Terapia con Bacteriófagos en Enfermidades Gastrointestinais e Hepáticas: Unha Revisión Sistemática de Alcance
Autoría
L.G.T.
Grao en Medicina
L.G.T.
Grao en Medicina
Data da defensa
20.06.2024 09:00
20.06.2024 09:00
Resumo
Antecedentes: Nos últimos anos alcanzouse un maior entendemento do papel do microbioma intestinal na fisiopatoloxía de múltiples enfermidades gastrointestinais e hepáticas. Non obstante, a súa concepción como diana terapéutica é moi recente e na actualidade atópase en desenvolvemento. Unha das estratexias propostas é a terapia con bacteriófagos, virus capaces de editar a microbiota intestinal de forma precisa e, posiblemente, modificar o curso de moitas destas patoloxías. Obxectivo: Coñecer a evidencia máis recente acerca da seguridade e eficacia da terapia con fagos en enfermidades gastrointestinais e hepáticas non transmisibles, así como determinar o seu posible papel na práctica clínica do futuro. Métodos: Realizouse unha revisión sistemática de alcance seguindo a metodoloxía PRISMA-ScR. Para isto, levouse a cabo unha busca dos artigos primarios publicados nos últimos 5 anos (2018-2023) nas principais bases de datos (“Pubmed”, “Embase”, “Scopus”, “Cochrane”, “Web of Science”, “Dimensions” e “Google Scholar”). A continuación, empregando o xestor bibliográfico Zotero e a aplicación Rayyan QCRI, seleccionáronse os traballos que respondían á pregunta de investigación segundo os criterios de inclusión/exclusión. Despois, procedeuse á lectura crítica co apoio da ferramenta FLC 3.0 e, finalmente, avaliouse a calidade dos ensaios clínicos con esa mesma plataforma e co sistema GRADE. Resultados: Recuperáronse 1798 publicacións, das cales, só 14 (3 ensaios clínicos e 11 estudos preclínicos) foron finalmente seleccionadas. As enfermidades abordadas incluíron o malestar gastrointestinal, a Enfermidade Inflamatoria Intestinal, o Cancro Colorrectal, a Colanxite Esclerosante Primaria, a Enfermidade Hepática Alcohólica e a Enfermidade Hepática de Esteatose asociada a Disfunción Metabólica. A heteroxeneidade dos estudos, o carácter preliminar dos ensaios clínicos e o predominio e limitacións das investigacións preclínicas limitaron a avaliación da calidade e impediron a correcta comparación dos resultados obtidos. Non obstante, a evidencia analizada parece constatar a seguridade da terapia con fagos no tratamento de enfermidades gastrointestinais e hepáticas, a pesar de non lograr a replicación da súa eficacia preclínica nos estudos en humanos. Conclusións: A evidencia actual establece a terapia con bacteriófagos como unha potencial opción terapéutica nas enfermidades gastrointestinais e hepáticas non transmisibles. Non obstante, para avanzar no seu desenvolvemento e poder aplicala na práctica clínica no futuro, serán necesarios máis ensaios clínicos de calidade, que permitan obter datos de eficacia consistentes e robustos.

Dirección
Dieguez Gonzalez, Carlos (Titoría)
Fernández Fondevila, Marcos Cotitoría
Dieguez Gonzalez, Carlos (Titoría)
Fernández Fondevila, Marcos Cotitoría
Tribunal
GALLEGO GOMEZ, MARIA ROSALIA (Presidente/a)
MARTINEZ ROLAN, ROSA MARIA (Secretario/a)
TABOADA MUÑIZ, MANUEL (Vogal)

Estudo de prevalencia para determinar a relación entre o liquen plano e a candidiase oral
Autoría
I.C.C.
Grao en Odontoloxía
I.C.C.
Grao en Odontoloxía
Data da defensa
21.06.2024 09:30
21.06.2024 09:30
Resumo
Introdución: O liquen plano é unha enfermidade inflamatoria crónica, recorrente, frecuente e cambiante cuxa etioloxía é descoñecida. As manifestacións orais adoitan ser bilaterais localizadas na mucosa bucal en forma das típicas estrías de Wickham (liquen plano branco), aínda que tamén se poden presentar nunha forma eritematosa. O diagnóstico lévase a cabo mediante a clínica e a histopatoloxía. O tratamento emprégase nos casos sintomáticos (liquen plano eritematoso) mediante corticoides, factor que pode desencadear a aparición de candidiase. A candidiase é unha infección oportunista que aparece en persoas cunha serie de factores predispoñentes. Esta localízase frecuentemente na lingua e trátase con antifúnxicos. Método: Este estudo lévase a cabo para estudar a relación entre a candidiase e o liquen plano oral. Para isto revisáronse 573 historias clínicas e recompiláronse os datos nun Excel para posteriormente analizalos mediante un programa informático (SPSS). Tras establecer os criterios de inclusión e exclusión o número da mostra analizada foi de 177 pacientes. Resultados: A maioría dos pacientes analizados eran mulleres maiores de 50 anos que presentaron lesións brancas na mucosa bucal. O tratamento máis usado foi o acetónido de triamcinolona e, en canto á relación ca candidiase, asociouse ás lesións vermellas, ao tratamento farmacolóxico, ás enfermidades sistémicas, á boca seca e ás próteses removibles. Discusión: Na meirande parte dos estudos expóñense ideas semellantes ás atopadas nesta investigación, mais outros factores como a relación da candidiase ca tipoloxía de liquen plano difiren con outros estudos. Conclusións: Atopouse unha relación significativa entre a candidiase e o liquen plano nos pacientes con factores predispoñentes e con lesións eritematosas.

OTERO REY, EVA MARIA (Titoría)
Gamallo Moure, Ana Belén Cotitoría
OTERO REY, EVA MARIA (Titoría)
Gamallo Moure, Ana Belén Cotitoría
Tribunal
Diniz Freitas, Márcio (Presidente/a)
BLANCO CARRION, ANDRES (Secretario/a)
FERNANDEZ RIVEIRO, PAULA (Vogal)
Diniz Freitas, Márcio (Presidente/a)
BLANCO CARRION, ANDRES (Secretario/a)
FERNANDEZ RIVEIRO, PAULA (Vogal)
Impacto do insomnio asociado a Esclerose Múltiple na calidade de vida e fatiga percibidas polos pacientes; unha revisión sistemática.
Autoría
M.B.C.
Grao en Medicina
M.B.C.
Grao en Medicina
Data da defensa
20.06.2024 09:00
20.06.2024 09:00
Resumo
Antecedentes: A relación da Esclerose Múltiple (EM) co insomnio ten sido amplamente descrita nos últimos anos; non obstante, aínda existe pouca evidencia científica acerca de canto e como isto pode estar afectando á calidade de vida dos pacientes ou sobre se esta asociación puidese explicar, alomenos en parte, a presenza de fatiga crónica. Obxectivos: 1) Reunir a evidencia existente acerca da asociación entre EM e insomnio. 2)Coñecer cal é o impacto do insomnio sobre a calidade de vida dos pacientes con EM. 3)Describir a posible relación entre insomnio e fatiga en EM. 4) Elaborar unha proposta de cribado sistemático de fatiga, calidade de vida e trastornos do sono en EM. Métodos: Deseñáronse dous protocolos de busca que se adaptasen da mellor forma posible ós nosos obxectivos. De acordo con estes, levouse a cabo unha busca nas plataformas PubMed, Scopus, Dialnet e Google Scholar. Os traballos atopados cribáronse seguindo as premisas do grupo PRISMA. Resultados: Atopáronse 300 artigos sobre calidade de vida e 531 acerca da fatiga, dos cales, unicamente 14 e 7, respectivamente, cumpriron cos requisitos fixados. Os traballos foron, na súa maioría, estudos de tipo descritivo transversal. A análise global dos estudos mostra unha asociación positiva entre insomnio e peor calidade de vida, así como entre insomnio e unha maior fatiga percibida. Conclusións: 1) Na poboación con EM hai unha maior prevalencia de insomnio con respecto á poboación xeral (52%). 2) A presenza de insomnio en doentes con EM, asóciase cuns peores resultados nas escalas de avaliación de calidade de vida. 3) Nos doentes con EM, o insomnio asóciase de maneira significativa cunha “fatiga secundaria”; porén, non é posible excluír factores confusores. 4) Propoñemos un protocolo de detección de fatiga, calidade de vida e trastornos do sono en EM.

PRIETO GONZALEZ, JOSE MARIA OSCAR (Titoría)
PRIETO GONZALEZ, JOSE MARIA OSCAR (Titoría)
Tribunal
RODRIGUEZ PALLARES, JANNETTE (Presidente/a)
RODRIGUEZ GARCIA, JAIME JOSE (Secretario/a)
LOPEZ MARTIN, MARIA ELENA (Vogal)

Revisión sistemática do manexo da hidradenitis supurativa
Autoría
S.M.B.
Grao en Medicina
S.M.B.
Grao en Medicina
Data da defensa
20.06.2024 09:00
20.06.2024 09:00
Resumo
Introdución: A hidrosadenite supurativa, tamén coñecida como acné inverso ou enfermidade de Verneuil, é unha enfermidade crónica que provoca inflamación recorrente dos folículos pilosos en áreas intertrixinosas como as axilas, a rexión inguinal e o área anoxenital. O seu orixe multifactorial, que implica tanto factores xenéticos como procesos fisiolóxicos, aínda non está completamente comprendido. A xestión terapéutica desta patoloxía segue a ser un área de investigación activa debido á súa natureza refractaria e á súa tendencia a converterse nunha afección crónica. Obxectivos: Realizar unha revisión bibliográfica exhaustiva para avaliar a evidencia relacionada coas distintas modalidades terapéuticas empregadas ata a data no manexo da hidrosadenite supurativa, atendendo á súa etioloxía e patoxénese, co obxectivo de establecer un protocolo terapéutico fundamentado na evidencia dispoñible. Materials e métodos: Realizouse unha exhaustiva revisión da literatura científica sobre o tratamento da hidrosadenite supurativa, utilizando a base de datos PUBMED e considerando os artigos publicados entre xaneiro de 2020 e decembro de 2023. Incluíronse estudos escritos en inglés, con resumo dispoñible e que forneceran información relevante para o manexo clínico da enfermidade. Excluíronse aqueles estudos que utilizaran mostras non humanas, revisións sistemáticas que non foran metaanálises, casos individuais e series curtas de casos, ensaios clínicos en fase I, estudos de caso único, así como libros e manuais. Tamén se excluíron traballos duplicados ou actualizacións do mesmo autor, e artigos que involucrasen unha poboación menor de 10 pacientes. Resultados: Foron incluídos un total de 20 artigos no estudo, distribuídos de tal maneira que 10 deles abordaron o uso de fármacos biolóxicos, 3 centrados na terapia con antibióticos, outros 3 exploraron terapias con láser. Os 4 restantes trataron estudos sobre a dapsona, a toxina botulínica, a cirurxía e os corticoides intralesionais. Estes estudos proporcionáronnos información relevante sobre o tratamento da hidrosadenite supurativa, permitindo extraer conclusións valiosas para protocolar o manexo desta enfermidade. Conclusiones: Tras unha revisión actualizada e detallada dos diferentes tratamentos para a hidrosadenite supurativa, concluímos que se dispón dunha gran variedade de enfoques terapéuticos, para os cales non existe unha guía de actuación ben reportada. Por este motivo, destaca a importancia de futuras investigacións adicionais, especialmente ensaios clínicos controlados e aleatorizados, que axuden a esclarecer a patoxenia da enfermidade e a establecer protocolos de tratamento estandarizados en base a esta.

PEREIRO FERREIROS, MANUEL (Titoría)
PEREIRO FERREIROS, MANUEL (Titoría)
Tribunal
CUEVAS ALVAREZ, JUAN BAUTISTA (Presidente/a)
Rodriguez Garcia, Javier (Secretario/a)
SOBRINO NOGUEIRA, ADOLFO (Vogal)

O potencial uso do cannabidiol no sono normal e patolóxico
Autoría
G.M.M.G.
Grao en Medicina
G.M.M.G.
Grao en Medicina
Data da defensa
20.06.2024 09:00
20.06.2024 09:00
Resumo
Introdución: Os trastornos do sono afectan a millóns de persoas en todo o mundo, o que implica consecuencias graves coma problemas de saúde mental ou diminución do rendemento diario. Os tratamentos actuais dispoñibles non son completamente eficaces e non están exentos de efectos adversos. Na procura de novas solucións e tras aumentar a investigación debido ao seu potencial terapéutico demostrado, o cannabidiol postúlase como unha alternativa eficaz para mellorar o sono en persoas con sono normal, trastornos do sono e outras condicións médicas. Material e métodos: A busca de artigos realizouse mediante as bases de datos Pubmed, Cochrane e Scopus, seleccionando as evidencias máis recentes do uso de CBD no sono humano, cumprindo os criterios de inclusión e exclusión establecidos. Resultados: Identificáronse un total de 182 estudos, dos que se incluíron 16. 3 deles avaliaron o efecto do CBD sobre o sono de suxeitos sans, 6 en suxeitos con insomnio ou outros trastornos do sono e 7 noutras afeccións médicas como epilepsia, dor crónica, enfermidade de Parkinson, trastorno de estrés postraumático, esclerose múltiple ou autismo. O 80% deles detectaron melloras na calidade subxectiva do sono, e o 71% que utilizaron métodos obxectivos reportou algún beneficio na súa arquitectura do sono. Conclusións: O cannabidiol podería ser unha opción segura e eficaz para mellorar a calidade percibida do sono, especialmente en poboacións con trastornos do sono ou condicións médicas específicas. Precísanse novas investigación focalizadas específicamente no efecto do CBD no sono, empregando métodos de avaliación tanto obxectivos como subxectivos.

VICENTE ALBA, FRANCISCO JAVIER (Titoría)
Uzal Fernández, Cristina Cotitoría

LAREU HUIDOBRO, MARIA VICTORIA (Presidente/a)
López González, Francisco Javier (Secretario/a)
RODRIGUEZ COBOS, MARIA ANGELES (Vogal)

Papel do sistema glinfático nos diferentes tipos de hidrocefalia: Implicación das acuaporinas, unha revisión sistemática.
Autoría
A.M.C.A.
Grao en Medicina
A.M.C.A.
Grao en Medicina
Data da defensa
20.06.2024 09:00
20.06.2024 09:00
Resumo
Introdución: A hidrocefalia é un grupo de patoloxías que afecta a un gran número de persoas, pero na actualidade non existe tratamento etiolóxico para a maioría delas, en especial as hidrocefalias comunicantes, sendo o seu tratamento case exclusivamente cirúrxico. Ata hai poucos anos pensábase que o sistema nervioso central carecía de drenaxe linfática, agora sábese que iso non é así grazas ao descubrimento en 2015 do sistema glinfático, un sistema de fluxo de líquido a través do parénquima cerebral, desde un espazo perivascular a outro. Unha das moléculas máis importantes neste sistema é a acuaporina 4, unha molécula que actúa como canle de auga, que se encontra principalmente nos pés dos astrocitos que forman a barreira hematoencefálica. Obxectivos: Comprender o papel que xogan o sistema linfático e as acuaporinas na hidrocefalia e describir o estado actual do tema. Material e métodos: Revisión sistemática de 6 artigos entre os que se atopan 5 estudos e unha revisión sistemática seguindo as indicacións da guía PRISMA 2020. A busca realizouse na base de datos de Medline, PubMed. Resultados e conclusións: Nas hidrocefalias existe alteración do sistema glinfático e da acuaporina-4. Na hidrocefalia crónica do adulto existe descenso dos niveis desta e unha desestructuración do sistema glinfático posiblemente debida á astrogliose, mentres que noutros tipos como a secundaria a unha hemorraxia subaracnoidea os niveis de acuaporina-4 atópanse elevados, posiblemente como mecanismo compensador. Isto fai que a acuaporina 4 e o sistema glinfático sexan dianas terapéuticas de gran interese, pero aínda se require máis investigación ao respecto.

PRIETO GONZALEZ, ANGEL JESUS (Titoría)
BLANCO GUIJARRO, ADELA Cotitoría
PRIETO GONZALEZ, ANGEL JESUS (Titoría)
BLANCO GUIJARRO, ADELA Cotitoría
Tribunal
GONZALEZ GARCIA, FRANCISCO (Presidente/a)
DIAZ PEROMINGO, JOSE ANTONIO (Secretario/a)
GINARTE VAL, MANUEL JAVIER (Vogal)

Descubrimento, caracterización fenotípica e funcional in silico de mutacións de novo en PKD1 nunha cohorte de exoma de TEA.
Autoría
P.F.F.
Grao en Medicina
P.F.F.
Grao en Medicina
Data da defensa
20.06.2024 09:00
20.06.2024 09:00
Resumo
Antecedentes: Os trastornos do espectro autista (TEA) contan cunha elevada frecuencia (ate un 1%), son dos trastornos no neurodesenvolvemento máis herdables que existen (80% de heredabilidade). Ate a data, o xen Polycystic Kidney Disease 1 (PKD1), implicado na enfermidade renal poliquística autosómica dominante (ADPKD), nunca foi descrito como un xen de risco para os TEA. Obxectivo: Describir e estudar 10 mutacións de novo achadas en PKD1 nunha en individuos TEA para determinar se este xen está implicado nos TEA. Caracterizar fenotípicamente os probandos, anotar as variantes con ferramentas bioinformáticas e predicir o impacto funcional das variantes con intelixencia artifical (IA) e software específicos. Metodoloxía: Atopáronse 10 mutacións en PKD1 (4 nunha cohorte de exoma de 360 tríos e 6 pertencentes a unha cohorte do Autism Sequencing Consortium) . Levouse a cabo unha análise do fenotipo e xenotipo de algúns probandos. Estudouse a expresión de PKD1 nos tecidos. Analizouse a frecuencia das variantes e anotáronse coa ferramenta ANNOVAR para examinar a natureza e características das mutacións. O estudo das variantes a nivel funcional fíxose con tres ferramentas que usan machine learning, dúas delas (AlphaMissense e SpliceAI) son sistemas de IA. Resultados: A análise do fenotipo e xenotipo dos probandos sitúa ás mutacións en PKD1 como as mellores candidatas para explicar os TEA. O estudo de expresión amosou que este xen exprésase 5,44 veces máis no cerebro que no tecido renal. A anotación das variantes revelou que unha atópase nun intrón, unha nunha zoa de empalme e 8 en exóns. Destas 8, 4 son silenciosas e 4 missense. A frecuencia poblacional de todas as mutacións é mínima. A predicción do efecto funcional das mutacións missense foi distinta en Polyphen-2 e AlphaMissense. Polyphen-2 clasificou como posiblemente benigna unha variante, unha como posiblemente maligna e dúas como probablemente malignas. As probabilidades de malignidade foron 0.007, 0.925, 0.998 e 0.994 respectivamente. AlphaMissense considerou todas as variantes posibelmente benignas. SpliceAI indicou que a mutación na zoa de empalme tiña una probabilidade do 93% de ser maligna. Conclusións: O estudo das variantes en PKD1 suxire que algunhas mutacións teñen alto potencial patoxénico nos TEA (probabilidades de malignidade superiores ao 92% en 4 ocasións). Aínda que algúns resultados das ferramentas predictoras de patoxenicidade son contraditorios, presentamos como primeira vez PKD1 como probable xen de risco nos TEA.

CARRACEDO ALVAREZ, ANGEL MARIA (Titoría)
RODRIGUEZ FONTENLA, MARIA CRISTINA Cotitoría
DOMINGUEZ ALONSO, SARA Cotitoría

Dieguez Gonzalez, Carlos (Presidente/a)
VALDES CUADRADO, LUIS GUILLERMO (Secretario/a)
LOPEZ LOPEZ, RAFAEL (Vogal)

Resposta clínica á inmunoterapia en mulleres afectadas por cancro de pulmón de células non pequenas avanzado.
Autoría
A.C.A.D.S.
Grao en Medicina
A.C.A.D.S.
Grao en Medicina
Data da defensa
09.02.2024 09:00
09.02.2024 09:00
Resumo
O cancro de pulmón (LC) é unha lacra social pola súa alta incidencia (2o lugar a nivel mundial, con 2.206.771 novos casos) e a súa elevada letalidade (1º lugar con 1.796.144 mortes) (Globocan, 2020). En España, en 2022 observáronse 22.316 novos casos en homes e 8.632 en mulleres (Sociedade Española de Oncoloxía Médica (SEOM) e Rede Española de Rexistros de Cancro (REDECAN, 2022)), pero dende hai uns anos estamos a observar un aumento da súa incidencia no sexo feminino, debido fundamentalmente á incorporación da muller ao hábito tabaquico a idades cada vez máis tardías e á maior susceptibilidade aos danos producidos por este. A inmunoterapia supuxo un rompedor avance nun campo donde a terapéutica tiña eficacia modesta e estaba dominada pola quimioterapia e radioterapia. O efecto máis chamativo da inmunoterapia é prolongar a supervivencia de algúns pacientes, sobre todo do subgrupo dos chamados longos respondedores. Non obstante, non se coñecen completamente as razóns biolóxicas polas que o tratamento é máis ou menos eficaz en diferentes individuos, e hai hipóteses de que a eficacia da inmunoterapia pode ser menor nas mulleres. Para ofrecer información neste complexo escenario, levamos a cabo este estudo observacional retrospectivo sobre unha mostra de 189 pacientes atendidos no Servizo de Oncoloxía Médica do Complexo Hospitalario Universitario da Coruña (CHUAC) con cancro de pulmón de células non pequenas (NSCLC) en fase avanzada que compara a resposta clínica á inmunoterapia en mulleres fronte a homes en termos de supervivencia global e sen progresión e axustada por factores de confusión.

Cordeiro González, Patricia Cotitoría

Rodriguez Calvo, Maria Sol (Presidente/a)
LAGE FERNANDEZ, RICARDO (Secretario/a)
Ponte Hernando, Fernando Julio (Vogal)

Miocardiopatía hipertrófica nas RASopatías do espectro Noonan. Revisión sistemática.
Autoría
A.D.M.
Grao en Medicina
A.D.M.
Grao en Medicina
Data da defensa
20.06.2024 09:00
20.06.2024 09:00
Resumo
Introdución: As RASopatías son un grupo de trastornos provocados por distintas mutacións na vía RAS/MAPK. Esta revisión está centrada nas RASopatías do espectro da síndrome Noonan, que se caracterizan por presentar un fenotipo común, dentro do que se inclúe nalgúns casos a miocardiopatía hipertrófica. Trátase de trastornos pouco prevalentes, o que dificulta a realización de estudos sobre as características da miocardiopatía hipertrófica en pacientes con RASopatía. Obxetivos: Os obxectivos desta revisión son profundizar na correlación fenotipo-xenotipo da miocardiopatía hipertrófica e as RASopatías, establecer posibles predictores de mortalidade, determinar a seguridade do tratamento con rhGH en pacientes que presenten talla baixa e RASopatía e investigar a viabilidade de novas dianas terapéuticas. Método: Realizouse unha búsqueda en PubMed, incluíndose un total de 20 artigos. Discusión: Os resultados obtidos nesta revisión poderían simplificar a toma de decisións respecto ao manexo dos pacientes con miocardiopatía hipertrófica e RASopatía. A MCH presenta una maior prevalencia en pacientes con determinadas mutacións e síndromes dentro do grupo das RASopatías. Describíronse preditores de mortalidade específicos que poderían ser de gran utilidade para os profesionais que realizan o seguimento destes pacientes. Pola súa parte, o tratamento con rhGH parece seguro nestes pacientes e as novas dianas terapéuticas plantexan escenarios prometedores. Porén, a heteroxeneidade e a baixa prevalencia destes trastornos fan necesario realizar novas investigacións e ensaios tanto clínicos como preclínicos que consoliden a evidencia actual respecto a todas as cuestións discutidas.

CABANAS RODRIGUEZ, PALOMA (Titoría)
CABANAS RODRIGUEZ, PALOMA (Titoría)
Adicción ao smartphone en adolescentes segundo a escala SAS (Smartphone Additcion Scale)
Autoría
I.F.F.
Grao en Medicina
I.F.F.
Grao en Medicina
Data da defensa
20.06.2024 09:00
20.06.2024 09:00
Resumo
Contexto Grazas ao desenvolvemento tecnolóxico, o 85% da poboación mundial ten polo menos un smartphone, e segundo os estudos de análise de big data, o usuario medio emprega entre 5 e 7 horas diarias no seu teléfono intelixente. Malia os numerosos casos reportados de problemas derivados do uso dos teléfonos intelixentes en nenos e mozos (adquisición tardía da linguaxe, problemas do soño, sobrepeso, condutas adictivas, fracaso escolar, depresión...), a adicción aos teléfonos móbiles é unha patoloxía de recente aparición, e aínda non existe un consenso claro sobre a súa definición e os seus criterios diagnósticos, e son poucos os estudos que evaluaron a adicción ao smartphone entre adolescentes españois. Métodos O obxectivo deste TFG é deseñar un proxecto de estudo observacional para estudar a prevalencia da adicción aos teléfonos móbiles entre adolescentes españois de 3º da ESO a 2º de Bacharelato, medida mediante a escala SAS (Smartphone Addiction Scale). Para isto, pasaremos a encuesta a 371 adolescentes de entre 14 e 18 anos da área da Coruña, evaluando o seu grao de adicción ao móbil en relación con outros aspectos como a calidade do soño, os resultados académicos ou a estrutura familiar. Resultados Grazas ao uso de instrumentos como a SAS na poboación adolescente, poderemos detectar condutas de risco de adicción ao smartphone, o que permitirá desenvolver estratexias de prevención e intervención precoz, así como coñecer a súa prevalencia para poder concienciar á poboación sobre este crecente problema.

Barral Picado, María del Carmen Cotitoría

Fernández González, Angel Luis (Presidente/a)
GARCIA CAMPOS, JUAN (Secretario/a)
RELOVA QUINTEIRO, JOSE LUIS (Vogal)

Revisión sistemática do papel da xenética na etioloxía dos trastornos do espectro autista
Autoría
N.M.B.
Grao en Medicina
N.M.B.
Grao en Medicina
Data da defensa
18.07.2024 09:00
18.07.2024 09:00
Resumo
Introdución: Os trastornos do espectro autista (TEA) engloban unha serie de trastornos do neurodesenvolvemento que se caracterizan por déficits na interacción social e presenza de intereses restritivos e comportamentos repetitivos. O TEA ten unha de etioloxía complexa, na que o ambiente, xenética e epixenética teñen un papel relevante e conxunto na súa aparición. Aínda que se sabe que a xenética xoga un papel, non se coñecen exactamente os mecanismos xenéticos específicos que actúan nin o peso destes no desenvolvemento de ditos trastornos. Obxectivos: Identificar e avaliar os xenes máis implicados no desenvolvemento de TEA e determinar como estas variacións xenéticas contribúen ao risco de padecer o trastorno. Material e métodos: Realizouse unha revisión sistemática da evidencia dispoñible en PubMed, empregando como estratexia de busca unha combinación de palabras claves relacionadas entre si con operadores booleanos, termos MeSH e delimitar palabras ao título ou resumo. Para a selección aplicáronse os criterios de inclusión e exclusión, como o cribado de lectura para rematar coa inclusión de 14 artigos. Resultados: As investigacións sobre o TEA revelan unha etioloxía multifactorial que inclúe factores xenéticos, ambientais e epixenéticos. A herdabilidade estimada varía entre o 45-91%, destacando a forte influencia xenética con altos índices de concordancia en xemelgos monocigóticos. Variantes xenéticas comúns e raras, como SNVs e CNVs, contribúen significativamente ao risco de TEA, pero moitos mecanismos subxacentes permanecen descoñecidos. Estudos xenómicos avanzados como GWAS, WES e WGS identificaron numerosos xenes candidatos e loci asociados ao TEA, subliñando a complexidade e heteroxeneidade do trastorno. Ademais, factores ambientais do período prenatal, perinatal e posnatal tamén xogan un papel crucial. Conclusións: A etioloxía do TEA é multifactorial, con factores xenéticos e ambientais interrelacionados. Os avances tecnolóxicos están a mellorar a comprensión deste trastorno, pero é necesaria máis investigación para desentrañar os mecanismos precisos e desenvolver estratexias efectivas de prevención, diagnóstico e tratamento.

GOMEZ LADO, MARIA DEL CARMEN (Titoría)
GOMEZ LADO, MARIA DEL CARMEN (Titoría)
A influencia do uso dos corticoides no prematuro tardío
Autoría
A.P.N.M.
Grao en Medicina
A.P.N.M.
Grao en Medicina
Data da defensa
20.06.2024 09:00
20.06.2024 09:00
Resumo
Introdución Os corticoides prenatais son o estándar de atención nos partos prematuros antes das 34 semanas de xestación sobre a base de evidencia consistente de que o uso de corticosteroides no período prenatal nas xestantes con risco de parto prematuro reduce a morbimortalidad do neonato . O uso de corticosteroides máis alá das 34 semanas, e por tanto, no período de prematuridad tardía é máis controvertido debido a posibles efectos tanto a curto como a longo prazo (neurolóxicos) dos neonatos. Obxectivos Revisar a evidencia existente ata a actualidade sobre a influencia na mortalidade e comorbilidade respiratoria nos prematuros tardíos expostos a corticosteroides prenatais, así como os seus efectos a longo prazo no desenvolvemento neurolóxico, como alteracións neurolóxicas, comportamentais e outros tipos de comorbilidades psiquiátricas. Metodoloxía Revisión sistemática da literatura científica dispoñible sobre os efectos da corticoterapia prenatal nos prematuros tardíos , realizada a través do buscador bibliográfico PUBMED e seguindo as directrices PRISMA. Os criterios de inclusión utilizados foron: estudos dispoñibles en inglés, español e portugués , data de publicación entre enero de 2005 abril de 2024 ( un marxe amplo, xa que se analizaron estudos a longo prazo), casos clínicos controlados aleatorizados, estudos de cohortes retrospectivos, estudos re alizados en humanos, estudos aplicados a neonatos vivos co n parto prematuro tardío , entre as 34/0 36/6 semanas de xestación. Resultados Analizáronse os datos dun total de 8 artigos. Os resultados, referentes a ambos obxectivos da revisión foron diferentes nos diferentes estudos. Hai resultados que suxiren unha redución na morte e comorbilidade respiratoria coa corticoterapia prenatal nos prematuros tardíos . O mesmo se viu sobre a influencia nas discapacidades neurolóxicas a longo prazo. Conclusións Os estudos analizados teñen resultados contraditorios en canto ao efecto da corticoterapia prenatal nos prematuros tardíos. Necesítanse mais estudos a longo prazo para avaliar a influencia desta terapia en este rango de prematuridad.

COUCE PICO, MARIA DE LA LUZ (Titoría)
Durán Fernández-Feijóo, Cristina Cotitoría

SEÑARIS RODRIGUEZ, ROSA MARIA (Presidente/a)
CABANAS RODRIGUEZ, EDUARDO RODRIGO (Secretario/a)
MATEOS ALVAREZ, RAIMUNDO (Vogal)

Reavaliación de resposta a sapropterina en adultos con fenilcetonuria
Autoría
M.A.G.
Grao en Medicina
M.A.G.
Grao en Medicina
Data da defensa
20.06.2024 09:00
20.06.2024 09:00
Resumo
A fenilcetonuria é unha enfermidade autosómica recesiva causada pola deficiencia da encima fenilalanina hidroxilasa, encargada da transformación de fenilalanina en tirosina. Unha inactividade desta encima tradúcese nun aumento dos niveis de fenilalanina en sangue, que se manifesta con déficit do desenvolvemento neurocognitivo. La sapropterina é o único fármaco comercializado para o seu tratamento, con todo, para ser subsidiario deste, a resposta debe ser superior a un 30% no momento do diagnóstico respecto a os niveis basales de Phe en sangue. O obxectivo deste estudo consiste na reevaluación da resposta a sapropterina naqueles pacientes adultos que, no momento de diagnóstico, non se lles realizou a proba de sobrecarga de sapropterina ou, non demostraron unha resposta superior ao límite arbitrario, por se puidesen beneficiarse actualmente del. Estudo descritivo dunha serie de 5 casos que segue a pacientes adultos diagnosticados de PKU e que tras a proba de resposta a sapropterina no momento de diagnóstico non se superou o 30% requirido. Reavaliación a través de medicións de Phe en sangue antes e despois de administrar o fármaco. O 75% dos pacientes adultos nos que se reavaliou a resposta a sapropterina, obtiveron unha redución maior ou igual do 30%, considerándose así respondedores. Tres deles realizaran protocolo de tolerancia a BH4 previamente con resposta non favorable, con todo, en todos os casos, o seu estudo molecular revelaba unha función residual de PAH in vitro do 44% nunha das súas variantes alélicas. Dos cinco pacientes do estudo, catro deles están a tratamento farmacolóxico con sapropterina, e a redución de niveis de Phe en sangue tras dous anos desde o seu inicio, é dun 38,44%. Estes pacientes tamén experimentaron un aumento na tolerancia de proteínas naturais. Recoméndase a reavaliación da resposta en pacientes con variantes alélicas potencialmente respondedoras, e que previamente non mostrasen unha redución maior ou igual ao 30% de niveis de fenilalanina en sangue tras a proba de sobrecarga oral de BH4. Débese considerar sempre factores como a duración da proba, a porcentaxe de redución e as diversas causas que poden provocan fluctuacións significativas das concentracións de fenilalanina.

Hermida Ameijeiras, Álvaro (Titoría)
Hermida Ameijeiras, Álvaro (Titoría)
Tribunal
ARAUJO VILAR, DAVID (Presidente/a)
SOTO VARELA, ANDRES (Secretario/a)
SUAREZ PEÑARANDA, JOSE MANUEL (Vogal)
ARAUJO VILAR, DAVID (Presidente/a)
SOTO VARELA, ANDRES (Secretario/a)
SUAREZ PEÑARANDA, JOSE MANUEL (Vogal)
Experiencia dun programa de profilaxe preexposición a VIH en Lugo
Autoría
S.C.R.
Grao en Medicina
S.C.R.
Grao en Medicina
Data da defensa
20.06.2024 09:00
20.06.2024 09:00
Resumo
INTRODUCIÓN: A profilaxe preexposición (PrEP) é unha intervención dirixida a previr, mediante o uso de fármacos antirretrovirais, a adquisición da infección polo virus da inmunodeficiencia humana (VIH) en persoas seronegativas con alto risco de contraer a infección. En novembro de 2019, o Ministerio de Sanidade aprobou o financiamento de Tenofovir disoproxil fumarato/Emtricitabina (TDF/FTC) diario como pauta de PrEP. OBXECTIVOS: Describir as características sociodemográficas, clínicas e condutuais dos usuarios de PrEP, así como coñecer a súa efectividade e seguridade, a adherencia ao tratamento na poboación tratada e a dinámica de infeccións de transmisión sexual (ITS). MÉTODO: Realizouse un estudo de cohortes retrospectivo no Hospital Universitario Lucus Augusti que incluíu os usuarios do programa PrEP desde novembro de 2020 ata febreiro de 2024. Analizáronse as características sociodemográficas, clínicas e condutuais dos participantes, a eficacia e efectos adversos da medicación, a adherencia terapéutica e a dinámica de ITS. RESULTADOS: Incluíronse 35 participantes, 33 homes e dúas mulleres trans. O usuario de PrEP respondeu ó perfil dun home que ten sexo con homes (HSH), de 39 anos e orixe española, que solicita por iniciativa propia inclusión no programa. Frecuentemente houbo antecedentes dalgunha ITS (60%) e, malia a derivación sistemática dos usuarios á consulta de Medicina Preventiva para vacunación, existiu ausencia de inmunización fronte a virus da hepatite A (VHA) e hepatite B (VHB) en arredor da metade dos casos (54,3% e 45,7%, respectivamente). Só unha pequena porcentaxe de suxeitos referiu usar sempre preservativo (2,9%), a mediana de parellas sexuais por mes situouse en 3,5 e un dos usuarios reportou a práctica de chemsex . O 14,3% dos suxeitos abandonou a PrEP, sendo o principal motivo a aparición de efectos adversos dixestivos (8,6%) e case un terzo dos participantes (28,6%) desenvolveu algunha ITS durante o seguimento (gonococia, Chlamydia trachomatis e sífilis, por orde de frecuencia). CONCLUSIÓNS: A PrEP presentouse coma unha medida eficaz, segura e con altos niveis de adherencia.

Gonzalez Quintela, Arturo (Titoría)
Rabuñal Rey, Ramón Cotitoría
Gonzalez Quintela, Arturo (Titoría)
Rabuñal Rey, Ramón Cotitoría
Tribunal
Alvarez Villamarin, Clara (Presidente/a)
SAAVEDRA NIEVES, ALEJANDRO (Secretario/a)
FERNANDEZ PEREZ, CRISTINA (Vogal)

Revisión sistemática sobre o efecto do mindfulness en pacientes con cancro de mama
Autoría
I.F.S.
Grao en Medicina
I.F.S.
Grao en Medicina
Data da defensa
20.06.2024 09:00
20.06.2024 09:00
Resumo
INTRODUCIÓN: O cancro de mama, o máis frecuente entre as mulleres españolas, presenta unha ampla sintomatoloxía asociada (psicolóxica, física e importante afectación da calidade de vida), para o seu manexo o uso de terapias Mindfulness (MBIs), como MBSR (Mindfulness-Based Stress Reduction) e MBCT (Mindfulness-Based Cognitive Therapy), está adquirindo un crecente interese. O mindfulness é unha técnica psicolóxica que busca acadar un estado de conciencia plena. A través de distintos mecanismos demostrou con evidencia científica a súa utilidade no tratamento e prevención de diversas enfermidades. OBXECTIVOS: Recompilar os efectos das terapias mindfulness sobre a sintomatoloxía asociada ao cancro de mama, tanto en mulleres con enfermidade activa coma nas superviventes. MÉTODOS: Realizouse unha revisión sistemática consultando PubMed, PsycINFO, biblioteca Cochrane e Web of Science. Incluíronse 13 estudos: 10 sobre pacientes con “enfermidade activa” e 3 sobre “superviventes”. RESULTADOS: Sobre a clínica psicolóxica as MBIs producen beneficios estatisticamente significativos a curto e medio prazo, especialmente sobre os síntomas depresivos, a ansiedade e o estrés. Na sintomatoloxía física só se viu efecto significativo na redución da fatiga coas terapias MBSR. Outros síntomas como a función cognitiva e a calidade do sono tamén melloran con estas terapias (menor nivel de evidencia). Sobre a calidade de vida só se observaron mellorías a curto prazo. Hai poucas investigacións sobre as terapias MBCT. O estudo de pacientes superviventes está limitado polo baixo número de publicacións e a falta dunha definición homoxénea de “paciente supervivente”. CONCLUSIÓNS: Ante o beneficio que as terapias mindfulness (especialmente os protocolos MBSR e MBCT) demostraron sobre a ansiedade, estrés, síntomas depresivos, fatiga e outra clínica asociada ao cancro de mama, proponse o seu uso como terapia complementaria no manexo destas pacientes.

LEON MATEOS, LUIS ANGEL (Titoría)
Pérez López, María Eva Cotitoría
LEON MATEOS, LUIS ANGEL (Titoría)
Pérez López, María Eva Cotitoría
Tribunal
GARCIA RIESTRA, CARLOS (Presidente/a)
Rodríguez Vázquez, Virginia María (Secretario/a)
PAZOS CASTELOS, ANTONIO JUAN (Vogal)

Novas liñas de tratamento en alopecia areata
Autoría
C.I.I.
Grao en Medicina
C.I.I.
Grao en Medicina
Data da defensa
20.06.2024 09:00
20.06.2024 09:00
Resumo
Encadrada dentro das alopecias non cicatríceas, a alopecia areata é unha das principais causas de caída do cabelo, podendo afectar ao 2% da poboación. A súa fisiopatoloxía non está totalmente esclarecida, pero apunta cara a unha enfermidade autoinmune mediada por linfocitos T que, combinada coa xenética e o ambiente, afecta ao folículo piloso en fase anáxena e produce fenotipos clínicos de diferente gravidade. A lesión clásica é unha área alopécica redondeada ou ovalada con límite neto, podendo presentarse como parches únicos ou múltiples. O coiro cabeludo é o lugar máis frecuentemente afectado, con patróns tales como: parcheado, difuso, ofiásico e sisaifo. Existen outras formas máis extensas, afectando a cellas, pestanas e barba na alopecia areata total; e ao resto do corpo, na alopecia areata universal. O seu curso é variable e depende da gravidade. Algúns pacientes experimentan unha rexeneración espontánea do cabelo, pero a maioría recorren e precisan da terapéutica dermatolóxica, que inclúe principalmente: inmunoterapia de contacto, inmunosupresores clásicos, fototerapia e inhibidores da vía JAK-STAT. Aínda que algúns pacientes responden favorablemente aos tratamentos dispoñibles, a taxa de éxito en formas máis graves segue sendo baixa. O obxectivo deste traballo é realizar unha revisión da literatura sobre os avances na terapéutica da alopecia areata, patoloxía que pode impactar negativamente na calidade de vida, con necesidades non cubertas na actualidade e sobre a que se realizaron avances no coñecemento da etiopatoxenia e, paralelamente, no seu tratamento.

Flórez Menéndez, María Ángeles Cotitoría
PEREIRO FERREIROS, MANUEL (Titoría)
Flórez Menéndez, María Ángeles Cotitoría
Tribunal
GALLEGO GOMEZ, MARIA ROSALIA (Presidente/a)
MARTINEZ ROLAN, ROSA MARIA (Secretario/a)
TABOADA MUÑIZ, MANUEL (Vogal)
GALLEGO GOMEZ, MARIA ROSALIA (Presidente/a)
MARTINEZ ROLAN, ROSA MARIA (Secretario/a)
TABOADA MUÑIZ, MANUEL (Vogal)
Estudo dos efectos da actuación odontolóxica sobre as cifras de tensión arterial en pacientes que acuden á clínica universitaria.
Autoría
S.M.B.
Grao en Odontoloxía
S.M.B.
Grao en Odontoloxía
Data da defensa
21.06.2024 09:30
21.06.2024 09:30
Resumo
INTRODUCIÓN: A ansiedade dental é un feito relativamente frecuente durante a asistencia odontolóxica e é desencadeada por experiencias traumáticas previas, medo á dor e outros factores. O estrés consecuente á visita dental podería producir unha serie de cambios fisiolóxicos entre os que destacan unha elevación da presión arterial (PA) e da frecuencia cardíaca (FC) pola acción do sistema nervioso simpático. OBXECTIVO: Explorar posibles fluctuacións nos niveis de presión arterial en pacientes que reciban atención na clínica dental universitaria. METODOLOXÍA: Realizouse un estudo observacional e descritivo. Contouse coa participación voluntaria de 50 pacientes que cumprían os criterios, e se realizou un rexistro da PA en tres momentos diferentes: na sala de espera (T1), ao entrar ao gabinete dental (T2) e tras a administración da anestesia (T3). Adicionalmente, entregóuselles un cuestionario estandarizado para a medición da ansiedade dental. RESULTADOS: Un total de 50 pacientes participaron no estudo presentando un valor medio de ansiedade dental de 10,54. Os niveis de ansiedade tiveron especial influencia sobre o incremento da presión arterial nos valores de T1 e sobre o descenso da PA detectado no T3. O 36% dos rexistros cumprían cos criterios básicos de hipertensión arterial. Atopouse unha elevación significativa da presión arterial sistólica entre T1 e T2 e un descenso tras a inxección do anestésico. Non se atopou ningunha relación estadísticamente significativa das variables cos valores da frecuencia cardíaca. CONCLUSIÓN: Unha porcentaxe relevante de pacientes odontolóxicos mostran rexistros de PA elevados compatibles cunha HTA que podería non estar diagnosticada. A consulta odontolóxica pode elevar a PA e a ansiedade dos pacientes. Ambos aspectos deben considerarse para exercer unha odontoloxía segura e indolora

Castro Ferreiro, José Miguel (Titoría)
Castro Ferreiro, José Miguel (Titoría)
Biopsia líquida e o seu papel na diagnose precoz do Cancro de pulmón
Autoría
C.R.O.
Grao en Medicina
C.R.O.
Grao en Medicina
Data da defensa
18.07.2024 09:00
18.07.2024 09:00
Resumo
O cancro de pulmón é unha enfermidade maligna que representa unha das principais causas de morbi-mortalidade a nivel global, cunha maior incidenza en homes, aínda que os casos nas mulleres están en aumento. Para poner freo a este problema, na actualidade estase a vivir toda unha revolución no mundo da oncoloxía coa chegada de terapias dirixidas e a inmunoterapia, o que está supoñendo todo un cambio no paradigma do tratamento contra o cancro. Porén, a pesar de toda esta revolución, a mortalidade deste tipo de neoplasias continúa sendo moi elevada, en grande medida debido a que moitas diagnostícanse en estadios avanzados. Faise necesario polo tanto, unha abordaxe que permita optimizar o tratamento, pero tamén unha diagnose precoz. Neste sentido, a biopsia líquida xorde coma unha ferramenta prometedora a incorporar na práctica clínica que pode cumprimentar ou superar as limitacións dos métodos actualmente empregados para a detección temprá do cancro de pulmón. Nesta revisión evaluamos o papel da biopsia líquida a través do análisis de biomarcadores no escenario da diagnose precoz.

Francisco Fernández, Alejandro Cotitoría

Souto Bayarri, José Miguel (Presidente/a)
Carro Méndez, María Beatriz (Secretario/a)
PEREIRO FERREIROS, MANUEL (Vogal)

Diagnóstico de maloclusión mediante intelixencia artificial en base a rexistros intraorais: unha revisión sistemática
Autoría
A.P.B.
Grao en Odontoloxía
A.P.B.
Grao en Odontoloxía
Data da defensa
21.06.2024 09:30
21.06.2024 09:30
Resumo
Introdución e xustificación: A Intelixencia Artificial experimentou un notable desenvolvemento nos últimos anos, que se trasladou á ortodoncia, permitindo realizar análises automáticas de radiografías, imaxes ou datos clínicos e así obter propostas de diagnóstico e plan de tratamento. Obxectivos: Queremos avaliar a capacidade actual da Intelixencia Artificial para o diagnóstico de maloclusións, empregando imaxes intraorais ou modelos dixitais e as súas posibles repercusións na ortodoncia. Metodoloxía: Realizarase unha revisión sistemática seguindo os criterios PRISMA 2020. A busca de artigos realizarase nas bases de datos PubMed, Embase ou Web of Science, enfocándose naqueles nos que se empregue a Intelixencia Artificial como ferramenta para o diagnóstico de maloclusións en fotografías ou escaneados intraorais. Resultados: Analizáronse seis estudos nos que se aplicou a Intelixencia Artificial para a análise de forma e tamaño da arcada, así como o diagnóstico da clase molar de Angle e outras condicións como apiñamento, mordida cruzada, mordida aberta, resalte ou sobremordida. Conclusións: É posible detectar maloclusións de forma automática, tanto a partir de modelos dixitais como de fotografías intraorais de forma rápida e reproducible. Non obstante, os estudos analizados presentan unha elevada heteroxeneidade e un tamaño da mostra moi escaso.

SEOANE ROMERO, JUAN MANUEL (Titoría)
SEOANE ROMERO, JUAN MANUEL (Titoría)
Tribunal
CASTRO PEREZ, MARIA DE LOS ANGELES (Presidente/a)
BORRAJO GARCIA, MARIA ISABEL (Secretario/a)
OUTUMURO RIAL, MERCEDES (Vogal)

Eficacia dos probióticos na Artrite Reumatoide: revisión sistemática e metaanálise.
Autoría
L.A.C.
Grao en Medicina
L.A.C.
Grao en Medicina
Data da defensa
20.06.2024 09:00
20.06.2024 09:00
Resumo
Introdución: A artrite reumatoide (AR) é a enfermidade articular inflamatoria crónica máis frecuente. A pesar dos avances recentes, aínda existe a necesidade de atopar enfoques terapéuticos adicionais. Cada vez existe máis evidencia dun vínculo entre a microbiota intestinal e as células implicadas na patoxénese da AR. Os probióticos poderían representar unha forma eficaz de atrasar a progresión da enfermidade ao equilibrar a microbiota intestinal. Obxectivos: Analizar a eficacia dos probióticos na diminución dos signos e síntomas ao administrárense como terapia complementaria no tratamento de pacientes con AR. Métodos: Realizouse unha procura sistemática a través das bases de datos Medline, Embase, Cochrane Library e Web of Science dos artigos publicados en inglés e español. Seleccionáronse os artigos que incluían a pacientes diagnosticados de AR que tivesen rexistrada a avaliación da súa enfermidade e nos que os pacientes do grupo experimental tiveran recibido algún preparado probiótico. Resultados: Na revisión sistemática incluíronse 11 estudos. Realizouse un metaanálise de 6 ECA: Atopouse que os probióticos son un factor protector da non resposta EULAR en pacientes con AR (IC95% 0.094, 0.306; p=0.000), unha resposta EULAR moderada en pacientes con DAS28 moderado (IC95% 2.084, 8.596; p=0.000), unha diminución significativa no HAQ (IC95% -0,746, -0,220; p=0,000) e no número de articulacións inflamadas (IC95% -0.503, -0.039; p=0.022). Conclusións: A suplementación con probióticos podería mellorar a resposta dos pacientes con AR, especialmente naqueles cunha actividade moderada a alta da enfermidade, pero sería necesario realizar máis ensaios clínicos cun maior número de pacientes para avaliar a efectividade de diferentes cepas, doses de probióticos e tempo de administración necesario.

PEREZ PAMPIN, EVA MARIA (Titoría)
Dos Santos Sobrín, Raquel Cotitoría
PEREZ PAMPIN, EVA MARIA (Titoría)
Dos Santos Sobrín, Raquel Cotitoría
Tribunal
PEREZ FERNANDEZ, ROMAN (Presidente/a)
LIROLA DELGADO, ANTONIO GUSTAVO (Secretario/a)
Antela López, Antonio Rafael (Vogal)

¿A Estimulación Eléctrica Transcutánea Nerviosa é eficaz na dismenorrea primaria?
Autoría
C.B.S.D.A.P.
Grao en Medicina
C.B.S.D.A.P.
Grao en Medicina
Data da defensa
20.06.2024 09:00
20.06.2024 09:00
Resumo
Introdución: é coñecido o interese e o amplo uso da electroterapia no tratamento da dor. A estimulación eléctrica transcutánea nerviosa (TENS) consiste en aplicar impulsos eléctricos a través da pel con fins analxésicos, que poden proporcionar un alivio temporal ou mesmo permanente da dor en cuestión. A dismenorrea é unha preocupación común en xinecoloxía que afecta a moitas mulleres. O número de mulleres afectadas varía considerablemente, con taxas que oscilan entre o 16% e o 91% nas mulleres en idade reproductiva. Ademais, entre o 2% e o 29% destas mulleres experimentan dor menstrual severa. Obxectivo: avaliar se a estimulación eléctrica transcutánea nerviosa (TENS) é eficaz para aliviar os síntomas da dismenorrea primaria. Metodoloxía: revisión sistemática da literatura científica dispoñible sobre o uso de TENS para a dor asociada á dismenorrea realizada a través dos buscadores bibliográficos PUBMED e PEDro. Seguíronse as directrices de PRISMA. Os criterios de inclusión seleccionados: ensaios clínicos e apoio á investigación realizados en humanos e aplicados a mulleres en idade fértil, publicados entre 2013-2023 e de libre acceso. Resultados: identificáronse un total de 68 resultados onde se aplicaron criterios de inclusión, conseguindo 33 resultados. Estes 33 artigos foron analizados lendo os seus títulos e resumos e aplicando os criterios de exclusión, obtendo 8 estudos. Realizouse unha lectura exhaustiva dos 8 artigos, quedando 5 nesta revisión sistemática. Conclusións: a estimulación eléctrica transcutánea nerviosa de alta frecuencia (TENS) resultou eficaz no tratamento da dismenorrea en todos os estudos. Non obstante, necesítanse máis investigacións para comprender mellor os efectos secundarios leves informados nun ensaio específico. Actualmente non hai evidencia suficiente para concluír se a TENS de baixa frecuencia é eficaz para aliviar a dismenorrea.

FIGUEROA RODRIGUEZ, JESUS (Titoría)
FIGUEROA RODRIGUEZ, JESUS (Titoría)
Tribunal
ARAUJO VILAR, DAVID (Presidente/a)
SOTO VARELA, ANDRES (Secretario/a)
SUAREZ PEÑARANDA, JOSE MANUEL (Vogal)
ARAUJO VILAR, DAVID (Presidente/a)
SOTO VARELA, ANDRES (Secretario/a)
SUAREZ PEÑARANDA, JOSE MANUEL (Vogal)
Novos tratamentos para o manexo do anxioedema hereditario: unha revisión bibliográfica
Autoría
A.M.C.
Grao en Medicina
A.M.C.
Grao en Medicina
Data da defensa
20.06.2024 09:00
20.06.2024 09:00
Resumo
Introdución: O anxioedema hereditario (AEH) é unha enfermidade rara de herdanza autosómica dominante que cursa con ataques recorrentes e autolimitados de edema subcutáneo e/ou submucoso. Trátase dunha enfermidade incapacitante e grave, sendo a afectación da vía aérea a principal causa de mortalidade asociada á enfermidade. O anxioedema hereditario pode aparecer por defecto cuantitativo ou cualitativo da serpina inhibidora de C1, reguladora do sistema de complemento (AEH-C1INH tipos I y II, respectivamente) o con valor normal do C1-INH ( AEHnC1-INH) : Os trazos clínicos, e a resposta ó tratamento revelan a bradicinina como o mediador clave na formación do anxioedema. O manexo da enfermidade baséase no tratamento do episodio agudo e na profilaxe, ante causas recoñecidas como posibles desencadeamentos ou a longo prazo para evitar os brotes. O obxectivo do tratamento é reducir a morbimortalidade. As últimas estratexias de tratamento buscan desenvolver fármacos máis eficaces e seguros, que cambien drasticamente a prognose da enfermidade buscando a remisión completa dos brotes para que, con iso, diminúa a carga da enfermidade e mellore a calidade de vida dos doentes. Obxectivos: O obxectivo deste traballo de fin de grao é realizar unha revisión bibliográfica das novas opcións terapéuticas que están en desenvolvemento para a abordaxe do AEH, e mostrar os seus resultados no control da enfermidade e a mellora na calidade de vida. Resultados: Preséntase unha revisión narrativa das 22 publicacións seleccionadas acerca de fármacos en desenvolvemento tanto para a PLP coma ao tratamento agudo dos ataques de anxioedema. Hai moléculas dirixidas ao eixo da cinina-calicreína, entre eles os inhibidores específicos da calicreína, como Berotralstat, con financiación aprobada recentemente, e outras en fases avanzadas dos ensaios clínicos, Sebetralstat e Donidalorsen, que amosan tamén resultados prometedores. Outras dianas sinalan o inicio da cascada inflamatoria, coa produción de C1-INH por terapia xénica ou a inhibición do FXIIa (Garadacimab), ou ben o final co bloqueo do receptor B2 (PHA 022121). Por último, as terapias xénicas animan a continuar investigando nesta liña, pois parecen ter un efecto sostido cunha soa dose, pero precísanse máis estudos de seguridade a longo prazo. A vía oral aparece coma unha opción de tratamento (Sebetralstat, PHA-022121), que permite unha rápida administración e reduce o tempo ata a resolución do cadro. Conclusións: Os avances no coñecemento da fisiopatoloxía da enfermidade permiten sinalar as dianas onde actúan as moléculas actuais en fase de ensaios clínicos, cuxos resultados preséntanse nesta revisión. Os novos tratamentos ofrecen a oportunidade de diminuír radicalmente o número de brotes, a intensidade e a duración dos mesmos, e mellorar significativamente a calidade de vida dos pacientes.

Rodríguez Vázquez, Virginia María (Titoría)
Méndez Brea, Paula Cotitoría
Rodríguez Vázquez, Virginia María (Titoría)
Méndez Brea, Paula Cotitoría
Tribunal
LAREU HUIDOBRO, MARIA VICTORIA (Presidente/a)
López González, Francisco Javier (Secretario/a)
RODRIGUEZ COBOS, MARIA ANGELES (Vogal)
LAREU HUIDOBRO, MARIA VICTORIA (Presidente/a)
López González, Francisco Javier (Secretario/a)
RODRIGUEZ COBOS, MARIA ANGELES (Vogal)
Análise microbiolóxica en implantes con e sen pilar intermedio
Autoría
I.C.C.
Grao en Odontoloxía
I.C.C.
Grao en Odontoloxía
Data da defensa
21.06.2024 09:30
21.06.2024 09:30
Resumo
INTRODUCIÓN As enfermidades periimplantarias con perda ósea arredor dos implantes son cada vez máis frecuentes e non se coñecen algúns dos factores que inflúen nesta perda. Cando os implantes teñen un microgap ao nivel da cresta ósea periimplantaria, este espazo pode constituír un reservorio bacteriano e alterar a saúde do tecido periimplantario. Na literatura científica existente ata a data, a relevancia clínica da contaminación bacteriana na conexión implante-pilar e/ou no interior do implante carece de documentación suficiente. De feito, non hai estudos que comparen a presencia/ausencia do pilar na microfuga. OBXECTIVOS O obxectivo principal é revisar a literatura sobre a contaminación microbiolóxica do interior dos implantes en relación ao pilar intermedio (implantes e pilares intermedios) e presentar os resultados dun estudo observacional transversal, onde se compara a contaminación dos implantes rehabilitados con e sen pilar intermedio (prótese directa a implante), no que transcorreron polo menos 2 anos desde a carga. MATERIAIS E MÉTODOS Revisión da literatura segundo a pregunta PICO e os criterios de selección dos estudos; así como un estudo observacional transversal, para analizar a microfiltración bacteriana en implantes rehabilitados con pilar e sen pilar intermedio. RESULTADOS A revisión da literatura mostra que as conexións internas presentan menos microfugas que as conexións externas, e que en todo caso a súa comparación é difícil pola gran heteroxeneidade dos estudos. En canto ao estudo observacional, atópase unha maior microfuga nas conexións indirectas (con pilar intermedio). CONCLUSIÓNS A presencia dun pilar intermedio non implica diferencias estatísticamente significativas no surco periimplantario, aínda que sí existen diferencias significativas en canto ao tornillo e á conexión. Son necesarias futuras investigacións con maior rigor metodolóxico para homoxeneizar os resultados (preferentemente cuantitativos).

Blanco Carrion, Juan (Titoría)
Carballo Viñas, Álvaro Cotitoría
Blanco Carrion, Juan (Titoría)
Carballo Viñas, Álvaro Cotitoría
Tribunal
RODRÍGUEZ FERNÁNDEZ, Mª DE LA ALMUDENA (Presidente/a)
GARCIA VARELA, SANDRA (Secretario/a)
facal garcia, miguel (Vogal)

Percepción do xénero e a idade a partir da análise da forma dos dentes.
Autoría
L.R.N.
Grao en Odontoloxía
L.R.N.
Grao en Odontoloxía
Data da defensa
21.06.2024 09:30
21.06.2024 09:30
Resumo
Introdución. Dende a aparición das teorías clásicas en relación co xénero e forma dos dentes, a asociación entre estes dous parámetros foi sempre motivo de controversia. As primeiras investigacións afirmaban esta correlación baseándose no temperamento, o contorno facial e o factor SPA: sexo, personalidade e idade. Con todo, numerosos estudos actuais definen unha inexistente relación entre o xénero e forma dos dentes, quedando así as teorías clásicas en dúbida. Obxectivo. Avaliar a posibilidade de determinar o xénero e a idade dos pacientes mediante a observación de fotografías dos seus dentes anteriores, así como analizar as percepcións entre os estudantes de odontoloxía e un grupo de poboación xeral. Material e métodos. Realizouse un estudo observacional de corte transversal. Seleccionáronse dunha base de datos 30 fotografías intraorais e deseñouse unha enquisa. Os estudantes de 3o, 4o e 5o curso do grao de odontoloxía da USC e un grupo da poboación xeral foron convidados a participar. Os datos foron analizados estatisticamente e empregouse a proba Chi cadrado de Pearson para comparar os acertos entre os grupos. Resultados. Un total de 50 participantes cumprimentaron a enquisa. A porcentaxe de respostas correctas totais en canto ao xénero foi do 55,63% e para a idade do 41,80%. Das catro variables expostas para xustificar o xénero, a porcentaxe predominante foi a de respostas baseadas na forma (48,07%); seguido do tamaño (25,40%), ángulos dos bordos incisais (14,27%) e disposición dos dentes nas arcadas (12,27%). Non existiron diferenzas significativas nas respostas en función ao grao de coñecemento odontolóxico. Conclusión. A capacidade de determinar o xénero e idade a partir de fotografías dos dentes anteriores parece ser moi limitada. Sería recomendábel que futuras investigacións abordasen este tema cunha mostra de pacientes máis elevada.

ALONSO DE LA PEÑA, VICTOR (Titoría)
ALONSO DE LA PEÑA, VICTOR (Titoría)
Tribunal
Fernández Feijoo, Javier (Presidente/a)
FERNANDEZ FORMOSO, NOELIA (Secretario/a)
Batalla Vázquez, María Pilar (Vogal)

Novas terapias farmacolóxicas para o tratamento da drepanocitose en pacientes pediátricos. Revisión sistemática do seu impacto na evolución da enfermidade.
Autoría
A.S.S.
Grao en Medicina
A.S.S.
Grao en Medicina
Data da defensa
20.06.2024 09:00
20.06.2024 09:00
Resumo
Introdución: A drepanocitose ou anemia de células falciformes é unha grave enfermidade xenética herdada caracterizada pola presenza de hemoglobina S nos eritrocitos. Esta enfermidade pode manifestarse con diferentes xenotipos, con gran variabilidade na súa gravidade e frecuencia de manifestacións clínicas, sendo importante o seu diagnóstico precoz. Clinicamente, caracterízase pola presenza de anemia hemolítica crónica e crises vasooclusivas dolorosas a nivel multiorgánico, o que reduce a esperanza de vida destes pacientes. Nas últimas décadas, avanzouse no desenvolvemento de novas terapias, incluíndo a Terapia Xénica, Terapia Celular e medicamentos dirixidos co fin de mellorar a calidade de vida destes pacientes e reducir a progresión da enfermidade. Obxectivos: O obxectivo principal de este Traballo de Fin de Grao é revisar as novas terapias farmacolóxicas aprobadas pola FDA e a EMA para o tratamento da anemia de células falciformes, considerando a súa eficacia, seguridade e o seu impacto na calidade de vida dos pacientes. Como obxectivos secundarios, atópanse identificar posibles limitacións na implementación destas terapias, propoñer recomendacións para a práctica clínica e investigar o seu impacto social. Metodoloxía: Realizouse unha busca nas bases de datos MEDLINE/PubMed e Cochrane Library, con unha selección de ensaios clínicos aleatorizados, revisións sistemáticas e metaanálises publicadas entre 2013 e 2023. Resultados: Se incluiron un total de 6 publicacións; 5 ensaios clínicos aleatorizados e 1 revisión sistemática. Conclusións: O desenvolvemento de novos fármacos que melloran o pronóstico de pacientes con drepanocitose foi importante nos últimos anos. L-glutamina demostrou ser efectiva na redución de crises vasooclusivas dolorosas, número de hospitalizacións e taxa de síndrome torácico agudo. Crizanlizumab produce unha redución na taxa anual de crises vasooclusivas dolorosas, parece aumentar o tempo medio ata a primeira e segunda crise e tamén parece diminuír a incidencia de crises non complicadas. Voxelotor demostrou nalgúns estudios un aumento significativo nos niveis de hemoglobina e unha diminución de algúns marcadores de hemólise. Os resultados están limitados pola escasa evidencia científica publicada.

Concheiro Guisán, Ana (Titoría)
Ocampo Álvarez, Ana María Cotitoría
Concheiro Guisán, Ana (Titoría)
Ocampo Álvarez, Ana María Cotitoría
Tribunal
LEIRO VIDAL, JOSE MANUEL (Presidente/a)
PEREZ FENTES, DANIEL ADOLFO (Secretario/a)
Hermida Ameijeiras, Álvaro (Vogal)

Papel da subtalamotomía por ultrasonidos de alta intensidade na enfermidade de Parkinson
Autoría
I.D.F.
Grao en Medicina
I.D.F.
Grao en Medicina
Data da defensa
20.06.2024 09:00
20.06.2024 09:00
Resumo
A enfermidade de Parkinson (EP) é unha patoloxía neurodexenerativa cuxo tratamento de primeira liña é a terapia famacolóxica con levodopa e agonistas dopaminérxicos. Non obstante, algúns pacientes responden mal e a eficacia destes fármacos diminúe gradualmente co tempo. Polo que, na EP avanzada, pasaríamos a outras terapias, entre as cales o tratamento mediante ultrasonidos de alta intensidade (MRgFUS) pode ser unha opción innovadora e mínimamente invasiva. O núcleo subtalámico é unha das dianas terapéuticas máis eficaces xa que xoga un papel clave na modulación da actividade de saída dos ganglios basais e parece que é o obxectivo máis efectivo para o tratamento dos síntomas motores cardinais da EP. Mediante unha revisión exhaustiva da literatura científica, este traballo ten como principal obxectivo comprobar se a subtalamotomía por MRgFUS é segura e eficaz a longo prazo no tratamento das manifestacións motoras e na mellora da calidade de vida dos pacientes con EP.

Fernández Pajarín, Gustavo Cotitoría
PRIETO GONZALEZ, JOSE MARIA OSCAR (Titoría)
Fernández Pajarín, Gustavo Cotitoría
Tribunal
Dieguez Gonzalez, Carlos (Presidente/a)
VALDES CUADRADO, LUIS GUILLERMO (Secretario/a)
LOPEZ LOPEZ, RAFAEL (Vogal)
Dieguez Gonzalez, Carlos (Presidente/a)
VALDES CUADRADO, LUIS GUILLERMO (Secretario/a)
LOPEZ LOPEZ, RAFAEL (Vogal)
Corrección da mordida aberta anterior en adultos: Uso de aliñadores e/ou TADs para a intrusión molar
Autoría
M.P.C.P.
Grao en Odontoloxía
M.P.C.P.
Grao en Odontoloxía
Data da defensa
19.07.2024 09:30
19.07.2024 09:30
Resumo
Introdución A mordida aberta anterior e una patoloxía multifactorial que amosa diversas repercusións tanto estéticas como funcionáis. A realización dun diagnóstico e manexo aduecuados tendo en conta sempre a gravidade e a causa da mesma é fundamental para solucionar esta malolcusión. Ainda asi, hoxe en dia, priorizase en moitos casos realizar tratamentos menos invasivos que aportan maior comodidade e estética para o paciente, polo que se introducen tratamentos como os aliñadores invisibles e os TADs. Obxectivos Actualizar o tratamento da mordida aberta anterior valorando a intrusión molar e a sobremordida obtida en adultos a través do uso exclusivo de aliñadores ou TADs con aliñadores ou con ortdodoncia convencional. Material e métodos No tratamento da mordida aberta anterior mediante aliñadores, recopilamos incialmente 198 artigos, reducíndoos a 13. Por outra banda, a nivel de microtronillos, de maneira inicial atopamos 236 artigos dos cuais utilizamos 12 despóis de aplicar os criterios de inclusión e exclusión. Conclusión E evidente que tanto os aliñadores como a utilización do anclaxe esquelético son unha opción efectiva para solucionar a mordida aberta anterior. Os aliñadores logran una intrusión molar de aproximadamente 0’6 mm, que pode aumentar ata 2’20 mm con TADs. Estes tratamentos tamén melloran a sobremordida en todos os casos, aportando beneficios a nivel estético. Necesítanse máis estudos para comparar estes tratamentos coa ortodoncia convencional e avalar a súa estabilidade a longo plazo.

PEREZ VARELA, JUAN CARLOS (Titoría)
López Vila, Miriam Cotitoría
PEREZ VARELA, JUAN CARLOS (Titoría)
López Vila, Miriam Cotitoría
Tribunal
RODRÍGUEZ FERNÁNDEZ, Mª DE LA ALMUDENA (Presidente/a)
GARCIA VARELA, SANDRA (Secretario/a)
Batalla Vázquez, María Pilar (Vogal)
RODRÍGUEZ FERNÁNDEZ, Mª DE LA ALMUDENA (Presidente/a)
GARCIA VARELA, SANDRA (Secretario/a)
Batalla Vázquez, María Pilar (Vogal)
Complicacións materno-fetais en mulleres embarazadas maiores de 45 anos
Autoría
M.B.L.
Grao en Medicina
M.B.L.
Grao en Medicina
Data da defensa
20.06.2024 09:00
20.06.2024 09:00
Resumo
As mulleres embarazadas con máis de 45 anos son unha poboación obstétrica en crecemento dende finais do século XX. Estas mulleres benefícianse dunha valoración obstétrica aínda máis coidadosa xa que a súa idade biolóxica representa un factor de risco para o desenvolvemento de diversas complicacións obstétricas. Dentro destas complicacións inclúense: a diabetes xestacional (DX), a realización de cesáreas, a placenta previa (PP), os trastornos hipertensivos da xestación (preeclampsia, eclampsia, síndrome de HELLP), o aumento da mortalidade materna, a hemorraxia anteparto e posparto, o desprendemento prematuro de placenta normoinserta (DPPNI), os trastornos do metabolismo lipídico e glucémico e a necesidade de hospitalización (xa sexa durante o embarazo ou no posparto). O obxectivo desta revisión sistemática é tentar establecer unha relación de causalidade entre a idade materna superior a 45 anos e as complicacións obstétricas mencionadas, dispor de información útil para a práctica clínica e fornecer asesoramento correcto para esta poboación obstétrica envellecida. A partir dunha busca avanzada en PubMed obtivéronse 88 artigos, dos cales 15 foron seleccionados segundo os criterios de inclusión e exclusión. Segundo a busca por citas, foron incluídos 9 artigos. En total, foron incluídos 24 artigos, seleccionados segundo o método Prisma. Concluíuse que, neste rango de idade, ademais de haber un aumento da prevalencia de enfermidades crónicas como hipertensión arterial e diabetes mellitus, tamén hai un aumento da incidencia de DX, trastornos hipertensivos do embarazo, cesáreas (principalmente urxentes), placenta previa, trastornos lipídicos, hospitalizacións e morbimortalidade materna.

LOPEZ RAMON Y CAJAL, CARLOS NICOLAS (Titoría)
Rodríguez Fernández, Vanesa Cotitoría
Marín Ortiz, Elena Cotitoría
LOPEZ RAMON Y CAJAL, CARLOS NICOLAS (Titoría)
Rodríguez Fernández, Vanesa Cotitoría
Marín Ortiz, Elena Cotitoría
Tribunal
ARAUJO VILAR, DAVID (Presidente/a)
SOTO VARELA, ANDRES (Secretario/a)
SUAREZ PEÑARANDA, JOSE MANUEL (Vogal)
ARAUJO VILAR, DAVID (Presidente/a)
SOTO VARELA, ANDRES (Secretario/a)
SUAREZ PEÑARANDA, JOSE MANUEL (Vogal)
Análise dos “accidentes poboacionais” atendidos na Área Sanitaria de Vigo: valoración de profilaxe postexposición fronte á infección polo VIH. Casuística 2021-2023.
Autoría
C.M.T.S.
Grao en Medicina
C.M.T.S.
Grao en Medicina
Data da defensa
20.06.2024 09:00
20.06.2024 09:00
Resumo
Antecedentes: A infección polo VIH provoca unha disfunción progresiva do sistema inmune que sen tratamento desenvólvese ata a etapa da SIDA. A profilaxe postexposición fronte ao VIH é unha das medidas de prevención que existen hoxe en día e está recomendada a súa administración nas primeiras 72 horas tras unha exposición con risco para a transmisión do VIH. Definese un accidente poboacional coma un potencial contacto co VIH, de orixe non laboral, e que pode xurdir tras contacto por vía sexual, punción, salpicadura ou trabada. Obxetivos: O obxectivo principal era determinar a incidencia dos accidentes poboacionais acontecidos nunha área sanitaria, as súas características, manexo e atención asistencial. Material y métodos: Realizouse un estudo descritivo transversal de todos os casos rexistrados como accidentes biolóxicos non laborales polo Servizo de Medicina Preventiva na área Sanitaria de Vigo nos que se valorou PPE fronte a VIH, excluíndo as sospeitas ou casos confirmados de agresión sexual. Resultados: Ocorreron 98 accidentes biolóxicos, cunha taxa de incidencia anual de 17,1 casos/100.000 habitantes. A maioría dos accidentes foron relacións sexuais de risco cunha persoa con estado serolóxico descoñecido. No 62,2% dos accidentes administrouse a PPE fronte ao VIH. Conclusións: Os accidentes poboacionais analizados amosan unha correcta atención no tempo asistencial e cumpren os protocolos de PPE para o VIH reflectidos nas guías. A PPE adminístrase máis aos homes e en relación ás relacións sexuais de risco. A profilaxe antibiótica está indicada nunha cuarta parte dos accidentes e presenta unha importante variabilidade. É necesaria a difusión das medidas preventivas básicas, incluíndo o uso correcto dos métodos de barreira, para evitar estes accidentes, a súa atención sanitaria e as consecuencias sobre a saúde das persoas.

MORANO AMADO, LUIS ENRIQUE (Titoría)
González Vázquez, Antía Cotitoría
MORANO AMADO, LUIS ENRIQUE (Titoría)
González Vázquez, Antía Cotitoría
Tribunal
LAREU HUIDOBRO, MARIA VICTORIA (Presidente/a)
López González, Francisco Javier (Secretario/a)
RODRIGUEZ COBOS, MARIA ANGELES (Vogal)
LAREU HUIDOBRO, MARIA VICTORIA (Presidente/a)
López González, Francisco Javier (Secretario/a)
RODRIGUEZ COBOS, MARIA ANGELES (Vogal)
Importancia do deseño do pilar intermedio na pérdida ósea crestal
Autoría
J.S.R.
Grao en Odontoloxía
J.S.R.
Grao en Odontoloxía
Data da defensa
21.06.2024 09:30
21.06.2024 09:30
Resumo
INTRODUCIÓN: Para asegurar o éxito do tratamento con implantes dentais, é crucial manter un nivel axeitado do óso circundante. Porén, é común que despois da cirurxía se produza unha perda ósea, xa que comeza un proceso de remodelación ósea influenciado por diversos factores. Unha parte fundamental do implante é o pilar intermedio, que conecta a prótese co corpo do implante e está en contacto cos tecidos brandos e duros circundantes. Co paso do tempo, deseñáronse novos tipos de pilares con diferentes formas xeométricas, como cóncavas, convexas, converxentes, paralelas, etc., co obxectivo de reducir a perda ósea periimplantaria. OBXECTIVO: O obxectivo deste estudo é realizar unha revisión sistemática e unha metaanálise sobre os diferentes tipos de deseños de pilares intermedios, as súas diferenzas e como estes poden influír na perda ósea. Ademais, presentaranse dous casos clínicos dun estudo realizado no Máster de Periodoncia da USC. METODOLOXÍA: Definiuse unha pregunta PICO e levouse a cabo unha procura exhaustiva en PubMed e manualmente. Incluíronse aqueles estudos que cumprían cos criterios de inclusión establecidos. Ademais, realizouse unha metaanálise e presentáronse dous casos clínicos. RESULTADOS: Sete artigos cumpriron cos criterios de inclusión, e tres deles incluíronse nun subanálise. Atopouse unha diferenza significativa na perda ósea a favor do grupo test, cunha diferenza media de -0,66 mm (IC 95%: -1,1 a -0,21 mm, P menor a 0.01). No subanálise, a diferenza non foi significativa. CONCLUSIÓNS: Coas limitacións desta revisión, os pilares test suxiren unha menor perda ósea en comparación cos pilares control. Nos casos clínicos presentados, non se observaron diferenzas significativas aos 12 meses despois da colocación da prótese.

NOVOA GARRIDO, LOURDES Cotitoría
Blanco Carrion, Juan (Titoría)
NOVOA GARRIDO, LOURDES Cotitoría
Tribunal
Fernández Feijoo, Javier (Presidente/a)
FERNANDEZ FORMOSO, NOELIA (Secretario/a)
Batalla Vázquez, María Pilar (Vogal)
Fernández Feijoo, Javier (Presidente/a)
FERNANDEZ FORMOSO, NOELIA (Secretario/a)
Batalla Vázquez, María Pilar (Vogal)
Suicidio intrahospitalario en unidades de psiquiatría
Autoría
N.C.M.
Grao en Medicina
N.C.M.
Grao en Medicina
Data da defensa
20.06.2024 09:00
20.06.2024 09:00
Resumo
Introdución: No 2023 o suicidio foi a primeira causa de morte externa en España e estímase que ata o 90% das persoas que se suicidan padecen algunha enfermidade mental. Entre os doentes psiquiátricos hospitalizados, a taxa de suicidio é moi superior á da poboación xeral. Por isto, é moi importante coñecer cales son os factores que máis se asocian ao suicidio hospitalario nestes doentes para poder avalialos e xestionar este risco. Obxectivos: Realízase unha revisión da literatura cos obxectivos principais de coñecer as taxas de suicidio consumado nas unidades de hospitalización psiquiátrica e identificar os factores de risco de suicidio hospitalario nestes doentes. Como obxectivo secundario, descríbense as características da conducta suicida nas unidades de hospitalización psiquiátrica. Métodos: Efectúase una busca nas seguintes bases de datos: Pubmed, Scopus, Embase, Web Of Science, PsycInfo e Google, dende que existen rexistros ata o 10/11/2023. Resultados: Estímase que a taxa de suicidio en doentes psiquiátricos hospitalizados oscila entre o 0,1% e 0,4%. Describíronse múltiples factores de risco, entre os que destacan a ideación suicida, os intentos previos, os ingresos múltiples, os síntomas depresivos, a desesperanza e os diagnósticos de esquizofrenia e trastorno afectivo. O método más común é o aforcamento e os momentos de maior risco son ao principio do ingreso, durante un permiso ou tras unha fuga. Conclusións: A presente revisión amosa que, aínda que polo de agora non se descubriu ningunha forma de calcular o risco de suicidio hospitalario nos doentes psiquiátricos de forma precisa, hai unha serie de factores que, avaliados periodicamente, nos poden achegar información acerca deste. Ademais, hai que adaptar o entorno hospitalario para minimizar os riscos.

Gómez-Reino Rodríguez, Ignacio (Titoría)
Ortega Ruibal, Francisco José Cotitoría
Gómez-Reino Rodríguez, Ignacio (Titoría)
Ortega Ruibal, Francisco José Cotitoría
Tribunal
GONZALEZ GARCIA, FRANCISCO (Presidente/a)
DIAZ PEROMINGO, JOSE ANTONIO (Secretario/a)
GINARTE VAL, MANUEL JAVIER (Vogal)
GONZALEZ GARCIA, FRANCISCO (Presidente/a)
DIAZ PEROMINGO, JOSE ANTONIO (Secretario/a)
GINARTE VAL, MANUEL JAVIER (Vogal)
Impacto da patoloxía oncolóxica na calidade de vida nunha mostra de poboación galega
Autoría
M.F.T.
Grao en Medicina
M.F.T.
Grao en Medicina
Data da defensa
18.07.2024 09:00
18.07.2024 09:00
Resumo
Introdución: O cancro é unha enfermidade que leva consecuencias negativas nos pacientes oncolóxicos. Os cambios no estilo de vida dos pacientes son un factor fundamental para o diagnóstico, o seguimento e o tratamento destes pacientes. Por iso, medir a calidade de vida relacionada coa saúde permítenos afrontar correctamente os retos que implica o cancro, coñecendo os factores que afectan aos pacientes e mellorando a evolución da enfermidade. Material e métodos: Neste estudo recompiláronse datos sociodemográficos e hábitos de vida dunha mostra de 1512 adultos do municipio da Estrada (Pontevedra), incluíndo 71 pacientes con cancro. Utilizouse o SF-36, un instrumento que mide a calidade de vida relacionada coa saúde que avalía 9 dimensións, como a función física, o rol físico, a saúde mental e a función social. Os participantes foron recrutados por mostraxe aleatoria entre decembro de 2012 e marzo de 2015, organizados en 7 grupos de idade. Comparáronse variables sociodemográficas, hábitos de vida e resultados do SF-36 entre suxeitos sans e diagnosticados con cancro utilizando probas estatísticas como a U de Mann-Whitney. Axustáronse modelos de regresión aditivos xeneralizados por idade e sexo para cada escala do SF-36. Obxectivo: Avaliar o impacto da patoloxía oncolóxica na CVRS nunha mostra xeral dunha poboación galega. Resultados: Atopáronse diferenzas estatisticamente significativas entre os grupos con e sen cancro en diversas variables como idade, IMC, hábito tabáquico, estado civil, nivel de estudos, situación laboral actual, función física, rol físico, saúde xeral e percepción da saúde con respecto ao ano anterior. Conclusións: O cancro é unha enfermidade crónica que leva importantes consecuencias na calidade de vida dos pacientes oncolóxicos. Os resultados permitínnos observar un empeoramento xeral da CVRS dos pacientes con cancro na maior parte dos dominios estudados co SF-36, ao comparar os valores coa poboación sá. Pódese establecer unha clara correlación entre a patoloxía oncolóxica e unha repercusión orgánica integral que afecta ao desenvolvemento biopsicosocial dos pacientes.

GUDE SAMPEDRO, FRANCISCO (Titoría)
Fernández Domínguez, M. José Cotitoría
GUDE SAMPEDRO, FRANCISCO (Titoría)
Fernández Domínguez, M. José Cotitoría
Tribunal
GALLEGO GOMEZ, MARIA ROSALIA (Presidente/a)
SOTO VARELA, ANDRES (Secretario/a)
RODRIGUEZ REQUENA, JESUS (Vogal)

Infeccións emerxentes nun mundo cambiante. Unha revisión bibliográfica.
Autoría
C.D.P.
Grao en Medicina
C.D.P.
Grao en Medicina
Data da defensa
20.06.2024 09:00
20.06.2024 09:00
Resumo
Hai uns anos parecía impensable imaxinar que no século XXI, cando máis avances se fixeron na medicina, unha pandemia podía paralizar a poboación mundial e decimar os sistemas de saúde dos países máis desenvolvidos. Despois de sufrir as consecuencias do COVID-19, aprendemos a non subestimar os novos patóxenos. Neste traballo trataranse as últimas epidemias que provocaron alarma social, dende os primeiros coronavirus ata o recente brote de gripe aviar que é preocupante na actualidade, relacionando a súa aparición coas actividades antrópicas e o cambio climático.

Antela López, Antonio Rafael (Titoría)
Antela López, Antonio Rafael (Titoría)
Tribunal
CRUZ LANDEIRA, ANGELINES (Presidente/a)
ANTUNEZ LOPEZ, JOSE RAMON (Secretario/a)
RODRIGUEZ REQUENA, JESUS (Vogal)
CRUZ LANDEIRA, ANGELINES (Presidente/a)
ANTUNEZ LOPEZ, JOSE RAMON (Secretario/a)
RODRIGUEZ REQUENA, JESUS (Vogal)
Características da infección por Helicobacter pylori en pacientes pediátricos sometidos a endoscopia
Autoría
R.V.S.
Grao en Medicina
R.V.S.
Grao en Medicina
Data da defensa
20.06.2024 09:00
20.06.2024 09:00
Resumo
Antecedentes: A infección por Helicobacter pylori é hoxe en día unha das máis prevalentes a nivel mundial. Aínda que cursa de maneira asintomática na maioría dos pacientes, pode ser orixe de diversa patloxía a nivel gastrointestinal:dende gastrite crónica ou péptica até a predisposición ao desenvolvemente de adenocarcinoma e linfoma gástrico. Obxectivo: O obxectivo principal deste traballo é analizar os datos epidemiolóxicos dos pacientes pediátricos sometidos a unha endoscopia dixestiva alta por padecer infección por Helicobacter pylori nunha unidade de Gastroenteroloxía Infantil dun hospital de terceiro nivel. Métodos: Estudo observacional restrospectivo en pacientes da Unidade de Gastroenteroloxía, Hepatoloxía e Nutrición pediátrica do Hospital Materno Infantil Teresa Herrera diagnosticados de infección por Helicobacter Pylori desde xaneiro de 2017 ata decembro de 2023. Resultados: Incluíronse 14 pacientes dos cales 11 foron nenas e 3 nenos, cunha idade media de 12 anos e 4 meses, presentando a metade dor abdominal como principal sintomatoloxía. A nivel endoscópico, os estudos foron macroscópicamente normais, sendo o achado histolóxico común a presenza de gastrite crónica activa. As principais resistencias que se observaron foron ao metronidazol e á claritromicina e os principais esquemas de tratamento empregados foron a tripla terapia durante 14 días en base ao antibiograma. A resolución da infección asociouse a unha mellora clínica nos pacientes sintomáticos. CONCLUSIÓNS: A infección por Helicobacter Pylori é moi frecuente na poboación pediátrica e a principal sintomatoloxía descrita é a presenza de dor abdominal. Existe un alto porcentaxe de resistencias tanto ao metronidazol como á claritromicina no medio estudado, o que é indicativo da necesidade de antibioterapia dirixida para conseguir a erradicación

Moreno Álvarez, Ana (Titoría)
SOLAR BOGA, ALFONSO JESUS Cotitoría
Moreno Álvarez, Ana (Titoría)
SOLAR BOGA, ALFONSO JESUS Cotitoría
Tribunal
MERA VARELA, ANTONIO JOSE (Presidente/a)
CAICEDO VALDES, DIEGO JESUS (Secretario/a)
SAAVEDRA NIEVES, PAULA (Vogal)

Vantaxes e incovenientes da ciruxía robótica nas miomectomias
Autoría
A.R.D.M.
Grao en Medicina
A.R.D.M.
Grao en Medicina
Data da defensa
20.06.2024 09:00
20.06.2024 09:00
Resumo
Introdución: A cirurxía robótica emerxeu como unha ferramenta revolucionaria para procedementos cirúrxicos precisos e menos invasivos. O leiomioma uterino é o tumor pélvico máis común nas mulleres. Son neoformacións benignas, ben definidas e non invasivas que adoitan aparecer durante a idade reprodutiva e cando son sintomáticas adoitan manifestarse como sangrado uterino anormal e/ou dor ou presión pélvica. Ademais, estes miomas poden afectar á saúde reprodutiva, causando problemas como infertilidade ou complicacións do embarazo. Obxetivos: O obxectivo principal desta revisión bibliográfica é revisar a evidencia científica actual sobre a aplicación da cirurxía robótica nas miomectomías. O obxectivo é identificar os beneficios e limitacións deste abordaxe cirúrxico en comparación cos métodos convencionais (laparotomía e laparoscopia), co obxectivo de contribuír a unha comprensión ampliada do papel da cirurxía robótica nesta patoloxía xinecolóxica. Material e métodos: Revisión bibliográfica da literatura científica dispoñible sobre os beneficios e limitacións da cirurxía robótica fronte á cirurxía laparoscópica convencional e á cirurxía aberta, realizada mediante o buscador bibliográfico PUBMED e seguindo as directrices PRISMA. Incluíronse artigos orixinais publicados en inglés entre 2019 e 2024. Resultados: Analizáronse os datos de 7 artigos. A velocidade da curva de aprendizaxe, que se pode atribuír a unha mellora na visualización do campo cirúrxico e a un ambiente ergonómicamente favorable, é unha das vantaxes da cirurxía robótica, que permite ao cirurxián unha maior precisión na manipulación, flexibilidade e control dos instrumentos. O uso do robot en comparación coa laparoscopia convencional ten resultados comparables, con todo, este novo enfoque é superior á laparotomía. Os parámetros nos que se pode considerar inferior á laparoscopia tradicional e á cirurxía aberta son o tempo e os custos cirúrxicos. Conclusións: O uso do robot nas miomectomías é unha opción segura e eficaz con resultados similares á laparoscopia convencional, pero superiores á laparotomía. Está comprobado que as desvantaxes que presenta poden minimizarse aumentando a experiencia do cirurxián e aplicándoa nun maior número de cirurxías para compensar os custos.

