La Fundación Meniños acoge voluntarios y voluntarias para el desarrollo de LECXIT, un programa de acompañamiento educativo con menores en situación de vulnerabilidad con el objetivo de mejorar el suyo desempeño escolar.
Programa LECXIT
LECXIT é un programa transformador da realidade das nenas e nenos máis vulnerables e con menos posibilidades de apoio externo, que sitúa a lectura como un elemento clave para a mellora do éxito escolar.
A actividade consiste en acompañar a un neno/a durante unha hora semanal, onde a lectura e o traballo para a comprensión lectora son o obxectivo. Deste xeito podemos proporcionarlle á nena/o unha educación máis chea de posibilidades.
O acompañamento na comprensión lectora a nenas e nenos de 4.º, 5.º e 6.º de primaria realízase durante o curso escolar 2024-25, un día á semana de outubro a maio, respectando as vacacións escolares.
Centros nos que se desenvolve o programa:
- CEIP López Ferreiro, Rúa dos Xasmíns, Santiago de Compostela
- Horario: martes de 15:30 a 16:30 h.
- Prazas: 5
- CEIP Novo Mesoiro, Rúa das Fragas do Eume, 2, A Coruña
- Horario: luns de 17 a 18 h.
- Prazas: 5
- CEIP Sagrada Familia, Ronda de Outeiro, 211, A Coruña.
- Horario: luns de 16 a 17 h.
- Prazas: 5
- CEIP Curros Enríquez, Parque Marte, 1, A Coruña
- Horario: luns de 16 a 17 h.
- Prazas: 5
- CEIP Manuel Vidal Portela, Avda. de Bos Aires, s/n, Pontevedra
- Horario: mércores de 16 h a 17 h.
- Prazas: 4
- CEP Marcos da Portela, Rúa de Suecia, 1, Pontevedra
- Horario: martes de 16 a 17 h.
- Prazas: 4
- CEIP Escultor Acuña, Rúa da Estrada, 10, Coia, Vigo
- Horario: mércores de 16 a 17 h.
- Prazas: 6
- CPR Divino Maestro, Rúa Portugal, 45, Lugo
- Horario: martes de 16 a 17 h.
- Prazas: 5
- CIP Virxe de Covadonga, Rúa Cibeles, 1, Ourense
- Horario: mércores de 16:30 a 17:30 h.
- Prazas: 5
- CPR Cardenal Cisneros, Rúa Emilia Pardo Bazán, 21, Ourense
- Horario: mércores de 17:45 a 18:45 h.
- Prazas: 5