El Centro de Linguas Modernas (CLM) ofrece la posibilidad de realizar tareas de voluntariado en sus programas Tándem y Senderismo lingüístico.
Monitor/a das actividades de Café de Linguas e Sendeirismo Lingüístico
Os programas Café de Linguas e Sendeirismo lingüístico, promovidos polo Centro de Linguas Modernas (CLM) da USC, permiten establecer contactos lingüísticos entre estudantes internacionais e alumnas/os do CLM no Campus de Santiago e de Lugo.
O traballo das/os monitoras/es voluntarias/os consistiría na dinamización das actividades e a súa promoción entre a nosa comunidade universitaria.
Estes programas desenvólvense entre outubro-decembro, febreiro-abril e maio-xullo.
Durante estes períodos as/os monitoras/es poden organizar quedadas conxuntas, campañas de información, xogos en linguas estranxeiras, rutas do sendeirismo lingüístico a curta distancia etc.
O obxectivo principal é activar as competencias lingüísticas das/os participantes mediante actividades extraacadémicas formativas, saudables e divertidas.
- Horario: de luns a venres, variable segundo os acordos, entre as 10 e as 21 h.
- Prazas: 1 ou 2
Se queres mais información podes contactar directamente co CLM no enderezo de correo-e clm [at] usc.gal (clm[at]usc[dot]gal)