Cordeiro Vidal, Gloria Cotitoría
LOPEZ RAMON Y CAJAL, CARLOS NICOLAS (Titoría)
Cordeiro Vidal, Gloria Cotitoría
Tribunal
CRUZ LANDEIRA, ANGELINES (Presidente/a)
ANTUNEZ LOPEZ, JOSE RAMON (Secretario/a)
RODRIGUEZ REQUENA, JESUS (Vogal)
CRUZ LANDEIRA, ANGELINES (Presidente/a)
ANTUNEZ LOPEZ, JOSE RAMON (Secretario/a)
RODRIGUEZ REQUENA, JESUS (Vogal)
Elevación atraumática do seno maxilar. Revisión bibliográfica.
Autoría
P.J.P.P.
Grao en Odontoloxía
P.J.P.P.
Grao en Odontoloxía
Data da defensa
19.07.2024 09:30
19.07.2024 09:30
Resumo
Como consecuencia da perda de dentes na zona posterior do maxilar e da conseguinte falta de oclusión e estímulo posterior, prodúcese unha reabsorción do óso alveolar que pode comprometer o aloxamento dun implante. Esta limitación débese a unha falta de altura na crista ósea e a unha posible invasión da membrana de Schneider e do seo maxilar. Ante esta conxuntura, unha das alternativas terapéuticas máis utilizadas nos últimos anos é a elevación do seo atraumática ou transcristal, que permite salvagardar a integridade da membrana de Schneider e inducir cara a unha rexeneración ósea que achegue os milímetros suficientes para unha óptima osteointegración e estabilidade do implante. Nesta revisión bibliográfica analízanse unha serie de estudos sobre pacientes co obxectivo de cuestionar e valorar a indicación de realizar a técnica atraumática cunha altura de cresta ósea maior de 5 mm ou, se pola contra, pódese realizar cunha altura ósea menor. Tamén analízase se resulta necesario o uso de materiais inductores de rexenaración ósea.

Pose Rodríguez, José Manuel (Titoría)
OTERO CASAL, MARIA DE LA PAZ Cotitoría
Pose Rodríguez, José Manuel (Titoría)
OTERO CASAL, MARIA DE LA PAZ Cotitoría
Tribunal
Fernández Feijoo, Javier (Presidente/a)
FERNANDEZ FORMOSO, NOELIA (Secretario/a)
BORRAJO GARCIA, MARIA ISABEL (Vogal)

A influencia da depresión na calidade de vida relacionada coa saúde.
Autoría
R.M.O.C.
Grao en Medicina
R.M.O.C.
Grao en Medicina
Data da defensa
20.06.2024 09:00
20.06.2024 09:00
Resumo
Introdución: A depresión é unha das enfermidades máis comúns do mundo, afectando a persoas de todas as idades, razas e xéneros. Maniféstase cunha gran variedade de síntomas tanto somáticos como psicolóxicos, polo que pode ter un impacto significativo en todas as dimensións que compoñen a calidade de vida relacionada coa saúde. Obxectivos: Estudar o efecto da depresión na calidad de vida relacionada coa saúde en individuos da poboación xeral. Material e métodos: Neste traballo utilízase como base a poboación do estudo AEGIS (A Estrada Glycation and Inflammation Study). A poboación inicial estaba composta por unha mostra aleatorizada estratificada por grupos de idade de 3500 individuos de idade mínima de 18 anos. No presente estudo contamos cunha mostra de 1512 participantes, dos cales, 228 teñen depresión. Citouse a todos os participantes ao inicio do estudo no centro de saúde de A Estrada para realizarlles unha serie de cuestionarios cos que se recolleu información sociodemográfica e sobre o estilo de vida e probas: analítica e electrocardiograma. Para o diagnóstico de depresión empregouse a escala de Goldberg e para medir a calidade de vida relacionada coa saúde, o cuestionario SF36. Realizouse unha análise dos resultados obtidos nesta mostra para coñecer como se afectan a depresión e a calidade de vida relacionada coa saúde. Resultados: No estudo participaron 839 mulleres (55,5%) e 673 homes (44,5%) cunha idade media de 52 anos. A prevalencia de depresión no estudo foi do 15,1% (228 individuos) que se incrementa ao longo da vida. Tamén é máis frecuente a depresión nos participantes viúdos e casados e en niveis socioeducativos máis baixos. Asimismo, asóciase o ter depresión cun nivel de actividade física máis baixo e, por tanto, un IMC maior. O consumo de alcohol e tabaco tamén é maior en individuos con depresión. O análise dos resultados obtidos neste estudo revela unha serie de relacións estatisticamente significativas entre a depresión e as dimensións da calidade de vida, medidas a través do cuestionario SF36. Os pacientes con depresión teñen sempre puntuacións máis baixas en todas as dimensións do cuestionario SF36 polo que podemos deducir que o ter depresión afecta á calidade de vida relacionada coa saúde.

LADO BALEATO, OSCAR Cotitoría
GUDE SAMPEDRO, FRANCISCO (Titoría)
LADO BALEATO, OSCAR Cotitoría
Tribunal
SEÑARIS RODRIGUEZ, ROSA MARIA (Presidente/a)
CABANAS RODRIGUEZ, EDUARDO RODRIGO (Secretario/a)
MATEOS ALVAREZ, RAIMUNDO (Vogal)
SEÑARIS RODRIGUEZ, ROSA MARIA (Presidente/a)
CABANAS RODRIGUEZ, EDUARDO RODRIGO (Secretario/a)
MATEOS ALVAREZ, RAIMUNDO (Vogal)
Prevención e tratamento da osteoporose en mulleres posmenopáusicas.
Autoría
A.C.S.
Grao en Medicina
A.C.S.
Grao en Medicina
Data da defensa
20.06.2024 09:00
20.06.2024 09:00
Resumo
A osteoporosis (OP), unha enfermidade crónica caracterizada pola perda de masa ósea e cambios na microestrutura ósea, representa un desafío de saúde pública, especialmente para as mulleres posmenopáusicas. Cunha alta incidencia e o risco de fracturas osteoporóticas, a prevención vólvese crucial. Neste contexto, o exercicio físico emerxe como unha estratexia fundamental non farmacéutica para previr a progresión da enfermidade e preservar a función física nas mulleres posmenopáusicas.

MARTINEZ OLMOS, MIGUEL ANGEL (Titoría)
Villar Taibo, Rocío Cotitoría
Rodríguez Carnero, María Gemma Cotitoría

BERMEJO BARRERA, ANA MARIA (Presidente/a)
LEIRA MUIÑO, ROGELIO MANUEL (Secretario/a)
LADO LADO, FRANCISCO LUIS (Vogal)

Desasosego moral entre os profesionais sanitarios das UCI en España segundo a intensidade da pandemia COVID-19
Autoría
A.L.V.
Grao en Medicina
A.L.V.
Grao en Medicina
Data da defensa
20.06.2024 09:00
20.06.2024 09:00
Resumo
Obxectivo: O desasosego moral é un problema actual dos profesionais sanitarios, que se deriva da incapacidade de actuar conforme á propia moral por obstáculos externos. Isto ten un impacto negativo tanto na saúde dos traballadores como na calidade asistencial. A pandemia de COVID-19 provocou unha escaseza de recursos, tanto humanos como materiais, o que supuxo unha gran fonte de estrés físico e emocional, agravando este problema. O obxectivo deste estudo é determinar a correlación entre a intensidade da pandemia de COVID-19 na primeira e segunda ola nas diferentes comunidades autónomas e o nivel e frecuencia de desasosego moral sufrido polos profesionais sanitarios que traballaron nas UCI. Métodos: Trátase dun estudo observacional de carácter transversal para avaliar a intensidade da pandemia de COVID-19 nas distintas comunidades autónomas, correlacionándoa co nivel de desasosego moral que padeceron os profesionais sanitarios que estiveron traballando nas UCI. Os participantes son profesionais sanitarios que traballaron durante a pandemia da COVID-19 nas UCI españolas. A intensidade epidémica de cada rexión definiuse en función da relación entre o número máximo de pacientes ingresados na UCI durante a 1ª e 2ª ola de pandemia en cada comunidade autónoma e o número máximo de camas de UCI dispoñibles na mesma zona antes da crise. Para avaliar o desasosegó moral, utilizouse a escala MMD-HP-SPA. Resultados: Neste estudo participaron 1.115 profesionais sanitarios (989 traballaron en zonas de baixa intensidade epidémica e 126 en alta). Observouse un aumento do nivel de desasosego moral, que foi similar en médicos e enfermeiros, sendo máis acusado en solteiros, menores de 35 anos, con fillos, contratos temporais e menor experiencia na UCI. Tamén nos que traballaban en salas de ocupación múltiple e nos que solicitaron baixa por problemas de saúde mental. En xeral, a maior fonte de desasosego moral foi atender a máis pacientes dos que se poden tratar con seguridade. Os niveis máis altos de malestar moral rexistráronse en Cantabria, Galicia, Castela e León e Madrid. A taxa de participación foi moi variable, predominando en Madrid, Galicia e Cataluña. Finalmente, non se observou correlación entre a intensidade da epidemia nas distintas comunidades autónomas e o nivel de desasosego moral que padecen os profesionais sanitarios que traballaban nas UCI. Conclusións: O nivel de desasosego moral aumentou de forma similar en médicos e enfermeiros despois da pandemia. Non obstante, non atopamos correlación entre o nivel de malestar moral e a intensidade da epidemia nas distintas comunidades autónomas. Isto podería deberse á variabilidade do nivel de participación entre as distintas comunidades.

Rodríguez Ruíz, Emilio Cotitoría
Gonzalez Quintela, Arturo (Titoría)
Rodríguez Ruíz, Emilio Cotitoría
Tribunal
VIDAL PAN, Mª DEL CARMEN (Presidente/a)
de la Iglesia Martínez, Fernando Antonio (Secretario/a)
CAMESELLE TEIJEIRO, JOSE MANUEL (Vogal)

Lesións do pulso e da man asociadas aos deportes de contacto: unha revisión sistemática da literatura.
Autoría
F.P.M.
Grao en Medicina
F.P.M.
Grao en Medicina
Data da defensa
20.06.2024 09:00
20.06.2024 09:00
Resumo
O incremento notable na práctica de deportes de contacto nos últimos anos resultou nun aumento correspondente das lesións asociadas a esta actividade, tanto en deportistas profesionais coma en afeccionados. Entre as lesións máis frecuentes atópanse aquelas que afectan ao pulso e á man, como fracturas do metacarpo e falanxes, escordaduras e lesións de tendóns. O obxectivo do presente Traballo de Fin de Grao (TFG) é avaliar a través dunha revisión sistemática da literatura científica os tipos máis comúns de lesións no pulso e man en deportes de contacto (boxeo profesional e amateur, as artes marciais mixtas, o karate, o judo e a loita libre), abordando as súas causas, factores predispoñentes, manifestacións clínicas, complicacións, manexo terapéutico e medidas preventivas. Aínda que a hipótese inicial suxire que as lesións en man e pulso son máis comúns no boxeo profesional, certos estudos epidemiolóxicos cuestionárona debido á alta taxa de lesións nas Artes Marciais Mixtas (MMA). Con todo, confírmase que a frecuencia destas lesións é maior no boxeo profesional que noutras disciplinas de combate. Aínda así, existe unha falta de información na literatura actual sobre certas variables, como a altura do golpeo ou a influencia da man dominante, que poderían influír considerablemente na incidencia das lesións. Durante o desenvolvemento da investigación, observáronse limitacións relacionadas cos deportes de combate que deben ser analizados e a definición de lesión utilizada nos diferentes estudos. Conclúese que, grazas á implementación de novas técnicas de prevención, a frecuencia de lesións en man e pulso diminuíu nos últimos anos, a pesar do aumento na práctica dos deportes de combate.

CAEIRO REY, JOSE RAMON (Titoría)
CAEIRO REY, JOSE RAMON (Titoría)
Tribunal
Souto Bayarri, José Miguel (Presidente/a)
Martinón Torres, Nazareth (Secretario/a)
GARCIA ACUÑA, JOSE MARIA (Vogal)

Presenza do haplotipo HLA DQA105 en pacientes con enfermidade de Crohn e a súa asociación co patrón fenotípico da enfermidade e a resposta ao tratamento anti TNF
Autoría
D.B.G.
Grao en Medicina
D.B.G.
Grao en Medicina
Data da defensa
20.06.2024 09:00
20.06.2024 09:00
Resumo
INTRODUCIÓN. A enfermidade de Crohn é unha patoloxía inflamatoria intestinal de etioloxía idiopática e de natureza crónica, cuxa abordaxe terapéutica inclúe o uso de fármacos combinados con terapias biolóxicas, incluíndo anti TNF, co obxectivo de reducir as complicacións e previr a evolución da enfermidade. Na procura de biomarcadores que predigan a eficacia e seguridade destas terapias, estudos recentes asociaron a presenza de certos haplotipos HLA en pacientes con enfermidade inflamatoria intestinal co fracaso do tratamento anti TNF, debido a un mecanismo inmunoxénico. OBXECTIVO. Avaliar a prevalencia do haplotipo HLA DQA105 en pacientes con enfermidade de Crohn na área sanitaria de Vigo, así como a súa asociación co patrón fenotípico e resposta ao tratamento antiTNF. MATERIAL E MÉTODOS. Estudo observacional transversal e prospectivo dunha cohorte de pacientes con enfermidade de Crohn e fármacos antiTNF. RESULTADOS. Incluíronse no estudo 79 pacientes con enfermidade de Crohn, dos cales o 34,2 por cento eran portadores do alelo HLA DQA105. O tempo medio de seguimento foi de 14 meses, rango intercuartílico de 6 a 28 meses. A curto prazo, o tratamento mostrou unha alta eficacia, remisión e resposta. A longo prazo, o 31,4 por cento experimentou suspensión de medicamentos, cun 11,6 por ciento por perda de resposta. A presenza do haplotipo HLA DQA105 non estivo asociada co desenvolvemento de anticorpos dirixidos contra o fármaco, a eficacia do tratamento antiTNF ou a súa persistencia, pero si se asociou cunha maior probabilidade de presentar efectos secundarios derivados do seu uso. Observouse a existencia dunha diferenza no patrón de resposta ao tratamento antiTNF segundo o xénero, sendo a persistencia do fármaco maior nos homes que nas mulleres. CONCLUSIÓN. Nesta cohorte de pacientes con enfermidade de Crohn, o estado HLA DQA105 non estivo relacionado coa resposta ao tratamento anti TNF nin coa persistencia do fármaco, aínda que se relacionou cunha maior prevalencia de eventos adversos.

DE CASTRO PARGA, MARIA LUISA (Titoría)
García Morales, Natalia Cotitoría
DE CASTRO PARGA, MARIA LUISA (Titoría)
García Morales, Natalia Cotitoría
Tribunal
RODRIGUEZ PALLARES, JANNETTE (Presidente/a)
RODRIGUEZ GARCIA, JAIME JOSE (Secretario/a)
LOPEZ MARTIN, MARIA ELENA (Vogal)
RODRIGUEZ PALLARES, JANNETTE (Presidente/a)
RODRIGUEZ GARCIA, JAIME JOSE (Secretario/a)
LOPEZ MARTIN, MARIA ELENA (Vogal)
Cuantificación do ADN libre circulante en pacientes con cancro de cabeza e pescozo: Reación en cadea da polimerasa cuantitativa en tempo real e fluorometría.
Autoría
M.B.F.
Grao en Odontoloxía
M.B.F.
Grao en Odontoloxía
Data da defensa
21.06.2024 09:30
21.06.2024 09:30
Resumo
Obxectivos: Cuantificar os niveis do ADN libre celular circulante (ADNlc) en mostras de plasma de pacientes con cancro de cabeza e pescozo e controis sans mediante as técnicas de fluorometría e reacción en cadea da polimerasa (qPCR) e analizar a correlación entre ambas; ii) Avaliar a capacidade da concentración total do ADNlc como biomarcador diagnóstico en cancro de abeza e pescozo. Material e métodos: Obtívose sangue periférico de 36 suxeitos (26 pacientes con cancro de cabeza e pescozo e 10 individuos sans). Despois do illamento do ADNlc, determinouse a concentración total mediante fluorometría (Qubit 4.0) e qPCR a través da cuantificación do xen human telomerase reverse transcriptase gene (hTERT). Realizáronse análises dos datos descritivos e estatísticos para avaliar as diferenzas e capacidade diagnóstica. Resultados /Discusión: O grupo de pacientes con cancro de cabeza e pescozo e o grupo de controis sans, as medianas das cuantificacións totais de ADN plasmático cuantificadas pola fluorometría (17171 GE/mL y 1069 GE/mL, respectivamente) foron mais elevadas cas concentracións obtidas pola qPCR (763,9 GE/mL y 580,1 GE/mL). A correlación entre as concentracións do ADNlc obtidas mediante ambas técnicas en ambos grupos foi significativa cun R2 superior a 0,72 (p menor de 0,005). Segundo o análise diagnóstico, a área baixo a curva obtida a partir das medicións do ADNlc mediante fluorometría foi de 0.81 mentres que cas medicións obtidas mediante a qPCR foi de 0,62. Conclusión: A cuantificación da concentración total do ADNlc mediante as dúas técnicas revelou unha correlación significativa entre ambas medicións, mostrando a cuantificación mediante fluorometría un maior potencial diagnóstico para discriminar pacientes con cancro de cabeza e pescozo de individuos sans.

SUAREZ CUNQUEIRO, MARIA MERCEDES (Titoría)
Rapado González, Óscar Cotitoría
Rodríguez Ces, Ana María Cotitoría
SUAREZ CUNQUEIRO, MARIA MERCEDES (Titoría)
Rapado González, Óscar Cotitoría
Rodríguez Ces, Ana María Cotitoría
Tribunal
RODRÍGUEZ FERNÁNDEZ, Mª DE LA ALMUDENA (Presidente/a)
GARCIA VARELA, SANDRA (Secretario/a)
facal garcia, miguel (Vogal)
RODRÍGUEZ FERNÁNDEZ, Mª DE LA ALMUDENA (Presidente/a)
GARCIA VARELA, SANDRA (Secretario/a)
facal garcia, miguel (Vogal)
Estudo do ADN libre circulante como biomarcador no cancro de cabeza e pescozo recorrente e/ou metastático.
Autoría
P.R.M.
Grao en Odontoloxía
P.R.M.
Grao en Odontoloxía
Data da defensa
21.06.2024 09:30
21.06.2024 09:30
Resumo
Obxectivos: i) Avaliar a concentración do ADN libre circulante (ADNlc) como biomarcador en pacientes con cáncer de cabeza e pescozo (CCP) recorrente e/ou metastático. ii) Avaliar a cinética do ADNlc en pacientes con CCP recorrente e/ou metastático na evolución da enfermidade. Material e método: Illouse o ADNlc plasmático dun total de 11 pacientes con CCP recorrente e/ou metastático e 10 controis sans co kit QIAamp Circulating Nucleic Acid Kit (Qiagen). A concentración total do ADNlc cuantificouse mediante fluorometría empregando o Qubit dsDNA Assay Kit (Thermo Fisher Scientific) e o Qubit 4 Fluorometer (Thermo Fisher Scientific). Realizáronse análises de datos descritivos e estatísticos para avaliar as diferenzas entre os grupos. Resultados/Discusión: Observáronse niveis máis elevados nos pacientes con CCP recorrente e/ou metastático comparado cos individuos sans, aínda que as diferenzas non foron estatisticamente significativas. A análise da cinética do ADNlc en plasma revelou un aumento dos niveis plasmáticos desde o diagnóstico basal ata o momento da progresión da enfermidade naqueles pacientes que progresaban coa enfermidade metastática en órganos distantes, mentres que nos pacientes que progresaban a nivel locorrexional non se observou este incremento. Ademais, nos pacientes que recibiron inmunoterapia combinada con quimioterapia observouse unha diminución nos niveis de ADNlc entre o momento basal e a progresión da enfermidade, non obstante, estas diferenzas non foron significativas. Conclusión: Os nosos resultados preliminares mostran un discreto potencial da concentración do ADNlc plasmático como biomarcador no CCP recorrente e /ou metastático. Nesta liña, é necesario realizar estudos con cohortes máis amplas e multicéntricas que permitan definir mellor a potencial utilidade clínica deste biomarcador no CCP recorrente/metastático.

Cirurxía esperta: resección tumoral guiada.
Autoría
E.R.C.
Grao en Medicina
E.R.C.
Grao en Medicina
Data da defensa
20.06.2024 09:00
20.06.2024 09:00
Resumo
Os tumores cerebrais intraaxiais presentan un desafío significativo no ámbito da neurocirurxía. Estes tumores complexos están situados en áreas delicadas, coñecidas coma áreas elocuentes, e teñen un impacto clínico profundo na vida dos doentes. Neste contexto, a busca constante de novas estratexias cirúrxicas, como a craniotomía esperta, destácase como un elemento fundamental. Esta técnica innovadora permite a extirpación precisa dos tumores mentres se minimiza o risco de dano neurolóxico a rexións cerebrais específicas, representando un avance na atención aos doentes.

RODRIGUEZ PEREZ, ANA ISABEL (Titoría)
RODRIGUEZ PEREZ, ANA ISABEL (Titoría)
Tribunal
VARO PEREZ, EVARISTO (Presidente/a)
ARIAS RIVAS, SUSANA (Secretario/a)
DIAZ RUIZ, MARIA DEL CARMEN (Vogal)
VARO PEREZ, EVARISTO (Presidente/a)
ARIAS RIVAS, SUSANA (Secretario/a)
DIAZ RUIZ, MARIA DEL CARMEN (Vogal)
Manexo cirúrxico da enfermidade de Peyronie: o papel da corporoplastia con parche TachoSil, a propósito dun caso.
Autoría
A.R.C.
Grao en Medicina
A.R.C.
Grao en Medicina
Data da defensa
20.06.2024 09:00
20.06.2024 09:00
Resumo
INTRODUCIÓN: A enfermidade de Peyronie é un trastorno inflamatorio adquirido caracterizado por un depósito excesivo e desorganizado de coláxeno dentro da túnica albuxínea do pene, resultando na formación dunha placa fibrosa densa, que pode conducir a curvatura e deformidade durante a erección, así coma molestias, dor ou disfunción eréctil. Ademais, con frecuencia estes cambios acompáñanse de consecuencias emocionais e psicosociais. Os pacientes que se atopan en fase de enfermidade estable e persisten con síntomas (interferencia nas relacións sexuais, angustia, síntomas psicoemocionais, etcétera) son candidatos á reparación cirúrxica. Á hora de escoller a técnica é importante que esta se adapte ao paciente no que respecta á súa situación clínica, tipo de deformidade, características da placa ou lonxitude peneana, entre outros. OBXECTIVO E XUSTIFICACIÓN: Tomar como referencia un caso da área sanitaria de Ferrol para revisar e avaliar a bibliografía dispoñible, e determinar así as vantaxes e desvantaxes da corporoplastia con parche TachoSil como tratamento cirúrxico da enfermidade de Peyronie, comparándoa con outras técnicas. METODOLOXÍA: Revisión sistemática. Realizouse unha busca exhaustiva utilizando bases de datos electrónicas, incluíndo Pubmed, Embase e Cochrane Library, sen límite de data, priorizando estudos clínicos en inglés ou español. Os criterios de inclusión permitiron seleccionar artigos que estudasen pacientes con enfermidade de Peyronie intervidos de corporoplastia con parche TachoSil. Así realizouse unha primeira lectura superficial de 21 artigos, dos cales 10 foron analizados a texto completo, e finalmente 5 foron admitidos para a revisión: 2 de brazo único e 3 que incluíron comparación con outras técnicas. RESULTADOS E DISCUSIÓN: Expóñense os resultados obtidos mediante o diagrama de fluxo PRISMA e analízase a técnica. Os 5 artigos estudaron un total de 589 pacientes. Obtivéronse resultados óptimos no que respecta á resolución da curva, respectando a lonxitude preoperatoria do pene, e con altas taxas de satisfacción entre os pacientes. Porén, recolléronse datos acerca de alteracións na función eréctil e sensibilidade do glande, malia que a repercusión sobre a vida sexual foi discreta. Ademais confirmouse a redución do tempo cirúrxico respecto a outras técnicas, con baixas taxas de complicacións. CONCLUSIÓNS: O TachoSil preséntase como un bo enxerto a utilizar nas corporoplastias como tratamento da enfermidade de Peyronie. A cirurxía é segura e efectiva, obtendo a completa corrección da curva, e conseguido reducir complicacións e tempos cirúrxicos. Porén, a falta de estudos que a comparen con outras técnicas supón unha limitación para impoñer este enxerto sobre outros.

López de los Reyes, Ramón Andrés (Titoría)
Abeijón Piñeiro, Carla Cotitoría

PEREZ RIOS, MONICA (Presidente/a)
POSE REINO, ANTONIO DOMINGO (Secretario/a)
Gómez-Reino Rodríguez, Ignacio (Vogal)

Impacto da enfermidade do ollo seco na calidade de vida dos pacientes con edema macular diabético sometidos a tratamento antianxioxénico
Autoría
J.A.S.
Grao en Medicina
J.A.S.
Grao en Medicina
Data da defensa
20.06.2024 09:00
20.06.2024 09:00
Resumo
Obxectivos: o tratamento intravítreo con Anti-VEGF que reciben os pacientes con edema macular diabético (EMD) relacionouse con danos na superficie ocular. A evidencia científica indica que estes tratamentos poden mellorar a visión. Con todo, este efecto beneficioso pode verse comprometido polo infradiagnóstico da enfermidade de ollo seco (EOS), cuxos síntomas poden afectar considerablemente a calidade de vida. Ademais, a preocupación polos riscos asociados ás inxeccións e a ansiedade xerada polo procedemento poden levar a algúns pacientes a rexeitar seguir o tratamento coa regularidade recomendada. O obxectivo do traballo é investigar a prevalencia da EOS en pacientes con EMD sometidos a tratamento intravítreo antiangiogénico e estimar o seu impacto na calidade de vida. Pacientes e Métodos: realizouse un estudo de casos e controis en 52 participantes: 26 pacientes con EMD sometidos a inxeccións intravítreas e 26 pacientes control. Recolléronse datos demográficos, antecedentes oculares e sistémicos. Avaliáronse os síntomas de EOS co cuestionario SANDE e realizouse unha análise preferencial (utilidades) co cuestionario TTO. Así mesmo, realizáronse as seguintes probas: tempo de rotura da película lacrimal (TBUT), tinguidura fluoresceínica, tinguidura con verde lisamina e a proba de Schirmer. Resultados: o cuestionario SANDE revelou síntomas no 7,69% do grupo con EMD. Nas probas realizadas para avaliar os signos de ollo seco (TBUT, tinguidura fluoresceína, tinguidura con verde lisamina e a proba de Schirmer) non se observaron diferenzas estatisticamente significativas entre o grupo control e o grupo con EMD. Os resultados do cuestionario mostraron que ningún dos pacientes con EMD estaba disposto a ceder anos de vida para evitar os síntomas de ollo seco. Conclusións: o tratamento con inxeccións intravítreas en pacientes con EMD non aumenta a prevalencia de síntomas e signos de EOS nin impacta negativamente na súa calidade de vida. Os pacientes con EMD valoran máis outros aspectos da súa saúde.

RODRIGUEZ ARES, MARIA TERESA (Titoría)
Viso Outeiriño, Eloy Fernando Cotitoría
RODRIGUEZ ARES, MARIA TERESA (Titoría)
Viso Outeiriño, Eloy Fernando Cotitoría
Tribunal
PEREZ FERNANDEZ, ROMAN (Presidente/a)
LIROLA DELGADO, ANTONIO GUSTAVO (Secretario/a)
Antela López, Antonio Rafael (Vogal)
PEREZ FERNANDEZ, ROMAN (Presidente/a)
LIROLA DELGADO, ANTONIO GUSTAVO (Secretario/a)
Antela López, Antonio Rafael (Vogal)
“Avaliación do lavado de mans entre os estudantes de Odontoloxía: leccións non aprendidas da pandemia por COVID-19”
Autoría
F.B.G.
Grao en Odontoloxía
F.B.G.
Grao en Odontoloxía
Data da defensa
21.06.2024 09:30
21.06.2024 09:30
Resumo
Fundamento: O lavado de mans é un acto imprescindible para reducir o risco de infección cruzada no ámbito odontolóxico, como demostra a súa relevancia durante a pandemia do COVID-19. Obxectivo: Determinar a adherencia ao lavado de mans por parte dos estudantes de Odontoloxía, despois da emerxencia mundial do COVID-19. Metodoloxía: Diseñouse un estudo transversal no que participaron 100 alumnos do Grao de Odontoloxía da USC seleccionados aleatoriamente. Entre abril e xuño do 2023, rexistrouse mediante observación directa o procedemento de lavado de mans que efectuaban ao finalizar unha sesión de prácticas. Consideráronse variables independentes: o sexo, o curso, o tipo de actividad e o rol do alumno. As variables dependentes analizadas foron: a duración, o axente de limpeza e o lugar no que se realizou o lavado. Os resultados comparáronse cos obtidos nun estudo de características similares levado a cabo antes da eclosión do COVID-19. Resultados: En 2023, o 29% dos alumnos laváronse as mans ao finalizar a actividade práctica, fronte ao 42% en 2015 (p=0,046). Ningún estudante aplicou as recomendacións de lavado de mans da OMS. Entre os alumnos dos cursos superiores aumentaba a porcentaxe dos que practicaban o lavado de mans (p=0,019) e a súa duración (p=0,013), con respecto aos cursos inferiores. Ao finalizar unha práctica clínica era maior a porcentaxe de alumnos que practicaban o lavado de mans (p=0,01) e a súa duración (p=0,038), en comparación cunha práctica pre-clínica. Conclusión: A pesar do impacto da pandemia do COVID-19, o lavado de mans non forma parte dos hábitos rutinarios dos estudantes de Odontoloxía, polo que é imperativo implementar medidas educativas que proporcionen unha adherencia real a esta práctica de hixiene.

OUTUMURO RIAL, MERCEDES (Titoría)
García Mato, Eliane Cotitoría
OUTUMURO RIAL, MERCEDES (Titoría)
García Mato, Eliane Cotitoría
Tribunal
RODRÍGUEZ FERNÁNDEZ, Mª DE LA ALMUDENA (Presidente/a)
GARCIA VARELA, SANDRA (Secretario/a)
facal garcia, miguel (Vogal)
RODRÍGUEZ FERNÁNDEZ, Mª DE LA ALMUDENA (Presidente/a)
GARCIA VARELA, SANDRA (Secretario/a)
facal garcia, miguel (Vogal)
Eficacia do tratamento con oxibato de sodio no manexo dos síntomas da narcolepsia tipo 1. Revisión sistemática.
Autoría
P.C.N.
Grao en Medicina
P.C.N.
Grao en Medicina
Data da defensa
20.06.2024 09:00
20.06.2024 09:00
Resumo
INTRODUCCIÓN: A narcolepsia é un trastorno crónico do sono que se caracteriza por excesiva somnolencia diúrna, cataplexía (na NT1) e outras alteracións do sono REM. Distínguese entre narcolepsia tipo 1 e tipo 2; cuxa diferencia radica na presencia de baixos niveis de orexina/hipocretina, así como cataplexía na NT1. Para a narcolepsia tipo 1 postúlase unha etioloxía autoinmune, na cal se produciría unha destrución selectiva das neuronas produtoras de orexina do hipotálamo lateral. Na actualidade non existe cura, o seu tratamento é sintomático, combinando estratexias non farmacolóxicas (hixiene do sono) e farmacolóxicas (desempeñando o oxibato de sodio un papel relevante no manexo dos síntomas). OBXECTIVOS: Realizar unha revisión sistemática sobre a eficacia do oxibato de sodio sobre os síntomas centrais da narcolepsia tipo 1. MATERIAL E MÉTODOS: Realizouse unha busca nas bases de datos de Pubmed. Incluíronse estudios primarios realizados nos 10 últimos anos sobre poboación adulta. RESULTADOS: Obtivéronse un total de 103 artigos, dos cales, tras aplicar os criterios de inclusión e exclusión, foron seleccionados 7 para a realización da revisión sistemática. Os estudios consistiron en ensaios clínicos, sobre poboación adulta, que analizaban a eficacia do oxibato de sodio fronte a placebo. CONCLUSIÓNS: Os estudios demostran a eficacia e seguridade do tratamento con oxibato de sodio nos pacientes con narcolepsia. Observouse unha melloría na excesiva somnolencia diúrna na ESS e unha redución na frecuencia de ataques de cataplexía e na fragmentación do sono nocturno significativas en comparación con placebo.

Guijarro del Amo, Mónica Cotitoría
Hermida Ameijeiras, Álvaro (Titoría)
Guijarro del Amo, Mónica Cotitoría
Tribunal
GONZALEZ GARCIA, FRANCISCO (Presidente/a)
DIAZ PEROMINGO, JOSE ANTONIO (Secretario/a)
GINARTE VAL, MANUEL JAVIER (Vogal)
GONZALEZ GARCIA, FRANCISCO (Presidente/a)
DIAZ PEROMINGO, JOSE ANTONIO (Secretario/a)
GINARTE VAL, MANUEL JAVIER (Vogal)
MDMA no tratamento do Trastorno de Estrés Postraumático: Revisión sistemática
Autoría
E.R.A.
Grao en Medicina
E.R.A.
Grao en Medicina
Data da defensa
20.06.2024 09:00
20.06.2024 09:00
Resumo
Introdución: Segundo o DSM-5, o TEPT é un trastorno desenvolvido despois de experimentar, presenciar ou ser confrontado cun evento traumático no cal houbo unha ameaza real ou percibida de morte, lesións graves ou violencia sexual. Non toda a poboación exposta a un factor estresante desenvolverá un TEPT. Estímase unha prevalencia global entre o 1 e o 14%, dependendo dos criterios diagnósticos e da poboación a estudio. O tratamento do TEPT inclúe intervencións psicofarmacolóxicas e psicoterapéuticas. Nesta revisión sistemática preténdese revisar o potencial terapéutico do MDMA no TEPT. Obxectivos: Revisar e analizar a evidencia disponible sobre a eficacia do psicodélico N-Metil-3,4metilenodioxianfetamina (MDMA) no tratamento do trastorno de estrés postraumático (TEPT). Métodos: Para orientar a busca empregouse o esquema de pregunta PICO. Realizouse unha revisión sistemática da literatura consultando a base de datos de PubMed, incluíndo artigos de libre acceso, en inglés e español, publicados nos últimos 5 anos. Seguíronse para iso as recomendacións da guía PRISMA. Revisáronse os abstracts e, no caso necesario, os artigos completos, incluíndo aqueles estudos que empregaban o MDMA como fármaco para o tratamento do TEPT en suxeitos maiores de idade diagnosticados de TEPT. Resultados: Finalmente seleccionáronse 13 estudos: 4 revisións sistemáticas con metaanálise, 1 revisión sistemática, 1 ensaio clínico en fase 3, 1 estudo longitudinal agrupado, 2 análises agrupadas e 4 análises dun ensaio clínico. Conclusións: Con este estudo podemos concluír que o MDMA-AT é unha terapia eficaz para casos de TEPT crónico e refractario a terapia habitual, que mellora os síntomas de TEPT en menos tempo que as terapias convencionais. Os beneficios deste tratamento perduran a longo prazo, con baixo risco de efectos adversos severos, e parece haber unha mellora significativa na calidade de vida dos pacientes. Parece haber unha relación entre o MDMA-AT e a mellora da sintomatoloxía TEPT en pacientes con depresión e TEPT

ARROJO ROMERO, MANUEL (Titoría)
Núñez Sande, Carmen Cotitoría
ARROJO ROMERO, MANUEL (Titoría)
Núñez Sande, Carmen Cotitoría
Tribunal
PEREZ RIOS, MONICA (Presidente/a)
POSE REINO, ANTONIO DOMINGO (Secretario/a)
Gómez-Reino Rodríguez, Ignacio (Vogal)
PEREZ RIOS, MONICA (Presidente/a)
POSE REINO, ANTONIO DOMINGO (Secretario/a)
Gómez-Reino Rodríguez, Ignacio (Vogal)
O Síndrome Metabólico e a súa relación coa caries.
Autoría
P.T.M.
Grao en Medicina
P.T.M.
Grao en Medicina
Data da defensa
20.06.2024 09:00
20.06.2024 09:00
Resumo
Introdución: Preséntase unha visión xeral do Síndrome Metabólico e a súa relevancia na saúde pública, destacando a súa asociación con diversas enfermidades crónicas, incluída a carie dental. O Síndrome Metabólico (MetS) implica resistencia á insulina, obesidade, dislipemia ateroxénica e hipertensión, relacionado co consumo de carbohidratos. Iso aumenta os riscos cardiovasculares, diabetes e estados proinflamatorios. A súa prevalencia varía segundo criterios diagnósticos e etnias, con claro aumento coa idade e preocupación polo seu crecemento na xuventude. Obxectivos: realizar unha revisión da literatura científica sobre a relación entre o síndrome metabólico e a carie dental. Pacientes e métodos: Realizouse unha busca de estudos científicos en plataformas como PubMed, Medline, Scielo, Web of Science, Cochrane e Google Scholar. Dos 289 artigos atopados, aplicáronse os criterios de inclusión e exclusión establecidos, e só 24 cumpriron cos requisitos de inclusión. Resultados: Os estudos analizan a relación entre o síndrome metabólico e a saúde bucodental, con enfoques diversos e achados significativos. Observase unha asociación entre o síndrome metabólico e a carie dental en varias poboacións, como adultos chineses e xaponeses, así como en nenos, destacando unha maior prevalencia de carie en individuos con síndrome metabólico. Ademais, investígase a relación entre a enfermidade periodontal e o síndrome metabólico, con evidencia de asociación entre ambas condicións. Destácase a importancia da prevención e xestión tanto do síndrome metabólico como das enfermidades bucodentais para promover a saúde integral. Conclusións: A relación entre a carie dental e o síndrome metabólico é bidireccional e vese influenciada por unha dieta alta en carbohidratos. Sen embargo, non hai evidencia suficiente para afirmar que a carie dental predice o desenvolvemento do síndrome metabólico debido á falta de estudos prospectivos.

SUAREZ QUINTANILLA, JUAN ANTONIO (Titoría)
SUAREZ QUINTANILLA, JUAN ANTONIO (Titoría)
Tribunal
LEIRO VIDAL, JOSE MANUEL (Presidente/a)
PEREZ FENTES, DANIEL ADOLFO (Secretario/a)
Hermida Ameijeiras, Álvaro (Vogal)
LEIRO VIDAL, JOSE MANUEL (Presidente/a)
PEREZ FENTES, DANIEL ADOLFO (Secretario/a)
Hermida Ameijeiras, Álvaro (Vogal)
Artroplastia total de cadeira en adultos, evolución e estado actual da súa aplicación no paciente. Unha revisión bibliográfica.
Autoría
H.Q.P.
Grao en Medicina
H.Q.P.
Grao en Medicina
Data da defensa
20.06.2024 09:00
20.06.2024 09:00
Resumo
Introdución: Actualmente no noso país implántanse máis de 30.000 próteses totais de cadeira ao ano. O aumento da indicación de artroplastias, especialmente en pacientes novos, e unha maior esperanza de vida, provocan un aumento similar de complicacións e fracasos. O obxectivo do seguinte traballo fin de grao estará centrado nos diferentes tipos de próteses, as súas indicacións, complicacións, influencia das novas técnicas e outras variables existentes no noso país. A literatura existente foi revisada utilizando bases de datos e criterios específicos de inclusión e exclusión. Métodos: realizouse unha busca inicial en PubMed e unha busca complementaria noutras bases de datos electrónicas, incluíndo artigos científicos publicados entre 2000 e 2023, en inglés ou español, que inclúen datos de artroplastia total de cadeira. Resultados: Analizáronse varios estudos que cumpren os nosos obxectivos. Conclusión: a artroplastia total de cadeira é unha alternativa segura e fiable para tratar pacientes con afectación de cadeira debido a artrite crónica con artrose. Existen modelos de próteses cunha duración entre 10-30 anos xa probados e clínicamente probados. A finalidade das revisións cirúrxicas débese a multitude de factores, sen que se poidan xustificar uns contra outros, asumindo a multifactorialidade desta complicación como impedimento para o seu estudo mediante unha abordaxe sinxela. Canto maior sexa a habilidade e experiencia do cirurxián, mellores resultados se obterán e, para iso, a práctica con modelos impresos en 3D a tamaño real terá un papel fundamental para formar aos mellores profesionais individualizando cada intervención.

MEAÑOS MELON, ENRIQUE RAMON (Titoría)
MEAÑOS MELON, ENRIQUE RAMON (Titoría)
Tribunal
PEREZ RIOS, MONICA (Presidente/a)
POSE REINO, ANTONIO DOMINGO (Secretario/a)
Gómez-Reino Rodríguez, Ignacio (Vogal)
PEREZ RIOS, MONICA (Presidente/a)
POSE REINO, ANTONIO DOMINGO (Secretario/a)
Gómez-Reino Rodríguez, Ignacio (Vogal)
Resultados Comunicados polos Pacientes (PROs): o seu uso na infección por VIH e na terapia de longa duración.
Autoría
M.M.N.
Grao en Medicina
M.M.N.
Grao en Medicina
Data da defensa
20.06.2024 09:00
20.06.2024 09:00
Resumo
Introducción:Os Resultados Informados polo Paciente (PROs) baséanse nunha recopilación de información directa dos pacientes e sen interpretación do médico, sobre o seu estado de saúde, calidade de vida e outros aspectos relevantes para o seu benestar. Nos pacientes con VIH, os PROs poden proporcionar información valiosa sobre o impacto da enfermidade e o seu tratamento na vida diaria, así como axudar a identificar áreas de mellora na súa asistencia médica. Obxetivos: Como primeiro obxectivo, revisar a evidencia actual sobre a utilidade da medición dos PROs no coidado das persoas que viven con VIH (PVVIH). Como obxectivo secundario, mostrar os resultados obtidos nos cuestionarios utilizados polos pacientes incluídos nun ensaio clínico de terapia antirretroviral de longa duración, tanto os resultados globais do estudo, como os dos pacientes incluídos na Unidade de Enfermidades Infecciosas do Hospital Clínico Universitario de Santiago de Compostela, para así constatar as similitudes e a disparidade que tiveron estas respostas. Metolodoloxía:Revísase a evidencia da utilidade dos PROs na avaliación dos tratamentos que reciben as persoas que viven con VIH (PVVIH), en particular os tratamentos de longa duración (Long-Acting Therapy: “LAT”), e tamén a evolución destas PVVIH, independientemente do tratamento que reciben. Por outra banda, revísanse as respostas que deron os pacientes incluídos nos ensayos ATLAS E ATLAS 2-M aos cuestionarios ad hoc e as da nosa cohorte de 11 pacientes do CHUS. Resultado: Analizáronse os datos dun total de 5 artigos. A fiabilidade de catro deles visue reforzada ao seren ensaios clínicos aleatorizados, os cales apoian a utilización dos PROs como estratexia para mellorar a adherencia ao tratamento. Mentres tanto, una revisión sistemática apoia o uso das tecnoloxías para garantir a dita adherencia. Ademais, coa nosa cohorte ilustramos que as percepcións non difieren respecto aos demais resultados. Conclusións: Os Resultados Comunicados polo Paciente (PROs) poden proporcionarnos información relevante sobre a adhesión ao tratamento, satisfacción co proceso e a calidade de vida dos nosos pacientes. Con todo, require a validación destes cuetionarios e a súa aplicación de forma sistemática para poder integrarlos de maneira máis fiábel nas diversas áreas da Medicina.

Rentabilidad de la biopsia de glándula salival menor mínimamente invasiva en el Síndrome de Sjögren. Experiencia en una Unidad de Enfermedades Sistémicas y Revisión Sistemática de la literatura.
Autoría
S.N.R.
Grao en Medicina
S.N.R.
Grao en Medicina
Data da defensa
20.06.2024 09:00
20.06.2024 09:00
Resumo
INTRODUCCIÓN La biopsia de glándula salival (BGS) es importante en el diagnóstico de algunas enfermedades sistémicas, especialmente en síndrome de Sjögren (SS). La técnica mínimamente invasiva se distingue por su rapidez y simplicidad, aunque por el momento pocos grupos han comunicado su experiencia, por lo que su rentabilidad y complicaciones relacionadas no están del todo establecidas. OBJETIVOS Realizar una revisión sistemática de la literatura sobre la experiencia acumulada en los distintos tipos de técnica mínimamente invasiva en BGS, sus complicaciones y su rentabilidad diagnóstica. PACIENTES Y MÉTODOS Búsqueda sistemática con la pregunta PICO: ¿Es la biopsia de glándula salivar menor realizada mediante técnica mínimamente invasiva una técnica rentable, sensible y segura? en tres bases de datos, seleccionando series de casos. Se evaluó la calidad metodológica de los estudios según el sistema del Centre for Evidence-Based Medicine 2009 de Oxford. Se escogieron además cinco pacientes propios como ejemplo ilustrativo de la utilidad de dicha técnica. Todos firmaron un consentimiento específico. RESULTADOS Se seleccionaron 20 estudios, la mayoría con grado de recomendación B, que incluyeron 2801 pacientes. La sensibilidad diagnóstica de la técnica varió según la enfermedad evaluada, desde 7.7% en neurosarcoidosis, 54,2% en Linfoma no Hodgkin en SS, 55% - 61,1% en amiloidosis, 72% en SS y 100% en neuroamiloidosis. En cuanto a la obtención de muestras adecuadas o representativas, la mayoría informaron tasas de éxito elevadas (89%-100%), superiores al 78,6% comunicado por técnica quirúrgica en el único estudio comparativo incluido. Las complicaciones fueron escasas y leves, siendo las más frecuentes las inmediatas (sangrado menor 1,69-7,5%; cuadro vagal 1,39-4,24%; hematomas 2,7-4%; dolor 1%, necesidad de extender la incisión 2,54-2,78%), seguidas de las mediatas (dolor 1,61-7,32%, inflamación 3,66-8,92%, entumecimiento 1,79-3,06%, granuloma 0,5-1,22%, fallo de la sutura 7,14%, queloide 1,79%) y por último las tardías, muy infrecuentes (entumecimiento 0,1%). Los grupos que no emplearon sutura para cerrar la herida comunicaron menos complicaciones. CONCLUSIONES Este trabajo confirma la seguridad y eficacia de BGS realizada por técnica mínimamente invasiva en el diagnóstico de ciertas enfermedades sistémicas.

FREIRE DAPENA, MARIA DEL CARMEN (Titoría)

Complicacións e secuelas da cirurxía ortognática. Revisión sistemática.
Autoría
S.G.C.
Grao en Medicina
S.G.C.
Grao en Medicina
Data da defensa
20.06.2024 09:00
20.06.2024 09:00
Resumo
Introdución: A cirurxía ortognática é una disciplina quirúrxica centrada na corrección das distintas malformacións dentofaciais e que se acompaña de complicacións tanto intra como postoperatorias. A pesar de que na maioría de casos estas non presentan un risco vital para o paciente, a súa relevancia impúlsanos a describilas. Obxectivos: Realizar unha revisión sistemática sobre as distintas complicacións da cirurxía ortognática en función das características dos pacientes e do seu momento de aparición. Estudias a influencia dos factores demográficos e da patoloxía dos pacientes sobre a aparición de ditas complicacións. Material y métodos: Revisión sistemática levada a cabo seguindo a guía PRISMA a través da pregunta PICO, aplicando os filtros correspondentes para obter artigos publicados nos últimos dez anos. Resultados y discusión: Tras aplicar os criterios descritos, incluíronse nove artigos nesta revisión dos cales seis foron estudos observacionais de cohortes retrospectivos, dous foron estudos observacionais transversais retrospectivos e un de eles foi un estudo observacional de cohortes prospectivo. A pesares de seguir unha liña común, non en todos os artigos se mencionan as mesmas complicacións nin se fixan os mesmos parámetros sobre os pacientes, o que dificultou a análise e impediu a realización dunha metaanálise posterior. Complicacións: As complicacións da cirurxía ortognática preséntanse con maior frecuencia nas intervencións realizadas sobre ambos maxilares simultaneamente ou, se é de forma illada, canse aplican sobre a mandíbula. Sería necesario realizar un maior número de estudos que homoxeneicen o seus parámetros e que completen un seguimento a longo prazo dos pacientes para poder levar a cabo análises máis exhaustivos.

López-Cedrún Cembranos, José Luis Cotitoría
Sánchez Ortega, Helena Cotitoría

MENDEZ ALVAREZ, ESTEFANIA MARIA SALOME (Presidente/a)
PEÑA FERNANDEZ, MAITE (Secretario/a)
Anibarro García, Luís (Vogal)

Efecto da morbimortalidade da Enfermidade inflamatoria intestinal no embarazo
Autoría
A.M.R.
Grao en Medicina
A.M.R.
Grao en Medicina
Data da defensa
20.06.2024 09:00
20.06.2024 09:00
Resumo
Nas últimas décadas produciuse un aumento significativo no diagnóstico de ambas as formas de presentación de Enfermidade Inflamatoria Intestinal (Colite Ulcerosa e Enfermidade de Crohn). En consecuencia, é cada vez máis común ver persoas diagnosticadas con EII que están a planear un embarazo e expresan con frecuencia os seus temores sobre se a enfermidade ou o seu tratamento poden afectar ao feto ou ao curso do embarazo. Introdución: A colite ulcerosa e a enfermidade de Crohn son as formas clínicas de presentación da enfermidade inflamatoria intestinal. O diagnóstico baséase na combinación dunha serie de achados clínicos, analíticos, endoscópicos e/ou radiolóxicos. É unha entidade de causa descoñecida, caracterizada por lesións inflamatorias na parede do tubo dixestivo. O seu comportamento é crónico e recorrente e adoita diagnosticarse en idade reproductiva. Actualmente, a maioría dos pacientes diagnosticados de EII poden ter embarazos exitosos, e recoméndase a planificación e unha estreita colaboración entre gastroenterólogos e obstetras especializados en embarazos de alto risco. É necesario un control estrito da enfermidade desde a fase previa á concepción, revisando os tratamentos que se están a realizar e poden ser necesarios cambios e/ou axustes en función da súa evolución. En canto á vía de parto, pode ser posible un parto vaxinal, así como a lactación materna. Non obstante, en casos de enfermidade activa ou algún tipo de complicación dixestiva, pode ser necesaria unha cesárea. Obxectivos: Analizar en profundidade a morbilidade e mortalidade que teñen ambas as dúas formas de EII no curso do embarazo, desde o inicio da planificación do embarazo ata o posparto. Material e métodos: Realizarase unha busca exhaustiva da bibliografía de literatura médica, centrada nos buscadores Pubmed e Scopus, que incluirá diversas publicacións sobre EII e embarazo. Resultados: De acordo cos criterios de selección previamente establecidos, realizouse unha revisión sistemática dos artigos dispoñibles para avaliar os riscos que pode implicar o diagnóstico de EII antes, durante e despois do embarazo. Conclusións: Tras revisar a literatura científica atopada ata o momento, pódese concluír que o embarazo pode levarse a cabo con seguridade e con poucos riscos tanto para a nai como para o feto, realizando unha adecuada preparación previa á concepción, modificando a medicación cando sexa necesario e realizando un seguimento conxunto entre os obstetras e os especialistas en patoloxía dixestiva.

AGUILAR BLANCO, MARIA FE (Titoría)
Pardo Pumar, María Isabel Cotitoría
AGUILAR BLANCO, MARIA FE (Titoría)
Pardo Pumar, María Isabel Cotitoría
Tribunal
CUEVAS ALVAREZ, JUAN BAUTISTA (Presidente/a)
Rodriguez Garcia, Javier (Secretario/a)
SOBRINO NOGUEIRA, ADOLFO (Vogal)
CUEVAS ALVAREZ, JUAN BAUTISTA (Presidente/a)
Rodriguez Garcia, Javier (Secretario/a)
SOBRINO NOGUEIRA, ADOLFO (Vogal)
Revisión sistemática dos axentes tópicos hemostáticos no tratamento das hemorraxias postparto.
Autoría
Y.H.M.C.
Grao en Medicina
Y.H.M.C.
Grao en Medicina
Data da defensa
20.06.2024 09:00
20.06.2024 09:00
Resumo
A hemorraxia postparto é una das principais causas de morbilidade e mortalidade materna a nivel global. Sendo un problema moito maior en áreas en vías de desenvolvemento, onde os recursos médicos son limitados. Por iso lévase a cabo esta revisión, co obxectivo de determinar cal é a verdadeira eficacia dos hemostáticos tópicos, xa que poderían ser una opción viable nas zonas onde non hai acceso a outro tipo de métodos para deter a hemorraxia. Deste xeito, non só contribuirían a parar a hemorraxia en adxuvancia con outros métodos, senón que en lugares onde se carece deles sería unha opción fácil e asequible.

ARIAS BALTAR, MARIA EFIGENIA (Titoría)
Dono Pérez, Alma María Cotitoría
ARIAS BALTAR, MARIA EFIGENIA (Titoría)
Dono Pérez, Alma María Cotitoría
Tribunal
LAREU HUIDOBRO, MARIA VICTORIA (Presidente/a)
López González, Francisco Javier (Secretario/a)
RODRIGUEZ COBOS, MARIA ANGELES (Vogal)
LAREU HUIDOBRO, MARIA VICTORIA (Presidente/a)
López González, Francisco Javier (Secretario/a)
RODRIGUEZ COBOS, MARIA ANGELES (Vogal)
Abordaxe integral do Trastorno Límite da Personalidade (TLP): Algún tratamento demostrou máis eficacia que outro no TLP?
Autoría
E.S.B.
Grao en Medicina
E.S.B.
Grao en Medicina
Data da defensa
20.06.2024 09:00
20.06.2024 09:00
Resumo
Introdución: o Trastorno Límite da Personalidade (TLP) caracterízase por unha intensa desregulación emocional e impulsividade. As persoas con TLP, na súa maioría adultos xoves, participan en condutas auto-destrutivas e perigosas e teñen un elevado índice de intentos de suicidio. A primeira liña de tratamento é a psicoterapia e aínda non existen fármacos específicos. Debido á alta morbilidade e sufrimento asociados a este trastorno convén optimizar a estratexia terapéutica e realizar unha comparación de tratamentos para ver cal é a mellor opción. Obxectivos: revisar os distintos tratamentos psicoterapéuticos e farmacolóxicos dispoñibles para as persoas con TP Límite analizando a melloría na calidade de vida, a remisión clínica e a diminución dos síntomas, desregulación emocional e condutas auto-destrutivas. Material e métodos: revisión sistemática da literatura científica seguindo o modelo PRISMA. A procura bibliográfica realizouse na base de datos PubMed sen inclusión de artigos de outras bases de datos debido á similitude dos resultados. Dun total de 6148 artigos finalmente seleccionáronse 11. Resultados e discusión: as psicoterapias con mellores resultados e maior redución da sintomatoloxía foron a DBT, especialmente de seis meses de duración que resultou non inferior á de doce meses; a terapia de aventura que demostrou mellorar tanto a sintomatoloxía como a calidade de vida dos pacientes; e o tratamento combinado de terapias grupais en Hospitais de Día seguido de tratamento individual ambulatorio. Fármacos como a Lamotrixina ou Citalopram non exhibiron melloría significativa mentres que os antipsicóticos atípicos Asenapina e Olanzapina si reduciron a inestabilidade afectiva e as ideas paranoicas entre outros. A combinación de Ácido Valproico con PUFAs mellorou significativamente a efectividade do fármaco e a administración de Oxitocina intranasal mellorou a empatía afectiva. A rTMS e a inxección glabelar de toxina botúlica son ideas prometedoras pero que requiren maior investigación xa que non se puideron obter resultados significativos que demostren a súa eficacia para o tratamento do TLP. Conclusións: a psicoterapia continúa sendo o gold standard no tratamento do TP Límite destacando a Terapia Dialéctica Comportamental (DBT) e novas terapias como a Terapia de Aventura. Algúns fármacos estabilizadores do ánimo ou antipsicóticos como a Asenapina e as combinacións de Ácido Valproico con PUFAs son bos tratamentos concomitantes. Técnicas de estimulación transcranial ou inxeccións intranasais de oxitocina deberían ser investigadas en maior profundidade.

TORRES IGLESIAS, ANGELA JUANA (Titoría)
NUÑEZ ARIAS, DANIEL Cotitoría
TORRES IGLESIAS, ANGELA JUANA (Titoría)
NUÑEZ ARIAS, DANIEL Cotitoría
Tribunal
LEIRO VIDAL, JOSE MANUEL (Presidente/a)
PEREZ FENTES, DANIEL ADOLFO (Secretario/a)
Hermida Ameijeiras, Álvaro (Vogal)
LEIRO VIDAL, JOSE MANUEL (Presidente/a)
PEREZ FENTES, DANIEL ADOLFO (Secretario/a)
Hermida Ameijeiras, Álvaro (Vogal)
Tratamento das manifestacións extraintestinais na enfermidade inflamatoria intestinal
Autoría
J.F.F.
Grao en Medicina
J.F.F.
Grao en Medicina
Data da defensa
20.06.2024 09:00
20.06.2024 09:00
Resumo
Obxectivo: Unha proporción considerable de pacientes con enfermidade inflamatoria intestinal experimentan manifestacións extraintestinais, que poden afectar a varios órganos. Estas manifestacións poden preceder, coincidir ou seguir a actividade intestinal da enfermidade e van dende a afectación dermatolóxica e articular ata complicacións oculares, hepáticas e renais. O obxectivo deste traballo foi recoller a evidencia científica ata a data sobre o tratamento das principais manifestacións extraintestinais desta enfermidade. Materiais y Métodos: Realizouse unha Revisión Sistemática de todos os estudos publicados ata o momento na base de datos PubMed nos que se avaliou o tratamento das manifestacións extraintestinais en doentes con enfermidade inflamatoria intestinal. Incluíronse todos os estudos realizados en humanos, maiores de 18 anos e de calquera sexo, excluíndo as revisións sistemáticas, metaanálise, artigos de opinión e revisións bibliográficas, así como todos os estudos que non cumpriron os criterios de inclusión. Resultados: Ao final da busca e cribado, incluíronse un total de 31 dos 1591 artigos identificados. As manifestacións extraintestinais foron divididas por aparellos e sistemas. A gran maioría dos traballos seleccionados incluíron o uso dos principais fármacos da EII como terapia para as manifestacións extraintestinais. Os corticoides (4/31 estudos), a sulfasalazina (2/31 estudos), o metotrexato (3/31 estudos) e os anti-TNFa (9/31 estudos) son os fármacos máis utilizados no manexo das complicacións estudadas. En concreto, os anti-TNFa foron estudados en case todas as MEI, mostrando porcentaxes de resposta entre o 70-90% nas dermatolóxicas e articulares. Noutras MEI, a resposta é máis variable. Conclusión: A pesar da heteroxeneidade das diferentes MEI, dispoñemos dun gran arsenal terapéutico que permite una melloría da sintomatoloxía e da calidade de vida nos doentes con enfermidade inflamatoria intestinal.

BARREIRO DE ACOSTA, MANUEL FRANCISCO (Titoría)
Bastón Rey, Iria Cotitoría
BARREIRO DE ACOSTA, MANUEL FRANCISCO (Titoría)
Bastón Rey, Iria Cotitoría
Tribunal
Dieguez Gonzalez, Carlos (Presidente/a)
VALDES CUADRADO, LUIS GUILLERMO (Secretario/a)
LOPEZ LOPEZ, RAFAEL (Vogal)
Dieguez Gonzalez, Carlos (Presidente/a)
VALDES CUADRADO, LUIS GUILLERMO (Secretario/a)
LOPEZ LOPEZ, RAFAEL (Vogal)
Avaliación integral da síndrome de desgaste ocupacional en persoal hospitalario: influencia do estilo de vida e procura de novas ferramentas diagnósticas
Autoría
M.M.P.
Grao en Medicina
M.M.P.
Grao en Medicina
Data da defensa
20.06.2024 09:00
20.06.2024 09:00
Resumo
Introdución: a síndrome de desgaste ocupacional (SDO) representa o estrés crónico derivado do traballo, caracterizado por un elevado esgotamento emocional (EE), despersonalización (DP) e baixa realización persoal (RP). Ten especial implicación no ámbito científico-sanitario, con consecuencias negativas para o traballador, a empresa e o paciente. Obxectivo: avaliación da SDO no persoal hospitalario e busca de novos parámetros que poidan axudar na súa identificación. Métodos: realizamos un estudo transversal analítico a través dunha enquisa telemática, auto-administrada e en castelá. Foi dirixida ao persoal sanitario (PS), universitarios (EUS) e investigadores (PI) do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago (N=884, 75,11% xénero feminino). O cuestionario incluía o MBI (Maslach Burnout Inventory), factores relacionados co estilo de vida e condicionantes laborais, escalas de autopercepción e factores demográficos. Resultados: demostramos unha elevada prevalencia de SDO en PS (38,41%), EUS (41,67%) e PI (57,72%). A presencia desta síndrome amosouse asociada á idade (PR=1,65), estado civil (PR=1,80), ideación suicida (PR=1,70), antecedentes psiquiátricos (PR=1,50), agresións laborais (PR=1,80), posto de traballo (PR=1,80) e experiencia (PR=1,75). As escalas baseadas na autopercepción parecen correlacionar coas correspondentes puntuacións do MBI en termos de EE (rho=0,7130), DP (rho=0,4380) e RP (rho=0,4610). A ferramenta AP-SDO-3p mostrou resultados congruentes coa súa utilización para o diagnóstico da SDO (AUC=0,8155; S=76,70%, E=73,90%, VPP=70,80%, VPN=78,60%, RP+=3,00, RP-=0,32), mentres que a AP-SDO demostrou ser útil para o cribado (AUC=0,7475; S=85,40%, VPN=81,30%), ambas con mellores resultados nas cohortes de persoal sanitario e investigador. Conclusión: debido á alta carga de desgaste ocupacional no persoal hospitalario, este estudo biopsicosocial suxire que a combinación dos factores relacionados ca SDO e das ferramentas baseadas na autopercepción poden conducir ao diagnóstico temperá da síndrome. A aplicación destas ferramentas na práctica clínica habitual pode reducir a morbimortalidade relacionada, cun balance custo-beneficio positivo.

Anafilaxia con síndrome de Kounis tipo 2 secundaria á inxestión de abelás nun adulto sen enfermidade atópica previa por reactividade cruzada co panalérxeno PR10.
Autoría
I.R.C.
Grao en Medicina
I.R.C.
Grao en Medicina
Data da defensa
20.06.2024 09:00
20.06.2024 09:00
Resumo
A alerxia alimentaria é unha reacción alérxica pola que o noso organismo recoñece como nocivo un determinado antíxeno inofensivo para o resto da poboación. Na alerxia interveñen diferentes mecanismos inmunolóxicos. No caso da alerxia alimentaria mediada por IgE, a inmunoglobulina E (IgE) é a encargada de mediar estas reaccións, abarcando a hipersensibilidade tipo 1, con inicio inmediato dos síntomas, desde minutos ata aproximadamente 1 hora despois da inxestión do alimento. Estes síntomas poden variar desde unha leve comezón na boca, coñecida como síndrome de alerxia oral, ata unha reacción sistémica leve como a urticaria aguda ou provocar un episodio de anafilaxia onde se ven comprometidos distintos órganos e sistemas, poñendo en risco a vida do paciente. Os froitos secos son alimentos moi enerxéticos, ricos en graxas e proteínas, así como en oligoelementos. Segundo o tipo de froitos secos, tamén poden achegar boas cantidades de vitaminas (especialmente do grupo B) ou ácidos graxos omega 3. De aí que sexan alimentos ampliamente empregados na alimentación de prácticamente toda a poboación mundial. Presentamos o caso dun paciente varón de 72 anos, sen enfemidades atópicas previas, que presentou unha anafilaxia severa que requiriu ingreso na UCI, asociada á síndrome de Kounis tipo 2 tras inxerir unha mestura de froitos secos.

VIDAL PAN, Mª DEL CARMEN (Titoría)
García Paz, Vanesa Cotitoría
VIDAL PAN, Mª DEL CARMEN (Titoría)
García Paz, Vanesa Cotitoría
Tribunal
PEREZ RIOS, MONICA (Presidente/a)
POSE REINO, ANTONIO DOMINGO (Secretario/a)
Gómez-Reino Rodríguez, Ignacio (Vogal)
PEREZ RIOS, MONICA (Presidente/a)
POSE REINO, ANTONIO DOMINGO (Secretario/a)
Gómez-Reino Rodríguez, Ignacio (Vogal)
A eficacia da terapia con budesonida tópica fronte á dieta de eliminación no tratamento da esofaxite eosinofílica: revisión sistemática
Autoría
D.P.V.
Grao en Medicina
D.P.V.
Grao en Medicina
Data da defensa
20.06.2024 09:00
20.06.2024 09:00
Resumo
INTRODUCIÓN: A esofaxite eosinofílica é unha enfermidade inflamatoria crónica que afecta ao esófago, cunha base fisiopatolóxica inmunoalérxica. As súas manifestacións clínicas son a disfaxia e a impactación alimentaria, síntomas que empeoran gravemente a calidade de vida dos doentes que a sofren. O diagnóstico básase na clínica e no estudo anatomo-patolóxico da mucosa esofáxica, na que se teñen que observar máis de 15 eosinófilos por campo. O tratamento consta de 3 piares fundamentais: a dieta de exclusión alimentaria, a terapia con corticoides tópicos e os inhibidores da bomba de protóns (IBP). OBXECTIVOS: Realizar unha revisión sistemática da literatura sobre a eficacia da budesonida fronte a dieta de exclusión de 6 alimentos na remisión histolóxica da esofaxite eosinofílica. MÉTODOS: Realizouse unha búsqueda en PubMed e World of Science (WoS) de ensaios clínicos que evaluaran a eficacia da budesonida e da dieta que consideraran a remisión histolóxica como un infiltrado inferior a 15 eosinófilos por campo. Evaluouse o risco de sesgo dos estudos seguindo a Cochrane Risk of bias tool. RESULTADOS: Obtivéronse sete artigos tras aplicar os criterios de inclusión e exclusión. O tamaño da mostra foi de 417 doentes, 146 deles sometidos a tratamento con budesonida tópica e 196 sometidos a dieta de eliminación de seis alimentos. Entre os doentes a tratamento con budesonida tópica obtívose unha remisión histolóxica do 74,7% fronte ao 65,8% achado nos doentes tratados coa dieta de eliminación de seis alimentos. CONCLUSIÓN: A budesonida tópica parece ser lixeiramente máis eficaz cá dieta de eliminación de seis alimentos, polo menos en canto á remisión histolóxica. Porén, necesítanse máis estudos que comparen ambos tratamentos.

DOMINGUEZ MUÑOZ, JUAN ENRIQUE (Titoría)
DOMINGUEZ MUÑOZ, JUAN ENRIQUE (Titoría)
Tribunal
Souto Bayarri, José Miguel (Presidente/a)
Martinón Torres, Nazareth (Secretario/a)
GARCIA ACUÑA, JOSE MARIA (Vogal)
Souto Bayarri, José Miguel (Presidente/a)
Martinón Torres, Nazareth (Secretario/a)
GARCIA ACUÑA, JOSE MARIA (Vogal)
Comparacion de distintos dispositivos para a intubación orotraqueal durante a reanimación cardiopulmonar realizada por persoal sanitario non experto no manexo da vía aérea, nun contorno de simulación
Autoría
L.R.P.N.
Grao en Medicina
L.R.P.N.
Grao en Medicina
Data da defensa
20.06.2024 09:00
20.06.2024 09:00
Resumo
Introducción: Diversos estudos compararon o laringoscopio convencional con outros dispositivos de vídeo-laringoscopia, con todo, non se obtivo evidencia científica suficiente de que algún presente vantaxes realmente significativas con respecto ao outro. Neste estudo preténdese analizar por medio de variables tanto obxectivas como subxectivas se existen diferenzas valorables para a súa aplicación clínica e formativa para o control da vía aérea durante a reanimación cardiopulmonar. Método: Comparouse o vídeo-laringoscopio McGrath e o laringoscopio Macintosh avaliando o desempeño de 30 estudantes de medicina sen experiencia previa no manexo da vía aérea, utilizando manequíns de simulación nun escenario de parada cardiorrespiratoria. As variables que se avaliaron son o éxito de intubación, tempo requirido e numero de intentos necesarios; por outra banda, mediante unha enquisa anónima obtívose información subxectiva dos participantes sobre a dificultade e preferencias de uso dos dispositivos. Resultados: Ambos os instrumentos resultaron comparables en canto ao éxito de intubación, o tempo transcorrido e o número de intentos empregados. Con todo, observouse unha preferencia subxectiva a favor do vídeo-laringoscopio, con diferenzas estatisticamente significativas, no suposto dunha intubación durante unha RCP real. Conclusións: Desde o punto de vista técnico, ambos os dispositivos demostraron ser comparables, con todo, a preferencia polo vídeo-laringoscopio e a súa facilidade de uso reflectida polos participantes suxiren que pode ser unha boa alternativa en situacións críticas reais, recomendándose a súa integración en servizos con alta incidencia de parada cardiorrespiratoria e en programas formativos de reanimación cardiopulmonar.

TABOADA MUÑIZ, MANUEL (Titoría)
Nieto Mouronte, Carlos Manuel Cotitoría
TABOADA MUÑIZ, MANUEL (Titoría)
Nieto Mouronte, Carlos Manuel Cotitoría
Tribunal
Souto Bayarri, José Miguel (Presidente/a)
Martinón Torres, Nazareth (Secretario/a)
GARCIA ACUÑA, JOSE MARIA (Vogal)
Souto Bayarri, José Miguel (Presidente/a)
Martinón Torres, Nazareth (Secretario/a)
GARCIA ACUÑA, JOSE MARIA (Vogal)
Intubación no paciente esperto. Videolaringoscopio comparado con fibrobroncoscopio flexible. Revisión sistemática e Metaanálise.
Autoría
P.L.C.
Grao en Medicina
P.L.C.
Grao en Medicina
Data da defensa
20.06.2024 09:00
20.06.2024 09:00
Resumo
Introdución: A dificultade no manexo da vía aérea segue a ser unha das maiores preocupacións na práctica diaria da anestesioloxía. Todas as sociedades científicas recomendan realizar unha avaliación previa exhaustiva para identificar unha vía aérea difícil. A intubación esperta cun broncoscopio de fibra óptica flexible considérase o patrón de ouro cando se espera que unha vía aérea sexa difícil. Porén, nos últimos anos os videolaringoscopios xurdiron como novos dispositivos nesta situación clínica. Esta revisión considera se os videolaringoscopios son unha alternativa eficaz e segura para a intubación de pacientes espertos. Obxetivos: O obxetivo principal deste estudo foi comparar a eficacia e seguridade do videolaringoscopio co fibrobroncoscopio para a intubación traqueal no paciente esperto. Os resultados primarios foron o éxito de intubación traqueal no primeiro intento e o tempo de intubación traqueal. Como resultados secundarios incluíronse o éxito final da técnica e a súas complicacións (tasa de saturación arterial de osíxeno menor de 90-92% e rouquera ou dor de garganta ou ambos (%)). Materiales e métodos: Realizáronse búsquedas sistemáticas nas bases de datos de PubMed, Web of Science y Registro Central Cochrane de Ensayos Controlados (CENTRAL). Incluíronse os estudos realizados en pacientes espertos que conteñen entre un dos seus obxetivos o éxito de intubación no primeiro intento. A revisión foi realizada seguindo as directrices PRISMA. Analizouse o risco de sesgo mediante a ferramenta Cochrane RoB2. A evidencia analizouse mediante un modelo de efectos aleatorios e cuantificouse a heteroxeneidade mediante a proba I2. Resultados: Identificáronse 1254 publicacións, das cales 10 cumpriron os criterios de inclusión para incluírse na revisión cualitativa (566 pacientes) e 9 foron finalmente incluídas na metaanálise (555 pacientes). Non houbo diferenzas significativas entre as dúas técnicas na intubación no primeiro intento (7 estudos, 490 pacientes, cociente de risco (IC 95%) 0,9946 (0,87, 1,13), p = 0,05), nin no éxito final da intubación (8 estudos, 493 pacientes, cociente de risco (IC 95%) 0,9971 (0,9714; 1,0234), p = 0,47). O tempo de intubación foi menor cando se utilizou o videolaringoscopio (9 estudos, 534 pacientes, diferenzas de medias (IC 95%): -55 (-90,8; -19,2) s, p = 0,0026). Non houbo diferenzas entre os dous grupos na incidencia de hipoxia, dor de garganta ou rouquera ou outras complicacións. Conclusións: A intubación traqueal en paciente esperto con videolaringoscopio e fibrobroncoscopio son igual de efectivas en relación ao éxito de intubación no primeiro intento ou no éxito global da técnica. Sí se asociou un menor tempo de intubación co uso do videolaringoscopio.

bermudez lopez, maria Cotitoría
TABOADA MUÑIZ, MANUEL (Titoría)
bermudez lopez, maria Cotitoría
Tribunal
GELABERT GONZALEZ, MIGUEL (Presidente/a)
CABANAS RODRIGUEZ, PALOMA (Secretario/a)
PEREIRO FERREIROS, MANUEL (Vogal)
GELABERT GONZALEZ, MIGUEL (Presidente/a)
CABANAS RODRIGUEZ, PALOMA (Secretario/a)
PEREIRO FERREIROS, MANUEL (Vogal)
Importancia da Atención Primaria na detección e o manexo de persoas con ideación autolítica.
Autoría
C.G.B.
Grao en Medicina
C.G.B.
Grao en Medicina
Data da defensa
20.06.2024 09:00
20.06.2024 09:00
Resumo
Introdución: A ideación autolítica e o suicidio supoñen un gran problema de Saúde Pública. Estímase que actualmente se producen máis de 700.000 suicidios/ano no mundo. Moitas de estas persoas buscan axuda nas consultas de Atención Primaria, medio idóneo, polas súas características, para a detección e o seguimiento de múltiples patoloxías. Obxectivos: 1. Realizar unha revisión bibliográfica acerca da ideación autolítica e o suicidio, centrándose en constatar a súa posible abordaxe desde Atención Primaria. 2. Coñecer a opinión dos profesionais de Atención Primaria sobre a atención a dito problema neste nivel asistencial. 3. Coñecer as dificultades que se presentan para o anterior. Métodos: Realizouse unha revisión bibliográfica. Para isto, consultáronse diversas bibliotecas virtuais, portais virtuais e bases de datos. Criterios de inclusión para a búsqueda en PubMed: artigo tipo ensaio clínico, revisión sistemática ou bibliográfica, de libre acceso e publicado entre os anos 2014-2024. Elaborouse e distribuiuse unha enquisa para coñecer a opinión dos profesionais de Atención Primaria sobre o tema. Resultados: Aínda que a Atención Primaria parece supoñer un medio idóneo para abordar a ideación autolítica e o suicidio, non se atoparon estudios nos que se poida basar esta afirmación. Entre os enquisados, un 94,7% di ter atendido algunha vez a pacientes en risco de autolisis, e o 98,5% cre que a Atención Primaria xoga un papel importante na súa atención e acompañamento. Destacan a falta de tempo, a sobrecarga asistencial e a falta de formación, como limitacións máis importantes. Conclusións: A Atención Primaria parece supoñer un bo medio para a detección e o acompañamento de persoas con ideación autolítica. Non obstante, presenta importantes limitacións que dificultan que isto se leve a cabo.

Fernández Merino, María del Carmen (Titoría)
Miranda Pena, Flora María Cotitoría
Fernández Merino, María del Carmen (Titoría)
Miranda Pena, Flora María Cotitoría
Tribunal
MENDEZ ALVAREZ, ESTEFANIA MARIA SALOME (Presidente/a)
PEÑA FERNANDEZ, MAITE (Secretario/a)
Anibarro García, Luís (Vogal)
MENDEZ ALVAREZ, ESTEFANIA MARIA SALOME (Presidente/a)
PEÑA FERNANDEZ, MAITE (Secretario/a)
Anibarro García, Luís (Vogal)
Papel da Psilocibina no tratamento de Trastorno de Depresión Maior
Autoría
G.M.G.L.
Grao en Medicina
G.M.G.L.
Grao en Medicina
Data da defensa
20.06.2024 09:00
20.06.2024 09:00
Resumo
O trastorno de depresión maior, TDM, é, hoxe en día, unha das enfermidades que máis contribúe á carga de enfermidade global. Ademais, caracterízase por presentar altos niveis de recorrencia e resistencia ao tratamento. Estas premisas levan á conclusión de que son necesarias novas formas de tratamento para este trastorno. Coa aparición dunha nova onda na investigación psiquiátrica, están xurdindo múltiples ensaios sobre a capacidade dos compostos psicodélicos para afrontar os cadros depresivos. Dentro destes compostos, a psilocibina asume un papel central. É necesario afondar no coñecemento sobre o potencial da psilocibina no tratamento da depresión maior. Por estas razóns, este traballo ten como obxectivo principal realizar unha síntese da evidencia científica existente sobre o uso da psilocibina como tratamento do trastorno de depresión maior, non exclusivamente resistente. Ademais, describir os resultados da comparación entre o tratamento de psilocibina e escitalopram e a acción da psilocibina na clínica ansiosa, ideación suicida e discapacidade asociadas ao TDM. Por último, describir a tolerancia e os efectos adversos da psilocibina. Para levar a cabo esta revisión realizouse unha busca a través da base de datos PubMed, Scopus e Cochrane. Recolléronse estudos experimentais, cun máximo de 10 anos dende a publicación, relativos ao uso de psilocibina en pacientes con trastorno de depresión maior, con recurso a criterios de inclusión e exclusión. Obtivéronse 5 ensaios sobre o uso da psilocibina no tratamento do TDM. Estes mostran efectos antidepresivos significativos en comparación co placebo e un ensaio mostrou rápida acción antidepresiva en comparación co tratamento retrasado. Comparada con escitalopram, a psilocibina non mostrou superioridade terapéutica. Os resultados dos ensaios indican que a psilocibina reduce síntomas depresivos, mellora a ansiedade e o benestar mental asociados ao TDM, e presenta unha boa tolerancia, sen efectos adversos graves.

Campos Pérez, José Antonio Cotitoría
VICENTE ALBA, FRANCISCO JAVIER (Titoría)
Campos Pérez, José Antonio Cotitoría
Tribunal
Fernández González, Angel Luis (Presidente/a)
GARCIA CAMPOS, JUAN (Secretario/a)
RELOVA QUINTEIRO, JOSE LUIS (Vogal)
Fernández González, Angel Luis (Presidente/a)
GARCIA CAMPOS, JUAN (Secretario/a)
RELOVA QUINTEIRO, JOSE LUIS (Vogal)
Exposición a substancias tóxicas durante o embarazo: síndrome de abstinencia neonatal e repercusión no neonato.
Autoría
E.O.V.
Grao en Medicina
E.O.V.
Grao en Medicina
Data da defensa
20.06.2024 09:00
20.06.2024 09:00
Resumo
Introdución: O consumo de drogas durante a xestación pode causar efectos nocivos no neonato. A suspensión brusca do aporte destas substancias asóciase á Síndrome de Abstinencia Neonatal (SAN). Para un correcto manexo do cadro clínico, é importante a identificación precoz da exposición prenatal, a expresión clínica de abstinencia e o comezo de tratamento farmacolóxico no momento axeitado. Obxectivos: Coñecer os factores de risco, avaliación e tratamento da SAN. Metodoloxía: Elaborouse unha revisión sistemática empregando as bases de datos PubMed, Scopus e Cochrane. Incluíronse na busca estudos orixinais e metanálises relacionados co obxectivo principal do estudo, publicados nos últimos 10 anos, en inglés ou español e dispoñibles a texto completo. Resultados: Incluíronse 11 artigos na revisión. No referente aos factores de risco prenatais da SAN, o risco increméntase cando existe historia materna de abuso de opioides, cando a exposición durante a xestación é tardía e a longo prazo e co consumo concomitante doutras drogas. O diagnóstico da SAN é máis frecuente nos neonatos a término. Revisáronse 4 artigos sobre o tratamento farmacolóxico, os cales comparaban a morfina con outros fármacos; a clonidina e a metadona amosaron menor duración do tratamento e da estancia hospitalaria. Conclusións: Os principais factores de risco para o desenvolvemento da SAN son a historia previa de abuso de opioides e o consumo doutras drogas ou fármacos psicótropos. A morfina é a primeira liña de tratamento, pero nos últimos anos cobraron interese outros fármacos como a clonidina ou a metadona con bos resultados.

Leis Trabazo, María Rosaura (Titoría)
Sucasas Alonso, Andrea Cotitoría
Leis Trabazo, María Rosaura (Titoría)
Sucasas Alonso, Andrea Cotitoría
Tribunal
SEÑARIS RODRIGUEZ, ROSA MARIA (Presidente/a)
CABANAS RODRIGUEZ, EDUARDO RODRIGO (Secretario/a)
MATEOS ALVAREZ, RAIMUNDO (Vogal)
SEÑARIS RODRIGUEZ, ROSA MARIA (Presidente/a)
CABANAS RODRIGUEZ, EDUARDO RODRIGO (Secretario/a)
MATEOS ALVAREZ, RAIMUNDO (Vogal)
Deseño Dixital de Sorriso (DDS): unha nova ferramenta clínica
Autoría
J.C.M.
Grao en Odontoloxía
J.C.M.
Grao en Odontoloxía
Data da defensa
19.07.2024 09:30
19.07.2024 09:30
Resumo
A tecnoloxía dixital irrompeu na Odontoloxía do século XXI facilitando a planificación e execución de tratamentos complexos integrados, tanto no aspecto funcional como estético. O DDS permite a visualización 3D creando e proxectando mediante unha simulación e previsualización do resultado final do tratamento proposto previa á súa realización. Neste traballo propoñémonos a partir da evidencia científica realizar unha análise do concepto DDS, determinando vantaxes e limitacións, así como posibilidades de aplicación clínica e integración de protocolos de tratamento. Realizarase para iso unha revisión sistemática da literatura empregando a base de datos PubMed co obxecto de realizar un estudo individualizado de varios softwares de deseño dixital de sorriso de acordo cos criterios e parámetros empregados en cada un para o deseño 3D.

LOPEZ CASTRO, GONZALO (Titoría)
LOPEZ CASTRO, GONZALO (Titoría)
A influencia dos trastornos ansioso e depresivo, durante o período perinatal, no desenvolvemento do neno
Autoría
M.M.R.M.D.A.
Grao en Medicina
M.M.R.M.D.A.
Grao en Medicina
Data da defensa
20.06.2024 09:00
20.06.2024 09:00
Resumo
Os datos publicados pola Organización Mundial da Saúde (OMS) nos últimos anos mostran un aumento significativo de varios trastornos mentais en todo o mundo, especialmente o trastorno de ansiedade e o trastorno depresivo. En canto á existencia destes trastornos durante o período perinatal, é evidente que vai en aumento: entre un 4-39% diagnostícanse trastornos de ansiedade nas mulleres durante o embarazo e máis dun 10% experimenta depresión clínica nalgún momento deste período. Considerando que o período perinatal é unha etapa crucial para o bo desenvolvemento do neno, xurdiron numerosas dúbidas sobre como inflúen estes trastornos no desenvolvemento biofisiolóxico, neurolóxico e socioemocional do neno. O obxectivo principal deste estudo é determinar as posibles repercusións dos trastornos depresivos e de ansiedade durante o período perinatal no desenvolvemento infantil, así como comprender os mecanismos que subxacen a estas alteracións. Ademais, preténdese analizar outros factores e variables importantes que contribúen á aparición destes trastornos nas nais así como coñecer estratexias de prevención e identificación precoz. Realizouse unha revisión bibliográfica da múltiple literatura científica dispoñible en diferentes bases de datos específicas como PubMed, MedLine e buscadores como Google Scholar para consultar outras fontes oficiais de criterios diagnósticos ou outra información científica. Os criterios de inclusión seleccionados: estudos prospectivos, revisións sistemáticas e metaanálise dispoñibles en inglés, español e portugués publicados entre 2012-2024 e de libre acceso. Analizáronse os datos de 14 artigos. Os resultados revelan as alteracións identificadas a nivel fisiolóxico, neurodesenvolvemento e socioemocional dos nenos cuxas nais presentan trastornos mentais perinatales. Ademais, os resultados revelan os posibles mecanismos biolóxicos que subxacen a estas alteracións, así como a presenza de variables que tamén poden influír nelas. Confirmouse que a presenza de ansiedade e/ou depresión materna durante o embarazo inflúe activamente no desenvolvemento biopsicosocial do neno, provocando con frecuencia un aumento da morbilidade e mortalidade. É importante ter en conta que estes efectos non son nin universais nin deterministas. Outros factores, como as condicións socioeconómicas, a saúde física da nai ou o medio posnatal tamén xogan un papel importante na determinación do desenvolvemento do neno.

Evolución do estado nutricional dos nenos con enfermidade celíaca baixo dieta sen glute
Autoría
M.T.V.
Grao en Medicina
M.T.V.
Grao en Medicina
Data da defensa
20.06.2024 09:00
20.06.2024 09:00
Resumo
Introdución: A enfermidade celíaca (EC) é unha enfermidade sistémica prevalente (1% da poboación), desencadeada polo consumo de glute en persoas xeneticamente predispostas. Produce unha atrofia das velocidades intestinais, o que condiciona mala absorción. A dieta sen glute (DSG) é o único tratamento dispoñible, mellorando progresivamente a absorción intestinal e a clínica. Factores como a precocidade no diagnóstico ou a propia DSG inflúen no estado nutricional do neno, tanto no momento inicial como durante o seguimento. Obxectivo: Analizar a evolución do estado nutricional de nenos recentemente diagnosticados de EC nunha consulta de Gastroenteroloxía Pediátrica dun hospital terciario tras o inicio dunha DSG. Material e métodos: Estudo observacional retrospectivo e descritivo, incluíndo pacientes de entre 1 e 15 anos diagnosticados de EC dende xaneiro do 2011 a xullo de 2018. Avaliáronse variables demográficas, medidas antropométricas e determinacións analíticas ao diagnóstico, aos 2 e aos 5 anos do inicio da DSG. Resultados: Examináronse 221 pacientes pediátricos (57,5% nenas) cunha idade media ao diagnóstico de 4,4 anos. O 94% eran sintomáticos. Ao diagnóstico o 7% presentaba desnutrición e o 15% sobrepeso ou obesidade. O 40% tiña ferropenia, o 80% déficit de vitamina D e o 6% hipocalcemia. Tras o inicio da DSG aumentou o IMC da mostra de maneira progresiva, a ferropenia mellorou de forma significativa e a vitamina D continuou baixa. A prevalencia de desnutrición baixou transitoriamente aos 2 anos. Aos 5 anos do diagnóstico aumentou a prevalencia de sobrepeso/obesidade a un 23,5%. Conclusións: Obsérvase un aumento da prevalencia de sobrepeso e obesidade en nenos celíacos tras varios anos de DSG, o que subliña a importancia dun seguimento nutricional continuo e personalizado para os pacientes con EC.

