Poderán participar todas aquelas persoas maiores de 16 anos que o desexen.
A data da entrega de premios será o 11 de novembro de 2024 ás 20:30 horas na Biblioteca Intercentros (Sala de Investigadores).
Haberá unha exposición na Biblioteca Intercentros durante o período do 11 de novembro de 2024 ao 30 de xaneiro do 2025. Elixiranse 12 fotografías que formarán parte do calendario do ano 2025 de Lugo Cultural, que non teñen por que coincidir coas da exposición.
Os premios que podes conseguir son:
- Premio Carlos Valcárcel á mellor fotografía do tema proposto pola organización: 350 €, trofeo e diploma
- Premio Eduardo Ochoa á mellor fotografía do tema libre: 300 €, trofeo e diploma
- Premio do Público á mellor fotografía de ambos os temas: 100 € e diploma
Modalidades:
- Tema libre
- Tema proposto pola organización
O 20 de outubro, ás 9:30h, na Casa do Saber, comunicaráselles ás persoas inscritas o tema elixido pola organización. As persoas inscritas que non asistan a esta reunión non poderán participar na modalidade libre. Poderán consultar o tema proposto pola organización na páxina de Instagram de Lugo Cultural o día 20 de outubro a partir das 11:30h.
O formato para presentar as fotografías será dixital. As fotografías poderán ser en branco e negro ou en cor.
Consulta as bases do certame.
Inscrición do 1 ata o 17 de outubro de 2024, cubrindo este formulario.
Para formalizar a inscrición, as persoas participantes deben enviar un correo-e a cultura.lugo [at] usc.gal (cultura[dot]lugo[at]usc[dot]gal) co DNI escaneado e o certificado bancario da conta na que desexen recibir o premio.
Entregarase unha fotografía por cada modalidade. Non é obrigatorio presentar as dúas modalidades.
As fotografías enviaranse ata o 21 de outubro ás 10:30h, por correo-e ou weTransfer a cultura.lugo [at] usc.gal (cultura[dot]lugo[at]usc[dot]gal).
As fotos deberán remitirse en formato .jpg, cun máximo de 3.543x2.362 píxeles (equivalente a unha imaxe de 30 x 20 a 300 ppp).
As persoas participantes deberán poñerlle un título a cada fotografía. O nome de ficheiro debera formarse coa modalidade e o título da fotografía, sen espazos nin acentos, e unidos por un guión baixo: MODALIDADE(A/B)_TITULODAFOTOGRAFIA.JPG (Por exemplo: MODALIDADE(A)_MURALLANOCTURNA.JPG)
Cada participante, deberá indicar cal das dúas fotografías selecciona para participar no voto do público. Deberá facelo constar cando entregue as fotografías.