Cren no voluntariado como ferramenta para cambiar vidas.
Máis de 100.000 nenas, nenos e persoas mozas en Galicia padecen cada día as consecuencias da falta de recursos, a soidade ou a violencia. Velan polo seu dereito a crecer nun clima seguro e protector, a recibir unha educación de calidade e en condicións de equidade, a contar con oportunidades para formarse e acceder a un futuro profesional e converterse no que elas ou eles mesmos queiran ser.
Escola da vida
A lectura mellora os resultados académicos, pero non todas as nenas e nenos teñen quen lles lea, por iso animan a apoiar a nenas e nenos de Educación Primaria con lecturas que melloren a súa comprensión lectora. A actividade se fai de forma individual, unha persoa voluntaria por cada nena ou neno.
*Esta actividade terá lugar no Centro Educativo da nena ou neno, sempre en centros de Santiago e arredores.
-
Horario: un día á semana a acordar co colexio, en sesións dunha hora e media en horario de tarde.
-
Prazas: 5
Escola da vida
O fracaso escolar dificulta a posterior inserción laboral e perpetúa a pobreza. Axudar ás mozas e mozos de secundaria, bacharelato e ciclos formativos cos seus estudos non é posible para todas as familias, é indispensable axudar a estas mozas e mozos para que non queden atrás. Animan a formar parte do reforzo educativo, no que traballan con grupos reducidos axudando ás alumnas e alumnos nas materias nas que atopen dificultades.
-
Horario: mércores, no Centro Sociocultural Pontepedriña, en Santiago, de 17 a 20 h.
-
Prazas: 2
Referentes
Moitas mozas e mozos sen apoio familiar precisan alguén maior en quen confiar. Referentes é un voluntariado que muda vidas. Buscan persoas que queiran acompañar a unha moza ou mozo no seu camiño cara á emancipación. Aconsellando en materia laboral, orientando na procura de piso, compartindo gustos e afeccións ou, simplemente, compartindo unha conversa arredor dun café. Ti podes ser esa persoa que lle permita ampliar a súa rede social e camiñar con máis seguridade. Como referente construirás unha relación de amizade cunha moza ou mozo para confiar, divertirse, consolarse ou coñecer unha realidade diferente á propia.
*É requisito indispensable ter máis de 25 anos e NON ter formación nin experiencia profesional en áreas sociais (educación social, traballo social, psicoloxía, pedagoxía....) **Imprescindible pasar unha proba de idoneidade.
- Horario: dúas horas semanais durante seis meses.
- Prazas: 5