Martinón Torres, Nazareth (Titoría)
Martinón Torres, Nazareth (Titoría)
Enfermidades Neuromusculares: a importancia do seu diagnóstico
Autoría
A.C.D.C.M.
Grao en Medicina
A.C.D.C.M.
Grao en Medicina
Data da defensa
18.07.2024 09:00
18.07.2024 09:00
Resumo
As enfermidades neuromusculares (ENM) son condicións crónicas que afectan ao músculo e ao sistema nervioso, causando diversos graos de discapacidade. Esta revisión sistemática avalía os beneficios e a efectividade das técnicas de diagnóstico xenético molecular, especialmente a secuenciación de nova xeración (NGS), no diagnóstico temperán das ENM. Realizouse unha revisión sistemática de 17 artigos publicados entre 2012 e 2024 en bases de datos como Elsevier, Scielo, Dialnet e Pubmed. A selección baseouse en estudos relevantes sobre ENM e técnicas de diagnóstico molecular. Os avances na NGS melloraron a precisión diagnóstica, aínda que o 50% das enfermidades neurolóxicas raras aínda non teñen resolución xenética. A secuenciación do exoma completo (WES) e os paneis de xenes son efectivos, pero teñen limitacións. Os biomarcadores e enfoques multi-ómicos son esenciais para o diagnóstico e monitorización. A intervención temperá, especialmente a través do cribado neonatal, amosa beneficios significativos en condicións como a atrofia muscular espinal (AME). Aínda que se avanzou no diagnóstico xenético das ENM, persisten desafíos tecnolóxicos e de interpretación de variantes. Futuras melloras deben centrarse en técnicas diagnósticas máis rendibles, mellores opcións terapéuticas e expansión de programas de cribado. Estes avances mellorarán os resultados para os pacientes e reducirán a odisea diagnóstica.

Barbosa Sousa Gouveia, Sofia Isabel Cotitoría
COUCE PICO, MARIA DE LA LUZ (Titoría)
Barbosa Sousa Gouveia, Sofia Isabel Cotitoría
Tribunal
GONZALEZ GARCIA, FRANCISCO (Presidente/a)
MERA VARELA, ANTONIO JOSE (Secretario/a)
GINARTE VAL, MANUEL JAVIER (Vogal)
GONZALEZ GARCIA, FRANCISCO (Presidente/a)
MERA VARELA, ANTONIO JOSE (Secretario/a)
GINARTE VAL, MANUEL JAVIER (Vogal)
Marcadores predictores de risco de efectos adversos tras terapia CAR-T anti-CD19: EASIX score
Autoría
A.C.G.
Grao en Medicina
A.C.G.
Grao en Medicina
Data da defensa
20.06.2024 09:00
20.06.2024 09:00
Resumo
Introdución A terapia con CAR-T revolucionou o tratamento de múltiples neoplasias hematolóxicas refractarias. Actualmente, contamos con 6 terapias aprobadas pola FDA e EMA que demostran gran éxito día a día. Con todo, o crecente coñecemento da terapia revélanos os problemas derivados dos seus efectos adversos, desafíos loxísticos e elevados custos. Recentemente, estase intentando caracterizar e xestionar mellor estes efectos, con principal énfase no CRS e ICANS, toxicidades tremendamente comúns e graves. A pesar de coñecer xa numerosos factores de risco implicados, faise necesaria unha ferramenta simple e reproducible que permita previr estas complicacións na práctica clínica habitual. Obxectivos e métodos O principal obxectivo desta revisión é avaliar a eficacia do índice EASIX e as súas modificacións para prever a incidencia e gravidade do síndrome de liberación de citocinas e a neurotoxicidade atribuida a terapia, en doentes sometidos a tratamento CAR-T CD19. Para iso, revisáronse todos os artigos publicados sobre o uso do score EASIX para prever complicacións da terapia CAR-T CD19. Resultados Todas as publicacións revisadas atoparon unha asociación significativa entre o score EASIX e o desenvolvemento de CRS ou ICANS severos en diferentes momentos das medicións. Isto avala a fiabilidade e validez do índice EASIX como ferramenta clínica e, ademais, reforza a teoría da disfunción endotelial como desencadeante das toxicidades. Con todo, aínda se requiren máis estudos para establecer puntos de corte universais e mellorar a súa utilidade práctica. Conclusións O índice EASIX e as súas variantes poden prever a aparición de graos graves de CRS e ICANS en pacientes tratados con CAR-T CD19. Suxírese que o EASIX é unha ferramenta funcional, sinxela e reproducible, con potencial para ser fácilmente utilizada na práctica clínica diaria.

ARAUJO VILAR, DAVID (Titoría)
Noriega Concepción, Víctor Cotitoría
ARAUJO VILAR, DAVID (Titoría)
Noriega Concepción, Víctor Cotitoría
Tribunal
RODRIGUEZ PALLARES, JANNETTE (Presidente/a)
RODRIGUEZ GARCIA, JAIME JOSE (Secretario/a)
LOPEZ MARTIN, MARIA ELENA (Vogal)
RODRIGUEZ PALLARES, JANNETTE (Presidente/a)
RODRIGUEZ GARCIA, JAIME JOSE (Secretario/a)
LOPEZ MARTIN, MARIA ELENA (Vogal)
Introducción de técnicas moleculares no diagnóstico do cancro de pulmón
Autoría
A.P.S.
Grao en Medicina
A.P.S.
Grao en Medicina
Data da defensa
20.06.2024 09:00
20.06.2024 09:00
Resumo
O cancro de pulmón é o segundo cancro en incidencia e o primeiro responsable das mortes por cancro en España, sendo o hábito de fumar o principal factor de risco para o seu desenrolo. A recente aparición da inmunoterapia contribuíu a aumentar a esperanza de vida dos pacientes e, a súa vez, fixo necesaria a aplicación, por parte dos laboratorios de Anatomía Patolóxica, de técnicas que permitisen identificar patróns moleculares específicos có obxectivo de desenrolar novas vías de tratamento dirixidas ó propio paciente, así como detectar posibles resistencias ós tratamentos actuais. O obxectivo deste traballo será revisar a literatura existente para describir os biomarcadores dos diferentes tipos de cancro de pulmón, as súas implicacións terapéuticas e a aplicación destas técnicas moleculares para o seu diagnóstico.

Anibarro García, Luís (Titoría)
Álvarez Álvarez, Carlos Cotitoría
Anibarro García, Luís (Titoría)
Álvarez Álvarez, Carlos Cotitoría
Tribunal
Souto Bayarri, José Miguel (Presidente/a)
Martinón Torres, Nazareth (Secretario/a)
GARCIA ACUÑA, JOSE MARIA (Vogal)
Souto Bayarri, José Miguel (Presidente/a)
Martinón Torres, Nazareth (Secretario/a)
GARCIA ACUÑA, JOSE MARIA (Vogal)
Coñecementos e actitudes dos estudantes de odontoloxía frente á atención da saúde mental
Autoría
M.P.B.H.
Grao en Odontoloxía
M.P.B.H.
Grao en Odontoloxía
Data da defensa
05.09.2024 09:30
05.09.2024 09:30
Resumo
Introdución: Os estudantes de odontoloxía durante as súas prácticas clínicas han atendido a pacientes e entre as habilidades e coñecementos que necesitan para atender aos seus pacientes, están os coñecementos e habilidades para a atención da saúde mental. Con todo, o rol do odontólogo en canto á atención da saúde mental non está definido. Obxectivo: identificar os coñecementos e actitudes dos estudantes de odontoloxía en relación coa atención á saúde mental, identificar as barreiras/dificultades ás que se enfrontan na atención da saúde mental de pacientes durante as prácticas clínicas e de que forma inflúen os antecedentes mentais na atención dental. Método: O método elixido é mediante grupos focales de estudantes de odontoloxía que tivesen practicas clínicas con pacientes. Realizáronse dous grupos focales nos que participaron 9 estudantes do grao de odontoloxía que tiveron practicas clínicas. A análise dos datos cualitativos realizouse mediante análise temática de Braun e Clarke. Resultados: Os participantes consideraban que non dispoñían dos coñecementos adecuados para atender correctamente aos pacientes con problemas de saúde mental. Sendo a falta de colaboración dos pacientes e de coñecementos as principais barreiras identificadas para o manexo dos pacientes con problemas de saúde mental. Doutra banda, destacaban na importancia do rol do odontólogo e a falta de determinación deste rol. Conclusión: Este estudo conclúe as áreas de mellora en canto á atención da saúde mental por parte dos estudantes de odontoloxía. Sobre todo, na determinación do rol do odontólogo fronte a un paciente con problemas de saúde mental. Requírese máis investigación e consenso para poder determinalo.

RODRÍGUEZ FERNÁNDEZ, Mª DE LA ALMUDENA (Titoría)
MULERO DE CASO, MARTA Cotitoría
RODRÍGUEZ FERNÁNDEZ, Mª DE LA ALMUDENA (Titoría)
MULERO DE CASO, MARTA Cotitoría
Tribunal
CASTRO PEREZ, MARIA DE LOS ANGELES (Presidente/a)
Pose Rodríguez, José Manuel (Secretario/a)
OUTUMURO RIAL, MERCEDES (Vogal)
CASTRO PEREZ, MARIA DE LOS ANGELES (Presidente/a)
Pose Rodríguez, José Manuel (Secretario/a)
OUTUMURO RIAL, MERCEDES (Vogal)
Como pode influir a infección por vih no controlo do embarazo e no momento do parto?
Autoría
J.M.F.
Grao en Medicina
J.M.F.
Grao en Medicina
Data da defensa
18.07.2024 09:00
18.07.2024 09:00
Resumo
Introdución A infección polo virus da inmunodeficiencia humana (VIH) xurdiu por primeira vez na década de oitenta. Desde entón que a introdución da terapia antirretroviral (TAR) mellorou exponencialmente a vida das persoas que viven co VIH, incluídas as mulleres embarazadas. Aínda que a saúde materna haxa mellorado, a TAR está asociada a resultados perinatales adversos. O seguimento e control da xestación son necesarios ata o momento do parto para asegurar a saúde materna e evitar a transmisión vertical (TV). Obxetivos Revisar a evidencia máis recente dispoñible sobre como pode a infección polo VIH influír na xestación e no momento do parto, o seguimento e posibles complicacións na xestación, así como a profilaxe intraparto. Metodoloxía Revisión sistemática da literatura científica dispoñible mais actual sobre a influencia do VIH no control da xestación e no momento do parto, realizada utilizando o buscador World of Science (WOS) e a bade de datos Medline mediante o buscador PUBMED. Os criterios de inclusión seleccionados foron: revisión sistemática (RS) e metaanálisis (MA), realizados en humanos, dispoñibles nos idiomas inglés e castelán, publicados entre 2023 e 2024. Resultados De 35.158 estudos da procura inicial e 170 que cumpriron os criterios de inclusión, 8 foron analizados exhaustivamente. Os resultados apoian as directrices da Oraganización Mundial da Saúde (OMS) que recomendan o inicio inmediato da TAR en todas as mulleres embarazadas. Aínda que se rexistrou sistematicamente a relación entre a TAR e tempo de inicio da TAR, e os resultados perinatales adversos, os beneficios da terapia superan os riscos. Conclusión O seguimento multidisciplinar da muller que vive co VIH é necesario desde a concepción ata o momento do parto. O control dos niveis dos linfocitos e da carga viral (CV) débense realizar durante toda a xestación como apoio para seleccionar a mellor terapia antirretroviral e decidir o modo do parto. Os novos TAR son os mellor tolerados e máis eficaces, e o risco de resultados perinatales adversos é menor. Son necesarios máis estudos acerca da TAR e a xestación, así como o seu impacto na saúde, incluída a saúde mental, da muller gestante.

González Rodríguez, Laura Cotitoría
Marín Ortiz, Elena Cotitoría
MORANO AMADO, LUIS ENRIQUE (Titoría)
González Rodríguez, Laura Cotitoría
Marín Ortiz, Elena Cotitoría
Tribunal
MENDEZ ALVAREZ, ESTEFANIA MARIA SALOME (Presidente/a)
PEÑA FERNANDEZ, MAITE (Secretario/a)
MONTES MARTINEZ, AGUSTIN (Vogal)

Beneficios do novo tratamento inxectábel para o control do VIH con respecto ao tratamento antirretroviral por vía oral
Autoría
A.P.S.
Grao en Medicina
A.P.S.
Grao en Medicina
Data da defensa
20.06.2024 09:00
20.06.2024 09:00
Resumo
Introdución: Os avances nos últimos tempos coas terapias antirretrovirais conseguiron grandes éxitos á hora de transformar a infección por VIH-1 dunha enfermidade cun prognóstico moi malo, a unha condición tratable, cunha importante mellora no funcionamento do seu sistema inmunolóxico e unha diminución global da morbimortalidade. O tratamento actual posúen unha gran eficacia para controlar a infección e evitar a transmisión do virus. Malia isto, a infección segue sendo unha condición crónica e incurábel, que necesita tratamento diario de por vida. Esta situación, asociada á carga social do estigma asociado ao VIH, pode producir insatisfacción, o que se traduce en peor adherencia terapéutica, fracaso do control do virus e a progresión da enfermidade. É dende esta óptica que a investigación no tratamento antirretroviral centrou os seus esforzos en adaptar a forma e frecuencia de administración do tratamento para que sexa unha axuda na mellora da calidade de vida destas persoas. Obxectivos: O obxectivo principal deste traballo é valorar os beneficios do tratamento inxectábel de cabotegravir e rilpivirina en relación ós tratamentos antirretrovirais clásicos por vía oral. Material e métodos: Revisión bibliográfica obtida de diversas fontes bibliográficas, principalmente da base de datos Medline. Para avaliar a calidade da evidencia das recomendacións foron seleccionados os principais estudos pivotais previos á comercialización do tratamento inxectábel, revisando a súa efectividade, seguridade, tolerancia e os seus efectos adversos. Para o obxectivo principal do traballo, escolléronse os PRO (recording measurement of personal outcomes) para coñecer o grao de satisfacción persoal relatados polos propios doentes. Consultáronse os protocolos de estudo e os suplementos online de cada artigo. Resultados: O tratamento inxectábel de Cabotegravir-Rilpivirina demostrou a non inferioridade en eficacia terapéutica con respecto ao tratamento por vía oral en individuos con carga viral non detectábel previa, así como en individuos sen tratamento antirretroviral previo. O tratamento inxectábel aplicado cada 8 semanas demostrou ser non inferior á terapia aplicada cada 4 semanas. Os efectos adversos foron frecuentes, na súa maioría relacionados co método de administración do fármaco, en forma de reaccións locais. Os efectos adversos de gravidade foron pouco frecuentes. Malia a frecuencia dos efectos adversos os abandonos por este motivo foron pouco habituais. O grao de satisfacción foi superior nos individuos coa terapia inxectábel, sendo a diferenza maior co paso das semanas de seguimento. Así mesmo, a terapia de acción prolongada foi a preferida polos enquisados ao seren preguntados de forma directa. Conclusión: A terapia inxectábel de Cabotegravir-Rilpivirina é unha opción de tratamento para as persoas que viven co VIH con carga viral non detectábel, cunha gran eficacia, non inferior ós tratamentos actuais por vía oral, cun bo perfil de seguridade. A nova terapia acadou elevadas cifras de satisfacción, sendo a opción preferida pola meirande parte dos enquisados.

Pernas Pardavila, Hadrián Cotitoría
Anibarro García, Luís (Titoría)
Pernas Pardavila, Hadrián Cotitoría
Tribunal
PEREZ RIOS, MONICA (Presidente/a)
POSE REINO, ANTONIO DOMINGO (Secretario/a)
Gómez-Reino Rodríguez, Ignacio (Vogal)
PEREZ RIOS, MONICA (Presidente/a)
POSE REINO, ANTONIO DOMINGO (Secretario/a)
Gómez-Reino Rodríguez, Ignacio (Vogal)
Revisión bibliográfica da hiperhidrose coma unha síndrome paraneoplásica
Autoría
B.G.S.
Grao en Medicina
B.G.S.
Grao en Medicina
Data da defensa
20.06.2024 09:00
20.06.2024 09:00
Resumo
INTRODUCIÓN: A hiperhidrose caracterízase por unha produción excesiva de suor en resposta á calor ou a estímulos emocionais, superando as necesidades fisiolóxicas para regular a temperatura corporal. As glándulas sudoríparas ecrinas, apocrinas e apoecrinas exercen funcións diversas na produción de suor, e a regulación por parte do sistema nervioso simpático é fundamental. Clasifícase en primaria ou secundaria segundo a súa causa, e en focal ou xeralizada segundo a súa localización. Múltiples factores poden desencadear a hiperhidrose secundaria, como medicamentos, infeccións, neoplasias, enfermidades endocrinas e neurolóxicas. OBXECTIVOS: Determinar, segundo a evidencia dispoñible, se a hiperhidrose coma síndrome paraneoplásica é máis frecuente en neoplasias benignas ou malignas, se existe algún tipo citolóxico de neoplasia no que sexa máis frecuente a hiperhidrose coma síntoma guía, se hai algunha orixe histolóxica tumoral na que a hiperhidrose sexa un síntoma guía máis común, se a hiperhidrose coma síndrome paraneoplásica é máis frecuente na su forma xeralizada ou localizada, canto tempo pasa desde a aparición da hiperhidrose ata que se diagnostica a neoplasia, se a hiperhidrose coma síndrome paraneoplásico é máis común en varóns ou en mulleres, en qué idades é máis frecuente, se a hiperhidrose coma síndrome paraneoplásica se asocia a unha pérdida de peso e se a hiperhidrose coma síndrome paraneoplásica se resolve co tratamento do tumor. MATERIAL E MÉTODOS: Revisión bibliográfica entre decembro de 2023 e xaneiro de 2024 de casos clínicos publicados desde 1946 a 2024 na base de datos PubMed. RESULTADOS: Coa búsqueda identificáronse 209 artículos. Tras o proceso de selección, incluíronse 35 artículos. CONCLUSIÓNS: A hiperhidrose coma síndrome paraneoplásica é máis común en neoplasias benignas. Os hamartomas anxiomatosos son os máis asociados coa hiperhidrose, aínda que tamén son frecuentes os hamartomas fibrosos. As neoplasias con orixe vascular e parenquimatosa son as principais causas de hiperhidrose paraneoplásica, seguido dos tumores do sistema nervioso, glandulares e epiteliais. A localización do tumor pode correlacionarse coa presenza de hiperhidrose, sendo principalmente localizada. A hiperhidrose relacionada con neoplasias tende a persistir durante máis dun ano na maioría dos casos. Na súa maioría, a hiperhidrose como síndrome paraneoplásico preséntase en homes. A maioría dos pacientes con hiperhidrose como síntoma guía dunha síndrome paraneoplásica son menores de 25 anos. A perda de peso non adoita asociarse con neoplasias que inducen hiperhidrose. Tratar a neoplasia subxacente mellora a hiperhidrose na maioría dos casos, destacando a importancia do diagnóstico e tratamento oportunos.

Cancela Nieto, María Gumersinda Cotitoría
Anibarro García, Luís (Titoría)
Cancela Nieto, María Gumersinda Cotitoría
Tribunal
Fernández González, Angel Luis (Presidente/a)
GARCIA CAMPOS, JUAN (Secretario/a)
RELOVA QUINTEIRO, JOSE LUIS (Vogal)
Fernández González, Angel Luis (Presidente/a)
GARCIA CAMPOS, JUAN (Secretario/a)
RELOVA QUINTEIRO, JOSE LUIS (Vogal)
Medicina gráfica aplicada á prevención do delirium: elaboración de cuestionario dirixido a persoal sanitario e material gráfico.
Autoría
P.G.M.
Grao en Medicina
P.G.M.
Grao en Medicina
Data da defensa
20.06.2024 09:00
20.06.2024 09:00
Resumo
Contexto: O delirium, ou síndrome confusional aguda, é un trastorno que afecta a entre o 20% e o 30% dos pacientes hospitalizados, con máis frecuencia segundo avanza a idade do paciente. Arredor da metade dos casos poderían previrse con pequenas modificacións no ámbito hospitalario, e a educación sanitaria dos familiares resulta crucial á hora de identificar e resolver o problema dunha forma máis eficaz. Coa idea de plantexar propostas de comunicación alternativas, recentemente desenvolveuse unha corrente denominada medicina gráfica, a cal pode supoñer un formato útil tanto para profesionais sanitarios como para pacientes e familiares, xa que permite transmitir información, mellorar o entendemento e visibilidade das enfermidades e humanizar ó paciente. Obxectivos: Elaboración de material gráfico informativo sobre o delirium destinado a familiares, pacientes en risco e estudantes de ramas sanitarias. Mediante unha enquisa dirixida a persoal sanitario e unha breve revisión bibliográfica, coñecer os aspectos máis relevantes da enfermidade, así como posibles estratexias de prevención. Utilizar os datos recollidos como base para a elaboración do material gráfico. Materiais e métodos: Proxecto creativo en formato cómic, dende concepción teórica (argumento/guión) ata elaboración final. Enquisa dirixida a persoal sanitario, seleccionado mediante muestreo oportunista, e repartida por distintos servizos dun hospital de segundo nivel. Resultados e conclusión: Os factores de risco de delirium que se ven con máis frecuencia no noso medio son a idade avanzada, presencia de antecedentes neuropsiquiátricos, polimedicación e enfermidades intercurrentes. Como estratexias de prevención, as máis elixidas incluíron modificacións no ámbito hospitalario e acompañamento familiar. Dada a importancia da prevención e educación sanitaria nesta patoloxía, deséñase un material gráfico informativo coa finalidade de ilustrar e mellorar o entendemento do delirium remarcando estes aspectos.

López Mato, Pablo Cotitoría
Gonzalez Quintela, Arturo (Titoría)
López Mato, Pablo Cotitoría
Tribunal
MENDEZ ALVAREZ, ESTEFANIA MARIA SALOME (Presidente/a)
PEÑA FERNANDEZ, MAITE (Secretario/a)
Anibarro García, Luís (Vogal)
MENDEZ ALVAREZ, ESTEFANIA MARIA SALOME (Presidente/a)
PEÑA FERNANDEZ, MAITE (Secretario/a)
Anibarro García, Luís (Vogal)
Influencia do microbioma vaxinal no parto pretérmino espontáneo
Autoría
P.S.S.A.
Grao en Medicina
P.S.S.A.
Grao en Medicina
Data da defensa
20.06.2024 09:00
20.06.2024 09:00
Resumo
Introdución. O microbioma desempeña un papel vital en numerosos procesos fisiolóxicos e unha alteración no seu equilibrio produce patoloxía. A función principal do microbioma do tracto vaxinal é a de protección fronte a patóxenos. O parto prematuro é a complicación obstétrica máis frecuente e a primeira causa de morbimortalidade neonatal. O causante é descoñecido nunha alta porcentaxe dos casos, pero a infección xenital é un factor de risco coñecido. Obxectivos. O obxectivo principal é identificar aspectos relevantes, coñecidos ou descoñecidos, do papel da microbiota vaxinal no posterior desenvolvemento dun parto prematuro co fin de predicelo e previlo. Secundariamente, interesa determinar os factores que inflúen na composición da microbiota vaxinal. Material e métodos. Realizouse unha busca de literatura dos últimos 10 anos nas bases de datos PubMed, Web of Science e Cochrane o 28 de abril de 2024, seguindo os criterios de inclusión e exclusión definidos. Resultados. Un microbioma vaxinal estable, dominado por Lactobacillus crispatus, demostrou ser protector fronte ao parto prematuro. Houbo disparidade nas conclusións sobre os factores predispoñentes á prematuridade. Os resultados destacaron a inestabilidade do microbioma durante a xestación e un microbioma dominado por especies anaerobias e Lactobacillus Iners. A ascendencia africana e unha situación socioeconómica desfavorable identificáronse como factores de risco para o parto prematuro. Conclusións. O microbioma vaxinal si garda relación co momento do parto. O Lactobacillus Crispatus prevén o parto prematuro. O primeiro trimestre é o mellor momento para medir a microbiota por ser o máis informativo da prematuridade. Novos enfoques, como a medición de metabolitos, poden facilitar unha determinación máis eficaz da microbiota. Homoxeneizar os factores de risco beneficiaría a precisión dos resultados.

COUCEIRO NAVEIRA, EMILIO Cotitoría
LOPEZ RAMON Y CAJAL, CARLOS NICOLAS (Titoría)
COUCEIRO NAVEIRA, EMILIO Cotitoría
Tribunal
LEIRO VIDAL, JOSE MANUEL (Presidente/a)
PEREZ FENTES, DANIEL ADOLFO (Secretario/a)
Hermida Ameijeiras, Álvaro (Vogal)
LEIRO VIDAL, JOSE MANUEL (Presidente/a)
PEREZ FENTES, DANIEL ADOLFO (Secretario/a)
Hermida Ameijeiras, Álvaro (Vogal)
Agresións a profesionais sanitarios en España
Autoría
M.S.E.D.T.S.
Grao en Medicina
M.S.E.D.T.S.
Grao en Medicina
Data da defensa
18.07.2024 09:00
18.07.2024 09:00
Resumo
Introdución: As agresións contra profesionais sanitarios están a aumentar tanto no noso país como a nivel mundial e representan un problema importante, que afecta negativamente á integridade física e emocional destes profesionais e á calidade da atención médica que se ofrece á poboación Obxectivos: O obxectivo principal deste traballo é profundar no estudo das agresións aos profesionais sanitarios, co fin de coñecer a realidade deste problema para implementar estratexias de prevención e xestión capaces de reducir as cifras alarmantes actuais. Metodoloxía: Realizouse unha procura bibliográfica exhaustiva da literatura máis recente sobre agresións aos profesionais sanitarios en España en diferentes bases de datos científicas e revisáronse protocolos de prevención da violencia laboral así como os estudos, guías e informes máis recentes con relación ao tema de estudo. Resultados e Discusión: Hai unha baixa taxa de denuncias debido á desconfianza na confidencialidade e a normalización da violencia na contorna sanitaria. A lexislación española na súa reforma do Código Penal redefiniu o delito de atentado para este tipo de condutas. Esta exposición a condutas violentas ten un impacto negativo nos profesionais, o que repercute na calidade da atención médica. Os profesionais moitas veces non saben como actuar ante situacións potencialmente violentas. As agresións son máis frecuentes en determinadas contornas e colectivos profesionais. O desenvolvemento de políticas institucionais de seguridade, prevención e apoio psicolóxico é unha necesidade primordial, así como a promoción dunha cultura de respecto e seguridade na contorna laboral. Conclusións: Identificar os factores causantes da agresión é esencial para a súa prevención e xestión. Os centros de traballo deben asegurar medidas de seguridade e prevención apropiadas. A exposición a situacións violentas ten consecuencias tanto psicolóxicas como físicas para o profesionais.es necesaria unha capacitación continua e específica aos profesionais sanitarios e a elaboración e aplicación de protocolos de actuación.

TABERNERO DUQUE, MARIA JESÚS (Titoría)
TABERNERO DUQUE, MARIA JESÚS (Titoría)
Tribunal
LAREU HUIDOBRO, MARIA VICTORIA (Presidente/a)
LIROLA DELGADO, ANTONIO GUSTAVO (Secretario/a)
RODRIGUEZ COBOS, MARIA ANGELES (Vogal)
LAREU HUIDOBRO, MARIA VICTORIA (Presidente/a)
LIROLA DELGADO, ANTONIO GUSTAVO (Secretario/a)
RODRIGUEZ COBOS, MARIA ANGELES (Vogal)
Clasificación ASA do estado físico: estudo da variabilidade interobservador
Autoría
M.M.L.
Grao en Medicina
M.M.L.
Grao en Medicina
Data da defensa
20.06.2024 09:00
20.06.2024 09:00
Resumo
A clasificación ASA é unha escala utilizada por profesionais sanitarios do todo o mundo co obxectivo de avaliar o estado físico do paciente previo a anestesia, permitíndonos mellorar a atención brindada e reducir riscos perioperatorios. Dende a súa creación no 1941, a escala sufriu diversas modificacións, constituíndose no 2020 a clasificación actual, composta de 6 categorías con definicións para cada unha delas e exemplificacións do paciente adulto, pediátrico e obstétrico. A súa sinxeleza e simplicidade constitúen as súas principais vantaxes, pero a variabilidade interobservador que presenta é a súa gran desvantaxe. O obxectivo deste estudo foi analizar a variabilidade interobservador da escala en anestesiólogos do CHUAC e CHUF. Para iso, realizouse un estudo observacional descritivo a través dunha enquisa anónima, voluntaria e non remunerada onde se invitou a participar a anestesiólogos e residentes de anestesia destes hospitais. A enquisa componse de dúas partes, en primeiro lugar unha serie de preguntas sobre o perfil do enquisado e unha segunda parte onde se propoñen 10 casos clínicos ficticios para a asignación dun estadio ASA. Tralo análise de datos, demostrouse un baixo nivel de concordancia entre avaliadores e unha media ao redor do 50% de respostas correctas, o que confirma a variabilidade da escala. Non se atoparon diferenzas estatisticamente significativas entre a variabilidade e a experiencia profesional ou a actividade en consulta de preanestesia; sendo os casos clínicos relacionados con patoloxías agudas os que se relacionaron con maior variabilidade e respostas incorrectas.

Mato Búa, Rocío Cotitoría
TABOADA MUÑIZ, MANUEL (Titoría)
Mato Búa, Rocío Cotitoría
Tribunal
LAREU HUIDOBRO, MARIA VICTORIA (Presidente/a)
López González, Francisco Javier (Secretario/a)
RODRIGUEZ COBOS, MARIA ANGELES (Vogal)
LAREU HUIDOBRO, MARIA VICTORIA (Presidente/a)
López González, Francisco Javier (Secretario/a)
RODRIGUEZ COBOS, MARIA ANGELES (Vogal)
Revisión sistemática do Drilling ovárico no tratamento da fertilidade no Síndrome do ovario poliquístico
Autoría
M.G.D.H.
Grao en Medicina
M.G.D.H.
Grao en Medicina
Data da defensa
20.06.2024 09:00
20.06.2024 09:00
Resumo
Introdución: O Síndrome do ovario poliquístico é unha endocrinopatía que afecta ao 5-10% das mulleres en idade reprodutiva. É, ademais, a causa máis frecuente de esterilidade por anovulación, presentando ao redor do 70-80% das mulleres con SOP problemas reprodutivos. Entre as opcións de tratamento da fertilidade encontramos os cambios de estilo de vida, o tratamento farmacolóxico (inductores da ovulación) e o tratamento cirúrxico (Drilling ovárico). Obxectivos: Demostrar se os resultados do Drilling ovárico son equiparables aos obtidos cos outros tratamentos dispoñibles para o tratamento da fertilidade en mulleres con SOP. Material e métodos: Revisión sistemática da literatura científica dispoñible en PubMed e Cochrane. Resultados: Os resultados en parámetros de fertilidade son, na súa maioría, equiparables. Conclusións: O Drilling ovárico é un tratamento que presenta certos inconvenientes para a súa utilización como tratamento de fertilidade nas pacientes con SOP. Non obstante, a súa eficacia é semellante á das outras técnicas, o que o fai ser un tratamento, aínda que de segunda liña, útil en certas circunstancias.

Turrado Sánchez, Elena María Cotitoría
ARIAS BALTAR, MARIA EFIGENIA (Titoría)
Turrado Sánchez, Elena María Cotitoría
Tribunal
MENDEZ ALVAREZ, ESTEFANIA MARIA SALOME (Presidente/a)
PEÑA FERNANDEZ, MAITE (Secretario/a)
Anibarro García, Luís (Vogal)
MENDEZ ALVAREZ, ESTEFANIA MARIA SALOME (Presidente/a)
PEÑA FERNANDEZ, MAITE (Secretario/a)
Anibarro García, Luís (Vogal)
Convulsións febrís: tratamento e complicacións. Revisión sistemática
Autoría
I.F.B.
Grao en Medicina
I.F.B.
Grao en Medicina
Data da defensa
20.06.2024 09:00
20.06.2024 09:00
Resumo
As convulsións febrís son a causa máis frecuente de crises epilépticas na infancia. Aparecen en contexto de febre en nenos de entre 6 meses e 5 anos e divídense en dous grupos: simples e complexas. As simples son crises xeneralizadas, de menos de 15 minutos e non ocorren máis dunha vez ao día. Non se deben a enfermidade neurolóxica previa e o risco de epilepsia é de só 1-1.5% polo que en principio non precisan de tratamento. En cambio, as complexas poden ser focais ou xeneralizadas, duran máis de 15 minutos, asociadas a alteración neurolóxica e teñen un risco de epilepsia do 4-15%. Nestas últimas haberá que buscar unha causa de fondo e o seu tratamento dependerá da causa. A pesar da alta frecuencia de convulsións febrís non existe unanimidade de opinión sobre as opcións de tratamento. Esta revisión sistemática pretende abordar as posibles intervencións terapéuticas, así como as complicacións que poden presentar estes pacientes.

Presno López, Iván Cotitoría
Leis Trabazo, María Rosaura (Titoría)
Presno López, Iván Cotitoría
Tribunal
GARCIA RIESTRA, CARLOS (Presidente/a)
Rodríguez Vázquez, Virginia María (Secretario/a)
PAZOS CASTELOS, ANTONIO JUAN (Vogal)
GARCIA RIESTRA, CARLOS (Presidente/a)
Rodríguez Vázquez, Virginia María (Secretario/a)
PAZOS CASTELOS, ANTONIO JUAN (Vogal)
Factores preditores do resultado da pleurodese con talco slurry no derrame pleural maligno. Experiencia dun centro de terceiro nivel e revisión sistemática da literatura
Autoría
M.A.G.G.
Grao en Medicina
M.A.G.G.
Grao en Medicina
Data da defensa
20.06.2024 09:00
20.06.2024 09:00
Resumo
Máis da metade dos derrames pleurais malignos (DPM) repítense ás semanas dunha toracocentese. Nestes casos, recoméndanse procedementos pleurais como a pleurodese química ou a inserción dun catéter pleural tunelizado para o seu control. O talco é o axente esclerosante máis eficaz para a realización da pleurodese. Porén, esta non se acadará se a preparación do espazo pleural non é axeitada e non se produce reexpansión pulmonar. Ata fai pouco, existía controversia na literatura sobre se a pleurodese con talco slurry era tan efectiva coma outras técnicas de pleurodese química. Diferentes estudos demostraron que supón una técnica exitosa para o control do DPM. Non obstante, as diferenzas no tanto ao éxito comparándoa con outras técnicas, como o talco poudrage, non están esclarecidas. Como obxectivo principal deste traballo, plantexámonos analizar a efectividade e seguridade do tratamento do DPM mediante pleurodese con talco slurry. Para isto, realizamos una revisión sistemática que inclúe 7 estudos publicados nos últimos dez anos. Os resultados obtidos comparáronse coa experiencia da Unidade de Técnicas Broncopleurais do Hospital Álvaro Cunqueiro.

REPRESAS REPRESAS, CRISTINA (Titoría)
Botana Rial, María Isabel Cotitoría
REPRESAS REPRESAS, CRISTINA (Titoría)
Botana Rial, María Isabel Cotitoría
Tribunal
Fernández González, Angel Luis (Presidente/a)
GARCIA CAMPOS, JUAN (Secretario/a)
RELOVA QUINTEIRO, JOSE LUIS (Vogal)
Fernández González, Angel Luis (Presidente/a)
GARCIA CAMPOS, JUAN (Secretario/a)
RELOVA QUINTEIRO, JOSE LUIS (Vogal)
Efectos da actividade física sobre a supervivencia, calidade de vida e función física en mulleres diagnosticadas de cancro de endometrio: unha revisión sistemática.
Autoría
A.C.C.
Grao en Medicina
A.C.C.
Grao en Medicina
Data da defensa
20.06.2024 09:00
20.06.2024 09:00
Resumo
Introdución: o cancro de endometrio é a neoplasia xinecolóxica máis común na actualidade. A crecente incidencia desta enfermidade, así como a súa alta taxa de supervivencia aos 5 anos, que cada vez sexan máis as superviventes de cancro de endometrio. Estas mulleres adoitan corresponder cun perfil típico que tende á obesidade e ao sedentarismo, sumado ao impacto psicolóxico e físico que supón o diagnóstico e o tratamento desta enfermidade. Obxectivos: Observando este contexto, o obxectivo desta revisión sistemática foi determinar se a implementación da actividade física en mulleres diagnosticadas de cancro de endometrio puidese ter efectos beneficiosos a nivel da calidade de vida, a saúde xeral, a función física e a supervivencia. Métodos: Realizouse unha revisión sistemática segundo as directrices PRISMA dos estudos recollidos en PubMed e Cochrane. Para iso, realizouse unha procura con data do 8 de febreiro de 2024 utilizando a seguinte ecuación: Endometrial Neoplasms [Mesh] AND Exercise [Mesh]. Resultados: Obtivéronse 116 estudos, dos cales se incluíron 12 na revisión sistemática tras aplicar os criterios de exclusión e inclusión e analizar se se axustaban á nosa pregunta PICO: un estudo de casos, 2 estudos de cohortes e 9 ensaios clínicos aleatorizados. Conclusións: A actividade física despois do diagnóstico de cancro de endometrio parece mellorar a calidade de vida, funcionalidade e supervivencia destas mulleres. Necesítanse máis estudos que investiguen que tipo de exercicio e que frecuencia e duración dos adestramentos serían os máis axeitados para poder facerlles unhas recomendacións máis firmes e concretas ás pacientes.

Castro Díaz, María Covadonga Cotitoría
ARIAS BALTAR, MARIA EFIGENIA (Titoría)
Castro Díaz, María Covadonga Cotitoría
Tribunal
BERMEJO BARRERA, ANA MARIA (Presidente/a)
LEIRA MUIÑO, ROGELIO MANUEL (Secretario/a)
LADO LADO, FRANCISCO LUIS (Vogal)
BERMEJO BARRERA, ANA MARIA (Presidente/a)
LEIRA MUIÑO, ROGELIO MANUEL (Secretario/a)
LADO LADO, FRANCISCO LUIS (Vogal)
Estudos GWAS de resposta ao antipsicotico clozapina: unha revision sistematica.
Autoría
M.E.C.O.
Grao en Medicina
M.E.C.O.
Grao en Medicina
Data da defensa
20.06.2024 09:00
20.06.2024 09:00
Resumo
A clozapina é o antipsicótico de elección para a esquizofrenia resistente ao tratamento, aínda que en ocasións é infrautilizado, en parte pola existencia de efectos secundarios pouco frecuentes pero graves, como a agranulocitosis e a miocarditis. É esperable que a variabilidade interindividual na resposta ao fármaco e os seus efectos secundarios teñan unha base xenética e ambiental. Os estudos GWAS preséntanse como unha estratexia útil para aumentar o coñecemento dos factores xenéticos implicados na variabilidade interindividual das concentracións de clozapina e para coñecer unha posible predisposición á aparición de efectos secundarios. Neste traballo realizouse unha revisión sistemática da literatura científica relevante sobre os estudos GWAS en clozapina na que se analizaron na súa totalidade 9 estudos. Nestes, identificáronse diferentes polimorfismos que poden afectar á variabilidade das concentracións como as variantes xenéticas en UGT2B10 que inflúen nos niveis plasmáticos de norclozapina ou en CYP1A1/CYP1A2 e en NFIB, ambas asociadas a unha redución das concentracións plasmáticas de clozapina. Todos os estudos que investigaron a neutropenia/agranulocitosis atoparon algunha variante xenética de relevancia en HLA-B. Tamén se acharon SNPs de risco en HLA-DQB1 e unha variante reguladora en ACKR1 (xenotipo Duffy-null) que mostrou unha maior predisposición a desenvolver neutropenia. Á súa vez, os resultados suxeriron que as variantes xenéticas en SLCO1B3 e SLCO1B1 aumentan o risco de neutropenia. Os estudos proporcionaron evidencia da existencia dunha contribución xenética na variación das concentracións de clozapina e nos seus efectos adversos. Non obstante, é necesario seguir ampliando o tamaño da mostra dos GWAS que estudan a variabilidade na resposta á clozapina, tanto en termos de eficacia como de efectos secundarios.

Costas Costas, Javier Cotitoría
Facal Molina, Fernando Cotitoría
ARROJO ROMERO, MANUEL (Titoría)
Costas Costas, Javier Cotitoría
Facal Molina, Fernando Cotitoría
Tribunal
CRUZ LANDEIRA, ANGELINES (Presidente/a)
ANTUNEZ LOPEZ, JOSE RAMON (Secretario/a)
RODRIGUEZ REQUENA, JESUS (Vogal)
CRUZ LANDEIRA, ANGELINES (Presidente/a)
ANTUNEZ LOPEZ, JOSE RAMON (Secretario/a)
RODRIGUEZ REQUENA, JESUS (Vogal)
Depresión posparto e risco de trastorno bipolar
Autoría
A.T.C.
Grao en Medicina
A.T.C.
Grao en Medicina
Data da defensa
20.06.2024 09:00
20.06.2024 09:00
Resumo
Introdución. A depresión posparto é un trastorno do estado de ánimo prevalente e potencialmente grave. Ten considerables implicacións para a funcionalidade da nai, a crianza e o crecemento do neonato. Este síndrome é un trastorno heteroxéneo dende o punto de vista clínico, no que se identificaron diversos factores de risco relacionados coa súa aparición, tanto biolóxicos como psicosociais. Documentouse un aumento de risco de desenvolvemento de trastorno bipolar en pacientes con antecedentes de síndrome depresivo no postparto. Obxectivos. O obxectivo principal é realizar unha revisión da bibliografía dispoñible que permita determinar a taxa de conversión diagnóstica a trastorno bipolar en mulleres diagnosticadas de depresión posparto. De maneira secundaria, avaliar a taxa de sintomatoloxía maníaca ou hipomaníaca en pacientes con trastornos afectivos no periodo periparto, e coñecer as características clínicas e sociodemográficas que permitan identificar un maior risco de bipolaridade nestas pacientes. Métodos. Lévase a cabo unha revisión da literatura en diferentes bases de datos científicas (PubMed, PsychoInfo, Scopus, Embase). Inclúense artigos en inglés e castelán. Resultados. Inclúense 12 artigos na revisión bibliográfica, 5 estudos lonxitudinais prospectivos e 7 estudos transversais, de acordo cos criterios de inclusión e exclusión. Os resultados obtidos suxiren unha taxa de conversión diagnóstica de entre un 4.8 e un 54%. Defínense as manifestacións atípicas como un dos elementos clínicos que apoian a diferenciación entre depresión bipolar e unipolar. Conclusións. Esta revisión bibliográfica conclue que a taxa de bipolaridade en pacientes con DPP atópase entre un 4.8 e un 54%. Algunhas das limitacións que impiden a determinación dunha cifra máis robusta son o número reducido de artigos que investigan esta frecuencia, o tamaño muestral, a falta dunha ferramenta universal de cribado da depresión bipolar e, por conseguinte, a heteroxeneidade das poblacións a estudo e dos resultados obtidos.

H558R: un polimorfismo frecuente podería modificar a eficacia e a toxicidade da flecainida no mantemento do ritmo sinusal. Un estudo de cohortes
Autoría
M.P.H.
Grao en Medicina
M.P.H.
Grao en Medicina
Data da defensa
20.06.2024 09:00
20.06.2024 09:00
Resumo
INTRODUCCIÓN: O xene SCN5A, que regula a canle de sodio cardíaco dependente de voltaxe tipo V, vese influenciado por diversos polimorfismos xenéticos, entre eles o H558R, asociado a unha prevalencia elevada de fibrilación auricular (FA) en poboacións europeas. OBXETIVOS: Investigar a prevalencia do polimorfismo H558R no xene SCN5A nunha cohorte de pacientes galegos con fibrilación auricular (FA), así como analizar a súa posible influencia na eficacia e os efectos adversos da flecainida, co fin de mellorar a comprensión dos factores xenéticos subxacentes no tratamento desta arritmia cardíaca e avanzar cara a unha terapia personalizada. MÉTODOS: Estudo de cohortes no que participaron pacientes con FA aos que se lle prescribíu flecainida e foron seguidos na nosa área sanitaria entre 2017-2021. Predefiníuse un criterio de valoración primario composto de ineficacia nos 6 primerios meses e toxicidade precoz e un criterio de valoración secundario combinado de toxicidade ou ineficacia durante o seguimento. Ademais, comparouse a prevalencia deste polimorfismo na nosa cohorte coa da poboación xeral sa. RESULTADOS: 104 pacientes cumprían os criterios e aceptaron participar: 59 (56,4%) non presentaban o polimorfismo (H558R-/-), 38 (36,5%) eran heterocigotos (H558R+/-) e 7 (6,7%) homocigotos (H558R+/+). A prevalencia deste polimorfismo foi maior na nosa mostra de FA que na poboación xeral sa (43,27 fronte a 24,37%, p<0,01). Os pacientes H558R+/- tiveron unha menor incidencia da variable principal de valoración (p=0,023), cunha redución absoluta do risco do -21,5%, que también foi significativa no análise multivariante (p=0,032). O xenotipo H558R+/- tamén se asociou a unha menor toxicidade ou ineficacia no seguimento a longo prazo (p=0,0394, cociente de riscos 0,53). CONCLUSIÓNS: O polimorfismo H558R+/- mostra unha maior prevalencia en pacientes con FA. A súa presenza é clinicamente relevante tanto en términos de eficacia como de toxicidade de flecainida para o control do ritmo.

MAZON RAMOS, MARIA DEL PILAR (Titoría)
Trincado Ave, Mauro Cotitoría
MAZON RAMOS, MARIA DEL PILAR (Titoría)
Trincado Ave, Mauro Cotitoría
Tribunal
GARCIA-CABALLERO PARADA, TOMAS M. M. (Presidente/a)
RODRIGUEZ CID, Mª JOSEFA (Secretario/a)
VICENTE ALBA, FRANCISCO JAVIER (Vogal)

Estudo observacional de dúas pautas profilácticas con fosfomicina trometamol oral na biopsia de próstata transrectal
Autoría
M.A.L.
Grao en Medicina
M.A.L.
Grao en Medicina
Data da defensa
20.06.2024 09:00
20.06.2024 09:00
Resumo
Introdución. A biopsia transrectal de próstata (BPTR) é un dos procedementos máis habituais na práctica clínica urolóxica. Ao ser un procedemento invasivo, require profilaxe antibiótica, sendo fosfomicina trometamol oral (FMT), un dos fármacos recomendados polas guías clínicas. A evidencia da presenza de dúas pautas profilácticas na atención prestada aos pacientes durante a BPTR no CHUVI, debidamente apoiada, levounos a valorar se existen diferenzas no resultado. Obxectivo. Comparáronse os pacientes sometidos a BPTR cunha dose de 3 g de FMT oral e un segundo grupo que recibiu dúas doses, unha previa e outra posterior. Estudouse a incidencia da infección urinaria (ITU-BPTR) e unha serie de variables que poderían estar asociadas á aparición da complicación. Metodoloxía. Realizouse un estudo observacional, retrospectivo, de cohortes, sobre casos consecutivos dun só centro. Estudáronse 1052 BPTR, realizados por urólogos do CHUVI, fundamentalmente durante o ano 2023. Finalmente, analizáronse dúas cohortes, unha de profilaxe cunha dose, 340 BPTR e outra de dúas doses de 670 técnicas. Obtívose a autorización do CEIm-G, código de rexistro 2023/538. Resultados. A incidencia total de ITU-BTPR foi do 6,7%, sen atopar diferenza significativa entre os réximes profilácticos. Tampouco se obtivo unha asociación significativa co resto das variables estudadas, excepto a idade. Conclusión. Concluímos que ambas pautas ofreceron unha protección similar e que a única variable que podería recomendar unha preocupación pola posible complicación infecciosa é a idade.

BLANCO PARRA, MIGUEL ANGEL (Titoría)
Castro Iglesias, Ángel Maximino Cotitoría
BLANCO PARRA, MIGUEL ANGEL (Titoría)
Castro Iglesias, Ángel Maximino Cotitoría
Tribunal
PEREZ FERNANDEZ, ROMAN (Presidente/a)
LIROLA DELGADO, ANTONIO GUSTAVO (Secretario/a)
Antela López, Antonio Rafael (Vogal)
PEREZ FERNANDEZ, ROMAN (Presidente/a)
LIROLA DELGADO, ANTONIO GUSTAVO (Secretario/a)
Antela López, Antonio Rafael (Vogal)
Utilidade das técnicas de secuenciación avanzada no diagnóstico prenatal: Revisión sistemática
Autoría
P.C.L.
Grao en Medicina
P.C.L.
Grao en Medicina
Data da defensa
20.06.2024 09:00
20.06.2024 09:00
Resumo
-Introdución: Históricamente, o diagnóstico prenatal consisitiu na detección de anomalías cromosómicas, en particular de trisomía 21, mediante o cariotipo en metafase. Mais recentemente apareceu a análise de microarrays cromosómicos. Actualmente, as probas de secuenciación de próxima xeración poder estudar un só xene, un panel de xenes seleccionados, o exoma ou todo o xenoma. -Obxetivos: O obxetivo de este traballo é avaliar, mediante una revisión sistemática da literatura a rendibilidade diagnóstica do exoma no período prenatal e cales son os fenotipos fetais máis axeitados para realizar esta técnica. -Metodoloxía: Revisión sistemática da literatura de 2020 a 2024. Mediante o uso de bases de datos electrónicas. Medline (a través do buscador PubMed) e Web os science (WOS). -Resultados: Aumento do rendemento diagnóstico en comparación coas probas xenéticas convencionais. Os fenotipos fetais con maior rendemento diagnóstico son os que presentan anomalías esqueléticas na ecografía, seguidos dos fetos con anomalías multisistémicas. -Conclusión: Gran importancia da secuenciación do exoma no diagnóstico prenatal que actualmente detecta variacións patóxenas/potencialmente patóxenas non detectadas coas probas xenéticas convencionais.

Gago Ageitos, Susana Cotitoría
Concheiro Guisán, Ana (Titoría)
Gago Ageitos, Susana Cotitoría
Tribunal
BERMEJO BARRERA, ANA MARIA (Presidente/a)
LEIRA MUIÑO, ROGELIO MANUEL (Secretario/a)
LADO LADO, FRANCISCO LUIS (Vogal)
BERMEJO BARRERA, ANA MARIA (Presidente/a)
LEIRA MUIÑO, ROGELIO MANUEL (Secretario/a)
LADO LADO, FRANCISCO LUIS (Vogal)
Consumo de cocaína e suicidio en mozos e adultos en España
Autoría
A.F.E.N.
Grao en Medicina
A.F.E.N.
Grao en Medicina
Data da defensa
05.09.2024 09:00
05.09.2024 09:00
Resumo
Introdución O suicidio débese a unha causa multifactorial. O comportamento suicida ocorre en homes e mulleres de todas as idades, razas, credos, orientacións sexuais e niveis educativos. Segundo a Organización Mundial da Saúde (OMS), calcúlase que aproximadamente 800.000 persoas se suicidan cada ano, o que equivale a unha morte cada 40 segundos. A nivel mundial, o suicidio é a segunda causa de morte violenta en persoas de entre 15 e 29 anos e a quinta causa de morte en persoas de entre 30 e 49 anos. Isto convérteo nun importante problema de saúde pública. Por outra banda, varios estudos demostraron que o consumo de alcol e/ou abuso de substancias están fortemente asociados coa ideación suicida. Sábese que as persoas con trastorno por consumo de sustancias teñen un risco de suicidio máis de 4 veces superior ao da poboación xeral despois do axuste por diferenzas sociodemográficas e comorbilidades. Obxetivos O presente estudo pretende resumir a evidencia actual sobre a relación entre o consumo de cocaína e o suicidio completo en mozos e adultos en España para ofrecer unha perspectiva actualizada sobre este tema. A través desta perspectiva actualizada, pretendemos examinar o posible impacto e relación do consumo agudo e/ou crónico de cocaína cun potencial aumento do risco de suicidio completo en mozos e adultos en España. Metodoloxía Este estudo consiste nunha revisión de alcance da literatura científica dispoñible sobre o citado problema, elaborada a través de diferentes bases de datos como PubMed e Google Scholar. Seguindo os criterios de inclusión elixíronse varios artigos orixinais, de acceso libre, con idioma de publicación en inglés ou castelán e cuxo título contén algunhas das palabras clave. A preparación deste estudo baseouse nas directrices PRISMA. Resultados Analizáronse sete artigos: os resultados indican que existe unha relación entre o consumo de cocaína e o aumento da taxa de suicidio en mozos e adultos en España, destacando catro estudos con datos significativamente relevantes que subliñan esta vinculación. Conclusión O risco de suicidio é maior nos consumidores de cocaína, demostrando un aumento da taxa de suicidio entre mozos e adultos consumidores de cocaína en España.

Síndrome metabólico en pacientes tratados con paliperidona inxectable de longa duración: relación coa farmacoxenética e niveis plasmáticos
Autoría
C.V.M.
Grao en Medicina
C.V.M.
Grao en Medicina
Data da defensa
20.06.2024 09:00
20.06.2024 09:00
Resumo
A paliperidona é un antipsicótico atípico e metabolito activo principal da risperidona, con indicación terapéutica para a esquizofrenia e o trastorno esquizoafectivo en adultos e a esquizofrenia en adolescentes a partir dos 15 anos. O palmitato de paliperidona (PP) é unha formulación inxectable de longa duración (ILD) especialmente útil para mellorar a adherencia ao tratamento. Na actualidade dispoñemos dunha presentación mensual, unha trimestral e, recentemente introduciuse unha semestral. Certos antipsicóticos, entre os cales se atopa este fármaco, foron asociados a cambios metabólicos adversos como aumento de peso, resistencia á insulina e dislipidemia. Estas son condicións que aumentan o risco de síndrome metabólico (SM), unha combinación de trastornos médicos que aumentan a probabilidade de enfermidades cardiovasculares, diabetes mellitus tipo 2 e accidente cerebrovascular.

VIDAL MILLARES, MARIA (Titoría)
Mondelo García, Cristina Cotitoría
VIDAL MILLARES, MARIA (Titoría)
Mondelo García, Cristina Cotitoría
Tribunal
MERA VARELA, ANTONIO JOSE (Presidente/a)
CAICEDO VALDES, DIEGO JESUS (Secretario/a)
SAAVEDRA NIEVES, PAULA (Vogal)
MERA VARELA, ANTONIO JOSE (Presidente/a)
CAICEDO VALDES, DIEGO JESUS (Secretario/a)
SAAVEDRA NIEVES, PAULA (Vogal)
Bronquiectasias non asociadas a fibrose quística
Autoría
I.D.C.P.
Grao en Medicina
I.D.C.P.
Grao en Medicina
Data da defensa
18.07.2024 09:00
18.07.2024 09:00
Resumo
As bronquiectasias defínense como unha dilatación anormal e persistente dos bronquios periféricos causada por unha inflamación e infección crónicas das vías respiratorias, que dan lugar a síntomas característicos como a tose húmida crónica persistente ou recorrente e infeccións respiratorias de repetición. A causa máis frecuente de bronquiectasias en nenos é a fibrose quística. Non obstante, nas últimas décadas observouse un aumento na prevalencia de bronquiectasias non relacionadas coa fibrose quística en nenos, a pesar de ser unha patoloxía pouco frecuente e infradiagnosticada, en parte debido á ausencia de sospeita. Realizáronse varios estudos que reflicten a importancia de identificar de maneira precoz esta patoloxía, profundar na súa etioloxía e instaurar un tratamento adecuado para previr o progreso da enfermidade ou incluso reverter os cambios causados pola infección ou inflamación subxacente na maioría dos casos, diminuíndo así a alta morbilidade asociada. O obxectivo deste traballo é realizar unha revisión bibliográfica da literatura científica máis recente acerca desta patoloxía e describir, mediante un estudo retrospectivo, as características clínicas, epidemiolóxicas, diagnósticas, terapéuticas e prognósticas dos pacientes pediátricos con bronquiectasias non asociadas á fibrose quística a seguimento na consulta de Neumoloxía Pediátrica do Hospital Materno Infantil de A Coruña entre os anos 2013-2023.

González Torres, Ana Lucía Cotitoría
Moreno Álvarez, Ana (Titoría)
González Torres, Ana Lucía Cotitoría
Tribunal
GONZALEZ GARCIA, FRANCISCO (Presidente/a)
MERA VARELA, ANTONIO JOSE (Secretario/a)
GINARTE VAL, MANUEL JAVIER (Vogal)
GONZALEZ GARCIA, FRANCISCO (Presidente/a)
MERA VARELA, ANTONIO JOSE (Secretario/a)
GINARTE VAL, MANUEL JAVIER (Vogal)
Insuficiencia cardiaca con fracción de exección supranormal. Revisión sistemática bibliográfica
Autoría
J.C.C.
Grao en Medicina
J.C.C.
Grao en Medicina
Data da defensa
20.06.2024 09:00
20.06.2024 09:00
Resumo
Introdución: a insuficiencia cardíaca (IC) con fracción de exección (FEVI) supranormal mayor o igual de 65 por cento é unha entidade descrita recentemente, cuxas características clínicas e pronóstico parecen diferir doutros fenotipos de pacientes con IC con FEVI preservada ou reducida. Obxectivos: prantéxase a realización dunha revisión bibliográfica sistemática sobre o tema co obxectivo de caracterizar o perfil clínico e describir a etioloxía patolóxica e o pronóstico dos pacientes con IC e FEVI supranormal (IC-FEsn). Por último, prantexámonos comparar os aspectos anteriores cos pacientes con IC-FEp que amosan unha FEVI entre o 50 e o 64 por cento. Material e métodos : seleccionáronse os artigos indexados en Pubmed que describen series de casos que inclúen pacientes adultos con FEVIsn xa sexa en IC aguda, sans ou con ECV non grave dende 2020 ata agosto de 2023. Excluímos da revisión as series de casos publicadas antes de 2020 ou que non inclúan unha caracterización específica da FEVIsn. As variables clínicas máis relevantes do presente estudo analizáronse mediante unha agregación simple dos datos dos traballos analizados. Os resultados preséntanse en forma de Táboas e Figuras. Reresultados: a busqueda bibliográfica comprendeu 4 artigos que incluíron pacientes con FEVIsn. Dous deles incluíron pacientes con IC aguda e FEVIsn, outro estudo incluíu pacientes con enfermidade cardiovascular (ECV) non grave e o último deles, adultos sans da poboación xeral. As dúas series de casos de IC aguda incluíron 17.701 pacientes, dos cales 2.098 (11,9 por cento) presentaban unha FEVIsn. Neste grupo, o 65 por cento eran mulleres e a media de idade era de 83 anos. O factor de risco cardiovascular máis prevalente foi a hipertensión arterial (HTA) (76 por cento). Ata o 88 por cento das mortes foron de causa cardiovascular, sendo máis frecuente nas mulleres. Unha serie de casos incluíu 210 pacientes con ECV non grave, entre os cales 38 (18,1 por cento) presentaban FEVIsn. Neste traballo, a idade media dos pacientes con FEVIsn foi de 55 anos, sen diferenzas en canto a xénero. Novamente, a HTA era o factor de risco CV máis prevalente (65 por cento). Os pacientes con FEVIsn presentaron un maior risco de eventos cardiovasculares adversos maiores (MACE) e unha reserva de fluxo coronario máis baixa en comparación con adultos cunha FEVI en rangos máis baixos. O último dos estudos analizados incluíu 6.990 adultos sans cunha FEVI maior ou igual de 57 por cento. Nesta cohorte, a idade media foi de 55 anos e o 55,5 por cento foron mulleres. Os individuos cunha FEVI máis alta presentaron unha maior probabilidade de MACE, especialmente cando o seu índice sistólico do ventrículo esquerdo estaba reducido. Conclusións: esta revisión sistemática suxire que os pacientes con IC e FEVI maior ou igual de 65 por cento constitúen unha poboación específica, cun perfil clínico distinto e un peor pronóstico que os pacientes con IC e FEVI preservada (50-64 por cento). Estes resultados apoian a consideración da IC con FEVIsn como unha entidade clínica diferenciada.

Barge Caballero, Eduardo (Titoría)
Barge Caballero, Eduardo (Titoría)
Tribunal
BERMEJO BARRERA, ANA MARIA (Presidente/a)
LEIRA MUIÑO, ROGELIO MANUEL (Secretario/a)
LADO LADO, FRANCISCO LUIS (Vogal)
BERMEJO BARRERA, ANA MARIA (Presidente/a)
LEIRA MUIÑO, ROGELIO MANUEL (Secretario/a)
LADO LADO, FRANCISCO LUIS (Vogal)
Calidade de vida relacionada coa saúde bucal durante o tratamento con aparellos de ortodoncia fixos convencionais en comparación cos aparellos de ortodoncia fixos de autoligado: unha revisión sistemática e metaanálise.
Autoría
N.R.I.
Grao en Odontoloxía
N.R.I.
Grao en Odontoloxía
Data da defensa
21.06.2024 09:30
21.06.2024 09:30
Resumo
Antecedentes/obxectivos Esta revisión sistemática e metaanálise tivo como obxectivo avaliar a calidade de vida relacionada coa saúde oral e a dor dos pacientes tratados con aparellos de ortodoncia fixos e avaliar as potenciais diferenzas entre Brackets convencionais e de autoligado. Métodos Seguindo a metodoloxía PRISMA levouse a cabo unha busca sistemática electrónica ata decembro de 2023 nas bases de datos PubMed, WOS e Embase. O risco de nesgo dos estudos de cohorte avaliouse coa escala Newcastle-Ottawa e a calidade da evidencia dos ensaios clínicos aleatorizados (ECA) co sistema GRADE. Ademais, realizáronse metaanálises para as puntuacións totais de OHIP ao mes de comezar o tratamento e para catro das súas subcategorías (dor, limitación funcional, malestar psicolóxico e incapacidade física). Resultados Incluíronse 7 estudos (4 ECA, 2 estudos de cohorte prospectivos e 1 estudo de cohorte retrospectivo). As metaanálises revelaron que se mostra un OHIP menor nos pacientes de autoligado, pero non é estadisticamente significativo. O mesmo sucede coas subcategorías analizadas. Discusión A principal diferenza entre os dous tipos de Brackets é a forma de suxeitar o arco ao propio aparello. Os Brackets de autoligado fano cunha tapa ou click de peche que xera menos fricción entre o bracket e o arame, o que se podería relacionar con menor dor para o paciente ao producir menos compresión sobre o ligamento periodontal. Conclusións Os pacientes tratados con Brackets de autoligado presentaron maiores niveis de OHRQoL e menor dor que os tratados con Brackets convencionais. Os niveis de ambos grupos fóronse igualando conforme se ía sucedendo o tratamento.

Relacións xeométricas entre o ángulo ANB de C Steiner, o Wits Appraisal de Jacobson e os planos de referencia horizontais (Frankfurt, Posición Natural da Cabeza e POF)
Autoría
A.R.A.
Grao en Odontoloxía
A.R.A.
Grao en Odontoloxía
Data da defensa
21.06.2024 09:30
21.06.2024 09:30
Resumo
Introdución: A análise cefalométrica é unha ferramenta imprescindible na ortodoncia moderna. O estudo dos diferentes puntos cefalométricos permite obter información con carácter diagnóstico, evolutivo e preventivo. Na práctica diaria nestes estudos compáranse o Wits Appraisal de Jacobson co ángulo ANB para coñecer as discrepancias maxilo-mandibulares. Recoñecendo que a variación na inclinación do plano oclusal funcional (POF) induce cambios nos valores do Wits. Obxectivos: Establecer a relación entre o ángulo do POF e o Wits Appraisal. Analizar a correlación do Wits co ángulo ANB, medir o SNA e o SNB e coñecer a posición dos incisivos. Material e métodos: Estudo descritivo-analítico dunha mostra aleatoria de 32 telerradiografías estudadas co análise cefalométrico de Steiner coa axuda do programa Nemoceph. Xerouse unha ecuación trigonométrica que correlaciona o POF e o Wits asumindo un triángulo rectángulo. Resultados: Segundo o coeficiente de Pearson entre o ángulo do plano oclusal e o Wits existe unha relación lixeira-moderada. A fórmula que describe a relación lineal entre ambos é Wits = 33,18 x cos (ángulo plano oclusal) - 28,263. Cun sistema de regresión lineal determínase que a fiabilidade dos datos é baixa. Co mesmo coeficiente determínase que a relación entre o ANB e o Wits é moderada-alta (0,563). Polos ángulos SNA e o SNB se coñece que as bases óseas atópanse en birretrusión, protrusión maxilar ou retrusión mandibular. Os ángulos II e IS mostran na maioría dos casos os incisivos inferiores protruidos, os superiores retruidos ou protruidos e nunha minoría atópanse ambos linguoversionados. Aínda que non afectou ao ángulo interincisivo no 40,62% dos casos, a maioría presentan valores asociados á protrusión (43,76%). Conclusións: A medida que o Wits aumenta, o ángulo do plano oclusal diminúe. É necesaria máis investigación para coñecer unha relación concreta. Se reafirma a necesidade de comparar o Wits co ANB e as maloclusións presentan caracteres típicos das subdivisións da clase 2.

Suárez Quintanilla, David (Titoría)
Suárez Quintanilla, David (Titoría)
Tribunal
Fernández Feijoo, Javier (Presidente/a)
FERNANDEZ FORMOSO, NOELIA (Secretario/a)
Batalla Vázquez, María Pilar (Vogal)
Fernández Feijoo, Javier (Presidente/a)
FERNANDEZ FORMOSO, NOELIA (Secretario/a)
Batalla Vázquez, María Pilar (Vogal)
Eficacia dos clips OTS (over-the-scope) fronte á hemostase endoscópica convencional como tratamento de primeira elección en pacientes con hemorraxia dixestiva alta aguda non varicosa: revisión sistemática e metaanálise.
Autoría
F.C.M.
Grao en Medicina
F.C.M.
Grao en Medicina
Data da defensa
20.06.2024 09:00
20.06.2024 09:00
Resumo
Obxectivo: Avaliar a eficacia do sistema de clip Over-The-Scope (OTS) fronte ao tratamento endoscópico convencional como tratamento de primeira liña na hemorraxia dixestiva alta non varicosa, en termos de porcentaxe de éxito de cese de sangrado. Deseño: Realizouse unha revisión sistemática da literatura científica dispoñible e unha metaanálise dos estudos randomizados obtidos nas distintas bases de datos, utilizando o modelo de efectos fixos e aleatorios co software estatístico (Stata 16.1). Ademais, calculáronse as medidas de efecto e o intervalo de confianza ao 95%. Resultados: Un total de 4 estudos incluíronse na análise final. Existe unha tendencia, aínda que sen alcanzar significación estatística, a un menor risco de sangrado persistente co emprego dos OTSC, cunha razón de risco (RR) de 0.37 (intervalo de confianza do 95% [IC]: 0.13-1.02). Por outra banda, o emprego de OTSC estivo asociado cun risco significativamente menor de re-sangrado aos 7 e 30 días en comparación coa terapia estándar, cunha RR de 0.30 (IC do 95%: 0.16-0.59) e 0.42 (IC do 95%: 0.24-0.72), respectivamente. Non houbo diferenza significativa no risco de mortalidade aos 30 días nin na duración da hospitalización. Conclusións: O uso de OTSC pode reducir as taxas de re-sangrado despois da hemostase endoscópica. Non obstante, é posible que non reduzan o risco de sangrado persistente ou mortalidade. Requírese a realización de novos estudos que axuden a confirmar ou descartar a maior eficacia dos OTSC sobre a terapia endoscópica convencional no cese de sangrado en pacientes con HDA aguda non varicosa, así como estudos que avalíen a súa relación custo/beneficio.

Caracterización do proteoma plasmático na enfermidade de Fabry
Autoría
C.S.A.R.
Grao en Medicina
C.S.A.R.
Grao en Medicina
Data da defensa
20.06.2024 09:00
20.06.2024 09:00
Resumo
Introdución: A enfermidade de Fabry (FD) é unha enfermidade de almacenamento lisosomal, que resulta dun erro innato do catabolismo dos glicoesfingolípidos. É unha enfermidade rara, con herdanza ligada a X, debido a mutacións no xene GLA que codifica o encima alfa- galactosidase A (alfa-Gal A). Estas mutaciones conducen a ausencia o diminución da actividades desde encima, o que será a acumulación progresiva de globotriaosilceramida (GL3) e outros glicoesfingolípidos nos lisosomas, sobre todo las células do sistema endotelial, neuronal, cardíaco, renal y tegumentario. O diagnóstico precoz da DF e o seguimiento clínico por parte del equipo multidisciplinar son fundamentos. Polo tanto, é necesario atopar biomarcadores fiables para o diagnóstico e seguimento da enfermidade, que é o obxectivo principal deste estudo. Material e método: Realizouse un estudo transversal en 50 pacientes con DF e 50 controis sans para a análise do proteoma. Recolléronse datos sobre variables demográficas (xénero, idade, idade no diagnóstico e duración da enfermidade) de cada paciente con FD, así como información pertinente de cada suxeito control sans, incluíndo idade, sexo, niveis de liso-GL3 e actividade enzimática de alfa-Gal A. En total, estudáronse 50 pacientes con DF e 50 controis sans, que foron emparejados mediante o uso da análise DDA e SWATH-MS para garantir a comparabilidade entre grupos. Este estudo foi deseñado para afondar na comprensión da enfermidade de Fabry (FD), examinando non só os aspectos demográficos dos pacientes afectados, senón tamén comparándoos con individuos sans sobre variables bioquímicas clave. O uso de tecnoloxías avanzadas como DDA e SWATH-MS permitiu unha análise detallada e precisa das proteínas e metabolitos implicados, proporcionando así unha visión máis clara das diferenzas bioquímicas fundamentais entre pacientes e controis. Este enfoque meticuloso axuda a desvelar os mecanismos subxacentes da DF e podería abrir novas vías para o desenvolvemento de estratexias terapéuticas máis eficaces. Resultados: As máis de 30 proteínas que se expresaron diferencialmente entre os dous grupos incluían proteínas implicadas en procesos como a inflamación, o metabolismo do hemo e da hemoglobina, o estrés oxidativo, a coagulación, a cascada do complemento, o metabolismo da glicosa e a formación de lípidos e glicocálix. A estratificación por sexo revelou que certas proteínas se expresaban de forma diferencial de forma dependente do sexo. A apolipoproteína A-IV aumentou en pacientes con DF con complicacións, especialmente en aqueles con enfermidade renal crónica, e identificáronse a apolipoproteína C-III e a fetuína-A como posibles marcadores de DF con hipertrofia ventricular esquerda. Todas estas proteínas tiñan unha maior capacidade para identificar a presenza de complicacións en pacientes con DF que a liso-GL3, destacando a apolipo-proteína A-IV por ser máis sensible e eficaz para diferenciar a presenza e ausencia de enfermidade renal crónica nos pacientes. con FD que con marcadores renales como a creatinina, a taxa de filtración glomerular e a microalbuminuria. Conclusións: O traballo actual identificou unha serie de proteínas que poderían servir como biomarcadores potenciais para axudar a mellorar a nosa comprensión dos procesos fisiopatolóxicos subxacentes ás manifestacións clínicas heteroxéneas asociadas á DF.

Ortolano -, Saida Cotitoría
Hermida Ameijeiras, Álvaro (Titoría)
Ortolano -, Saida Cotitoría
Tribunal
PEREZ FERNANDEZ, ROMAN (Presidente/a)
LIROLA DELGADO, ANTONIO GUSTAVO (Secretario/a)
Antela López, Antonio Rafael (Vogal)
PEREZ FERNANDEZ, ROMAN (Presidente/a)
LIROLA DELGADO, ANTONIO GUSTAVO (Secretario/a)
Antela López, Antonio Rafael (Vogal)
Análise do papel do nivel socioeconómico dos pacientes galegos atendidos en atención primaria, como factor relacionado coa prevalencia e o control dos factores de risco cardiovascular. Estudo IBERICAN.
Autoría
M.S.B.
Grao en Medicina
M.S.B.
Grao en Medicina
Data da defensa
20.06.2024 09:00
20.06.2024 09:00
Resumo
Obxectivo: Analizar a asociación do nivel socioeconómico xunto a outros FRCV e a ECV na comunidade autónoma de Galicia no contexto do estudo IBERICAN. Material e métodos: As mostras para o noso traballo obtivéronse do estudo IBERICAN, o cal, é un estudo epidemiolóxico, multicéntrico e observacional que inclúe un total de 8.066 pacientes con idades comprendidas entre os 18 e 65 anos, atendidos nas consultas de atención primaria en España e seguidos de forma anual durante un período mínimo de 10 anos. O obxectivo principal é analizar a prevalencia, incidencia e distribución xeográfica dos FRCV e/ou ECV na poboación española adulta atendida no SNS. Resultados: Nunha mostra de 608 pacientes, destes, 283 presentaban unha renda inferior a 18.000 €/ano. Observouse unha asociación do baixo nivel de renda con ser muller (55,1% vs 50,8% p =0,283), vivir no rural (38,2% vs 18,2% p =0,001), non ter estudos (18% vs 3,4% p=0,001) ou ter un nivel de estudos primarios (71% vs 59,4% p =0,001) e encontrarse en paro (7,5% vs 3,4% p=0,001) ou xubilado (54,3% vs 31,1 % p=0,001). Os FRCV por orde de maior a menor prevalencia en pacientes con menor nivel de ingresos son o sedentarismo (1,87 [1,69-2,07]), o tabaquismo (1,38 [1,22-1,57]), a DM (1,22 [1,08-1,38]), dislipemia (1,08 [0,97-1,20]), e a HTA (1,06 [0,95-1,19]). Pola contra, asócianse cun maior nivel de renda o feito de ser varón (0,71 [0,65-0,78]), e estar activo a nivel laboral (0,34 [0,30-0,38]). Conclusións: Os pacientes cun nivel de renda inferior a 18.000€/ano, presentan unha maior prevalencia de FRCV como o sedentarismo, tabaquismo e DM. Asemade un nivel de renda baixo asóciase socialmente con mulleres, hábitat rural e un nivel de estudos menor.

PORTELA ROMERO, MANUEL (Titoría)
Cinza Sanjurjo, Sergio Cotitoría
PORTELA ROMERO, MANUEL (Titoría)
Cinza Sanjurjo, Sergio Cotitoría
Tribunal
PAREDES COTORE, JESUS PEDRO (Presidente/a)
URISARRI RUIZ DE CORTAZAR, ADELA (Secretario/a)
PARGA MARTIN, JUAN ANDRES (Vogal)

Estudo da oblicuidade da pelve como factor prognóstico na enfermidade de Legg Calvé Perthes
Autoría
E.L.F.
Grao en Medicina
E.L.F.
Grao en Medicina
Data da defensa
20.06.2024 09:00
20.06.2024 09:00
Resumo
Introdución: A enfermidade de Legg-Calvé-Perthes (LCP) é un trastorno da cadeira en idade pediátrica, causado por unha isquemia da epífise femoral, provocando en ocasión deformidades da cabeza femoral. Ademais das deformidades da cabeza femoral descritas na literatura, apreciamos diferencias na retroversión acetabular e na oblicuidade da pelve, entre a cadeira sa e a afecta. Material e métodos: Realizase un estudo retrospectivo observacional de pacientes enfermos coa enfermidade de LCP, estúdanse catro parámetros pélvicos, ángulo ilioisquial, índice obturador, ángulo de Sharp e relación profundidade anchura acetabular, analizando se hai diferencias nos seus valores entre a cadeira sa e a afecta e se os parámetros poden ter un valor prognóstico no resultado final da enfermidade. Resultados: Obtivéronse diferencias estatisticamente significativas no ángulo ilioisquial, índice obturador, e relación profundidade anchura acetabular (ADR), entre a cadeira sa e a afecta. Mais no que respecta ao valor prognóstico da enfermidade, soamente o Relación Profundidade Anchura Acetabular mostrou ter valor preditivo do resultado final da enfermidade. Conclusións: O presente estudo mostrou que os parámetros pélvicos estudados difiren entre a cadeira sa e a enferma na enfermidade de LCP, pero só o ADR parece ter transcendencia sobre a evolución da enfermidade. Consideramos que son necesarios máis estudos e con maior tamaño da mostra, pero consideramos que os estudos sobre a oblicuidade da pelve poden abrir unha nova liña de investigación na enfermidade de LCP.

PINO MINGUEZ, JESUS (Titoría)
Castro Torre, Miguel Cotitoría
PINO MINGUEZ, JESUS (Titoría)
Castro Torre, Miguel Cotitoría
Tribunal
VIDAL PAN, Mª DEL CARMEN (Presidente/a)
de la Iglesia Martínez, Fernando Antonio (Secretario/a)
CAMESELLE TEIJEIRO, JOSE MANUEL (Vogal)
VIDAL PAN, Mª DEL CARMEN (Presidente/a)
de la Iglesia Martínez, Fernando Antonio (Secretario/a)
CAMESELLE TEIJEIRO, JOSE MANUEL (Vogal)
Tratamento actual do pé plano infantil.
Autoría
B.G.J.
Grao en Medicina
B.G.J.
Grao en Medicina
Data da defensa
20.06.2024 09:00
20.06.2024 09:00
Resumo
RESUMO Introdución: Os pés planos dos nenos defínense como a perda do arco lonxitudinal interno do pé. É un dos motivos de consulta máis frecuentes nas consultas de ortopedia pediátrica e un gran motivo de preocupación entre os pais. A prevalencia diminúe coa idade e a maioría dos pacientes son asintomáticos. É unha patoloxía de orixe multifactorial e na maioría dos nenos a actitude é expectante, á espera de que se resolva de forma espontánea. Xustificación e obxectivos: Os pés planos da infancia son unha patoloxía prevalente, sendo motivo de importante preocupación nos pais dos nenos que a presentan. O tratamento deste é actualmente motivo de controversia. Polo tanto, o obxectivo principal do presente traballo é realizar unha revisión sistemática da evidencia actual sobre o tipo de tratamento máis axeitado segundo o tipo de pé plano segundo a súa etioloxía. Realizar unha ruta clínica que sirva aos profesionais encargados de tratar esta patoloxía e averiguar en qué casos se obtén un maior beneficio con este tratamento. Material e métodos: Trátase dunha revisión sistemática realizada a través da base de datos PubMed, filtrando artigos publicados nos últimos 15 anos en pacientes pediátricos. Excluíronse os pacientes maiores de 18 anos e idiomas distintos do español ou do inglés. Incluíronse me- taanálises, ensaios clínicos, ensaios controlados aleatorios e revisións sistemáticas. Resultados e discusión: Despois de aplicar os criterios de inclusión e exclusión, selec- cionáronse 11 artigos para realizar este traballo. A maioría dos autores describen os pés planos flexibles como fisiolóxicos, con capacidade de resolución ao longo dos anos. A maioría dos casos son pacientes asintomáticos sen limitacións funcionais na súa vida diaria, polo que reco- mendan non tratar e esperar a que se resolva de forma espontánea. No caso de que os pés planos sexan patolóxicos, os estudos consideran conveniente individualizar o tratamento segundo o paciente, xa que algúns poderían beneficiarse do uso de orteses prefabricadas, plantillas, exer- cicios, adestramentos e outras técnicas mencionadas, pero non hai suficiente investigación que apoia un consenso internacional. Conclusións: A prevalencia do pé plano flexible pediátrico diminúe a medida que os nenos medren. En idade escolar hai que agardar a que isto se resolva de forma espontánea, ademais de tranquilizar aos pais e informarlles de que non tratar esta patoloxía non provocará ningunha malformación biomecánica do pé nin outras alteracións funcionais. Nos pés planos patolóxicos, o tratamento debe ser individualizado e non hai probas suficientes para apoiar o uso de orteses para os pés.

GOMEZ LADO, MARIA DEL CARMEN Cotitoría
PINO MINGUEZ, JESUS (Titoría)
GOMEZ LADO, MARIA DEL CARMEN Cotitoría
Tribunal
MENDEZ ALVAREZ, ESTEFANIA MARIA SALOME (Presidente/a)
PEÑA FERNANDEZ, MAITE (Secretario/a)
Anibarro García, Luís (Vogal)
MENDEZ ALVAREZ, ESTEFANIA MARIA SALOME (Presidente/a)
PEÑA FERNANDEZ, MAITE (Secretario/a)
Anibarro García, Luís (Vogal)
Efecto do tratamento con cristaloides balanceados versus solución salina normal sobre a mortalidade de pacientes críticos con e sen traumatismo cranio-encefálico: unha revisión sistemática e meta-análise de ensaios clínicos.
Autoría
P.L.R.
Grao en Medicina
P.L.R.
Grao en Medicina
Data da defensa
20.06.2024 09:00
20.06.2024 09:00
Resumo
Introducción: A fluidoterapia con cristaloides balanceados xurdiu como unha estratexia terapéutica prometedora en pacientes críticos, mostrando potencial para reducir a mortalidade en comparación coa solución salina. Con todo, a evidencia sobre esta tendencia favorable non é concluínte en todos os subgrupos de pacientes, incluíndo aqueles con ou sen TCE, así como na poboación xeral. É crucial realizar máis investigacións para confirmar e entender mellor como esta forma de tratamento afecta a mortalidade dos pacientes críticos. Obxectivos: Este estudo ten como obxectivo principal comparar o efecto dos cristaloides balanceados versus solución salina normal na mortalidade de pacientes adultos baixo coidados críticos, tanto a nivel global como en subgrupos de pacientes con e sen TCE. Ademais, exploraranse outros parámetros clínicos secundarios, como a duración da estancia hospitalaria e na UCI, efectos adversos renais, días libres de UCI, ventilación mecánica ou vasopresores, e a mortalidade en pacientes con sepsis. Métodos: Realizouse unha revisión sistemática e metaanálisis de ensaios clínicos aleatorizados seguindo o método PRISMA, para o cal se implementou un protocolo publicado en OSF e manexáronse os Meta-Essentials Workbooks en Microsoft Excel, xunto co software RevMan. Utilizando como base de datos MEDLINE, revisións de listas bibliográficas e procuras específicas na web. Resultados: Examináronse datos de 15 ensaios clínicos que incluíron a 35207 pacientes, sen observarse heteroxeneidade entre os grupos en canto á mortalidade. Atopando diferenzas significativas nos pacientes sen TCE, onde os cristaloides balanceados mostraron unha redución da mortalidade [OR: 0.93; IC: (0.87; 0.98); p=0.01], mentres que en pacientes con TCE, a solución salina mostrou unha diminución da mortalidade [OR: 1.33; IC: (1.05; 1.69); p=0.02]. No conxunto total de pacientes, non se acharon diferenzas significativas [OR: 0.95; IC: (0.89; 1.00); p=0.05]. Identificáronse diferenzas nos días libres de ventilación mecánica e vasopresores a favor dos cristaloides balanceados, pero non nos demais parámetros estudados. Conclusións: Nos pacientes críticos, cunha alta calidade de evidencia (evidencia GRADE) o uso de cristaloides balanceados asociouse con menor mortalidade naqueles sen TCE e maior nos pacientes con TCE en comparación coa solución salina. Con todo, non se atopou unha asociación significativa no total de pacientes. Ademais, observouse un aumento nos días libres de ventilación mecánica e vasopresores con cristaloides balanceados, pero non se acharon diferenzas significativas noutros desenlaces secundarios como a duración da estancia hospitalaria ou en UCI, eventos renais adversos, días libres de UCI ou mortalidade en pacientes con sepsis.

Álvarez Escudero, Julián (Titoría)
DIZ GOMEZ, JOSE CARLOS Cotitoría
Álvarez Escudero, Julián (Titoría)
DIZ GOMEZ, JOSE CARLOS Cotitoría
Tribunal
LAREU HUIDOBRO, MARIA VICTORIA (Presidente/a)
López González, Francisco Javier (Secretario/a)
RODRIGUEZ COBOS, MARIA ANGELES (Vogal)
LAREU HUIDOBRO, MARIA VICTORIA (Presidente/a)
López González, Francisco Javier (Secretario/a)
RODRIGUEZ COBOS, MARIA ANGELES (Vogal)
Utilidade da resonancia magnética nuclear preoperatoria para predecir a aparición de Pontes fisarios na enfermidade de Legg Calve Perthes
Autoría
A.C.L.
Grao en Medicina
A.C.L.
Grao en Medicina
Data da defensa
20.06.2024 09:00
20.06.2024 09:00
Resumo
A enfermidade de Legg Calve Perthes é un trastorno vascular que ocorre na cadeira en idade pediátrica, habitualmente por debaixo dos 10 anos e produce necrose da epífisis femoral proximal. Tras a necrose a historia natural da enfermidade pasa por as fases de fragmentación, reosificación e secuelas. De cómo se realiza esta reosificación dependerá a viabilidade da cabeza femoral na idade adulta (clasificación de Stulberg). Existe numerosa literatura acerca da etioloxía, patoxénese, evolución e tratamento la enfermidade, pero é escasa en relación a certos factores pronósticos como pode ser a aparición de Pontes fisarios na epífisis femoral proximal
A enfermidade de Legg Calve Perthes é un trastorno vascular que ocorre na cadeira en idade pediátrica, habitualmente por debaixo dos 10 anos e produce necrose da epífisis femoral proximal. Tras a necrose a historia natural da enfermidade pasa por as fases de fragmentación, reosificación e secuelas. De cómo se realiza esta reosificación dependerá a viabilidade da cabeza femoral na idade adulta (clasificación de Stulberg). Existe numerosa literatura acerca da etioloxía, patoxénese, evolución e tratamento la enfermidade, pero é escasa en relación a certos factores pronósticos como pode ser a aparición de Pontes fisarios na epífisis femoral proximal
Dirección
PINO MINGUEZ, JESUS (Titoría)
Castro Torre, Miguel Cotitoría
PINO MINGUEZ, JESUS (Titoría)
Castro Torre, Miguel Cotitoría
Tribunal
Alvarez Villamarin, Clara (Presidente/a)
SAAVEDRA NIEVES, ALEJANDRO (Secretario/a)
FERNANDEZ PEREZ, CRISTINA (Vogal)
Alvarez Villamarin, Clara (Presidente/a)
SAAVEDRA NIEVES, ALEJANDRO (Secretario/a)
FERNANDEZ PEREZ, CRISTINA (Vogal)
Efectividade da estimulación cerebral profunda no trastorno obsesivo-compulsivo: Revisión sistemática.
Autoría
M.P.C.S.
Grao en Medicina
M.P.C.S.
Grao en Medicina
Data da defensa
20.06.2024 09:00
20.06.2024 09:00
Resumo
Al menos 10% dos pacientes con trastorno obsesivo-compulsivo (TOC) non responden os tratamentos convencionais, especialmente as formas máis severas da enfermidade. Nestes casos, a estimulación cerebral profunda (ECP) é unha opción viable para mellorar o benestar e a calidade de vida destas persoas. Mediante esta técnica estimúlanse diferentes áreas e circuítos cerebrais implicados nesta patoloxía, tales como o núcleo subtalámico ou a cápsula ventral. Neste traballo preténdese realizar unha revisión sistemática dos artigos publicados en inglés e castelán en PubMed sobre este tema.

