Ir o contido principal

Faíscas Culturais

Conferencia e debate 'Tecnoloxías sociais táctiles e consentimento exploradas en proxectos artísticos'

26.11.2024 | 19.30h

Santiago de Compostela
Aula 18

A artista interdisciplinaria Laura A. Dima participa nunha nova edición do programa Faíscas Culturais

Imaxe do cartel
Imaxe do cartel

O programa Faíscas Culturais é unha iniciativa da Vicerreitoría de Estudantes e Cultura que ten como obxectivo prender a reflexión cultural nas aulas da USC e complementar a formación do estudantado a través de intervencións e actividades de carácter cultural. Baixo o título 'i-Emotions: Afectos Dixitais', esta edición do programa é unha reflexión en torno á exposición 'Afectos Dixitais' sobre como as nosas relacións afectivas, tanto políticas como persoais, estanse transformando coa aparición dos medios dixitais. 

O 26 de novembro, ás 19.30 horas na aula 18 da Facultade de Xeografía e Historia, a artista interdisciplinaria Laura A. Dima presentará, dentro do Seminario Futuros Urbanos, a súa investigación sobre as tecnoloxías sociais táctiles e, posteriormente, proporá ás persoas participantes á elaboración conxunta dun protocolo sobre o que consentimentos e o que non deberiamos consentir nos medios dixitais. 

A entrada é aberta para toda a comunidade universitaria.

Cartel de i-Emotions: Afectos Dixitais
Cartel de i-Emotions: Afectos Dixitais
Os contidos desta páxina actualizáronse o 05.11.2024.