O Grupo Scout Chan 292 forma parte de ASDE Scouts de Galicia, que representa a opción de educación scout plural e aberta en Galicia.
O movemento scout é a organización de infancia e xuventude máis importante do mundo.
Programa educación pola acción
O Grupo Scout Chan 292 desenvolve un programa de actividades con nenas/os e mozas/os de 8 a 20 anos con carácter educativo e formativo no tempo de lecer. Dende a educación non formal e a metodoloxía scout se traballan aspectos como a educación para a paz e prevención da violencia, a igualdade de oportunidades e a integración, a educación medioambiental, o consumo responsable, uso axeitado das tecnoloxías e a educación vial, entre outros, a través de obradoiros, xogos, acampadas, etc.
Ademais foméntanse especialmente actitudes de voluntariado na infancia e xuventude, xunto coa aprendizaxe de técnicas útiles e o deseño de proxectos mediante o traballo en equipo e o servizo á comunidade local.
O obxectivo é que estas nenas e nenos adquiran ferramentas para ser persoas comprometidas, activas e con sentido crítico, coa visión de construír un mundo mellor.
Todas estas actividades e proxectos son levados a cabo por persoas voluntarias, que contarán coa formación, apoio e recursos axeitados.
- Horario: sábados, de 16 a 18 h.
- Prazas: 3.