Gascón González, Marta Cotitoría
ARROJO ROMERO, MANUEL (Titoría)
Gascón González, Marta Cotitoría
Tribunal
Alvarez Villamarin, Clara (Presidente/a)
SAAVEDRA NIEVES, ALEJANDRO (Secretario/a)
FERNANDEZ PEREZ, CRISTINA (Vogal)
Alvarez Villamarin, Clara (Presidente/a)
SAAVEDRA NIEVES, ALEJANDRO (Secretario/a)
FERNANDEZ PEREZ, CRISTINA (Vogal)
Precisión da citoloxía exfoliativa no cribado do carcinoma oral de células escamosas e dos trastornos orais potencialmente malignos: revisión sistemática e metaanálisis.
Autoría
H.T.H.
Grao en Odontoloxía
H.T.H.
Grao en Odontoloxía
Data da defensa
21.06.2024 09:30
21.06.2024 09:30
Resumo
Introdución. O cancro de cabeza e pescozo, especialmente o carcinoma oral de células escamosas (COCE), é prevalente e con altas taxas de mortalidade. Afecta globalmente a todo o planeta e principalmente a rexións de Asia e relácionase co tabaco e o alcohol, entre outros factores. A citoloxía exfoliativa preséntase como unha ferramenta prometedora para o diagnóstico precoz e a monitorización destas lesións. Obxectivos. Este estudo busca avaliar a súa eficacia, identificando instrumentos de recollida, técnicas complementarias e diferenzas nos diagnósticos do COCE e trastornos orais potencialmente malignos (TOPM). Materiais e método. Recopiláronse estudos de diversas bases de datos ata xaneiro de 2024. Seleccionáronse estudos de cohorte que avaliaron a precisión da citoloxía exfoliativa no COCE e TOPM. A calidade dos estudos avaliouse utilizando a lista de verificación QUADAS-2. Utilizouse o modelo HSROC para a metaanálise, proporcionando datos sobre sensibilidade (S), especificidade (E), odds ratio de diagnóstico (DOR), razón de probabilidade positiva (PLR) e razón de probabilidade negativa (NLR). Resultados. Seleccionáronse 52 estudos de 2461 atopados. Avaliáronse técnicas de recollida e complementarias. A calidade dos estudos mostrou como resultado 4 estudos cunha baixa calidade, 27 artigos con calidade moderada e alta en 36. A citoloxía exfoliativa demostrou unha boa precisión diagnóstica, cunha S de 0.879 (IC 95%: 0.841, 0.909), E de 0.930 (IC 95%: 0.906, 0.948), un DOR de 131.270 (IC 95%: 76.480, 225.311), o PLR de 11.941 (IC 95%: 8.976, 15.885) e o NLR de 0.101 (IC 95%: 0.067, 0.165). Discusión. Comparado con outros metaanálises, a citoloxía exfoliativa mostrou resultados similares. A combinación con estudos de ADN mellorou a sensibilidade e especificidade e a cureta dermatolóxica demostrou superioridade en precisión. Aínda que ambos tipos de citoloxía son efectivos, a de base líquida mostrou algunhas melloras. As limitacións inclúen o elevado sesgo nalgúns estudos e a heteroxeneidade. Conclusión. Suxírese o seu uso como método de cribado, posto que non substitúe a biopsia como patrón ouro. Polo tanto, estudos adicionais mellorarán e estandarizarán a citoloxía exfoliativa, aumentando as aplicacións na detección temperá e precisión diagnóstica, beneficiando así aos pacientes con patoloxía neoplásica ou en risco.

Pérez-Sayáns García, Mario (Titoría)
Lorenzo Pouso, Alejandro Ismael Cotitoría
Pérez-Sayáns García, Mario (Titoría)
Lorenzo Pouso, Alejandro Ismael Cotitoría
Tribunal
Fernández Feijoo, Javier (Presidente/a)
FERNANDEZ FORMOSO, NOELIA (Secretario/a)
Batalla Vázquez, María Pilar (Vogal)
Fernández Feijoo, Javier (Presidente/a)
FERNANDEZ FORMOSO, NOELIA (Secretario/a)
Batalla Vázquez, María Pilar (Vogal)
Papel da Intelixencia Artificial nas Técnicas de Reprodución Asistida
Autoría
P.M.R.
Grao en Medicina
P.M.R.
Grao en Medicina
Data da defensa
20.06.2024 09:00
20.06.2024 09:00
Resumo
Introdución: A infertilidade é un grave problema de saúde pública que ten un gran impacto nas parellas e na sociedade. É por iso que, durante as últimas décadas, o campo das técnicas de reprodución asistida (TRA) floreceron rapidamente para tratar de facer fronte a este problema. Nos laboratorios de fecundación in vitro (FIV) realízanse procedementos manuais de avaliación e selección de embrións, co obxectivo de seleccionar aqueles de maior calidade. Non obstante, este método tradicional de avaliación morfolóxica visual está suxeito a variabilidade entre observadores, o que resulta en taxas de éxito inferiores ás desexadas. Actualmente, están a xurdir técnicas prometedoras baseadas na intelixencia artificial que posúen ferramentas matemáticas que pretenden ser máis obxectivas, rápidas e precisas para mellorar os resultados da FIV, ademáis de reducir a carga de traballo do persoal de laboratorio. Obxectivo e método: O obxectivo principal desta revisión é coñecer as novas técnicas baseadas na intelixencia artificial e analizar a súa utilidade no campo da reprodución asistida, a través dunha revisión da literatura publicada ata o momento actual. Resultados: Realizouse unha análise de 13 estudos que cumpriron cos criterios de inclusión establecidos. Todos os estudos evidenciaron o potencial da intelixencia artificial no campo da reprodución asistida, destacándose a súa utilidade na selección embrionaria. A IA demostrou ser máis precisa e fiable que os embriólogos capacitados, coa vantaxe adicional de reducir e incluso eliminar a variabilidade entre observadores, a cal constitúe unha limitación significativa na avaliación morfolóxica tradicional. Así mesmo, resaltouse a súa efectividade na análise morfolóxica de espermatozoides e ovocitos, así como na predición da implantación e o éxito final do embarazo. Conclusións: A IA postúlase como unha ferramenta prometedora no ámbito da reprodución asistida, mellorando a precisión e eficiencia dos procedementos no laboratorio de FIV, ao mesmo tempo que diminúe a carga de traballo do persoal. Ademais, a IA podería respaldar a toma de decisións clínicas, beneficiando a pacientes e profesionais, e contribuíndo a unha mellora da calidade asistencial. Con todo, é necesario realizar máis investigacións para determinar a viabilidade da súa implementación na práctica clínica real.

Beira Salvador , Pedro Manuel Cotitoría
ARIAS BALTAR, MARIA EFIGENIA (Titoría)
Beira Salvador , Pedro Manuel Cotitoría
Tribunal
CUEVAS ALVAREZ, JUAN BAUTISTA (Presidente/a)
Rodriguez Garcia, Javier (Secretario/a)
SOBRINO NOGUEIRA, ADOLFO (Vogal)
CUEVAS ALVAREZ, JUAN BAUTISTA (Presidente/a)
Rodriguez Garcia, Javier (Secretario/a)
SOBRINO NOGUEIRA, ADOLFO (Vogal)
Febre medicamentosa por Trimetoprim- Sulfametoxazol. Protocolo exitoso de desensibilización. A propósito dun caso.
Autoría
R.C.M.
Grao en Medicina
R.C.M.
Grao en Medicina
Data da defensa
20.06.2024 09:00
20.06.2024 09:00
Resumo
A febre por fármacos é unha condición común que moitas veces se diagnostica incorrectamente. É unha resposta febril que coincide temporalmente coa administración dun fármaco e que desaparece tras a suspensión do axente agresor. Sospéitase cando non se pode dilucidar outra causa da febre. O diagnóstico precoz pode reducir as intervencións diagnósticas e terapéuticas inadecuadas e potencialmente prexudiciais e custosas. Presentamos o caso dunha muller de 40 anos con fibrose quística que presenta febre por drogas secundaria a Trimetoprim-Sulfametoxazol e que presentaba colonización por un xerme multirresistente só sensible a Septrim, para a que se realizou un protocolo de desensibilización de Trimetoprim-Sulfametoxazol cun resultado exitoso.
A febre por fármacos é unha condición común que moitas veces se diagnostica incorrectamente. É unha resposta febril que coincide temporalmente coa administración dun fármaco e que desaparece tras a suspensión do axente agresor. Sospéitase cando non se pode dilucidar outra causa da febre. O diagnóstico precoz pode reducir as intervencións diagnósticas e terapéuticas inadecuadas e potencialmente prexudiciais e custosas. Presentamos o caso dunha muller de 40 anos con fibrose quística que presenta febre por drogas secundaria a Trimetoprim-Sulfametoxazol e que presentaba colonización por un xerme multirresistente só sensible a Septrim, para a que se realizou un protocolo de desensibilización de Trimetoprim-Sulfametoxazol cun resultado exitoso.
Dirección
VIDAL PAN, Mª DEL CARMEN (Titoría)
García Paz, Vanesa Cotitoría
VIDAL PAN, Mª DEL CARMEN (Titoría)
García Paz, Vanesa Cotitoría
Tribunal
GONZALEZ GARCIA, FRANCISCO (Presidente/a)
DIAZ PEROMINGO, JOSE ANTONIO (Secretario/a)
GINARTE VAL, MANUEL JAVIER (Vogal)
GONZALEZ GARCIA, FRANCISCO (Presidente/a)
DIAZ PEROMINGO, JOSE ANTONIO (Secretario/a)
GINARTE VAL, MANUEL JAVIER (Vogal)
Anafilaxia por Vespa Velutina nigrithorax: análise da eficacia da inmunoterapia a propósito dun caso
Autoría
I.B.A.
Grao en Medicina
I.B.A.
Grao en Medicina
Data da defensa
20.06.2024 09:00
20.06.2024 09:00
Resumo
Introdución: A anafilaxia por Vespa Velutina nigrithorax emergiu como un grave problema en Europa, sobre todo en áreas do norte de España. A súa prevalencia foi aumentando desde a súa chegada ao noso continente no ano 2004. A pesar das medidas preventivas adoptadas, a inmunoterapia erguese como único tratamento médico preventivo eficaz para os cadros sistémicos pola picadura deste himenóptero. A VVN presenta reactividade cruzada con distintos himenópteros entre os que destaca a Vespula spp, motivo polo cal se utiliza o seu veneno para a VIT, con eficacia demostrada. Actualmente existe un novo tratamento de VIT frente ao veneno de Vespa Velutina, con tolerancia e eficacia aínda non publicadas. Obxectivos: Sintetizar a evidencia dispoñible sobre a anafilaxia por Vespa Velutina nigrithorax nos últimos 5 anos (2019-2024) co fin de avaliar a eficacia da inmunoterapia específica en pacientes con historia de anafilaxia por Vespa Velutina nigrithorax, valorando e obxectivando a redución da incidencia de reaccións anafilácticas severas. Material e métodos: Revisión sistemática a propósito dun caso clínico dos estudos publicados nas bases de datos de Medline e Scopus. Resultados: Só tres estudos se centran en avaliar a eficacia da inmunoterapia específica e na determinación de compoñentes inmunolóxicos tales como IgE ou IgG4 tras a súa administración, entre outros. Analizan principalmente a homes de entornos rurais, maiores de 18 anos, con antecedentes de anafilaxia. Un deles aínda non se atopa publicado nas distintas bases de datos de ámbito médico pois tratase dun estudo presentado a modo de póster no Congreso Nacional de Alergoloxía. Nos artigos restantes, nómbrase ou mesmo se chega a avaliar dunha forma menos rigorosa a administración de inmunoterapia específica. Non obstante, o obxectivo principal non é determinar os cambios analíticos nin clínicos. Así pois, un deles valora a alerxenicidade dos compoñentes nVesp v5 e nVesp v1 mentres que o outro intenta discernir que tipo de inmunoterapia pode ser a máis indicada para os pacientes alérxicos a Vespa Velutina nigrithorax (non chegando a administrarse VIT nese estudo). Conclusións: A inmunoterapia específica con veleno de Vespula spp e máis recentemente con veleno completo de Vespa Velutina, reduce a gravidade e a frecuencia das reaccións alérxicas inducidas por Vespa Velutina nigrithorax (VVN). A pesar disto, é necesaria máis investigación para avaliar os efectos a longo prazo da inmunoterapia e o seu impacto na sensibilización alérxica xeral do paciente. Ademais, requírense estudos adicionais para abordar a variabilidade na resposta clínica ao tratamento e os posibles efectos secundarios asociados coa inmunoterapia.

Liñares Mata, Tania Cotitoría
VIDAL PAN, Mª DEL CARMEN (Titoría)
Liñares Mata, Tania Cotitoría
Tribunal
ARAUJO VILAR, DAVID (Presidente/a)
SOTO VARELA, ANDRES (Secretario/a)
SUAREZ PEÑARANDA, JOSE MANUEL (Vogal)
ARAUJO VILAR, DAVID (Presidente/a)
SOTO VARELA, ANDRES (Secretario/a)
SUAREZ PEÑARANDA, JOSE MANUEL (Vogal)
Influencia da respiración oral nas enfermidades periodontais: Unha revisión bibliográfica
Autoría
N.L.S.
Grao en Odontoloxía
N.L.S.
Grao en Odontoloxía
Data da defensa
21.06.2024 09:30
21.06.2024 09:30
Resumo
As enfermidades periodontais son un conxunto de enfermidades de orixe infecciosa, bacteriana e inflamatoria, mediadas inmunoloxicamente polo hóspede que afectan aos tecidos que rodean e sosteñen os dentes, periodonto. O periodonto pode verse afectado só a nivel xinxival, presentando unha cor vermella e edema, que se define como xenxivite; esta entidade pode progresar a outros tecidos do periodonto, ligamento periodontal e tecido óseo alveolar, observando unha perda de inserción periodontal que define a periodontite. Deste xeito, a enxiva é, entre as estruturas do periodonto, a vía de entrada inicial para o desenvolvemento das enfermidades periodontais; aínda que é un tecido tamén exposto a outros factores nocivos como unha mala técnica de cepillado ou parafuncións como a respiración bucal. A respiración oral é un patrón de respiración caracterizado por inhalar e exhalar pola boca máis que polo nariz; considérase respiración anormal cando se establece de forma crónica. Pódese relacionar con diversos problemas de saúde: alerxias, sinusite, pólipos nasais, adenoides agrandados, malformacións faciais... Ademais, esta parafunción está asociada a unha redución da cantidade de saliva que provoca o secado das estruturas bucais, ao aumento de carie e de inflamación xinxival. Polo tanto, o obxetivo deste traballo de fin de grao é describir, mediante unha revisión bibliográfica, a posible influencia da respiración oral nas enfermidades periodontais, avaliando posibles futuras liñas de investigación segundo os achados atopados na literatura.

Batalla Vázquez, María Pilar (Titoría)
NOVOA GARRIDO, LOURDES Cotitoría
Batalla Vázquez, María Pilar (Titoría)
NOVOA GARRIDO, LOURDES Cotitoría
Tribunal
CASTRO PEREZ, MARIA DE LOS ANGELES (Presidente/a)
BORRAJO GARCIA, MARIA ISABEL (Secretario/a)
OUTUMURO RIAL, MERCEDES (Vogal)
CASTRO PEREZ, MARIA DE LOS ANGELES (Presidente/a)
BORRAJO GARCIA, MARIA ISABEL (Secretario/a)
OUTUMURO RIAL, MERCEDES (Vogal)
Diagnóstico precoz da esquizofrenia. Últimas evidencias.
Autoría
S.O.R.
Grao en Medicina
S.O.R.
Grao en Medicina
Data da defensa
20.06.2024 09:00
20.06.2024 09:00
Resumo
A esquizofrenia é a patoloxía mental do grupo das psicoses máis prevalente no mundo, con millóns de persoas afectadas, e o momento do seu diagnóstico é crucial para controlar a repercusión da enfermidade na vida do paciente. A busca dun diagnóstico precoz, que permita abordar e tratar ao paciente desde a fase temperá da enfermidade, podería contribuir a unha mellor resposta ao tratamento e atenuación da sintomatoloxía, resultando nunha mellora global da calidade de vida do paciente. O obxectivo deste Traballo de Fin de grado consistiu na investigación de distintas ferramentas de avaliación clínica que poidan ser útiles para establecer un diagnóstico precoz, principalmente na área dos pródromos clínicos e biomarcadores. A metodoloxía empregada para a elaboración desta revisión bibliográfica consistiu na busca, a través de bases de datos como PubMed, das últimas evidencias científicas en relación cun diagnóstico precoz da esquizofrenia así como dos pródromos clínicos e a súa avaliación. Todos estes aspectos foron revisados desde unha perspectiva multifactorial, característica desta enfermidade. As distintas ferramentas de avaliación dos pródromos, aínda que válidas e xa empregadas na actualidade, son insuficientes por si mesmas para un diagnóstico precoz definitivo. Por outro lado, os marcadores biolóxicos atópanse en liñas de investigación incipientes, pero anuncian resultados prometedores en relación coa intervención dos trastornos psicóticos. En conclusión, a falta de criterios diagnósticos suficientemente sensibles e específicos para a fase prodrómica fai manter o diagnóstico definitivo na fase sindrómica.

FONTELA VIVANCO, EVA Cotitoría
VICENTE ALBA, FRANCISCO JAVIER (Titoría)
FONTELA VIVANCO, EVA Cotitoría
Tribunal
SEÑARIS RODRIGUEZ, ROSA MARIA (Presidente/a)
CABANAS RODRIGUEZ, EDUARDO RODRIGO (Secretario/a)
MATEOS ALVAREZ, RAIMUNDO (Vogal)
SEÑARIS RODRIGUEZ, ROSA MARIA (Presidente/a)
CABANAS RODRIGUEZ, EDUARDO RODRIGO (Secretario/a)
MATEOS ALVAREZ, RAIMUNDO (Vogal)
Reaccións psoriasiformes paradóxicas a fármacos anti-TNF en enfermidades inflamatorias intestinais.
Autoría
I.C.L.
Grao en Medicina
I.C.L.
Grao en Medicina
Data da defensa
20.06.2024 09:00
20.06.2024 09:00
Resumo
A psoriase paradóxica é unha reacción adversa cutánea habitualmente descrita en relación coa prescrición de fármacos antagonistas do factor de necrose tumoral en diferentes patologías, entre elas as enfermidades inflamatorias intestinais. O carácter paradóxico destas lesións baséase na eficacia demostrada deste grupo farmacolóxico no tratamento da psoríase. Na presente revisión sistemática, observouse unha incidencia de ata un 10,7% neste tipo de doentes. Estas lesións desenvólvense cos distintos componentes de dita familia de fármacos, máis frecuentemente durante a terapia de mantemento destas patoloxías, e coa influencia de factores de risco como o tabaquismo e o sexo. A vía fisiopatolóxica máis aceptada actualmente consiste no incremento de IFN-alfa. En canto ás maifestacións clínicas, a psoríase en placas e a pustulose palmoplantar son os subtipos máis frecuentemente descritos, sendo este último o máis característico O manexo tópico, xeralmente con corticoides, adoita ser suficiente para o control das lesións, permitindo a continuación da terapia anti-TNF. Non obstante, son de importancia as novas liñas de tratamento en casos de maior gravidade, como o ustekinumab e o vedolizumab.

Carpio López, Daniel Cotitoría
Anibarro García, Luís (Titoría)
Carpio López, Daniel Cotitoría
Tribunal
BERMEJO BARRERA, ANA MARIA (Presidente/a)
LEIRA MUIÑO, ROGELIO MANUEL (Secretario/a)
LADO LADO, FRANCISCO LUIS (Vogal)
BERMEJO BARRERA, ANA MARIA (Presidente/a)
LEIRA MUIÑO, ROGELIO MANUEL (Secretario/a)
LADO LADO, FRANCISCO LUIS (Vogal)
Clínica móbil en Etiopía: Proposta dun programa.
Autoría
C.G.F.
Grao en Medicina
C.G.F.
Grao en Medicina
Data da defensa
20.06.2024 09:00
20.06.2024 09:00
Resumo
Este traballo propón un proxecto para crear unha clínica móbil sanitaria nunha aldea rural de Etiopía. Primeiro, centrarase na situación hixiénica na que vive a poboación á que se vai dirixir o traballo, ver como de maneira educativa se poden solucionar eses problemas e incluso formar ás familias ou traballadores para implementar a educación sanitaria. Tamén é importante coñecer as enfermidades máis prevalentes así como o seu diagnóstico, prevención, clínica e tratamento, xa que na súa maioría, os estudos están centrados en persoas caucásicas e son esquecidas as persoas racializadas, que en moitos casos non están representadas ao completo. Por último, é vital facer un proxecto transversal, que contemple todo o mencionado e ademais teña en conta os factores socioculturais locais, integrándose na sociedade ao completo.
Este traballo propón un proxecto para crear unha clínica móbil sanitaria nunha aldea rural de Etiopía. Primeiro, centrarase na situación hixiénica na que vive a poboación á que se vai dirixir o traballo, ver como de maneira educativa se poden solucionar eses problemas e incluso formar ás familias ou traballadores para implementar a educación sanitaria. Tamén é importante coñecer as enfermidades máis prevalentes así como o seu diagnóstico, prevención, clínica e tratamento, xa que na súa maioría, os estudos están centrados en persoas caucásicas e son esquecidas as persoas racializadas, que en moitos casos non están representadas ao completo. Por último, é vital facer un proxecto transversal, que contemple todo o mencionado e ademais teña en conta os factores socioculturais locais, integrándose na sociedade ao completo.
Dirección
Antela López, Antonio Rafael (Titoría)
Antela López, Antonio Rafael (Titoría)
Tribunal
Fernández González, Angel Luis (Presidente/a)
GARCIA CAMPOS, JUAN (Secretario/a)
RELOVA QUINTEIRO, JOSE LUIS (Vogal)
Fernández González, Angel Luis (Presidente/a)
GARCIA CAMPOS, JUAN (Secretario/a)
RELOVA QUINTEIRO, JOSE LUIS (Vogal)
Estudo sobre a base xenética dos parkinsonismos, cumpren todos criterios de enfermidade de Parkinson?
Autoría
T.G.R.
Grao en Medicina
T.G.R.
Grao en Medicina
Data da defensa
20.06.2024 09:00
20.06.2024 09:00
Resumo
Contexto: A etiopatoxenia da enfermidade de Parkinson (EP) segue a ser unha incógnita na maioría dos casos sen embargo, nun 5-10% presenta unha base monoxénica. A finais dos anos 90 identificáronse os dous primeiros xenes responsables da EP, denominados coa abreviatura PARK seguida do número ordinal correspondente. As formas PARK agrupan parkinsonismos con resposta a levodopa secundarios a unha mutación con herencia mendeliana non obstante, nos últimos anos dita clasificación foi obxecto de debate xa que non todas as formas cumpren criterios de EP. Obxectivos: A finalidade desta revisión sistemática é determinar qué formas xenéticas mendelianas cumpren criteiros diagnósticos de EP. Ademais, analizarase o papel que desenvolven os estudos xenéticos na práctica clínica habitual, cando está indicado solicitalos e se habería que incorporar as probas xenéticas dentro do protocolo de valoración precirúrxica dos pacientes candidatos a estimulación cerebral profunda. Métodos: Para o análisis das características clínicas das formas PARK realizouse unha búsqueda sistemática da literatura nas bases de datos OMIM e Medline (vía PubMed). Por outra banda, para a selección dos artigos referentes os estudos xenéticos, empregáronse as bases de datos Medline (vía PubMed) e Cochrane. Incluíronse series de casos, revisións e metaanálises. Resultados: Seleccionáronse un total de 49 artigos referentes ás formas PARK pouco frecuentes e levouse a cabo unha descrición detallada das características clínicas de cada unha das familias afectadas. No respetivo ás formas PARK frecuentes (PARK2 e PARK8) seleccionáronse 2 revisións sistemáticas e 6 series de casos. Posteriormente, analizouse, cun total de 22 artigos dos 244 iniciais, o papel que desempeñan os estudos xenéticos na práctica clínica habitual e a función da xenética en predecir a resposta á estimulación cerebral profunda. Conclusións: A maioría das formas PARK cumpren criterios de EP. Con todo, no caso de PARK9, PARK19A e PARK23 o parkinsonismo forma parte dun trastorno máis amplo. PARK2 carece do principal marcador histopatolóxico da EP, os corpos de Lewy, e o mesmo sucede nalgunhas formas de PARK8 por tanto, nestes casos tampouco deberíamos falar de EP. Dada a crecente importancia da relación xenotipo-fenotipo todo apunta a que no futuro os estudos xenéticos adquirirán unha maior relevancia na práctica clínica habitual. Os pacientes con síndrome parkinsoniano monoxénico son bos candidatos para estimulación cerebral profunda, pero son necesarios máis estudos para poder recomendar o cribado xenético como parte do protocolo de valoración precirúrxica.

Sesar Ignacio, Ángel Cotitoría
PRIETO GONZALEZ, JOSE MARIA OSCAR (Titoría)
Sesar Ignacio, Ángel Cotitoría
Tribunal
GALLEGO GOMEZ, MARIA ROSALIA (Presidente/a)
MARTINEZ ROLAN, ROSA MARIA (Secretario/a)
TABOADA MUÑIZ, MANUEL (Vogal)
GALLEGO GOMEZ, MARIA ROSALIA (Presidente/a)
MARTINEZ ROLAN, ROSA MARIA (Secretario/a)
TABOADA MUÑIZ, MANUEL (Vogal)
O maltrato infantil como factor de risco para as condutas suicidas en adolescentes e adultos. Unha revisión sistemática.
Autoría
E.F.S.
Grao en Medicina
E.F.S.
Grao en Medicina
Data da defensa
20.06.2024 09:00
20.06.2024 09:00
Resumo
Introdución: o suicidio é unha das causas de morte máis prevalecente no mundo. A OMS estima que, cada ano máis de 703.000 persoas falecen por esta causa, ao que debemos engadir as innumerables tentativas suicidas. Isto convérteo nun grave problema de saúde pública que evidencia a importancia de identificar factores de risco sobre os que desenvolver estratexias de prevención. Á súa vez, os malos tratos infantís constitúen un problema social que afecta a millóns de nenos en todo o mundo e ten consecuencias negativas a longo prazo para a saúde e o benestar das vítimas. A súa relación coas condutas suicidas foi obxecto de numerosos estudos que suxiren que este pode aumentar significativamente o risco de comportamentos suicidas. Obxectivos: estudo da relación entre os malos tratos infantís e as condutas suicidas, analizando os mecanismos que os conectan e as posibles variables que interveñen na súa aparición. Ademais, tratarase de atopar medidas preventivas e terapéuticas efectivas na redución dos efectos dos malos tratos sobre a saúde mental das vítimas. Material e métodos: revisión sistemática seguindo o modelo PRISMA a través da procura en varias bases de datos de ensaios clínicos e estudos observacionales referentes aos malos tratos infantís como factor de risco para o desenvolvemento de condutas suicidas na adolescencia e idade adulta. Finalmente, utilizouse a base de datos PUBMED e dun total de 4723 artigos atopados, incluíronse 11 no traballo tras a aplicación dos criterios de inclusión e exclusión. Resultados e discusión: obtivéronse relacións estatisticamente significativas entre os malos tratos infantís e o posterior desenvolvemento de problemas mentais e condutas suicidas, ademais de comportamentos prexudiciais para a saúde. Os malos tratos físicos son máis frecuente en homes mentres que o abuso sexual en mulleres e, como cada tipo de maltrato asóciase coa aparición de diferentes problemas de saúde, as consecuencias serán diferentes en ambos os grupos poboacionais. Unha intervención rápida e baseada na familia é fundamental para a prevención dos malos tratos e o desenvolvemento de condutas suicidas. En xeral, estes resultados coinciden en gran parte coa evidencia científica actual, aínda que existen certas variacións debido á heteroxeneidade dos resultados obtidos. Conclusións: ser fillo único, ter pais con algún trastorno mental ou un nivel socioeconómico baixo aumenta o risco de sufrir malos tratos infantís. O abuso sexual é o tipo de maltrato que máis se relaciona coas ideaciones e intentos suicidas, aínda que todas as formas aumentan estas condutas. Ademais de potenciar os comportamentos suicidas, os malos tratos asócianse coa aparición de trastornos mentais e conductuales. Por iso, é fundamental a prevención e intervención precoz para protexer aos nenos e reducir as condutas de risco, así como a investigación que permita entender mellor os mecanismos de conexión entre os malos tratos infantís e os comportamentos prexudiciais e desenvolver novas estratexias de tratamento.

Restauracións fixas dentosporotadas e liñas de terminación dental. Unha revisión bibliográfica.
Autoría
G.G.L.
Grao en Odontoloxía
G.G.L.
Grao en Odontoloxía
Data da defensa
21.06.2024 09:30
21.06.2024 09:30
Resumo
As próteses fixas dentosoportadas teñen como obxectivo recuperar a saúde, a función e a estética perdidas, protexendo o dente e os tecidos brandos que o rodean, polo que deben estar en harmonía cos dentes veciños, e as marxes permanecer estables no tempo. En xeral, os estudos demostran que as próteses fixas soportadas por dentes poden permanecer na boca en boas condicións durante moitos anos, con todo, os tecidos que rodean estas próteses adoitan sufrir modificacións co paso do tempo. Nesta revisión bibliográfica analizaremos os materiais máis empregados na rehabilitación fixa dentosoportada de coroas (metal-cerámica, circonio, disilicato de litio e cerámica feldespática) así como diferentes liñas de terminación do tallado (horizontal, vertical e BOPT), ver cómo afecta a combinación de ditos elementos e determinar os factores que poden propiciar o fracaso destes tratamentos.

BAHILLO VARELA, MARTA MARIA (Titoría)
BAHILLO VARELA, JOSE JAVIER Cotitoría
BAHILLO VARELA, MARTA MARIA (Titoría)
BAHILLO VARELA, JOSE JAVIER Cotitoría
Tribunal
Diniz Freitas, Márcio (Presidente/a)
BLANCO CARRION, ANDRES (Secretario/a)
FERNANDEZ RIVEIRO, PAULA (Vogal)
Diniz Freitas, Márcio (Presidente/a)
BLANCO CARRION, ANDRES (Secretario/a)
FERNANDEZ RIVEIRO, PAULA (Vogal)
Análise da distribución xeográfica do déficit de vitamina D a nivel mundial.
Autoría
C.L.S.
Grao en Medicina
C.L.S.
Grao en Medicina
Data da defensa
20.06.2024 09:00
20.06.2024 09:00
Resumo
Introdución: A implicación da vitamina D en numerosos procesos fisiolóxicos e a súa relación con múltiples patoloxías espertou o interese da comunidade científica. A pesar da súa importancia, a deficiencia da vitamina D é un problema acentuado a nivel global. Esta situación expón a necesidade de estudar os factores e as causas que modifican os seus niveis e promover o desenvolvemento de medidas de prevención do déficit. Obxectivos: Realizar unha análise do estado do déficit de vitamina D a nivel mundial e comparar a súa distribución xeográfica coa situación socioeconómica, a idade, a desnutrición e os niveis de radiación solar a nivel mundial. Material e métodos: Realizouse unha búsqueda da literatura científica nas bases de datos Pubmed, Medline, Web of Science e Scopus. Atopáronse un total de 61 artigos dos cales 8 cumpriron os criterios de inclusión. Resultados: A deficiencia de vitamina D é un problema global acentuado no Oriente Medio. O déficit débese a un conxunto de factores modificables e non modificables e ningún factor por si só pode derivar no déficit de vitamina D.
Introdución: A implicación da vitamina D en numerosos procesos fisiolóxicos e a súa relación con múltiples patoloxías espertou o interese da comunidade científica. A pesar da súa importancia, a deficiencia da vitamina D é un problema acentuado a nivel global. Esta situación expón a necesidade de estudar os factores e as causas que modifican os seus niveis e promover o desenvolvemento de medidas de prevención do déficit. Obxectivos: Realizar unha análise do estado do déficit de vitamina D a nivel mundial e comparar a súa distribución xeográfica coa situación socioeconómica, a idade, a desnutrición e os niveis de radiación solar a nivel mundial. Material e métodos: Realizouse unha búsqueda da literatura científica nas bases de datos Pubmed, Medline, Web of Science e Scopus. Atopáronse un total de 61 artigos dos cales 8 cumpriron os criterios de inclusión. Resultados: A deficiencia de vitamina D é un problema global acentuado no Oriente Medio. O déficit débese a un conxunto de factores modificables e non modificables e ningún factor por si só pode derivar no déficit de vitamina D.
Dirección
SUAREZ QUINTANILLA, JUAN ANTONIO (Titoría)
SUAREZ QUINTANILLA, JUAN ANTONIO (Titoría)
Tribunal
VIDAL PAN, Mª DEL CARMEN (Presidente/a)
de la Iglesia Martínez, Fernando Antonio (Secretario/a)
CAMESELLE TEIJEIRO, JOSE MANUEL (Vogal)
VIDAL PAN, Mª DEL CARMEN (Presidente/a)
de la Iglesia Martínez, Fernando Antonio (Secretario/a)
CAMESELLE TEIJEIRO, JOSE MANUEL (Vogal)
A meditación como parte do manexo da insuficiencia cardíaca. Revisión bibliográfica sistemática.
Autoría
S.V.M.
Grao en Medicina
S.V.M.
Grao en Medicina
Data da defensa
05.09.2024 09:00
05.09.2024 09:00
Resumo
Introdución: A meditación emerxeu como unha práctica complementaria no tratamento da insuficiencia cardíaca (IC), co obxectivo de mellorar tanto os síntomas psicolóxicos como físicos dos pacientes. Esta revisión sistemática sintetiza a evidencia científica actual sobre diferentes intervencións de meditación e o seu impacto na calidade de vida, a saúde cardiovascular e a saúde mental dos individuos con IC. Obxectivos: Revisar e sintetizar a evidencia das estratexias de meditación no tratamento de pacientes con IC. Analizar as diferentes intervencións de meditación e avaliar o seu impacto. Métodos: A revisión sistemática realizouse seguindo as directrices PRISMA. Incluíronse ensaios clínicos aleatorizados, controlados non aleatorizados e estudos cuasi-experimentais, publicados desde o ano 2000 ata 2024, que investigaran técnicas de meditación en pacientes con diagnóstico de IC. A busca incluíu as bases de datos PubMed, PsycInfo e Embase. De forma adicional realizouse unha busca manual de citas bibliográficas. Os descritores a investigar foron meditation, mindfulness e heart failure. Resultados: Dunha selección inicial de 83 artigos, foron finalmente elixibles 10 estudos que cumprían os criterios de inclusión e exclusión previamente definidos. Avaliouse un total de 456 pacientes. Existen diferenzas notables no deseño dos estudos, na técnica de meditación empregada e no seguimento. Identificáronse máis de 30 obxectivos a investigar. Nalgúns estudos observáronse melloras significativas en varios parámetros como calidade de vida, síntomas depresivos, estrés percibido, capacidade funcional e algúns biomarcadores nos grupos que recibiron a intervención de meditación. Conclusións: Os resultados desta revisión sistemática suxiren que a meditación podería desempeñar un papel beneficioso na xestión integral de pacientes con IC, mellorando aspectos psicolóxicos, psicosociais e físicos. Estes achados respaldan a necesidade de estudos adicionais, especialmente ensaios clínicos controlados aleatorizados con protocolos máis estandarizados, mostras de maior tamaño e períodos de seguimento máis longos, para confirmar e ampliar estes resultados preliminares.

Piñeiro Portela, Miriam Cotitoría
Barge Caballero, Eduardo (Titoría)
Piñeiro Portela, Miriam Cotitoría
Tribunal
Rodriguez Calvo, Maria Sol (Presidente/a)
LAGE FERNANDEZ, RICARDO (Secretario/a)
Ponte Hernando, Fernando Julio (Vogal)
Rodriguez Calvo, Maria Sol (Presidente/a)
LAGE FERNANDEZ, RICARDO (Secretario/a)
Ponte Hernando, Fernando Julio (Vogal)
Prevalencia da infección bronquial en pacientes asmáticos e uso de antibióticos inhalados.
Autoría
J.F.P.
Grao en Medicina
J.F.P.
Grao en Medicina
Data da defensa
20.06.2024 09:00
20.06.2024 09:00
Resumo
Introdución: A asma é unha enfermidade heteroxénea caracterizada por obstrución reversible ao fluxo aéreo, hiperrespuesta bronquial e inflamación da vía aérea. Unha porcentaxe de pacientes con asma presentan bronquiectasias (BQ) concomitantes e, por conseguinte, poden cursar con infección bronquial por microorganismos potencialmente patóxenos (MPP) que condicionan a evolución da enfermidade e o prognóstico. Os antibióticos inhalados son amplamente utilizados na infección bronquial en pacientes con fibrose quística (FQ) e BQ doutra etioloxía, pero descoñécese a eficacia e seguridade en pacientes con asma. Obxetivo: Obxetivo 1 - Realizar unha revisión das publicacións sobre infección bronquial en asma con descrición dos principais MPP. Obxetivo 2 - Analizar a proporción de pacientes con asma nos estudos realizados con antibióticos inhalados. Método: Realizouse unha busca bibliográfica en PubMed e Clinical Trials ata o 15 de febreiro de 2024 coas palabras clave descritas. Incluíronse ensaios clínicos aleatorizados (ECA) e non aleatorizados, estudos post hoc, estudos observacionais e series de casos. Dous investigadores (J.F.P e M.B.A) verificaron os criterios de inclusión/exclusión. Aplicáronse os filtros: humano, idioma inglés, italiano e español. Os resultados expresáronse en media + DE (rango) e porcentaxes. Resultados: Seleccionáronse 9 artigos para o primeiro obxectivo e 20 artigos para o segundo obxectivo. A prevalencia illamento de MPP en asma oscilou entre 19,7% e 60,7% presentando variación no FEV1 (media + DE) entre 65 + 20,3 e 84,2 + 7. Os MPP máis frecuentemente illados foron H. influenzae (15-88%), Pseudomonas spp (2,8-44,6%), Moraxella catarrhalis (2,3-65%), S. pneumoniae (7,8-35,8%), sendo esporádico o illamento de St. aureus, Klebsiella, Acinetobacter ou Actinomyces. Dos 20 artigos seleccionados sobre antibióticos inhalados tan só se especifica a inclusión de pacientes con asma en 6 estudos cun total de 45 pacientes. En ningún estudo figura a eficacia e seguridade deste subgrupo por separado. Conclusións: Hai poucos estudos que analicen a prevalencia de infección da vía aérea por MPP en pacientes asmáticos. Os principais MPP illados en pacientes con asma son H. influenzae, Moraxella catarrhalis e S. pneumoniae aínda que depende en gran medida da gravidade da asma. Na asma grave outro microorganismo implicado é Pseudomonas aeruginosa. Non existen ata o momento ensaios clínicos sobre antibióticos inhalados realizados exclusivamente en poboación asmática. A información dispoñible procede de estudos realizados en BQ e non se analizaron os resultados por separado. Existe a necesidade de xerar máis evidencia sobre a eficacia e os efectos secundarios dos antibióticos inhalados na asma debido a que non se dispón ata o momento de evidencia demostrada para a súa indicación.

González Barcala, Francisco Javier (Titoría)
Blanco Aparicio, Marina Cotitoría
González Barcala, Francisco Javier (Titoría)
Blanco Aparicio, Marina Cotitoría
Tribunal
Fernández González, Angel Luis (Presidente/a)
GARCIA CAMPOS, JUAN (Secretario/a)
RELOVA QUINTEIRO, JOSE LUIS (Vogal)
Fernández González, Angel Luis (Presidente/a)
GARCIA CAMPOS, JUAN (Secretario/a)
RELOVA QUINTEIRO, JOSE LUIS (Vogal)
Revisión bibliográfica actualizada da osteocondrite disecante do xeonllo.
Autoría
J.M.R.L.
Grao en Medicina
J.M.R.L.
Grao en Medicina
Data da defensa
20.06.2024 09:00
20.06.2024 09:00
Resumo
Introdución: A Osteocondrite disecante (OCD) do xeonllo é unha patoloxía que afecta ao óso subcondral e á cartilaxe supraxacente, a cal evoluciona cara á formación dun corpo libre articular. É unha patoloxía que afecta principalmente a persoas mozas e que ten clínica é moi variable, desde lesións asintomáticas ata bloqueos articulares. A pesar da importancia clínica, a súa etioloxía segue sendo descoñecida e segue sen existir un manexo diagnóstico-terapéutico estandarizado para abordar dita patoloxía. Obxectivos: Realizar unha revisión bibliográfica actualizada sobre a posible etioloxía da OCD e establecer un manexo diagnóstico-terapéutico en base aos achados atopados na literatura. Métodos: Realizouse unha revisión bibliográfica nas bases de datos PubMed e Cochrane en abril de 2024. Resultados: Seleccionáronse 22 artigos para a elaboración do traballo, 5 tratan da etioloxía; 5 sobre o diagnóstico e 12 abordan o tratamento da OCD do xeonllo. Conclusións: A evidencia da etioloxía, diagnóstico e tratamento da OCD do xeonllo segue sendo reducida e de baixa calidade, por iso necesítase seguir investigando esta patoloxía. A etoloxía parece ser multifactorial, desembocando en mecanismos de isquemia/fractura do óso subcondral que darán lugar ás lesións de OCD. No diagnóstico e determinación da estabilidade das lesións de OCD, a Resonancia Magnética xoga un papel fundamental. É moi importante determinar as características do paciente á hora de planificar o tratamento, que pode ir desde un tratamento conservador ata técnicas cirúrxicas de restauración da cartilaxe.

Estudo farmacocinético e farmacoxenético do palmitato de paliperidona no trastorno mental grave, implicacions no tratamento e os efectos secundarios
Autoría
V.A.E.
Grao en Medicina
V.A.E.
Grao en Medicina
Data da defensa
20.06.2024 09:00
20.06.2024 09:00
Resumo
O palmitato de paliperidona, metabolito activo da risperidona, é unha medicación utilizada en formato inxectable en pacientes con trastorno mental severo, debido á súa capacidade para manter a continuidade do tratamento, asi como a redución de recaídas e risco de hospitalización. Este ensaio busca estudar a relación entre a calidade de vida e os efectos secundarios coa concentración plasmática do palmitato de paliperidona, antipsicótico inxectable de longa duración, co fin de achegarnos a unha medicina máis personalizada. Metodoloxía: Levouse a cabo un estudo prospectivo, aberto e non controlado de 62 pacientes con trastorno mental grave a tratamento con palmitato de paliperidona. Empregáronse as escalas CGI, GASS, Q-LES-Q y PANSS para a valoración tanto dos pacientes como dos seus efectos secundarios. Resultados principais: os pacientes presentan efectos secundarios en relación ao tipo de metabolizador. A tolerancia á paliperidona e boa independientemente da concentración en plasma e a sua aplicación produce unha diminución no consumo de tóxico, urxencias e ingresos hospitalarios. En canto á satisfacción xeral esta é negativa na mayoría dos suxeitos.
O palmitato de paliperidona, metabolito activo da risperidona, é unha medicación utilizada en formato inxectable en pacientes con trastorno mental severo, debido á súa capacidade para manter a continuidade do tratamento, asi como a redución de recaídas e risco de hospitalización. Este ensaio busca estudar a relación entre a calidade de vida e os efectos secundarios coa concentración plasmática do palmitato de paliperidona, antipsicótico inxectable de longa duración, co fin de achegarnos a unha medicina máis personalizada. Metodoloxía: Levouse a cabo un estudo prospectivo, aberto e non controlado de 62 pacientes con trastorno mental grave a tratamento con palmitato de paliperidona. Empregáronse as escalas CGI, GASS, Q-LES-Q y PANSS para a valoración tanto dos pacientes como dos seus efectos secundarios. Resultados principais: os pacientes presentan efectos secundarios en relación ao tipo de metabolizador. A tolerancia á paliperidona e boa independientemente da concentración en plasma e a sua aplicación produce unha diminución no consumo de tóxico, urxencias e ingresos hospitalarios. En canto á satisfacción xeral esta é negativa na mayoría dos suxeitos.
Dirección
VIDAL MILLARES, MARIA (Titoría)
Mondelo García, Cristina Cotitoría
VIDAL MILLARES, MARIA (Titoría)
Mondelo García, Cristina Cotitoría
Tribunal
ARAUJO VILAR, DAVID (Presidente/a)
SOTO VARELA, ANDRES (Secretario/a)
SUAREZ PEÑARANDA, JOSE MANUEL (Vogal)
ARAUJO VILAR, DAVID (Presidente/a)
SOTO VARELA, ANDRES (Secretario/a)
SUAREZ PEÑARANDA, JOSE MANUEL (Vogal)
Risco de miocardite trala vacunación contra SARS-COV2. Revisión sistemática da literatura.
Autoría
E.P.B.
Grao en Medicina
E.P.B.
Grao en Medicina
Data da defensa
20.06.2024 09:00
20.06.2024 09:00
Resumo
1.1 INTRODUCIÓN O SARS-COV2 descríbese a finais do 2019 como un novo virus responsable de casos de infección respiratoria grave en Wuhan, provincia de Hubei, China. O seu gran e rápido impacto mundial levou á procura de vacinas co obxectivo de frear e reducir a súa expansión. Neste traballo analízase a posible relación entre a vacinación contra o coronavirus e a aparición de miocardite. 1.2 OBXECTIVOS 1. Avaliar o risco de aparición de miocardite trala vacinación contra SARS-COV2. 2. Describir o perfil clínico e a evolución dos pacientes que presentan esta complicación. 3. Evaluar posibles factores clínicos que incrementan o risco de miocardite trala vacinación 4. Analizar si existen diferencias entre diferentes vacinas en relación co risco de miocardite. 1.3 MÉTODOS Analízanse as series de casos obtidas en PubMed desde o ano 2021 ata a data de procura, 15 de decembro de 2023. 1.4 RESULTADOS Tras a aplicación dos criterios de inclusión/exclusión obtemos unha revisión de 15 series de casos cun total de 84 pacientes. O 82% eran homes, sendo a idade media da revisión de 28,26 anos. O 17% presentaba algún FR cardiovascular previo, destacando a miocardite e o sobrepeso-obesidade. O 23% tiñan algún outro antecedente médico de interese, sendo a asma o máis reportado. A aparición de clínica asociouse á intervención coa vacina de Pfizer no 67,86% dos casos e á segunda dose no 77,38%. O síntoma máis referido foi a dor torácica (77, 38%), seguido da disnea e da tose. O 67% dos pacientes tiñan alteracións no seu ECG, o 55% conservaban unha FEVI normal e o 88% presentaban elevación das troponinas na análise. 1.5 CONCLUSIÓNS A revisión suxire unha posible relación entre a vacinación e a aparición dun cadro clínico de miocardite cando o paciente trátase dun home novo, cunha idade media aproximada de 28 anos, e previamente san.

Vidal Pérez, Rafael Carlos Cotitoría
Barge Caballero, Eduardo (Titoría)
Vidal Pérez, Rafael Carlos Cotitoría
Tribunal
GARCIA-CABALLERO PARADA, TOMAS M. M. (Presidente/a)
RODRIGUEZ CID, Mª JOSEFA (Secretario/a)
VICENTE ALBA, FRANCISCO JAVIER (Vogal)
GARCIA-CABALLERO PARADA, TOMAS M. M. (Presidente/a)
RODRIGUEZ CID, Mª JOSEFA (Secretario/a)
VICENTE ALBA, FRANCISCO JAVIER (Vogal)
Abordaxe cirúrxico dos quistes aracnoideos en idade pediátrica. Revisión sistemática, a propósito dun caso.
Autoría
C.C.S.
Grao en Medicina
C.C.S.
Grao en Medicina
Data da defensa
20.06.2024 09:00
20.06.2024 09:00
Resumo
Obxectivos: A optimización no tratamento dos quistes aracnoideos intracraniais, incluíndo a elección da cirurxía no momento oportuno, podería ter implicacións no futuro prognóstico dos pacientes. Isto motiva unha revisión sistemática sobre un caso, tratado no Hospital Clínico Universitario de Santiago de Compostela, que ten como obxectivo actualizar a efectividade dos tratamentos en menores de dezaoito anos. En consecuencia, levaremos a cabo unha comparación dos resultados das tres técnicas cirúrxicas máis empregadas na actualidade (fenestración de membrana por craneotomía vs. fenestración de membrana por endoscopia vs. sistemas derivativos) e proporemos futuras liñas de investigación que poidan resultar interesantes de acordo coa discusión mantida. Métodos: Ao estruturar o proceso de revisión da evidencia científica dispoñible, decidiuse un enfoque sistemático baseado na declaración PRISMA. Seleccionáronse os estudos relevantes incluídos na base de datos Medline (a través do seu buscador PubMed), describindo termos MeSH e criterios de inclusión/exclusión, tamén limitando os artigos aos últimos 10 anos (2014-2024). Resultados e discusión: A revisión sistemática incluíu 15 artigos, sumando un total de 324 suxeitos menores de 18 anos. Ante a evidente falta dun modelo que dirixa a clasificación topográfica e o protocolo terapéutico destas coleccións (indicacións e tipo de abordaxe), requírese un estudo a maior escala con criterios de selección estritos que inclúa pacientes operados mediante as tres técnicas. Conclusión: Non hai evidencia clara da superioridade dunha técnica fronte outra. Os tres enfoques cirúrxicos son válidos e deben terse en conta; sendo o punto crucial a individualización de cada caso. Non recomendamos empregar a redución do volume intraquístico para a comparación entre técnicas.

GELABERT GONZALEZ, MIGUEL (Titoría)
GELABERT GONZALEZ, MIGUEL (Titoría)
Tribunal
GONZALEZ GARCIA, FRANCISCO (Presidente/a)
DIAZ PEROMINGO, JOSE ANTONIO (Secretario/a)
GINARTE VAL, MANUEL JAVIER (Vogal)
GONZALEZ GARCIA, FRANCISCO (Presidente/a)
DIAZ PEROMINGO, JOSE ANTONIO (Secretario/a)
GINARTE VAL, MANUEL JAVIER (Vogal)
Linfoma B de células grandes con reordenamento de IRF4: características clínicas e moleculares dunha nova entidade
Autoría
B.P.G.
Grao en Medicina
B.P.G.
Grao en Medicina
Data da defensa
20.06.2024 09:00
20.06.2024 09:00
Resumo
O linfoma B de células grandes con reordenamento de IRF4 é unha entidade rara de recente categorización, caracterizada por unha intensa expresión de MUM1 asociada a unha translocación IG:IRF4. Afecta principalmente a nenos e adultos novos e, a pesar do seu excelente prognóstico, é tratado rutineiramente con terapias sistémicas agresivas. Neste traballo propúxose estudar as características e comportamento dos tumores diagnosticados no Complexo Hospitalario de Santiago de Compostela no período 2000-2023, ademais de comprobar se a súa frecuencia real é maior á aparente. Materiais e métodos: Realizouse unha revisión bibliográfica narrativa sobre a entidade, unha procura sistemática de casos no intervalo de tempo descrito e un comentario sobre o caso notificado. Resultados: O tumor debutou cunha masa cervical persistente nunha paciente de 5 anos, sen síntomas B. A nivel inmunohistoquímico presentou positividade para marcadores de estirpe celular B, MUM1/IRF4 e BCL6. Así como CD3, CD5, CD10 e BCL2 negativos. A FISH amosou un padrón de hibridación compatible cun reordenamento de IRF4, confirmando o diagnóstico de LBCL-IRF4r. A NGS detectou mutacións e unha fusión en IRF4. Conclusións: O LBCL-IRF4r é unha patoloxía moi infrecuente no noso medio, cun único caso reportado. Non se atoparon casos previos á descrición do tumor con outras etiquetas diagnósticas. Ante unha proliferación linfoide con células B grandes nun paciente pediátrico, é importante a inclusión de MUM1 no panel IHQ para facilitar o recoñecemento deste tipo de linfomas. O noso caso foi tratado con dous ciclos dun esquema COPAD e atópase en remisión completa 35 meses despois. De acordo coa literatura, o prognóstico é bo e existen casos tratados sen terapias sistémicas que acadaron a curación. Serían necesarios novos estudos que aclaren se é pertinente unha desescalada terapéutica.

FRAGA RODRIGUEZ, MAXIMO FRANCISCO (Titoría)
FRAGA RODRIGUEZ, MAXIMO FRANCISCO (Titoría)
Tribunal
SEÑARIS RODRIGUEZ, ROSA MARIA (Presidente/a)
CABANAS RODRIGUEZ, EDUARDO RODRIGO (Secretario/a)
MATEOS ALVAREZ, RAIMUNDO (Vogal)
SEÑARIS RODRIGUEZ, ROSA MARIA (Presidente/a)
CABANAS RODRIGUEZ, EDUARDO RODRIGO (Secretario/a)
MATEOS ALVAREZ, RAIMUNDO (Vogal)
Que implicacións gestacionais teñen as infeccións por Chlamydia trachomatis y Neisseria gonorrhoeae?
Autoría
M.L.R.J.V.V.
Grao en Medicina
M.L.R.J.V.V.
Grao en Medicina
Data da defensa
18.07.2024 09:00
18.07.2024 09:00
Resumo
Introdución As infeccións de transmisión sexual son un problema crecente na sociedade. As infeccións por Chlamydia trachomatis e Neisseria gonorrhoeae adoitan ser asintomáticas e non se detectan nin se tratan, o que provoca complicacións e secuelas importantes. As mulleres embarazadas e os seus fillos son un grupo en risco de transmisión destas enfermidades. Obxetivos Revisar a evidencia que existe ata o momento sobre as posibles consecuencias da infección por Chlamydia trachomatis ou Neisseria gonorrhoeae no embarazo e parto. Tamén se pretende revisar o método de diagnóstico e o tratamento mais axeitado nestas situacións. Metodoloxía Revisión sistemática dos artigos científicos disponibles sobre as consecuencias da infección por Chlamydia trachomatis ou Neisseria gonorrhoeae no embarazo e parrto, realizada co buscador bibliográfico PUBMED e WOS e seguindo as directrices PRISMA. Os critérios de inclusión selecionados son: revisións sistemáticas, revisións bibliográficas e metaanálises, publicadas entre 2014-2024, en especie humana e en castelán ou inglés como lingua de publicación. Resultados Dos 12 artigos revisados, que estudiaban a mulleres embarazadas con infección por Chlamydia trachomatis ou Neisseria gonorrhoeae, tanto as revisións sistemáticas, metaanálises como as revisións da literatura, suxiren que estas infeccións de transmisión sexual aumentan o risco de complicacións xestacionais e neonatais. Conclusión As infeccións por Chlamydia trachomatis ou Neisseria gonorrhoeae en mulleres embarazadas aumentan a probabilidade de complicacións como parto prematuro, aborto espontáneo, rotura prematura de membranas, lactantes pequenos para a idade gestacional e restrición do crecemento intrauterino. Tamén existe un risco de ophthlamia neonatorum nos neonatos.

Tratamento adxuvante con inhibidores da tirosina quinasa en pacientes con cancro de pulmón de células non pequenas e mutación en EGFR
Autoría
A.E.G.
Grao en Medicina
A.E.G.
Grao en Medicina
Data da defensa
20.06.2024 09:00
20.06.2024 09:00
Resumo
O cancro de pulmón é unha causa determinante a nivel mundial de morbilidade e mortalidade. O NSCLC é o subtipo histolóxico presente no 85% dos tumores diagnosticados. Ocasionalmente, asócianse mutacións xenéticas como a de EGFR, presente aproximadamente nun 10-14% dos pacientes diagnosticados. Os recentes estudos publicados sobre o uso de TKI como terapia dirixida en NSCLC con mutación de EGFR en estadios avanzados derivou na investigación sobre o seu uso como adxuvancia en estadios temperáns da enfermidade, tras a resección completa do tumor. Nesta revisión sistemática incluíronse 6 ensaios controlados aleatorizados, todos en fase III agás un en fase II, publicados entre 2015 e 2023 que comparan o uso de TKI frente a quimioerapia convencional ou placebo en estadios I-IIIA de NSCLC con mutación de EGFR. Os obxectivos de estudo principais dos ensaios incluidos son a SLE e a SG. Os resultados desta revisión identifican en 4 dos ensaios un aumento estadísticamente significativo da SLE con TKI frente a quimioterapia ou placebo. En 2 dos 6 ensaios demostrase tamén un aumento significativo da SG. Os achados obtidos suxiren que o tratamento con TKI resulta fundamental como adxuvancia en NSCLC con mutación de EGFR tras a resección completa, ofrecendo beneficios relevantes en términos de supervivencia. Con este tratamento a calidade de vida tamén se ve favorecida, pois as reaccións adversas son menos frecuentes e de menor gravidade que co tratamento basado en quimioterapia; ademais a boa tolerancia destos fármacos mellora a adherencia, factor que resulta crucial sendo o tratamento adxuvante duradeiro no tempo.

Firvida Perez, José Luís Cotitoría
LEON MATEOS, LUIS ANGEL (Titoría)
Firvida Perez, José Luís Cotitoría
Tribunal
Dieguez Gonzalez, Carlos (Presidente/a)
VALDES CUADRADO, LUIS GUILLERMO (Secretario/a)
LOPEZ LOPEZ, RAFAEL (Vogal)
Dieguez Gonzalez, Carlos (Presidente/a)
VALDES CUADRADO, LUIS GUILLERMO (Secretario/a)
LOPEZ LOPEZ, RAFAEL (Vogal)
Factores de risco de rotura de ligamento cruzado anterior e prevención en mulleres deportistas
Autoría
J.D.G.
Grao en Medicina
J.D.G.
Grao en Medicina
Data da defensa
20.06.2024 09:00
20.06.2024 09:00
Resumo
As lesións do ligamento cruzado anterior (LCA) son frecuentes no ámbito deportivo, sendo de 4 a 6 veces máis frecuentes en mulleres deportistas que en homes. Con especial incidencia no fútbol, baloncesto e lacrós, a maioría delas prodúcese, non obstante, en lesións sen contacto. Ademais, despois da reconstrución do LCA, as mulleres teñen máis probabilidades de romper o LCA contralateral que os homes. Diversos factores intrínsecos como o aumento do ángulo Q, a pendente tibial posterior e a estreiteza do surco intercondíleo, entre outros; así como factores extrínsecos de carácter neuromuscular e deportivo, poderían predispoñer ás mulleres a unha maior incidencia de lesión do LCA. O obxectivo deste TFG é avaliar, a través dunha revisión sistemática da literatura científica, a relevancia destes e outros factores de risco (anatómicos, biomecánicos, hormonais, etc.) no desenvolvemento de lesións do LCA en mulleres deportistas, así como analizar se algún tipo de adestramento neuromuscular ou propioceptivo sería eficaz na súa prevención.

Sola Mallo, Xacobe Cotitoría
CAEIRO REY, JOSE RAMON (Titoría)
Sola Mallo, Xacobe Cotitoría
Tribunal
CRUZ LANDEIRA, ANGELINES (Presidente/a)
ANTUNEZ LOPEZ, JOSE RAMON (Secretario/a)
RODRIGUEZ REQUENA, JESUS (Vogal)
CRUZ LANDEIRA, ANGELINES (Presidente/a)
ANTUNEZ LOPEZ, JOSE RAMON (Secretario/a)
RODRIGUEZ REQUENA, JESUS (Vogal)
Revisión bibliográfica sobre o manexo clínico óptimo de pequenas lesións renais achadas de forma incidental en probas de imaxe
Autoría
M.C.E.R.
Grao en Medicina
M.C.E.R.
Grao en Medicina
Data da defensa
18.07.2024 09:00
18.07.2024 09:00
Resumo
As pequenas masas renales (SRM), así chamadas polas súas siglas en inglés, son lesións renais sólidas de menos de 4 cm, cuxa incidencia foi aumentando paralelamente ao desenvolvemento e realización de probas de imaxe, o que provocou un aumento das a súa detección principalmente en pacientes maiores. Estímase que entre o 70% e o 90% destas lesións corresponden a carcinomas malignos de células renales. A maior incidencia deste tipo de lesións na poboación de idade avanzada, que tamén presenta un maior número de comorbilidades, sumada á aparición de novas técnicas de tratamento menos invasivas, lévanos a considerar cal é o tratamento óptimo segundo as características de cada paciente. . Á hora de considerar o tipo de tratamento, hai que ter en conta tres factores: o control do cancro, as comorbilidades do paciente e a preservación da función renal. Hai que ter en conta o equilibrio correcto entre os tres á hora de seleccionar o tratamento máis axeitado para cada individuo. Así, entre as opcións de menos a máis conservadoras temos: cirurxía radical, nefrectomía parcial, terapias de ablación, tanto percutánea como laparoscópica, e vixilancia activa.

BALEATO GONZALEZ, SANDRA (Titoría)
GARCIA FIGUEIRAS, ROBERTO Cotitoría
BALEATO GONZALEZ, SANDRA (Titoría)
GARCIA FIGUEIRAS, ROBERTO Cotitoría
Tribunal
GALLEGO GOMEZ, MARIA ROSALIA (Presidente/a)
SOTO VARELA, ANDRES (Secretario/a)
RODRIGUEZ REQUENA, JESUS (Vogal)
GALLEGO GOMEZ, MARIA ROSALIA (Presidente/a)
SOTO VARELA, ANDRES (Secretario/a)
RODRIGUEZ REQUENA, JESUS (Vogal)
A repercusión do COVID-19 sobre a patoloxía inflamatoria articular. Revisión bibliográfica.
Autoría
L.P.A.
Grao en Medicina
L.P.A.
Grao en Medicina
Data da defensa
20.06.2024 09:00
20.06.2024 09:00
Resumo
A pandemia causada polo SARS-CoV-2 deu lugar á aparición de patoloxía en diversos sistemas, polo que este estudo céntrase na repercusión do COVID-19 na patoloxía inflamatoria articular. A investigación basease nunha revisión sistemática da literatura científica dispoñíbel nas bases de datos PubMed, ScienceDirect e Scopus, seguindo as pautas PRISMA. Analízanse un total de 58 artigos que describen casos de artritis tras a infección polo SARS-CoV-2, contemplando aspectos como a distribución por sexos, a orixe étnica, o período ata o inicio dos síntomas articulares, as articulacións afectadas, os métodos diagnósticos e os tratamentos empregados. Os resultados mostran que a artritis post-COVID-19 afecta predominantemente a individuos na cuarta década da vida, cunha distribución casi equitativa entre ambos sexos. Os síntomas articulares adoitan manifestarse aproximadamente un mes despois do inicio da infección polo virión, sendo as articulacións máis frecuentemente afectadas, o xeonllo, o nocello e a muñeca, con todo, o reporte de manifestacións extraarticulares foi escaso. En relación aos métodos diagnósticos, os marcadores serolóxicos resultaron negativos na maioría dos individuos da mostra. O manexo terapéutico máis común inclúe o tratamento combinado de antiinflamatorios non esteroideos (AINE) e corticoides. A maioría dos doentes reportaron unha evolución benigna, con resolución dos síntomas en aproximadamente un mes. Con todo, unha pequena porcentaxe de casos presentaron unha evolución máis prolongada e complicada, requerindo o uso de fármacos antirreumáticos modificadores da enfermidade (DMARD) e, nalgúns casos, terapias biolóxicas ou intervencións quirúrxicas.

GUALILLO , ORESTE Cotitoría
PINO MINGUEZ, JESUS (Titoría)
GUALILLO , ORESTE Cotitoría
Tribunal
Souto Bayarri, José Miguel (Presidente/a)
Martinón Torres, Nazareth (Secretario/a)
GARCIA ACUÑA, JOSE MARIA (Vogal)
Souto Bayarri, José Miguel (Presidente/a)
Martinón Torres, Nazareth (Secretario/a)
GARCIA ACUÑA, JOSE MARIA (Vogal)
Análise do impacto dos cribados oncolóxicos na poboación xeral acerca dos patróns de pensamento e comportamentales consecuentes. Proposta de campaña de concienciación sobre os mesmos.
Autoría
T.V.C.
Grao en Medicina
T.V.C.
Grao en Medicina
Data da defensa
20.06.2024 09:00
20.06.2024 09:00
Resumo
Preséntase unha análise dos principais patróns de pensamento e comportamentales a causa aos cribados oncolóxicos realizados actualmente en España usando modelos de crenzas da saúde. A principal ferramenta utilizada para recoller a información foi un formulario en liña anónimo dirixido á poboación xeral. As conclusións principais divídense en patróns de pensamento e comportamentales, que se subdividen á súa vez nas cinco áreas de estudo de os devanditos modelos (susceptibilidade percibida, severidade percibida, beneficio percibido, gravidade percibida e “cues to action”), así como a análise dos comportamentos consecuentes, e a análise dos coñecementos acerca dos criterios de inclusión dos screenings e factores de risco das devanditas enfermidades. Cos resultados obtidos, elaborouse unha proposta de campaña de prevención deseñada para levar a cabo desde atención primaria co obxectivo de reducir ao máximo o estrés e a incerteza padecidas polos individuos da sociedade e, polo tanto, maximizar a participación nos cribados.
Preséntase unha análise dos principais patróns de pensamento e comportamentales a causa aos cribados oncolóxicos realizados actualmente en España usando modelos de crenzas da saúde. A principal ferramenta utilizada para recoller a información foi un formulario en liña anónimo dirixido á poboación xeral. As conclusións principais divídense en patróns de pensamento e comportamentales, que se subdividen á súa vez nas cinco áreas de estudo de os devanditos modelos (susceptibilidade percibida, severidade percibida, beneficio percibido, gravidade percibida e “cues to action”), así como a análise dos comportamentos consecuentes, e a análise dos coñecementos acerca dos criterios de inclusión dos screenings e factores de risco das devanditas enfermidades. Cos resultados obtidos, elaborouse unha proposta de campaña de prevención deseñada para levar a cabo desde atención primaria co obxectivo de reducir ao máximo o estrés e a incerteza padecidas polos individuos da sociedade e, polo tanto, maximizar a participación nos cribados.
Dirección
VICENTE ALBA, FRANCISCO JAVIER (Titoría)
VICENTE ALBA, FRANCISCO JAVIER (Titoría)
Tribunal
MERA VARELA, ANTONIO JOSE (Presidente/a)
CAICEDO VALDES, DIEGO JESUS (Secretario/a)
SAAVEDRA NIEVES, PAULA (Vogal)
MERA VARELA, ANTONIO JOSE (Presidente/a)
CAICEDO VALDES, DIEGO JESUS (Secretario/a)
SAAVEDRA NIEVES, PAULA (Vogal)
Evolución da enfermidade inflamatoria intestinal (EII) e do embarazo en pacientes con terapéutica avanzada na unidade de EII do CHUAC
Autoría
C.P.L.
Grao en Medicina
C.P.L.
Grao en Medicina
Data da defensa
20.06.2024 09:00
20.06.2024 09:00
Resumo
Introdución. A EII inclúe afeccións inflamatorias crónicas do intestino de causa descoñecida, como a enfermidade de Crohn (EC) e a colite ulcerosa (CU). A súa incidencia está en aumento. Diagnostícanse con endoscopia e biopsia, diferenciando ambos cadros por un conxunto de factores. O tratamento agrupa antiinflamatorios, inmunosupresores e fármacos biolóxicos; que se utilizan en tratamentos normalmente escalonados. As mulleres con EII teñen unha fertilidade similar á poboación xeral, pero poden enfrontarse a riscos adicionais durante o embarazo. Obxetivo. Analizar prospectivamente unha cohorte de pacientes con EII e embarazo seguidas no HUAC e identificar posibles complicacións do embarazo, da EII e dos recén nacidos. Métodos. Este estudo prospectivo observacional céntrase na actividade da unidade de EII do HUAC, utilizando datos do rexistro DUMBO. Recopilaranse datos epidemiolóxicos, realizarase un análise descritivo das variables cuantitativas usando Excel e un análise comparativo usando Chi Cuadrado ou o Test Exacto de Fisher para variables cualitativas. Resultados. Recolléronse 10 casos de CU e 21 de EC. Houbo 12 casos de cambio de tratamento, principalmente entre o 2o e o 3o trimestre (30% de recaídas). Informouse de 6 complicacións durante o embarazo e outras 6 complicacións dos recén nacidos. Houbo menos recaídas no grupo a tratamento con inmunosupresores ou biolóxicos fronte a otras terapias. Non se observaron diferenzas entre EC e CU. Conclusión. Os resultados deste estudo son consistentes con outros achados internacionais. Aínda que a EII presenta desafíos durante o embarazo, un manexo adecuado e atención multidisciplinaria poden conducir a resultados positivos tanto para a nai como para o feto.

DELGADO BLANCO, MANUEL BENJAMIN (Titoría)
Diz-Lois Palomares, María Teresa Cotitoría
DELGADO BLANCO, MANUEL BENJAMIN (Titoría)
Diz-Lois Palomares, María Teresa Cotitoría
Tribunal
Souto Bayarri, José Miguel (Presidente/a)
Martinón Torres, Nazareth (Secretario/a)
GARCIA ACUÑA, JOSE MARIA (Vogal)
Souto Bayarri, José Miguel (Presidente/a)
Martinón Torres, Nazareth (Secretario/a)
GARCIA ACUÑA, JOSE MARIA (Vogal)
Eficacia das intervencións en liña para a prevención de ITS e condutas sexuais de risco en adolescentes e mozos adultos: unha revisión sistemática.
Autoría
C.C.A.
Grao en Medicina
C.C.A.
Grao en Medicina
Data da defensa
20.06.2024 09:00
20.06.2024 09:00
Resumo
As enfermidades de transmisión sexual presentan un incremento da incidencia nas últimas décadas nas persoas máis novas sexualmente activas. As novas plataformas de medios dixitais, como redes sociais, aplicacións móbiles e páxinas web, cambiaron a forma de comunicarnos e presentan novas oportunidades para intervencións de saúde. Estúdase como estas ferramentas poden influír positivamente na saúde sexual da poboación máis nova (de 12 a 29 anos). Realizouse unha revisión sistemática da literatura dispoñible atopando 18 artigos publicados entre 2019 e 2024 baseados en intervencións en liña, abordando o seu deseño, metodoloxía, e eficacia na redución de comportamentos de risco e a incidencia de ITS entre este grupo demográfico. Os resultados indican que existe un respaldo científico no que respecta ao impacto positivo que teñen as novas tecnoloxías na educación sexual dos adolescentes, cunha maioría dos estudos analizados (16 de 18) mostrando resultados positivos. Igualmente, observouse unha ampla gama de tecnoloxías nos programas de educación sexual utilizados, destacando o papel dos teléfonos móbiles e as súas aplicacións, as plataformas de redes sociais e páxinas web. As intervencións dixitais poderían constituír unha ferramenta de educación sexual para poboacións novas. As intervencións que utilizan novos medios dixitais deben presentar contido de calidade baseado en evidencia que atraia a este grupo demográfico, suxerindo a necesidade de futuras investigacións para o desenvolvemento de políticas innovadoras neste ámbito.

Gajino Suárez, Clara Cotitoría
ARIAS BALTAR, MARIA EFIGENIA (Titoría)
Gajino Suárez, Clara Cotitoría
Tribunal
BERMEJO BARRERA, ANA MARIA (Presidente/a)
LEIRA MUIÑO, ROGELIO MANUEL (Secretario/a)
LADO LADO, FRANCISCO LUIS (Vogal)
BERMEJO BARRERA, ANA MARIA (Presidente/a)
LEIRA MUIÑO, ROGELIO MANUEL (Secretario/a)
LADO LADO, FRANCISCO LUIS (Vogal)
Resultados a tres anos dunha mostra de pacientes con Enfermidade Hepática Metabólica (EHmet) tras intervención sobre os hábitos de vida, nunha consulta de Medicina de Familia.
Autoría
J.L.A.
Grao en Medicina
J.L.A.
Grao en Medicina
Data da defensa
20.06.2024 09:00
20.06.2024 09:00
Resumo
A esteatose hepática metabólica (EHmet) é unha das hepatopatías máis frecuentes a nivel mundial. O diagnóstico e o manexo precoz en suxeitos con factores de risco (obesidade, diabetes tipo 2, síndrome metabólica) é de grande importancia no seu prognóstico. Obxectivos: valorar o impacto da intervención no estilo de vida en pacientes diagnosticados de EHmet mediante a comparación de marcadores antropométricos, analíticos e elastográficos aos tres anos da implantación de medidas hixiénico-dietéticas. Pacientes e métodos: estudo ambispectivo, realizado no Centro de Saúde de Adormideiras, Área Sanitaria de A Coruña e Cee, do 1 de febreiro de 2020 ao 31 de marzo de 2023, no que se inclúen 22 pacientes diagnosticados de EHmet. Compáranse valores antropométricos, analíticos e o grao de fibrose (estimado mediante elastografía) entre 2020, inicio do estudo, e 2023, trala implantación de hábitos saudables no seu estilo de vida: dieta hipocalórica, redución do consumo de graxas saturadas, incremento da actividade física e control de peso semanal. Resultados: observouse unha diminución na media de peso e aumento da porcentaxe de normalización do IMC. Tamén se observou unha diminución das cifras de glicemia basal e de hemoglobina glicosilada, e dos valores das encimas hepáticas. Así mesmo, viuse unha melloría dos parámetros lipídicos; coa redución do colesterol total, do LDL e dos triglicéridos, e un aumento da fracción HDL. No referente á análise da fibrose hepática, non se atopou unha diferenza significativa na porcentaxe de fibrose medida co Fibroscan entre os anos 2020 e 2023. Conclusións: a intervención no estilo de vida é o primeiro chanzo no manexo da EHmet, e supón unha melloría do peso dos pacientes. Ademais, obsérvase unha melloría dos niveis de glicemia e dos valores lipídicos. Os valores de fibrose hepática achados en 2023 non difiren respecto a 2020.

Prada Vigil, Ana Leonor Cotitoría
DELGADO BLANCO, MANUEL BENJAMIN (Titoría)
Prada Vigil, Ana Leonor Cotitoría
Tribunal
VIDAL PAN, Mª DEL CARMEN (Presidente/a)
de la Iglesia Martínez, Fernando Antonio (Secretario/a)
CAMESELLE TEIJEIRO, JOSE MANUEL (Vogal)
VIDAL PAN, Mª DEL CARMEN (Presidente/a)
de la Iglesia Martínez, Fernando Antonio (Secretario/a)
CAMESELLE TEIJEIRO, JOSE MANUEL (Vogal)
Condutas suicidas en adolescentes en España. Papel da intoxicación medicamentosa
Autoría
N.C.G.
Grao en Medicina
N.C.G.
Grao en Medicina
Data da defensa
18.07.2024 09:00
18.07.2024 09:00
Resumo
Introdución: As condutas suicidas representan un grave problema de saúde pública en aumento, especialmente entre adolescentes. En España, o Observatorio do Suicidio reportou un incremento histórico de suicidios entre mozos de 15 a 29 anos en 2022, superando as mortes por accidentes de tráfico e tumores. Obxectivo: Investigar e analizar a situación actual da intoxicación medicamentosa con intencionalidade suicida en adolescentes en España. Material e métodos: Revisión bibliográfica utilizando as bases de datos PubMed, SciELO, Dialnet e Google Académico, ademais de consultar sitios web de organismos oficiais como a OMS, INE e ANAR. Resultados e discusión: Nos últimos anos aumentaron as condutas suicidas en adolescentes en España, sendo os métodos máis comúns, o aforcamento, saltar desde lugares elevados, enfrontarse a obxectos en movemento e a inxestión de medicamentos. Os factores de risco inclúen intentos previos, trastornos de saúde mental e do sono e acoso escolar, mentres que o apoio familiar, a resiliencia e acceso a axuda profesional actúan como factores protectores. A intoxicación medicamentosa, levase a cabo principalmente con benzodiacepinas, antidepresivos e paracetamol, e adoita ter unha evolución favorable Conclusións: A intoxicación medicamentosa é un mecanismo importante de suicidio entre os adolescentes. Predomina nas mulleres, sendo as benzodiazepinas, os antidepresivos e o paracetamol as substancias mais utilizadas. Estes datos destacan a importancia de implementar estratexias de prevención e atención en saúde mental.

CRUZ LANDEIRA, ANGELINES (Titoría)
CRUZ LANDEIRA, ANGELINES (Titoría)
Tribunal
GONZALEZ GARCIA, FRANCISCO (Presidente/a)
MERA VARELA, ANTONIO JOSE (Secretario/a)
GINARTE VAL, MANUEL JAVIER (Vogal)
GONZALEZ GARCIA, FRANCISCO (Presidente/a)
MERA VARELA, ANTONIO JOSE (Secretario/a)
GINARTE VAL, MANUEL JAVIER (Vogal)
Estudo descriptivo sobre as diferenzas clínicas e funcionais dos pacientes con déficit de alfa-1-antitripsina e xenotipo Pi*ZZ e Pi*SZ incluídos polo Hospital Álvaro Cunqueiro no rexistro EARCO.
Autoría
C.G.G.
Grao en Medicina
C.G.G.
Grao en Medicina
Data da defensa
20.06.2024 09:00
20.06.2024 09:00
Resumo
CONTEXTO: O déficit de alfa-1-antitripsina (DAAT) é unha enfermidade hereditaria que nas súas formas máis graves, predispón ao desenvolvemento de EPOC, enfisema e diversas formas de hepatopatía. A síntese da proteína AAT está codificada polo xene Serpina 1 e transmítese por herencia mendeliana autosómica codominante. O xenotipo Pi*ZZ, implica unha concentración sérica moi baixa de AAT, asociándose a un risco aumentado de enfisema e tamén de hepatopatía. O xenotipo Pi*SZ tamén asóciase a un incremento do risco, aínda que este é menor que nos individuos Pi*ZZ e relaciónase sobre todo coa exposición a factores de risco. Os rexistros de pacientes son ferramentas útiles para mellorar o coñecemento en enfermedades raras como, o DAAT. OBXECTIVOS E METODOLOXÍA: Analizar os pacientes con DAAT incluídos polo Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo no rexistro internacional de DAAT (EARCO) dende o 28/2/2020 ao 30/6/2023. Realizar un estudo descritivo das características sociodemográficas, clínicas e funcionáis de todos os pacientes, e unha análise comparativa dos xenotipos Pi*ZZ o Pi*SZ. Para a análise estadística se usou o paquete estadístico SPSS 21. RESULTADOS: O estudo incluíu 197 pacientes: Pi*SZ (64,9%), Pi*ZZ (23,7%) Pi*SS (4,6%), e outros (6,7%). A porcentaxe de varóns foi do 52,6%, e a idade media da poboación de 51,6+-16,2 anos. A análise comparativa entre os pacientes Pi*SZ e os Pi*ZZ, amosou diferenzas significativas na idade, na presencia de enfermidade respiratoria e hepática e nas probas de función pulmonar. Non se observaron diferenzas na exposición ao tabaco, na idade de comezo dos síntomas nin na idade ao diagnóstico. CONCLUSIÓNS: A prevalencia de pacientes Pi*SZ na Área sanitaria de Vigo é elevada, o que supón unha potencial vantaxe na investigación deste xenotipo. Os individuos Pi*ZZ presentan maior afectación clínica e funcional.

Torres Durán, María Luisa Cotitoría
REPRESAS REPRESAS, CRISTINA (Titoría)
Torres Durán, María Luisa Cotitoría
Tribunal
Fernández González, Angel Luis (Presidente/a)
GARCIA CAMPOS, JUAN (Secretario/a)
RELOVA QUINTEIRO, JOSE LUIS (Vogal)
Fernández González, Angel Luis (Presidente/a)
GARCIA CAMPOS, JUAN (Secretario/a)
RELOVA QUINTEIRO, JOSE LUIS (Vogal)
Monitorización e reversión dos relaxantes neuromusculares na práctica clínica
Autoría
M.H.P.
Grao en Medicina
M.H.P.
Grao en Medicina
Data da defensa
20.06.2024 09:00
20.06.2024 09:00
Resumo
Os relaxantes neuromusculares son fármacos moi utilizados na práctica clínica cirúrxica para paralizar o músculo esquelético, facilitando de tal forma a intubación orotraqueal e a extubación do paciente, permitido unha boa ventilación, e facilitando o acto cirúrxico per se. Para coñecer o grao de relaxación dos músculos, úsanse dispositivos que miden e monitorizan a profundidade do bloqueo neuromuscular.

VEIRAS DEL RIO, SONIA (Titoría)
López Pérez, Rosa María Cotitoría
VEIRAS DEL RIO, SONIA (Titoría)
López Pérez, Rosa María Cotitoría
Tribunal
GALLEGO GOMEZ, MARIA ROSALIA (Presidente/a)
MARTINEZ ROLAN, ROSA MARIA (Secretario/a)
TABOADA MUÑIZ, MANUEL (Vogal)
GALLEGO GOMEZ, MARIA ROSALIA (Presidente/a)
MARTINEZ ROLAN, ROSA MARIA (Secretario/a)
TABOADA MUÑIZ, MANUEL (Vogal)
Emprego da Estimulación Magnética Transcranial na Depresión Bipolar: unha revisión sistemática
Autoría
J.V.M.
Grao en Medicina
J.V.M.
Grao en Medicina
Data da defensa
20.06.2024 09:00
20.06.2024 09:00
Resumo
Introdución: A estimulación magnética transcranial é unha técnica non invasiva para a estimulación do córtex cerebral. Na actualidade, propúgnase como unha técnica segura, capaz de despolarizar neuronas e xerar efectos terapéuticos en enfermidades do sistema nervioso central, como a depresión maior. Dado o incremento da produción científica e a variabilidade de resultados sobre a súa eficacia no tratamento da depresión bipolar, formúlase a realización dunha revisión sistemática para valorar o seu uso nesta patoloxía. Obxectivos: realizar unha revisión sistemática da literatura actual sobre a eficacia da estimulación magnética transcranial no tratamento dos episodios depresivos do trastorno bipolar e avaliar os diferentes protocolos. Metodoloxía: realizouse unha procura nas bases de datos MEDLINE/PubMed e Cochrane Library segundo as guías PRISMA, seleccionando as revisións sistemáticas e metaanálises publicadas entre 2014 e 2024. Resultados: sete revisións sistemáticas foron incluídas, abarcando un total de sesenta e seis publicacións independentes, que avaliaron o uso da estimulación magnética transcranial no trastorno bipolar Conclusións: a estimulación magnética transcranial ofrece resultados prometedores no tratamento da depresión bipolar. A estimulación secuencial e profunda parecen ter un maior efecto beneficioso, pero máis estudios son requiridos. Observouse que é unha técnica segura para os pacientes e con poucos efectos adversos. A evidencia dispoñible provén de estudios con pouca poboación e baixa calidade metodolóxica, polo que son imprescindibles máis estudos para chegar ata unha conclusión definitiva.

Situación actual da biopsia hepática: técnicas, indicacións e complicacións. Revisión sistemática
Autoría
R.G.R.
Grao en Medicina
R.G.R.
Grao en Medicina
Data da defensa
20.06.2024 09:00
20.06.2024 09:00
Resumo
Introdución: A biopsia hepática (BH) é unha técnica invasiva para diagnosticar enfermidades do parénquima hepático e lesións ocupantes de espazo. A BH permite o estudo histolóxico e anatomopatolóxico do material extraído, chegando a un diagnóstico cando as probas de laboratorio e as técnicas de imaxe teñen un papel limitado. Ademais de ofrecernos un diagnóstico, esta técnica invasiva ofrécenos información sobre o prognóstico, a posibilidade de éxito dos diferentes tratamentos, a resposta a estes e a determinación da gravidade da enfermidade ou o grao do tumor. Existen diferentes tipos de abordaxes para a realización da biopsia: a abordaxe percutánea, que pode realizarse de forma directa ou coaxial, a abordaxe endoscópica e a abordaxe transvenosa ou transxugular, cada unha delas coas súas vantaxes e indicacións. Como toda proba diagnóstica invasiva, a BH non está exenta de complicacións, que dividiremos en complicacións menores, aquelas que se resolveron con analxesia, sendo a dor a complicación máis frecuente, e complicacións maiores, aquelas que requiriron intervención cirúrxica ou transfusión de hemoderivados. Obxectivos: O obxectivo principal desta revisión sistemática é recoñecer e comparar as diferentes técnicas de biopsia hepática, as indicacións para a proba, así como as complicacións que existen á hora de realizar o procedemento. Tamén se presentarán os resultados en canto á eficacia, factores de risco, vantaxes e inconvenientes de cada técnica descrita na literatura, centrándose principalmente na técnica percutánea e as lesións ocupantes de espazo. Material e métodos: Para elaborar este traballo utilizouse como buscador PubMed, no que se realizou unha busca sistematizada en tres pasos. Incluíronse artigos dos últimos 20 anos que cumprían os criterios de inclusión e non os de exclusión. Resultados: Neste traballo analizáronse un total de 14 artigos que cumprían os criterios de inclusión e non tiñan ningún criterio de exclusión. Analizáronse as diferentes técnicas de biopsia hepática, a eficacia de cada unha, os seus puntos fortes e débiles, centrándose principalmente na biopsia percutánea. Todas as técnicas con índices de éxito próximos ao 100%, con altas sensibilidades e especificidades. As complicacións máis frecuentes foron as leves, principalmente a dor. A existencia de complicacións estivo relacionada con predictores e factores de risco hemorráxico, estes foron, principalmente, os asociados ao estado de coagulación do paciente. Non se demostrou que o uso de ultrasóns reduza as complicacións, pero recoméndase como guía sempre que sexa posible. Conclusións: Non existe superioridade entre as técnicas de biopsia hepática, pero hai circunstancias que nos fan optar por unha delas, é fundamental escollela de meneira individualizada e multidisciplinar. Está demostrado que a biopsia hepática é útil e eficaz para o diagnóstico de enfermidades parenquimatosas e LOEs, non exenta de riscos, as complicacións menores son as máis habituais, sendo a dor a máis frecuente. Non hai evidencias claras de que a guía ecográfica reduza o risco de hematomas, pero recoméndase sistemáticamente.

VARELA PONTE, RAFAEL (Titoría)
Martínez Lago, Nieves Purificación Cotitoría
VARELA PONTE, RAFAEL (Titoría)
Martínez Lago, Nieves Purificación Cotitoría
Tribunal
Fernández González, Angel Luis (Presidente/a)
GARCIA CAMPOS, JUAN (Secretario/a)
RELOVA QUINTEIRO, JOSE LUIS (Vogal)
Fernández González, Angel Luis (Presidente/a)
GARCIA CAMPOS, JUAN (Secretario/a)
RELOVA QUINTEIRO, JOSE LUIS (Vogal)
Tiroidite de Hashimoto como factor de risco de cancro de tiroide: revisión sistemática
Autoría
A.M.L.
Grao en Medicina
A.M.L.
Grao en Medicina
Data da defensa
18.07.2024 09:00
18.07.2024 09:00
Resumo
Contexto: A prevalencia do cancro de tiroide (CT) e da tiroidite de Hashimoto (TH) experimentou un incremento considerábel durante as últimas décadas. A asociación entre ambas entidades segue a ser obxecto de investigación e debate dende que foi proposta por primeira vez en 1955. Obxectivo: Esta revisión ten como finalidade sintetizar a evidencia actual sobre o vínculo entre a tiroidite de Hashimoto e o cancro de tiroide. Métodos: Realizouse unha busca sistemática empregando a base de datos MEDLINE/PubMed. Esta limitouse a artigos en inglés ou castelán, publicados entre o 1 de xaneiro de 2014 e o 31 de decembro de 2023. Resultados: Tras unha análise exhaustiva incluíronse 12 artigos na presente revisión. A pesar das discrepancias encontradas entre eles, identificouse unha asociación consistente entre a presenza de tiroidite de Hashimoto e certas características demográficas e tumorais específicas do cancro de tiroide, incluíndo predominio no sexo feminino, multifocalidade e extensión extratiroidea. A elevación dos anticorpos antitiroideos (TPOAb e TgAb) relacionouse con peores características clínicas e prognósticas do histotipo papilar. Conclusións: Destacouse un posible efecto protector da TH fronte á diseminación ganglionar e a distancia nos pacientes con carcinoma papilar de tiroide. Non obstante, a falta de consenso entre os estudos subliña a necesidade de investigacións adicionais prospectivas e multicéntricas que aclaren estes achados e o seu impacto na clínica, no manexo e na prognose dos pacientes.

