Skip to main content
Para participar no XXX Maratón fotográfico da USC tes que inscribirte do 1 ao 17 de outubro de 2024
Cartel

Poderán participar todas aquelas persoas maiores de 16 anos que o desexen.

A data da entrega de premios será o 11 de novembro de 2024 ás 20:30 horas na Biblioteca Intercentros (Sala de Investigadores).

Haberá unha exposición na Biblioteca Intercentros durante o período do 11 de novembro de 2024 ao 30 de xaneiro do 2025. Elixiranse 12 fotografías que formarán parte do calendario do ano 2025 de Lugo Cultural, que non teñen por que coincidir coas da exposición.

Os premios que podes conseguir son:

  • Premio Carlos Valcárcel á mellor fotografía do tema proposto pola organización: 350 €, trofeo e diploma
  • Premio Eduardo Ochoa á mellor fotografía do tema libre: 300 €, trofeo e diploma
  • Premio do Público á mellor fotografía de ambos os temas: 100 € e diploma

Modalidades:

  1. Tema libre
  2. Tema proposto pola organización

O 20 de outubro, ás 9:30h, na Casa do Saber, comunicaráselles ás persoas inscritas o tema elixido pola organización. As persoas inscritas que non asistan a esta reunión non poderán participar na modalidade libre. Poderán consultar o tema proposto pola organización na páxina de Instagram de Lugo Cultural o día 20 de outubro a partir das 11:30h.

O formato para presentar as fotografías será dixital. As fotografías poderán ser en branco e negro ou en cor.

Consulta as bases do certame.

The contents of this page were updated on 10.21.2024.