Pasar al contenido principal

A EDIUS visibiliza o rol da BUSC na formación en Competencias Informacionais

O curso de Competencias en Información para a Investigación terá lugar do 4 de novembro ao 4 de decembro
O curso de Competencias en Información para a Investigación terá lugar do 4 de novembro ao 4 de decembro
O director da biblioteca Concepción Arenal, José Rodríguez Dopazo, destaca nunha entrevista publicada no boletín da EDIUS que as competencias informacionais son un pilar básico para a investigación e a comunicación do traballo científico dun xeito eficiente.

Os cursos de formación en Competencias en Información da BUSC, para os que está aberto o prazo de matrícula, son un dos temas destacados no último número do boletín da Escola de Doutoramento Internacional da USC (EDIUS). En concreto, faise referencia ao curso de Competencias en Información para a Investigación, que se desenvolverá do 4 de novembro ao 4 de decembro, e que está destinado aos estudantes de doutoramento.

Un dos profesores do curso, o director da biblioteca Concepción Arenal, José Rodríguez Dopazo, destacaba na propia revista que o curso “proporciona competencias no coñecemento das fontes, nas metodoloxías de busca, avaliación e organización da información, e na súa utilización de forma ética e legal”. Ademais, incide na importancia que se lle dá na formación aos “distintos aspectos deste novo paradigma de investigación que é a Ciencia Aberta.”

Competencias en Información para a Investigación
Este curso, que se desenvolverá do 4 de novembro ao 4 de decembro, está orientado a todo o alumnado de doutoramento, ao contemplar o seu contido competencias transversais necesarias na etapa de tese. 
A formación realizarase a través do Campus Virtual da USC, contando con dúas sesión prácticas presenciais de tres horas cada unha. Este curso centrarase no traballo científico, abordando unha reflexión sobre a finalidade, normativa e necesidades informativas, así como a importancia da xestión do tempo de traballo.

Para máis información sobre cursos destinados a alumnos de doutoramento, consulta a páxina de formación da EDIUS e a axenda da BUSC.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 09.10.2024.