Desenvolvemento de actividades voluntariado en Ferrol e tamén na costa lucense
Programa Amodiño
Con esta expresión tan propia, AMODIÑO, definen a esencia do proxecto, o cambio paseniño e con afouteza, promovendo as capacidades dos NNA (nenos, nenas e adolescentes), favorecendo o seu desenvolvemento integral e sementando novas oportunidades de futuro, que contribúan a romper o círculo da pobreza e a súa cronicidade, para ser freos e non aceleradores, garantindo así, a igualdade de dereitos e apostando pola protección, prevención e educación coma motor de cambio.
Este proxecto desenvolvese en Ferrol (en diferentes barrios) e Lugo (Viveiro, Vilalba, Foz e Burela) e precisa voluntariado para acompañar aos NNA en tarefas de reforzo socioeducativo e ocio/tempo libre.
Horario: de luns a venres, de 17 a 19h.
Prazas: 8