Chega unha nova edición do ciclo ‘Queeremos-estudos queer’
O Centro Interdisciplinario de Investigacións Feministas e de Estudos de Xénero da USC (CIFEX) comeza a próxima semana a segunda edición do ciclo ‘Queeremos-estudos queer’, que se desenvolverá entre outubro e novembro nas Facultades de Ciencias da Comunicación e de Filoloxía. A inscrición, gratuíta e recoñecida con 1 crédito ECTS, está aberta ata o día 30 deste mes.
O programa, a desenvolver os martes 1 e 15 de outubro en Ciencias da Comunicación, os xoves 10, 24 e 31 do mesmo mes en Filoloxía e o 7 de novembro novamente en Comunicación, contempla un conversatorio poético, mesas de palestras e diversas actividades culturais. Xa o venres 15 de novembro será o peche do ciclo cunha actividade sorpresa.
Trátase dunha actividade realizada ao abeiro do Convenio de colaboración coa Deputación da Coruña para o financiamento da Programación de actividades do Centro Interdisciplinario de Investigacións Feministas e de Estudos de Xénero (CIFEX) da USC.