O/As instrumentistas seleccionado/as poderán participar no grupo residente que ensaiará todos os martes lectivos do curso 2024-25 (agás nos periodos de exames) de 21:30h a 23:30h na Facultade de Ciencias da Comunicación, ademais dos ensaios extraordinarios que poidan programarse. entre os meses de outubro e xuño do curso académico 2024-25.
Asemade, as persoas participantes no grupo residente terán prioridade en participar no encontro de verán 2025 no mes de xullo/agosto.
Esta convocatoria esta dirixida a participar na OUSC nos seguintes instrumentos: violín, viola, violonchelo, contrabaixo, frauta, óboe, clarinete, fagot, trompa, trombón, trombón baixo, tuba, percusión, piano, cravo e arpa.
A través desta convocatoria seleccionarase aos membros activos e aos reservas. Os membros reservas conformarán unha listaxe co fin de cubrir posibles e futuras baixas dentro da OUSC, sendo efectiva ata xuño de 2025. As vacantes parciais están destinadas a cubrir necesidades instrumentais segundo programa, pero non posuirán carácter de activo.
Quen pode participar?
PARA INSTRUMENTISTAS*:
- Todos aqueles membros da comunidade universitaria da USC que toquen un instrumento dos anteriormente mencionados
- Estudantado de música
- Calquera persoa que toque un instrumento
* A admisión quedará supeditada á superación da audición prevista para tal efecto, tendo preferencia os membros da comunidade universitaria da USC. O estudantado da USC terá caracter preferente.
Como podo participar?
Para participar no proxecto orquestral no curso 2024-25 realizarase unha selección entre as persoas aspirantes a través do envío dun vídeo por calquera canle tipo WeTransfer, YouTube, Dropbox, etc. ao enderezo electrónico orquestra.universidade [at] usc.es (orquestra[dot]universidade[at]usc[dot]es) indicando o nome e apelidos da persoa solicitante.
Estas audicións están destinadas a coñecer, seleccionar e valorar a participación das persoas aspirantes dentro dos programas que a OUSC realizará entre setembro e xullo do curso 2024-25, así como programas asociados que poidan xurdir.
A persoa solicitante previamente deberá inscribirse a través do formulario de inscrición antes das 23:59 horas do 22 de setembro de 2024.
Permanencia. Isto é para sempre?
Poderase participar na OUSC un máximo de 2 cursos. Para o estudantado de Grao da USC, os créditos ECTS que se retribúen pola participación repartiranse do seguinte xeito: polo primeiro curso completado recibirán 4 créditos e polo segundo recibirán 2. Poderase prorrogar a pertenza ao proxecto en seguintes convocatorias, a criterio da organización da OUSC pero sen retribución de créditos.
Que teño que enviar no vídeo?
- Interpretar 2 obras ou movementos de libre elección (non ten que ser con acompañamento)
- Para percusión interpretaranse polo menos tres obras a escoller de entre todas as que figuran neste PDF.
Ata cando o podo enviar?
- A data límite de envío de vídeos será o 22 de setembro de 2024, ata as 23:59 horas.
- A comisión seleccionadora, que contará coa participación do director da orquestra e do profesorado colaborador da OUSC, visualizará os vídeos a seguinte semana e publicaranse de seguido os resultados.
- Os ensaios darán comezo a partir da primeira semana de outubro de 2024 baixo as indicacións da organización que serán convenientemente informados con anterioridade.
Prazas vacantes no curso 2024-25:
Violín | 17 |
Viola | 5 |
Violonchelo | 6 |
Contrabaixo | 3 |
Frauta | (2 reservas) |
Óboe | 1 (+2 reservas) |
Clarinete | 1 (+2 reservas) |
Fagot | 2 (+1 reservas) |
Trompa | 1 (+2 reservas) |
Trompeta | 1 (+2 reservas) |
Trombón | 2 (+2 reservas) |
Percusión | 1 (+1 reservas) |
*Tuba | 1 |
*Arpa | 1 |
*Piano | (1 reserva) |
*Cravo | 1 |
*Prazas parciais que se cubrirán segundo necesidades de programa
E ademais….
Requisitos do/as instrumentistas de corda:
- Afinar o instrumento
- Cambiar de posición
- Tocar con spicatto
Requisitos do/as instrumentistas de vento:
- Boa afinación na interpretación
- Coñecer as diferentes articulacións básicas: (legato, picado, dobre picado, etc.)
