
As Nerd Nites comenzaron a ter lugar en Boston en 2003 e, na actualidade, celébranse en máis de 100 cidades de todo o mundo. A idea é reunir a 3 ou 4 nerds nun local de lecer nocturno para falar durante 15 minutos cada un sobre temas científicos baixo un enfoque divertido, para logo abrir un coloquio aberto e distendido.
Nerd Nite non é un organismo oficial, simplemente é unha plataforma á que calquera colectivo, universidade, escola ou asociación pode adherirse cumprindo uns poucos requisitos básicos, cun boss responsable que se encarga da coordinación local, da selección dos nerds e dos temas a tratar.
Compostela foi a primeira cidade española en adherirse ao programa. No caso de Santiago, o boss-coordinador é o catedrático e divulgador científico Jorge Mira.





















































Área de Cultura
- Colexio San Xerome
- Praza do Obradoiro s/n., 15782Santiago de Compostela
- 881 811 018
- 881 811 103
- area.cultura [at] usc.gal
Área de Cultura
- Edificio Intercentros
- Rúa Bernardino Pardo Ouro, s/n. Campus Universitario, 27002Lugo
- 982 821 513
- cultura.lugo [at] usc.es
Novas relacionadas
Mulleres e aeronáutica centran a Nerd Nite de abril en Lugo
A sesión, organizada xunto con Ellas vuelan alto, desenvolverase o vindeiro xoves 25 na cafetería Cook e terá como relatoras a Neves Seoane Vieira, directora do Centro de Investigación Aeroportada de Rozas; Lidia Gómez Quejido, enxeñeira especialista en aeronavegabilidade, e María Crego Blanco, responsable de deseño de sistemas de comunicacións en Gradiant
Ler máisMaría de Maeztu, ChatGPT e o nexo entre arqueoloxía, nómades e o comercio no Índico protagonizan a primeira NerdNite do ano
Terá lugar na Nave de Vidán o vindeiro mércores 7 de febreiro, ás 20.30 horas
Ler máisA primeira Nerd Nite do curso conmemora dous aniversarios claves para a física de partículas
A sesión que se desenvolverá o vindeiro 14 de novembro celebra o medio século da idea de liberdade asintótica na forza forte e os 40 anos do descubrimento dos bosóns W e Z, mediadores da forza feble
Ler máisAstronomía, hackers e dereito centrarán a Nerd Nite de abril
A sesión desenvolverase o vindeiro mércores 26 e terá como relatores a Andrea Rodríguez Antón, investigadora do INCIPIT-CSIC; Alberto Quián, profesor de Ciencias da Comunicación; e Belén Trigo García, profesora da Facultade de Dereito
Ler máis