Cineuropa es un festival de cine de carácter competitivo organizado por el Auditorio de Galicia-Compostela Cultura, como organismo adscrito al Ayuntamiento de Santiago, que se desarrolla en Compostela desde 1987.
Cineuropa 2024
Coa súa consolidada traxectoria na oferta cultural de Compostela, o certame preséntase como unha plataforma ideal para enriquecer e complementar a experiencia educativa do alumnado da USC e ofrecerlle a oportunidade de adquirir aprendizaxe práctica nunha contorna real da industria cinematográfica. Dende esta perspectiva, o Auditorio de Galicia traslada á USC esta proposta de colaboración para a participación do alumnado como persoal voluntario do Festival Cineuropa, que pode ser mutuamente beneficiosa, ampliando a formación das e dos estudantes e contribuíndo á realización exitosa do festival.
Así, búscanse persoas responsables con interese polo cinema e por afondar nos pormenores da produción dun festival cinematográfico.
Entre as tarefas a realizar están as seguintes:
- Comunicación e atención aos públicos.
- Produción e apoio loxístico.
- Atención a persoas convidadas do festival.
- Procesamento de información sobre as películas e tráfico dos filmes.
- Asistencia e participación nas sesións divulgativas que inclúe o certame.
Datas: do 21 de outubro ao 25 de novembro.
Horario: de 11 a 15 h ou de 16 a 20 h.
Prazas: 5 (COMPLETO)