Pasar al contenido principal

Un curso debaterá as posibilidades da mediación en materia de igualdade de xénero

Un curso debaterá as posibilidades da mediación en materia de igualdade de xénero
Un curso debaterá as posibilidades da mediación en materia de igualdade de xénero

Igualdade de xénero e mediación: unha oportunidade por explorar’. Os días 19 e 20 de xullo o curso dirixido pola profesora Raquel Castillejo Manzanares tentará achegar resposta a esta cuestión da man dun cadro de especialistas procedentes das universidades Carlos III, Ramón Llul, UNED, de Oviedo, de Barcelona e do País Vasco, así como profesionais directamente relacionados coas cuestións propostas. O prazo de matrícula remata o 7 de xullo.

Como explican as súas promotoras, esta actividade formativa pretende profundar respecto dalgunhas das manifestacións da desigualdade de xénero. Concretamente, p obxectivo é “traballar así pois, naqueles escenarios nos que a desigualdade e a violencia comeza a xestarse e desenvolverse, naqueles escenarios nos que a violencia se amosa como desigualdade de oportunidades, salarial,...”. O curso ten unha carga lectiva de 15 horas e desenvolverase na Facultade de Dereito.

A partir dunha reflexión sobre o que é a mediación, entre as cuestións que está previsto se aborden no programa figuran cuestións como a incorporación desta cuestión ao ámbito educativo, a mediación como forma de prevención e intervención fronte casos de bullying con motivación sexista, a mediación en contextos organizacionais, contra discriminación da muller e como ferramenta contra a desigualdade de xénero no ámbito laboral. Para pechar o curso está prevista unha mesa sobre novos discursos penais para facer fronte á violencia contra as mulleres.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 28.06.2017.