do movemento e da conexión de moitas partes, non só do sistema vogal, senón tamén doutros sistemas, como o sistema motor, responsable do movemento, ou do sistema límbico, responsable das emocións.
Neste curso exploraremos a voz en movemento para observar e reaprender a organizalas e desenvolver todo o seu potencial como ferramenta de autocoñecemento e expresión (xa sexa desde unha perspectiva artística ou doutros contextos), tanto a nivel individual como grupal.
Profesorado: Iría Estévez e Rosa Acuña
Duración: do 3-10-2024 ao 27-02-2025 (30 horas)
Horario: os xoves, de 19:05 a 20:30h
Lugar: na Aula de Teatro e Danza (Aulario da Facultade de Veterinaria)
Prezo: membros da comunidade universitaria 110 euros / taxa xeral 150 euros
Número de prazas: mínimo 5 e máximo 20.
Recoñecemento de créditos ECTS:
Curso recoñecido con 1 crédito ECTS (todas as titulacións de grao da USC)
Matrícula:
O prazo de matrícula está aberto do 16 ao 30 de setembro de 2024.
Área de Cultura
- Colexio San Xerome
- Praza do Obradoiro s/n., 15782Santiago de Compostela
- 881 811 018
- 881 811 103
- area.cultura [at] usc.gal
Área de Cultura
- Edificio de Servizos Administrativos e Biblioteca Intercentros
- Rúa Bernardino Pardo Ouro, s/n. Campus Universitario, 27002Lugo
- 982 821 513
- cultura.lugo [at] usc.es