
A Plataforma xurde do grupo de investigación ACUIGEN con máis de 30 anos de traxectoria e adscrito ao Departamento de Zooloxía, Xenética e Antropoloxía Física da Universidade de Santiago de Compostela. A súa actividade científica, centrada na Xenética aplicada á acuicultura e conservación de recursos biolóxicos, está avalada por publicacións internacionais, tesis doctorais e unha ampla participación en proxectos autonómicos, nacionais e internacionais.
Os estudos de ACUIGEN abarcan diversas especies acuáticas e pesqueiras, como peixes mariños e continentais (rodaballo, troita, robaliza, dourada, linguado, pescada), moluscos (mexillón, ameixa, ostra, berberecho) e crustáceos (lagostino, quisquilla), así como otras especies relacionadas con proxectos de conservación de recursos xenéticos de animais e plantas (vacún, porco, coello, oso pardo, mexillón de río, cabaliño de mar, castiñeiro, teixo, árnica, entre outros).
Nos primeiros anos, a plataforma ofrecía servizos básicos como a extracción e purificación de ácidos nucleicos, amplificacións de ADN mediante PCR, secuenciación Sanger e análise de fragmentos de ADN. Cos avances tecnolóxicos, tense incorporado técnicas de secuenciación de nova xeración (NGS) e tecnoloxías de análise funcional (metiloma, ATAC-seq, chip-seq), permitindo analizar a totalidade do xenoma ou rexións específicas para dar solucions mais eficientes en proxectos de tipo aplicado ou básico.
-
Actualmente, os servizos da Plataforma inclúen:
- Asesoramento xenético e xenómico, elixindo tecnoloxías adecuadas para cada proxecto.
- Toma e procesamento de mostras, extracción e cuantificación de ácidos nucleicos, e construción de librerías NGS.
- Xenotipado a escala de SNPs (< 100, < 1000, miles)
- Análise bioinformática de datos: procesado, ensamblaxe, aliñamento e anotación das secuencias.
- Interpretación dos resultados obtidos e orientación para futuras investigacións.
En 2014, a Plataforma incorporou o uso do peixe cebra como modelo experimental en toxicoloxía e biomedicina, cunha instalación para 1800 vertebrados acuáticos (peixe cebra e killifish). Esta instalación permite a cría e estudo de diversas variantes de peixes cebra, con amplas implicacións na bioloxía do desenvolvemento e a evolución.
A Plataforma conta cun laboratorio completamente equipado para desenvolver proxectos de colaboración, contratos con empresas e grupos de investigación, e para a avaliación da toxicidade de compostos empregados na industria e na sanidade.
(Máis abaixo, na sección Actividades relacionadas, pódense consultar a relación de servizos prestados polas diferentes Unidades de Plataforma).
-
Plataforma de Servizos Peixe cebra
- Facultad de Veterinaria
- Avda. Carballo Calero s/n, 27002Lugo
- 982822427
- 982822428
- marina.pampin@usc.es
Plataforma de Servizos Xenéticos e Xenómicos
- Facultad de Veterinaria
- Avda. Carballo Calero s/n, 27002Lugo
- 982822427
- 982822234
- monicaafrica.otero@usc.es