Asociación Recreativa e Cultural "Os Tilos" ofrece la posibilidad de realizar tareas de voluntariado en diversos programas de conciliación y actividades recreativas con menores.
Programa “O mundo de Xea”
O Mundo de Xea é unha aula de conciliación familiar, onde as cativas e cativos entre 3 e 5 anos teñen unha gran variedade de actividades lúdico-educativas.
Tarefas a desenvolver:
- Apoio nas diferentes actividades do proxectos lúdico-educativos de igualdade de oportunidades, educación ambiental, vial e hábitos saudables etc. con xogos cooperativos, obradoiros de cociña ou manualidades...
- Apoio na merenda.
- Apoio nas saídas ou visitas programadas.
- Apoio no proxecto de inglés lúdico.
- Horario: de luns a xoves, de 17 a 20 h.
- Prazas: 1 persoa por día.
Planeta Solit
O Planeta Solit é unha aula de conciliación familiar-aula de xogo, onde as nenas e nenos de 6 e 8 anos teñen diversas actividades lúdico-educativas.
Tarefas a desenvolver:
- Apoio no espazo dos deberes.
- Horario: de luns a xoves, de 16 h a 20 h.
- Prazas: 1 persoa por día.
Programa Club de Piratas
O Club dos Piratas é unha aula de conciliación familiar-aula de xogo para rapazas e rapaces de 9 a 12 anos de idade. Durante as tardes, ademais de realizar as tarefas escolares para o día seguinte, teñen diversas actividades lúdico-educativas relacionadas con distintas temáticas. A maior prioridade deste club é comezar a fomentar a autonomía persoal e reforzar os lazos entre iguais.
Tarefas a desenvolver:
- Apoio no espazo dos deberes.
- Horario: de luns a xoves, dende as 16 a 20 h.
- Prazas: 1 persoa por día.
Campamentos Urbanos
Os Campamentos Urbanos é un proxecto de conciliación familiar, laboral e persoal con actividades lúdicas para diferentes grupos de idade. Todos os grupos teñen un eixo temático no que se relacionan os diferentes xogos e obradoiros co tema elixido polo equipo de monitoras e monitores. Estes campamentos lévanse a cabo durante os períodos de vacacións escolares (setembro, Nadal, Entroido, Semana Santa, xuño, xullo e agosto).
Tarefas:
- Apoio nas actividades lúdicas de lecer.
- Apoio nos desprazamentos das nenas e nenos pola contorna dos Tilos.
- Apoio na piscina no verán.
- Horario: de luns a venres, de 11 a 14 h.
- Prazas: 2 por día (consultar a dispoñibilidade de prazas en cada período)
Outros proxectos ou tarefas onde colaborar
Durante o ano hai diferentes actividades nas que se pode colaborar de forma presencial ou virtual:
- Colaboración na celebración de festas tradicionais: Samaín, Magosto, Nadal, Entroido...
- Colaboración nas ceas trimestrais para as nenas e nenos dende os 3 aos 12 anos.
- Elaboración de carteis dos proxectos ou actividades.
- Creación de presentacións audiovisuais dos diferentes proxectos.
- Horario: de luns a venres, 16:30 h a 20:30 h.
- Prazas: 1 por día (consultar a dispoñibilidade de prazas segundo a actividade na que se queira colaborar).