
A Orquestra da USC ten por obxectivo impulsar entre os mozos e mozas universitarios e, por extensión na cidadanía de Compostela, un proxecto educativo e cultural que ten a música como eixe central. É un proxecto educativo musical da Área de Cultura da Vicerreitoría de Estudantes e Cultura no que poden participar aquelas persoas que teñan coñecementos dun instrumento orquestral.
Ao abeiro da Área de Cultura da Vicerreitoría de Estudantes e Cultura, e baixo a dirección de Mario Diz, a Orquestra da USC procura a formación musical dos seus membros quen, semana tras semana, adquiren un maior compromiso co estudo e a difusión dos valores da música.
A USC recoñece a participación na Orquestra da Universidade a efectos de créditos ECTS, en todas as titulacións de Grao, para o estudantado da USC que estivese matriculado nun grao no momento de realizar o curso de danza (RR del 5/12/2025) e recibirán a tal efecto unha acreditación coa seguinte equivalencia: 4 créditos por unha dedicación de alomenos 100 horas por curso académico (máximo 12 créditos en total).
PENDENTE DE ACTUALIZACIÓN
Culture Area
- San Xerome College
- Praza do Obradoiro s/n., 15782Santiago de Compostela
- 881 811 018
- 881 811 103
- area.cultura [at] usc.gal
Culture Area
- Montenegro Palace
- Rúa Bernardino Pardo Ouro, s/n. Campus Universitario, 27002Lugo
- 982 821 513
- cultura.lugo [at] usc.es
News related
A Orquestra e o Coro da USC presentan un roteiro musical por tres espazos da cidade nas festas do Apóstolo
No ciclo ‘Xeiras. Tres camiños de auga e terra’
Read moreA Orquestra e Coro da USC lanza o proxecto x+MÚSICA
A iniciativa, que busca conectar xeracións a través da música, arranca coa publicación do concerto da contrabaixista Dina Durán Rodríguez
Read moreAberto ata o 22 de setembro o prazo de inscrición na Orquestra e no Coro da USC para o novo curso
A convocatoria para instrumentistas require o envío dun vídeo, mentres que a selección de voces terá lugar o martes 24 de setembro en Ciencias da Comunicación
Read moreAbre a inscrición para participar no Encontro de Verán da Orquestra da Universidade
Dirixido á mocidade estudantil de música ou que acredite un nivel de coñecemento suficiente, o encontro será en Santiago do 29 de xullo ao 4 de agosto
Read more