Dende a delegación de Santiago de Compostela, desenvolven proxectos de refuxio e migracións, dereitos das mulleres, educación para a paz e cooperación internacional.
Programa de acollida a persoas refuxiadas
Clases de conversa
As clases de conversa do Movemento pola Paz están dirixidas a persoas solicitantes de protección internacional e migrantes adultas residentes en Santiago de Compostela. O traballo das/os voluntarias/os consiste en apoiar a proceso de aprendizaxe a través de espazos informais de intercambio de idioma.
-
Prazas: 8
-
Horario: dúas horas á semana, de luns a venres en horario de mañá ou tarde.
-
Lugar de realización: Rúa Lisboa, 2, baixo. Santiago de Compostela
Clases de alfabetización
As clases de alfabetización do Movemento pola Paz están dirixidas a persoas solicitantes de protección internacional e migrantes adultas residentes en Santiago de Compostela. O traballo das/os voluntarias/os consiste en apoiar a aprendizaxe de lectoescritura como base para coñecer o idioma, coordinación co profesorado responsable.
-
Prazas: 8
-
Horario: dúas horas á semana, de luns a venres en horario de mañá ou tarde.
-
Lugar de realización: Rúa Lisboa, 2, baixo. Santiago de Compostela
Apoio na busca de emprego
As/os voluntarias/os apoiarán ás persoas refuxiadas e migrantes nos seus itinerarios laborais, realizando acompañamentos para:
-
Adquirir coñecementos e ferramentas para a procura de emprego.
-
Apoio para superar a fenda dixital nas formacións en-liña.
-
Realización de trámites relacionados co emprego.
-
Prazas: 4
-
Horario: catro horas á semana, de luns a venres en horario de mañá ou tarde.
-
Lugar de realización: Rúa Lisboa, 2, baixo. Santiago de Compostela
Programa de acollida a persoas refuxiadas / Programas de muller
Reforzo escolar a menores
A actividade está dirixida aos/ás menores solicitantes de asilo e participantes nos programas de atención a mulleres que necesitan un apoio nas tarefas escolares para un mellor rendemento escolar e facilitar a conciliación familiar.
-
Prazas: 2
-
Horario: tres horas á semana, de luns a venres en horario de mañá ou tarde.
-
Lugar de realización: Rúa Lisboa, 2, baixo. Santiago de Compostela