Pasar al contenido principal

Chega unha nova edición do ciclo ‘Queeremos-estudos queer’

A inscrición nesta actividade remata o día 30 este mes
A inscrición nesta actividade remata o día 30 este mes
A inscrición nesta actividade, que se desenvolverá entre outubro e novembro nas Facultades de Ciencias da Comunicación e de Filoloxía, remata o día 30 deste mes.

O Centro Interdisciplinario de Investigacións Feministas e de Estudos de Xénero da USC (CIFEX) comeza a próxima semana a segunda edición do ciclo ‘Queeremos-estudos queer’, que se desenvolverá entre outubro e novembro nas Facultades de Ciencias da Comunicación e de Filoloxía. A inscrición, gratuíta e recoñecida con 1 crédito ECTS, está aberta ata o día 30 deste mes.

O programa, a desenvolver os martes 1 e 15 de outubro en Ciencias da Comunicación, os xoves 10, 24 e 31 do mesmo mes en Filoloxía e o 7 de novembro novamente en Comunicación, contempla un conversatorio poético, mesas de palestras e diversas actividades culturais. Xa o venres 15 de novembro será o peche do ciclo cunha actividade sorpresa.

Trátase dunha actividade realizada ao abeiro do Convenio de colaboración coa Deputación da Coruña para o financiamento da Programación de actividades do Centro Interdisciplinario de Investigacións Feministas e de Estudos de Xénero (CIFEX) da USC. 
 

Cartel co programa
Cartel co programa
Los contenidos de esta página se actualizaron el 26.09.2024.