Pasar al contenido principal

Faíscas Culturais

Conferencia e debate 'Tecnoloxías sociais táctiles e consentimento exploradas en proxectos artísticos'

26.11.2024 | 19.30h

Santiago de Compostela
Aula 18

A artista interdisciplinaria Laura A. Dima participa nunha nova edición do programa Faíscas Culturais

Imaxe do cartel
Imaxe do cartel

O programa Faíscas Culturais é unha iniciativa da Vicerreitoría de Estudantes e Cultura que ten como obxectivo prender a reflexión cultural nas aulas da USC e complementar a formación do estudantado a través de intervencións e actividades de carácter cultural. Baixo o título 'i-Emotions: Afectos Dixitais', esta edición do programa é unha reflexión en torno á exposición 'Afectos Dixitais' sobre como as nosas relacións afectivas, tanto políticas como persoais, estanse transformando coa aparición dos medios dixitais. 

O 26 de novembro, ás 19.30 horas na aula 18 da Facultade de Xeografía e Historia, a artista interdisciplinaria Laura A. Dima presentará, dentro do Seminario Futuros Urbanos, a súa investigación sobre as tecnoloxías sociais táctiles e, posteriormente, proporá ás persoas participantes a elaboración conxunta dun protocolo sobre o que consentimos e o que non deberiamos consentir nos medios dixitais. A entrada é aberta para toda a comunidade universitaria.

Laura A. Dima
Laura A. Dima é unha artista multidisciplinaria que traballa principalmente no campo da ArtScience. Graduouse no departamento de Inter-Arquitectura da Gerrit Rietveld Academie, Amsterdam, no 2015 e actualmente está a realizar un mestrado na ArtScience Interfaculty, University of the Arts, The Hague. 

O seu traballo está impulsado por unha profunda fascinación polas dinámicas sociais e as tecnoloxías emerxentes, o que a leva a crear instalacións interactivas que utilizan o tacto e a háptica como medio principal. A investigación actual de Dima aborda cuestións de consentimento, privacidade e intimidade nas interaccións (socio-afectivas) mediadas pola tecnoloxía. As súas obras de arte adoitan ser utilizadas como plataformas experimentais para a investigación. 

Estará presente na exposición 'Afectos Dixitais' que se inaugurará no Colexio de Fonseca.

Cartel de i-Emotions: Afectos Dixitais
Cartel de i-Emotions: Afectos Dixitais
Los contenidos de esta página se actualizaron el 22.11.2024.