Mosquera Nogueira, Jacinto José (Titoría)
Penín Álvarez, Manuel Avelino Cotitoría
Mosquera Nogueira, Jacinto José (Titoría)
Penín Álvarez, Manuel Avelino Cotitoría
Tribunal
Dieguez Gonzalez, Carlos (Presidente/a)
VALDES CUADRADO, LUIS GUILLERMO (Secretario/a)
LOPEZ LOPEZ, RAFAEL (Vogal)
Dieguez Gonzalez, Carlos (Presidente/a)
VALDES CUADRADO, LUIS GUILLERMO (Secretario/a)
LOPEZ LOPEZ, RAFAEL (Vogal)
Predición da resposta á terapia mediante estudo radiómico PET en pacientes con Cancro de Cabeza e Pescozo Localmente Avanzado e Metastásico
Autoría
N.G.N.
Grao en Odontoloxía
N.G.N.
Grao en Odontoloxía
Data da defensa
21.06.2024 09:30
21.06.2024 09:30
Resumo
Introdución: a radiómica e a análise de textura baseado nas imaxes PET (Tomografía por Emisión de Positróns) xogan un papel crucial no diagnóstico, manexo terapéutico e predición de resposta nos pacientes con cancro de cabeza e pescozo. Material e método: Análise prospectivo dunha cohorte de pacientes con cancro de cabeza e pescozo localmente avanzado e metastático do Hospital Clínico Universitario se Santiago de Compostela (CHUS). A mostra do estudo consta de 13 pacientes varóns de raza caucásica que presentaban carcinomas de células escamosas de cabeza e pescozo (CCECeP). A través das imaxes de PET/TC determinouse a localización, delimitación e segmentación da lesión tumoral. Analizáronse as características de textura, o volume e o valor de captación estandarizado (Standardized Uptake Value (SUV)). Realizáronse tres análises estatísticos: análise de regresión lineal, análise de varianza (ANOVA) e diagrama de caixas (BoxPlots). Resultados: Pese a non observar diferenzas estatisticamente significativas entre as distintas variables que nos permitan rexeitar a hipótese nula, obsérvanse pequenas tendencias que suxiren unha posible correlación entre métricas como SUV e volume tumoral co prognóstico dos pacientes. Conclusións: Os CCECeP presentan unha alta heteroxeneidade biolóxica que lles outorga un prognóstico e manexo terapéutico máis complicado. Por isto, aínda que cada vez máis a utilización maior do PET e a radiómica no cancro son prometedoras, son necesarios máis estudos que aborden as limitacións e reforcen os resultados para conseguir modelos estandarizados que melloren a fiabilidade da aplicación da radiómica no cancro de cabeza e pescozo.

Aguiar Fernández, Pablo Cotitoría
SUAREZ CUNQUEIRO, MARIA MERCEDES (Titoría)
Aguiar Fernández, Pablo Cotitoría
Tribunal
Diniz Freitas, Márcio (Presidente/a)
BLANCO CARRION, ANDRES (Secretario/a)
FERNANDEZ RIVEIRO, PAULA (Vogal)
Diniz Freitas, Márcio (Presidente/a)
BLANCO CARRION, ANDRES (Secretario/a)
FERNANDEZ RIVEIRO, PAULA (Vogal)
Saúde oral e deporte profesional. Unha revisión bibliográfica.
Autoría
A.F.C.
Grao en Odontoloxía
A.F.C.
Grao en Odontoloxía
Data da defensa
21.06.2024 09:30
21.06.2024 09:30
Resumo
INTRODUCIÓN A importancia da saúde oral foi recoñecida pola Organización Mundial da Saúde, establecéndoa como un dos principais indicadores de benestar e calidade de vida. No contexto deportivo, observouse unha alta prevalencia de enfermidades como a lesión de caries, traumatismos, erosión dental e enfermidade periodontal, atribuídas aos factores de risco presentes na vida dos deportistas profesionais. OBXECTIVOS (I) Análise da patoloxía oral no deportista profesional, abordando o impacto que ten o estado de saúde oral no rendemento deportivo dos deportistas de alto nivel. (II) A análise da prevalencia da patoloxía oral con respecto a poboación xeral. (III) A análise dos factores de risco para a saúde oral presentes nos deportistas profesionais. MATERIAL E MÉTODOS Realizouse unha revisión bibliográfica seguindo as directrices PRISMA nas bases de datos de PUBMED e SCOPUS. Como palabras clave empregáronse: Oral health, elite athlete, sport, performance, limitando a búsqueda aos artigos publicados nos últimos 10 anos. RESULTADOS Atopáronse 670 publicacións, das cales se seleccionaron 15, seguindo as directrices PRISMA e en función dos criterios de inclusión e exclusión rexistrados. A maioría dos estudos foron realizados en Europa (12/15). O atletismo (53.3%), o fútbol (20%) e os deportes acuáticos (20%) eran as disciplinas que máis practicaban os atletas dos estudos. A erosión dental e os traumatismos dentais son patoloxías máis frecuentes que na poboación xeral. Os estudos non mostraron diferenzas entre a prevalencia de caries e de enfermidade periodontal. CONCLUSIÓNS Este estudio suxire que a erosión dental e o trauma oral foron identificadas como as patoloxías con maior afectación no deportista profesional con respecto a poboación xeral. Ademais, o ambiente onde se practica o deporte, os hábitos en hixiene oral e os coñecementos en saúde oral, son factores asociados co estado de saúde oral do deportista de elite.

FERNANDEZ RIVEIRO, PAULA Cotitoría
RODRÍGUEZ FERNÁNDEZ, Mª DE LA ALMUDENA (Titoría)
FERNANDEZ RIVEIRO, PAULA Cotitoría
Tribunal
Fernández Feijoo, Javier (Presidente/a)
FERNANDEZ FORMOSO, NOELIA (Secretario/a)
Batalla Vázquez, María Pilar (Vogal)
Fernández Feijoo, Javier (Presidente/a)
FERNANDEZ FORMOSO, NOELIA (Secretario/a)
Batalla Vázquez, María Pilar (Vogal)
Revisión bibliográfica para unha proposta de estudo clínico: Estudo BRINDIS (bloqueo de rama esquerda induce disfunción sistólica)
Autoría
A.F.B.
Grao en Medicina
A.F.B.
Grao en Medicina
Data da defensa
18.07.2024 09:00
18.07.2024 09:00
Resumo
A fracción de exección do ventrículo esquerdo constitue na actualidade un parámetro determinante no diagnóstico, tratamento y pronóstico da síndrome de insuficiencia cardíaca. Na presenza de trastornos de activación intraventricular, especialmente o bloqueo de rama esquerda, prodúcese unha contracción asincrónica das cámaras cardiacas, na que a medición da fracción de exección pode resultar insuficiente á hora de avaliar o risco real de disfunción ventricular e insuficiencia cardiaca. Observamos así que, na consulta, un determinado número de pacientes con esta alteración e con FEVE reducida estimada por probas de imaxe, non presentarían os marcadores nin a evolución (en términos de ingresos y complicaciones) do que cabería esperarse nunha insuficiencia cardíaca, asemellándose máis aos da poboación xeral. O obxectivo deste traballo é a revisión da bibliografía dispoñible ao respecto da patoxenia e o enfoque diagnóstico e terapéutico do bloqueo de rama esquerda do Haz de His (BREHH), así como a formulación dunha proposta de estudo clínico que pretenda, principalmente, recompilar datos clínicos e probas diagnósticas para determinar un perfil favorable de paciente que non precisaría un seguimento estreito nas consultas especializadas e secundariamente o análise da utilización de outros parámetros, coma o cálculo do volume sistólico real, como medidas máis exactas da función cardíaca en pacientes con BREHH.

Soto Loureiro, Fernando Cotitoría
MAZON RAMOS, MARIA DEL PILAR (Titoría)
Soto Loureiro, Fernando Cotitoría
Tribunal
GALLEGO GOMEZ, MARIA ROSALIA (Presidente/a)
SOTO VARELA, ANDRES (Secretario/a)
RODRIGUEZ REQUENA, JESUS (Vogal)
GALLEGO GOMEZ, MARIA ROSALIA (Presidente/a)
SOTO VARELA, ANDRES (Secretario/a)
RODRIGUEZ REQUENA, JESUS (Vogal)
Desenvolvemento dun proceso de atención comunitaria para persoas maiores nun centro de saúde.
Autoría
L.A.V.
Grao en Medicina
L.A.V.
Grao en Medicina
Data da defensa
20.06.2024 09:00
20.06.2024 09:00
Resumo
Introdución: A acción comunitaria consiste na dinamización das relación sociais de cooperación entre as persoas dun determinado ámbito ou espazo de convivenza. Grazas a ela, consíguese mellorar as condicións de vida das persoas, reforzar os vínculos sin excluír a ninguén, buscando a equidade e promover a acción individual e colectiva. Para levar a cabo una acción comunitaria, deberemos realizar un ciclo comunitario que nos permita explorar a comunidades e evaluar as súas necesidades. Obxectivo: Definir o desenvolvemento dun ciclo de acción comunitaria. Material e métodos: Utilizouse a información recollida en dúas fontes desenvoltas e redactadas polo Ministerio de Sanidade Español:La Guía de Acción Comunitaria para ganar salud e La Guía de Orientaciones Didácticas para la acción comunitaria. Utilizouse o mapeo realizado no Centro de Saúde de Beiramar para coñecer o principal problema da población da terceira idade, a soidade. Tras isto, leváronse a cabo tres técnicas de investigación-acción participativa de tipo cualitativo: entrevista narrativa, grupo nominal e mapeo de emocións. Resultados: Tras levar a cabo as diferentes técnicas de investigación-acción participativa, detéctanse dous problemas. En primeiro lugar, a falta de coñecemento dos diferentes activos e recursos do barrio e, en segundo lugar, a falta de interese para participar. Conclusión: Coñecer as necesidades dos nosos maiores, é esencial para mellorar a súa saúde. Para isto, é importante levar a cabo técnicas que permitan detectar tanto os problemas como os aspectos positivos do seu día a día e do seu entorno.

Aldecoa Landesa, Susana Cotitoría
GUDE SAMPEDRO, FRANCISCO (Titoría)
Aldecoa Landesa, Susana Cotitoría
Tribunal
ARAUJO VILAR, DAVID (Presidente/a)
SOTO VARELA, ANDRES (Secretario/a)
SUAREZ PEÑARANDA, JOSE MANUEL (Vogal)
ARAUJO VILAR, DAVID (Presidente/a)
SOTO VARELA, ANDRES (Secretario/a)
SUAREZ PEÑARANDA, JOSE MANUEL (Vogal)
Avaliación da seguridade e eficiencia da Intelixencia Artificial en radioloxía: unha revisión bibliográfica.
Autoría
A.V.F.
Grao en Medicina
A.V.F.
Grao en Medicina
Data da defensa
18.07.2024 09:00
18.07.2024 09:00
Resumo
Antecedentes: a implantación da Intelixancia Artificial (IA) en medicina supuxo un antes e un despois no desenvolvemento da práctica profesional. Esta tecnoloxía leva anos integrada nos servizos de radioloxía de diferentes xeitos. En concreto, a súa aplicación no proceso de interpretación de imaxes constitúe unha das maiores revolucións desta especialidade, e pode chegar a cambiar radicalmente a práctica dos profesionais. Obxectivo: analizar o impacto da IA na precisión e eficiencia diagnósticas na interpretación de imaxes radiolóxicas, así como avaliar aspectos relacionados coa seguridade. Ademais, tenta coñecer a percepción dos futuros profesionais sanitarios sobre a implantación da IA en medicina. Materiais e métodos: realizouse unha busca exhaustiva utilizando as bases de datos bibliográficas PubMed e Scopus. Ademais, para coñecer a opinión do alumnado sobre a IA en medicina, elaborouse un cuestionario en formato dixital. Resultados: un total de 153 artigos foron rescatados mediante unha busca de palabras clave nas bases de datos Pubmed e Scopus. Despois de ler os títulos e os resumos, recuperáronse un total de 15 artigos para a revisión do texto completo aplicando os criterios de inclusión e exclusión. Finalmente, seleccionáronse os 7 artigos restantes para ser incluídos na revisión. Por outra banda, o cuestionario foi cumprimentado por 95 estudantes de diferentes facultades de Medicina e Odontoloxía. Tras a súa revisión, comprobouse que a aplicación da IA proporciona un aumento da eficiencia na interpretación de imaxes radiolóxicas, con altos valores de sensibilidade, especificidade, precisión e AUC (ata 100%, 100%, 0,99 e 99). Atopáronse, respectivamente, puntos positivos e negativos con potencial de mellora en materia de seguridade. Por outra banda, os estudantes demostraron unha percepción positiva sobre a integración desta tecnoloxía, aínda que non teñen unha formación adecuada, o que xenera certas preocupacións. Conclusións: demostrouse que a aplicación da IA en radioloxía aumenta a eficiencia e a precisión do diagnóstico. Non obstante, existe un potencial de mellora alcanzable mediante unha investigación de maior calidade. En canto á seguridade, atopáronse factores que a afectan positivamente, pero tamén variables negativas que requiren unha análise máis profunda. Finalmente, comprobouse que o máximo beneficio se obtén da combinación de expertos humanos e modelos de IA. Por iso, parece necesario ampliar a formación ao respecto aos futuros profesionais, conscientes da relevancia desta nova tecnoloxía na medicina e que, ademais, demandan dita preparación.

Souto Bayarri, José Miguel (Titoría)
Barreiro Ares, Andrés Cotitoría
Souto Bayarri, José Miguel (Titoría)
Barreiro Ares, Andrés Cotitoría
Tribunal
LAREU HUIDOBRO, MARIA VICTORIA (Presidente/a)
LIROLA DELGADO, ANTONIO GUSTAVO (Secretario/a)
RODRIGUEZ COBOS, MARIA ANGELES (Vogal)
LAREU HUIDOBRO, MARIA VICTORIA (Presidente/a)
LIROLA DELGADO, ANTONIO GUSTAVO (Secretario/a)
RODRIGUEZ COBOS, MARIA ANGELES (Vogal)
Uso de terapias avanzadas en pacientes embarazadas con Enfermidade Inflamatoria Intestinal
Autoría
O.R.A.
Grao en Medicina
O.R.A.
Grao en Medicina
Data da defensa
20.06.2024 09:00
20.06.2024 09:00
Resumo
Introdución: As Enfermidades Inflamatorias Intestinais constitúen un trastorno inflamatorio crónico do tracto gastrointestinal, que presentan ademais carácter sistémico. Debido ao seu frecuente diagnóstico en pacientes novas, presentaranse en moitos casos en mulleres con desexo de embarazo, sendo fundamental o seu adecuado tratamento para o correcto desenvolvemento deste. Obxectivo: O obxectivo desta revisión sistemática consiste en realizar unha análise da seguridade, eficacia e posibles complicacións derivadas dos distintos tratamentos avanzados utilizados en EII para o seu uso en pacientes embarazadas. Métodos: Lévase a cabo unha procura sistemática na base de datos electrónica MedLine e na Biblioteca Cochrane, baseada na utilización de palabras chave e os operadores booleanos OR e AND. Inclúense estudos que achegan información do impacto, perfil de seguridade materno-fetal e resultados neonatais dos tratamentos utilizados para a terapia das enfermidades inflamatorias intestinais durante o embarazo. Resultados: Incluíronse nesta revisión sistemática 18 estudos, dos cales 14 son observacionais e 4 revisións sistemáticas. Neles estúdase a seguridade de diferentes tratamentos en base ás complicacións maternas que puideron aparecer ao longo do embarazo e os resultados neonatais obtidos. Conclusión: É imprescindible un adecuado tratamento durante o embarazo para evitar a aparición de brotes. As tiopurinas, fármacos anti-TNF, anti-Integrina e anti-IL12/23 considéranse seguros e recoméndase o seu uso durante o embarazo. O metotrexato, os inhibidores JAK e inhibidores S1P están contraindicados durante o embarazo.

Ferreiro Iglesias, Rocío Cotitoría
BARREIRO DE ACOSTA, MANUEL FRANCISCO (Titoría)
Ferreiro Iglesias, Rocío Cotitoría
Tribunal
VARO PEREZ, EVARISTO (Presidente/a)
ARIAS RIVAS, SUSANA (Secretario/a)
DIAZ RUIZ, MARIA DEL CARMEN (Vogal)
VARO PEREZ, EVARISTO (Presidente/a)
ARIAS RIVAS, SUSANA (Secretario/a)
DIAZ RUIZ, MARIA DEL CARMEN (Vogal)
Eficacia e seguridade das vacunas vivas atenuadas en pacientes con esclerose múltiple
Autoría
D.C.C.
Grao en Medicina
D.C.C.
Grao en Medicina
Data da defensa
18.07.2024 09:00
18.07.2024 09:00
Resumo
Introdución. A inmunización dos pacientes con esclerose múltiple (EM) é un tema de interese debido ao risco infeccioso relacionado coas novas terapias modificadoras da enfermidade. Aínda que as vacinas vivas están contraindicadas en pacientes inmunocomprometidos, o seu papel na esclerose múltiple é controvertido. Obxectivo. Os obxectivos desta revisión son estudar os riscos e beneficios das vacinas vivas, así como as súas indicacións e contraindicacións en pacientes con EM. Métodos. Levouse a cabo unha revisión sistemática seguindo as directrices PRISMA dos estudos empíricos atopados en Pubmed, Scopus e Neurology, incluíndo finalmente 8 estudos. Resultados. Os resultados sinalan elevadas taxas de seroconversión, variables segundo número de dose e tratamento recibido. Un estudo determinou un aumento significativo na taxa de recaídas tras a vacina da febre amarela, non apoiado por dous estudos posteriores. Conclusións. As vacinas da varicela e a tripla vírica xeran unha resposta serológica adecuada en pacientes con esclerose múltiple sen tratamento ou con DMT de baixa eficacia, aínda que a inmunidade humoral pode verse afectada por anti CD20 ou moduladores de S1RP. Estas vacinas son seguras en pacientes sen tratamento inmunosupresor, pero non hai suficiente evidencia para afirmar a mesma seguridade coa vacina da febre amarela.

Patróns dietéticos e risco cardiovascular: unha revisión sistemática
Autoría
M.C.P.
Grao en Medicina
M.C.P.
Grao en Medicina
Data da defensa
18.07.2024 09:00
18.07.2024 09:00
Resumo
As enfermidades cardiovasculares (ECV) convertéronse na principal causa de morbimortalidade a nivel mundial, desprazando ás infeccións debido a estilos de vida non saudables como o tabaquismo, o abuso de alcohol, o sedentarismo e dietas inadecuadas. A aterosclerose, a fisiopatoloxía común das ECV, vese agravada pola trombose, a principal causa de eventos cardiovasculares fatais. A revisión sistemática proposta investiga a relación entre os patróns dietéticos e a prevención das ECV. Patróns como a dieta mediterránea, DASH e dietas baseadas en plantas demostraron efectos positivos na redución de factores de risco e eventos cardiovasculares. Esta revisión ten como obxectivo avaliar a eficacia destes patróns dietéticos na prevención primaria e secundaria das ECV en pacientes de 19 a 64 anos, medindo a mortalidade, a incidencia de eventos cardiovasculares e parámetros cardiometabólicos como o peso, o perfil lipídico e os niveis de glicosa no sangue.

Impacto da comorbilidade na cirurxía maior non cardíaca
Autoría
F.G.N.
Grao en Medicina
F.G.N.
Grao en Medicina
Data da defensa
20.06.2024 09:00
20.06.2024 09:00
Resumo
Introdución: A cirurxía ten riscos cuantifícalles cun impacto indiscutible no prognostico dos enfermos. Os eventos ocorridos durante a mesma e o postoperatorio son difíciles de predicir, ao contrario do que ocorre coa comorbilidade, ao ser un factor máis constante. Con este fin deseñáronse distintas escalas e índices de risco, como o índice de Charlson, a SRS e a ASA-PS. O noso obxectivo é valorar a utilidade dos dous primeiros principalmente, así como identificar parámetros comprendidos neles con escaso valor. Material e métodos: Unha vez asinado o consentimento informado, recolléronse de 50 pacientes sometidos a cirurxía abdominal datos demográficos, da cirurxía, antecedentes persoais, mortalidade, estadía no hospital, estadía na UCI e datos necesarios para o cálculo dos índices mencionados. Excluíronse pacientes cun risco de exitus moi elevado con independencia do procedemento cirúrxico, pacientes menores de 18 ou maiores de 85 anos e pacientes cuxo procedemento cirúrxico non puido ser completado. Resultados e discusión: A idade mediana dos pacientes foi de 63 anos. Na mostra había unha porcentaxe de mulleres superior á de homes. O tempo cirúrxico foi de 269 minutos de mediana. Un 78% eran pacientes oncolóxicos e o 70% padecían metástases no momento da cirurxía. O ICC mostrou un valor mediano de 8.00, mentres que o SRS de 10. A mortalidade foi do 0% aos 90 días, do 2% aos 6 meses e do 16% ao ano de seguimento. Aqueles pacientes cunha estadía superior a 10 días presentaron unha maior estadía en UCI e os pacientes con maior estadía hospitalaria presentaron un valor do escore SRS maior. Os pacientes cunha estadía en UCI maior de 1 día presentaron un maior IMC e estadía hospitalaria, ademais de valores maiores en todos os índices de comorbilidade (Charlson) e risco de intervención cirúrxica (SRS). O reducido tamaño da mostra condiciona que moitos dos datos analizados non alcancen a significación estatística. Conclusións: Na nosa mostra o SRS mostrouse superior ao índice de Charlson para predicir a estadía hospitalaria e en UCI. Propoñemos a eliminación da patoloxía oncohematolóxica e o SIDA como parámetros ao realizar a clasificación de comorbilidades de pacientes cirúrxicos, debido á escasa frecuencia de cirurxías en pacientes do primeiro grupo e ao excelente control farmacolóxico que se pode lograr hoxe en día no segundo, resultando por tanto pouco útiles.

dos Santos Carregal, Laura Cotitoría
González Nogueiras, Mariana Cotitoría
Álvarez Escudero, Julián (Titoría)
dos Santos Carregal, Laura Cotitoría
González Nogueiras, Mariana Cotitoría
Tribunal
GALLEGO GOMEZ, MARIA ROSALIA (Presidente/a)
MARTINEZ ROLAN, ROSA MARIA (Secretario/a)
TABOADA MUÑIZ, MANUEL (Vogal)
GALLEGO GOMEZ, MARIA ROSALIA (Presidente/a)
MARTINEZ ROLAN, ROSA MARIA (Secretario/a)
TABOADA MUÑIZ, MANUEL (Vogal)
Tratamento da compresión maxilar esquelética: expansión rápida do maxilar usando MARPE
Autoría
M.T.B.
Grao en Odontoloxía
M.T.B.
Grao en Odontoloxía
Data da defensa
19.07.2024 09:30
19.07.2024 09:30
Resumo
A compresión maxilar esquelética representa un desafío clínico significativo, non só afectando á harmonía facial e ao equilibrio oclusal, senón estando potencialmente relacionada con trastornos como a apnea/hipoapnea e a perda da audición. Este estudo pretende investigar sobre o uso do expansor maxilar palatino asistido con micro-parafusos (MARPE) no tratamento desta patoloxía. Obxectivos: estudar o desenvolvemento e crecemento do maxilar e a sutura palatina media; indagar sobre a posible etioloxía da compresión maxilar esquelética; avaliar as súas repercusións e valorar o seu tratamento con MARPE, facendo especial fincapé nos distintos deseños, biomecánica, aplicacións e cambios a nivel dentoalveolar e morfolóxico-esqueléticos. Métodos: realízase unha revisión bibliográfica exhaustiva sobre o tratamento desta condición mediante buscadores científicos especializados. Resultados: destácase consistentemente a eficacia do MARPE na corrección da compresión maxilar esquelética, con resultados clínicos favorables e mínimos efectos secundarios. Conclusións: MARPE é un tratamento eficaz e predecible para o tratamento da compresión maxilar esquelética, producindo menos efectos secundarios en comparación con outros tratamentos.
A compresión maxilar esquelética representa un desafío clínico significativo, non só afectando á harmonía facial e ao equilibrio oclusal, senón estando potencialmente relacionada con trastornos como a apnea/hipoapnea e a perda da audición. Este estudo pretende investigar sobre o uso do expansor maxilar palatino asistido con micro-parafusos (MARPE) no tratamento desta patoloxía. Obxectivos: estudar o desenvolvemento e crecemento do maxilar e a sutura palatina media; indagar sobre a posible etioloxía da compresión maxilar esquelética; avaliar as súas repercusións e valorar o seu tratamento con MARPE, facendo especial fincapé nos distintos deseños, biomecánica, aplicacións e cambios a nivel dentoalveolar e morfolóxico-esqueléticos. Métodos: realízase unha revisión bibliográfica exhaustiva sobre o tratamento desta condición mediante buscadores científicos especializados. Resultados: destácase consistentemente a eficacia do MARPE na corrección da compresión maxilar esquelética, con resultados clínicos favorables e mínimos efectos secundarios. Conclusións: MARPE é un tratamento eficaz e predecible para o tratamento da compresión maxilar esquelética, producindo menos efectos secundarios en comparación con outros tratamentos.
Dirección
Pose Rodríguez, José Manuel (Titoría)
OTERO CASAL, MARIA DE LA PAZ Cotitoría
Pose Rodríguez, José Manuel (Titoría)
OTERO CASAL, MARIA DE LA PAZ Cotitoría
Tribunal
Fernández Feijoo, Javier (Presidente/a)
FERNANDEZ FORMOSO, NOELIA (Secretario/a)
BORRAJO GARCIA, MARIA ISABEL (Vogal)
Fernández Feijoo, Javier (Presidente/a)
FERNANDEZ FORMOSO, NOELIA (Secretario/a)
BORRAJO GARCIA, MARIA ISABEL (Vogal)
Fume e espellos: unha revisión da enfermidade de moyamoya e o seu tratamento.
Autoría
A.G.L.
Grao en Medicina
A.G.L.
Grao en Medicina
Data da defensa
05.09.2024 09:00
05.09.2024 09:00
Resumo
A enfermidade de moyamoya é unha patoloxía cerebrovascular caracterizada por unha estenose crónica e progresiva da arteria carótide interna e as súas ramas principais, inducindo un estado de isquemia crónica que leva á neoformación de vasos como mecanismo compensatorio. Trátase dunha entidade pouco frecuente aínda rodeada de numerosas incógnitas por resolver, sendo unha delas o tratamento de elección. O obxectivo é revisar a literatura científica recente para obter una visión global sobre a enfermidade de moyamoya e comparar as opcións de tratamento á hora de reducir os resultados clínicos desfavorables (ictus, accidentes isquémicos transitorios, resangrado, déficits cognitivos e morte).

Fernández Rodríguez, Eva (Titoría)
Pérez Lorenzo, Gema Cotitoría
Fernández Rodríguez, Eva (Titoría)
Pérez Lorenzo, Gema Cotitoría
Tribunal
Rodriguez Calvo, Maria Sol (Presidente/a)
LAGE FERNANDEZ, RICARDO (Secretario/a)
Ponte Hernando, Fernando Julio (Vogal)
Rodriguez Calvo, Maria Sol (Presidente/a)
LAGE FERNANDEZ, RICARDO (Secretario/a)
Ponte Hernando, Fernando Julio (Vogal)
Eficacia da fototerapia no tratamento da hiperbilirrubinemia en neonatos a termo e prematuros e efectos secundarios a longo prazo: revisión sistemática.
Autoría
B.P.F.
Grao en Medicina
B.P.F.
Grao en Medicina
Data da defensa
20.06.2024 09:00
20.06.2024 09:00
Resumo
A ictericia por hiperbilirrubinemia indirecta afecta a máis do 50% dos neonatos, sendo a maioría por causas benignas e reversibles. O tratamento fundamental da ictericia neonatal é a fototerapia, co obxectivo de previr o efecto tóxico máis temido da bilirrubina, o kernicterus. Aínda que a fototerapia é xeralmente considerada segura, algúns estudos demostraron posibles efectos prexudiciais tanto a curto como a longo prazo.

Arias Novas, María Begoña Cotitoría
Concheiro Guisán, Ana (Titoría)
Arias Novas, María Begoña Cotitoría
Tribunal
GARCIA-CABALLERO PARADA, TOMAS M. M. (Presidente/a)
RODRIGUEZ CID, Mª JOSEFA (Secretario/a)
VICENTE ALBA, FRANCISCO JAVIER (Vogal)
GARCIA-CABALLERO PARADA, TOMAS M. M. (Presidente/a)
RODRIGUEZ CID, Mª JOSEFA (Secretario/a)
VICENTE ALBA, FRANCISCO JAVIER (Vogal)
Abordaxe da encefalopatía de Wernicke. Revisión bibliográfica a propósito dunha serie de casos.
Autoría
E.E.G.C.
Grao en Medicina
E.E.G.C.
Grao en Medicina
Data da defensa
20.06.2024 09:00
20.06.2024 09:00
Resumo
INTRODUCIÓN: A encefalopatía de Wernicke (EW) é un trastorno neurolóxico agudo e potencialmente reversible que se caracteriza por unha tríada clínica de estado mental alterado, trastornos oculomotores e alteración da marcha ou ataxia. É causado pola deficiencia de tiamina, a cal é máis frecuente en pacientes con transtorno por consumo de alcohol. O diagnóstico é fundamentalmente clínico e pódese realizar mediante os criterios de Caine. O pilar central do tratamento da EW é a administración precoz de tiamina por vía parenteral. OBXECTIVO: O obxectivo deste traballo é realizar unha síntese da literatura científica e comparar os datos extraídos cos correspondentes a unha serie de casos, todo isto co propósito de esclarecer cal é a abordaxe adecuada da EW. MÉTODOS: Realizouse unha revisión na base de datos Pubmed dos artigos relevantes que mostrasen datos de pacientes diagnosticados de EW. Por outra parte, utilizáronse os datos dunha serie de casos integrada por pacientes diagnósticados con EW na área de Santiago de Compostela e Barbanza. RESULTADOS: Levouse a cabo unha descrición detallada dos resultados obtidos nos diferentes artigos e na serie de casos en canto ás características persoais e antecedentes dos pacientes, manifestacións clínicas, características do tratamento e recuperación experimentada. DISCUSIÓN E CONCLUSIÓNS: A maioría dos pacientes non presenta de forma simultánea os tres signos da tríada clásica. Dita inespecificidade da presentación clínica leva a un marcado infradiagnóstico da EW. Obsérvase unha gran variabiliade na dosificación e vía de administración utilizadas no trantamento. O principal problema é que non existe un consenso en canto á dose óptima e a vía empregada, nin unhas guías clínicas claras que establezan o protocolo a seguir na abordaxe da EW.

NOVO VELEIRO, IGNACIO (Titoría)
López Rodríguez, María Cotitoría
NOVO VELEIRO, IGNACIO (Titoría)
López Rodríguez, María Cotitoría
Tribunal
GALLEGO GOMEZ, MARIA ROSALIA (Presidente/a)
MARTINEZ ROLAN, ROSA MARIA (Secretario/a)
TABOADA MUÑIZ, MANUEL (Vogal)
GALLEGO GOMEZ, MARIA ROSALIA (Presidente/a)
MARTINEZ ROLAN, ROSA MARIA (Secretario/a)
TABOADA MUÑIZ, MANUEL (Vogal)
Factores determinantes de cumprimento e eficacia da profilaxe pre-exposición (PrEP) de infección por VIH en diferentes poboacións. Unha revisión bibliográfica.
Autoría
M.A.G.
Grao en Medicina
M.A.G.
Grao en Medicina
Data da defensa
20.06.2024 09:00
20.06.2024 09:00
Resumo
Introdución: O virus da inmunodeficiencia humana (VIH), causante da Síndrome da Inmunodeficiencia Adquirida (SIDA) foi e segue a ser unha grande preocupación da saúde pública polo importante número de infeccións (84,2 millóns de persoas contraxeron a infección dende que comezou a epidemia) e as consecuencias clínicas que xera (41,1 millóns de persoas morreron de complicacións relacionadas ca SIDA). Actualmente, a terapia antirretroviral (TAR) está sendo moi eficaz freando a evolución da infección e diminuíndo os contaxios (2, 9 millóns de persoas reciben este tratamento en 2022 fronte aos 7,7 millóns de persoas que o recibían en 2010). Porén, segue existindo risco de transmisión e poboacións con risco de contaxio maior que o resto da poboación como son os homes que manteñen relacións sexuais con homes, persoas transxénero, parellas serodiscordantes, traballadoras sexuais ou usuarios de drogas inxectabeis. En Xullo de 2012, tras múltiples estudos, aprobouse o comezo dun tratamento de profilaxe pre- exposición (PrEP) ao VIH en adultos con alto risco de contaxio. Posteriormente, en 2019, tamén se aprobou o seu uso en adolescentes con risco de contraer o VIH. Os resultados desta profilaxe están a ser exitosos. Non obstante, este éxito non se debe só á medicación senón tamén, en gran parte, á adherencia ao tratamento que vén determinada por diferentes factores que poden variar entre as poboacións. Obxectivos: Determinar cales son os condicionantes da adherencia ao tratamento profiláctico pre-exposicional (PrEP) ao VIH e como afectan á eficacia deste en distintas poboacións de risco. Poboacións e métodos: No presente traballo analizáronse 5 grupos da poboación considerados cun elevado risco de infectarse co VIH. Estes son: homes que manteñen sexo con homes (Men who have sex with Men, MSM), traballadoras sexuais (Female Sexual Workers, FSW), persoas que se inxectan drogas (People who Injetc Drugs, PID), mulleres transxénero (Transgender Women, TGW) e parellas serodiscordantes (Serodiscordant Couples, SDC). Esta análise realizouse mediante unha revisión bibliográfica da literatura científica seguindo a metodoloxía PRISMA. Resultados: En MSM, o TNF/FTC diminuiu a infeción por VIH entre un 44% e un 86%, segundo os estudos iPREX e PROUD. O IPERGAY demostrou una reducción do risco do 86% coa PrEP a demanda, mentres que o HPTN 083 mostrou un risco 66% menor con CAB-LA ca con TNF/FTC oral. A adherencia variou dende o 74,2% ata o 98%. En TGW, os niveis de adherencia foron menores, e as barreiras incluíron o acceso a servizos específicos e a priorización do tratamento hormonal. As FSW afrontaron obstáculos similares, ademáis da falta de control do uso do preservativo debido á violencia e traballo sexual. Os PID mostraron un baixo coñecemento e uso da PrEP. En SDC, a PrEP mostrou una eficacia do 67% ao 84%, con alta retención e adherencia. Conclusións: O tratamento coa PrEP é esencial para diminuir a incidencia do VIH en MSM, TFW, FSW, PID e SDC. A eficacia deste tratamento depende en gran medida da adherencia, a cal afronta múltiples desafíos. Os determinantes de adherencia incluen descoñecemento, medo a efectos adversos, estigma social, e barreiras na implementación médica. Factores individuais de cada poboación de risco estudada, como o embarazo, o réxime diario en condicións inestabeis e a prioridade ao tratamento hormonal tamén influen. É necesario implementar estratexias de saúde para mellorar a adherencia e diminuir o estigma asociado ao VIH.

DIAZ PEROMINGO, JOSE ANTONIO (Titoría)
DIAZ PEROMINGO, JOSE ANTONIO (Titoría)
Tribunal
PEREZ FERNANDEZ, ROMAN (Presidente/a)
LIROLA DELGADO, ANTONIO GUSTAVO (Secretario/a)
Antela López, Antonio Rafael (Vogal)
PEREZ FERNANDEZ, ROMAN (Presidente/a)
LIROLA DELGADO, ANTONIO GUSTAVO (Secretario/a)
Antela López, Antonio Rafael (Vogal)
Clasificacións e guías actuáis do manexo do nódulo tiroideo: Revisión sistemática das principais diferenzas e comparación
Autoría
N.V.P.
Grao en Medicina
N.V.P.
Grao en Medicina
Data da defensa
18.07.2024 09:00
18.07.2024 09:00
Resumo
O nódulo tiroideo (NT) é unha entidade cunha alta prevalencia na poboación. Con todo, só unha pequena porcentaxe deles son malignos. Sendo a ecografía a proba por excelencia no seu diagnóstico, ao longo dos anos desenvolvéronse múltiples clasificacións ecográficas cuxo obxectivo é o de estratificar os nódulos tiroideos en función do risco de malignidade baseándose nas súas características ecográficas e ofrecer recomendacións sobre a realización de citoloxía mediante PAAF. Dado que estas clasificacións empregan diferentes criterios para a estratificación dos NT, obsérvase unha grande variabilidade na súa capacidade diagnóstica e non existe consenso sobre cal delas debe empregarse na práctica clínica. Por este motivo, e despois de atopar unha escaseza de estudos que avalíen as clasificacións actualmente relevantes, decidiuse realizar unha revisión sistemática dos sistemas de estratificación do risco de malignidade do TN baseados na ecografía co fin de avaliar a evidencia actualmente dispoñible sobre o rendemento destas clasificacións como método diagnóstico e a súa capacidade para evitar biopsias innecesarias. Para iso, realizouse unha busca sistemática de estudos observacionais sobre o tema en PubMed e Scopus. Despois de aplicar determinados criterios de inclusión e exclusión, seleccionáronse 12 artigos para a súa revisión, presentando os seus datos en táboas. Os resultados deste traballo expuxeron unha gran variación en canto a sensibilidade, especificidade e taxa de biopsias innecesarias obtidas polos diferentes estudos revisados na avaliación de cada clasificación. A Kwak-TIRADS e a ACR-TIRADAS destacan por presentar unha maior sensibilidade con menores taxas de biopsias innecesarias; así como a K-TIRADS de 2021, pola súa gran sensibilidade xunto cos Kwak-TIRADS. Non obstante, é evidente a necesidade de máis estudos para apoiar estes resultados

Eficacia terapéutica dos antagonistas da GnRH na calidade de vida de pacientes con endometriose.
Autoría
N.C.S.
Grao en Medicina
N.C.S.
Grao en Medicina
Data da defensa
18.07.2024 09:00
18.07.2024 09:00
Resumo
Obxectivos: Síntese da evidencia científica dispoñible sobre a eficacia terapéutica dos antagonistas da GnRH (Elagolix, Relugolix e Linzagolix) na mellora da calidade de vida en mulleres diagnosticadas de endometriose e dor pélvica asociada. Métodos: revisión sistemática de ensaios clínicos aleatorios (n=16) en mulleres premenopáusicas con diagnóstico cirúrxico de endometriose e dor pélvica asociada baixo tratamento con antagonistas da GnRH (Elagolix, Relugolix e Linzagolix) e avaliación da eficacia terapéutica sobre a calidade de vida Perfil de saúde da endometriose EHP-30 e EHP-5. Resultados: Mellora da calidade de vida con maior significación na subescala de dor, seguida do dominio de control e indefensión dos perfís EHP-30 e EHP-5. Descríbese unha resposta terapéutica dependente da dose definida nun marco temporal, proporcional á mellora da calidade de vida dos pacientes. Así mesmo, consolídase a eficacia terapéutica comparable entre agonistas e antagonistas no manexo da dor de orixe endometriótica e na mellora dos índices de benestar. Conclusión: a revisión sistemática apoia a eficacia terapéutica dos antagonistas da GnRH (Elagolix, Relugolix e Linzagolix) na mellora da calidade de vida en pacientes con endometriose.

Santa María Ortiz, Johana Karin Cotitoría
ARIAS BALTAR, MARIA EFIGENIA (Titoría)
Santa María Ortiz, Johana Karin Cotitoría
Tribunal
GONZALEZ GARCIA, FRANCISCO (Presidente/a)
MERA VARELA, ANTONIO JOSE (Secretario/a)
GINARTE VAL, MANUEL JAVIER (Vogal)
GONZALEZ GARCIA, FRANCISCO (Presidente/a)
MERA VARELA, ANTONIO JOSE (Secretario/a)
GINARTE VAL, MANUEL JAVIER (Vogal)
Eficacia da profilaxe cirúrxica do cancro xinecolóxico asociado á síndrome de Lynch
Autoría
A.S.G.
Grao en Medicina
A.S.G.
Grao en Medicina
Data da defensa
20.06.2024 09:00
20.06.2024 09:00
Resumo
Introdución: A síndrome de Lynch (LS) é unha síndrome de predisposición hereditaria ao cancro común, autosómica dominante. Está presente en aproximadamente 1 de cada 300 persoas. Non obstante, actualmente preto do 95% das persoas con LS descoñecen o seu diagnóstico. As portadoras teñen un maior risco de desenvolver varios tipos de cancro, sendo o máis estreitamente asociado o cancro colorrectal e o cancro de endometrio ou ovario nas mulleres. Obxectivos: Realizar unha revisión sistemática para avaliar a eficacia e os posibles beneficios obtidos das principais intervencións cirúrxicas na prevención do desenvolvemento do cancro xinecolóxico en pacientes coa síndrome de Lynch. Metodoloxía: Realizouse unha busca nas bases de datos PubMed Central e Scopus, seleccionando estudos relacionados coa eficacia da cirurxía profiláctica xinecolóxica en mulleres con síndrome de Lynch publicados entre 2018 e 2023. Resultados: Dos 254 estudos atopados, 15 foron seleccionados tras aplicar os criterios de inclusión e exclusión para incluír finalmente 7 estudos na revisión. Conclusións: A cirurxía de redución de riscos é a forma máis eficaz e rendible de previr o cancro de endometrio ou de ovario en pacientes coa síndrome de Lynch. É necesario un enfoque multidisciplinar e tendo en conta a variante patóxena MMR e a idade do paciente para ofrecer unha atención máis axustada ao risco individual de cada paciente.

Bobillo Varela, Carmen Cotitoría
ARIAS BALTAR, MARIA EFIGENIA (Titoría)
Bobillo Varela, Carmen Cotitoría
Tribunal
PAREDES COTORE, JESUS PEDRO (Presidente/a)
URISARRI RUIZ DE CORTAZAR, ADELA (Secretario/a)
PARGA MARTIN, JUAN ANDRES (Vogal)
PAREDES COTORE, JESUS PEDRO (Presidente/a)
URISARRI RUIZ DE CORTAZAR, ADELA (Secretario/a)
PARGA MARTIN, JUAN ANDRES (Vogal)
Utilidade da rehabilitación vestibular na vestibulopatía bilateral. Revisión sistemática.
Autoría
A.J.D.
Grao en Medicina
A.J.D.
Grao en Medicina
Data da defensa
20.06.2024 09:00
20.06.2024 09:00
Resumo
Introdución A vestibulopatía bilateral (BVP) é unha patoloxía con disfunción de ambos os órganos vestibulares. Mantén unha clínica larvada con grandes complicacións para a vida diaria. A rehabilitación vestibular ten como obxectivo reforzar as capacidades do sistema do equilibrio de cada paciente, mellorando a inestabilidade e con iso a calidade de vida. Estudos científicos arroxan información sobre os avances en resultados destas técnicas, algunhas delas novas, co fin de avanzar nesta patoloxía. Obxectivos Realízase unha procura na literatura co fin de agrupar e expor a eficacia de diferentes terapias de rehabilitación, na mellora, habituación e adaptabilidad aos síntomas, co fin de obter maior calidade de vida. Métodos Revísanse diferentes ensaios clínicos e metaanálisis, en tres bases de datos diferentes (Iacobus, Biblioteca Cochrane e Pubmed). Utilízase o diagrama de fluxo PRISMA para a elección de artigos. Resultados Oito estudos pasan os criterios de elección e son analizados para obter datos sobre as terapias de rehabilitación (Estimulación galvánica, Feedback electrotáctil e vibrotáctil, así como modificacións da terapia convencional), obtendo os diferentes resultados que nos permiten realizar unha comparación. Conclusións A BVP é unha patoloxía de definición complexa, e con síntomas de difícil control. Esta enfermidade mellora grazas á rehabilitación vestibular, por iso novos avances permiten a este tratamento ser máis eficiente dentro da práctica clínica. A estimulación galvánica, dispositivos como o Vertiguard ou o Brainport, ou diferentes formas e enfoques de realizar a terapia convencional conseguen mellorar o control postural, o equilibrio e a calidade de vida.

SANTOS PEREZ, SOFIA MARIA SOLEDAD (Titoría)
Rossi Izquierdo, Marcos Cotitoría
SANTOS PEREZ, SOFIA MARIA SOLEDAD (Titoría)
Rossi Izquierdo, Marcos Cotitoría
Tribunal
GELABERT GONZALEZ, MIGUEL (Presidente/a)
CABANAS RODRIGUEZ, PALOMA (Secretario/a)
PEREIRO FERREIROS, MANUEL (Vogal)
GELABERT GONZALEZ, MIGUEL (Presidente/a)
CABANAS RODRIGUEZ, PALOMA (Secretario/a)
PEREIRO FERREIROS, MANUEL (Vogal)
Tratamento da hipertrofia do músculo masetero coa aplicación de Toxina Botulínica Tipo A
Autoría
M.M.J.L.
Grao en Medicina
M.M.J.L.
Grao en Medicina
Data da defensa
05.09.2024 09:00
05.09.2024 09:00
Resumo
A etiología da hipertrofia do músculo masetero é multifactorial e pode estar relacionada con numerosos procesos como o bruxismo, a patoloxía específica da articulación temporo - mandibular, alteracións da oclusión, trastornos do estado emocional, estrés crónico, ausencia da fase REM do soño, así como unha alteración específica na modulación da acetilcolina e dopamina nos nociceptores e neuroreceptores musculares dun ou ambos os músculos maseteros. As manifestacións clínicas iniciais son moi variables, a maioría cursan de maneira asintomática e adoitan ser diagnosticadas tras percibir o paciente, un abultamiento variable nas proximidades do ángulo mandibular. Esta modificación anatómica e desfiguración pode ser percibida polo paciente con maior ou menor intensidade, dependendo das variacións de peso que poida experimentar durante un curto espazo de tempo. É preciso tamén sinalar que, non en todas as hipertrofias unilaterais ou bilaterais do masetero está indicada a aplicación da toxina botulínica, e que nalgúns casos, pódese chegar á indesexable circunstancia do sobre tratamento, co consecuente enmascaramiento doutras patoloxías que deberían ser diagnosticadas por parte do profesional, mediante a prescrición previa doutras probas diagnósticas complementarias O noso caso clínico e una paciente de 40 anos, que acode á Unidade Docente de Cirurxía Oral da Universidade de Santiago de Compostela, derivada pola súa Odontólogo, o cal a trataba previamente de bruxismo e disfunción articular da ATM mediante unha férula de reposición articular anterior. A paciente refire desde hai dous anos a existencia dun abultamiento muscular progresivo, bilateral e ás veces doloroso na área dos músculos maseteros. A pesar de que pola inspección e a historia clínica poderíase establecer un claro diagnóstico diferencial con outras patoloxías, indicamos a realización de probas pola imaxe convencionais, unha resonancia nuclear magnética e unha ecografía de ambos os espazos parotídeos e da área de ambos os músculos maseteros.

SUAREZ QUINTANILLA, JOSE MARIA (Titoría)
SUAREZ QUINTANILLA, JOSE MARIA (Titoría)
Tribunal
Rodriguez Calvo, Maria Sol (Presidente/a)
LAGE FERNANDEZ, RICARDO (Secretario/a)
Ponte Hernando, Fernando Julio (Vogal)
Rodriguez Calvo, Maria Sol (Presidente/a)
LAGE FERNANDEZ, RICARDO (Secretario/a)
Ponte Hernando, Fernando Julio (Vogal)
A influencia dos recursos sanitarios na desigualdade en Europa
Autoría
A.F.P.
Grao en Medicina
A.F.P.
Grao en Medicina
Data da defensa
20.06.2024 09:00
20.06.2024 09:00
Resumo
Introdución e obxectivos. O crecente interese na sustentabilidade dos sistemas sanitarios dos países levou á proliferación de estudos centrados na mellora da saúde da cidadanía, así como sobre a procura da equidade no ámbito social e sanitario. Por iso, o presente traballo de investigación ten como obxectivo principal analizar en que medida inflúen os recursos sanitarios sobre a desigualdade de ingresos e, mediante isto, comprender a importancia das políticas sanitarias públicas sobre a equidade social. Material e métodos. O traballo inicia cunha revisión da literatura no ámbito de interese que permitirá xustificar tanto a selección das variables utilizadas como contrastar os resultados obtidos con posterioridade. Para a análise configúrase unha base de datos de panel para o período comprendido entre 2005 e 2020, conformada por 32 países do continente europeo e 13 variables. Finalmente, utilizarase o software R para a depuración das variables e a realización da análise. Resultados. Todas as variables utilizadas son significativas para explicar a desigualdade de ingresos, aínda que presentan valores diferentes dependendo do tipo de gasto considerado no modelo e de se se aplican erros robustos ou non durante a estimación. Discusión. En xeral, as variables sanitarias afectan negativamente á desigualdade; mentres que a variable ficticia indica que a desigualdade é inferior nos países cun Sistema Sanitario de Seguros Sociais respecto aos que teñen o Sistema Nacional de Saúde, aínda que a diferenza non é significativa con erros robustos. Conclusións. As políticas sanitarias públicas destinadas a incrementar o investimento en saúde poden ser un gran apoio para a loita contra a desigualdade de ingresos, especialmente aquelas que impactan sobre a equidade no financiamento e a distribución dos recursos sanitarios.

FERNANDEZ PEREZ, CRISTINA (Titoría)
Reyes Santías, Francisco Cotitoría
FERNANDEZ PEREZ, CRISTINA (Titoría)
Reyes Santías, Francisco Cotitoría
Tribunal
GARCIA RIESTRA, CARLOS (Presidente/a)
Rodríguez Vázquez, Virginia María (Secretario/a)
PAZOS CASTELOS, ANTONIO JUAN (Vogal)
GARCIA RIESTRA, CARLOS (Presidente/a)
Rodríguez Vázquez, Virginia María (Secretario/a)
PAZOS CASTELOS, ANTONIO JUAN (Vogal)
Definición e tratamento da asma grave mal controlada. Emprego de tratamentos biolóxicos na Área Sanitaria de Santiago a propósito dunha serie de casos.
Autoría
A.V.O.
Grao en Medicina
A.V.O.
Grao en Medicina
Data da defensa
20.06.2024 09:00
20.06.2024 09:00
Resumo
A asma é unha das enfermidades respiratorias máis prevalentes en España. O seu gran número de pacientes fai que a súa afectación e sintomatoloxía sexa heteroxénea. Para facilitar a súa abordaxe os pacientes poden dividirse en varios subgrupos segundo o seu fenotipo e o nivel de control da súa asma. A aproximación terapéutica dos pacientes asmáticos debe ser multifactorial e as estratexias de tratamento farmacolóxico divídense en seis niveis segundo a gravidade e a dificultade de control sintomático en cada paciente. Nos últimos anos, os fármacos biolóxicos abriron unha ventá de oportunidades para o tratamento da asma grave non controlada. Estes fármacos, enmarcados no último chanzo de tratamento e avalados por múltiples estudos, actúan sobre diferentes mediadores inflamatorios implicados na patoxenia desta enfermidade. A evidencia dispoñible amosa que permiten mellorar o control sintomático e a función pulmonar así coma reducir as exacerbacións e a necesidade de glicocorticoides orais. Este traballo busca sintetizar a evidencia dispoñible sobre a asma grave e o uso de tratamentos biolóxicos, empregando como eixo condutor varios casos destacables de pacientes da Área Sanitaria de Santiago e Barbanza

VALDES CUADRADO, LUIS GUILLERMO (Titoría)
Lama López, Adriana Cotitoría
VALDES CUADRADO, LUIS GUILLERMO (Titoría)
Lama López, Adriana Cotitoría
Tribunal
MERA VARELA, ANTONIO JOSE (Presidente/a)
CAICEDO VALDES, DIEGO JESUS (Secretario/a)
SAAVEDRA NIEVES, PAULA (Vogal)
MERA VARELA, ANTONIO JOSE (Presidente/a)
CAICEDO VALDES, DIEGO JESUS (Secretario/a)
SAAVEDRA NIEVES, PAULA (Vogal)
A modificación postraducional neddilación e o seu rol no metabolismo humano
Autoría
J.A.L.F.
Grao en Medicina
J.A.L.F.
Grao en Medicina
Data da defensa
05.09.2024 09:00
05.09.2024 09:00
Resumo
O termo “modificacións postraducionais” fai referencia a todo proceso bioquímico sofrido por unha proteína trala súa biosíntese. Estas alteracións sobre a estrutura nativa da proteína, xeralmente mediante proteólise e adición de grupos modificadores, teñen a potestade de alterar a súa funcionalidade e características, polo que constitúen un mecanismo molecular fundamental á hora de entender a bioloxía da proteína. Un avance no coñecemento das diferentes modificacións postraducionais en contextos fisiolóxicos e fisiopatolóxicos ten o potencial de abrir novas opcións terapéuticas orientadas a modificar ou previr a ocorrencia dos efectos asociados á súa acción sobre os substratos proteicos. Mentres que algunhas modificacións postraducionais, como a fosforilación ou a metilación, foron descritas en profundidade e coñecidas detalladamente en canto ós seus efectos e implicacións, outras; porén, están aínda comezando a entenderse e estudarse. Un destes casos é o da neddilación. Recentes estudos preclínicos veñen de demostrar unha forte implicación da neddilación no metabolismo enerxético, particularmente no contexto da obesidade, esteatose hepática, resistencia á insulina e diabetes. Este traballo tentará dilucidar a través dunha revisión sistemática da literatura e dun repaso ad hoc da fisioloxía que liga os puntos anteriores o potencial papel fisiolóxico e fisiopatolóxico da neddilación no metabolismo enerxético.

González Rellán, María Jesús Cotitoría
Dieguez Gonzalez, Carlos (Titoría)
González Rellán, María Jesús Cotitoría
Tribunal
Rodriguez Calvo, Maria Sol (Presidente/a)
LAGE FERNANDEZ, RICARDO (Secretario/a)
Ponte Hernando, Fernando Julio (Vogal)
Rodriguez Calvo, Maria Sol (Presidente/a)
LAGE FERNANDEZ, RICARDO (Secretario/a)
Ponte Hernando, Fernando Julio (Vogal)
Axenesia femoral e o seu tratamento respecto dun caso
Autoría
M.L.D.L.O.S.
Grao en Medicina
M.L.D.L.O.S.
Grao en Medicina
Data da defensa
20.06.2024 09:00
20.06.2024 09:00
Resumo
A axenesia femoral é unha condición conxénita extraordinariamente complexa que implica a ausencia total ou parcial do óso femoral, un dos compoñentes fundamentais da extremidade inferior. Esta malformación, que se orixina nas etapas iniciais do desenvolvemento fetal, conleva a unha variabilidade considerable na presentación clínica. Pode manifestarse como unha ausencia completa do óso femoral ou como unha deformidade severa e subdesarrollo desta estrutura anatómica esencial. No contexto deste estudo, destácase un caso clínico específico dunha doente do Hospital Universitario de Santiago de Compostela, quen foi diagnosticada con axenesia femoral de forma prenatal. Ao longo da súa vida, a doente experimentou múltiples intervencións cirúrxicas deseñadas para abordar as complexidades asociadas coa axenesia femoral. Estas intervencións buscaron non só corrixir as anomalías anatómicas, senón tamén mellorar a funcionalidade da extremidade afectada. Na discusión deste estudo, explorouse minuciosamente a correlación entre cada procedemento cirúrxico e os riscos asociados. Examinouse en detalle como cada paso, dende a osteotomía ata a aplicación de diversos tipos de fixadores externos, pode carrexar unha gama de posibles complicacións, que abarcan dende problemas de consolidación ósea ata complicacións de tipo neurolóxico, vascular e de deformación dos implantes. Esta análise das relacións entre os procedementos e as posibles complicacións resultou esencial para entender a traxectoria do tratamento da paciente e para tomar decisións informadas sobre as estratexias de manexo máis apropiadas en cada fase do proceso. O obxectivo fundamental do traballo é proporcionar unha visión integral da axenesia femoral a través dun caso clínico específico, evidenciando a importancia do diagnóstico prenatal e as estratexias de manexo cirúrxico e as posibles complicacións.

Noya Álvarez, Felipe Cotitoría
PINO MINGUEZ, JESUS (Titoría)
Noya Álvarez, Felipe Cotitoría
Tribunal
VIDAL PAN, Mª DEL CARMEN (Presidente/a)
de la Iglesia Martínez, Fernando Antonio (Secretario/a)
CAMESELLE TEIJEIRO, JOSE MANUEL (Vogal)
VIDAL PAN, Mª DEL CARMEN (Presidente/a)
de la Iglesia Martínez, Fernando Antonio (Secretario/a)
CAMESELLE TEIJEIRO, JOSE MANUEL (Vogal)
Enfermidade de Alzheimer e Enfermidade Periodontal: unha posible relación causal
Autoría
S.L.E.
Grao en Odontoloxía
S.L.E.
Grao en Odontoloxía
Data da defensa
19.07.2024 09:30
19.07.2024 09:30
Resumo
A hipótese dunha conexión infecciosa da cavidade bucal ao cerebro subliña o interese por analizar a relación entre a enfermidade periodontal e a enfermidade de Alzheimer. O obxectivo desta revisión sistémica é avaliar a implicación da enfermidade periodontal no desenvolvemento da enfermidade de Alzheimer. Despois de analizar as bases de datos (PubMed, Cochrane e Scopus) en busca de referencias relevantes nos últimos cinco anos, seleccionáronse os estudos e extraéronse os datos. Neste traballo incluíronse catro estudos. Os resultados destes estudos describiron un aumento significativo do número de bacterias patóxenas no microbioma oral e unha maior concentración de citocinas no sangue do doente en doentes con Alzheimer en comparación con doentes sans. En concreto, un aumento de P. gingivalis, F. nucleatum e P. intermedia (p-0,05) foi evidente no grupo EA en comparación co grupo control, así como as concentracións de IL-1 e IL-6 (p -0,05) .05) e TNF-alfa (p -0,001). Tamén se observou que a puntuación total de dentes cariados, perdidos e obturados (CAOD) (p = 0,001) e os niveis de proteína Tau sérica (p = 0,043), hsCRP (p = 0,004) e LPS anti-P.gingivalis ( p=0,046) dos suxeitos con EA foi significativamente maior que nos controis. A revisión actual suxire unha asociación entre a enfermidade periodontal e a enfermidade de Alzheimer. Aínda que son necesarios máis estudos para aclarar o papel da periodontite como factor de risco para a EA, o tratamento da enfermidade periodontal podería ser unha forma de explorar a prevención da enfermidade de Alzheimer.

Santana Mora, Urbano Alejandro (Titoría)
Santana Mora, Urbano Alejandro (Titoría)
Tribunal
Fernández Feijoo, Javier (Presidente/a)
FERNANDEZ FORMOSO, NOELIA (Secretario/a)
BORRAJO GARCIA, MARIA ISABEL (Vogal)
Fernández Feijoo, Javier (Presidente/a)
FERNANDEZ FORMOSO, NOELIA (Secretario/a)
BORRAJO GARCIA, MARIA ISABEL (Vogal)
Epidemioloxía lesional de equipos galegos de Hoquei sobre Patíns
Autoría
A.F.V.V.
Grao en Medicina
A.F.V.V.
Grao en Medicina
Data da defensa
20.06.2024 09:00
20.06.2024 09:00
Resumo
Contexto: O Hoquei sobre Patíns é un deporte minoritario en España e, polo tanto, hai poucas publicacións sobre as súas lesións máis comúns e as súas causas subxacentes. É crucial ampliar este coñecemento para comprender mellor o patrón de lesións deste deporte. Obxectivos: Describir a epidemioloxía das lesións en xogadores de hoquei sobre patíns, co fin de analizar a influencia de diversos factores e poder así establecer unha base sólida para o desenvolvemento de plans de prevención específicos. Métodos: Levouse a cabo un estudo retrospectivo sobre as lesións acontecidas durante as tempadas 2021/2022 e 2022/2023 en catro equipos galegos profesional e semiprofesionais de Hoquei sobre Patíns. Estudáronse 38 deportistas, utilizando unha definición estrita de lesión con baixa deportiva e un sistema estandarizado de rexistro de lesións. Resultados: Rexistráronse un total de 46 lesións, cunha incidencia global de 0,61 +- 0,98 lesións por xogador e tempada. As lesións musculares foron as máis frecuentes (n= 14, 30,4%), sendo o adutor longo o músculo máis afectado. A maioría das lesións producíronse de forma progresiva sen contacto (n=26, 56,5%) e na última fase da tempada (n= 16, 34,8%). O tempo medio de baixa deportiva foi de 21,39 +- 37,98 días. Conclusións: A maioría das lesións no hoquei sobre patíns son agudas e ocorren sen contacto, sobre todo ao final da tempada. Confírmanse as lesións musculares, particularmente nos aductores, como as máis frecuentes. Polo tanto, resultaría crucial levar a cabo máis investigacións epidemiolóxicas para poder establecer medidas preventivas específicas para este tipo de lesións.

DOMINGUEZ PUENTE, FERNANDO (Presidente/a)
González Barcala, Francisco Javier (Secretario/a)
PINO MINGUEZ, JESUS (Vogal)

Perfil de sensibilización e prescrición de inmunoterapia en doentes con alerxia respiratoria en Latinoamérica
Autoría
N.G.P.
Grao en Medicina
N.G.P.
Grao en Medicina
Data da defensa
20.06.2024 09:00
20.06.2024 09:00
Resumo
Introdución: A inmunoterapia específica con alérxenos (ITA) é o único tratamento existente capaz de modificar a enfermidade alérxica respiratoria e inducir tolerancia contra o alérxeno. Obxectivos: O obxectivo principal de este estudio foi identificar os motivos clínicos de prescripción (drivers) de ITA na práctica clínica en Latinoamérica en doentes con patoloxía respiratoria alérxica. Planteanse como obxectivos secundarios identificar as características clínicas e perfís de sensibilización dos doentes incluídos e identificar o tipo de ITA escollido de forma preferente nesta rexión. Material e métodos: A recollida de datos do estudo CHOICE-Global realizouse mediante o cuestionario en liña PQ (siglas de Patients’ Questionnaire), que debía ser cuberto polos médicos prescritores de ITA e consta de 27 preguntas sobre datos sociodemográficos do doente, a súa enfermidade alérxica, perfil de sensibilización e características da ITA prescrita. Inclúense doentes de calquera idade con alerxia respiratoria que iniciaran ITA fronte ao pole, ácaros do po, fungos ou epitelio de animais. A participación foi voluntaria e non remunerada. Resultados: O estudo incluíu un total de 1865 doentes procedentes de 10 países de Latinoamérica. A presentación cínica máis frecuente é a rinite (64.8%), seguida da combinación de rinite e asma (31.8%). Un 94.4% dos doentes presentan sensibilización fronte aos ácaros do po. O 43% dos doentes están polisensibilizados. Ao 94.4% dos doentes se lle realizan probas cútaneas ou prick-test e só ao 21-1% un diagnóstico in vitro de IgE fronte a extractos completos. A rinite é persistente e de características moderadas/graves no 70.7% dos doentes. A vía subcutánea é a seleccionada para a ITA no 77.7% dos casos. O tipo de extracto máis utilizado (47.5%) é o alergoide depot. Conclusión principal: Os principais drivers de prescrición de ITA na patoloxía respiratoria alérxica en Latinoamérica son a gravidade da patoloxía alérxica do doente, a seguridade do tratamento, a eficacia do tratamento despois da súa suspensión e a cuantificación biolóxica da actividade do extracto.

Avaliación dos trastornos do sono en pacientes con Esclerose Múltiple
Autoría
C.E.L.
Grao en Medicina
C.E.L.
Grao en Medicina
Data da defensa
20.06.2024 09:00
20.06.2024 09:00
Resumo
A vinculación entre a esclerose múltiple (EM) e os trastornos do sono foi historicamente infradiagnosticada a pesar das crecentes evidencias que suxiren unha asociación significativa. Postúlase que a inflamación crónica e os cambios neurodexenerativos no sistema nervioso central, características da EM, poderían afectar directamente aos circuítos neuronais que regulan o sono. Ademais, considérase que os trastornos do sono poden actuar como factores de risco ou desencadenantes de exacerbacións en pacientes con EM, afectando á progresión da enfermidade. Os obxectivos deste TFG son establecer a relación entre a EM e os trastornos do sono, identificar os factores subxacentes que contribúen a esta conexión, analizar a prevalencia e incidencia destes trastornos na enfermidade e examinar as implicacións clínicas dos trastornos do sono en pacientes con EM. así como a calidade de vida e o impacto no curso clínico da enfermidade.
A vinculación entre a esclerose múltiple (EM) e os trastornos do sono foi historicamente infradiagnosticada a pesar das crecentes evidencias que suxiren unha asociación significativa. Postúlase que a inflamación crónica e os cambios neurodexenerativos no sistema nervioso central, características da EM, poderían afectar directamente aos circuítos neuronais que regulan o sono. Ademais, considérase que os trastornos do sono poden actuar como factores de risco ou desencadenantes de exacerbacións en pacientes con EM, afectando á progresión da enfermidade. Os obxectivos deste TFG son establecer a relación entre a EM e os trastornos do sono, identificar os factores subxacentes que contribúen a esta conexión, analizar a prevalencia e incidencia destes trastornos na enfermidade e examinar as implicacións clínicas dos trastornos do sono en pacientes con EM. así como a calidade de vida e o impacto no curso clínico da enfermidade.
Dirección
PRIETO GONZALEZ, JOSE MARIA OSCAR (Titoría)
PRIETO GONZALEZ, JOSE MARIA OSCAR (Titoría)
Tribunal
Dieguez Gonzalez, Carlos (Presidente/a)
VALDES CUADRADO, LUIS GUILLERMO (Secretario/a)
LOPEZ LOPEZ, RAFAEL (Vogal)
Dieguez Gonzalez, Carlos (Presidente/a)
VALDES CUADRADO, LUIS GUILLERMO (Secretario/a)
LOPEZ LOPEZ, RAFAEL (Vogal)
Anestesia en terapia electroconvulsiva en doente psiquiátrico
Autoría
D.P.C.
Grao en Medicina
D.P.C.
Grao en Medicina
Data da defensa
20.06.2024 09:00
20.06.2024 09:00
Resumo
Introdución A terapia electroconvulsiva (TEC) é actualmente un tratamento de elevada eficacia en diversas patoloxías psiquiátricas, especialmente indicada en trastornos graves e resistentes a tratamento médico, sen contraindicacións absolutas. Para optimizar o seu resultado terapéutico, é necesaria unha estreita colaboración entre o persoal de psiquiatría, anestesia e enfermaría. Un pilar fundamental para obter o máximo beneficio, a expensas dos mínimos efectos adversos, debe ser unha correcta técnica anestésica. Obxectivos Proporcionar a mellor e máis actualizada evidencia científica acerca da indución anestésica na TEC, en especial, comparando os distintos axentes anestésicos disponibles en canto a clínica psiquiátrica, función cognitiva, efecto en parámetros convulsivos e efectos adversos. Material e métodos Realízase unha revisión sistemática da literatura científica en PubMed e Cochrane sobre ensaios clínicos nos últimos 10 anos. Finalmente, 22 artículos son incluídos neste traballo. Resultados A ketamina podería mellorar a clínica depresiva e ser especialmente útil en pacientes con alto risco de suicidio, ademais de que podería reducir o deterioro cognitivo asociado á TEC, e non foi relacionada cun aumento dos efectos adversos maiores. A medición do factor neurotrófico derivado do cerebro (BDNF) e de determinados parámetros electrocardiográficos podería ser útil para aumentar a calidade e seguridade da TEC. Conclusións Dados os resultados dispares das investigacións analizadas e as limitacións existentes na maioría delas, é necesaria a realización de estudos de maior rigor científico que avalíen, a longo prazo e en distintas patoloxías psiquiátricas, os diferentes fármacos disponibles na indución anestésica da TEC.

Otero Ibáñez, Ildefonso Fernando Cotitoría
Álvarez Escudero, Julián (Titoría)
Otero Ibáñez, Ildefonso Fernando Cotitoría
Tribunal
Souto Bayarri, José Miguel (Presidente/a)
Martinón Torres, Nazareth (Secretario/a)
GARCIA ACUÑA, JOSE MARIA (Vogal)
Souto Bayarri, José Miguel (Presidente/a)
Martinón Torres, Nazareth (Secretario/a)
GARCIA ACUÑA, JOSE MARIA (Vogal)
Asociación entre endometriose e enfermidades autoinmunes tiroideas: unha revisión sistemática
Autoría
L.B.F.
Grao en Medicina
L.B.F.
Grao en Medicina
Data da defensa
20.06.2024 09:00
20.06.2024 09:00
Resumo
Introdución: A endometriose é unha enfermidade xinecolóxica crónica que afectan ao 11% de mulleres en idade reprodutiva. A etioloxía é descoñecida, pero existen hipóteses que apoian un orixe autoinmune da enfermidade. Obxectivos: O obxectivo deste traballo foi avaliar a evidencia existente sobre a asociación entre as enfermidades autoinmunes tiroideas e a endometriose a partir dunha revisión sistemática da literatura. Métodos: Realizouse unha búsqueda exhaustiva nas bases de datos electrónicas Medline (vía PubMed), Cochrane e Embase usando uns criterios PICO modificados para estudos de asociación. Obtivéronse un total de 6 artigos para a súa revisión, rexistro e análise de datos. Resultados: Existen datos que apoian unha relación entre o tamaño dos quistes endometriósicos e os niveis de anticorpos anti-TPO en mulleres con endometriose. Hai estudos que apoian unha asociación entre o hipotiroidismo (incluído o hipotiroidismo autoinmune) e a endometriose e entre a enfermidade de Graves e a endometriose. As mulleres con endometriose mostraron títulos significativamente máis altos de anticorpos TRAb IgG en comparación con mulleres sen endometriose. Conclusión: As publicacións revisadas suxiren unha asociación entre as enfermidades autoinmunes tiroideas e a endometriose. Porén, os resultados atopados deben ser interpretados con cautela. Ademais de que o número de estudos é limitado, estes conteñen un alto risco de nesgos. Necesítanse máis investigacións de deseño prospectivo para confirmar esta relación.

Rodríguez Blanco, Helena Cotitoría
ARIAS BALTAR, MARIA EFIGENIA (Titoría)
Rodríguez Blanco, Helena Cotitoría
Tribunal
RODRIGUEZ PALLARES, JANNETTE (Presidente/a)
RODRIGUEZ GARCIA, JAIME JOSE (Secretario/a)
LOPEZ MARTIN, MARIA ELENA (Vogal)
RODRIGUEZ PALLARES, JANNETTE (Presidente/a)
RODRIGUEZ GARCIA, JAIME JOSE (Secretario/a)
LOPEZ MARTIN, MARIA ELENA (Vogal)
Avaliación da resposta de citocinas inducida por inmunoterapia alérxica específica en pacientes con anafilaxia por Vespa velutina.
Autoría
O.F.A.
Grao en Medicina
O.F.A.
Grao en Medicina
Data da defensa
20.06.2024 09:00
20.06.2024 09:00
Resumo
Introdución: Vespa velutina é considerada unha especie invasora no noso medio, implicando deste xeito consecuencias a nivel económico, ecolóxico e sanitario. A anafilaxe por veleno de Vespa velutina é unha emerxencia médica cada vez máis frecuente. O tratamento de elección fronte esta patoloxía é a vacinación con extractos alérxenos. A finalidade desta terapia é inducir nos pacientes unha tolerancia periférica, cambiando o perfil de citocinas tipo 2 polo tipo 1, incrementando ademais os niveis de células reguladoras. Obxectivos: O presente estudo ten por obxectivo avaliar o perfil de citocinas no soro dos pacientes que padeceron unha anafilaxe por veleno de Vespa velutina, para comprobar se tras un ano de inmunoterapia con veleno de Vespula spp se puidesen obxectivar cambios inmunolóxicos que mostraran unha desviación da resposta cara a produción de citocinas de tipo 1 e de citocinas reguladoras. Pacientes e Métodos: Introducíronse consecutivamente 20 pacientes, os cales sufriron unha reacción anafiláctica por veleno de Vespa velutina entre os meses de Marzo e Decembro de 2021. En todos eles demostrouse a presenza de IgE específica fronte ao veleno de Vespa velutina e recibiron inmunoterapia alérxica específica subcutánea con veleno de Vespula spp. As determinacións das citocinas (IL-4, IL-5, IL-10, IL-13 e IFN-gamma) realizáronse en situación basal, aos seis meses e ao ano de comezar a inmunoterapia, empregando o kit Cytokine multiplex magnetic bead panels (Bio-plex Pro Human Cytokine 17-plex Assay, Bio-Rad Laboratories SA, Madrid). Resultados: Documentouse un incremento significativo nos niveis de IFN-gamma tanto aos seis meses como ao ano de iniciar o tratamento. Tras un ano de inmunoterapia alérxica, detectouse un aumento da IL-10, mentres que a IL-5 diminuíu. Con respecto á IL-4, esta mantívose a niveis non detectables en todas as determinacións realizadas, mentres que a IL-13 bruscamente incrementou os seus niveis ao ano, con respecto aos valores obtidos aos seis meses. Conclusións: A inmunoterapia con veleno de Vespula spp en pacientes que sufriron unha reacción anafiláctica por veleno de Vespa velutina é capaz de inducir un cambio no seu perfil de citocinas. Tense constatado un incremento nos niveis de citocinas tipo 1 tales como IFN-gamma e de citocinas de tipo regulador como IL-10 tras 6 e 12 meses de inmunoterapia alérxica respectivamente, en detrimento das de tipo 2.

López Freire, Sara Cotitoría
VIDAL PAN, Mª DEL CARMEN (Titoría)
López Freire, Sara Cotitoría
Tribunal
Dieguez Gonzalez, Carlos (Presidente/a)
VALDES CUADRADO, LUIS GUILLERMO (Secretario/a)
LOPEZ LOPEZ, RAFAEL (Vogal)
Dieguez Gonzalez, Carlos (Presidente/a)
VALDES CUADRADO, LUIS GUILLERMO (Secretario/a)
LOPEZ LOPEZ, RAFAEL (Vogal)
Disfaxia e obstrución da vía aérea na enfermidade de forestier: Revisión sistemática da literatura
Autoría
R.A.G.B.
Grao en Medicina
R.A.G.B.
Grao en Medicina
Data da defensa
09.02.2024 09:00
09.02.2024 09:00
Resumo
OBXECTIVOS: detectar a incidencia e prevalencia de disfaxia na DISH, recoller a sintomatoloxía predominante e revisar as opcións máis actuais do tratamento dispoñible. METOLODOLOXÍA: realizouse unha revisión sistemática da bibliografía máis actual dispoñible, nas principais bases de datos empregando os criterios de inclusión e exclusión. RESULTADOS: Primeiramente, logrouse evidenciar a falta de unanimidade que existe á hora de diagnosticar a DISH baseándonos en criterios dispoñibles. Posteriormente verificouse a falta de estudos que evidencien a fisiopatoloxía clara da enfermidade, así como da ausencia dun protocolo para seguir na opción de tratamento médico conservador.. DISCUSION: A enfermidade de Forestier ten unha incidencia que aumenta coa idade, afectando en maior medida a homes; relaciónase con HTA, DM e síndrome metabólico, actualmente non existe consenso en canto aos criterios diagnósticos, no relativo ao tratamento prefírese optar por ser conservadores en primeira instancia, deixando á cirurxía como segundo chanzo. CONCLUSIÓNS: Coñecer a prevalencia exacta da DISH é complicado porque a maioría dos casos non se diagnostican ao ser asintomáticos, afecta máis persoas maiores e tamén máis a homes que a mulleres, relacionouse positivamente coa HTA, DM2 e síndrome metabólico, cando debuta coa clínica, o síntoma máis frecuente é a disfaxia e o tratamento de primeira opción é conservador.

RODRIGUEZ COBOS, MARIA ANGELES (Titoría)
RODRIGUEZ COBOS, MARIA ANGELES (Titoría)
Tribunal
Rodriguez Calvo, Maria Sol (Presidente/a)
LAGE FERNANDEZ, RICARDO (Secretario/a)
Ponte Hernando, Fernando Julio (Vogal)
Rodriguez Calvo, Maria Sol (Presidente/a)
LAGE FERNANDEZ, RICARDO (Secretario/a)
Ponte Hernando, Fernando Julio (Vogal)
Tratamento non cirúrxico de periimplantite en casos de perda ósea extrema, ¿ónde está o límite?
Autoría
P.I.A.R.
Grao en Odontoloxía
P.I.A.R.
Grao en Odontoloxía
Data da defensa
19.07.2024 09:30
19.07.2024 09:30
Resumo
A periimplantite é unha condición patolóxica asociada á placa que se produce nos tecidos que rodean o implante dental, caracterizada pola inflamación da mucosa periimplantaria e a perda progresiva do óso de soporte. Existe unha gran variedade de protocolos terapéuticos á hora de tratalo, dende tratamentos non cirúrxicos, desbridamentos mecánicos, antibióticos e antimicrobianos; mesmo procedementos cirúrxicos. O obxectivo principal deste estudo foi describir catro casos de pacientes diagnosticados de periimplantite avanzada onde o tratamento de elección podería ser a explantación e a posterior reconstrución ósea anatómica complexa. Estes casos foron tratados coa aplicación de tratamento non cirúrxico, en combinación con metronidazol sistémico. O resultado clínico e radiográfico foi moi satisfactorio, evitando a perda do implante e a posterior cirurxía reconstructiva avanzada. Isto repercute tanto na morbilidade dos casos como nos custos económicos para substituír implantes cun prognóstico “imposible”. Por iso, mesmo en casos de periimplantite avanzada, o tratamento non cirúrxico podería evitar a perda inminente do implante e as consecuencias económicas e de morbilidade para o paciente.

LIÑARES GONZALEZ, ANTONIO (Titoría)
LIÑARES GONZALEZ, ANTONIO (Titoría)
Tribunal
Fernández Feijoo, Javier (Presidente/a)
FERNANDEZ FORMOSO, NOELIA (Secretario/a)
BORRAJO GARCIA, MARIA ISABEL (Vogal)
Fernández Feijoo, Javier (Presidente/a)
FERNANDEZ FORMOSO, NOELIA (Secretario/a)
BORRAJO GARCIA, MARIA ISABEL (Vogal)
Correlación entre a oximetría de pulso e a presión parcial de osíxeno en pacientes críticos ingresados na unidade de reanimación. Influencia da noradrenalina e o balance de líquidos na devandita localización: estudo observacional unicéntrico
Autoría
A.B.I.
Grao en Medicina
A.B.I.
Grao en Medicina
Data da defensa
20.06.2024 09:00
20.06.2024 09:00
Resumo
Introdución: a medición correcta do estado de osixenación dos nosos pacientes é clave para tomar decisións clínicas moi relevantes. Actualmente contamos con dous sistemas para cuantificar o estado de osixenación: a pulsioximetría, un método que nos permite estimar a saturación periférica de osíxeno, e a gasometría arterial, unha proba invasiva que permite a medición directa. Obxectivos: Determinar a correlación entre a pulsioximetría e a presión de osíxeno arterial nunha unidade de coidados intensivos. Ademais, preténdese valorar dúas situacións concretas que poden afectar a esta correlación: a administración de altos niveis de noradrenalina (polo seu poderoso efecto vasoconstrictor) e o balance fluído moi positivo (polo edema periférico resultante). Material e métodos: realizouse un estudo observacional prospectivo, monocéntrico, na UCI cirúrxica do Hospital Universitario de Santiago de Compostela. Durante o período de estudo comprendido entre xullo de 2023 e marzo de 2024, tras asinar o consentimento informado, realizouse a recollida de datos necesaria de cada paciente ingresado na unidade mediante o programa ICIP. Os suxeitos dividíronse en tres grupos en función de se estaban recibindo norepinefrina e o seu equilibrio fluído. Resultados: incluíronse 116 pacientes, cunha idade media de 65,60 +- 14,30 anos. Para establecer a correlación utilizouse o índice de correlación lineal de Pearson. No grupo base, a correlación entre os niveis de Sa02 e Sp02 foi de 0,69. A mesma correlación mantívose en ambos os subgrupos do grupo norepinefrina (0,65 e 0,60) e nos dous subgrupos do grupo equilibrio (0,67 e 0,60). Non se alcanzou a significación estatística en ningún dos grupos. Conclusións: En consonancia coa evidencia actual, na nosa cohorte obsérvase que a medición da osixenación dos pacientes mediante oximetría de pulso é un método non invasivo, de fácil interpretación, que non se ve interferido por situacións de hipervolemia nin por presenza de aminas vasoconstrictoras.

Álvarez Escudero, Julián Cotitoría
VEIRAS DEL RIO, SONIA (Titoría)
Álvarez Escudero, Julián Cotitoría
Tribunal
ARAUJO VILAR, DAVID (Presidente/a)
SOTO VARELA, ANDRES (Secretario/a)
SUAREZ PEÑARANDA, JOSE MANUEL (Vogal)
ARAUJO VILAR, DAVID (Presidente/a)
SOTO VARELA, ANDRES (Secretario/a)
SUAREZ PEÑARANDA, JOSE MANUEL (Vogal)
Saúde mental en poboación xitana en España: unha revisión sistemática exploratoria.
Autoría
L.P.R.
Grao en Medicina
L.P.R.
Grao en Medicina
Data da defensa
20.06.2024 09:00
20.06.2024 09:00
Resumo
Na poboación xitana en España intersecan varios factores de risco coñecidos para a saúde mental, e na literatura nacional e internacional hai indicios dun peor estado da mesma nesta poboación. Sen embargo, a dispoñibilidade e calidade desta información son pouco claras. Por este motivo levouse a cabo unha revisión sistemática de tipo exploratorio, co obxectivo xeral de analizar o estado de saúde mental da poboación xitana en España a través da literatura existente. Como obxectivos secundarios destacan coñecer o grao de desenvolvemento deste campo de investigación en España, revisar as características dos estudos seleccionados, recoñecer os problemas concretos de saúde mental detectados e discutir futuras liñas de investigación e intervención. Realizouse unha procura sistemática nas bases de datos Medline, PsycInfo, Google Scholar e Dialnet abarcando o período dos últimos 30 anos. Incluíronse aqueles estudos enfocados en poboación xitana en España, independentemente de se nalgún subgrupo específico, que explorasen o estado de saúde mental nas súas dimensións tanto psiquiátrica como psicolóxica. Consideráronse revisións sistemáticas e/ou meta-análises, estudos experimentais ou cuasi-experimentais e estudos observacionais, xa foran estes analíticos, descritivos, cuantitativos ou cualitativos: ensaios clínicos (aleatorizados ou non), estudos de cohortes, casos-controis, transversais, series de casos... Dos traballos incluídos, extraéronse os datos referentes aos participantes, instrumentos e comparacións, principais resultados e deseño. Os resultados foron analizados desde unha perspectiva descritiva debido a falta de estandarización dos instrumentos e metodoloxías. Conclúese que o estado de saúde mental na poboación xitana en España é un campo de investigación escasamente desenvolto e pouco específico. As persoas xitanas en España presentan taxas máis altas de depresión e ansiedade e de consumo de drogas, alcohol e tabaquismo. O estudo da psicopatoloxía é limitado e incompleto: non se atoparon datos sobre a maior parte da patoloxía psiquiátrica nesta poboación. Existen factores protectores asociados á poboación xitana, como a identidade étnica e a autoestima comunitaria, a organización social en base á familia extensa ou unha intensa relación co transcendental. Por último, no relativo á calidade da investigación, destaca que é moi heteroxénea no seu enfoque, mostraxe e metodoloxía: hai unha importante carencia de estudos de tipo experimental arredor de posibles estratexias de intervención, ningún estudo empregou instrumentos ou tests validados en poboación xitana, a maioría empregaron métodos de mostraxe non probabilísticos e de carácter local, e moi poucos traballos xorden dende a propia poboación xitana e/ou integran profesionais xitanos na investigación.

DEL RIO CASANOVA, LUCIA Cotitoría
VICENTE ALBA, FRANCISCO JAVIER (Titoría)
DEL RIO CASANOVA, LUCIA Cotitoría
Tribunal
SEÑARIS RODRIGUEZ, ROSA MARIA (Presidente/a)
CABANAS RODRIGUEZ, EDUARDO RODRIGO (Secretario/a)
MATEOS ALVAREZ, RAIMUNDO (Vogal)
SEÑARIS RODRIGUEZ, ROSA MARIA (Presidente/a)
CABANAS RODRIGUEZ, EDUARDO RODRIGO (Secretario/a)
MATEOS ALVAREZ, RAIMUNDO (Vogal)
Aprendizaxe do manexo eficaz e seguro da vía aérea por parte dos residentes mediante videolaringoscopia. Papel da guía do experto a través de smartglasses
Autoría
A.P.R.
Grao en Medicina
A.P.R.
Grao en Medicina
Data da defensa
18.07.2024 09:00
18.07.2024 09:00
Resumo
Obxectivo: Evaluar o potencial das smartglasses como ferramenta segura, formativa e interactiva a distancia, para a capacitación dos médicos internos residentes na intubación orotraqueal en condicións de vía aérea difícil nun modelo simulado. Métodos: Estudio aleatorizado, cegado a terceiros, con grupos paralelos de médicos residentes para evaluar o uso de smartglasses como ferramenta formativa en escenarios simulados de intubación difícil, mediante dúas medicións, unha basal, igual para os dous grupos e unha segunda medición onde o grupo de intervención estará guiado por un experto a través das smartglasses. Resultados: O grupo de intervención mellora a tasa de éxito da intubación, facéndoo máis rápido e estructurado co grupo control. Conclusións: O uso de smartglasses como ferramenta formativa é eficaz e segura no manexo da vía aérea, sendo o grupo de intervención máis eficaz e metódico co grupo control.
Obxectivo: Evaluar o potencial das smartglasses como ferramenta segura, formativa e interactiva a distancia, para a capacitación dos médicos internos residentes na intubación orotraqueal en condicións de vía aérea difícil nun modelo simulado. Métodos: Estudio aleatorizado, cegado a terceiros, con grupos paralelos de médicos residentes para evaluar o uso de smartglasses como ferramenta formativa en escenarios simulados de intubación difícil, mediante dúas medicións, unha basal, igual para os dous grupos e unha segunda medición onde o grupo de intervención estará guiado por un experto a través das smartglasses. Resultados: O grupo de intervención mellora a tasa de éxito da intubación, facéndoo máis rápido e estructurado co grupo control. Conclusións: O uso de smartglasses como ferramenta formativa é eficaz e segura no manexo da vía aérea, sendo o grupo de intervención máis eficaz e metódico co grupo control.
Dirección
Gonzalez Quintela, Arturo (Titoría)
Rodríguez Ruíz, Emilio Cotitoría
Gonzalez Quintela, Arturo (Titoría)
Rodríguez Ruíz, Emilio Cotitoría
Tribunal
Souto Bayarri, José Miguel (Presidente/a)
Carro Méndez, María Beatriz (Secretario/a)
PEREIRO FERREIROS, MANUEL (Vogal)
Souto Bayarri, José Miguel (Presidente/a)
Carro Méndez, María Beatriz (Secretario/a)
PEREIRO FERREIROS, MANUEL (Vogal)
Enfermidade por refluxo gastroesofáxico refractaria aos inhibidores da bomba de protóns. Pode ser útil o baclofeno?
Autoría
P.S.T.
Grao en Medicina
P.S.T.
Grao en Medicina
Data da defensa
20.06.2024 09:00
20.06.2024 09:00
Resumo
INTRODUCIÓN: A enfermidade por refluxo gastroesofáxico (ERGE) é unha patoloxía crónica de gran prevalencia nas consultas médicas, orixinada polo paso do contido gástrico ao esófago. O esfínter esofáxico inferior (EII) é a estructura implicada con maior frecuencia na súa fisiopatoloxía. Diagnostícase clínicamente, sendo necesario en diversos casos empregar probas instrumentais como a impedancia intraluminal multicanal-pHmetría (IIM-pH). Existen diversas opcións terapéuticas: cambios no estilo de vida, fármacos e intervencións cirúrxicas; sendo os IBP o tratamento de elección. Sen embargo, non hai evidencias que sustenten recomendacións para a segunda liña de tratamento: duplicar dose de IBP, procinéticos, ciruxía e os agonistas ácido gamma-aminobutírico tipo B (GABA-B). Entre estes últimos, o baclofeno, polo seu mecanismo de acción, postulouse como boa opción nalgúns estudos. OBXECTIVOS: Analizar a evidencia científica sobre a eficacia e seguridade do baclofeno na remisión clínica da ERGE, e a capacidade deste fármaco para inducir cambios en diversos parámetros obxectivados por pHmetría e manometría. MÉTODOS: Realizouse unha revisión sistemática con búsqueda en Medline e na Librería Cochrane. Analizáronse os ensaios clínicos e os estudos observacionais publicados dende 2003 ata 2023, no idioma español e inglés, que avaliasen o uso do baclofeno na ERGE. Incluíronse 12 estudos que cumpriron cos criterios de inclusión e exclusión. RESULTADOS: Todos os artigos, menos un, mostraron unha mellora na clínica e no número de episodios de refluxo. A incidencia de efectos secundarios foi frecuente, de aproximadamente un 20% dos participantes; pero foron na súa maioría reaccións leves, ocasionando só un 5% de abandonos. O uso da IIM-pH permite seleccionar un grupo de persoas con refluxo non ácido, no cal, este fármaco resulta máis eficaz. CONCLUSIÓNS: O baclofeno é un fármaco eficaz no tratamento da ERGE, podendo empregarse como medicamento complementario en pacientes que continúan con síntomas malia a terapia con IBP, sobre todo, naqueles que presentan unha asociación positiva entre os síntomas e os episodios de refluxo non ácido obxectivada por IIM-pH. Precísanse máis estudos que valoren a pauta de dosificación e o uso como terapia de mantemento a longo prazo.

