A materia Prácticas Tuteladas ou Estancias ten o obxectivo de completar a formación dos estudantes, mediante a súa incorporación á actividade profesional que se desenvolve nas oficinas de Farmacia ou nos servizos de Farmacia Hospitalaria do SERGAS. A súa duración é de 6 meses a tempo completo, en cumprimento da Directiva 2005/36 CE, art. 44.2.b
A materia, de 24 ECTS de carácter obrigatorio no Grao en Farmacia, é totalmente práctica e ten dúas quendas anuais que se desenvolven de setembro a febreiro e de febreiro a xullo.