- Tocar na amplitude da tesitura do instrumento
Percusión:
- Tocar pasaxes previamente escollidas
Como me inscribo para facer as audicións?
- Cubro o formulario de solicitude antes das 23:59 horas do 22 de setembro de 2024.
- Envío o vídeo a orquestra.universidade [at] usc.es (orquestra[dot]universidade[at]usc[dot]es) antes das 23:59 horas do 22 de setembro de 2024.
E cando saberei se estou admitido?
A OUSC reservase o criterio e decisión final das persoas admitidas e anunciará o resultado nunha listaxe que se publicará na páxina web da USC acompañada dunha confirmación vía correo electrónico durante o tempo seguinte á realización das probas.
Boa Sorte e animádevos a facer música xunto/as!
"Sen música a vida sería un erro."
Friedrich Nietzsche (1844-1900) Filósofo alemán.
Prazas ofertadas para a Orquestra da Universidade
- Violín: 17
- Viola: 5
- Violonchelo: 6
- Contrabaixo: 3
- Frauta: (2 reserva)
- Óboe: 1 (+2 reservas)
- Clarinete: 1 (+2 reservas)
- Fagote: 2 (+1 reservas)
- Trompa: 1 (+2 reservas)
- Trompeta: 1 (+2 reservas)
- Trombón: 2 (+2 reservas)
- Percusión: 1 (+1 reservas)
- *Tuba: 1
- *Harpa: 1
- *PIano: 1
- *Cravo: 1
*Prazas parciais que se cubrirán segundo necesidades de programa
Resultados persoas inscritas na convocatoria ordinaria 2024/2025
Inscrito/as |
Instrumento |
Resultado* |
Observacións |
**428857* | Clarinete | Activo | |
**JT63FH* | Clarinete | Reserva 1º* | |
**291632* | Contrabaixo | Activo | |
**091822* | Frauta | Reserva 2ª* | |
**673904* | Frauta | Reserva 1º* | |
**189756* | Óboe | Activo | |
**271882* | Óboe | Reserva 1º* | |
**093998* | Percusión | Activo | |
**040770* | Piano | Reserva 1º* | |
**230578* | Piano | Reserva 2º* | |
**587421* | Piano | Activo | |
**632708* | Piano | Reserva 3º* | |
**814151* | Trombón | Activo | |
**496942* | Trombón | Activo | |
**959839* | Trombón | Non presentado | Falta envío de videos |
**676525* | Trompa | Non presentado | Falta envío de videos |
**459964* | Trompeta | Activo | |
**672759* | Trompeta | Non presentado | Falta envío de videos |
**283312* | Viola | Activo | |
**665329* | Violín | Non presentado | Falta envío de videos |
**545406* | Violín | Activo | |
**294522* | Violín | Activo | |
**976102* | Violín | Activo | |
**371G6* | Violín | Activo | |
**707001* | Violín | Activo | |
**293714* | Violín | Activo | |
**811313* | Violín | Activo | |
**292225* | Violín | Activo | |
**677639* | Violonchelo | Activo | |
**091183* | Violonchelo | Activo | |
**286028* | Violonchelo | Activo | |
**869945* | Violonchelo | Activo |
* Son aspirantes declarados en lista de agarda aqueles de a pesar de ser positiva a candidatura non conseguen praza segundo as vacantes ofertadas, polo que quedarán inscritos nunha lista de agarda durante todo o curso para ser chamados no caso de que os reservas declinen a súa participación se se dera esta casuística.
Aquelas prazas non completadas atribúense como vacantes que quedan ofertadas novamente en convocatoria permanente:
- 2 violíns
- 4 violas
- 2 contrabaixos
- 1 trompa
- 1 trombón baixo
- tuba
- harpa
Para acceder a esta convocatoria permanente, inscríbete a través desta ligazón.
Aquelas prazas non completadas na convocatoria ordinaria atribúense como vacantes que quedan ofertadas novamente en convocatoria permanente:
- 2 violíns
- 4 violas
- 2 contrabaixos
- 1 trompa
- 1 trombón baixo
- tuba
- harpa
Para acceder a esta convocatoria permanente, inscríbete a través desta ligazón.