Fernández Rial, José Álvaro Cotitoría
Hermida Ameijeiras, Álvaro (Titoría)
Fernández Rial, José Álvaro Cotitoría
Tribunal
PAREDES COTORE, JESUS PEDRO (Presidente/a)
URISARRI RUIZ DE CORTAZAR, ADELA (Secretario/a)
PARGA MARTIN, JUAN ANDRES (Vogal)
PAREDES COTORE, JESUS PEDRO (Presidente/a)
URISARRI RUIZ DE CORTAZAR, ADELA (Secretario/a)
PARGA MARTIN, JUAN ANDRES (Vogal)
Implantes Pterigoideos
Autoría
J.A.R.
Grao en Odontoloxía
J.A.R.
Grao en Odontoloxía
Data da defensa
21.06.2024 09:30
21.06.2024 09:30
Resumo
Os implantes pterigoideos son unha técnica innovadora en implantoloxía dental, deseñada para abordar os retos na rehabilitación do maxilar posterior en pacientes con reabsorción ósea severa e anatomía complexa. Xurdiron como resultado dos avances na comprensión da anatomía maxilar e do desenvolvemento de técnicas cirúrxicas especializadas. Estes implantes colócanse na rexión pterigoidea do óso maxilar, proporcionando unha base estable para a restauración dental. Obxectivos: Realizar unha revisión da literatura dos últimos 10 anos sobre o abordaxe do proceso pterigoideo como base para a colocación de implantes en pacientes edéntulos con maxilar atrófico. Material e métodos: Entre febreiro e maio de 2024 realizouse unha busca bibliográfica en PubMed e Google Scholar. Como estratexia de busca utilizáronse os termos: ‘implant’, ‘pterygoid’, ‘oral rehabilitation’ e ‘atrophic maxilla’ xunto co operador booleano ‘AND’. A busca limitouse aos estudos publicados nos últimos 10 anos, cun límite lingüístico de castelán ou inglés. Resultados: A busca inicial deu 212 artigos dos cales 13 foron avaliados a texto completo segundo os criterios de inclusión e exclusión. Discusión: Destácanse os avances na inserción de implantes pterigoideos dende 2014, destacando a importancia de divulgar o coñecemento sobre esta técnica. Ademais, avalíase a taxa de éxito e fracaso en varios estudos. Conclusións: Os implantes pterigoideos representan unha solución eficaz para a rehabilitación do maxilar posterior atrófico con altos índices de éxito, aínda que requiren unha avaliación coidadosa e poden implicar complicacións. O crecente interese por esta técnica subliña a necesidade dunha maior formación entre os profesionais.

Evidencia sobre o papel da Lactancia Materna Exclusiva como factor protector frente aos brotes da Esclerose Múltiple Recorrente-Remitente.
Autoría
N.B.B.
Grao en Medicina
N.B.B.
Grao en Medicina
Data da defensa
20.06.2024 09:00
20.06.2024 09:00
Resumo
A Esclerose Múltiple é unha patoloxía autoinmune do sistema nervioso. A variante máis común da enfermidade cursa por brotes de actividade clínica intercalados con períodos asintomáticos e chámase Esclerose Múltiple Recorrente-Remitente. A revisión céntrase neste subtipo debido a que é moi prevalente entre mulleres (cunha proporción 3:1 fronte a homes) en idade fértil (máxima entre os 20-40 anos). Así, cuestións como o embarazo ou a lactancia son moi relevantes para as pacientes. Hai suficiente evidencia sobre a existencia dun fenómeno de inmunotolerancia durante a xestación, relacionada cos niveis de hormonas sexuais femininas; porén, esta tolerancia pérdese tras o parto e algunhas mulleres experimentan un incremento dos brotes. Por isto, xórde a necesidade de implementar unha estratexia para a prevención destes brotes. A AEMPS desaconsella a maioría dos fármacos modificadores da enfermidade durante o embarazo e a lactancia, o que nos fai preguntarnos se a lactancia é segura fronte aos brotes da enfermidade. O obxectivo principal da revisión é atopar a mellor evidencia científica dispoñible sobre se a lactancia materna exclusiva pode empregarse como forma de prevención dos brotes da enfermidade durante o posparto. Despois dunha procura sistemática, inclúense 11 estudios observacionais que comparan a incidencia de brotes no posparto entre un grupo de mulleres que deron lactancia de xeito exclusivo, fronte a un grupo de mulleres que non deron lactancia, ou non de xeito exclusivo durante un mínimo de 2-4 meses. Como resultado atopouse que a lactancia materna exclusiva ten un moderado efecto protector fronte aos brotes do posparto, que podería durar máximo 6 meses aínda que, esta duración compre ser confirmada por futuras investigacións.

Uso de inhibidores de PARP para o tratamento do cancro de ovario: unha revisión sistemática
Autoría
M.D.M.
Grao en Medicina
M.D.M.
Grao en Medicina
Data da defensa
20.06.2024 09:00
20.06.2024 09:00
Resumo
Obxectivo: Revisar a literatura sobre o uso dos inibidores de PARP no tratamento do cancro de ovario. Métodos: Levouse a cabo unha busca bibliográfica sobre o uso dos inibidores de PARP no tratamento do cancro de ovario avanzado, no último trimestre de 2023, empregando principalmente PubMed e Web of Science. Esta revisión inclúe estudos atopados a través dos termos ovarian cancer AND maintenance therapy OR maintenance treatment, limitan-do a busca aos títulos e os resumos. Resultados: A revisión sistemática da literatura arroxou unha cantidade significativa de estudos sobre o uso dos inibidores de PARP no tratamento do cancro de ovario avanzado, dos cales 5 se consideraron relevantes para a revisión. Estes estudos abranguen diversos aspectos, incluíndo a eficacia e seguridade dos inibidores de PARP como terapia de mantemento, o seu impacto na supervivencia libre de progresión, así como o seu papel en diferentes subtipos de cancro de ovario e en combinación con outros tratamentos. Atopouse evidencia consistente que respalda o beneficio dos inibidores de PARP na terapia de mantemento para pacientes con cancro de ovario avanzado. Os estudos establecen que o uso dos inibidores de PARP prolonga significativamente a supervivencia libre de progresión en comparación con placebo ou seguimento sen tratamento. Ademais, observouse que os inibidores de PARP son efectivos en diferentes subtipos de cancro de ovario, incluíndo tumores con mutacións en BRCA e aqueles con deficiencias na reparación do ADN (HDR). Conclusión: Os inibidores de PARP representan unha opción terapéutica efectiva e pro-metedora no tratamento do cancro de ovario avanzado. O seu uso como terapia de mante-mento demostrou mellorar significativamente a supervivencia libre de progresión en diversas investigacións. Con todo, é crucial continuar investigando para comprender mellor a súa eficacia a longo prazo, así como o seu impacto na supervivencia global e na calidade de vida das pacientes. A identificación axeitada de biomarcadores seguirá sendo fundamental para unha selección precisa de pacientes e para maximizar os beneficios desta terapia.

Arias Ron, David Cotitoría
VARELA PONTE, RAFAEL (Titoría)
Arias Ron, David Cotitoría
Tribunal
CRUZ LANDEIRA, ANGELINES (Presidente/a)
ANTUNEZ LOPEZ, JOSE RAMON (Secretario/a)
RODRIGUEZ REQUENA, JESUS (Vogal)
CRUZ LANDEIRA, ANGELINES (Presidente/a)
ANTUNEZ LOPEZ, JOSE RAMON (Secretario/a)
RODRIGUEZ REQUENA, JESUS (Vogal)
A neuromodulación no manexo da dor espiñal crónica, unha serie de casos e revisión da literatura.
Autoría
S.L.M.
Grao en Medicina
S.L.M.
Grao en Medicina
Data da defensa
20.06.2024 09:00
20.06.2024 09:00
Resumo
INTRODUCIÓN: a dor é unha experiencia aversiva importante para o ser humano, e a dor crónica é un problema de saúde de alta prevalencia a nivel mundial. A percepción deste estímulo consta de catro apartados importantes, nos que destaca a modulación, onde a sinal nerviosa pode verse incrementada ou inhibida de xeito fisiolóxico, pero tamén de xeito esóxeno mediante o emprego de dispositivos de neuroestimulación. Hai diferentes tipos de aparellos de neuroestimulación medular, destacando a división entre neuroestimulación parestésica ou subparestésica. OBXECTIVOS E HIPÓTESES: o obxectivo principal do presente estudo é evaluar a resposta da sintomatoloxía alxésica ós sete días de colocar implantes de neuroestimulación empregando o cuestionario breve para la evaluación del dolor edición corta (BPI-SF). O obxectivo secundario é evaluar a calidade de vida dos pacientes ós sete días da implantación dos dispositivos de neuroestimulación, empregando o BPI-SF. MATERIAL E MÉTODOS: o estudo trátase dun estudo observacional, dunha serie de casos con sentido lonxitudinal e prospectivo, no que se compara a sintomatoloxía dos pacientes na situación basal e aos 7 días do implante dun dispositivo de neuroestimulación, empregando o cuestionario BPI-SF. RESULTADOS: admítense un total de 8 participantes, todos eles presentan síndrome de dor espiñal persistente tipo II, con insuficiente resposta ao tratamento farmacolóxico. A este tratamento farmacolóxico engádese o implante dun dispositivo de neuroestimulación medular. A redución da dor foi estatisticamente significativa aos 7 días en termos de dor máxima (P inf. 0,001), mínima (P = 0,013), media (P inf. 0,001) e dor actual (P = 0,005). As melloras na calidade de vida foron estatisticamente significativas para a interferencia coa actividade xeral (P = 0,029), co estado de ánimo (P = 0,011), coa capacidade de camiñar (P = 0,002), a interferencia co traballo (P = 0,015), coas relacións (P = 0,032), e con sono (P inf. 0,001). DISCUSIÓN: a neuroestimulación, polas súas características, coste e complexidade é unha técnica que sigue suscitando polémica, habendo numerosos estudos de baixa calidade, que dificultan a obtención de conclusións sólidas. CONCLUSIÓNS: non se pode afirmar que as melloras obtidas no presente estudo se deban únicamente á aplicación de neuroestimulación xa que o presente estudo carece de grupo control. 7 días despois da intervención mellora a sintomatoloxía dolorosa e a calidade de vida de xeito estadísticamente significativo.

Valero Gómez, Manuel Alberto Cotitoría
Álvarez Escudero, Julián (Titoría)
Valero Gómez, Manuel Alberto Cotitoría
Tribunal
VIDAL PAN, Mª DEL CARMEN (Presidente/a)
de la Iglesia Martínez, Fernando Antonio (Secretario/a)
CAMESELLE TEIJEIRO, JOSE MANUEL (Vogal)
VIDAL PAN, Mª DEL CARMEN (Presidente/a)
de la Iglesia Martínez, Fernando Antonio (Secretario/a)
CAMESELLE TEIJEIRO, JOSE MANUEL (Vogal)
Asociación entre prioridade de triaxe asignada en urxencias hospitalarias e necesidade de ingreso e mortalidade durante o episodio
Autoría
I.A.F.
Grao en Medicina
I.A.F.
Grao en Medicina
Data da defensa
20.06.2024 09:00
20.06.2024 09:00
Resumo
INTRODUCIÓN: As triaxes hospitalarias demostraron ter efectividade como discriminatorios de prioridade de atención en Urxencias. Procede expor a posibilidade de que, ademais, poidan servir de determinantes de mortalidade e probabilidade de ingreso, converténdoas en previsoras de gravidade do episodio. OBXECTIVOS: Analizar, mediante unha revisión sistemática da literatura e unha análise estatística de datos agregados do Servicio de Urxencias de adultos da Área Sanitaria de Vigo do ano 2023 (triados utilizando a MTS), se existe correlación entre os niveis de triaxe e a mortalidade en urxencias, necesidade de hospitalización, mortalidade nas primeiras 24 horas do ingreso e mortalidade global do ingreso. MÉTODOS: Para levar a cabo a revisión bibliográfica, tras realizar unha busca en PubMed, seleccionáronse 7 artigos. Os datos mais relevantes encontrados estruturáronse en táboas para proceder á extracción das conclusións. A análise estatística levouse a cabo tanto de maneira descritiva, con gráficos representando os datos, como analítica, calculando os riscos relativos de cada nivel de triaxe en comparación aos demais, é dicir, canto maior é a probabilidade de cada resultado adverso nun nivel en relación a outro. RESULTADOS: A maioría de artigos incluídos na revisión conclúen que en niveis de triaxe urxentes, a mortalidade e risco de ingreso, é dicir, a severidade, é maior que en niveis inferiores. A análise estatística demostra unha clara asociación entre o nivel de prioridade asignado na triaxe e os resultados clínicos adversos estudiados. Os niveis baixos de triaxe implican menor risco, son factores protectores, e os niveis altos, factores de risco. CONCLUSIÓNS: Os achados da revisión bibliográfica e da análise estatística resultan congruentes entre eles, atopando asociación entre alta prioridade de triaxe e resultados clínicos adversos (hospitalización, mortalidade inmediata, mortalidade global do ingreso). As triaxes demostran previr a severidade, ademais de determinar a urxencia.

MARTINEZ ROLAN, ROSA MARIA (Titoría)
Pichel Loureiro, Ángel Cotitoría
Maza Vera, María Teresa Cotitoría
MARTINEZ ROLAN, ROSA MARIA (Titoría)
Pichel Loureiro, Ángel Cotitoría
Maza Vera, María Teresa Cotitoría
Tribunal
PEREZ FERNANDEZ, ROMAN (Presidente/a)
LIROLA DELGADO, ANTONIO GUSTAVO (Secretario/a)
Antela López, Antonio Rafael (Vogal)
PEREZ FERNANDEZ, ROMAN (Presidente/a)
LIROLA DELGADO, ANTONIO GUSTAVO (Secretario/a)
Antela López, Antonio Rafael (Vogal)
Idade materna avanzada como factor de risco obstétrico
Autoría
L.C.D.
Grao en Medicina
L.C.D.
Grao en Medicina
Data da defensa
20.06.2024 09:00
20.06.2024 09:00
Resumo
Introducción: A maternidade a idades máis avanzadas é un tema de crecentes interese nos últimos anos no ámbito obstétrico e perinatal. Isto podería explicarse polos cambios sociais e demográficos que experimentou a muller nos últimos anos, así como a evolución das técnicas de reprodución asistida, que permitiron que a muller poida postergar a idade á que levar a cabo a concepción, sendo o atraso da maternidade multifactorial. Non obstante, este cambio obstétrico e reprodutivo pode non estar exento de complicacións para a saúde tanto materna como fetal. Obxectivos: Revisar e sintetizar a evidencia publicada dispoñible acerca da idade materna avanzada como factor de risco obstétrico e perinatal, nos últimos 7 anos (2017-2024). Material e Métodos: Revisión sistemática na base de datos MEDLINE-PubMed empregando meta-análises e revisións sistemáticas. Resultados: 7 artigos foron finalmente incluídos (revisións sistemáticas e meta-análises). Rexistrouse que a morbilidade materna (hipertensión crónica, xestacional, diabetes xestacional, obesidade, preeclampsia) é superior a medida que a idade da nai aumenta. Por outra banda, a morte fetal e perinatal é maior naquelas mulleres con idade materna avanzada, así como os ingresos na Unidade de Coidados Intensivos Neonatais e aumento da prematuridade. As cesáreas tamén foron superiores nos grupos de idade materna avanzada. A placenta previa asociouse aos grupos de EMA. Non se observaron diferenzas significativas entre a paridade e os efectos da EMA. Conclusións: Coa EMA aumentan determinadas condicións médicas que afectan á nai tales como a hipertensión, tanto crónica como xestacional, obesidade ou diabetes xestacional, entre outras. A bibliografía revisada revela que a EMA parece estar relacionada con algunhas complicacións obstétricas, preeclampsia, maior número de partos por cesárea ou mortalidade materna, especialmente nas nais de máis de 45 anos. Os estudos revisados indican que a EMA se correlaciona con maior número de resultados perinatais adversos, incluíndo parto prematuro, morte fetal, baixo peso ao nacer ou ingreso en UCIN. Poderíase considerar a EMA como un factor de risco obstétrico e perinatal, avaliando sempre cada caso de forma individualizada e integrada, tendo en conta numerosos factores que poden influír no desenvolvemento correcto da xestación ademais da idade. Serían necesarios estudos de maior potencia para determinar a idade á que considerar idade materna avanzada e investigar sobre diferentes intervencións nestes grupos de maior idade, como poderían ser a elaboración dun protocolo específico de manexo da xestación.

Ferreiro García, Esteban Cotitoría
Anibarro García, Luís (Titoría)
Ferreiro García, Esteban Cotitoría
Tribunal
GONZALEZ GARCIA, FRANCISCO (Presidente/a)
DIAZ PEROMINGO, JOSE ANTONIO (Secretario/a)
GINARTE VAL, MANUEL JAVIER (Vogal)
GONZALEZ GARCIA, FRANCISCO (Presidente/a)
DIAZ PEROMINGO, JOSE ANTONIO (Secretario/a)
GINARTE VAL, MANUEL JAVIER (Vogal)
Técnicas de tratamento da hernia discal.
Autoría
F.P.G.
Grao en Medicina
F.P.G.
Grao en Medicina
Data da defensa
20.06.2024 09:00
20.06.2024 09:00
Resumo
A hernia discal lumbar é causada pola alteración da estabilidadade das sustancias que regulan o metabolismo do disco intervertebral, isto leva á dexeneración do anel fibroso e á liberación do material do disco ao exterior. O núcleo pulposo sae á canle espiñal. O material que esta herniado pode provocar compresión da raíz nerviosa, dando síntomas locais(dor) e síntomas periféricos (alteracións musculares, sensoriais e dor). A raíz mais afectada, en consecuencia, é o territorio radicular S1 co seu correspondente dermatoma. O tratamento destinado a aliviar una hernia dioscal lumbar será tanto conservador como cirúrxico. O tratamento conservador realízase con fármacos como paracetamol, AINES exercicios con táboas de estiramentos. As técnicas de elección dentro da cirurxía discal serán a discectomía e a microdiscectomía, todas elas realizadas una vez realizada e confrimada a hernia discal por técnicas de imaxe(RMN).
A hernia discal lumbar é causada pola alteración da estabilidadade das sustancias que regulan o metabolismo do disco intervertebral, isto leva á dexeneración do anel fibroso e á liberación do material do disco ao exterior. O núcleo pulposo sae á canle espiñal. O material que esta herniado pode provocar compresión da raíz nerviosa, dando síntomas locais(dor) e síntomas periféricos (alteracións musculares, sensoriais e dor). A raíz mais afectada, en consecuencia, é o territorio radicular S1 co seu correspondente dermatoma. O tratamento destinado a aliviar una hernia dioscal lumbar será tanto conservador como cirúrxico. O tratamento conservador realízase con fármacos como paracetamol, AINES exercicios con táboas de estiramentos. As técnicas de elección dentro da cirurxía discal serán a discectomía e a microdiscectomía, todas elas realizadas una vez realizada e confrimada a hernia discal por técnicas de imaxe(RMN).
Dirección
MEAÑOS MELON, ENRIQUE RAMON (Titoría)
MEAÑOS MELON, ENRIQUE RAMON (Titoría)
Tribunal
GARCIA-CABALLERO PARADA, TOMAS M. M. (Presidente/a)
RODRIGUEZ CID, Mª JOSEFA (Secretario/a)
VICENTE ALBA, FRANCISCO JAVIER (Vogal)
GARCIA-CABALLERO PARADA, TOMAS M. M. (Presidente/a)
RODRIGUEZ CID, Mª JOSEFA (Secretario/a)
VICENTE ALBA, FRANCISCO JAVIER (Vogal)
A valoración do daño desproporcionado na sanidade pública galega.
Autoría
L.R.V.
Grao en Medicina
L.R.V.
Grao en Medicina
Data da defensa
20.06.2024 09:00
20.06.2024 09:00
Resumo
Este traballo consiste nun estudo sistemático e descriptivo de reclamacións xudiciais formuladas ante os órganos xudiciais galegos, sustentadas na existencia dun dano desproporcionado derivado da asistencia sanitaria recibida na sanidade pública galega e que foran resoltas en sentenzas que expresamente analizan se no caso concreto resulta aplicábel a doutrina do resultado clamoroso ou desproporcionado. O obxectivo final é coñecer en que medida e en que termos, no ámbito da sanidade pública galega, se están a sustentar ditas demandas e, no seu caso, aplicando a citada doutrina nos fallos xudiciais que as resolven. Tras un rigoroso proceso de selección, son 95 sentenzas as que finalmente son obxecto de análise dende distintas variables, poñéndose de manifesto que os órganos xudiciais galegos, nos últimos anos, modificaran su criterio, no sentido de ser mais estritos na aplicación da mencionada doutrina, sendo os servicios de xinecoloxía e obstetricia e traumatoloxía e cirurxía ortopédica os que concentran o maior número tanto de reclamacións xudiciais (47,52%) como de sentenzas estimatorias (51,20%).

MUÑOZ BARUS, JOSE IGNACIO (Titoría)
MUÑOZ BARUS, JOSE IGNACIO (Titoría)
Tribunal
PEREZ RIOS, MONICA (Presidente/a)
POSE REINO, ANTONIO DOMINGO (Secretario/a)
Gómez-Reino Rodríguez, Ignacio (Vogal)
PEREZ RIOS, MONICA (Presidente/a)
POSE REINO, ANTONIO DOMINGO (Secretario/a)
Gómez-Reino Rodríguez, Ignacio (Vogal)
Cambios fenotípicos a través dos anos nunha paciente portadora dunha variante patoxénica (p.Glu542Gln) no xene MYBPC3.
Autoría
A.M.P.
Grao en Medicina
A.M.P.
Grao en Medicina
Data da defensa
20.06.2024 09:00
20.06.2024 09:00
Resumo
A miocardiopatía hipertrófica (MCH) é unha enfermidade cardíaca hereditaria caracterizada por un incremento do grosor da parede do ventrículo esquerdo. O diagnóstico e manexo precoz en familiares de pacientes con diagnóstico inequívoco da enfermidade resulta de gran importancia no seu prognóstico. Obxectivos: avaliar a evolución clínica, electrocardiográfica e nas probas de imaxe dunha paciente portadora dunha variante patoxénica no xene MYBPC3 herdada do seu pai, dende o estado de portadora asintomática ata a enfermidade actual; avaliar a importancia do estudo familiar neste tipo de enfermidades; valorar os posibles beneficios terapéuticos do novo fármaco aficamten. Material e métodos: preséntase un caso típico de MCH realizándose unha busca bibliográfica en bases de datos dixitais. Resultados e discusión: observouse que, na paciente estudada, as primeiras alteracións víronse no ECG, seguidas da hipertrofia ventricular detectada nas probas de imaxe cardíaca e da aparición da clínica, concordando coa historia natural da enfermidade descrita nos artigos consultados. Tras o tratamento co novo fármaco aficamten apreciouse unha mellora notable tanto na clínica como no gradiente obstructivo do tracto de saída do ventrículo esquerdo. Conclusións: na MCH resulta esencial a investigación de familiares, así como a identificación de posibles portadores e patróns de herdanza. O primeiro cambio detectable nestes pacientes é no ECG, seguido polo aumento do grosor ventricular nas probas de imaxe cardíaca e posteriormente a aparición da clínica. O novo fármaco aficamten ofrece unha alternativa eficaz a outras modalidades de tratamento, mellorando a sintomatoloxía e reducindo o gradiente obstructivo e o consumo pico de osíxeno en pacientes con MCH obstructiva.

Barriales Villa, Roberto Cotitoría
Barge Caballero, Eduardo (Titoría)
Barriales Villa, Roberto Cotitoría
Tribunal
CUEVAS ALVAREZ, JUAN BAUTISTA (Presidente/a)
Rodriguez Garcia, Javier (Secretario/a)
SOBRINO NOGUEIRA, ADOLFO (Vogal)
CUEVAS ALVAREZ, JUAN BAUTISTA (Presidente/a)
Rodriguez Garcia, Javier (Secretario/a)
SOBRINO NOGUEIRA, ADOLFO (Vogal)
Protocolo Theta Burst (TBS) de Estimulación Magnética Transcraneal Profunda (EMT) na Depresión Resistente ao Tratamento (SDR): Unha Revisión Sistemática de Ensaios Clínicos
Autoría
M.M.R.
Grao en Medicina
M.M.R.
Grao en Medicina
Data da defensa
20.06.2024 09:00
20.06.2024 09:00
Resumo
Introdución: Aproximadamente o 30% dos pacientes con diagnóstico de depresión son resistentes ao tratamento. Debido a que con cada intento terapéutico consecutivo a remisión diminúe de maneira considerable, é importante coñecer e expor a estudo novas opcións de tratamento. A estimulación magnética transcraneal (EMT) é unha alternativa non invasiva de tratamento que induce unha neuromodulación mediante o uso de campos magnéticos con potencial de restaurar e estimular circuítos neuronais. Obxectivos: Realízase unha revisión sistemática co obxecto principal de avaliar a eficacia da EMT na depresión resistente ao tratamento (SDR). Como obxectivos secundarios determínanse potenciais efectos secundarios e seguridade da intervención. Métodos: Efectúase unha procura sistemática en base de datos científicas: PubMed, EMBASE, PsycINFO, WoS e Scorpus, desde que inician rexistros ata 01/01/2024 Resultados: Catro estudos, tres ensaios clínicos aleatorizados e un estudo case- experimental, cumpriron os criterios de inclusión. En total, participaron 184 participantes adultos con diagnóstico de SDR, cunha proporción maior de mulleres (64,67%), que foron tratados con EMTr en protocolo Theta Burst (TBS), nalgún dos estudos na súa modalidade intermitente e continua. Os estudos presentaron datos positivos respecto á melloría da sintomatoloxía depresiva, así como na redución das ideas autolíticas e ansiedade dos participantes. A terapia mostrouse segura, notificándose unicamente efectos adversos leves e tolerables. Conclusións: A revisión sistemática conclúe que o protocolo Theta Burst de Estimulación Magnética Transcraneal Repetitiva é eficaz e seguro para tratar a depresión resistente e os seus síntomas asociados. O protocolo de Estimulación Theta Burst acelerada (SNT) é o máis custo-eficaz, reducindo o tempo e número de sesións necesarias. Recoméndase que futuros ensaios clínicos melloren a calidade e cantidade das cohortes e comparen as modalidades de estimulación acelerada (continua e intermitente) para desenvolver terapias máis personalizadas.

Virus estacionais en idade pediátrica e inmunización. Coñocemento e actitude dos pais.
Autoría
C.C.R.
Grao en Medicina
C.C.R.
Grao en Medicina
Data da defensa
20.06.2024 09:00
20.06.2024 09:00
Resumo
Introdución: As infeccións estacionais como as causadas pola gripe ou o VRS son de gran importancia na idade pediátrica tanto pola súa prevalencia como polo gasto de recursos que supoñen. Para ambos, existe a probabilidade de prevención mediante a inmunización, unha estratexia que se demostrou eficaz pero que nos últimos tempos tivo os seus detractores a nivel social coa aparición de movementos antivacinas. Materiais e métodos: Estudo observacional descritivo realizado a partir de enquisas realizadas nun centro de saúde a pais e nais con fillos menores de 15 anos. Este estudo busca, mediante unha enquisa, avaliar tanto os coñecementos básicos sobre a gripe e a bronquiolite como as actitudes e opinións en relación á vacinación. Resultados: Dun total de 90 enquisados, o 87% informou de que un dos seus fillos fora diagnosticado de gripe e/ou bronquiolite nalgunha ocasión e a maioría tiña algún coñecemento previo sobre estas enfermidades e aínda que moitos eran pacientes sans, case o 30% denunciaron algunha patoloxía que consideraban arriscada. En xeral, consideraban que a bronquiolite era máis grave que a gripe e había un descoñecemento sobre tratamentos útiles para estas patoloxías. Case todos os enquisados, mais do 90%, valoraron positivamente as vacinas e consideráronas seguras, pero máis da metade manifestou preocupación polos posibles efectos secundarios. Respecto das vacinas estacionais, o 74% manifestou a intención de vacinar aos seus fillos e a maioría consideraba aos profesionais de atención primaria a súa principal fonte de información sobre as inmunizacións. Conclusión: As patoloxías derivadas do VRS e da gripe son moi coñecidas pola poboación, e a sociedade é cada vez máis consciente das medidas que axudan a previlas. Aínda así, quedan certos aspectos por aclarar, e é labor primordial dos profesionais sanitarios achegar máis información ao respecto e reforzar a confianza e a seguridade das vacinas como mellor prevención.

Pérez Tato, Helena Cotitoría
Moreno Álvarez, Ana (Titoría)
Pérez Tato, Helena Cotitoría
Tribunal
Alvarez Villamarin, Clara (Presidente/a)
SAAVEDRA NIEVES, ALEJANDRO (Secretario/a)
FERNANDEZ PEREZ, CRISTINA (Vogal)
Alvarez Villamarin, Clara (Presidente/a)
SAAVEDRA NIEVES, ALEJANDRO (Secretario/a)
FERNANDEZ PEREZ, CRISTINA (Vogal)
Uso terapéutico da esketamina en pacientes con Depresión Maior. Unha revisión sistemática.
Autoría
I.S.C.
Grao en Medicina
I.S.C.
Grao en Medicina
Data da defensa
20.06.2024 09:00
20.06.2024 09:00
Resumo
A Depresión Maior é unha patoloxía cunha prevalencia en España arredor do 5.4% e cun gran impacto social debido aos seus efectos nas persoas que a sofren. Unha terceira parte dos pacientes con depresión son resistentes ao tratamento, polo que adoitan ter que botar man de tratamentos de segunda liña. A S-ketamina é unha variante racémica da ketamina que a FDA aprobou no ano 2019 para o tratamento da TRD. Esta S-ketamina adminístrase por vía intranasal e comercialízase baixo o nome comercial de Spravato. Co obxectivo de avaliar a eficacia, seguridade e beneficios do tratamento con esketamina lévase a cabo esta revisión bibliográfica seguindo as directrices PRISMA. Para iso, fíxose unha busca sistemática en PubMed e Google Académico. Analízanse 10 artigos publicados a partir do ano 2019, obtendo como resultados unha aparente eficacia a curto prazo conseguindo unha diminución dos síntomas depresivos, incluso chegando a unha remisión completa dos síntomas estatisticamente significativa entre os pacientes incluídos, mais estes beneficios non puideron ser demostrados a longo prazo. A maioría dos efectos secundarios observados foron autolimitados. Polo tanto, a esketamina parece un fármaco que pode chegar a ter un peso importante no tratamento futuro da depresión, mais aparecen unha serie de limitacións: a falta de estudos con tamaño mostral amplo e que engloben a pacientes con comorbilidade psiquiátrica, a carencia de estudos comparativos con técnicas como a TEC ou do seu uso en monoterapia e o seu elevado custo, fan que sexa necesario seguir investigando alternativas para o tratamento da depresión resistente.

Impacto pronóstico da relación TAPSE PSAP en pacientes con insuficiencia cardiaca.
Autoría
P.L.E.
Grao en Medicina
P.L.E.
Grao en Medicina
Data da defensa
20.06.2024 09:00
20.06.2024 09:00
Resumo
O acoplamiento ventrículoarterial do corazón dereito é un parámetro hemodinámico que avalía a capacidade do ventrículo dereito de adaptar a súa capacidade contráctil ao incremento progresivo da postcarga, reflectida pola presión arterial pulmonar. Recentemente definiuse un parámetro ecocardiográfico, o cociente entre a excursión sistólica do anel tricuspideo TAPSE e a presión sistólica arterial pulmonar PSAP, que permite avaliar o acoplamiento ventrículoarterial do ventrículo dereito de forma non invasiva. A cociente TAPSE PSAP mostrou valor prognóstico nalgúns estudos previos en pacientes con IC e en pacientes con hipertensión pulmonar. O obxectivo deste traballo é elaborar un protocolo de investigación co fin de establecer o valor prognóstico da cociente TAPSE PSAP na cohorte de pacientes con IC que foron atendidos nunha unidade clínica especializada na última década. Exponse realizar un estudo observacional retrospectivo baseado nunha cohorte histórica de pacientes tratados no Complexo Hospitalario Universitario da Coruña entre 2010 e 2022.

Enríquez Vázquez, Daniel Cotitoría
Barge Caballero, Eduardo (Titoría)
Enríquez Vázquez, Daniel Cotitoría
Tribunal
VIDAL PAN, Mª DEL CARMEN (Presidente/a)
de la Iglesia Martínez, Fernando Antonio (Secretario/a)
CAMESELLE TEIJEIRO, JOSE MANUEL (Vogal)
VIDAL PAN, Mª DEL CARMEN (Presidente/a)
de la Iglesia Martínez, Fernando Antonio (Secretario/a)
CAMESELLE TEIJEIRO, JOSE MANUEL (Vogal)
Manexo inicial do paciente con Lesión Medular Aguda: control respiratorio e hemodinámico
Autoría
X.R.C.
Grao en Medicina
X.R.C.
Grao en Medicina
Data da defensa
20.06.2024 09:00
20.06.2024 09:00
Resumo
Introducción: A Lesión Medular Aguda (LMA) é unha condición neurolóxica que presenta unha enorme morbilidade e mortalidade, plantexando non só problemas físicos e psicosociais para o paciente, senón tamén para todo o seu entorno, así como una gran carga asistencial e económica. É neste contexto onde o manexo inicial levado a cabo nas UCIs presuponse esencial para diminuír as consecuencias de este tipo de lesións. Na LMA distinguimos unha lesión primaria e unha lesión secundaria, e sobre ámbalas dúas poderase intervir no manexo destes doentes. As complicacións respiratorias supoñen a principal causa de morbilidade e mortalidade, tendo a disfunción respiratoria unha orixe multifactorial, e pese a que outras técnicas de manexo teñen amosado resultados prometedores, a ventilación mecánica segue sendo a principal arma para os pacientes con fallo respiratorio tras LMA. En canto ó manexo hemodinámico, parece que a isquemia debida ó compromiso da presión de perfusión espinal é un gran compeñente da xa mencionada lesión secundaria, polo que recoñecer e entender os procesos vasculares presentes na mesma é un dos principais obxectivos da investigación clínica, establecendo deste modo o concepto de control hemodinámico no manexo da LMA. Obxectivos: Proporcionar información actualizada acerca do manexo respiratorio e hemodinámico inicial dos pacientes con LMA. Méetodos: Realizouse unha revisión bibliográfica da literatura dispoñinble acerca do manexo inicial do paciente con LMA nos últimos 10 anos. Finalmente foron incluidos 30 artigos de 101 resultados. Conclusións: A intubación orotraqueal, ventilación mecánica con volúmenes corrente elevados e traqueotomía temprana parecen beneficiosos no manexo respiratorio Unha PAM mantenida entre 70-95 mmHg e unha PPE entre 50-90 mmHg poderían obter mellores resultados, sendo a norepinefrina o vasopresor de elección.

LOPEZ LAGO, ANA MARIA (Titoría)
Mourelo Fariña, Mónica Cotitoría
LOPEZ LAGO, ANA MARIA (Titoría)
Mourelo Fariña, Mónica Cotitoría
Tribunal
VARO PEREZ, EVARISTO (Presidente/a)
ARIAS RIVAS, SUSANA (Secretario/a)
DIAZ RUIZ, MARIA DEL CARMEN (Vogal)
VARO PEREZ, EVARISTO (Presidente/a)
ARIAS RIVAS, SUSANA (Secretario/a)
DIAZ RUIZ, MARIA DEL CARMEN (Vogal)
Volta á competición en xogadores de balonmán intervidos quirúrxicamente de inestabilidade glenohumeral:Revisión sistemática.
Autoría
M.C.L.
Grao en Medicina
M.C.L.
Grao en Medicina
Data da defensa
20.06.2024 09:00
20.06.2024 09:00
Resumo
O balonmán é un deporte de alta intensidade que implica contacto e lanzamento, que por eventos micro ou macrotraumáticos pode producir inestabilidade glenoumeral. Para tratala existen infindade de técnicas, sendo as máis habituais a reparación de Bankart (B, con/sen remplissage) e a de Bristow-Latarjet (L). Hipótese: é posible a volta á competición ao mesmo nivel nun alto porcentaxe de casos. OBXECTIVOS: Descrición de técnicas máis habituais para estes pacientes. Comparar os resultados na volta á competición en xogadores de balonmán con inestabilidade glenoumeral tratados con B ou L en canto á volta á competición (si/non e se ao nivel prelesional), tempo necesario para iso e a taxa de recurrencias. MATERIAL E MÉTODOS: Revisión sistemática en Medline (vía Pubmed) e Embase buscando (ano 2000 ata a actualidade). Criterios de inclusión: series de casos de xogadores de balonmán intervencionados mediante algunha das 2 técnicas (B vs. L), seguimento mínimo de 2 anos. RESULTADOS: Volta á competición: 89% (B 88% vs. L 93%). Mesmo nivel: 67% do total (B 64% vs. L 80%). Tempo medio de retorno: 7,6 meses (B 8,7 vs. L 6,5). Recurrencias: 6% (B 7% vs L 5%; B a longo prazo aumenta). CONCLUSIÓNS: 1. É posible a volta á competición nun alto porcentaxe dos xogadores (89%). 2. Non hai unha única técnica de elección, polo que é moi importante a clasificación da lesión. 3. As indicacións de B e as de L son diferentes, en principio. Pero obsérvase unha progresiva converxencia entre elas, obténdose con L uns mellores resultados con menos complicacións. 4. Por iso, L previsiblemente pase a ser a técnica de referencia nos próximos anos. 5. O uso do remplissage é controvertido en balonmán, ao contrario de outros contextos, pola rigidez que provoca. 6. Fan falta máis estudos para acadar conclusións máis firmes.

DIEZ ULLOA, MAXIMO ALBERTO (Titoría)
Quinteiro Moreno, José Manuel Cotitoría
DIEZ ULLOA, MAXIMO ALBERTO (Titoría)
Quinteiro Moreno, José Manuel Cotitoría
Tribunal
Alvarez Villamarin, Clara (Presidente/a)
SAAVEDRA NIEVES, ALEJANDRO (Secretario/a)
FERNANDEZ PEREZ, CRISTINA (Vogal)
Alvarez Villamarin, Clara (Presidente/a)
SAAVEDRA NIEVES, ALEJANDRO (Secretario/a)
FERNANDEZ PEREZ, CRISTINA (Vogal)
A relación entre o trastorno de ansiedade por enfermidade e os estudantes de medicina: unha revisión
Autoría
M.L.D.C.S.N.
Grao en Medicina
M.L.D.C.S.N.
Grao en Medicina
Data da defensa
20.06.2024 09:00
20.06.2024 09:00
Resumo
Introdución: O trastorno de ansiedade pola saúde (antiga hipocondría) pertence á categoría de trastornos de síntomas somáticos e defínese pola convicción e preocupación excesiva de padecer unha enfermidade grave, baseada na interpretación errónea dos sinais fisiolóxicos do corpo. Hai unha crenza xeneralizada de que os estudantes de medicina, ao estar máis conscientes do funcionamento e respetivas patoloxías do corpo humano, poden ser particularmente máis susceptibles a desenvolver esta síndrome, o que conleva a consecuencias negativas xa sexa no desempeño académico ou ben na súa vida profesional futura. Obxectivo: Este estudo pretende sintetizar a evidencia actual sobre a relación entre o trastorno de ansiedade pola saúde e os estudantes de medicina, buscando ofrecer unha visión actualizada do estado da arte neste campo e propoñer áreas para unha futura investigación. Métodos: Trátase dunha scope review da literatura dispoñible sobre a temática arriba mencionada, realizada por medio dos buscadores bibliográficos PubMed e Ovid e seguindo as pautas PRISMA. Os criterios de inclusión seleccionaron artigos orixinais, de acceso libre, con idioma de publicación en inglés ou castelán, publicados entre 2019 e 2023 e cuxo título conteña algunha das palabras chave. Incluíronse revisións sistemáticas, estudos observacionales transversais e de cohortes. Resultados: Analizáronse os datos dun total de oito artigos. Os resultados non foron claros relativamente á prevalencia de ansiedade pola saúde nos estudantes de medicina. Só un estudo relacionou o aumento da patoloxía coa poboación estudada. Determinados factores (como xénero, curso académico e/o tamaño da mostra) puideron influenciar os estudos. Conclusión: A sintomatoloxía suxestiva do trastorno de ansiedade por enfermidade non foi significativamente máis frecuente nos estudantes de medicina en comparación cos doutros graos académicos.

Impacto da pandemia SARS-CoV-2 no diagnóstico da Tuberculose na área sanitaria da Coruña e Cee. Un estudo observacional.
Autoría
M.V.G.B.
Grao en Medicina
M.V.G.B.
Grao en Medicina
Data da defensa
20.06.2024 09:00
20.06.2024 09:00
Resumo
Tras o impacto da pandemia do SARS-CoV-2 no ano 2020, observouse un retraso no diagnóstico de diversas enfermidades, incluída a tuberculose, segundo o Informe Mundial sobre a Tuberculose de 2022 da Organización Mundial da Saúde (OMS). Ante esta situación, deseñamos un estudo observacional transversal co obxectivo de avaliar o impacto da pandemia no retraso diagnóstico da tuberculose na área sanitaria de A Coruña e Cee (Galicia, España) e documentar as modificacións no perfil dos pacientes. Como achazgos principais, vimos que se mantivo un perfil similar dos pacientes, e que o retraso total en xeral na nosa área sanitaria foi maior debido á COVID-19, cunha diferencia estadísticamente signfiicativa. No que se refiere aos grupos poblacionais específicos, aínda que non foron resultados estadísticamente significativos, vimos un incremento no retraso diagnóstico da TB en pacientes inmigrantes e usuarios de drogas, e menor naqueles con VIH, enfermedade psiquiátrica e alcoholismo.

RUANO RAVIÑA, ALBERTO (Titoría)
Enjo Barreiro, José Ramón Cotitoría
RUANO RAVIÑA, ALBERTO (Titoría)
Enjo Barreiro, José Ramón Cotitoría
Tribunal
MENDEZ ALVAREZ, ESTEFANIA MARIA SALOME (Presidente/a)
PEÑA FERNANDEZ, MAITE (Secretario/a)
Anibarro García, Luís (Vogal)
MENDEZ ALVAREZ, ESTEFANIA MARIA SALOME (Presidente/a)
PEÑA FERNANDEZ, MAITE (Secretario/a)
Anibarro García, Luís (Vogal)
Solventes no retratamento endodóntico
Autoría
A.P.O.
Grao en Odontoloxía
A.P.O.
Grao en Odontoloxía
Data da defensa
21.06.2024 09:30
21.06.2024 09:30
Resumo
Introdución: O retratamento endodóntico é un procedemento que se realiza cando o tratamento previo de condutos radiculares non conseguiu resolver a infección ou os síntomas asociados. Os solventes son substancias químicas que se presentan en forma líquida, a súa función é o ablandamento do material de recheo intraduto. Actualmente no mercado hai unha variedade de solventes que suavizan o material de recheo, pero ningún cumpre todos os requisitos para ser o solvente ideal. Ao longo da historia, a literatura mostrouse ambigua sobre o uso de solventes neste tratamento. O obxectivo desta revisión é avaliar se o uso de solventes é eficaz na eliminación de material de obturación, avaliar a súa seguridade e o seu impacto na dentina. Material e métodos: A búsqueda levouse a cabo en PubMed, con uns criterios de inclusión e exclusión determinados; os estudos tiñan que ser en inglés ou español, estudos publicados nos últimos 10 anos, estudos que traten sobre os solventes mencionados e/ou que inclúan as palabras clave, estudos relevantes para os obxectivos do traballo, e estudos cun factor de impacto Q1 ou Q2 no Journal Citation Reports (JCR). Resultados: Dos 238 artigos obtidos nas búsquedas bibliográficas, 27 cumpriron cos criterios de inclusión iniciais, avaliouse a calidade no JCR, e só 10 artigos foron incluídos no estudo. Dos 10 artigos, 5 tratan sobre a eficacia, 4 sobre o impacto na dentina, e 1 sobre a seguridade. Conclusión: A literatura non chega a un acordo en canto á eficacia dos solventes, varía segundo diferentes factores, como o tipo de solvente, a situación clínica, o material utilizado, o tempo de exposición e as características do conduto.

Martín Biedma, Benjamín José (Titoría)
Anache D' Abate, Marcos Anibal Cotitoría
Martín Biedma, Benjamín José (Titoría)
Anache D' Abate, Marcos Anibal Cotitoría
Tribunal
CASTRO PEREZ, MARIA DE LOS ANGELES (Presidente/a)
BORRAJO GARCIA, MARIA ISABEL (Secretario/a)
OUTUMURO RIAL, MERCEDES (Vogal)
CASTRO PEREZ, MARIA DE LOS ANGELES (Presidente/a)
BORRAJO GARCIA, MARIA ISABEL (Secretario/a)
OUTUMURO RIAL, MERCEDES (Vogal)
Estudo e comparativa de variables en pacientes con distintos fenotipos metabolizadores a tratamento con aripiprazol inxectable de acción prolongada para unha medicina personalizada
Autoría
A.C.C.
Grao en Medicina
A.C.C.
Grao en Medicina
Data da defensa
20.06.2024 09:00
20.06.2024 09:00
Resumo
Introdución: O antispicótico atípico aripiprazol metabolízase maioritariamente no fígado a través do citocromo P450, concretamente a través de CYP2D6 e CYP3A4, ata converterse en dehidroaripiprazol, o seu principal metabolito activo. Estas enzimas teñen unha gran variabilidade alélica que lle outorga diferentes capacidades de metabolización dos fármacos. Iso supón, sobre todo nos casos de metabolizadores pobres e ultrarrápidos, unhas concentracións plasmáticas de antipsicótico fóra dos rangos terapéuticos establecidos. Esta variabilidade interindividual avoga a conseguir un tratamento individualizado para cada paciente dependendo do seu fenotipo metabolizador, para así obter unha medicina personalizada, conseguindo concentracións plasmáticas en rangos terapéuticos e mellorar a efectividade, seguridade e calidade de vida dos pacientes. Obxectivos: Estudar a resposta ao tratamento antipsicótico con aripiprazol en termos de seguridade e efectividade atendendo aos valores plasmáticos do aripiprazol/dehidroaripiprazol e á caracterización de fenotipos metabolizadores para CYP2D6 e CYP3A4. Material e métodos: Estudo de tipo prospectivo, aberto e non controlado de 22 pacientes ambulatorios tratados con aripiprazol inxectable de liberación prolongada da Área Sanitaria de Santiago de Compostela e Barbanza. Resultados: Todos os pacientes teñen efectos secundarios mínimos ou ausentes excepto un que ten efectos adversos moderados. O fenotipo CYP3A4 relacionouse cos efectos secundarios acatisia, malestar e retención urinaria e o fenotipo CYP2D6 relacionouse directamente coas dúas prolactinas patolóxicas. Os efectos secundarios medidos con GASS en relación ao sitio da inxección foron no deltoides a sensación de sentirse atordado e a somnolencia e no glúteo obxetiváronse tremores. A calidade de vida foi boa excepto en dous pacientes que teñen unha calidade de vida moi mala. Os síntomas positivos e negativos son mínimos, os depresivos normais-moderados e os cognitivos normais-medianos (excepto un paciente con síntomas cognitivos máis graves). Determináronse concentracións de aripiprazol+dehidroaripiprazol moi diversas, con 5 pacientes en rangos infraterapéuticos e un maior cociente aripiprazol/dehidroaripiprazol nos metabolizadores pobres dos CYP2D6 e CYP3A4. Conclusións: O tratamento con aripiprazol depot é seguro e provoca escasos efectos secundarios, os pacientes recoñecen ter boa calidade de vida e é un fármaco en xeral ben tolerado. O fenotipo CYP3A4 asóciase con algúns efectos secundarios e o CYP2D6 coa hiperprolactinemia. Ambos os lugares de inxección son sitios seguros e non inflúen na concentración plasmática de antipsicótico. Estas concentracións son moi variables dependendo do fenotipo metabolizador coas consecuencias de maiores efectos secundarios ou falta de efectividade polo que é importante coñecer o fenotipo de cada paciente para obter unha medicina personalizada.

Revisión sistemática sobre a inducción temperá do parto en mulleres nulíparas de idade avanzada.
Autoría
M.D.C.R.G.
Grao en Medicina
M.D.C.R.G.
Grao en Medicina
Data da defensa
20.06.2024 09:00
20.06.2024 09:00
Resumo
Introducción e obxectivos: A necesidade de indución temperá en mulleres embarazadas nulíparas de idade avanzada valorouse en distintas ocasións debido á posibilidade de redución de comorbilidades asociadas a istos embarazos considerados de risco. Realizouse unha revisión sistemática para evaluar os posibles beneficios (redución de mortes fetais e comorbilidades maternas) e as posibles desventaxes (aumento de cesáreas, de duración da indución e costes) desta práctica con respecto ao manexo expectante. Material e métodos: Realizouse unha búsqueda sistemática en PubMed, Embase e Cochrane dende septembro de 2023 incluindo artículos que explorasen os efectos da inducción temperá en embarazadas nulíparas de idade avanzada. Incluíronse estudos publicados en inglés con 100 pacientes ou máis. Resultados: Identificáronse 3 977 artículos, 4 (n= 78 935 pacientes) foron incluidos nesta revisión. De eles exportáronse as características mostrais de interese. Conclusións: Nos estudos analizados, o número de mortes fetais intraútero e mortes perinatais intrahospitalarias no grupo de mulleres inducidas foron menores que no grupo de manexo expectante. Nos estudos observacionais encontráronse tras a indución do parto maiores tasas de: readmisión materna, hemorraxias obstétricas, cesáreas e maior duración do parto, alumbramento e estancia hospitalaria. Ademais, a partir de datos indirectos estimouse un aumento dos costes hospitalarios tras a aplicación da inducción. No ensaio clínico incluido non se observaron diferencias significativas nas tasas de cesáreas nin se observaron mortes fetais intraútero ni muertes perinatais, xa que non estaba diseñado para estudar estas últimas. As guías clínicas de distintos países ofrecen recomendacións diversas debido á limitada evidencia científica ao respecto e é por iso que se manifesta a necesidade de desenvolver máis ensaios clínicos con un maior tamaño mostral sobre o tema.

DUEÑAS CARAZO, MARIA BEGOÑA Cotitoría
ARIAS BALTAR, MARIA EFIGENIA (Titoría)
DUEÑAS CARAZO, MARIA BEGOÑA Cotitoría
Tribunal
VARO PEREZ, EVARISTO (Presidente/a)
ARIAS RIVAS, SUSANA (Secretario/a)
DIAZ RUIZ, MARIA DEL CARMEN (Vogal)
VARO PEREZ, EVARISTO (Presidente/a)
ARIAS RIVAS, SUSANA (Secretario/a)
DIAZ RUIZ, MARIA DEL CARMEN (Vogal)
Microbioloxía das próteses vasculares explantadas: análise de datos agregados nun hospital terciario no último lustro.
Autoría
E.D.R.
Grao en Medicina
E.D.R.
Grao en Medicina
Data da defensa
20.06.2024 09:00
20.06.2024 09:00
Resumo
Introdución: O obxectivo deste estudo é avaliar a microbioloxía das infeccións de próteses vasculares baseado no cultivo positivo das próteses explantadas no noso centro. Material e métodos: Análise descritiva das mostras de próteses vasculares enviadas ao laboratorio de Microbioloxía (2019-2023). Excluíronse os tubos supracoronarios e as fístulas de hemodiálise. O protocolo de estudo foi a sonicación e a sementeira en placa e inoculación en frascos de hemocultivo. Resultados: Analizáronse 118 mostras, correspondentes a 76 pacientes (idade media: 70 anos; sexo masculino: 87%). A localización foi: 7 (6%) aórtica, 32 (27%) aorto-femoral, 65 (55%) membro inferior e 14 (12%) axilo-femoral. O material máis frecuente foi Dacron (73%) e explantáronse 6 (5%) endopróteses. As complicacións máis graves que motivaron o explante foron: trombose (18%), rotura (16%) e fístula aorto-entérica (11%). Os microorganismos (n=134) distribuíronse en grampositivos 67%, gramnegativos 22%, anaerobios 5% e fungos 6%. O cultivo foi negativo no 24%. Mostras polimicrobianas, 24%. Por orde de frecuencia, identificáronse 41 SCN (33 oxa-R), 25 S. aureus (1 SARM), 14 P. aeruginosa (6 multirresistente) e 10 enterococos (9 E. faecium). Non se detectaron S. aureus nin P. aeruginosa en mostras intracavitarias; en cambio E. faecium (21% vs. 3%; p menor que 0.01) e anaerobios (14% vs. 3%; p=0.02) foron significativamente máis frecuentes nesta localización. S. aureus foi o microorganismo máis frecuente en hemocultivos (37% vs. 13%; p= 0.03) e enterococo asociouse coa presenza de fístula aorto-entérica (56% vs. 9%; p menor que 0.01). Conclusións: - A etioloxía varía en función da localización. Aínda que a proporción de SARM é baixa, é significativa a presenza de microorganismos resistentes como E. faecium e P. aeruginosa MR. - O illamento de S. aureus relacionouse coa presenza de bacteriemia e enterococo con fístula aorto-entérica.

Sousa Regueiro, María Dolores (Titoría)
Sousa Regueiro, María Dolores (Titoría)
Tribunal
Dieguez Gonzalez, Carlos (Presidente/a)
VALDES CUADRADO, LUIS GUILLERMO (Secretario/a)
LOPEZ LOPEZ, RAFAEL (Vogal)
Dieguez Gonzalez, Carlos (Presidente/a)
VALDES CUADRADO, LUIS GUILLERMO (Secretario/a)
LOPEZ LOPEZ, RAFAEL (Vogal)
Infarto de miocardio sen lesións coronarias obstrutivas (MINOCA): perspectiva actual dun desafío emerxente en Cardioloxía. Revisión a propósito dun caso
Autoría
A.P.C.
Grao en Medicina
A.P.C.
Grao en Medicina
Data da defensa
20.06.2024 09:00
20.06.2024 09:00
Resumo
Introdución O infarto de miocardio sen lesións coronarias obstructivas (MINOCA -Myocardial Infarction with non-obstructive coronary arteries-) caracterízase pola ausencia de obstrucións significativas nas arterias coronarias, elevación de marcadores de dano miocárdico e clínica típica de Síndrome Coronario Agudo (SCA). É unha entidade con crecente relevancia e representa entre o 1-14% dos pacientes que ingresan con sospeita de SCA e son sometidos a unha coronariografía. O seu diagnóstico é complexo. Por iso, é crucial unha adecuada aproximación para identificar o mecanismo (isquémico vs non isquémico), e aplicar o tratamento óptimo. Os algoritmos e outras probas complementarias poderían axudar a abordar de forma dirixida esta entidade cuxa mortalidade e incidencia de eventos cardíacos adversos maiores (ECAM) aseméllase á do infarto agudo de miocardio con enfermidade coronaria aterosclerótica (IAM-ECA). Obxectivos Proporcionar información actualizada da epidemioloxía, factores de risco, etiopatoxénese, diagnóstico, tratamento e prognóstico do MINOCA a partir dunha revisión bibliográfica e presentación dun caso característico. Material e métodos Reúnese información actualizada da epidemioloxía, etioloxía, fisiopatoloxía, clínica, diagnóstico, tratamento e prognóstico do MINOCA mediante a realización dunha revisión bibliográfica descritiva en PubMed e Google Académico e a presentación dun caso clínico tipo. Discusión e resultados Preséntase un caso típico do MINOCA, descríbese a evolución e compáranse as características e manexo do caso con evidencia actualizada. Conclusións O MINOCA é unha crecente preocupación clínica. A utilización de distintas probas invasivas e non invasivas pode axudar a dilucidar o mecanismo subxacente. É esencial diferenciar causas isquémicas de non isquémicas para poder establecer un tratamento adecuado e avaliar o prognóstico. A falta de ensaios clínicos de gran tamaño dificulta o seu manexo. Existen investigacións en curso que poderían cambiar o panorama actual.

Aldama López, Guillermo Cotitoría
Barge Caballero, Eduardo (Titoría)
Aldama López, Guillermo Cotitoría
Tribunal
Souto Bayarri, José Miguel (Presidente/a)
Martinón Torres, Nazareth (Secretario/a)
GARCIA ACUÑA, JOSE MARIA (Vogal)
Souto Bayarri, José Miguel (Presidente/a)
Martinón Torres, Nazareth (Secretario/a)
GARCIA ACUÑA, JOSE MARIA (Vogal)
Asociación entre a resposta ao tratamento anti-TNF e o haplotipo HLA-DQA1*05 en doentes con colite ulcerosa e a súa prevalencia no noso medio. Estudo observacional prospectivo.
Autoría
F.J.D.C.
Grao en Medicina
F.J.D.C.
Grao en Medicina
Data da defensa
20.06.2024 09:00
20.06.2024 09:00
Resumo
Introdución: A colite ulcerosa (CU) é unha enfermidade inflamatoria crónica cuxo manexo constitúe un reto médico. A chegada do tratamento biolóxico representa unha revolución terapéutica. No obstante, a súa principal limitación radica na incapacidade de predicir a eficacia e a seguridade destes fármacos. Obxectivo: Coñecer a prevalencia da mutación HLA-DQA1*05 en pacientes con CU no noso medio. Determinar o papel do haplotipo HLA-DQA1*05 na resposta ao tratamento anti-TNF, avaliando a súa eficacia, persistencia e seguridade. Métodos: Estudio observacional analítico prospectivo dunha cohorte de pacientes con CU que iniciaron tratamento anti-TNF (adalimumab, infliximab) entre xaneiro-2021 e outubro-2023. As visitas tras 12 semanas, 6 e 12 meses, avaliaron as respostas clínica e biolóxica, complicacións e presencia de anticorpos. Determinouse o haplotipo HLA-DQA1*05 en mostras de saliva. Resultados: Incluímos 54 doentes e 61 ciclos de tratamento anti-TNF cunha mediana de seguimento de 10,5 meses. Dezaoito doentes (33,3%) presentaron o haplotipo HLA-DQA1*05. Non se atopou asociación entre HLA-DQA1*05 e o fenotipo de CU (idade, xénero, localización, antecedentes de cirurxía, enfermidade perianal ou extraintestinal). Sete ciclos de tratamento presentaron un fallo primario (11,5%). Tras 6 meses achamos unha redución de calprotectina fecal (p= 0,039). Durante o seguimento, 26 ciclos (42,6%) foron suspendidos, principalmente por eventos adversos (16,4%), fundamentalmente reaccións infusionais. A utilización de infliximab vinculase cunha maior taxa de eventos adversos fronte ao adalimumab (p=0,005). Non existiron diferencias na persistencia do tratamento entre portadores HLA-DQA1*05 e non portadores. A presencia de anticorpos non se relacionou con HLA-DQA1*05, efectos adversos ou persistencia de tratamento anti-TNF. Conclusións: En doentes con CU, a mutación HLA-DQA1*05 non se asociou ca eficacia, seguridade ou persistencia do tratamento anti-TNF nin a formación de anticorpos. Deste xeito o papel deste haplotipo como guía na elección do tratamento biolóxico parece cuestionable.

Resultados obstétricos tras ablación por radiofrecuencia transcervical de miomas uterinos
Autoría
M.D.C.M.R.
Grao en Medicina
M.D.C.M.R.
Grao en Medicina
Data da defensa
20.06.2024 09:00
20.06.2024 09:00
Resumo
Introdución: Os miomas uterinos son tumores benignos presentes aproximadamente no 70% das mulleres. Aínda que a maioría son asintomáticos, ao redor dun 25% presentan síntomas, sendo o sangrado uterino o máis frecuente. Outros síntomas poden incluír unha sensación de presión e/o dor pélvico. Algunhas mulleres teñen problemas reprodutivos debido á localización dos miomas no útero, sobre todo submucosos ou intramurales. A ablación por radiofrecuencia é unha técnica minimamente invasiva que se utiliza no tratamento de miomas uterinos sintomáticos a través dun eléctrodo guiado por unha sonda ecográfica. As ondas electromagnéticas provocan unha necrosis do tecido do mioma, evitando calquera tipo de dano que poida afectar o tecido uterino san próximo. Esta técnica presenta menor risco e unha recuperación moito máis rápida que os métodos convencionais, como a histerectomía, de elección en pacientes que non desexan preservar a fertilidade, ou a miomectomía, técnica actual de elección para preservar a fertilidade. Obxectivo: valorar os resultados obstétricos tras o procedemento en mulleres en idade reprodutiva. Métodos e deseño estudo: levo a cabo unha procura en bases de datos como Medline (Pubmed), Google académico e Cochrane Library, utilizando termos crave Uterine fibroids, pregnancy, radiofrencuency. Revisáronse finalmente os resultados de 10 estudos. Resultados: dun total de 563 pacientes, producíronse 61 embarazos post técnica. Houbo 26 cesáreas, 15 partos vaxinais, e 11 abortos espontáneos, 3 abortos terapéuticos e 1 embarazo ectópico. As complicacións obstétricas reportadas foron unha placenta parcialmente acreta e unha hemorraxia postparto. Discusión e conclusión: a ablación radiofrecuencia transvaginal é unha opción de tratamento para as mulleres que desexan preservar a súa fertilidade. Os estudos revisados achegan datos positivos sobre eficacia e seguridade da técnica, aínda que se necesitan máis evidencia para confirmalo.

Papel do p53 no balance enerxético
Autoría
C.F.C.
Grao en Medicina
C.F.C.
Grao en Medicina
Data da defensa
20.06.2024 09:00
20.06.2024 09:00
Resumo
Introdución: o xen p53, comunmente coñecido como o gardián do xenoma, foi amplamente estudado polo seu papel na resposta ao dano no ADN e na supresión tumoral. Estudos recentes apuntan a que tamén exerce unha gran influenza no metabolismo celular e corporal, polo que entender p53 e os seus mecanismos de acción pode abrir novas vías ao desenvolvemento de terapias para modificar o curso de patoloxías metabólicas. Obxectivos: Coñecer a evidencia dispoñible na literatura científica acerca do papel de p53 no cerebro e no fígado, órganos chave para o mantemento da homeostase enerxética, en condicións fisiolóxicas e no desenvolvemento de patoloxías metabólicas, como a obesidade, a diabetes tipo 2 (DM2) e a enfermidade de esteatose hepática asociada a disfunción metabólica (MASLD). Métodos: Levouse a cabo unha revisión sistemática seguindo o método PRISMA na base de datos de Medline (PubMed) dos estudos primarios que investigaron o papel de p53 hipotalámico e hepático no metabolismo a través de datos de experimentación preclínica in vivo, especificamente ensaios funcionáis de ganancia e perda de función de p53. Resultados: Atopáronse un total de 22 artigos, 6 correspondentes á parte de hipotálamo e 16 á parte de fígado. A nivel cerebral, p53 nas neuronas AgRP do hipotálamo protexe fronte a obesidade inducida por dieta e media os efectos da grelina en inxesta de alimento e peso corporal. A nivel hepático, p53 controla a homeostase da glicosa a través da gliconeoxénese e atópase elevada en pacientes con DM2. En relación ao metabolismo de lípidos, existe discordancia sobre o papel protector ou promotor de p53 no desenvolvemento de MASLD. Conclusións: p53 no hipotálamo e no fígado é importante para manter o equilibrio enerxético do organismo e a súa alteración está implicada no desenvolvemento de enfermidades metabólicas. Estes resultados suxiren que p53 podería ser unha diana terapéutica interesante, aínda que se require investigación adicional para comprender completamente os seus mecanismos e o seu potencial terapéutico nestas enfermidades.

Estudo de prevalencia de factores de risco cardiovascular en C.S. Casa del Mar
Autoría
J.P.V.
Grao en Medicina
J.P.V.
Grao en Medicina
Data da defensa
18.07.2024 09:00
18.07.2024 09:00
Resumo
Introdución e obxectivos. O obxectivo deste estudo é coñecer a prevalencia de factores clínicos de risco cardiovascular (hipertensión arterial, dislipemia, tabaquismo, obesidade, diabetes e insuficiencia renal crónica) entre os pacientes do Centro de Saúde Casa do Mar da Coruña (España) e avaliar se se corresponde coa prevalencia esperable a partir de estudos doutras poboacións. Material e métodos. Estudo observacional descritivo transversal da prevalencia de hipertensión arterial, dislipemia, tabaquismo, obesidade, diabetes e insuficiencia renal crónica na poboación do Centro de Saúde Casa do Mar de Coruña. Para iso emprégase a clasificación CIAP dos pacientes rexistrados no IANUS obtida como datos anónimos a través do SIGAP (Sistema de Información da Xestión Primaria). Resultados. Dos 20.903 pacientes adultos do centro de saúde, 9.094 presentaron como mínimo un factor de risco cardiovascular a estudo. Prevalencia de hipertensión arterial: 27.25% (mulleres 27.81% e homes 26.57%), prevalencia de dislipemia: 27.12% (mulleres 27.87% e homes 26.20%), prevalencia de tabaquismo: 9.42% (mulleres 8.38% e homes 10.37%), prevalencia de obesidade: 8.97% (mulleres 9.40% e homes 8.45%.), prevalencia de diabetes: 5.07% (mulleres 5.11% e homes 5.02%), prevalencia de insuficiencia renal crónica: 3.99% (mulleres 4.06% e homes 3.92%). Conclusións. En xeral a prevalencia dos factores de risco cardiovascular é maior entre mulleres que homes ca excepción do tabaquismo. Ademais, a prevalencia destas enfermidades tende a aumentar ca idade, coa excepción do tabaquismo que cae a partir dos 65 años e da obesidade que tamén decrece a partir dos 85. Como norma, as prevalencias achadas neste estudo son inferiores ás atopadas na bibliografía, en especial a do tabaquismo. Este fenómeno pode deberse ao infrarrexistro con códigos CIAP-2 destes factores de risco cardiovascular.

Barral Castro, Manuel Cotitoría
Gonzalez Quintela, Arturo (Titoría)
Barral Castro, Manuel Cotitoría
Tribunal
MENDEZ ALVAREZ, ESTEFANIA MARIA SALOME (Presidente/a)
PEÑA FERNANDEZ, MAITE (Secretario/a)
MONTES MARTINEZ, AGUSTIN (Vogal)
MENDEZ ALVAREZ, ESTEFANIA MARIA SALOME (Presidente/a)
PEÑA FERNANDEZ, MAITE (Secretario/a)
MONTES MARTINEZ, AGUSTIN (Vogal)
Resultados da Cirurxía Citorreductora con Quimioterapia Hipertérmica Intraperitoneal como Tratamento da Carcinomatose Peritoneal de Orixe Colorrectal e Apendicular: un Estudo Observacional Retrospectivo
Autoría
C.N.R.P.
Grao en Medicina
C.N.R.P.
Grao en Medicina
Data da defensa
05.09.2024 09:00
05.09.2024 09:00
Resumo
Introdución: A cirurxía citorreductora (CRS) con quimioterapia hipertérmica intraperitoneal (HIPEC) ten mellorado a supervivencia global (SG) en pacientes seleccionados con carcinomatose peritoneal (CP) de orixe colorrectal (CCR) e apendicular, previamente unha patoloxía de moi mal prognóstico. Obxectivos: Determinar a SG, a supervivencia libre de enfermidade (SLE), a morbimortalidade posoperatoria, a correlación entre o índice de CP (PCI) intraoperatorio e anatomopatolóxico, e posibles factores prognósticos de menor SG e maior morbimortalidade. Material e Métodos: Este é un estudio observacional retrospectivo unicéntrico en 25 pacientes tratados con CRS/HIPEC por CP de orixe colorrectal (21 pacientes, 84%) e apendicular (4 pacientes, 16%). Resultados: A incidencia de complicacións e mortalidade a 30 días foi do 28% e 8%, respectivamente, identificándose o sexo masculino como factor de risco para complicacións (p0.020). A correlación entre PCI intraoperatorio e anatomopatolóxico foi moi forte (0.814). A taxa de SG a 1, 3 e 5 anos foi de 87.5%, 79.1% e 66.6%, respectivamente, asociándose o CCR esquerdo a unha menor SG (log-rank p0.04). A incidencia de recidivas foi do 47.83%, resultando unha taxa de SLE a 1, 3 e 5 anos do 58.3%, 50% e 45.8%, respectivamente. Conclusión: A CRS/HIPEC supón un aumento da SG e agárdase unha melloría en SLE e morbimortalidade, grazas ó uso de novos factores prognósticos para a selección de pacientes, xunto coa ganancia de experiencia de cirurxiáns e centros e os avances en quimioterapia sistémica, inmunoterapia e HIPEC.

Fernández Pérez, José Aquilino (Titoría)
Conde Rodríguez, María Cotitoría
Fernández Pérez, José Aquilino (Titoría)
Conde Rodríguez, María Cotitoría
Tribunal
Rodriguez Calvo, Maria Sol (Presidente/a)
LAGE FERNANDEZ, RICARDO (Secretario/a)
Ponte Hernando, Fernando Julio (Vogal)
Rodriguez Calvo, Maria Sol (Presidente/a)
LAGE FERNANDEZ, RICARDO (Secretario/a)
Ponte Hernando, Fernando Julio (Vogal)
Relación do liquen plano oral e enfermedades sistémicas
Autoría
M.C.G.
Grao en Odontoloxía
M.C.G.
Grao en Odontoloxía
Data da defensa
08.02.2024 10:30
08.02.2024 10:30
Resumo
Resumo: O liquen plano oral (LPO) é unha enfermidade cunha etioloxía descoñecida. Diversos autores subliñan a posibilidade dunha conexión causal entre o LPO e diversas enfermidades sistémicas. Este estudo propón examinar esta potencial relación mediante a revisión de historias clínicas de pacientes diagnosticados clínica e histopatoloxicamente de LPO na Unidade de Medicina Oral da Facultade de Odontoloxía de Santiago de Compostela. Ademais de verificar se existe algunha asociación entre as diferentes formas clínicas de presentación destas patoloxías no LPO, preténdese observar posibles alteracións que poidan estar vinculadas ao consumo de fármacos nestes pacientes. Este enfoque integral ten como obxectivo aclarar a complexidade das interrelacións entre o LPO, as súas manifestacións clínicas e as enfermidades sistémicas, así como o impacto da farmacoloxía, contribuíndo así a un mellor entendemento e abordaxe desta enfermidade no ámbito odontolóxico e médico. Material e método: Revisáronse 588 historias clínicas dos pacientes da Unidade de Medicina Oral da Facultade de Odontoloxía de Santiago de Compostela entre o 2013 e o 2024. Despois de aplicar os criterios de inclusión e exclusión incluíronse 287 pacientes. Para a análise sobre as asociacións entre as patoloxías sistémicas e o LPO utilizouse a proba de Chi-cadrado cun nivel de significación do 5%. Resultados: Dos 287 pacientes, o 71% foron mulleres, cunha idade media de 64,84 anos. Destes, o 78,7% consumían fármacos e o 29,4% foron considerados como polimedicados (máis de 3 fármacos). As patoloxías sistémicas máis encontradas entre este grupo foron a hipertensión arterial e a hipercolesterolemia (29%). En canto á forma clínica, as formas brancas foron as máis habituais nos pacientes con LPO, seguidas das formas vermellas, das que a máis habitual foi a erosiva (7,7%). En canto á localización, a mucosa xugal foi a máis común (33,9%), ademais as localizacións múltiples apareceron no 48,3% dos casos. Con independencia do tipo clínico, encontrouse unha relación estatisticamente significativa entre a presentación e a localización (p menor 0.005). O 76,9% dos pacientes non referiron sintomatoloxía, especialmente vinculada ás formas brancas (70,97%). Un 33,9% dos pacientes con LPO recibiron tratamento para o mesmo no período estudado. A relación entre a clínica de LPO e as diferentes variables mostrou que as mulleres eran quen presentaban maior porcentaxe, pero non se puido demostrar unha relación estatisticamente significativa coa forma de aparición. Con relación á idade, si se observou unha relación significativa co consumo de fármacos. No estudo das enfermidades sistémicas só se puido demostrar unha relación significativa para a hipertensión arterial (p = 0,014). En canto ao consumo de fármacos, os pacientes polimedicados presentaron formas clínicas diferentes e aqueles sen consumo de fármacos mostraron homoxeneidade nestas presentacións. A localización intraoral máis frecuente foi a mucosa xugal. Conclusión: o estudo demostra como o liquen plano oral ten unha relación directa coa hipertensión arterial, ademais de como o consumo de fármacos pode influir na presentación clínica da patoloxía oral.

BLANCO CARRION, ANDRES (Titoría)
Pérez González, Alba Cotitoría
BLANCO CARRION, ANDRES (Titoría)
Pérez González, Alba Cotitoría
Tribunal
Diniz Freitas, Márcio (Presidente/a)
CRESPO VAZQUEZ, ELVIRA (Secretario/a)
FERNANDEZ RIVEIRO, PAULA (Vogal)
Diniz Freitas, Márcio (Presidente/a)
CRESPO VAZQUEZ, ELVIRA (Secretario/a)
FERNANDEZ RIVEIRO, PAULA (Vogal)
Eficacia e seguridade do transplante de microbiota fecal en pacientes con colite ulcerosa
Autoría
A.G.D.
Grao en Medicina
A.G.D.
Grao en Medicina
Data da defensa
20.06.2024 09:00
20.06.2024 09:00
Resumo
Antecedentes: a colite ulcerosa (CU) é unha enfermidade inflamatoria intestinal crónica que afecta a millóns de persoas en todo o mundo. O transplante de microbiota fecal (TMF) xurdiu como unha terapia prometedora para esta condición. O obxectivo deste estudo é avaliar exhaustivamente a evidencia dispoñible sobre a eficacia e seguridade da TMF en doentes adultos con CU. Os resultados primarios incluirán a taxa de remisión clínica e os resultados secundarios a incidencia de eventos adversos relacionados coa TMF e a taxa de remisión endoscópica. Métodos: Revisión sistemática e metaanálise de artigos científicos publicados desde 2015 ata a actualidade consultando as bases de datos PubMed e Scopus. Incluíronse 14 ensaios clínicos controlados aleatorios, que reuniron un total de 626 doentes, dos cales 324 recibiron TMF e 302 foron asignados ao grupo control. Para realizar a metaanálise realizouse a análise estatística co software estatístico Stata 16.1 (StataCorp, College Station, TX, EUA). Resultados: Todos os estudos incluídos informan dos resultados da remisión clínica que se conseguiu en 166 de 324 pacientes do grupo TMF (51,23%) e 89 de 302 do grupo control (29,47%). Con estes datos, o estudo suxire que o grupo TMF tivo unha remisión clínica significativamente maior que o grupo control [RR  = 1.64; IC del 95% (1,31-2.06) p <0.001]. O mesmo coa remisión endoscópica, onde doce estudos informan datos de resultado de remisión endoscópica. Descubrimos que 91 dos 295 doentes do grupo TMF lograron a remisión endoscópica (30,85%) en comparación cos 47 dos 264 do grupo control (17,8%). Esta diferenza foi significativa [RR  = 1.48; IC del 95% (1,04-2.12) p = 0.029]. En canto á seguridade, non houbo diferenzas significativas entre os dous grupos [RR = 0,93; IC del 95% = (0,82; 1,06) p = 0.281]. Ademáis, en ningún dos estudos houbo efectos adversos graves relacionados coa intervención, senón só leves e autolimitados. Os resultados deste estudo son alentadores, non obstante, lograr a remisión a longo prazo, garantir a seguridade e coñecer as bacterias responsables da mellora segue a ser un reto. Conclusión: en resumo, este estudo suxire que o transplante de microbiota fecal (TMF) é unha terapia prometedora para a colite ulcerosa, mostrando unha mellora significativa na remisión clínica e endoscópica en comparación co grupo control, cun perfil de seguridade similar entre ambos os grupos. Non obstante, seguen sendo retos a sustentabilidade da remisión a longo prazo, a seguridade continuada e a comprensión dos mecanismos responsables da mellora.

Eficacia dun Programa de Prevención do Suicidio na Área Sanitaria de Vigo
Autoría
J.C.D.B.R.
Grao en Medicina
J.C.D.B.R.
Grao en Medicina
Data da defensa
20.06.2024 09:00
20.06.2024 09:00
Resumo
O suicidio é unha das principais causas de morte en todo o mundo, representando un importante problema de saúde pública. A Unidade de Prevención do Suicidio de Vigo realiza actividades de prevención específica do suicidio a través dun programa de traballo de seis meses con persoas en risco de conduta suicida. Este estudo ten como obxectivo avaliar os resultados deste programa, tanto en termos de redución de intentos de suicidio como na percepción subxectiva de melloría por parte dos participantes. Tamén se analizou se as variacións nesta percepción subxectiva podían predicir a recorrencia dos intentos de suicidio. Realizouse un estudo observacional e descritivo, utilizando datos recompilados das historias clínicas dos pacientes atendidos na unidade. Analizáronse os datos das primeiras 300 persoas atendidas. A percepción subxectiva de melloría mediuse utilizando o cuestionario Outcome Rating Scale (ORS) en cada sesión de psicoloxía clínica. Durante o programa, o 15,33% das persoas realizaron algún intento de suicidio. Observouse unha mellora na ORS ao comparar as avaliacións antes e despois do programa. Con todo, non se atoparon correlacións entre os cambios nas puntuacións do ORS e a recorrencia dos intentos de suicidio. Os resultados do programa UPS de Vigo son comparables aos doutros programas de prevención do suicidio que demostraron unha redución nos intentos de suicidio. En conclusión, a implementación dunha unidade de prevención do suicidio en contornas ambulatorias pode ter un impacto positivo na redución dos intentos de suicidio e na mellora do benestar xeral dos pacientes. Recoméndase a ampliación deste tipo de unidades e a realización de estudos adicionais para continuar avaliando a súa efectividade a longo prazo.

OLIVARES DIEZ, JOSE MANUEL (Titoría)
Rivera Baltanás, Tania Cotitoría
OLIVARES DIEZ, JOSE MANUEL (Titoría)
Rivera Baltanás, Tania Cotitoría
Tribunal
RODRIGUEZ PALLARES, JANNETTE (Presidente/a)
RODRIGUEZ GARCIA, JAIME JOSE (Secretario/a)
LOPEZ MARTIN, MARIA ELENA (Vogal)
RODRIGUEZ PALLARES, JANNETTE (Presidente/a)
RODRIGUEZ GARCIA, JAIME JOSE (Secretario/a)
LOPEZ MARTIN, MARIA ELENA (Vogal)
Papel da antibioterapia oral preoperatoria na prevención de complicacións en cirurxía colorrectal electiva. Revisión bibliográfica.
Autoría
L.R.C.
Grao en Medicina
L.R.C.
Grao en Medicina
Data da defensa
18.07.2024 09:00
18.07.2024 09:00
Resumo
Introdución: A pesar do uso xeneralizado das técnicas minimamente invasivas e dos protocolos de recuperación acelerada (ERAS), a cirurxía colorrectal electiva asóciase con frecuencia a complicacións como a infección do sitio cirúrxico ou a dehiscencia anastomótica. Por tanto, a preparación preoperatoria dos pacientes sometidos a este procedemento é un tema fundamental que xerou controversia durante décadas. Obxectivos: Analizar o efecto da antibioterapia oral, soa ou en combinación con preparación mecánica, na incidencia da infección do sitio cirúrxico e da dehiscencia anastomótica. Material e métodos: Durante o mes de febreiro do 2024 levouse a cabo unha procura bibliográfica en diversas bases de datos electrónicas, tales como MEDLINE-Pubmed, Cochrane Library e Scopus. Só se tiveron en conta os traballos en castelán ou inglés publicados entre o 2000 e o 2024. Resultados: Os 9 estudos incluídos nesta revisión sistemática foron clasificados en 3 categorías: antibioterapia oral versus non preparación (estudos 1 e 2), preparación mecánica combinada con antibioterapia oral versus preparación mecánica (estudos 3-6) e preparación mecánica combinada con antibioterapia oral versus antibioterapia oral (estudos 7-9). En cada comparación, avaliáronse 3 ítems: infección do sitio cirúrxico, fuga anastomótica e outras complicacións (duración da estancia hospitalaria, taxa de readmisión, mortalidade…). Conclusións: A administración preoperatoria de antibioterapia oral, illada ou en combinación con preparación mecánica, reduce a incidencia de infección do sitio cirúrxico en pacientes sometidos a cirurxía colorrectal electiva. Con todo, non está claro o papel profiláctico dos antibióticos orais na prevención da dehiscencia anastomótica.

GARCIA GARCIA, MANUEL (Titoría)
Rigueiro López, Lucía Cotitoría
GARCIA GARCIA, MANUEL (Titoría)
Rigueiro López, Lucía Cotitoría
Tribunal
Souto Bayarri, José Miguel (Presidente/a)
Carro Méndez, María Beatriz (Secretario/a)
PEREIRO FERREIROS, MANUEL (Vogal)
Souto Bayarri, José Miguel (Presidente/a)
Carro Méndez, María Beatriz (Secretario/a)
PEREIRO FERREIROS, MANUEL (Vogal)
Eficacia analxésica dos bloqueos dos nervios intercostais en procedementos de parede torácica e abdominal alta: revisión sistemática.
Autoría
I.O.D.
Grao en Medicina
I.O.D.
Grao en Medicina
Data da defensa
20.06.2024 09:00
20.06.2024 09:00
Resumo
Introdución Un control óptimo da analxesia postoperatoria resulta imprescindible para facilitar a recuperación dos pacientes sometidos a procedementos cirúrxicos toracoabdominais. Os avances anestésico-analxésicos, coa introdución da ultrasonografía e a posterior descrición dos bloqueos fasciais, son unha ferramenta para a xestión eficiente da dor postoperatoria. Obxectivo Estudar a eficacia e seguridade do bloqueo dos nervios intercostais mediante ultrasonografía como técnica analxésica aforradora de opioides. Material e métodos Realizouse unha revisión sistemática de ensaios clínicos randomizados, revisións sistemáticas e metaanálises publicados entre 2014 e 2024 sobre os bloqueos que abordan os nervios intercostais para procedementos sobre a parede torácica e abdominal alta. Resultados A revisión inclúe 43 artigos, 32 sobre cirurxía da parede torácica e 11 sobre a parede abdominal. Do conxunto de estudos podemos concluír que o ICNB é unha alternativa analxésica a considerar ao non ser inferior ao TPVB ou á TEA en toracotomía e videotoracoscopia. Os bloqueos do espazo serrato-intercostal (BRILMA, SIPB) melloran significativamente os resultados analxésicos en cirurxía cardíaca, mamaria e supraumbilical alta. Conclusión Os bloqueos fasciais dos nervios intercostais son unha alternativa analxésica efectiva fronte aos bloqueos centrais (PVB, TEA), cun perfil de seguridade favorable. A pesar de dispoñer dunha evidencia moderada, é recomendable a incorporación dos bloqueos fasciais como un elemento máis das estratexias analxésicas multimodais para o control do compoñente somático da dor postoperatoria. Serán necesarias futuras investigacións para obter un grado de recomendación máis forte. A elección do tipo de bloqueo debe individualizarse en función do procedemento cirúrxico/vía de abordaxe, características do paciente e experiencia/formación dos profesionais.

