Curso de voz e movemento. Campus de Lugo.
O noso son nace do movemento e da conexión de moitas partes, non só do sistema vogal, senón tamén doutros sistemas, como o sistema motor, responsable do movemento, ou do sistema límbico, responsable das emocións.
Neste curso exploraremos a voz en movemento para observar e reaprender a organizalas e desenvolver todo o seu potencial como ferramenta de autocoñecemento e expresión (xa sexa desde unha perspectiva artística ou doutros contextos), tanto a nivel individual como grupal.
Profesorado: Iria Estévez e Rosa Acuña
Duración: 2-10-2025 a 16-04-2026 (50 horas)
Horario: xoves, 19.05 a 21.00 h
Lugar: Aula de Teatro e Danza. Facultade de Veterinaria
Prezo: membros da comunidade universitaria 110 euros / taxa xeral 150 euros
Número de prazas: mínimo 5 e máximo 20
Recoñecemento de créditos (todas as titulacións de grao da USC): 2 crédito ECTS
Matrícula
O prazo de matrícula está aberto do 8 ao 29 de setembro de 2025.
As persoas interesadas deben cubrir o formulario e seguir as indicacións que aparecen no documento 'Instrucións pagamento'.
Culture Area
- San Xerome College
- Praza do Obradoiro s/n., 15782Santiago de Compostela
- 881 811 018
- 881 811 103
- area.cultura [at] usc.gal
Culture Area
- Montenegro Palace
- Rúa Bernardino Pardo Ouro, s/n. Campus Universitario, 27002Lugo
- 982 821 513
- cultura.lugo [at] usc.es