Bata es una organización que promueve la inclusión para la consecución de una plena calidad de vida, que acomodan el diseño y la adaptación de entornos que faciliten la comprensión y la comunicación, que desarrollan intervenciones eficaces ajustadas a las capacidades, necesidades, expectativas e intereses de cada persona, valorando tanto sus puntos fuertes como los apoyos y recursos que necesita, donde los pequeños cambios generan grandes momentos que construyen sonrisas, donde se enfatiza el importante del cotidiano... en definitiva, centrados en la buena vida de las personas y en apoyos para la ciudadanía de pleno derecho. Todas las actividades principales se desarrollan en el entorno de Vilagarcía de Arousa (Comarca de O Salnés).
Servizo Educativo
O obxectivo prioritario do centro educativo é mellorar a calidade de vida do alumnado con TEA e as súas familias, asumindo o compromiso de deseñar programacións e estratexias de intervención en todo o ámbito educativo atendendo á etapa educativa como etapa moi importante na que promoven a Inclusión para a consecución dunha plena calidade de vida do seu alumnado e das súas familias, directamente vinculado coa contorna social e o seu ocio persoal. O servizo vai dirixido a persoas con TEA de 3 a 21 anos.
- Horario: de luns a venres, de 10 a 16 h.
- Prazas: 1 ou 2
Servizo de Ocio Comunitario
Dende o compromiso por levar a cabo as súas accións dentro da comunidade, desenvólvense programas que intentan optimizar ao máximo as posibilidades da contorna, poñendo a disposición das persoas con necesidades de apoio os recursos precisos para poder levar a cabo aqueles aspectos dos plans persoais de futuro directamente vinculado coa contorna social e o seu ocio persoal.
- Horario: sábados, de 15:30 a 21:30 h. excepto en xullo: de luns a venres, de 9:30 a 14:30 h.
- Prazas: 2
Servizo de Apoio á Comunidade e Rede de Vivendas
Dende “Comunidade e Vivendas” acompañan a persoas adultas con altas necesidades de apoio que viven en tres piso independentes no centro de Vilagarcía de Arousa. O seu obxectivo é proporcionar os apios necesarios para que as persoas podan desenvolver unha vida plena da maneira máis autónoma posible, gozando de aquelo que máis se axusta ás súas preferencias e intereses persoais.
- Horario: de luns a venres, de 16 a 21 h.
- Prazas: 1 ou 2
Servizo de Día
Desenvolven a súa actividade en varios espazos: Centro de Día Abuela Esperanza, Centro de Día Montiño e a súa contorna comunitaria principalmente.
- Horario: de luns a venres, de 10 a 17:30 h.
- Prazas: 2
Servizo de Emprego
Desenvolven a súa actividade co obxectivo de xerar oportunidades e apoios para aquelas persoas con TEA e/o discapacidade intelectual teñan unha participación presenza activa no tecido empresarial, participen nos procesos produtivos e adquiran as competencias necesarias para un desenvolvemento profesional acorde cos seus intereses, preferencias e capacidades individuais.
- Horario: de luns a venres, de mañá ou tarde.
- Prazas: 1
Servizo de Apoio Familiar
Programa de respiro familiar que ten como misión proporcionar “tempo para as familias” e ofrecer ás persoas que acceden ao mesmo a posibilidade de gozar de actividades moi variadas, co que poder axudar a mellorar competencias e destrezas en diferentes aspectos da súa vida. Para isto desenvolven actividades de ocio inclusivas na contorna comunitaria tendo en conta os seus intereses e preferencias, proporcionando experiencias que contribúan ao desenvolvemento dunha vida independente.
- Horario: sábados e domingos.
- Prazas: 1