Santiago de Compostela
Aula 0.2 e Salón Artesoado do Colexio de Fonseca
A nova edición do programa Faíscas Culturais é unha reflexión sobre como as nosas relacións afectivas, tanto políticas como persoais, están transformándose coa aparición dos medios dixitais
![Imaxe do cartel Imaxe do cartel](http://assets.usc.gal/sites/default/files/styles/content_inner_image/public/event/2024-11/imaxe_0.png?itok=mkqTVkt_)
O estudantado da materia Política e Comunicación do grao en Ciencia Política e da Administración realizará o 12 de decembro, ás 11.00 horas no Salón Artesoado do Colexio de Fonseca, unha visita á exposición Afectos Dixitais guiada polo seu comisariado. Xa o 19 de decembro, en quendas de 10.00 a 11.00 e de 17.00 a 18.00 horas na aula 0.2 da Facultade de Ciencias Políticas e Sociais, debaterán sobre as consecuencias da desinformación e as fake news sobre a democracia e construirán propostas para a alfabetización dixital e así evitar a degradación da calidade democrática do sistema político. A alfabetización dixital é a habilidade para localizar, analizar e avaliar correctamente a información empregando as tecnoloxías.
A entrada é aberta para toda a comunidade universitaria.
O programa Faíscas Culturais é unha iniciativa da Vicerreitoría de Estudantes e Cultura que ten como obxectivo prender a reflexión cultural nas aulas da USC e complementar a formación do estudantado a través de intervencións e actividades de carácter cultural. Baixo o título 'i-Emotions: Afectos Dixitais', esta edición do programa é unha reflexión en torno á exposición 'Afectos Dixitais' sobre como as relacións afectivas, tanto políticas como persoais, están transformándose coa aparición dos medios dixitais.
![Cartel de i-Emotions: Afectos Dixitais Cartel de i-Emotions: Afectos Dixitais](http://assets.usc.gal/sites/default/files/styles/content_inner_image/public/paragraphs/imaxe/2024-11/a0-cartaz-i-emotions-afectos-dixitais-def_red_15.png?itok=f2sszdfw)