La Asociación TDAH Salnés impulsa un Programa de Refuerzo Educativo a través de diferentes talleres.
Obradoiros Xogando coa Arte
Apoio ás tarefas que se desenvolven nos diferentes obradoiros que teñen lugar nas dúas sedes da asociación, Vilagarcía e Aguiño. Estes obradoiros realízanse con persoal da rama docente, pedagóxica, psicolóxica e tamén artística e divídense en dous grupos : artístico-pedagóxicos e psicoeducativos. Están destinados a socias/os e non socias/os, teñan ou non TDAH, en atención á Diversidade. Ademais, estes obradoiros serven de formación para as persoas voluntarias.
Hai dúas quendas do horario
- Horario: sábados dende outubro de 2024 ata xuño de 2025, de 11 a 12 h. (de 5 a 9 anos) e de 12:15 a 13:15 (de 10 a 14 anos)
- Prazas: 8 (4 persoas por sede) de maneira que se podan ir rotando e sempre se poda contar con un mínimo dunha persoa voluntaria na actividade, en atención ás características dos menores (TDAH, dislexia, NEE, etc...)
VII Xornadas anuais “Ponte nas miñas zocas”
Esta jornada se desarrollará en el Auditorio de Cambados.
Coincidindo coa semana de visibilización do Tdah a nivel europeo, realizarase unha actividade formativa, durante todo un sábado, no que terán lugar relatorios nos que se tocarán temas relacionadas con este
trastorno e outros asociados, de cara a informar e dotar de recursos aos docentes, familias, educadores,
estudiantes universitarios e de ciclos superiores.
Aberto a todo o público, previa inscripción. Servirá de formación para o voluntariado e certificarase a asistencia.
- Horario: sábado 29 de octubre de 2024, de 9 a 21 h (con descanso de comer).
- Plazas: 8 (dos personas por turno).
Concilia en laranxa
Campamentos pensados para as dúas sedes (Vilagarcía e Ribeira) para o período vacacional de nadal, veran e pascua, en atención á conciliación familiar das/os socias/os e todas as familias que necesiten deste servizo, teñan ou non algunha necesidade específica educativa, sendo preferente en canto á prazas, que teñan TDAH ou dislexia.
- Viste de laranxa ao teu nadal.
- De ramos a pascuas.
- Campaescola de verán.
Con este servizo preténdese crear un espazo de ocio educativo que sexa unha alternativa diferente en atención ás características destas rapazas e rapaces e ocupar o seu tempo vacacional dunha maneira atractiva para elas/es e de axuda para as familias.
As actividades que se levarán a cabo, coordinadas e dirixidas por pedagogas, psicólogas, docentes, educadoras sociais, van dende o apoio escolar, saídas ao exterior, realización de diferentes obradoiros artísticos, de coidado do medio ambiente, reciclaxe, música... ademais de xogos colectivos, tradicionais, etc; en castelán, galego e inglés.
Contarase con un plan "madrugadoras/es".
- Horario: de luns a venres, de 9 a 14 h. en atención ao calendario que corresponda a cada actividade.
- Prazas: 8 (4 persoas por sede) de maneira que se podan ir rotando entre elas e non quedar o servizo descuberto.