López Álvarez, Servando Cotitoría
Álvarez Escudero, Julián (Titoría)
López Álvarez, Servando Cotitoría
Tribunal
SEÑARIS RODRIGUEZ, ROSA MARIA (Presidente/a)
CABANAS RODRIGUEZ, EDUARDO RODRIGO (Secretario/a)
MATEOS ALVAREZ, RAIMUNDO (Vogal)
SEÑARIS RODRIGUEZ, ROSA MARIA (Presidente/a)
CABANAS RODRIGUEZ, EDUARDO RODRIGO (Secretario/a)
MATEOS ALVAREZ, RAIMUNDO (Vogal)
Valoración da resposta a Omalizumab na Urticaria Crónica Espontánea
Autoría
T.P.L.
Grao en Medicina
T.P.L.
Grao en Medicina
Data da defensa
20.06.2024 09:00
20.06.2024 09:00
Resumo
INTRODUCIÓN: A urticaria crónica espontánea (UCE) é unha condición caracterizada pola aparición de habóns, anxioedema ou ambos, ben a diario ou intermitentemente, durante máis de 6 semanas. A UCE é unha patoloxía relacionada coa activación dos mastocitos cutáneos, e a liberación dos seus mediadores, como a histamina. Para valorar a enfermidade e a resposta ao tratamento recomendase empregar os cuestionarios específicos da enfermidade: actividade (UAS/UAS7), control (UCT) e calidade de vida (CU-Q2OL o DLQI). Os antihistamínicos H1 de segunda xeración son o tratamento de base, e si é necesario recomendase incrementar as doses hasta x4. Se a resposta é insuficiente, o omalizumab, un anticorpo monoclonal anti-IgE, é unha opción segura e eficaz para o control dos síntomas e mellora da calidade de vida. A busca dos biomarcadores de resposta ao tratamento é un punto de interese para a selección individualizada do tratamento. MATERIAL E MÉTODOS: Realizarase unha revisión da literatura científica sobre os biomarcadores empregados na valoración da resposta a OMA na UCE. Nun estudo observacional ambispectivo dos pacientes con UCE tratados con OMA no servizo de Alergoloxía do C.H.U.S., valorarase tras 6 doses de tratamento a resposta cos PROMs validados e revisanse os biomarcadores seleccionados en relación ca resposta a OMA. RESULTADOS: Trala busca bibliográfica, seleccionáronse 19 artigos que inclúen dúas revisións sistemáticas e un metaánalise. Existe evidencia de que un nivel baixo de IgE total asociase a unha pobre ou mala resposta a OMA. Por outro lado, os respondedores rápidos (resposta tras 4-6 semanas) teñen significativamente maiores niveis de IgE total que os respondedores lentos. Outro dos biomarcadores no estudo é a densidade de receptor de alta afinidade FcERI en mastocitos e basófilos, atopando que os non respondedores presentan niveis basais significativamente máis baixos. Atopouse tamén unha relación entre a positividade da proba de soro autólogo (ASST) e a proba de liberación de histamina (BHRA) e o tempo para acadar a melloría con OMA, con unha maior frecuencia de positividade en respondedores lentos ca en rápidos. Non hai datos concluíntes da asociación da resposta ou resistencia a OMA cos rasgos clínicos, marcadoes de autoinmunidade, e inflamación (anti-TPO, dímero D, PCR, recontos celulares…). Na nosa serie de 6 casos revisados, 1 paciente con IgE total normal acada a resposta completa (UAS7=0), e un paciente con IgE elevada presenta unha resposta parcial. Os 4 pacientes considerados como non respondedores mostran diferentes rangos de IgE total. CONCLUSIÓNS: O OMA é unha opción eficaz na UCE refractaria a antihistamínicos H1, pero a resposta é variable. Na actualidade, non dispoñemos de marcadores que permitan seleccionar aos mellores candidatos ao tratamento. Dos biomarcadores potenciais valorados, o valor de IgE total é o mellor predictor de resposta ao tratamento con OMA. Os biomarcadores deben ser avaliados en mostras máis amplías de pacientes, para ser validados e poder guiar as indicacións dos tratamentos da UCE.

Efectos sobre a saúde mental do uso e abuso de novas tecnoloxías en xente nova: unha revisión sistemática
Autoría
M.S.S.
Grao en Medicina
M.S.S.
Grao en Medicina
Data da defensa
20.06.2024 09:00
20.06.2024 09:00
Resumo
As novas tecnoloxías, ou Tecnoloxías da Información e da Comunicación (TIC), revolucionaron o xeito de comunicarnos, entreternos e mesmo traballar; e o empleo das mesmas aumentou significativamente dende a pandemia de COVID-19. A OMS recoñeceu que o seu uso excesivo é un problema de alcance global que leva a unha incapacidade para xestionar o tempo, a enerxía e a atención, o que pode favorecer a aparición de insomnio, angustia emocional, ansiedade, depresión, trastornos amnésicos, trastornos do estado de ánimo, abstinencia e illamento social, e en casos extremos, aumentando o risco de suicidio. Dende a perspectiva de xénero tamén se recoñecen diferentes perfís, xa que os homes tenden a abusar máis dos videoxogos, mentres que as mulleres fan un maior uso das redes sociais. O obxectivo principal do traballo é analizar e sintetizar a evidencia científica dispoñible sobre a relación entre o abuso das TIC dende idades temperás e os trastornos de saúde mental que poden derivarse del, tanto a nivel neurobiolóxico como clínico. Os obxectivos secundarios, son a descrición dos factores de risco e de protección que interveñen nestes trastornos, as estratexias de prevención e da evidencia científica que as sustenta.

Efectividade e seguridade da Terapia Electroconvulsiva na poboación adolescente: unha revisión sistemática.
Autoría
S.I.C.
Grao en Medicina
S.I.C.
Grao en Medicina
Data da defensa
20.06.2024 09:00
20.06.2024 09:00
Resumo
Introdución: a terapia electroconvulsiva (TEC) é un tratamento psiquiátrico cunha historia controvertida e un procedemento especialmente estigmatizado e pouco coñecido. A súa eficacia e seguridade na poboación adulta foi amplamente demostrada en diferentes trastornos. Obxectivos: Revisar a eficacia e a seguridade da TEC nos trastornos psiquiátricos na poboación adolescente (13-18 anos). Materiais e métodos: A metodoloxía empregada inclúe unha búsqueda bibliográfica na base de datos PubMed dos artigos publicados na última década, cos termos “electroconvulsive therapy” E “adolescent”. A búsqueda inicial informou de 223 estudos, dos que unha vez analizados, 204 estudos foron descartados. Finalmente, incluíronse na revisión 19 estudos. Resultados: Os resultados indican que esta técnica é efectiva na poboación adolescente e sobre todo en casos graves refractarios a outros tratamentos, con mellora dos síntomas depresivos, catatónicos e psicóticos. Tamén se demostrou que a TEC é eficaz na prevención de recaídas e os efectos secundarios máis frecuentes como dor de cabeza, perda de memoria a curto prazo ou náuseas foron similares aos atopados na poboación adulta. Conclusións: Aínda que son necesarios máis estudos, o uso da terapia electroconvulsiva en adolescentes parece ser unha opción eficaz e segura.

BRAÑAS GONZALEZ, ANTIA (Titoría)
BRAÑAS GONZALEZ, ANTIA (Titoría)
Uso de biosimilares de anibizumab no tratamento da Dexeneración Macular neovascular relacionada coa Edade.
Autoría
L.V.M.P.
Grao en Medicina
L.V.M.P.
Grao en Medicina
Data da defensa
20.06.2024 09:00
20.06.2024 09:00
Resumo
Introdución: A dexeneración macular relacionada coa idade neovascular é unha das enfermidades crónicas máis frecuentes que causan cegueira en todo o mundo, principalmente en pacientes maiores de 50 anos. O obxectivo terapéutico desta enfermidade baséase principalmente en fármacos intravítreos antifactor de crecemento endotelial vascular. O elevado número de inxeccións necesarias para a súa xestión fai que o tratamento desta patoloxía supoña un gasto económico excesivo para o sistema sanitario e por iso desenvolvéronse biosimilares: fármacos biolóxicos equivalentes en eficacia e seguridade ao de referencia. Obxectivos: recompilar, analizar e comparar os diferentes artigos relacionados co uso de biosimilares de Ranibizumab no tratamento da nAMD. Material e métodos: realizouse unha revisión sistemática facendo tres buscas nas bases de datos: dúas en PubMed e unha en Embase. Formouse a pregunta PICoR e establecéronse os criterios de inclusión e exclusión para a selección dos artigos. Resultados: Afondamos nun total de 14 artigos, en cada un deles analizouse a metodoloxía en función do tipo de estudo, a intervención en relación ao réxime de tratamento e fármacos implicados, e comparouse a eficacia dos biosimilares de Ranibizumab con Ranibizumab de referencia o Lucentis tendo en conta parámetros como: agudeza visual mellor corrixida nas diferentes fases do tratamento, parámetros morfolóxicos como líquido intraretinal, líquido subretiniano, desprendimento de epitelio pigmentario, farmacocinética, seguridade, inmunoxenicidade. Non se atoparon diferenzas significativas entre os dous grupos de fármacos estudados. Conclusións: O uso de biosimilares de Ranibizumab non supón unha perda de eficacia no tratamento da nAMD, ao tempo que demostraron ser fármacos seguros para o seu uso na práctica diaria, polo que permiten o manexo desta alta prevalencia. a enfermidade é menos custosa para as autoridades sanitarias. Palabras clave: anti-VEGF biosimilar, ranibizumab, dexeneración macular relacionada coa idade e custo-eficacia.

CADARSO SUAREZ, LUIS (Titoría)
Campo Gesto, Ana Cotitoría
CADARSO SUAREZ, LUIS (Titoría)
Campo Gesto, Ana Cotitoría
Tribunal
LAREU HUIDOBRO, MARIA VICTORIA (Presidente/a)
López González, Francisco Javier (Secretario/a)
RODRIGUEZ COBOS, MARIA ANGELES (Vogal)
LAREU HUIDOBRO, MARIA VICTORIA (Presidente/a)
López González, Francisco Javier (Secretario/a)
RODRIGUEZ COBOS, MARIA ANGELES (Vogal)
Factores asociados ao uso de presoterapia no tratamento de queimaduras.
Autoría
E.T.O.
Grao en Medicina
E.T.O.
Grao en Medicina
Data da defensa
20.06.2024 09:00
20.06.2024 09:00
Resumo
Introdución e obxectivos: As queimaduras son lesións que afectan á pel e outros tecidos a causa dun axente que produce a desnaturalización de proteínas neles. Pódense clasificar segundo o axente causal, a profundidade ou a súa extensión. Aquelas máis graves e extensas presentan unha alta taxa de morbimortalidade. Unha complicación frecuente é a cicatrización hipertrófica, caracterizada por un depósito excesivo de coláxeno, o que resulta en problemas tanto funcionais como estéticos. A presoterapia é un dos principais tratamentos deste tipo de cicatrices, consistente no uso de prendas compresivas. Este estudo ten como obxectivo determinar aqueles factores que se asocien ao uso de presoterapia. Material e métodos: Levouse a cabo un estudo retrospectivo observacional analítico con datos de pacientes ingresados na Unidade de Queimados do Complexo Hospitalario Universitario de A Coruña durante o ano 2022. Describíronse as distintas variables a estudo e analizáronse mediante un análise de regresión loxística simple para, a continuación, volver a analizar aquelas variables estatísticamente significativas cun modelo de regresión loxística múltiple. Resultados: No análise descriptivo presentáronse tamaños mostrais, medias e desviación típica, medianas, rangos intercuartílicos e rangos das variables cuantitativas; así como tamaños mostrais e porcentaxes de cada categoría das variables cualitativas. No análise estatístico, tras aplicar o modelo simple, obtéñense seis variables estatísticamente significativas, que se reducen a catro tras o análise co modelo múltiple. Conclusións: Identificáronse catro factores que aumentan o risco de necesitar presoterapia: sexo feminino, afectación do membro superior, cirurxía e uso de Nexobrid (Mediwound, Alemania). O resto de variables non mostraron asociación significativa, aínda que tres delas non se puideron analizar por falta de datos. Resáltase a necesidade de realizar estudos adicionais máis exhaustivos para unha mellor comprensión destas asociacións.

BREA GARCIA, BEATRIZ (Titoría)
Fernández Quinto, Alejandro Cotitoría
BREA GARCIA, BEATRIZ (Titoría)
Fernández Quinto, Alejandro Cotitoría
Tribunal
DOMINGUEZ PUENTE, FERNANDO (Presidente/a)
González Barcala, Francisco Javier (Secretario/a)
PINO MINGUEZ, JESUS (Vogal)
DOMINGUEZ PUENTE, FERNANDO (Presidente/a)
González Barcala, Francisco Javier (Secretario/a)
PINO MINGUEZ, JESUS (Vogal)
Beneficios do tratamento con cannabidiol en pacientes pediátricos con trastorno do espectro autista: Revisión sistemática.
Autoría
L.L.P.
Grao en Medicina
L.L.P.
Grao en Medicina
Data da defensa
20.06.2024 09:00
20.06.2024 09:00
Resumo
A terapia con cannabidiol é una realidade para o tratamento de patoloxías neuropediátricas, no caso do trastorno do espectro autista, o CBD podería supoñer unha alternativa de tratamento a iniciar dende o diagnóstico e que potenciara outros tratamentos de primeira liña. O obxectivo desta revisión sistemática é analizar a evidencia dispoñible sobre a eficacia do CBD ou cannabidiol no tratamento dos síntomas cardinais, como o comportamiento social ou disruptivo, en pacientes pediátricos con trastorno do espectro autista. Para iso, realizouse unha busca sistemática nas bases de datos Medline, Cochrane, Scopus, Scielo e Dialnet para identificar estudos publicados nos últimos 10 anos sobre o tratamento con CBD en nenos con trastorno do espectro autista. Evaluouse o risco de sesgos e o deseño dos 8 resultados obtidos, dos cales 2 de eles foron ensaios clínicos aleatorizados cun grupo control; pero só un con poboación pediátrica exclusiva. Os outros 6 estudos foron ensaios abertos ou estudos observacionais, na sua maioría de poboación mixta, polo que o risco de sesgos foi importante. Nos estudios incluídos observáronse mellorías puntuais en canto ós síntomas sociais naqueles pacientes tratados con CBD ou extracto de planta de cannabis con respecto ós tratados con placebo. Respecto ó comportamiento disruptivo, os resultados foron aínda mais modestos. As diferenzas foron significativas entre os grupos tratados con cannabinoides puros asociados e os tratados con extracto de planta; apoiando a influencia que a asociación de THC con CBD poida ter nestes resultados. Tra-la revisión non podemos concluir que haxa evidencia suficiente que apoie o tratamento con CBD para o control dos síntomas do trastorno do espectro autista. Actualmente, aínda hai moitos desafíos no tratamento do TEA e necesítanse mais ensaios clínicos ben deseñados, que estudien a eficacia do cannabidiol sen asociación co THC, avaliando riscos e individualizando as dosis.

Varela Pájaro, Celia Cotitoría
Moreno Álvarez, Ana (Titoría)
Varela Pájaro, Celia Cotitoría
Tribunal
GELABERT GONZALEZ, MIGUEL (Presidente/a)
CABANAS RODRIGUEZ, PALOMA (Secretario/a)
PEREIRO FERREIROS, MANUEL (Vogal)
GELABERT GONZALEZ, MIGUEL (Presidente/a)
CABANAS RODRIGUEZ, PALOMA (Secretario/a)
PEREIRO FERREIROS, MANUEL (Vogal)
Uso da proxesterona na prevención do parto pretermo.
Autoría
L.C.M.
Grao en Medicina
L.C.M.
Grao en Medicina
Data da defensa
18.07.2024 09:00
18.07.2024 09:00
Resumo
O parto pretermo é aquel que acontece entre as 20+0 y 36+6 de xestación. O 70-80% son espontáneos e adoitan ser o resultado dunha ruptura de membranas prematuras ou, con menor frecuencia, favorecidos por unha insuficiencia cervical. O 20-30% restante son xestacións interrompidas por indicación médica debido a diferentes patoloxías materno-fetais. Hai múltiples factores de risco e diversas rutas metabólicas cuxa alteración pode levar á aparición dun parto pretermo. Os diferentes tratamentos para diminuír a súa incidencia están centrados en identificar estas situacións e actuar para evitalo. Así e todo, poucas medidas terapéuticas demostraron ser eficaces e conseguiron prorrogar o embarazo.
O parto pretermo é aquel que acontece entre as 20+0 y 36+6 de xestación. O 70-80% son espontáneos e adoitan ser o resultado dunha ruptura de membranas prematuras ou, con menor frecuencia, favorecidos por unha insuficiencia cervical. O 20-30% restante son xestacións interrompidas por indicación médica debido a diferentes patoloxías materno-fetais. Hai múltiples factores de risco e diversas rutas metabólicas cuxa alteración pode levar á aparición dun parto pretermo. Os diferentes tratamentos para diminuír a súa incidencia están centrados en identificar estas situacións e actuar para evitalo. Así e todo, poucas medidas terapéuticas demostraron ser eficaces e conseguiron prorrogar o embarazo.
Dirección
LOPEZ RAMON Y CAJAL, CARLOS NICOLAS (Titoría)
LOPEZ RAMON Y CAJAL, CARLOS NICOLAS (Titoría)
Tribunal
GONZALEZ GARCIA, FRANCISCO (Presidente/a)
MERA VARELA, ANTONIO JOSE (Secretario/a)
GINARTE VAL, MANUEL JAVIER (Vogal)
GONZALEZ GARCIA, FRANCISCO (Presidente/a)
MERA VARELA, ANTONIO JOSE (Secretario/a)
GINARTE VAL, MANUEL JAVIER (Vogal)
A extracción diferencial e as súas metodoloxías alternativas en xenética forense
Autoría
L.M.L.
Grao en Medicina
L.M.L.
Grao en Medicina
Data da defensa
09.02.2024 09:00
09.02.2024 09:00
Resumo
As agresións sexuais supoñen un trauma e unha vulneración dos dereitos das vítimas ademais dun problema de saúde pública. Para poder levar a prisión o perpetuador precisamos dunha clara evidencia científica, con probas de ADN que os incriminen. As mostras dunha agresión sexual están na súa maioría compostas por moitas células epiteliais da vítima e poucos espermatozoides do agresor polo que, se se analizar esta mostra, se obtería un perfil xenético feminino. Para evitar isto, creouse a técnica de extracción diferencial que permite separar as células epiteliais dos espermatozoides, co fin de obter unicamente o ADN masculino. Porén, este método conta con algunhas limitacións e cunha alta carga de traballo polo aumento de mostras a analizar nos laboratorios. Isto supón que teñan xurdido outros métodos alternativos á extracción diferencial con peculiaridades propias. Neste traballo describiremos a extracción diferencial e as metodoloxías alternativas máis innovadoras. Ademais, realizaremos unha revisión bibliográfica para identificar as últimas tendencias nas investigacións en extracción diferencial e metodoloxías alternativas.

PUENTE VILA, MARIA DEL CARMEN DE LA (Titoría)

HER2-low e Tratamento con Trastuzumab-deruxtecan en Cancro de Mama Metastático
Autoría
A.R.D.S.N.
Grao en Medicina
A.R.D.S.N.
Grao en Medicina
Data da defensa
20.06.2024 09:00
20.06.2024 09:00
Resumo
O cancro de mama é o tumor maligno máis frecuente nas mulleres (1 de cada 8 padecerano ao longo da súa vida). Os carcinomas de mama clasifícanse mediante inmunohistoquímica en 5 subtipos biolóxicos: Luminal A, Luminal B1 (Luminal B/HER2 negativo), Luminal B2 (Luminal B/HER2 positivo), HER2 e Triplo negativo. A expresión do receptor de membrana HER2 confire ás células tumorales gran capacidade división e tendencia á invasión e metástase. Estes tumores evolucionaban moi mal ata a introdución do anticorpo monoclonal trastuzumab en 1998, que mellorou radicalmente o prognóstico das pacientes con tumores HER2 positivos. A principios de 2023, a EMA aprobou o uso en cancro de mama metastático dun novo anticorpo (trastuzumab-deruxtecan), co que se obtiveron uns resultados moi prometedores no ensaio Destiny Breast04. O obxectivo do traballo é realizar unha revisión bibliográfica dos ensaios clínicos de trastuzumab-deruxtecan en cancro de mama metastático, e analizar os estudos existentes sobre determinación inmunohistoquímica de HER2-low empregando diferentes anticorpos e plataformas.

GARCIA-CABALLERO PARADA, TOMAS M. M. (Titoría)
GARCIA-CABALLERO PEREZ, LUCIA Cotitoría
Fernández Rodríguez, Beatriz Cotitoría
GARCIA-CABALLERO PARADA, TOMAS M. M. (Titoría)
GARCIA-CABALLERO PEREZ, LUCIA Cotitoría
Fernández Rodríguez, Beatriz Cotitoría
Tribunal
LEIRO VIDAL, JOSE MANUEL (Presidente/a)
PEREZ FENTES, DANIEL ADOLFO (Secretario/a)
Hermida Ameijeiras, Álvaro (Vogal)
LEIRO VIDAL, JOSE MANUEL (Presidente/a)
PEREZ FENTES, DANIEL ADOLFO (Secretario/a)
Hermida Ameijeiras, Álvaro (Vogal)
¿DESA para “dummies”? Competencias no uso dun Desfibrilador Externo Semiautomático entre os estudantes do Grao de Odontoloxía
Autoría
M.G.A.
Grao en Odontoloxía
M.G.A.
Grao en Odontoloxía
Data da defensa
19.07.2024 09:30
19.07.2024 09:30
Resumo
Fundamento: A desfibrilación temperá mediante un Desfibrilador Externo Semiautomático (DESA) mellora a supervivencia dos pacientes con fallo cardíaco en contornas extrahospitalarios. A súa utilización representa unha competencia fundamental para os odontólogos no marco do as emerxencias médicas. Aínda non se demostrou de forma concluínte se os potenciais usuarios do DESA están preparados para afrontar o seu uso de maneira adecuada. Obxectivo: Analizar os coñecementos e habilidades dos alumnos do último curso do Grao de Odontoloxía no manexo do DESA. Metodoloxía: Deseñouse un estudo observacional descritivo transversal, no que participaron 42 alumnos de quinto curso do Grao de Odontoloxía da Universidade de Santiago de Compostela (España). Todos eles enfrontáronse a un escenario simulado dunha parada cardíaca nun adulto. Para iso, utilizouse un DESA (Phillips HeartStart FRx) e avaliouse o seu desempeño co desfibrilador sobre un boneco de reanimación (Little Anne QCPR). A avaliación efectuouse aplicando unha enquisa de 10 ítems distribuídos en 3 bloques: Preparación (4 ítems), Colocación e Descarga (4 ítems), e Post-descarga (2 ítems). Determinouse o tempo transcorrido desde o inicio da simulación ata o momento da descarga. A actividade foi dirixida por unha monitora con formación específica que actuaba como segunda reanimadora. Resultados: Menos do 10% dos participantes cumprimentaron adecuadamente 8 dos 10 ítems avaliados. Ningún estudante comprobou o estado da batería do DESA e só o 4,8% acenderon o DESA. O tempo medio transcorrido ata que se efectuou a descarga foi de 2 minutos e 23 segundos (rango: 1 minuto 15 segundos a 3 minutos 53 segundos). Conclusión: As habilidades sobre o manexo do DESA entre os estudantes do último curso do Grao de Odontoloxía son moi pobres. É necesario implementar unha formación específica sobre o manexo do DESA no curriculum do Grao.

Diniz Freitas, Márcio (Titoría)

A reforma psiquiátrica: Evolución histórica e técnicas psicodinámicas aplicadas ao paciente.
Autoría
L.L.E.
Grao en Medicina
L.L.E.
Grao en Medicina
Data da defensa
20.06.2024 09:00
20.06.2024 09:00
Resumo
Ao longo da historia da medicina, a saúde mental e a psiquiatría experimentaron unha evolución continua, suxeita ao contexto social, económico e cultural. No século XX, tivo lugar en Europa Occidental e América do Norte un movemento coñecido como reforma psiquiátrica, no que algúns dos puntos clave foron o desmantelamento dos manicomios, a promoción da atención comunitaria, os cambios conceptuais e lexislativos en prol dunha maior humanización no tratamento psiquiátrico e a aplicación de enfoques terapéuticos alternativos. O obxectivo principal deste traballo é realizar unha revisión bibliográfica deste percorrido histórico, enfocado especialmente ao marco territorial europeo, español e galego, e aportar unha visión xeral das mencionadas alternativas terapéuticas psicodinámicas xurdidas no século XX. Realizouse unha busca bibliográfica empregando como fontes diversos artigos de revistas científicas, libros e outros materiais de fondos bibliográficos en liña. Como conclusión, as terapias coadxuvantes psicodinámicas como a psicoanálise ou a arte terapia poden complementar de forma óptima o tratamento dos pacientes psiquiátricos, pero é esencial sinalar que a súa eficacia é moi limitada sen a presenza doutros tratamentos respaldados por unha maior evidencia científica. En definitiva, os retos actuais da atención á saúde mental son a mellora da calidade de vida do enfermo psiquiátrico, a loita contra o aínda presente estigma social, a defensa dos dereitos do enfermo mental e a promoción dunha atención psicolóxica e psiquiátrica integral, de calidade e accesible para todos os cidadáns e cidadás.

Relación dos factores de risco xenético coa presenza de síntomas prodrómicos e clínicos en pacientes con enfermidade de Parkinson.
Autoría
E.L.T.O.
Grao en Medicina
E.L.T.O.
Grao en Medicina
Data da defensa
09.02.2024 09:00
09.02.2024 09:00
Resumo
Introdución: A enfermidade de Parkinson considérase un síndrome motor caracterizado por bradicinesia, tremor en repouso e rixidez musculoesquelética. Ademais, asóciase cunha variedade de síntomas non motores. En anos recentes, a descuberta de factores de risco xenéticos da enfermidade de Parkinson puxo de manifesto a súa importancia no desenvolvemento e progresión desta enfermidade. Obxectivo: Relacionar os factores de risco xenéticos coa presenza de síntomas prodromicos e clínicos en pacientes coa Enfermidade de Parkinson. Materiais e métodos: Realizouse unha revisión sistemática na base de datos PubMed; utilizáronse como palabras clave as seguintes: “Parkinson´s disease”, “genetic risk factors”, “prodromic symptoms”, “clinical symptoms”, “genetic mutations” e seleccionáronse 25 artigos segundo criterios de inclusión e exclusión. Resultados: Seleccionáronse 25 artigos, que incluíron un total de N=255 pacientes. A depresión/ansiedade foi o síntoma prodromico máis frecuente, reportado en 25 pacientes de 8 artigos; seguido do déficit cognitivo, que se rexistrou en 22 pacientes en 6 artigos, e da urxencia urinaria, para 18 pacientes de 5 artigos. As mutacións do xene PRKN foron as máis identificadas (102 pacientes), seguidas das do xene GBA (40 pacientes). Con todo, os factores de risco xenéticos con máis estudos incluídos foron o SNCA e o SYNJ, con 5 artigos cada un. Conclusións: Existe unha relación entre factores de risco xenéticos da enfermidade de Parkinson e os síntomas prodromicos, dado por tres grupos de xenes: o primeiro con pacientes que manifestaban síntomas prodromicos de forma común e con alta variedade de presentación (GBA, SNCA e CHCHD2), o segundo con pacientes con baixa frecuencia de síntomas prodromicos e con variedade intermedia (RIC3, VPS35, PRKN e FBXO7), e o terceiro grupo con pacientes que non presentaron ningún síntoma prodromico (DNAJC13, GIGYF2, TMEM230, SYNJ1 e DNAJC6).

DIAZ RUIZ, MARIA DEL CARMEN (Titoría)
DIAZ RUIZ, MARIA DEL CARMEN (Titoría)
Resultados a medio e longo prazo da aplicación do
Autoría
E.M.F.
Grao en Medicina
E.M.F.
Grao en Medicina
Data da defensa
20.06.2024 09:00
20.06.2024 09:00
Resumo
Introdución: Un dos obxectivos da Organización Mundial da Saúde (OMS) desde 2008/2009 foi a publicación de guías e protocolos co fin de previr erros e complicacións perioperatorias, seguindo un checklist (Surgical Safety Checklist), o cal está instaurado en diferentes países. Este traballo realiza unha revisión sistemática da literatura en base á súa publicación en 2009, tratando de responder a pregunta: A aplicación do Surgical Safety Checklist (SSC) da OMS está sendo exitosa para previr complicacións e erros cirúrxicos, e en definitiva, salvado vidas de pacientes sometidos a operacións cirúrxicas, seguindo o lema Safe Surgery Save Lives? Métodos: Dende xaneiro do 2014 ata marzo do 2024, realizouse unha búsqueda sistemática nas bases de datos PubMed, biblioteca Cochrane e WOS. Seleccionáronse estudos que medían cuantitativamente o impacto do SSC da OMS respecto ás complicacións postoperatorias, e á mortalidade. Tamén se revisaron artigos referidos ao coste, e outros referidos á evitación de eventos adversos, barreiras e solucións para á implementación de este checklist. Resultados: 8 dos 251 artigos atopados cumpliron os criterios de inclusión. Recolléronse os resultados de varios obxectivos, incluindo diferentes tipos de complicacións, estancia media no hospital e mortalidade. Ademais, analizouse se o SSC é efectivo en aspectos económicos, e en diferentes contextos: guerra, países desenvolvidos e subdesenvolvidos. Conclusión: O SSC continúa demostrando a súa utilidade reducindo a morbimortalidade. Segundo os resultados obtidos, pode ser beneficioso para reducir os erros cirúrxicos e as complicacións, e por tanto este checklist salva vidas, incluso nos países subdesenvolvidos ou en situacións con poucos recursos, pois é unha ferramenta sinxela, barata y eficaz. Non obstante, deberían realizarse máis estudos de calidade para saber con exactitude a súa efectividade, xa que na mellora dos resultados inflúen múltiples factores.

GARCIA RODRIGUEZ, LUIS ANTONIO MIGUEL Cotitoría
PINO MINGUEZ, JESUS (Titoría)
GARCIA RODRIGUEZ, LUIS ANTONIO MIGUEL Cotitoría
Tribunal
LAREU HUIDOBRO, MARIA VICTORIA (Presidente/a)
López González, Francisco Javier (Secretario/a)
RODRIGUEZ COBOS, MARIA ANGELES (Vogal)
LAREU HUIDOBRO, MARIA VICTORIA (Presidente/a)
López González, Francisco Javier (Secretario/a)
RODRIGUEZ COBOS, MARIA ANGELES (Vogal)
Tratamento dos aneurismas cerebrais: evolución histórica e indicacións.
Autoría
I.L.C.
Grao en Medicina
I.L.C.
Grao en Medicina
Data da defensa
18.07.2024 09:00
18.07.2024 09:00
Resumo
Debido aos altos riscos de mortalidade asociados á hemorraxia subaracnoidea aneurismática, o tratamento dos aneurismas cerebrais experimentou avances significativos nas últimas décadas, especialmente co desenvolvemento de técnicas de embolización endovascular. Ademais, co aumento na utilización de técnicas de imaxe na práctica clínica, observouse un incremento no diagnóstico de aneurismas non rotos, o que presenta novos desafíos para os neurocirurxiáns vasculares. Este traballo centra en dous aspectos cruciais: a avaliación do risco de rotura dos aneurismas non rotos en comparación co risco cirúrxico, para determinar a necesidade de tratamento; e a selección do abordaxe terapéutico, xa sexa cirúrxico ou endovascular. Ilustrarase esta complexa toma de decisións a través dun caso clínico tratado no CHUAC, onde se intentou inicialmente un abordaxe endovascular para un aneurisma da arteria PICA, pero debido á súa anatomía vascular específica, requiríuse finalmente unha intervención cirúrxica. Este caso destaca a importancia de individualizar o tratamento segundo as características do paciente e do aneurisma.
Debido aos altos riscos de mortalidade asociados á hemorraxia subaracnoidea aneurismática, o tratamento dos aneurismas cerebrais experimentou avances significativos nas últimas décadas, especialmente co desenvolvemento de técnicas de embolización endovascular. Ademais, co aumento na utilización de técnicas de imaxe na práctica clínica, observouse un incremento no diagnóstico de aneurismas non rotos, o que presenta novos desafíos para os neurocirurxiáns vasculares. Este traballo centra en dous aspectos cruciais: a avaliación do risco de rotura dos aneurismas non rotos en comparación co risco cirúrxico, para determinar a necesidade de tratamento; e a selección do abordaxe terapéutico, xa sexa cirúrxico ou endovascular. Ilustrarase esta complexa toma de decisións a través dun caso clínico tratado no CHUAC, onde se intentou inicialmente un abordaxe endovascular para un aneurisma da arteria PICA, pero debido á súa anatomía vascular específica, requiríuse finalmente unha intervención cirúrxica. Este caso destaca a importancia de individualizar o tratamento segundo as características do paciente e do aneurisma.
Dirección
PRIETO GONZALEZ, ANGEL JESUS (Titoría)
BLANCO GUIJARRO, ADELA Cotitoría
PRIETO GONZALEZ, ANGEL JESUS (Titoría)
BLANCO GUIJARRO, ADELA Cotitoría
Tribunal
Dieguez Gonzalez, Carlos (Presidente/a)
VALDES CUADRADO, LUIS GUILLERMO (Secretario/a)
LOPEZ LOPEZ, RAFAEL (Vogal)
Dieguez Gonzalez, Carlos (Presidente/a)
VALDES CUADRADO, LUIS GUILLERMO (Secretario/a)
LOPEZ LOPEZ, RAFAEL (Vogal)
Endoftalmite post-cirurxía de catarata no Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela: análise dos resultados tras 20 anos
Autoría
A.N.A.
Grao en Medicina
A.N.A.
Grao en Medicina
Data da defensa
18.07.2024 09:00
18.07.2024 09:00
Resumo
Introdución e obxectivos: a endoftalmite post-cirurxía de catarata é unha complicación grave que pode resultar na perda da visión ou do globo ocular e cuxa etioloxía é de orixe infecciosa. A súa incidencia aínda que baixa, segue sendo unha preocupación en oftalmoloxía. O obxectivo deste estudo foi examinar a incidencia de endoftalmite tras cirurxía de catarata no Servizo de Oftalmoloxía de Santiago de Compostela nas últimas dúas décadas, identificando os axentes causais e a efectividade dos tratamentos. Material e métodos: examinouse unha mostra de 49 pacientes que desenvolveron endoftalmite tras cirurxía de catarata (36 cirurxía simple e 13 cirurxía combinada) no Servizo de Oftalmoloxía de Santiago de Compostela entre 2005 e 2023. Recolléronse datos demográficos e clínicos dos pacientes e examináronse factores de risco, diagnóstico e tratamento, así coma os cultivos microbiolóxicos e os resultados visuais obtidos. Resultados: na área sanitaria de Santiago de Compostela durante dúas décadas atopouse unha incidencia decrecente de 0,0558% de endoftalmitis postcirúrxica, sendo máis habitual na cirurxía simple. Encontráronse como factores de risco diabetes mellitus, consumo abusivo de alcohol e/ou tabaco e inmunosupresión. O xerme máis frecuentemente involucrado foi Serratia marcescens e Staphylococcus aureus en formas agudas e Candida parapsilosis en casos crónicos. A maioría tratouse con antibiótico intravítreo tipo vancomicina-ceftazidima, aínda que máis da metade precisou vitrectomía posterior ás inxeccións intravítreas. Os resultados visuais foron notablemente mellores post-tratamento e estiveron influenciados de forma significativa pola agudeza visual inicial e o tipo específico de microorganismo involucrado. Conclusión: a endoftalmite post-cirurxía de catarata é unha complicación grave malia infrecuente no noso medio. O seu desenrolo está influenciado pola técnica cirúrxica, comorbilidades e hábitos tóxicos. O pronóstico visual final depende do microorganismo causal e da administración precoz de antibióticos intravítreos.

Touriño Peralba, María del Rosario (Titoría)
BANDE RODRIGUEZ, MANUEL FRANCISCO Cotitoría
Touriño Peralba, María del Rosario (Titoría)
BANDE RODRIGUEZ, MANUEL FRANCISCO Cotitoría
Tribunal
MENDEZ ALVAREZ, ESTEFANIA MARIA SALOME (Presidente/a)
PEÑA FERNANDEZ, MAITE (Secretario/a)
MONTES MARTINEZ, AGUSTIN (Vogal)
MENDEZ ALVAREZ, ESTEFANIA MARIA SALOME (Presidente/a)
PEÑA FERNANDEZ, MAITE (Secretario/a)
MONTES MARTINEZ, AGUSTIN (Vogal)
Análise do papel do sedentarismo como factor relacionado coa prevalencia e o control dos factores de risco cardiovascular nunha mostra de pacientes galegos atendidos en Atención Primaria. Estudio IBERICAN.
Autoría
T.S.M.
Grao en Medicina
T.S.M.
Grao en Medicina
Data da defensa
05.09.2024 09:00
05.09.2024 09:00
Resumo
Obxectivo: Analizar a asociación do sedentarismo xunto a outros FRCV e a ECV na comunidade autónoma de Galicia no contexto do estudo IBERICAN. Material e métodos: As mostras para o noso traballo obtuvéronse do estudo IBERICAN, que é un estudo epidemiolóxico, multicéntrico e observacional que inclúe un total de 8.066 pacientes con edades comprendidas entre os 18 e 65 años, atendidos nas consultas de atención primaria en España e seguidos de forma anual durante 10 anos. O obxectivo principal de este estudio é analizar a prevalencia, incidencia e distribución xeográfica dos FRCV e/ou ECV na población española adulta atendida no SNS. Para este TFG analizamos as variables rexistradas na visita de inclusión dos pacientes reclutados en Galicia (n=608). Realizouse unha análise da razón de prevalencias para cada grupo de variables, axustadas polo resto e, finalmente, unha análise multivariante para analizar o efecto neutro de cada unha. En cada análise móstrase a odds ratio (OR) e o intervalo de confianza o 95% [IC95]. Resultados: Nunha mostra de 608 pacientes, deles, 153 eran sedentarios. O sedentarismo é máis frecuente coa idade (61,8 [14,5] vs 58,2 [15,1], p=0,012), en pacientes que viven no rural (2,59 [1,68-3,99]), desempregados (4,59 [2,10-10,01]), xubilados (3,67 [2,09-6,43]) ou que se adican as tarefas domésticas (2,65 [1,41-4,98]), con menor nivel de ingresos (1,73 [1,16-2,57]) e cun nivel de estudos inferior (24,19 [ 7,71-75,85]). En canto aos factores de risco cardiovascular, observamos unha estreita asociación do sedentarismo coa HTA (2,22 [1,41-3,51]), o seu grao de control (47,3% vs 63,1%, p=0,013), así como coa DM (43,3% vs 70,7%, p=0,01), e co tabaquismo (1,85 [1,03-3,31]). Aínda que non se observou ningunha asociación con ningunha das formas de ECV, o SCORE estimou un maior risco cardiovascular en pacientes sedentarios (o 39,2% tiña un risco moi alto fronte ao 31,1% dos non sedentarios, p=0,033). Conclusións: Os pacientes sedentarios presentan unha maior prevalencia de FRCV como a HTA e o tabaquismo. Asimismo, presentan peor control da HTA e a DM e maior nivel de risco cardiovascular estimado por SCORE.

Invaxinación intestinal en doentes pediátricos: revisión casuística e manexo clínico.
Autoría
J.V.P.
Grao en Medicina
J.V.P.
Grao en Medicina
Data da defensa
20.06.2024 09:00
20.06.2024 09:00
Resumo
A invaxinación intestinal aguda definese como a introdución do segmento proximal dunha asa intestinal no interior do segmento distal. As invaxinacións máis comúns son de tipo ileocólico, as cales requiren un tratamento precoz. A etioloxía máis frecuente desta condición é idiopática, e a miúdo asociase cun contexto de infección viral. O diagnóstico básase principalmente na presentación clínica, caracterizada comúnmente por dor abdominal acompañado de episodios de letargo, combinados con choro e irritabilidade intensa, así como vómitos e rectorraxia. Para confirmar a sospeita diagnóstica, a ecografía é a técnica de referencia, útil tamén para descartar unha causa secundaria, que é más frecuente en nenos maiores. As invaxinacións intestinais observanse predominantemente durante o primeiro ano de vida, sendo a principal causa de síndrome oclusivo en menores de 2 anos. O tratamento usualmente é radiolóxico, empregando un enema de aire, hidrostático ou ecoguiado, todos eles cunha alta taxa de éxito sempre e cando non existan signos de gravidade. En casos de fracaso do tratamento radiolóxico ou en presenza dun punto patolóxico, requerirase intervención cirúrxica, a cal pode realizarse mediante laparotomía ou laparoscopia.

Méndez Gallart, Roberto (Titoría)
Méndez Gallart, Roberto (Titoría)
Tribunal
DOMINGUEZ PUENTE, FERNANDO (Presidente/a)
González Barcala, Francisco Javier (Secretario/a)
PINO MINGUEZ, JESUS (Vogal)
DOMINGUEZ PUENTE, FERNANDO (Presidente/a)
González Barcala, Francisco Javier (Secretario/a)
PINO MINGUEZ, JESUS (Vogal)
Eficacia e seguridade dos inhibidores de JAK na Artrite Idiopática Xuvenil
Autoría
A.P.G.
Grao en Medicina
A.P.G.
Grao en Medicina
Data da defensa
20.06.2024 09:00
20.06.2024 09:00
Resumo
Antecedentes: A Artrite Idiopática Xuvenil (AIX) é unha enfermidade crónica que afecta a nenos e adolescentes, caracterizada pola inflamación crónica das articulacións. Clasifícase en varios subtipos segundo criterios clínicos, sendo a AIX refractaria un desafío terapéutico. Os tratamentos convencionais poden non ser efectivos en todos os casos, o que levou á investigación de novas opcións terapéuticas, como os inibidores de JAK. Estes fármacos demostraron eficacia no control da enfermidade en estudos previos, o que xerou interese no seu uso en pacientes pediátricos con AIX refractaria. Obxectivos: O obxectivo principal do estudo é avaliar a eficacia e seguridade do tratamento con inibidores de JAK en pacientes con diagnóstico de artrite idiopática xuvenil que non evolucionan favorablemente con outras terapias xa implementadas. Materiais e Métodos: Realizouse unha revisión sistemática da literatura, utilizando bases de datos como PubMed, Cochrane, WOS e Embase. Aplicáronse criterios de selección para identificar estudos relevantes que compararan a eficacia e seguridade dos inibidores de JAK en pacientes con AIX. Resultados: Tras o análise dos estudos seleccionados, atopouse que os inibidores de JAK demostraron ser efectivos no tratamento da AIX, mostrando mellores significativas nos síntomas e na calidade de vida dos pacientes. Ademais, observouse un perfil de seguridade aceptable en xeral. Conclusións: Os resultados obtidos apoian o uso de inibidores de JAK como unha opción terapéutica eficaz e segura para o tratamento da AIX en nenos e adolescentes. Destácase a importancia de seguir investigando neste campo para mellorar aínda máis a atención e o prognóstico dos pacientes con esta enfermidade.

MERA VARELA, ANTONIO JOSE (Titoría)
MANEIRO FERNANDEZ, JOSE RAMON Cotitoría
MERA VARELA, ANTONIO JOSE (Titoría)
MANEIRO FERNANDEZ, JOSE RAMON Cotitoría
Tribunal
PEREZ RIOS, MONICA (Presidente/a)
POSE REINO, ANTONIO DOMINGO (Secretario/a)
Gómez-Reino Rodríguez, Ignacio (Vogal)
PEREZ RIOS, MONICA (Presidente/a)
POSE REINO, ANTONIO DOMINGO (Secretario/a)
Gómez-Reino Rodríguez, Ignacio (Vogal)
Eficacia de Adalimumab e Ustekinumab para a curación mucosa endoscópica na Enfermidade de Crohn: revisión sistemática.
Autoría
M.P.V.
Grao en Medicina
M.P.V.
Grao en Medicina
Data da defensa
20.06.2024 09:00
20.06.2024 09:00
Resumo
Antecedentes: A curación mucosa na Enfermidade de Crohn (EC) convertiuse nun obxectivo terapéutico crucial, posto que mellora o pronóstico e a calidade de vida dos pacientes. Os fármacos biolóxicos revolucionaron o seu tratamento, ofrecendo terapias máis eficaces e dirixidas que reducen a inflamación e promoven a remisión endoscópica, alterando a historia natural da enfermidade. Esta revisión sistemática ten como obxectivo avaliar a eficacia de Adalimumab e Ustekinumab para lograr a curación mucosa endoscópica en pacientes con EC. Métodos: Realizouse unha revisión sistemática da literatura publicada ata Maio de 2024, mediante unha busca na base de datos PubMed. Incluíronse aqueles estudos que avaliaban a curación mucosa ou resposta endoscópica a través de Adalimumab ou Ustekinumab como obxectivo primario ou secundario se foi analizado en todos os pacientes da mostra. Excluíronse os estudos en poboación pediátrica, cartas, artigos de opinión, revisións bibliográficas e sistemáticas, series de casos e metaanálise. Avaliouse o risco de sesgo mediante a ferramenta recomendada no Manual Cochrane e a calidade da evidencia coa metodoloxía GRADE. A síntese dos resultados realizouse de forma narrativa e mediante táboas para facilitar a súa comparación. Resultados: Incluíronse oito estudos cun tamaño mostral entre 17 e 252 participantes: catro estudos observacionais prospectivos, dous de cohortes, un ensaio clínico aleatorizado e un subestudo de tres ensaios clínicos. Os estudos de Ustekinumab amosaron unha eficacia para acadar a ausencia de úlceras do 9% e 33.7% ás 8 e 52 semanas respectivamente e a remisión segundo escalas endoscópicas como o SES-CD do 7% e 35% respectivamente. Adalimumab mostrou resultados menos consistentes para a ausencia de úlceras (27% ás 12 semanas e 24% e 44.2% ás 52 semanas) e a remisión endoscópica (17.2% e 44.7% aos 6 e 12 meses, respectivamente). Discusión: Esta revisión presenta limitacións respecto á busca, realizada só en PubMed, e ao estudos incluídos, escasos e de deseño observacional. Adalimumab e Ustekinumab son fármacos capaces de inducir e manter a curación mucosa endoscópica na Enfermidade de Crohn, no obstante, en ambos casos as porcentaxes de éxito presentan unha ampla marxe de mellora.

Protocolo de irrigación para dentes con ápice aberto usando técnicas de rexeneración pulpar vs taponamento apical
Autoría
E.V.R.
Grao en Odontoloxía
E.V.R.
Grao en Odontoloxía
Data da defensa
21.06.2024 09:30
21.06.2024 09:30
Resumo
OBXECTIVOS: Revisión narrativa sobre a irrigación en dentes con ápice aberto. O obxectivo principal é elaborar un protocolo ideal para o tratamento endodóntico deste tipo de dentes comparando procedementos rexenerativos e de taponamento apical. MATERIAL E MÉTODOS: Para a elaboración desta revisión narrativa realizouse unha búsqueda de artigos científicos a través da base de datos de PubMed, entre febreiro e marzo do 2024. As palabras chave seleccionadas foron: ''irrigation'', ''open apex'', ''revascularization''. Os criterios de inclusión foron: documentos publicados a partir do 2019, que conteñan as palabras chave e que traten o obxectivo do traballo. Só se inclúen artigos publicados en revistas pertencentes ós cuartiles Q1 e Q2. RESULTADOS: Identificáronse 179 referencias a través da busca na base de datos e outras 4 seleccionadas de forma manual que, unha vez aplicados os criterios de selección, resultaron en 11 publicacións seleccionadas para a súa análise. Os tratamentos en dentes con ápice aberto son cada vez máis frecuentes debido á tendencia conservadora en odontoloxía, que se relaciona cunha maior esperanza de vida (tanto dos pacientes coma dos seu dentes) e a demanda de tratamentos dende unha idade cada vez mais temperá. A auxe de tratamentos de pacientes en crecemento fai cada vez máis habituais os procedementos rexenerativos endodónticos e de estimulación do peche apical. Polo que se debería establecer un protocolo de irrigación o máis axeitado posible para acadar o éxito clínico. CONCLUSIÓNS: Actualmente é un tema en constante debate, e non existe un protocolo de irrigación universal para este tipo de dentes máis aló das recomendación da AAE/ESE. Proponse un protocolo de irrigación que cumpra cos obxectivos desexables para o tratamento rexenerativo endodóntico e máis para o taponamento apical.

Efecto da prehabilitación preoperatoria sobre a condición física e complicacións perioperatorias en adultos que serán sometidos a cirurxía cardíaca: Revisión sistemática e metaanálise.
Autoría
C.G.C.
Grao en Medicina
C.G.C.
Grao en Medicina
Data da defensa
20.06.2024 09:00
20.06.2024 09:00
Resumo
Introdución: A prehabilitación é unha estratexia para mellorar a saúde e o benestar do paciente antes de someterse a unha cirurxía, buscando incrementar a reserva fisiolóxica dos pacientes para contrarrestar o estrés que supón a cirurxía e tentar reducir as complicacións perioperatorias e mellorar a calidade de vida dos pacientes. Con todo, a evidencia da súa eficacia en cirurxía cardíaca non é concluínte, e requirese investigar máis para demostrar e comprender mellor a súa utilidade para os pacientes neste tipo de intervencións. Obxectivos: Este estudo ten como obxectivo principal analizar o efecto da prehabilitación sobre a condición física e a calidade de vida dos adultos maiores de 18 anos con indicación de cirurxía cardíaca electiva, que participaron en programas de exercicio físico ou de fisioterapia respiratoria. Como obxectivos secundarios analizaranse a estadía hospitalaria e na UCI, a incidencia de complicacións postoperatorias (fibrilación auricular, infeccións, insuficiencia renal aguda e taxa de reintegro) así como a mortalidade. Métodos: Realizouse unha revisión sistemática e metaanálise de ensaios clínicos aleatorizados seguindo a metodoloxía PRISMA. O protocolo do estudo foi rexistrado e publicado en OSF. Para o manexo de datos utilizouse o programa Excel e o software RevMan. Utilizáronse como base de datos PubMed, WOS e Cochrane, realizando ademais buscas específicas na web e revisións de listas bibliográficas. Resultados: Incluíronse 14 ensaios con 1648 casos. Encontrouse unha mellora de 36.65 metros (IC95% (1.72; 71.58); p=0.04) no test 6MWT a favor da prehabilitación, pero que non alcanzou unha distancia clínicamente relevante. Non se atopou efecto sobre a calidade de vida. O exercicio físico acurtou a estadía hospitalaria en 1.01 días (IC95% (- 2;-0.02); p=0.04), pero non así a fisioterapia respiratoria. A prehabilitación non diminuíu a estadía na UCI. A incidencia de pneumonía reduciuse no postoperatorio (OR 0.34; IC95% (0.12; 0.95); p=0.04) ainda que iso non ocorreu no caso da fibrilación auricular. O resto de complicacións non foron valorables por falta de estudos. Tampouco se demostrou beneficio sobre a mortalidade nin con exercicio físico nin con fisioterapia respiratoria. Conclusións: A prehabilitación nos pacientes adultos sometidos a cirurxía cardíaca mellorou a súa condición física preoperatoria, pero sen alcanzar niveis clínicamente relevantes, cunha calidade de evidencia GRADE de baixa a moderada. O exercicio físico tamén acurtou a estadía hospitalaria e diminuíu a incidencia de pneumonía postoperatoria. Con todo, a calidade de vida, a estadía hospitalaria (con fisioterapia respiratoria), a permanencia na UCI, a incidencia de fibrilación auricular e a mortalidade non se viron influenciadas por esta estratexia.

Aplicación clínica do PET en depresión.
Autoría
J.C.R.T.
Grao en Medicina
J.C.R.T.
Grao en Medicina
Data da defensa
20.06.2024 09:00
20.06.2024 09:00
Resumo
Antecedentes: ante o crecente interese polos biomarcadores en psiquiatría, este traballo busca coñecer a hipotética utilidade do PET no manexo da depresión, ben sexa como ferramenta diagnóstica ou como preditor do pronóstico e/ou resposta ó tratamento. Métodos: en forma de revisión sistemática, buscáronse en PUBMED publicacións da última década nas que se utilizara o PET como ferramenta clínica para o manexo de pacientes con depresión. Os resultados e a calidade dos estudos, incluíndo o risco de sesgos, foron valorados seguindo un método de estandarización desenvolvido ad hoc. Resultados: nove estudos, oito ensaios clínicos e un estudo de cohortes, foron incluídos na revisión. Soamente este último avaliou aspectos pronósticos, centrándose o resto en valorar a resposta ó tratamento. Vintecatro áreas cerebrais foron estudadas con polo menos un dos seis radiofármacos utilizados en total. Discusión: a calidade dos estudos foi adecuada pero, en xeral, insuficiente para responder con certeza ás preguntas de investigación. Malia as limitacións no tamaño da mostra e a análise a posteriori da maior parte dos estudos, a evidencia recollida fai entrever que o PET si podería resultar útil como preditor da resposta ó tratamento antidepresivo; sen datos concluíntes sobre a súa utilidade noutros aspectos. Non obstante, serán necesarios novos estudos que corrixan os erros dos xa existentes antes de propoñer unha aplicación real do PET en pacientes con depresión.

Aguiar Fernández, Pablo (Titoría)
Aguiar Fernández, Pablo (Titoría)
Tribunal
PEREZ RIOS, MONICA (Presidente/a)
POSE REINO, ANTONIO DOMINGO (Secretario/a)
Gómez-Reino Rodríguez, Ignacio (Vogal)
PEREZ RIOS, MONICA (Presidente/a)
POSE REINO, ANTONIO DOMINGO (Secretario/a)
Gómez-Reino Rodríguez, Ignacio (Vogal)
Análise da mortalidade perinatal no Complexo Hospitalario Universitario da Coruña entre 2019 e 2023.
Autoría
G.V.N.
Grao en Medicina
G.V.N.
Grao en Medicina
Data da defensa
20.06.2024 09:00
20.06.2024 09:00
Resumo
Introdución e obxectivos: a mortalidade perinatal, que abarca as mortes fetais intraútero, intraparto e neonatais, representa un desafío significativo na atención obstétrica e neonatal. Os hospitais deben implementar protocolos rigorosos, incluíndo análise xenética, exame anatomopatolóxico placentario e necropsia fetal, para abordar as causas da mortalidade perinatal (especialmente a descoñecida). Este estudo ten como obxectivo describir a mortalidade perinatal nun centro hospitalario entre 2019-2023 e analizar algúns subgrupos de interese para mellorar a comprensión e a atención neste campo. Material e métodos: levouse a cabo un estudo descritivo retrospectivo utilizando a base de datos de mortalidade perinatal dun centro hospitalario no período 2019-2023, con N=88. Describíronse as principais variables prenatais, do parto e neonatais, así como as variables maternas de interés. Realizouse análise bivariante de subgrupos específicos: prematuros extremos (menos de 26 semanas), mortes por infección e mortes por crecemento intrauterino retardado, para identificar asociacións e patróns relevantes. Resultados: a taxa de mortalidade perinatal foi de 7,57/1000 nados vivos, e por momento de morte foron 3,26/1000 nados vivos para a mortalidade fetal intraútero, 1,53/1000 nados vivos para a mortalidade intraparto e 2,78/1000 nados vivos para a mortalidade neonatal. Observáronse diferenzas significativas nos subgrupos, con asociacións con trastornos como hipertensión ou corioamnionitis e presenza de alteracións anatomopatolóxicas na placenta. Conclusións: Os resultados destacan a importancia de implementar e aplicar protocolos efectivos para abordar a mortalidade perinatal (especialmente a causa descoñecida) e mellorar a atención obstétrica e neonatal. A pesar dalgunhas taxas lixeramente elevadas de mortalidade, identificáronse prácticas positivas, como o alto porcentaxe de necropsias realizadas. Os resultados resaltan a necesidade dunha análise anatomopatolóxica exhaustiva da placenta para unha mellor comprensión das causas da mortalidade perinatal e unha atención máis efectiva.

Fuentes Carballal, Jesús Alberto Cotitoría
Leis Trabazo, María Rosaura (Titoría)
Fuentes Carballal, Jesús Alberto Cotitoría
Tribunal
MERA VARELA, ANTONIO JOSE (Presidente/a)
CAICEDO VALDES, DIEGO JESUS (Secretario/a)
SAAVEDRA NIEVES, PAULA (Vogal)
MERA VARELA, ANTONIO JOSE (Presidente/a)
CAICEDO VALDES, DIEGO JESUS (Secretario/a)
SAAVEDRA NIEVES, PAULA (Vogal)
Rixidez e lividez cadavérica na estimación da data da morte
Autoría
L.D.P.L.
Grao en Medicina
L.D.P.L.
Grao en Medicina
Data da defensa
20.06.2024 09:00
20.06.2024 09:00
Resumo
A estimación do intervalo transcorrido dende a morte ata o levantamento do cadáver é un tema de gran importancia na medicina forense; pois ademais das implicacións éticas tamén ten repercusións legais en diversos ámbitos do dereito. Neste traballo centrarémonos en dous fenómenos cadavéricos clásicos e a súa utilidade para datar a morte no cadáver recente: a rixidez e a lividez cadavérica. Ambos fenómenos foran abordados por Mallach na década dos 60, quen recolleu toda a información dispoñible ata a data do estudo destes fenómenos e a súa aplicación para estimar o intervalo post mortem. O obxectivo deste traballo é recoller a evidencia sobre ambos fenómenos para estimar o intervalo post mortem publicados dende o clásico estudo de Mallach e levar a cabo una comparación cos seus achados, poñendo de relevo a evolución nesta materia e a utilidade dos mesmos na práctica forense.
A estimación do intervalo transcorrido dende a morte ata o levantamento do cadáver é un tema de gran importancia na medicina forense; pois ademais das implicacións éticas tamén ten repercusións legais en diversos ámbitos do dereito. Neste traballo centrarémonos en dous fenómenos cadavéricos clásicos e a súa utilidade para datar a morte no cadáver recente: a rixidez e a lividez cadavérica. Ambos fenómenos foran abordados por Mallach na década dos 60, quen recolleu toda a información dispoñible ata a data do estudo destes fenómenos e a súa aplicación para estimar o intervalo post mortem. O obxectivo deste traballo é recoller a evidencia sobre ambos fenómenos para estimar o intervalo post mortem publicados dende o clásico estudo de Mallach e levar a cabo una comparación cos seus achados, poñendo de relevo a evolución nesta materia e a utilidade dos mesmos na práctica forense.
Dirección
MUÑOZ BARUS, JOSE IGNACIO (Titoría)
MUÑOZ BARUS, JOSE IGNACIO (Titoría)
Tribunal
Souto Bayarri, José Miguel (Presidente/a)
Martinón Torres, Nazareth (Secretario/a)
GARCIA ACUÑA, JOSE MARIA (Vogal)
Souto Bayarri, José Miguel (Presidente/a)
Martinón Torres, Nazareth (Secretario/a)
GARCIA ACUÑA, JOSE MARIA (Vogal)
Estudo da repercusión da hipertrofia do ligamento amarelo na estenose de canal lumbar.
Autoría
A.V.P.
Grao en Medicina
A.V.P.
Grao en Medicina
Data da defensa
20.06.2024 09:00
20.06.2024 09:00
Resumo
A hipertrofia do ligamento amarelo (LFH) é un dos compoñentes etiopatoxénicos máis importantes da estenose de canal espinal lumbar (LSS). Desta forma, realizar estudos en termos de composición e microambiente celular, así como cuantificar cal é o seu grao de implicación e de que forma intervén na estreitura do canal é capital para achar posibles estratexias terapéuticas que poidan ser eficaces. No presente estudo levouse a cabo unha revisión bibliográfica da literatura dispoñible acerca da LFH, unha análise “in vitro” de células de ligamento amarelo obtidas de pacientes intervidos mediante descompresión cirúrxica por estenose de canal lumbar sintomática e un exame do raquis en imaxe de resonancia magnética nuclear (RMN), tomando medidas a nivel L4-L5 do espesor do ligamento, tamaño do canal e grado de protrusión discal. Por un lado, definimos a importancia dos factores metabolómicos na hipertrofia do ligamento amarelo e a posibilidade de usar a dexametasona como axente anti-fibrótico. Noutra instancia, observamos a correlación negativa existente entre dita hipertrofia no lado dereito do eixo e o tamaño do canal espinal lumbar.
A hipertrofia do ligamento amarelo (LFH) é un dos compoñentes etiopatoxénicos máis importantes da estenose de canal espinal lumbar (LSS). Desta forma, realizar estudos en termos de composición e microambiente celular, así como cuantificar cal é o seu grao de implicación e de que forma intervén na estreitura do canal é capital para achar posibles estratexias terapéuticas que poidan ser eficaces. No presente estudo levouse a cabo unha revisión bibliográfica da literatura dispoñible acerca da LFH, unha análise “in vitro” de células de ligamento amarelo obtidas de pacientes intervidos mediante descompresión cirúrxica por estenose de canal lumbar sintomática e un exame do raquis en imaxe de resonancia magnética nuclear (RMN), tomando medidas a nivel L4-L5 do espesor do ligamento, tamaño do canal e grado de protrusión discal. Por un lado, definimos a importancia dos factores metabolómicos na hipertrofia do ligamento amarelo e a posibilidade de usar a dexametasona como axente anti-fibrótico. Noutra instancia, observamos a correlación negativa existente entre dita hipertrofia no lado dereito do eixo e o tamaño do canal espinal lumbar.
Dirección
PINO MINGUEZ, JESUS (Titoría)
GUALILLO , ORESTE Cotitoría
PINO MINGUEZ, JESUS (Titoría)
GUALILLO , ORESTE Cotitoría
Tribunal
MERA VARELA, ANTONIO JOSE (Presidente/a)
CAICEDO VALDES, DIEGO JESUS (Secretario/a)
SAAVEDRA NIEVES, PAULA (Vogal)
MERA VARELA, ANTONIO JOSE (Presidente/a)
CAICEDO VALDES, DIEGO JESUS (Secretario/a)
SAAVEDRA NIEVES, PAULA (Vogal)
Impacto do sexo na presentación clínica e no prognóstico da amiloidose cardiaca por transtiretina.
Autoría
M.P.S.
Grao en Medicina
M.P.S.
Grao en Medicina
Data da defensa
20.06.2024 09:00
20.06.2024 09:00
Resumo
Nos últimos anos producíronse importantes avances relacionados co diagnóstico e tratamento da amiloidose cardíaca por transtiretina. Pola contra, continúa a ser unha entidade infradiagnosticada asociada a un pobre prognóstico vital. A información obtida de distintos rexistros de pacientes con AC-ATTR permitiunos coñecer que é unha enfermidade que afecta máis frecuentemente a homes que a mulleres. Ademais, investigación recentes suxieren que existen notables diferencias entre ambos os sexos na súa presentación clínica e no prognóstico da enfermidade. Ante esta evidencia, consideramos relevante analizar o impacto do sexo nos pacientes con AC-ATTR do noso entorno con 2 obxectivos fundamentais: 1. Comparar as características clínicas e os resultados das probas complementarias (laboratorio, electrocardiograma e ecocardiograma transtorácico) no momento do diagnóstico de AC-ATTR entre ambos os sexos. 2. Comparar a ocurrencia de diferentes eventos clínicos e a mortalidade entre homes e mulleres con AC-ATTR.

Barge Caballero, Gonzalo Cotitoría
Barge Caballero, Eduardo (Titoría)
Barge Caballero, Gonzalo Cotitoría
Tribunal
PEREZ RIOS, MONICA (Presidente/a)
POSE REINO, ANTONIO DOMINGO (Secretario/a)
Gómez-Reino Rodríguez, Ignacio (Vogal)
PEREZ RIOS, MONICA (Presidente/a)
POSE REINO, ANTONIO DOMINGO (Secretario/a)
Gómez-Reino Rodríguez, Ignacio (Vogal)
Resistencia antibiótica a Helicobacter pylori.
Autoría
E.L.A.R.
Grao en Medicina
E.L.A.R.
Grao en Medicina
Data da defensa
18.07.2024 09:00
18.07.2024 09:00
Resumo
Introducción: a infección por Helicobacter pylori (H. pylori) é unha das infeccións bacterianas máis comúns en humanos e pode estar asociada cunha variedade de enfermidades gastrointestinais, incluíndo úlceras pépticas e cancros gástricos. Con todo, a prevalencia desta infección e a resistencia aos antibióticos utilizados no seu tratamento varían segundo a rexión xeográfica e outros factores. Neste estudo, búscase comprender a situación actual da prevalencia de H. pylori e a resistencia antibiótica en diferentes países, así como avaliar a eficacia dos tratamentos dispoñibles. Objetivos: 1. Analizar a prevalencia de H. pylori e a resistencia antibiótica en diferentes países. 2. Avaliar a eficacia dos tratamentos dispoñibles para a erradicación de H. pylori. 3. Investigar os métodos moleculares utilizados para detectar a resistencia á claritromicina en H. pylori. 4. Identificar os factores asociados á resistencia a antibióticos en pacientes infectados con H. pylori. Pacientes e Métodos: levouse a cabo unha revisión exhaustiva da literatura científica utilizando bases de datos electrónicas. Incluíronse estudos que informaron sobre a prevalencia de H. pylori e a resistencia antibiótica en diferentes países, así como ensaios clínicos que avaliaron a eficacia dos tratamentos para a erradicación da infección por H. pylori. Recolléronse datos sobre os métodos moleculares utilizados para detectar a resistencia á claritromicina en H. pylori e analizáronse os factores asociados á resistencia antibiótica. Resultados: os resultados mostran unha prevalencia continua de H. pylori en certas áreas, cunha variabilidade na resistencia antibiótica entre diferentes países. Obsérvase unha alta resistencia a antibióticos como a claritromicina, o metronidazol e o levofloxacino na maioría dos países, mentres que a resistencia á amoxicilina e á tetraciclina é relativamente baixa. Identifícanse varios métodos moleculares para detectar a resistencia á claritromicina en H. pylori, incluíndo PCR-RFLP, PCR-OLA e secuenciación de ADN en tempo real. Conclusións: 1. A prevalencia de H. pylori segue sendo significativa en algunhas áreas a pesar da tendencia xeral á diminución. 2. A resistencia á claritromicina, ao metronidazol e ao levofloxacino é común na maioría dos países, o que destaca a necesidade de estratexias terapéuticas alternativas. 3. Requírese realizar probas de susceptibilidade antes de iniciar o tratamento para seleccionar o rexime máis adecuado. 4. Os métodos moleculares ofrecen unha ferramenta precisa para detectar a resistencia á claritromicina en H. pylori. 5. Necesítase unha investigación continua para desenvolver tratamentos máis efectivos e comprender os mecanismos de resistencia antibiótica.

GARCIA RIESTRA, CARLOS (Titoría)
GARCIA RIESTRA, CARLOS (Titoría)
Tribunal
BERMEJO BARRERA, ANA MARIA (Presidente/a)
LEIRA MUIÑO, ROGELIO MANUEL (Secretario/a)
LADO LADO, FRANCISCO LUIS (Vogal)
BERMEJO BARRERA, ANA MARIA (Presidente/a)
LEIRA MUIÑO, ROGELIO MANUEL (Secretario/a)
LADO LADO, FRANCISCO LUIS (Vogal)
A incapacidade civil en Galicia como consecuencia dunha enfermidade mental
Autoría
S.L.R.D.C.
Grao en Medicina
S.L.R.D.C.
Grao en Medicina
Data da defensa
09.02.2024 09:00
09.02.2024 09:00
Resumo
Este estudo describe as diferentes características e circunstancias que se relacionaron coa incapacidade civil estimada en persoas legalmente vulnerables como consecuencia dunha enfermidade mental. Con este fin, seleccionáronse 38 sentenzas xudiciais procedentes de varios tipos de tribunais e analizáronse. A estimación o desestimación de dita petición realizouse baseándose na Lei de Axuizamento Civil 1/2000. 33 delas son previas á reforma da mesma con a lei 8/2021 e 5 posteriores, sendo o enfoque principal as correspondentes ás realizadas antes do cambio. Das primeiras 33, en 27 estimouse a incapacidade e nas 6 restantes desestimouse. Póñense de manifesto os patróns de frecuencia máis relevantes naquelas sentenzas nas que se estimou a incapacidade como consecuencia dunha enfermidade mental.

Novidades na fotoprotección
Autoría
M.C.G.
Grao en Medicina
M.C.G.
Grao en Medicina
Data da defensa
20.06.2024 09:00
20.06.2024 09:00
Resumo
Introdución: este Traballo de Fin de Grao consiste nunha revisión das novidades no uso de moléculas naturais na fotoproteción. Obxectivo principal: Recompilar información actualizada dos mecanismos de acción das moléculas naturais a estudo e do seu uso para o posible desenvolvemento de novos axentes fotoprotectores, determinando a súa aplicación á vía tópica e á vía oral. Así mesmo, recalcar a importancia de conseguir novos filtros sostibles e ecolóxicos que substitúan aos filtros químicos actuais. Material e métodos: realízase unha revisión da literatura dispoñible mediante unha procura na base de datos Medline (a través de Pubmed). Recompílanse artigos publicados nos últimos 5 anos (2019-2024) que cumpran os criterios de selección establecidos. Resultados: Os ecosistemas mariños e terrestres son unha fonte aínda sen explotar de compostos naturais con propiedades fotoprotectoras e antioxidantes, entre eles destacan os polifenoles e os aminoácidos tipo micosporina. Estes compostos actúan neutralizando os efectos negativos da radiación e estimulando as defensas endóxenas da pel ante o dano solar, ademais de ser biodegradables e seguros. Conclusión: Todas as publicacións estudadas afirman o potencial dos polifenoles e os aminoácidos tipo micosporina para protexer fronte á radiación UV. Necesítanse estudos adicionais en condicións reais para confirmar as propiedades xa demostradas in vitro e in vivo e máis investigación para caracterizar os compostos naturais e conseguir fórmulas galénicas ben toleradas e biodegradables.
Introdución: este Traballo de Fin de Grao consiste nunha revisión das novidades no uso de moléculas naturais na fotoproteción. Obxectivo principal: Recompilar información actualizada dos mecanismos de acción das moléculas naturais a estudo e do seu uso para o posible desenvolvemento de novos axentes fotoprotectores, determinando a súa aplicación á vía tópica e á vía oral. Así mesmo, recalcar a importancia de conseguir novos filtros sostibles e ecolóxicos que substitúan aos filtros químicos actuais. Material e métodos: realízase unha revisión da literatura dispoñible mediante unha procura na base de datos Medline (a través de Pubmed). Recompílanse artigos publicados nos últimos 5 anos (2019-2024) que cumpran os criterios de selección establecidos. Resultados: Os ecosistemas mariños e terrestres son unha fonte aínda sen explotar de compostos naturais con propiedades fotoprotectoras e antioxidantes, entre eles destacan os polifenoles e os aminoácidos tipo micosporina. Estes compostos actúan neutralizando os efectos negativos da radiación e estimulando as defensas endóxenas da pel ante o dano solar, ademais de ser biodegradables e seguros. Conclusión: Todas as publicacións estudadas afirman o potencial dos polifenoles e os aminoácidos tipo micosporina para protexer fronte á radiación UV. Necesítanse estudos adicionais en condicións reais para confirmar as propiedades xa demostradas in vitro e in vivo e máis investigación para caracterizar os compostos naturais e conseguir fórmulas galénicas ben toleradas e biodegradables.
Dirección
PEREIRO FERREIROS, MANUEL (Titoría)
Flórez Menéndez, María Ángeles Cotitoría
PEREIRO FERREIROS, MANUEL (Titoría)
Flórez Menéndez, María Ángeles Cotitoría
Tribunal
BERMEJO BARRERA, ANA MARIA (Presidente/a)
LEIRA MUIÑO, ROGELIO MANUEL (Secretario/a)
LADO LADO, FRANCISCO LUIS (Vogal)
BERMEJO BARRERA, ANA MARIA (Presidente/a)
LEIRA MUIÑO, ROGELIO MANUEL (Secretario/a)
LADO LADO, FRANCISCO LUIS (Vogal)
Fístulas traqueoesofáxicas como método de rehabilitación vocal postlarinxectomía. Complicacións.
Autoría
P.C.F.
Grao en Medicina
P.C.F.
Grao en Medicina
Data da defensa
20.06.2024 09:00
20.06.2024 09:00
Resumo
Introdución: No tratamento de cancro de larinxe o obxectivo principal é asegurar a eliminación tumoral completa. Cando se trata de estadios avanzados, a larinxectomía total é a única medida terapéutica eficaz. Esta agresiva intervención supón a perda total da fonación normal. Por este motivo, a procura de métodos que permitan a recuperación da capacidade fonatoria foi un obxectivo primordial. Actualmente dispoñemos de tres opcións de rehabilitación vocal para estes doentes: a voz erigmofónica, a electrolarinxe e a fístula traqueoesofáxica con inserción dunha prótese na mesma. Esta última constitúe o método de rehabilitación vocal postlarinxectomía cunha calidade fonatoria máis próxima á fisiolóxica. A pesar disto, non están exentas de complicacións e mesmo a súa taxa é maior que nos outros dous métodos rehabilitadores. Obxectivo e método: O principal obxectivo da presente revisión bibliográfica é o coñecemento dos métodos de rehabilitación vocal en pacientes larinxectomizados, así como as complicacións máis específicas das fístulas traqueoesofáxicas e da duración das diferentes próteses implantadas na fístula. Levouse a cabo a través dunha revisión de 19 artigos s da literatura. Resultados: As fugas endoprótésicas e periprotésicas son as complicacións que teñen un maior índice de aparición. Aínda que na maioría dos estudos recóllense tamén datos de complicacións por colonización fúnxica, por estenosis do traqueostoma, caída ou extrusión protésica, aparición do tecido de granulación, uso dunha prótese con tamaño inadecuado ou mesmo a falta de uso. A taxa de aparición de complicacións vese condicionada por outros factores entre os que están a idade, o tipo de tumor, o estadio tumoral, o tipo de intervención cirúrxica, o tratamento radioterapéutico ou o tipo de válvula empregada. A suma de todo isto condiciona a vida media útil das próteses e por tanto o número de recambios protésicos que o doente necesita. Conclusión: A elección do método rehabilitador postlarinxectomía debe ser individualizada, tendo en conta a taxa de complicacións que presentan as próteses e, ao mesmo tempo, a superioridade fonatoria que presentan respecto a os outros métodos.

Martín Martín, Carlos Santiago (Titoría)
Vázquez Barro, Juan Carlos Cotitoría
Martín Martín, Carlos Santiago (Titoría)
Vázquez Barro, Juan Carlos Cotitoría
Tribunal
Alvarez Villamarin, Clara (Presidente/a)
SAAVEDRA NIEVES, ALEJANDRO (Secretario/a)
FERNANDEZ PEREZ, CRISTINA (Vogal)
Alvarez Villamarin, Clara (Presidente/a)
SAAVEDRA NIEVES, ALEJANDRO (Secretario/a)
FERNANDEZ PEREZ, CRISTINA (Vogal)
Avaliación da eficacia clínica das vacinas no tratamento do Glioblastoma Multiforme.
Autoría
M.P.C.
Grao en Medicina
M.P.C.
Grao en Medicina
Data da defensa
20.06.2024 09:00
20.06.2024 09:00
Resumo
Introdución: O glioblastoma multiforme (GBM) é unha das neoplasias máis agresivas e o tumor maligno primario máis común do cerebro, representando o 14,5% de todos os tumores do sistema nervioso central (SNC) e o 48,6% dos tumores cerebrais malignos. A supervivencia media global dos pacientes con GBM é pobre, roldando os 15 meses desde o momento do diagnóstico e unha taxa de supervivencia aos 5 anos entre o 5-10%, polo que sería necesario iniciar novas investigacións sobre terapias innovadoras co fin de lograr un tratamento curativo ou polo menos que prolongue notablemente a esperanza de vida dos pacientes con dita patoloxía. Obxectivos: O obxectivo deste traballo é analizar a eficacia das vacinas como posible tratamento tanto no glioblastoma multiforme de novo diagnóstico como no glioblastoma multiforme recurrente. Material e métodos: Realizouse unha revisión sistemática de artigos científicos. Para iso consultouse a base de datos PubMed, aplicando unha serie de restricións en función do tipo de estudo, data de publicación e especies (humanos). Resultados: Tras realizar unha revisión sistemática da literatura atopada, procedeuse á lectura completa de 19 artigos que cumpriron cos criterios de inclusión establecidos e cuxo contido ofrecía respostas ás preguntas formuladas, dun total de 109 artigos identificados na busca. Finalmente, seleccionáronse 11 destes artigos para analizar e extraer os datos máis relevantes para o obxecto deste estudo. Conclusións: Tras revisar os estudos, concluímos que as vacinas son unha ferramenta relevante no tratamento do Glioblastoma Multiforme, especialmente as vacinas de células dendríticas. Son seguras, con efectos adversos principalmente leves. Ao combinalas co tratamento estándar, obsérvase un aumento significativo na supervivencia libre de progresión e na supervivencia global. Este enfoque integral aborda múltiples aspectos da enfermidade, desde a eliminación directa das células tumorais até a activación do sistema inmunitario. Necesítanse máis ensaios clínicos para avaliar a eficacia a longo prazo e explorar combinacións terapéuticas, así como identificar biomarcadores predictivos e mellorar a selección de pacientes.

Bernárdez Ferrán, Beatriz Cotitoría
LEON MATEOS, LUIS ANGEL (Titoría)
Bernárdez Ferrán, Beatriz Cotitoría
Tribunal
GARCIA-CABALLERO PARADA, TOMAS M. M. (Presidente/a)
RODRIGUEZ CID, Mª JOSEFA (Secretario/a)
VICENTE ALBA, FRANCISCO JAVIER (Vogal)
GARCIA-CABALLERO PARADA, TOMAS M. M. (Presidente/a)
RODRIGUEZ CID, Mª JOSEFA (Secretario/a)
VICENTE ALBA, FRANCISCO JAVIER (Vogal)
Glaucoma e risco de oclusión venosa retiniana
Autoría
J.M.G.
Grao en Medicina
J.M.G.
Grao en Medicina
Data da defensa
18.07.2024 09:00
18.07.2024 09:00
Resumo
A oclusión da vea da retina é unha das patoloxías vasculares da retina máis frecuentes e implica un risco importante de perda irreversible da visión. O glaucoma é unha neuropatía óptica crónica na que se produce un deterioro progresivo da visión, que en casos avanzados pode provocar cegueira. Aínda que as oclusións das veas da retina están asociadas principalmente a factores de risco sistémicos, como a HTA, os pacientes con glaucoma parecen estar en maior risco. Obxectivo: Avaliar a evidencia científica dispoñible sobre a asociación entre o glaucoma e a oclusión da vea retiniana. Material e métodos: Realizouse unha revisión sistemática da literatura seguindo as recomendacións de PRISMA, que incluíron estudos que avalían o glaucoma e a hipertensión ocular como factores de risco de oclusión da vea retiniana. Realizouse unha busca electrónica de artigos publicados entre 2000 e 2023, en PubMed, EMBASE, LILACs e a biblioteca Cochrane. Resultados: Tras a busca bibliográfica incluíronse 21 artigos: 9 estudos de casos e controles, 5 cohortes, 6 transversais e un ensaio clínico aleatorizado. En estudos de cohortes, a frecuencia de OVR en pacientes con glaucoma foi 3 veces superior á atopada en pacientes sen glaucoma. En estudos de casos e controles, a prevalencia de glaucoma en pacientes con OVR variou entre o 4,1% e o 29%. En estudos transversais, a frecuencia do glaucoma en pacientes con OVR variou do 9% ao 15,6%. Conclusións: O glaucoma crónico é un factor asociado a un aumento do risco de OVR, especialmente en pacientes con OVCR e OVHR. Os tipos máis comúns de glaucoma asociados á OVR son POAG, PACG e NTG.

RODRIGUEZ CID, Mª JOSEFA (Titoría)
López Valladares, María Jesús Cotitoría
RODRIGUEZ CID, Mª JOSEFA (Titoría)
López Valladares, María Jesús Cotitoría
Tribunal
Dieguez Gonzalez, Carlos (Presidente/a)
VALDES CUADRADO, LUIS GUILLERMO (Secretario/a)
LOPEZ LOPEZ, RAFAEL (Vogal)
Dieguez Gonzalez, Carlos (Presidente/a)
VALDES CUADRADO, LUIS GUILLERMO (Secretario/a)
LOPEZ LOPEZ, RAFAEL (Vogal)
Reinicio de anticoagulantes orais tras hemorraxia intracranial en pacientes con fibrilación auricular.
Autoría
R.S.A.
Grao en Medicina
R.S.A.
Grao en Medicina
Data da defensa
20.06.2024 09:00
20.06.2024 09:00
Resumo
Introdución: A fibrilación auricular é a arritmia cardíaca sostida máis prevalente, asociada a un alto risco de eventos tromboembólicos. O tratamento actual para previr estes eventos son os anticoagulantes orais, que conlevan un risco de hemorraxias, sendo as máis temidas as intracraneais. Actualmente, a evidencia indica resultados favorables cara ao reinicio da anticoagulación, especialmente se se empregan anticoagulantes directos, e descoñécese o momento óptimo para reiniciala finalizada a fase aguda da hemorraxia intracranial. Obxectivos: Avaliar o efecto do reinicio de anticoagulantes orais en pacientes con fibrilación auricular tras sufrir unha hemorraxia intracranial sobre a incidencia de mortalidade, embolias e reincidencias de sangrados craneais. Métodos: Realizouse un estudo de cohortes retrospectivo no que se analizaron 254 historias clínicas. Despois de excluír os pacientes que non sobreviviron máis dun mes ou que se trataron cun peche de orelleta, obtívose a mostra final de 136 pacientes, que se dividiron nunha cohorte que reiniciou o tratamento anticoagulante (90) e outra que non (46). Resultados: O reinicio da anticoagulación oral asociouse a menor mortalidade (14,2 vs 42,7 eventos por 100 persoas-ano; p=0,003). Non houbo diferenzas significativas na incidencia de embolias (2,9 vs 7,3; p=0,764) nin reincidencia de hemorraxias intracraneais (1,9 vs 6,3; p=0,451). A incidencia acumulada de eventos foi menor no grupo de reinicio da anticoagulación (HR 0,23; IC95% 0,17-0,31; p0,001). Conclusión: O reinicio da anticoagulación oral tras sufrir unha hemorraxia intracranial en pacientes con fibrilación auricular asóciase a menor mortalidade e incidencia acumulada de efectos adversos en comparación coa súa suspensión, suxerindo que os beneficios superan os riscos ao reiniciar a anticoagulación.

ABUASSI ALNAKEEB, EMAD (Titoría)
Raposeiras Roubín, Sergio Cotitoría
ABUASSI ALNAKEEB, EMAD (Titoría)
Raposeiras Roubín, Sergio Cotitoría
Tribunal
PAREDES COTORE, JESUS PEDRO (Presidente/a)
URISARRI RUIZ DE CORTAZAR, ADELA (Secretario/a)
PARGA MARTIN, JUAN ANDRES (Vogal)
PAREDES COTORE, JESUS PEDRO (Presidente/a)
URISARRI RUIZ DE CORTAZAR, ADELA (Secretario/a)
PARGA MARTIN, JUAN ANDRES (Vogal)
Impacto da diabetes mellitus na calidade de vida relacionada coa saúde mediante o cuestionario SF-36
Autoría
S.L.G.
Grao en Medicina
S.L.G.
Grao en Medicina
Data da defensa
20.06.2024 09:00
20.06.2024 09:00
Resumo
Introdución: A diabetes mellitus é a enfermidade endócrina máis frecuente no mundo, cunha prevalencia en aumento así como numerosas complicacións e impacto na calidade de vida destas persoas. Obxectivo: Coñecer se existen diferenzas na calidade de vida relacionada coa saúde das persoas con diabetes en comparación coas non diabéticas nunha poboación xeral utilizando o cuestionario SF-36 como medida. Material e métodos: Estudo poboacional realizado entre 2012 e 2015, con mostraxe aleatoria da poboación estratificada por décadas de vida, con idades comprendidas entre os 18 e os 91 anos. Realizouse unha entrevista cos participantes onde se obtiveron as variables clínicas, a historia, as análises de sangue e o cuestionario de calidade de vida relacionado coa saúde SF- 36. Participación de 1512 persoas, 181 (12%) teñen diabetes. Para a análise estatística utilizouse a proba U de Mann Whitney para variables continuas e a proba de Chi cadrado para as variables categóricas. Para análise multivariante, modelos aditivos xeneralizados Resultados: a prevalencia de diabetes é do 12%. Atopáronse diferenzas estatisticamente significativas entre persoas con e sen diabetes en idade, IMC, consumo de alcohol e número de xubilados, actividade física e hábitos de fumar. As persoas con diabetes presentan peores resultados na calidade de vida relacionada coa saúde que os non diabéticos na función física, a vitalidade e os compoñentes da saúde xeral, que persisten despois de axustarse aos posibles factores de confusión, como a idade e o sexo. Conclusión: a diabetes é unha enfermidade que se asocia cun deterioro significativo da calidade de vida relacionada coa saúde, en concreto na función física, vitalidade e saúde xeral.

Sueiro Justel, Jesús Cotitoría
GUDE SAMPEDRO, FRANCISCO (Titoría)
Sueiro Justel, Jesús Cotitoría
Tribunal
GELABERT GONZALEZ, MIGUEL (Presidente/a)
CABANAS RODRIGUEZ, PALOMA (Secretario/a)
PEREIRO FERREIROS, MANUEL (Vogal)
GELABERT GONZALEZ, MIGUEL (Presidente/a)
CABANAS RODRIGUEZ, PALOMA (Secretario/a)
PEREIRO FERREIROS, MANUEL (Vogal)
Revisión sistemática sobre terapias de rexuvenecemento ovárico.
Autoría
A.M.R.
Grao en Medicina
A.M.R.
Grao en Medicina
Data da defensa
20.06.2024 09:00
20.06.2024 09:00
Resumo
Dende a súa aparición, os tratamentos de reproducción asistida obtiveron resultados favorables en mulleres con infertilidade en todo o mundo. Porén, nas pacientes con baixa resposta ovárica (POR) e insuficiencia ovárica prematura (POI), as terapias habituais como a estimulación ovárica e a fecundación in vitro teñen un éxito limitado. Para dar resposta a esta situación, nos últimos anos un dos principales eixes de investigación no campo da fertilidade foi o do rexuvenecemento ovárico. As terapias de rexuvenecemento ovárico enfócanse no emprego da fragmentación ovárica, as células nai, o plasma rico en plaquetas, o cultivo folicular in vitro ou a transferencia mitocondrial. Tamén a criopreservación e o transplante de tecido ovárico preséntase como una opción interesante para preservar a fertilidade e previr o daño ovárico en pacientes oncolóxicas a tratamento quimioterápico. O propósito desta revisión é analizar a evidencia científica dispoñible detrás destas técnicas reprodutivas experimentais e o seu posible uso ata a data en estudos clínicos para o tratamento da POR, POI e DOR.

Vilar Lagares, Ana Cotitoría
ARIAS BALTAR, MARIA EFIGENIA (Titoría)
Vilar Lagares, Ana Cotitoría
Tribunal
CUEVAS ALVAREZ, JUAN BAUTISTA (Presidente/a)
Rodriguez Garcia, Javier (Secretario/a)
SOBRINO NOGUEIRA, ADOLFO (Vogal)
CUEVAS ALVAREZ, JUAN BAUTISTA (Presidente/a)
Rodriguez Garcia, Javier (Secretario/a)
SOBRINO NOGUEIRA, ADOLFO (Vogal)
Estudo das marxes de resección tumoral e das complicacións poscirúrxicas en pacientes dignosticados de tumores mesenquimais malignos musculoesqueléticos de tecidos brandos nas extremidades con tratamento neoadxuvante.
Autoría
V.V.L.
Grao en Medicina
V.V.L.
Grao en Medicina
Data da defensa
20.06.2024 09:00
20.06.2024 09:00
Resumo
Obxectivo: caracterizar as marxes de resección tumoral naqueles pacientes que recibiron tratamento neoadxuvante para a abordaxe de tumores mesenquimais malignos musculoesqueléticos de tecidos brandos localizados nas extremidades. Ademais, avaliouse a influencia da neoadxuvancia nas complicacións poscirúrxicas da mostra. Materiais e métodos: deseñouse un estudo de casos e controis prospectivo con pacientes diagnosticados, tratados e seguidos clínicamente pola Unidade de Tumores Mesenquimais da Xerencia de Xestión Integrada de Santiago de Compostela e Barbanza (XXIS). Mediante a realización das historias clínicas dos pacientes e a súa administración vía IANUS determináronse os parámetros clínicos necesarios. O estudo conta co consentimento do Comité de Ética para a Investigación de Santiago de Compostela-Lugo. Resultados: estudáronse 81 pacientes, 40 homes e 41 mulleres. A idade media dos casos foi 60,5 anos e a súa estadía hospitalaria de 18,73 días. Do total da mostra, 22 recibiron QT neoadxuvante, 28 RT neoadxuvante e 20 QT+RT neoadxuvante. Estudáronse distintos tipos histolóxicos tumorais; sendo os máis frecuentes o sarcoma pleomórfico indiferenciado, o liposarcoma e o mixofibrosarcoma. En 49 pacientes a localización do tumor foi a extremidade inferior. Consideráronse como complicacións poscirúrxicas, a infección da ferida cirúrxica, a dehiscencia, o seroma, o hematoma e a necrose. Non se observou asociación estatísticamente significativa entre o desenvolvemento de complicacións poscirúrxicas e calquera dos protocolos de neoadxuvancia descritos (tendencia en QT+RT). Conclusións: observouse que a cobertura por parte do Servizo de Cirurxía Plástica se asocia cunha menor taxa de complicacións. Tamén se evidencia unha maior proporción de reintervención por complicacións poscirúrxicas naqueles pacientes que recibiron QT+RT neoadxuvante; así como, naqueles pacientes cuxa localización tumoral foi a extremidade inferior. Atopouse unha asociación estatísticamente significativa entre os pacientes que recibiron QT+RT e QT neoadxuvante e a cobertura por parte do Servizo de Cirurxía Plástica cunha menor taxa de complicacións. Por último, observouse que aqueles pacientes que recibiron QT e QT+RT neoadxuvante foron máis novos; o que pode deberse a que este grupo desenvolve tumores máis agresivos, así como pola negativa para administrar tratamentos tan agresivos a pacientes maiores, debido aos seus efectos secundarios.

TABOADA SUAREZ, ANTONIO (Titoría)
Couto González, Iván Cotitoría
TABOADA SUAREZ, ANTONIO (Titoría)
Couto González, Iván Cotitoría
Tribunal
GELABERT GONZALEZ, MIGUEL (Presidente/a)
CABANAS RODRIGUEZ, PALOMA (Secretario/a)
PEREIRO FERREIROS, MANUEL (Vogal)
GELABERT GONZALEZ, MIGUEL (Presidente/a)
CABANAS RODRIGUEZ, PALOMA (Secretario/a)
PEREIRO FERREIROS, MANUEL (Vogal)
Tratamentos dirixidos fronte fusión RET en cancro de pulmón non microcítico. Revi-sión sistemática.
Autoría
H.P.G.
Grao en Medicina
H.P.G.
Grao en Medicina
Data da defensa
20.06.2024 09:00
20.06.2024 09:00
Resumo
Introdución: Os fármacos dirixidos contra dianas terapéuticas específicas xogan cada vez máis un papel no tratamento de diferentes tumores. Unha destas dianas é o xene RET, que pode alterarse en pacientes con cancro de pulmón de células non pequenas (CPCNP). Este xene codifica un receptor de tirosina quinasa implicado en varias vías de sinalización intracelu-lar importantes para a proliferación, o crecemento e a supervivencia celular. Recentemente, desenvolvéronse algúns tratamentos capaces de actuar contra él, sendo alternativas ao trata-mento clásico destes pacientes con quimioterapia. Obxectivos: O obxectivo deste traballo é realizar unha revisión dos principais fármacos em-pregados no CPCNP en pacientes con alteración da RET, analizando cales deles poden ter unha eficacia máis prometedora, así como algúns dos seus efectos secundarios máis frecuentes. Metodoloxía: Realizouse unha busca de literatura científica nas bases de datos Medline e Web of Science. Seleccionáronse as publicacións que analizaron a eficacia e/ou a seguridade de sel-percatinib e/ou pralsetinib, é dicir, os inhibidores “selectivos” contra RET. Resultados: Tras a primeira busca identificáronse 62 artigos, dos cales 27 estaban duplicados. Tras un primeiro screening elimináronse 26 artigos máis. Posteriormente, tras a lectura comple-ta dos restantes excluíronse 5 artigos, polo que finalmente se incluíron 4 artigos na revisión. As principais medidas de eficacia analizadas foron ORR, MDR, PFS, e calidad de vida percibida polos pacientes durante o tratamiento. Tamén foi evaluado o grao de efectos adversos de cada fármaco. Conclusións: Serlpercatinib e pralsetinib son tratamentos eficaces en CPCNP avanzando con alteración en RET. Ambos os tratamentos considéranse seguros, aínda que teñen un perfil de efectos adversos diferente. O selpercatinib preséntase como a principal estratexia terapéutica na enfermidade metastásica, mostrando resultados superiores á quimioterapia e ao pralsetinib.

Lázaro Quintela, Martín Emilio Cotitoría
LEON MATEOS, LUIS ANGEL (Titoría)
Lázaro Quintela, Martín Emilio Cotitoría
Tribunal
GARCIA-CABALLERO PARADA, TOMAS M. M. (Presidente/a)
RODRIGUEZ CID, Mª JOSEFA (Secretario/a)
VICENTE ALBA, FRANCISCO JAVIER (Vogal)
GARCIA-CABALLERO PARADA, TOMAS M. M. (Presidente/a)
RODRIGUEZ CID, Mª JOSEFA (Secretario/a)
VICENTE ALBA, FRANCISCO JAVIER (Vogal)
Análise do papel das redes sociais como ferramenta docente na medicina
Autoría
I.B.V.
Grao en Medicina
I.B.V.
Grao en Medicina
Data da defensa
20.06.2024 09:00
20.06.2024 09:00
Resumo
INTRODUCIÓN: As redes sociais convertéronse nunha ferramenta esencial para as relacións, a publicidade, a divulgación... A súa auxe no eido sanitario fai posible a súa utilidade non só na promoción da saúde, senón tamén na docencia. OBXECTIVO: Analizar a valoración que fan os estudantes de Medicina da USC sobre o seu uso como ferramenta docente complementaria á súa formación universitaria. MATERIAL E MÉTODOS: Pásase un cuestionario (n=406) preguntando pola frecuencia de uso con este fin, as redes e o contido consumidos, a finalidade que motiva o seu emprego, as vantaxes e inconvenientes ou a fiabilidade das súas fontes, entre outros. RESULTADOS: A maioría confesa utilizalas como recurso didáctico complementario (97.54%) polo menos unha vez por semana (74.14%), ao consideralas o 94.08% útiles ou moi útiles, sobre todo para a adquisición de novos coñecementos (39.90%). YouTube (85.10%), Instagram (72.98%) e TikTok (53.28%) son as redes sociais preferidas para a aprendizaxe médica e os vídeos curtos (92.17%), as imaxes (79.55%) e os textos ou fíos explicativos (44.70%), o contido favorito con tal fin, sobre todo procedentes de persoal sanitario (91.16%). A principal vantaxe percibida é o acceso a unha información máis visual e dinámica (87.44%) e facilmente accesible (80.05%) e como inconvenientes destacan as fontes pouco fiables ou contido inapropiado (85.47%) e a perda de tempo ou distracción (47.78%). O 85.96% posiciónase a favor da potenciación desta ferramenta a través de vídeos curtos (86.45%), imaxes (71.92%) e preguntas ou cuestionarios con explicación (41.63%) e cren que a área de Morfoloxía, estrutura e función do corpo humano sería a máis beneficiada polo seu uso (82.27%). CONCLUSIÓNS: As redes sociais son un recurso docente que interesa aos alumnos, pero faltan máis estudos analíticos estudando os resultados de diversas intervencións na aprendizaxe, que levarían a poder implementalas no ensino.

Souto Bayarri, José Miguel Cotitoría
Sánchez Varela, Nerea Cotitoría
SUAREZ QUINTANILLA, JUAN ANTONIO (Titoría)
Souto Bayarri, José Miguel Cotitoría
Sánchez Varela, Nerea Cotitoría
Tribunal
RODRIGUEZ PALLARES, JANNETTE (Presidente/a)
RODRIGUEZ GARCIA, JAIME JOSE (Secretario/a)
LOPEZ MARTIN, MARIA ELENA (Vogal)
RODRIGUEZ PALLARES, JANNETTE (Presidente/a)
RODRIGUEZ GARCIA, JAIME JOSE (Secretario/a)
LOPEZ MARTIN, MARIA ELENA (Vogal)
Simulación clínica in situ na atención pediátrica urxente. Revisión bibliográfica e valoración dos profesionais
Autoría
A.C.N.
Grao en Medicina
A.C.N.
Grao en Medicina
Data da defensa
20.06.2024 09:00
20.06.2024 09:00
Resumo
A simulación consolidouse como unha ferramenta prometedora na formación de profesionais da saúde pediátrica de emerxencia, proporcionando unha contorna controlada para un adestramento rigoroso e efectivo. As primeiras horas na atención dun neno grave, determinan o prognóstico da súa enfermidade, por iso é fundamental contar cunha sistemática de actuación que mellore a toma de decisións, optimice recursos e aumente a seguridade do paciente. Neste contexto, a simulación médica emerxe como o piar esencial no adestramento dos profesionais sanitarios. Este estudo revisa a literatura existente e analiza os resultados dunha enquisa realizada entre profesionais do Servizo Galego de Saúde e hospitais nacionais. Os achados demostran a efectividade da simulación no recoñecemento precoz e o manexo de algoritmos de actuación en situacións críticas, o que contribúe á seguridade do paciente máis vulnerable e a unha atención de alta calidade. Ao mesmo tempo, reclaman a necesidade dunha estandarización dos programas para garantir unha formación homoxénea e efectiva nas distintas contornas clínicas. Este traballo avoga pola integración da simulación na formación médica, subliñando o seu impacto na calidade da atención e a seguridade do paciente.

Barrueco Ramos, Clara Cotitoría
Moreno Álvarez, Ana (Titoría)
Barrueco Ramos, Clara Cotitoría
Tribunal
BERMEJO BARRERA, ANA MARIA (Presidente/a)
LEIRA MUIÑO, ROGELIO MANUEL (Secretario/a)
LADO LADO, FRANCISCO LUIS (Vogal)
BERMEJO BARRERA, ANA MARIA (Presidente/a)
LEIRA MUIÑO, ROGELIO MANUEL (Secretario/a)
LADO LADO, FRANCISCO LUIS (Vogal)
Moléculas Biespecíficas no tratamento do Mieloma Múltiple: Unha revisión sistemática.
Autoría
P.P.D.O.
Grao en Medicina
P.P.D.O.
Grao en Medicina
Data da defensa
20.06.2024 09:00
20.06.2024 09:00
Resumo
Realizar unha revisión sistemática que reúna toda a evidencia científica sobre moléculas biespecíficas como tratamento do mieloma múltiple, para avaliar a sua eficacia e seguridade e identificar factores que puideran influir nos resultados. Coa busca identificáronse 384 resultados. Tra-lo proceso de selección, incluíronse 10 artigos de moléculas biespecíficas para a revisión final, xa sexan dirixidos a BCMA (8 ensaios)o GPCRD5 ( 2 ensaios, ambos en fase I, examinando Talquetamab e Forimtamig). Entre os biespecíficos de BCMA, so se recuperaron 2 ensaios en fase II (Elranatamab e Linvoseltamab) máis un ensaio de expansión de fase I/II (Teclistamab) e aínda se están examinando nos primeiros ensaios de fase I (F182112, Alnuctamab, AMG 420, AMG 701-ambos AMG sendo BiTEs- ABBV-383). O evento adverso (EA) máis común for a mielotoxicidade e as infeccións de grado 3-4 que superaron a marca de 40% cos fármacos CD3-BCMA, e do 7 e 27% cos fármacos CD3-GPCRD5 (Talquetamab e Forimtamig, respectivamente).

LOPEZ LOPEZ, RAFAEL (Titoría)
VILLANUEVA SILVA, MARIA JOSE Cotitoría
LOPEZ LOPEZ, RAFAEL (Titoría)
VILLANUEVA SILVA, MARIA JOSE Cotitoría
Tribunal
GARCIA-CABALLERO PARADA, TOMAS M. M. (Presidente/a)
RODRIGUEZ CID, Mª JOSEFA (Secretario/a)
VICENTE ALBA, FRANCISCO JAVIER (Vogal)
GARCIA-CABALLERO PARADA, TOMAS M. M. (Presidente/a)
RODRIGUEZ CID, Mª JOSEFA (Secretario/a)
VICENTE ALBA, FRANCISCO JAVIER (Vogal)
Mastectomía robótica aforradora de pel e mamila: comparación entre diferentes técnicas dispoñibles. Revisión Sistemática.
Autoría
P.M.S.B.
Grao en Medicina
P.M.S.B.
Grao en Medicina
Data da defensa
20.06.2024 09:00
20.06.2024 09:00
Resumo
Introdución: O aumento da supervivencia no cancro de mama grazas aos avances médicos no seu tratamento supuxo un cambio no enfoque das técnicas de resección cirúrxica, promovendo o interese por utilizar abordaxes cada vez menos invasivas que preserven a integridade corporal como é o caso da preservación da pel e da mamila Mastectomía robótica (R-MAPP). Non obstante, esta nova técnica aínda non recibiu a aprobación para o seu uso no tratamento do cancro de mama. Obxectivos: Comparar R-MAPP co enfoque endoscópico e convencional no tratamento do cancro de mama mediante a revisión da literatura científica publicada sobre a materia. Material e métodos: Realizouse unha exhaustiva busca bibliográfica en diferentes bases de datos (MEDLINE-Pubmed, Web of Science, Embase, Tripdatabase, Scopus e Cochrane Library) e en literatura gris. O nivel de calidade dos estudos seleccionados analizouse mediante a ferramenta Qualsyst (rango 0,00 - 1,00). Resultados: Seleccionáronse nove artigos para a súa análise. Comparáronse os seguintes parámetros: tempos cirúrxicos, curva de aprendizaxe, custos, complicacións, resultados oncolóxicos, duración da estancia hospitalaria, dor postoperatoria, resultados estéticos e satisfacción xeral. R-MAPP conseguiu mellores resultados estéticos e unha maior satisfacción do paciente a cambio dun maior tempo de operación e maiores custos. Non obstante, non se atoparon diferenzas significativas entre a taxa de complicacións, os resultados oncolóxicos a curto-medio prazo e a dor postoperatoria que levaría a elixir un enfoque ou outro. Conclusións: R-MAPP é unha técnica segura e non inferior aos enfoques convencionais e endoscópicos no tratamento do cancro de mama. Dada a novidade da técnica, requírese máis investigación para consolidar a súa posición como patrón de ouro no tratamento do cancro de mama, especialmente no que se refire á seguridade oncolóxica a longo prazo.

Maes Carballo, Marta Cotitoría
GARCIA GARCIA, MANUEL (Titoría)
Maes Carballo, Marta Cotitoría
Tribunal
PAREDES COTORE, JESUS PEDRO (Presidente/a)
URISARRI RUIZ DE CORTAZAR, ADELA (Secretario/a)
PARGA MARTIN, JUAN ANDRES (Vogal)
PAREDES COTORE, JESUS PEDRO (Presidente/a)
URISARRI RUIZ DE CORTAZAR, ADELA (Secretario/a)
PARGA MARTIN, JUAN ANDRES (Vogal)
Síndrome de Wolff-Parkinson-White. Revisión bibliográfica centrada na ablación de vías accesorias como medida terapéutica e o mapeo destas vías mediante o método Open Window.
Autoría
L.L.B.
Grao en Medicina
L.L.B.
Grao en Medicina
Data da defensa
18.07.2024 09:00
18.07.2024 09:00
Resumo
INTRODUCIÓN: A síndrome de Wolff-Parkinson-White é unha patoloxía cardíaca conxénita caracterizada por presentar unha preexcitación a nivel de ECG. Isto é debido á existencia dunha vía accesoria ou ‘Haz de Kent’. Presenta unha prevalencia de entre o 0,1 e o 3 por mil na poboación xeral. OBXECTIVOS: procédese ao estudo desta patoloxía, realizando unha revisión bibliográfica para describir a enfermidade, a súa historia, fisiopatología subxacente, diagnóstico, tratamento, complicacións e prognóstico, con enfoque especial no método Open Window de cartografía de vías accesorias. MÉTODOS: levouse a cabo unha revisión bibliográfica, mediante unha procura a través da plataforma Pubmed, de estudos publicados entre 2001 e 2024. Os termos de procura incluíron 'Wolff-Parkinson-White' para a identificación dos artigos, e a súa combinación con outras palabras chave como 'vía accesoria', 'ablación', 'Open Window', 'taquicardia supraventricular', 'electrofisioloxía', ‘nenos’, ‘embarazadas’ e ‘deportistas’, para refinar os resultados. Dado que os titores deste TFG proporcionaron bibliografía adicional, completamos a mesma eliminando os artigos duplicados durante a procura. RESULTADOS: tras aplicar os criterios de inclusión e exclusión, incluíronse 54 artigos. CONCLUSIÓN: O WPW é unha afección pouco habitual con prognóstico xeralmente benigno e diagnóstico, cada vez máis frecuentemente, en poboación pediátrica. O paciente pode presentar sintomatoloxía variada, aínda que non é infrecuente que sexa asintomático e, por tanto, que o diagnóstico sexa incidental. O manexo inicial inclúe anamnesis, exploración física e ECG; as probas adicionais realizaranse en función de comorbilidades, clínica e risco que presente o paciente. En caso de estar indicado tratamento, a ablación por RF é, actualmente, terapia de primeira liña. Ademais, os métodos de mapeo 3D, así como o xurdimento do método Open Window, están a optimizar a abordaxe desta patoloxía.

Afectación hepática en pacientes con vasculite ANCA: prevalencia e valor prognóstico
Autoría
C.S.C.
Grao en Medicina
C.S.C.
Grao en Medicina
Data da defensa
20.06.2024 09:00
20.06.2024 09:00
Resumo
Introdución As vasculites asociadas a anticorpos anti-citoplasma de neutrófilos (ANCA) son enfermidades raras que poden danar calquera órgano. A afectación hepática adoita pasar desapercibida na práctica clínica. Non obstante, informouse de que as transaminases elevadas están asociadas cunha maior gravidade. Non atopamos ningunha serie nacional que estude este aspecto. Obxectivos Estudo observacional retrospectivo para determinar a prevalencia de transaminasas elevadas en pacientes con vasculite ANCA (AAV) e avaliar se se asociou cunha maior gravidade. Pacientes e métodos Estudáronse pacientes con AAV diagnosticados en Medicina Interna dende o 01/09/2015 ata o 31/12/2023. O grupo 1 incluíu aqueles con transaminasas normais antes do tratamento; o grupo 2 elevadas. Recolléronse datos clínicos e analíticos, criterios de gravidade e evolución. Tamén se normalizaron as transaminasas despois de seis meses de tratamento. Resultados Incluíronse 34 pacientes cunha idade media de 59 anos (rango 24-81 anos), 17 eran mulleres (50%). En canto ao tipo de vasculite, 17 (50%) tiñan polianxeite microscópica (MAP), 13 (38%) tiñan granulomatose con polianxeite e 4 (12%) tiñan granulomatose eosinofílica con polianxeite. Os ANCA foron positivos nun 82%. O grupo 2 incluía 16 pacientes (47%), dos cales 11 (69%) tiñan PAM. A proteína C reactiva foi maior no grupo 2 (21 vs 6 mg/dL; p menor a 0,01). Ademais, os pacientes do grupo 2 tiñan un índice de severidade da vasculite (BVAS) máis alto (25 puntos fronte a 17; p menor a 0,05). A insuficiencia renal crónica durante o seguimento foi máis frecuente no grupo 2 (8, 53% vs 4, 22%; p menor a 0,05). A mortalidade foi maior no grupo 2 que no grupo 1 (71% vs 29%; p menor a 0,05). Conclusións A elevación das transaminasas ao inicio da vasculite asociouse co subtipo PAM, unha maior gravidade e máis mortalidade en pacientes con AAV.

SOPEÑA PEREZ-ARGÜELLES, BERNARDO (Titoría)
FREIRE DAPENA, MARIA DEL CARMEN Cotitoría
SOPEÑA PEREZ-ARGÜELLES, BERNARDO (Titoría)
FREIRE DAPENA, MARIA DEL CARMEN Cotitoría
Tribunal
PAREDES COTORE, JESUS PEDRO (Presidente/a)
URISARRI RUIZ DE CORTAZAR, ADELA (Secretario/a)
PARGA MARTIN, JUAN ANDRES (Vogal)
PAREDES COTORE, JESUS PEDRO (Presidente/a)
URISARRI RUIZ DE CORTAZAR, ADELA (Secretario/a)
PARGA MARTIN, JUAN ANDRES (Vogal)
Eficacia da ketamina e da esketamina no trastorno obsesivo-compulsivo: revisión sistemática
Autoría
E.M.F.
Grao en Medicina
E.M.F.
Grao en Medicina
Data da defensa
20.06.2024 09:00
20.06.2024 09:00
Resumo
O trastorno obsesivo-compulsivo é unha enfermidade psiquiátrica caracterizada por obsesións e compulsións. As obsesións son pensamentos intrusivos que ocorren de forma repetida e involuntaria. As compulsións son pensamentos ou accións que a persoa realiza co obxectivo de reducir a ansiedade que xeran as obsesións. Esta enfermidade é moi frecuente na poboación, tendo unha prevalencia do 3% nalgúns países, sendo máis frecuente entre os 20 e os 50 anos. Aínda que se identificou un compoñente xenético no trastorno obsesivo-compulsivo, non se atoparon anomalías xenéticas específicas. Os estudos suxiren que as vías serotoninérxicas, dopaminérxicas e glutamatérxicas inflúen na súa fisiopatoloxía, aínda que se descoñece en gran medida como se produce esta enfermidade. O tratamento de primeira liña son os inhibidores selectivos da recaptación de serotonina xunto coa terapia cognitivo-conductual. Non obstante, hai pacientes resistentes a todos os tratamentos recomendados polas directrices. A ketamina ou a esketamina poden ter un certo papel nesta enfermidade debido á súa implicación co receptor N-metil-D-aspartato. Aínda que existen algúns estudos onde se están a utilizar estes fármacos, os resultados obtidos son moi variados. Ademais, o tamaño da mostra dos estudos actuais non é suficiente para sacar conclusións. O obxectivo deste artigo é realizar unha revisión sistemática para explorar a eficacia da ketamina e a esketamina no TOC. Aínda que os datos son prometedores, hai pacientes que non responden a ningún medicamento dispoñible. Necesítanse estudos con maior tamaño de mostra e mellor metodoloxía para aclarar se a ketamina ou a esketamina son útiles no trastorno obsesivo-compulsivo.

Revisión Sistemática sobre a Prevención da Bronquiolite por Virus Respiratorio Sincitial (VRS) no Neonato e no Lactante: Comparativa entre Nirsevimab e Palivizumab.
Autoría
V.M.S.F.
Grao en Medicina
V.M.S.F.
Grao en Medicina
Data da defensa
20.06.2024 09:00
20.06.2024 09:00
Resumo
Introdución: O Virus Respiratorio Sincitial (VSR) é o axente etiolóxico da Bronquiolite, unha patoloxía do tracto respiratorio inferior cuxa diana epidemiolóxica se sitúa nos pacientes pediátricos, concretamente, nos menores de 24 meses de idade. A súa morbi-mortalidade é maior en prematuros e en lactantes con condicións de risco, como os que padecen cardiopatías ou inmunodeficiencias. A profilaxe contra o VRS é vital xa que a súa ausencia implica un gran número de secuelas respiratorias e ingresos a curto e longo prazo. Obxectivos: Sintetizar a evidencia dispoñible sobre os efectos e a eficacia da profilaxe da Bronquiolite por VRS en neonatos e lactantes, utilizando anticorpos monoclonais e a súa conseguinte comparación entre o clásico (Palivizumab) e o máis recente (Nirsevimab), que abre o camiño de posibilidades cara a o futuro profiláctico. Material e métodos: realizouse unha ampla busca bibliográfica, utilizando PubMed e a revista Indexa, Cochrane Library. Os artigos seleccionados foron ensaios clínicos e estudos de casos comparativos (formado por un grupo de intervención: lactantes, menores de 12 meses, con profilaxe con Nirsevimab; fronte a un grupo control: con profilaxe con placebo ou Palivizumab (cuxa indicación é exclusiva en bebés de risco). Os idiomas incluídos na busca foron o Español e o Inglés. Resultados: Finalmente incluíronse 9 estudos que avalían a eficacia do anticorpo monoclonal, segundo os seguintes criterios: i. a incidencia de visitas de atención primaria e ingresos hospitalarios: que se reduciron notablemente. ii A súa seguridade (avaliada por efectos adversos de grao superior a 2): o número de reaccións adversas foi inferior ao 1% dos casos con Nirsevimab. iii. Análise da resistencia adquirida a Nirsevimab: os episodios de resistencia vírica a Nirsevimab foron inferiores ao 5%, e afectaron a rexións distintas á Protein F (de Fusión), polo que non alteraron a eficacia do anticorpo monoclonal. iv.A súa rendibilidade: considérase que o Nirsevimab é o máis rendible. Todos os artigos atoparon diferenzas estatisticamente significativas a favor de Nirsevimab en comparación co placebo ou Palivizumab. Conclusións: o Nirsevimab é unha profilaxe extraordinariamente eficaz, cun perfil de seguridade destacado, cunha gran tolerabilidade, mais unha alta susceptibilidade. Ademais, a súa aplicación a nivel Sanitario considérase rendible, fronte ao Palivizumab ou á ausencia de profilaxe.

Desenvolvemento de vacinas contra as sustancias de abuso. Situación actual
Autoría
C.A.B.C.
Grao en Medicina
C.A.B.C.
Grao en Medicina
Data da defensa
18.07.2024 09:00
18.07.2024 09:00
Resumo
Introdución: Os trastornos por consumo de sustancias son un problema sanitario e social relevante, que afecta a unha porcentaxe relevante da poboación, e para o que non existe un tratamiento eficaz. Nas dúas últimas décadas fixéronse moitos progresos na investigación de vacinas contra este tipo de sustancias. Obxectivo: O obxectivo deste traballo foi recopilar información sobre o estado actual do desenvolvemento das vacinas contra as sustancias de abuso. Material e métodos: Revisión bibliográfica narrativa realizada a partir de información recuperada de PubMed, coas palabras clave relacionadas co tema, en inglés. Resultados: As drogas de abuso son moléculas pequenas, e como tales, compórtanse como haptenos, e precisan ser conxugadas con algunha proteína transportadora para ser inmunoxénicas. As vacinas actúan xerando anticorpos, que se unen á droga e impiden o seu acceso ao SNC. Aprincipal indicación, segundo os expertos, sería a inmunización de adictos altamente motivados para abandonar o consumo da droga. Outro tipo de indicacións (uso preventivo, uso por imposición legal...) teñen moitas consideracións éticas. Actualmente estanse desenvolvendo vacinas contra opioides, metanfetamina, nicotina e cocaína. Os ensaios en animais resultan prometedores, se ben eses resultados non se reproducen nos ensaios clínicos. Conclusión: As últimas vacinas desenvolvidas demostraron ser eficaces en ensaios preclínicos, pero aínda queda moito por investigar para alcanzar os mesmos resultados en humanos.

DE CASTRO RIOS, ANA (Titoría)
LOPEZ-RIVADULLA LAMAS, MANUEL Cotitoría
DE CASTRO RIOS, ANA (Titoría)
LOPEZ-RIVADULLA LAMAS, MANUEL Cotitoría
Tribunal
BERMEJO BARRERA, ANA MARIA (Presidente/a)
LEIRA MUIÑO, ROGELIO MANUEL (Secretario/a)
LADO LADO, FRANCISCO LUIS (Vogal)
BERMEJO BARRERA, ANA MARIA (Presidente/a)
LEIRA MUIÑO, ROGELIO MANUEL (Secretario/a)
LADO LADO, FRANCISCO LUIS (Vogal)
Probióticos e mastite lactacional: unha revisión sistemática
Autoría
E.C.F.
Grao en Medicina
E.C.F.
Grao en Medicina
Data da defensa
20.06.2024 09:00
20.06.2024 09:00
Resumo
A mastite lactacional, definida como a inflamación do tecido mamario, constitúe un importante problema de saúde pública ao ser unha das principais causas de desteta precoz e non desexada, privando á nai e ao lactante dos múltiples beneficios da lactación materna. A Organización Mundial da Saúde (OMS) promove a práctica da lactación materna exclusiva ata os 6 meses de vida, seguida dunha introdución gradual de alimentos complementarios, mantendo o aleitamento durante un período mínimo de dous anos. Non obstante, o cumprimento destas recomendacións no noso ámbito vese obstaculizado por diversos factores, como as condicións laborais, a insuficiente información e o escaso apoio á práctica da lactación, ao que ás veces se suma o problema da mastite. A maioría dos casos de mastite preséntanse nas primeiras doce semanas postparto, cunha incidencia que oscila entre o 10 e o 33% das mulleres lactantes. Actualmente, non existe un claro consenso sobre a súa etioloxía, pero suxeriuse que a súa orixe probablemente estea relacionada coa alteración da microbiota mamaria. Unha das estratexias de tratamento máis comúns para a mastite é a antibioterapia, aínda que non sempre resulta eficaz e pode provocar outros efectos secundarios indesexables. Dada a relación existente entre o uso de antibióticos e o crecente problema da resistencia a antimicrobianos, existe un gran interese na procura doutras alternativas terapéuticas. Neste traballo, proponse analizar os resultados dispoñibles sobre o uso de probióticos para a prevención ou o tratamento da mastite lactacional, unha das estratexias máis prometedoras para reducir o uso de antibióticos e, por tanto, a resistencia a estes fármacos, así como para minimizar a interrupción da lactación materna.

Vázquez Rodríguez, Marta Cotitoría
Leis Trabazo, María Rosaura (Titoría)
Vázquez Rodríguez, Marta Cotitoría
Tribunal
Alvarez Villamarin, Clara (Presidente/a)
SAAVEDRA NIEVES, ALEJANDRO (Secretario/a)
FERNANDEZ PEREZ, CRISTINA (Vogal)
Alvarez Villamarin, Clara (Presidente/a)
SAAVEDRA NIEVES, ALEJANDRO (Secretario/a)
FERNANDEZ PEREZ, CRISTINA (Vogal)
Alteracións na serie branca e nos niveis plasmáticos de clozapina tras a vacinación contra a Covid-19
Autoría
A.G.V.
Grao en Medicina
A.G.V.
Grao en Medicina
Data da defensa
20.06.2024 09:00
20.06.2024 09:00
Resumo
Introdución: Os doentes con Trastorno Mental Grave son un grupo susceptíbel á infección polo SARS-Cov2 non só polo seu deficiente autocuidado e comorbilidades asociadas, senón que tamén por mor daqueles psicofármacos que puidesen comprometer a súa resposta inmunolóxica. A Clozapina, potente antipsicótico e centro desta revisión sistemática, presenta unha estreita marxe terapéutica mais agrananulocitose como efecto secundario de tipo idiosincrático. Por todo isto, xorde a preocupación de se a vacinación contra este novo coronavirus é una práctica segura e conveniente para estos doentes. Obxectivos: Realízase esta revisión sistemática co obxectivo principal de analizar o perfil de seguridade da vacinación contra a Covid-19 en doentes psiquiátricos a tratamento con clozapina. Como obxectivos secundarios perséguese tipificar a elevación da proteína C reactiva como marcador precoz de intoxicación por clozapina e analizar se o beneficio é superior ao risco nos doentes con maior dose de clozapina prescrita. Métodos: Efectúase unha búsqueda sistemática en bases científicas: PubMed e Cochrane Library dende que existen rexistros ata o 15/03/24 Resultados: Sete estudos cumpriron os criterios de inclusión. Todos eles amosaron resultados positivos, todas as citopenias foron transitorias e a PCR demostrou ser un bo señalizador de risco de intoxicación por clozapina. Recoñécese a importancia da monitorización farmacolóxica terapéutica (MFT). Conclusións: Conclúese ca vacinación contra a Covid-19 en doentes a tratamento con CLZ si é unha intervención segura polo menos a curto prazo. Non se demostrou unha incidencia de agranulocitose maior nestos doentes. Non obstante, varias limitacións dificultan o establecemento de conclusións contrastadas polo que ínstase á realización de futuros estudos nesta materia.

MAROÑAS AMIGO, OLALLA Cotitoría
Fernández Monterroso, Álvaro Cotitoría
ARROJO ROMERO, MANUEL (Titoría)
MAROÑAS AMIGO, OLALLA Cotitoría
Fernández Monterroso, Álvaro Cotitoría
Tribunal
Fernández González, Angel Luis (Presidente/a)
GARCIA CAMPOS, JUAN (Secretario/a)
RELOVA QUINTEIRO, JOSE LUIS (Vogal)
Fernández González, Angel Luis (Presidente/a)
GARCIA CAMPOS, JUAN (Secretario/a)
RELOVA QUINTEIRO, JOSE LUIS (Vogal)
Aproximación á Saúde Mental entre a poboación inmigrante en España: Medidas de adhesión ao diagnóstico e tratamento
Autoría
L.M.L.Z.
Grao en Medicina
L.M.L.Z.
Grao en Medicina
Data da defensa
05.09.2024 09:00
05.09.2024 09:00
Resumo
A inmigración non constitúe un factor patóxeno de trastorno mental en si, pero si pode sinalarse como un factor de risco para a saúde mental, especialmente en circunstancias adversas. O proceso migratorio engloba unha perda de vínculos familiares, sociais e culturais e a adaptación a unha nova realidade con todo un conxunto de complicacións e dificultades desde a integración na nova sociedade, a lingua, a inestabilidade laboral entre outros moitos elementos que provocan estrés migratorio que poden culminar nunha dor migratoria extrema. Este traballo céntrase no duelo migratorio, as dificultades dos inmigrantes e como afecta esta diversidade cultural ao acceso á saúde e as posibles estratexias de abordaxe que se poderían poñer en marcha para mellorar a atención sanitaria deste colectivo.
A inmigración non constitúe un factor patóxeno de trastorno mental en si, pero si pode sinalarse como un factor de risco para a saúde mental, especialmente en circunstancias adversas. O proceso migratorio engloba unha perda de vínculos familiares, sociais e culturais e a adaptación a unha nova realidade con todo un conxunto de complicacións e dificultades desde a integración na nova sociedade, a lingua, a inestabilidade laboral entre outros moitos elementos que provocan estrés migratorio que poden culminar nunha dor migratoria extrema. Este traballo céntrase no duelo migratorio, as dificultades dos inmigrantes e como afecta esta diversidade cultural ao acceso á saúde e as posibles estratexias de abordaxe que se poderían poñer en marcha para mellorar a atención sanitaria deste colectivo.
Dirección
VICENTE ALBA, FRANCISCO JAVIER (Titoría)
VICENTE ALBA, FRANCISCO JAVIER (Titoría)
Tribunal
Rodriguez Calvo, Maria Sol (Presidente/a)
LAGE FERNANDEZ, RICARDO (Secretario/a)
Ponte Hernando, Fernando Julio (Vogal)
Rodriguez Calvo, Maria Sol (Presidente/a)
LAGE FERNANDEZ, RICARDO (Secretario/a)
Ponte Hernando, Fernando Julio (Vogal)
Análise de seguridade en vida real do uso de iSGLT2 en poboación ancián con diagnóstico de insuficiencia cardíaca. Experiencia dende unha consulta monográfica.
Autoría
D.A.G.
Grao en Medicina
D.A.G.
Grao en Medicina
Data da defensa
20.06.2024 09:00
20.06.2024 09:00
Resumo
Obxectivos: O tratamento con inhibidores de cotransportador sodio-glucosa tipo dous é fundamental na xestión farmacolóxica de pacientes con insuficiencia cardíaca crónica de diferentes fraccións de eyección do ventrículo esquerdo. A súa seguridade e eficacia en mellorar a calidade de vida e reducir eventos cardiovasculares adversos maiores quedou demostrada en estudos de desenvolvemento, aínda que a poboación anciá e fráxil estivo subrepresentada nestes estudos. Ata agora, hai poucos datos reais para este perfil de pacientes, que poderían beneficiarse significativamente destes fármacos. Suxeitos e Métodos: Realizouse un estudo retrospectivo en pacientes seguidos nunha consulta monográfica de insuficiencia cardíaca de Medicina Interna. Analizáronse pacientes de oitenta e cinco anos ou máis tratados con inhibidores de cotransportador sodio-glucosa tipo dous. Recolléronse datos demográficos, de cardiopatía, comorbilidades, datos sociodemográficos, eventos adversos e mortalidade. Resultados: Estudáronse douscentos vinte e nove pacientes de oitenta e cinco anos ou máis entre xaneiro de dous mil vinte e decembro de dous mil vinte e tres. Trinta e seis non recibían tratamento con inhibidores de cotransportador sodio-glucosa tipo dous no momento da análise por diversas razóns, incluíndo un caso de suspensión por eventos adversos. Os pacientes tratados recibiron educación sobre eventos adversos, cun seguimento medio de nove meses. A mortalidade total foi do trinta coma seis por cento, maior en homes (corenta por cento) que en mulleres (vinte e un por cento). A idade media ao falecemento foi de noventa anos. Cincuenta e tres pacientes (vinte e tres por cento) tiñan máis de noventa anos sen maiores eventos adversos. As características basais incluíron unha idade media de oitenta e oito anos, con maioría de mulleres (cincuenta e un por cento). A maioría tiña tres ou máis comorbilidades, principalmente hipertensión, fibrilación auricular, dislipemia e enfermidade renal crónica. A cardiopatía predominante foi valvular e a maioría estaba en clase funcional New York Heart Association dous. Un tres por cento presentou eventos adversos relacionados co tratamento, como infeccións urinarias, deterioración renal e mareos. A mortalidade asociouse con peor clase funcional, cardiopatía isquémica, enfermidade cerebrovascular, insuficiencia renal crónica, tabaquismo e dependencia. Conclusións: O uso de inhibidores de cotransportador sodio-glucosa tipo dous en poboación anciá con insuficiencia cardíaca é seguro e eficaz, sen eventos adversos maiores e con mortalidade inferior á esperada.

de la Iglesia Martínez, Fernando Antonio (Titoría)
Rodríguez Osorio, Iria Cotitoría
Seoane González, Beatriz Alicia Cotitoría
de la Iglesia Martínez, Fernando Antonio (Titoría)
Rodríguez Osorio, Iria Cotitoría
Seoane González, Beatriz Alicia Cotitoría
Tribunal
PEREZ FERNANDEZ, ROMAN (Presidente/a)
LIROLA DELGADO, ANTONIO GUSTAVO (Secretario/a)
Antela López, Antonio Rafael (Vogal)
PEREZ FERNANDEZ, ROMAN (Presidente/a)
LIROLA DELGADO, ANTONIO GUSTAVO (Secretario/a)
Antela López, Antonio Rafael (Vogal)
Parkinsonismo secundario a fármacos: unha revisión sistemática.
Autoría
C.F.A.
Grao en Medicina
C.F.A.
Grao en Medicina
Data da defensa
20.06.2024 09:00
20.06.2024 09:00
Resumo
Introdución: O parkinsonismo inducido por fármacos é a segunda causa máis frecuente de síndrome parkinsoniano, só por detrás da propia enfermidade de Párkinson. Os fármacos que máis frecuentemente o causan son os antipsicóticos e os calcio-antagonistas, con todo, este cadro foi descrito en asociación a unha longa lista de medicamentos. Aínda que as dúas patoloxías se asemellan na clínica, difiren na súa fisiopatología, prognóstico e tratamento, polo que se debe coñecer as características diferenciais para realizar un manexo adecuado. Obxectivo: Realizarase unha revisión bibliográfica para comprender o desenvolvemento desta patoloxía, describir os fármacos máis frecuentemente implicados, coñecer as sinais que deberían alertar sobre a súa presenza e finalmente esclarecer os métodos diagnósticos actuais. Material e métodos: Efectuouse unha revisión da literatura existente recorrendo á base de datos PubMed e Cochrane utilizando palabras chave para guiar a búsqueda, así como uns criterios de inclusión e exclusión determinados. Resultados: Tras revisar a literatura seleccionáronse 12 artigos nos que se logrou destacar o papel do DaT-SPECT como ferramenta de cribado, reflectiuse as falta de ferramentas diagnósticas respecto a a presentación clínica do parkinsonismo secundario a fármacos no paciente ancián sen patoloxía psiquiátrica e déronse unha serie de pautas en relación ao manexo clínico de haberes unha sospeita de caso. Conclusións: Recoñeceuse á muller anciá, con patoloxía de base e polimedicada como a principal paciente en risco de padecer esta patoloxía, máis aló do paciente psiquiátrico tratado con antipsicóticos. Subliñouse a necesidade de crear ferramentas diagnósticas dirixidas cara a este perfil e creouse unha estratexia de manexo fronte a casos sospeitosos ou confirmados. Finalmente, destacouse o potencial da farmacogenética e da medicina nuclear neste campo.

Veleiro Tenreiro, María José Cotitoría
DELGADO BLANCO, MANUEL BENJAMIN (Titoría)
Veleiro Tenreiro, María José Cotitoría
Tribunal
Dieguez Gonzalez, Carlos (Presidente/a)
VALDES CUADRADO, LUIS GUILLERMO (Secretario/a)
LOPEZ LOPEZ, RAFAEL (Vogal)
Dieguez Gonzalez, Carlos (Presidente/a)
VALDES CUADRADO, LUIS GUILLERMO (Secretario/a)
LOPEZ LOPEZ, RAFAEL (Vogal)
Enfermidade de Rosai-Dorfman: Estudo clinicopatolóxico dunha enfermidade enigmática
Autoría
L.E.F.
Grao en Medicina
L.E.F.
Grao en Medicina
Data da defensa
20.06.2024 09:00
20.06.2024 09:00
Resumo
Antecedentes: A Enfermidade de Rosai-Dorfman (ERD) constitúe unha entidade enigmática, tanto por ser unha histiocitose, patoloxía extremadamente infrecuente cunha gran diversidade de formas de presentación, como pola recente descuberta de que, nalgúns casos, as células albergan mutacións de ganancia de función na vía MAPK. Pasando de considerarse como un proceso exclusivamente reactivo a súa clasificación pola World Health Organization no ano 2022 dentro das neoplasias histiocíticas, a ERD maniféstase como unha proliferación de células macrófagas, na que o diagnóstico de certeza unicamente se pode realizar mediante biopsia. Material e métodos: Casos diagnosticados de ERD no CHUS dende 1990 a 2023 (n=6). Obxectivouse a clínica, as características histopatolóxicas, inmunohistoquímicas e moleculares, así como o tratamento e a evolución. Todo elo foi contrastado coa literatura, utilizando PubMed como principal fonte. Resultados: Todos os casos, agás un, foron de localización extraganglionar. A nivel histopatolóxico, agregados histiocitarios co fenómeno de emperipolese foron observados na totalidade das mostras. As tinguiduras realizadas mostraron positividade nos macrófagos para S100, así como negatividade para CD1a. OCT2, un marcador novedoso, foi positivo nos histiocitos neoplásicos do caso no que foi testado. Tamén este foi o único caso no que se fixo unha determinación de mutacións, que resultou ser negativa. En dous dos casos optouse polo seguimento estreito e, nos demáis, realizouse exérese das lesións, con adición de corticoides e metrotexato nunha ocasión. A evolución, a nivel xeral, seguiu un curso benigno. Conclusións: Este estudo pon en evidencia a infrecuencia desta patoloxía no noso medio, con 6 casos atopados nun período de tres décadas. Contribúe á comprensión actual da ERD, destacando o valor do marcadores inmunohistoquímicos, necesarios para facer un diagnóstico diferencial con outras histiocitoses, e a importancia de buscar as mutacións referidas, pois abren un camiño cara a novas dianas terapéuticas.

Tratamentos emerxentes na Esclerose Lateral Amiotrófica hereditaria.
Autoría
S.C.L.
Grao en Medicina
S.C.L.
Grao en Medicina
Data da defensa
20.06.2024 09:00
20.06.2024 09:00
Resumo
Introdución: A esclerose lateral amiotrófica (ELA) é unha enfermidade neurodexenerativa que afecta ás neuronas motoras, producindo debilidade, atrofia muscular progresiva e unha marcada disminución da supervivencia dos doentes. O 90-95% dos casos son esporádicos, pero o 5-10% son hereditarios e asócianse con máis frecuencia a mutacións nos xenes C9ORF72, SOD1, TARDBP e FUS, aínda que existen máis de 40 xenes implicados. Obxetivos: Realizar unha revisión sistemática dos estudos dispoñibles sobre os tratamentos emerxentes na ELA familiar, co fin de determinar se a aparición de novas terapias suporía un cambio no paradigma diagnóstico e terapéutico da enfermidade. Material e métodos: A búsqueda de información foi levada a cabo nas bases de datos PubMed, Scopus y Cochrane, así como nos rexistros de ensaios clínicos ClinicalTrials.gov e Clinicaltrialsregister.eu. Incluíronse ensaios realizados a nivel mundial que analizasen novos tratamentos da esclerose lateral amiotrófica hereditaria. Resultados: A maioría dos estudos dispoñibles son de Fase I e II e só existen estudos en Fase III para o tratamento con oligonucleótidos antisentido (Tofersen) en mutacións en SOD1 e con oligonucleótidos silenciadores (Jacifusen) en mutacións no xen FUS. Destes, só dispoñemos dos resultados publicados do estudo de Fase III con Tofersen, que xa foi aprobado pola FDA en 2023. Conclusións: Os resultados do tratamento cun oligonucleótido antisentido de administración intratecal (Tofersen) avalan o seu uso en pacientes con ELA asociada a mutacións en SOD1. Esta posibilidade terapéutica fai aconsellable a realización dun estudo xenético a todo paciente con ELA, teña ou non antecedentes familiares.

Pardo Fernández, Julio (Titoría)
Pardo Fernández, Julio (Titoría)
Tribunal
Alvarez Villamarin, Clara (Presidente/a)
SAAVEDRA NIEVES, ALEJANDRO (Secretario/a)
FERNANDEZ PEREZ, CRISTINA (Vogal)
Alvarez Villamarin, Clara (Presidente/a)
SAAVEDRA NIEVES, ALEJANDRO (Secretario/a)
FERNANDEZ PEREZ, CRISTINA (Vogal)
Resultados electrofisiolóxicos e funcionais do ombreiro tras realizar unha disección electiva ganglionar cervical: unha revisión sistemática.
Autoría
C.R.F.
Grao en Medicina
C.R.F.
Grao en Medicina
Data da defensa
20.06.2024 09:00
20.06.2024 09:00
Resumo
Introdución: O baleirado ganglionar cervical electivo é un procedemento cirúrxico realizado nos cancros de cabeza e pescozo en ausencia de metástase preoperatorias coñecidas. Sábese que sobre un 20-30% destes tumores, con resultados negativos nas probas diagnósticas convencionais, teñen micrometástasis ganglionares. Aínda que se demostrou que a disección mellora a supervivencia destes pacientes, conleva certa morbilidade relacionada coas estruturas situadas a nivel cervical. Os estudos incluídos investigaron os factores de risco, os resultados funcionais e electrofisiolóxicos obtidos tras realizar as diferentes técnicas de baleirado cervical. Obxectivo: O obxectivo principal deste estudo foi avaliar os resultados funcionais, a calidade de vida postoperatoria e as alteracións da EMG tras os diferentes tipos de disección ganglionar cervical. Material e métodos: A procura de artigos foi realizada nas bases de datos electrónicas Pubmed, CINAHL, Cochrane e Medline. Os estudos sobre a disección ganglionar cervical realizados en adultos e que incluían información sobre os resultados funcionais e electrofisiológicos do ombreiro foron seleccionados e valorados segundo a guía PRISMA. Resultados: Foron usados 16 artigos en total para realizar esta revisión sistemática. Comparáronse as diferentes técnicas cirúrxicas de disección cervical en relación cos resultados obtidos sobre a función do ombreiro e calidade de vida. Tamén se estudaron os factores de risco que poderían axudar a predicir a discapacidade postoperatoria, así como a monitorización intraoperatoria e rehabilitación posterior. Conclusións: Os resultados tras un baleirado ganglionar cervical varían segundo a técnica utilizada e os factores de risco individuais. A preservación do nervio espinal conleva unha mellor calidade de vida, menor dor postoperatoria e unha mellor función do ombreiro en comparación coa resección do nervio. Aínda así, necesítanse máis estudos de carácter prospectivo que validen esta evidencia.

Parente Arias, Pablo Luis (Titoría)
Mayo Yañez, Miguel Cotitoría
Parente Arias, Pablo Luis (Titoría)
Mayo Yañez, Miguel Cotitoría
Tribunal
PEREZ RIOS, MONICA (Presidente/a)
POSE REINO, ANTONIO DOMINGO (Secretario/a)
Gómez-Reino Rodríguez, Ignacio (Vogal)
PEREZ RIOS, MONICA (Presidente/a)
POSE REINO, ANTONIO DOMINGO (Secretario/a)
Gómez-Reino Rodríguez, Ignacio (Vogal)
Mulleres que amamantan con VIH en terapia antirretroviral: análise e comparación de dúas guías nacionais en contextos de ingresos altos: Estados Unidos e Suíza
Autoría
H.S.
Grao en Medicina
H.S.
Grao en Medicina
Data da defensa
20.06.2024 09:00
20.06.2024 09:00
Resumo
Contexto: o tratamento do VIH é máis eficaz e os beneficios da lactación materna están ben establecidos. Por iso, a lactancia materna con VIH foi posto en dúbida no medio onde existe leite de fórmula. Método: Analizar as bases das guías de EE.UU e Suiza da lactación materna con VIH con tratamento anti-VIH. Nos principais estudos mundial existe unha taxa de transmisión inferior ao 1%. Achados: a transmisión non se pode considerar un valor illado. Non rexistramos unha adhesión perfecta á alta escala de poboación. A adhesión perfecta non garante unha carga viral non detectable. A frecuencia das cargas virais feitas nos estudos pode ser unha limitación. As perdas de seguimento dos pacientes é probablemente problemática e ten que evitarse. Conclusión: os estudos de casos deben realizarse coidadosamente en contextos de ingresos altos. As nais que teñen un forte desexo de amamantar deben recibir apoio, pero o risco de transmisión non é 0.

Couceiro Gianzo, José Antonio Cotitoría
Leis Trabazo, María Rosaura (Titoría)
Couceiro Gianzo, José Antonio Cotitoría
Tribunal
LEIRO VIDAL, JOSE MANUEL (Presidente/a)
PEREZ FENTES, DANIEL ADOLFO (Secretario/a)
Hermida Ameijeiras, Álvaro (Vogal)
LEIRO VIDAL, JOSE MANUEL (Presidente/a)
PEREZ FENTES, DANIEL ADOLFO (Secretario/a)
Hermida Ameijeiras, Álvaro (Vogal)
Verrugas virais anoxenitais en idade pediátrica
Autoría
B.F.F.
Grao en Medicina
B.F.F.
Grao en Medicina
Data da defensa
18.07.2024 09:00
18.07.2024 09:00
Resumo
Introdución: As verrugas anoxenitais (VAG) na poboación pediátrica son unha manifestación clínica do virus do papiloma humano (VPH). A relevancia destas lesións radica na súa posible asociación co abuso sexual infantil, aínda que tamén poden transmitirse por outras vías non sexuais. Esta revisión bibliográfica busca explorar a relación entre as verrugas anoxenitais en nenos e o abuso sexual, así como as estratexias de xestión actuais. Obxectivos: Avaliar a prevalencia de VAG en nenos, identificar os métodos de transmisión máis comúns e determinar a asociación entre as verrugas anoxenitais e o abuso sexual infantil. Métodos: Revisión bibliográfica da literatura científica dispoñible sobre as VAG nos menos entre os 0 meses e 12 anos, a súa transmisión, epidemioloxía, diagnóstico, xestión e tratamento, realizada por medio do buscador bibliográfico PUBMED e seguindo as pautas PRISMA. Incluíronse artigos orixinais publicados en inglés, español e portugués entre 2000 e 2024. Resultados: Os achados suxiren que as VAG na infancia poden orixinarse a través de diferentes formas de contaxio. Isto inclúe a transmisión de nai a fillo durante o nacemento e a exposición directa a obxectos contaminados ou persoas portadoras do virus. É importante ter en conta a posibilidade de transmisión sexual, especialmente en nenos maiores de catro anos. A utilidade da análise xenética para identificar os tipos específicos de VPH na determinación de abuso sexual é un tema de debate e non hai consenso na comunidade médica. Conclusións: As probas mostran que, en casos VAG en nenos menores de catro anos, debe considerarse seriamente a transmisión non sexual se non hai presenza doutras infeccións de transmisión sexual (ITS), signos de abuso ou un relato coherente de abuso sexual. A probabilidade de que exista unha relación entre o VPH e o abuso sexual increméntase coa idade, sobre todo despois dos catro anos. Durante a investigación, é crucial obter un historial médico completo e realizar un exame físico exhaustivo tanto do neno como dos seus coidadores. Requírese un enfoque multidisciplinar para tratar as VAG en nenos, tendo en conta as diferentes formas de transmisión e a posibilidade de abuso sexual. A colaboración entre profesionais é crucial para asegurar unha avaliación completa e o coidado do benestar do neno. Os resultados resaltan a importancia de contar con protocolos de xestión definidos e de avaliar minuciosamente a posibilidade de abuso sexual en nenos con verrugas anoxenitais.

Utilidade da Next-Generation Sequencing no tratamento do cancro de pulmón non célula pequena
Autoría
S.R.C.
Grao en Medicina
S.R.C.
Grao en Medicina
Data da defensa
20.06.2024 09:00
20.06.2024 09:00
Resumo
Antecedentes: o cancro de pulmón é o cuarto tumor con maior prevalencia, pero o que presenta maior mortalidade, representando o 18,2% da mortalidade por cancro segundo os datos do Observatorio Mundial do Cancro (GLOBOCAN 2020) (1). Debido a estes datos, o estudo das alteracións moleculares e as terapias dirixidas representan o futuro da abordaxe do cancro de pulmón non célula pequena (NSCLC). Obxectivos: coñecer a porcentaxe de pacientes nos que se descobre un biomarcador susceptible de ser tratado cunha terapia dirixida mediante técnicas de secuenciación masiva (secuenciación de próxima xeración, NGS) nunha cohorte de pacientes con NSCLC. E para determinar a supervivencia sen progresión e a taxa de resposta naqueles pacientes aos que foi posible realizar un tratamento dirixido. Ademais disto, estudaremos en que momento do tratamento se solicitou o estudo e como afectou o resultado á terapia do paciente. Métodos: para abordar o noso traballo, propúxose un estudo observacional descritivo retrospectivo sobre unha poboación de pacientes con CPNM tratados no servizo de Oncoloxía Médica do Hospital Universitario da Coruña que foron sometidos a NGS a través de Foundation Medicine entre o 1 de setembro de 2019 e o 31 de decembro de 2023. Resultados: atopouse que en 8 (40%) dos pacientes temos unha alteración molecular tratable despois de aplicar NGS, quedando 12 (60%) nos que non se detectou ningunha alteración molecular tratable. As novas alteracións moleculares detectadas con NGS con Foundation Medicine foron: 2 pacientes (10%) tiñan unha mutación no exón 20 de EGFR, outros 2 pacientes (10%) tiñan unha mutación en EGFR, 1 (5%) tiña unha mutación en FGFR3, 1 (5%) translocación de ALK, 1 (5%) amplificación MET e 1 paciente (5%) con BRAF mutado N581S. En canto ao tipo de resposta dos 8 pacientes nos que se iniciou un novo tratamento, 4 (50%) presentaron unha resposta parcial, producíndose 69,5 días despois do inicio do tratamento (intervalo de confianza de 162 a 26 días). Outros 2 pacientes (25%) obtiveron a progresión da enfermidade como a mellor resposta, producíndose 76 días despois do inicio do tratamento (intervalo de confianza de 89 a 63 días). Só 1 paciente (12,5%) presentou a enfermidade estable como a mellor resposta, esta ocorreu 51 días despois do inicio do tratamento. Nun paciente, debido a que o tratamento comezou 37 días antes da data de corte, non temos datos sobre o tipo de resposta ou se houbo progresión da enfermidade. Conclusións: A NGS é unha técnica que proporciona beneficios aos pacientes con cancro de pulmón non microcítico en pacientes con enfermidade avanzada, permitindo detectar alteracións moleculares nunha gran porcentaxe de pacientes, permitíndolles así beneficiarse de utilización de terapias dirixidas.

Mosquera Martínez, Joaquín Cotitoría
FRAGA RODRIGUEZ, MAXIMO FRANCISCO (Titoría)
Mosquera Martínez, Joaquín Cotitoría
Tribunal
PEREZ RIOS, MONICA (Presidente/a)
POSE REINO, ANTONIO DOMINGO (Secretario/a)
Gómez-Reino Rodríguez, Ignacio (Vogal)
PEREZ RIOS, MONICA (Presidente/a)
POSE REINO, ANTONIO DOMINGO (Secretario/a)
Gómez-Reino Rodríguez, Ignacio (Vogal)
Radioterapia Neoadyuvante en Cancro de Mama
Autoría
A.M.V.
Grao en Medicina
A.M.V.
Grao en Medicina
Data da defensa
20.06.2024 09:00
20.06.2024 09:00
Resumo
Introducción: O cancro de mama é o cancro con máis diagnósticos en mulleres do mundo, a súa incidencia está aumentando con especial énfase nos países desenvolvidos, debido principalmente ao aumento dos factores de risco. A progresión desta enfermidade fai que vaia aumentando a busca de novos métodos para combater esta enfermidade. Esta revisión ten o seu principal foco no uso de radioterapia neoadxuvante. Obxetivos: O obxectivo desta revisión é determinar se a radioterapia neoadxuvante podería ser unha ferramenta eficaz na loita contra o cancro de mama. Metodoloxía: A busca de literatura científica realizouse mediante bases de datos como Medline (Pubmed) e Cochrane. Resultados: Obtivéronse sete artigos para realizar a revisión sistemática. Todos os artigos mostran resultados positivos co tratamento con radioterapia neoadxuvante. Conclusións: A radioterapia neoadxuvante mostra ser unha ferramenta eficaz no tratamento do cancro de mama, a súa combinación con quimioterapia neoadxuvante mostra unha resposta positiva no tratamento do cancro de mama en fases máis avanzadas. O uso da radioterapia neoadxuvante mostra unha resposta positiva antes da cirurxía para obter unha resposta patolóxica completa e é eficaz para reducir o tamaño do tumor no cancro inoperable.

PEÑA FERNANDEZ, MAITE (Titoría)
PEÑA FERNANDEZ, MAITE (Titoría)
Trastorno por déficit de atención e hiperactividade e consumo de substancias
Autoría
M.T.A.C.
Grao en Medicina
M.T.A.C.
Grao en Medicina
Data da defensa
20.06.2024 09:00
20.06.2024 09:00
Resumo
RESUMO INTRODUCIÓN: O TDAH é unha das patoloxías neuropsiquiátricas máis frecuentes durante a infancia, e cunha prevalencia nada desprezable na idade adulta. Ao mesmo tempo, o consumo de drogas é unha das maiores preocupacións de saúde pública mundial dos últimos tempos debido á súa elevada prevalencia global. OBXECTIVO: O obxectivo desta revisión é avaliar a literatura dispoñible para comprobar que existe unha clara asociación entre o padecemento de TDAH e o consumo de sustancias estupefacientes e, se a asociación é positiva, concienciar sobre a importancia do diagnóstico e tratamento precoz. desta enfermidade, para evitar futuras comorbilidades como SUD. MÉTODOS: Levouse a cabo unha revisión bibliográfica. Realizouse unha busca en PUBMED e GOOGLE ACADEMIC dos estudos publicados nos últimos catro anos, desde 2020 ata 2024. Os criterios de inclusión permitíronnos seleccionar finalmente 12 estudos, en castelán, portugués e inglés. RESULTADOS: De todos os estudos revisados, 10 revisións sistemáticas e dúas metaanálise, observamos que todos coinciden por unanimidade en que existe unha asociación positiva entre o TDAH e o consumo de substancias. CONCLUSIÓN: A identificación e o tratamento precoz do TDAH poden ser clave para reducir o risco do trastorno por abuso de substancias e mellorar a calidade de vida destes pacientes.

FLOREZ MENENDEZ, GERARDO (Titoría)
FLOREZ MENENDEZ, GERARDO (Titoría)
Profilaxe con ácido acetilsalicílico na prevención da preeclampsia: revisión sistemática e metaanálise
Autoría
U.F.V.
Grao en Medicina
U.F.V.
Grao en Medicina
Data da defensa
20.06.2024 09:00
20.06.2024 09:00
Resumo
Introdución: A preeclampsia é un trastorno hipertensivo da xestación asociado a elevada morbimortalidade materno-fetal. O ácido acetilsalicílico (AAS) a baixas doses como profilaxe é unha das recomendacións das actuais guías clínicas para previr a súa aparición en pacientes de alto risco. A imprecisión nos resultados en estudos previos e a publicación de novos estudos fan necesaria unha nova análise dos datos. Obxectivos: O principal obxectivo deste estudo é analizar o efecto do AAS a baixas doses na profilaxe da preeclampsia, así como buscar o efecto que o risco materno de preeclampsia, taxas de mortalidade materno-fetais e idade materna teñen sobre a heteroxeneidade da preeclampsia. Estudarase o efecto da profilaxe con AAS sobre os eventos de baixo peso para idade xestacional, morte fetal ou neonatal e parto pretermo. Analizarase a relación entre AAS e os seus potenciais efectos secundarios abruptio placentae e hemorraxias. Material e métodos: Realizouse unha revisión sistemática e metaanálise baseada en ensaios clínicos randomizados seguindo as recomendacións PRISMA 2020 e elaborando un protocolo que foi rexistrado na plataforma OSF. Empregáronse como bases de datos PUBMED, WOS, rexistros de estudos en Cochrane e Clinical trials, así como revisión de citas bibliográficas. A metaanálise realizouse empregando os Meta-Essentials Workbooks e o software RevMan v4.5. A calidade da evidencia avaliouse utilizando o sistema GRADE. Resultados: Revisáronse 69 estudos, con 53 181 participantes, con elevada heteroxeneidade que non se modificou ao realizar análise por subgrupos. Observamos diferenzas significativas entre o grupo que recibiu AAS e o grupo control (OR 0,70 [IC 95% 0,61; 0,80], p menor a 0,001). Ocorre o mesmo na diminución do risco de eventos de baixo peso para idade xestacional (OR 0,80 [IC 95% 0,7; 0,91], p=0,001), morte fetal ou neonatal (OR 0,86 [IC 95% 0,79; 0,93], p=0,002) e parto pretermo (OR 0,82 [IC 95% 0,72; 0,93], p menor a 0,001). Non observamos diferenzas significativas no risco de abruptio placentae (OR 0,96 [IC 95% 0,72; 1,29], p=0,787) nin hemorraxias (OR 1,07 [IC 95% 0,89; 1,29], p=0,422). Conclusións: O AAS a baixas doses diminúe o risco de preeclampsia (calidade da evidencia moderada) e as variables risco materno de preeclampsia, taxas de mortalidade materno-fetais e idade materna non semellan ter gran influencia sobre este efecto. Sobre eventos asociados á preeclampsia, obsérvase redución no risco de baixo peso para idade xestacional (calidade da evidencia moderada), no risco de morte fetal ou neonatal (calidade da evidencia alta) e no risco de parto pretermo (calidade da evidencia moderada). Non se observou un incremento no risco de abruptio placentae ou hemorraxias con AAS, en ambos casos con nivel de evidencia moderado.

Resultados no tratamento percutáneo fronte ao cirúrxico na comunicación interauricular en poboación pediátrica. Unha revisión sistemática
Autoría
M.R.M.
Grao en Medicina
M.R.M.
Grao en Medicina
Data da defensa
20.06.2024 09:00
20.06.2024 09:00
Resumo
Introdución: a comunicación interauricular (CIA) é unha solución de continuidade entre ambas aurículas. Representa o 10-15% de todas as cardiopatías conxénitas e é mais frecuente en mulleres (2:1), sendo a maioría dos casos esporádicos e illados. Pode producir un cortocircuito con repercusión hemodinámica nalgúns casos, o que indica a súa intervención. Para reparar o defecto se contemplan o peche percutáneo mediante dispositivo e o peche cirúrxico. Actualmente ambas opcións considéranse válidas, aínda que con indicacións, abordaxes e complicacións que as diferencian. Obxectivos: o obxectivo principal desta revisión sistemática foi sintetizar a evidencia dispoñible sobre os resultados do tratamento percutáneo versus cirurxía na comunicación interauricular na poboación pediátrica. Para tal fin, estudáronse as seguintes variables: mortalidade, complicacións e duración da estancia hospitalaria asociada a cada intervención. Como obxectivos secundarios tamén se analizou o efecto da idade e o tamaño do defecto do tabique auricular en ambos os enfoques. Material e métodos: realizouse unha busca exhaustiva da literatura seguindo as directrices de PRISMA. A estratexia de busca baseouse nunha pregunta estruturada e os descritores aplicáronse en diferentes bases de datos. Establecéronse os criterios de selección que permitiron escoller os estudos incluídos. Resultados: despois dun cribado inicial inclúense un total de 21 publicacións: 12 comparan ambas intervencións, 5 de tratamiento percutáneo e 4 de tratamiento cirúrxico. Conclusións: o tratamento percutáneo e cirúrxico demostraron ser técnicas seguras e eficaces para pechar a comunicación auricular. Comparando ambas técnicas, o abordaxe percutáneo mostrou unha menor estancia hospitalaria e número de complicacións, sendo estas menos graves; xunto cun resultado cosmético superior. A cirurxía aberta é unha alternativa nos casos de complicacións percutáneas e nas CIA de tipo non ostium secundum.

García-Cuenllas Álvarez, Luisa María Cotitoría
Concheiro Guisán, Ana (Titoría)
García-Cuenllas Álvarez, Luisa María Cotitoría
Tribunal
VARO PEREZ, EVARISTO (Presidente/a)
ARIAS RIVAS, SUSANA (Secretario/a)
DIAZ RUIZ, MARIA DEL CARMEN (Vogal)
VARO PEREZ, EVARISTO (Presidente/a)
ARIAS RIVAS, SUSANA (Secretario/a)
DIAZ RUIZ, MARIA DEL CARMEN (Vogal)
Farmacoxenética do Metilfenidato no Tratamento do Trastorno por Déficit de Atención e Hiperactividade (TDAH)
Autoría
A.R.P.
Grao en Medicina
A.R.P.
Grao en Medicina
Data da defensa
20.06.2024 09:00
20.06.2024 09:00
Resumo
Introdución O Trastorno por Déficit de Atención e Hiperactividade (TDAH) é un trastorno neuropsiquiátrico que afecta a nenos e adultos, caracterizado, segundo o tipo, por inatención, hiperactividade e impulsividade. Neste contexto, o metilfenidato é o tratamento farmacolóxico máis común e a farmacoxenética deste fármaco xorde como un campo de estudo prometedor ao estudar como as variacións xenéticas inflúen na resposta aos medicamentos. Obxectivos Levar a cabo unha revisión sistemática para avaliar a relación entre variacións xenéticas específicas e a resposta en pacientes con TDAH a tratamento con metilfenidato. Metodoloxía Seguindo a declaración PRISMA, realizouse unha busca sistemática a partir dunha ecuación de busca en dúas bases de datos, Pubmed e Scopus, e estableceuse unha serie de criterios para filtrar os resultados obtidos. Resultados e Discusión Dun total de 144 artigos, cinco foron os artigos incluídos nesta revisión. Atopáronse asociacións significativas cunha mellor resposta ao metilfenidato en variantes como un VNTR de 6 repeticións no xene SLC6A3, un SNP do xene COMT (Val158Met) e outro SNP do xene NET/SLC6A2 (rs2836840). Así mesmo, atopáronse asociacións cunha peor resposta, como un VNTR de 10 repeticións do xene SLC6A3, o rs1800497 do xene DRD2 e un VNTR de 7 repeticións do xene DRD4. Con todo, estes artigos presentan certas limitacións e a evidencia destes polimorfismos non é aínda concluínte, polo que non poden aplicarse á práctica clínica polo de agora. Conclusións A farmacoxenética ofrece unha promesa significativa para a personalización do tratamento do TDAH con metilfenidato, pero requírense máis estudos para confirmar estes achados e traducilos en recomendacións clínicas concretas. É fundamental seguir explorando esta área e abordar as limitacións existentes para continuar avanzando neste campo de coñecemento. Palabras clave TDAH, Metilfenidato, Farmacoxenética, Tratamento Personalizado, Polimorfismos Xenéticos.

Papel da inmunoterapia como complemento da cirurxía en carcinoma non microcítico de pulmón en estadios iniciais: unha revisión sistemática.
Autoría
P.A.A.
Grao en Medicina
P.A.A.
Grao en Medicina
Data da defensa
20.06.2024 09:00
20.06.2024 09:00
Resumo
Introdución: A pesar de que nunha porcentaxe importante dos casos o carcinoma non microcítico de pulmón (NSCLC) é resecable ao diagnóstico, gran parte deles recidivan tras a cirurxía, empeorando a supervivencia. A inmunoterapia con inhibidores de checkpoint pode mellorar o prognóstico nestes pacientes, como xa o fai naqueles con enfermidade metastásica. Obxectivos: resumir a evidencia dispoñible sobre o uso de inmunoterapia en NSCLC resecable en adxuvancia, neoadxuvancia ou tratamento perioperatorio. Métodos: realizáronse sucesivas procuras en PubMed para a identificación de ensaios clínicos controlados e aleatorizados que cumprisen cos criterios de inclusión previamente especificados. Resultados: identificáronse 8 estudos que cumprían os criterios preestablecidos, dos cales 2 avaliaban a inmunoterapia en adxuvancia, 5 en esquema perioperatorio e un en neoadxuvancia. O tratamento con inmunoterapia supuxo nos estudos en neoadxuvancia ou tratamento perioperatorio unha melloría na taxa de resposta patolóxica completa (pCR) e na supervivencia libre de eventos (EFS), mentres que nos ensaios en adxuvancia implicou unha mellora na supervivencia libre de enfermidade (DFS). Conclusións: o uso de inmunoterapia con inhibidores de checkpoint mellora o prognóstico dos pacientes con cancro de pulmón non microcítico resecable, o cal debe trasladarse á práctica clínica habitual. Con todo, requírense máis estudos que determinen a pauta de tratamento e duración máis adecuada, así como unha mellor selección dos pacientes que máis se poden beneficiar do tratamento

Areses Manrique, María Carmen Cotitoría
VARELA PONTE, RAFAEL (Titoría)
Areses Manrique, María Carmen Cotitoría
Tribunal
ARAUJO VILAR, DAVID (Presidente/a)
SOTO VARELA, ANDRES (Secretario/a)
SUAREZ PEÑARANDA, JOSE MANUEL (Vogal)
ARAUJO VILAR, DAVID (Presidente/a)
SOTO VARELA, ANDRES (Secretario/a)
SUAREZ PEÑARANDA, JOSE MANUEL (Vogal)
A ciruxía robótica no tratamento cirúrxico do cancro de endometrio
Autoría
A.M.F.D.
Grao en Medicina
A.M.F.D.
Grao en Medicina
Data da defensa
20.06.2024 09:00
20.06.2024 09:00
Resumo
Introdución A cirurxía robótica para o tratamento cirúrxico do cancro de endometrio presenta vantaxes tanto para o paciente como para o cirurxián. O mapeo e BSGC é unha alternativa de estadiaxe que pode diminuír as complicacións post operatorias presentadas pola linfadenectomía. A nova clasificación molecular FIGO 2023 permite obter un prognóstico máis preciso e un abordaxe terapéutico cada vez máis individualizado do paciente. Obxectivos: Verificar a eficacia e seguridade da cirurxía robótica utilizando o Da Vinci para o tratamento cirúrxico do cancro de endometrio comparándoo con outras técnicas cirúrxicas, incluíndo pacientes de idade avanzada e obesidade, asumindo a hipótese de que presenta vantaxes a todos os niveis. Averiguar se esta proporciona unha boa vía de abordaxe para a estadiaxe do cancro de endometrio e realización de biopsia selectiva do ganglio sentinela (BSGC). Metodoloxía: Revisión bibliográfica da literatura científica dispoñible para a utilización da cirurxía robótica no tratamento cirúrxico do cancro de endometrio, realizada por medio do buscador bibliográfico PUBMED e seguindo as pautas PRISMA. Incluíronse artigos orixinais publicados en lingua inglesa, artigos publicados desde 2019 ata 2024, artigos cuxo título conteña as palabras clave e artigos que sexan ensaios clínicos, ensaios clínicos aleatorizados e controlados, meta-análises e revisións sistemáticas. Resultados: Analizáronse os datos dun total de 8 artigos. A cirurxía robótica é unha técnica segura para tratamento de cancro de endometrio en pacientes con obesidade ou idade avanzada, ademais de posuír vantaxes en canto a complicacións post operatorias e supervivencia global con respecto a outras técnicas cirúrxicas. A realización de mapeo e BSGC con inxección de ICG (indocyanine green) ten un valor predictivo negativo elevado, con baixas taxas de recorrencia e menores complicacións post-cirúrxicas. Conclusións: A cirurxía robótica é segura e presenta vantaxes con respecto a outras técnicas cirúrxicas para o tratamento do cancro de endometrio, demostrándose especialmente eficaz en pacientes de idade avanzada e obesidade, sendo as súas únicas desvantaxes o tempo de cirurxía maior e custo elevado. A cirurxía robótica asociada a BSGC é unha boa vía de abordaxe para a estadiaxe do cancro de endometrio.

Manexo anestésico perioperatorio do paciente diabético. Efecto dos análogos de GLP-1 sobre o control glucémico: Revisión sistemática
Autoría
M.F.R.
Grao en Medicina
M.F.R.
Grao en Medicina
Data da defensa
20.06.2024 09:00
20.06.2024 09:00
Resumo
Introdución: A diabetes mellitus caracterízase pola presencia de hiperglicemia derivada de defectos na secreción e/ou acción da insulina. Os pacientes diabéticos presentan maior risco perioperatorio de morbilidade e/ou mortalidade. Para optimizar os resultados é esencial unha coidadosa avaliación preoperatoria para evitar episodios non desexados de hipoglicemia ou hiperglicemia. Os fármacos agonistas de GLP-1 actúan estimulando a secreción de insulina en resposta á inxesta de alimentos. Debido a que a súa acción é independente dos niveles de glicemia no sangue, presentan menor risco de hipoglicemias, polo que poderían tratarse dunha alternativa segura a considerar en pacientes sometidos a intervencións cirúrxicas. Obxectivos: Por estes motivos, o obxectivo principal desta revisión é comparar o efecto da utilización de análogos de GLP-1 sobre o control glicémico perioperatorio fronte a tratamentos con insulina ou placebo. Metodoloxía: Levouse a cabo unha busca bibliográfica en Pubmed, Ovid e Clarivate seguindo os criterios PRISMA para atopar ensaios clínicos controlados randomizados, revisións sistemáticas e metaanálisis sobre o manexo perioperatorio do paciente diabético e a eficacia dos análogos de GLP-1 no control glicémico. Resultados: Identificáronse un total de 7656 artigos dos cales, tras aplicar os filtros correspondentes engadíronse á bibliografía 31. Ademais realizouse unha busca específica sobre a eficacia dos aGLP-1 no manexo perioperatorio, obtendo sete artigos. Os datos extraidos destes estudos, a excepción dun deles, que engadir análogos de GLP1 ao tratamento convencional con insulina ou placebo mellora o control glicémico perioperatorio sen presentar os pacientes maior risco de hipoglicemias e/ou efectos adversos gastrointestinales. Conclusión: A utilización de análogos de GLP-1 mellora de forma global o control glicémico dos pacientes sometidos a cirurxía, principalmente cardíaca, sen un maior risco de hipoglicemias ou efectos adversos.

Enfermidade Osgood - Schlatter: Revisión bibliográfica e creación de guía clínica
Autoría
R.G.G.
Grao en Medicina
R.G.G.
Grao en Medicina
Data da defensa
20.06.2024 09:00
20.06.2024 09:00
Resumo
INTRODUCIÓN: a enfermidade de Osgood Schlatter é unha das lesións máis frecuentes debido ao uso excesivo do aparello extensor das pernas en nenos e adolescentes atléticos durante o crecemento. Afecta a 1 de cada 10 deportistas adolescentes en forma de dor insidiosa na parte anterior do xeonllo, acentuándose co avance do tempo e da actividade deportiva e é xeralmente unha condición autolimitada. Na súa patoxénese coexisten numerosos factores, pero pénsase que está intimamente relacionado co uso excesivo dos músculos extensores durante o crecemento. O diagnóstico é fundamentalmente clínico e o tratamento baséase maioritariamente nun manexo conservador, xunto con exercicios de fisioterapia e rehabilitación física. XUSTIFICACIÓN E OBXECTIVOS: A OSD é unha enfermidade de alta prevalencia que provoca unha importante limitación física e dor de xeonllos nos adolescentes que a padecen, provocando unha importante demanda de saúde. O obxectivo primordial deste TFG é realizar unha revisión bibliográfica completa e actualizada sobre esta patoloxía. Como obxectivo secundario, elaborar una guía clínica con procedementos normalizados que axude ás familias e profesorado dos mozos que padecen esta patoloxía. MATERIAIS E MÉTODOS: utilizáronse os criterios da metodoloxía PRISMA 2020 e formulouse a estratexia de busca seguindo a estrutura PICO. A busca realizouse en Pubmed, e despois de aplicar os criterios de inclusión e exclusión de interese, seleccionáronse 18 artigos para este traballo. RESULTADOS: Os principais resultados mostran que a xénese da OSD está relacionada co uso excesivo dos músculos extensores das pernas xunto a tracción exercida polo tendón rotuliano e a tensión do tendón e músculo do cuádriceps sobre a tuberosidade tibial anterior durante o crecemento. En canto ao tratamento, obsérvanse beneficios co tratamento precoz baseado nun manexo conservador, xunto coa fisioterapia e a rehabilitación física. Nas liñas de tratamento posteriores cobran importancia a infiltración de PRP e en casos crónicos a cirurxía artroscópica. CONCLUSIÓNS: é necesario seguir investigando a patoloxía e o seu tratamento. A teoría do sobreuso muscular xunto con outros factores predispoñentes é unha das máis aceptadas. O tratamento conservador baseado na fisioterapia precoz e na rehabilitación física parece ser o tratamento de elección de primeira liña, tendo en conta as infiltracións de PRP en pacientes con mantemento dos síntomas a pesar do correcto manexo conservador.

Neira Boga, Miguel Cotitoría
PINO MINGUEZ, JESUS (Titoría)
Neira Boga, Miguel Cotitoría
Tribunal
Fernández González, Angel Luis (Presidente/a)
GARCIA CAMPOS, JUAN (Secretario/a)
RELOVA QUINTEIRO, JOSE LUIS (Vogal)
Fernández González, Angel Luis (Presidente/a)
GARCIA CAMPOS, JUAN (Secretario/a)
RELOVA QUINTEIRO, JOSE LUIS (Vogal)
A prevalencia da litíase biliar e os seus factores de risco asociados. Actualización do tema.
Autoría
A.L.L.
Grao en Medicina
A.L.L.
Grao en Medicina
Data da defensa
20.06.2024 09:00
20.06.2024 09:00
Resumo
Os cálculos biliares consisten no depósito de contido sólido na vesícula biliar. É unha enfermidade preponderante en poboacións indoamericanas, latinoamericanas e no sexo feminino (sobre todo durante o embarazo ou despois de tratamentos de substitución hormonal). Existen outros factores de risco asociados como a obesidade, o tratamento con análogos da somatostatina, os períodos de xaxún prolongados, as reseccións gástricas e a xenética. Pode producir unha serie de complicacións das cales a colecistite é a máis frecuente.
Os cálculos biliares consisten no depósito de contido sólido na vesícula biliar. É unha enfermidade preponderante en poboacións indoamericanas, latinoamericanas e no sexo feminino (sobre todo durante o embarazo ou despois de tratamentos de substitución hormonal). Existen outros factores de risco asociados como a obesidade, o tratamento con análogos da somatostatina, os períodos de xaxún prolongados, as reseccións gástricas e a xenética. Pode producir unha serie de complicacións das cales a colecistite é a máis frecuente.
Dirección
MEAÑOS MELON, ENRIQUE RAMON (Titoría)
MEAÑOS MELON, ENRIQUE RAMON (Titoría)
Tribunal
VIDAL PAN, Mª DEL CARMEN (Presidente/a)
de la Iglesia Martínez, Fernando Antonio (Secretario/a)
CAMESELLE TEIJEIRO, JOSE MANUEL (Vogal)
VIDAL PAN, Mª DEL CARMEN (Presidente/a)
de la Iglesia Martínez, Fernando Antonio (Secretario/a)
CAMESELLE TEIJEIRO, JOSE MANUEL (Vogal)
Tratamento da pericarditis recurrente refractaria con Anakinra (antagonista do receptor da interleucina-1).
Autoría
L.F.P.L.
Grao en Medicina
L.F.P.L.
Grao en Medicina
Data da defensa
20.06.2024 09:00
20.06.2024 09:00
Resumo
INTRODUCIÓN: A pericarditis recurrente refractaria (PRR) supón un grave problema de saúde dada a incapacidade funcional que ocasiona, os ingresos reiterados, os efectos secundarios e o dano tisular derivado do tratamento con corticoides. Algúns estudos suxeriron que o Anakinra pode ser moi eficaz nestes pacientes. Non obstante, a experiencia clínica sobre o seu uso é escasa e non atopamos ningún estudo realizado no noso país. OBXECTIVOS: Evaluar a eficacia clínica, seguridade e tolerabilidade do tratamento da PRR con Anakinra. PACIENTES E MÉTODOS: Estudo observacional prospectivo de todos os pacientes con PRR tratados con Anakinra nunha consulta específica de Medicina Interna dende o 1/1/2016 ata o 31/12/2023. Detállase a historia do paciente antes de iniciar o fármaco: número de recaídas, frecuentación de urxencias, ingresos hospitalarios e doses de corticoides. Os datos recollidos incluíronse nunha base de datos anonimizada para a súa posterior análise. RESULTADOS: Atendéronse 92 pacientes con pericarditis recurrente. Cumpliron criterios de PRR e dependencia aos corticoides 6 deles (6.5%), que foron tratados con Anakinra. A idade media ao diagnóstico foi de 43.17 anos (rango 16-76). O número medio de recaídas con colchicina antes de Anakinra foi de 5.2 por paciente (rango 4-6), asistencia a urxencias media de 2.5 (rango 1-6) e 3.67 ingresos hospitalarios (rango 2-5). O seguimento medio dos enfermos foi de 23 meses (rango 5-32). Tras a introdución do tratamento conseguíuse a redución completa de corticoides e de recaídas en todos os casos menos nun, ao que se lle suspendeu precozmente Anakinra por lesións cutáneas. Outra paciente máis tamén presentou este efecto (33%), que se autolimitou. Durante o seguimento non houbo infecións graves nin frecuentes. CONCLUSIÓNS: O tratamento da PRR con Anakinra permitiu a suspensión dos corticoides, evitando as recurrencias, a necesidade de asistencia médica, mellorando así a calidade de vida destes enfermos.

Intelixencia Artificial en Odontoloxía: Avaliación de ChatGPt na toma de decisións clínicas en pacientes medicamente comprometidos
Autoría
A.M.Q.S.
Grao en Odontoloxía
A.M.Q.S.
Grao en Odontoloxía
Data da defensa
19.07.2024 09:30
19.07.2024 09:30
Resumo
Introdución: O potencial da intelixencia artificial no ámbito da Odontoloxía está cobrando especial importancia nos últimos anos. Un exemplo destacado é o ChatGPT, unha ferramenta innovadora de intelixencia artificial que se alimenta con grandes cantidades de datos, capaz de comprender e xerar linguaxe humana con alta precisión e consistencia. Unha das vantaxes atribuídas ao ChatGPT no entorno clínico é que proporciona respostas rápidas e adecuadas ás preguntas formuladas, facilitando a toma de decisións e evitando a necesidade de que o clínico consulte as fontes orixinais. Dende a súa introdución, distintos estudos avaliaron a fiabilidade do ChatGPT á hora de xerar respostas a cuestións clínicas de distintas áreas da odontoloxía, como a Medicina Oral, a Periodoncia, a Cirurxía Oral, a Endodoncia, etc. Sen embargo, ata a data non se avaliou a súa aplicación no manexo odontolóxico de pacientes medicamente comprometidos. Obxectivo: Avaliar a validez das respostas xeradas por ChatGPT na toma de decisións clínicas para o manexo odontolóxico de pacientes medicamente comprometidos. Material y Métodos: Realizouse un estudo transversal no que se confeccionaron 4 casos clínicos de pacientes medicamente comprometidos con repercusión no tratamento odontolóxico. Comparáronse as respostas obtidas co ChatGPT e as proporcionadas polos estudantes de 5º curso do Grao de Odontoloxía de Santiago de Compostela. A fiabilidade de cada resposta avaliouse utilizando a seguinte puntuación: 1. Resposta completa; 2. Resposta correcta pero insuficiente; 3. Resposta inclúe información correcta e incorrecta/desactualizada; e 4. Resposta completamente incorrecta, tomando como referencia as directrices da American Dental Association. Resultados: Os estudantes de 5º curso de Odontoloxía da USC alcanzaron unha puntuación media de 2,62, igual á versión ChatGPT 4.0. A versión ChatGPT 3.5 presentou unha puntuación media de 2,75. Conclusións: O ChatGPT 3.5 ten unha menor precisión clínica que os estudantes. Pola súa banda, o ChatGPT 4.0 presentou a mesma capacidade diagnóstica en pacientes medicamente comprometidos que os estudantes de 5º curso de Odontoloxía, chegando incluso a superar as súas respostas en certas cuestións onde é preciso un gran coñecemento médico; non obstante, diminúe esa competencia en casos onde é requerido o criterio clínico.

Cirurxía do simpático torácico para tratar a hiperhidrose: experiencia dunha década
Autoría
B.B.R.
Grao en Medicina
B.B.R.
Grao en Medicina
Data da defensa
20.06.2024 09:00
20.06.2024 09:00
Resumo
Introdución: A técnica de cirurxía minimamente invasiva é unha das mellores opción para o tratamento da hiperhidrose. Tras este procedemento cirúrxico aparecen certos efectos secundarios, entre os cuales o máis frecuente é a sudoración compensadora. Obxectivos: O obxectivo deste traballo é revisar a experiencia do servizo de Cirurxía Torácica do Hospital Clínico Universitario de Santiago de Compostela na realización de cirurxía videotoracoscópica do simpático torácico para o tratamento da hiperhidrose palmar e axilar e valorar o desarrollo de hiperhidrose compensadora como efecto secundario á cirurxía. Métodos: Revisión bidireccional (retrospectivo e prospectivo) sobre unha base de datos anonimizada dunha serie de casos que inclúe 55 pacientes con hiperhidrose esencial intervenidos mediante un VATS bilateral no CHUS dende xaneiro do 2012 ata decembro do 2023 (un período de 12 anos). Resultados: Dun total de 55 pacientes con hiperhidrose esencial, 26 (47,3%) non tiñan antecedentes relevantes, 10 (18,2%) tiñan antecedentes psiquiátricos e 19 (34,5%) tiñan outras patoloxías. A técnica cirúrxica común foi VATS bilateral. O 85,5% recibiu drenaxes torácicos. O 21,8% dos pacientes sufriu complicacións perioperatorias durante o ingreso. A longo prazo, de 43 pacientes enquisados, o 11,6% experimentou recidiva de hiperhidrose e o 86% desenvolveu hipersudoración compensatoria, principalmente na espalda. Outros efectos adversos incluíron neuroapraxia e sequidade de mans. O grao de satisfacción cos resultados da intervención vése afectado de forma significativa polos pacientes recidivantes (puntuación media de 7,4 sobre 10) en contraposición cos pacientes sen recidivas (puntuación media de 9,26 sobre 10). Porén, esta non se ve afectada polo desarrollo de hiperhidrose compensadora. