Ir o contido principal
Inscrición ata o 7 de setembro de 2025
Orquestra da Universidade

As e os instrumentistas seleccionados poderán participar no grupo residente que ensaiará todos os martes lectivos do curso 2025-26 (agás nos periodos de exames) de 21:30h a 23:30h na facultade de Ciencias da Comunicación, ademais dos ensaios extraordinarios que poidan programarse entre os meses de setembro e xullo do curso académico 25-26.

Esta convocatoria está dirixida a participar na OUSC nos seguintes instrumentos:

  • Violín
  • Viola
  • Violonchelo
  • Contrabaixo
  • Frauta
  • Óboe
  • Clarinete
  • Fagot
  • Trompa
  • Trombón
  • Trombón baixo
  • Tuba
  • Percusión
  • Piano
  • Cravo
  • Arpa

As persoas que participaron no Encontro de Verán 2025 da OCUSC e desexen formar parte da Orquestra ou do Coro no curso 2025-26 poderán facelo de maneira directa, sen necesidade de realizar audicións, unicamente cubrindo o formulario de inscrición dentro do prazo establecido.

A través desta convocatoria seleccionarase os membros activos e os reservas. Os reservas conformarán unha listaxe co fin de cubrir posibles e futuras baixas dentro da OUSC, sendo efectiva ata xuño de 2026. As vacantes parciais están destinadas a cubrir necesidades instrumentais segundo programa, pero non posuirán carácter de activo.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 23.09.2025.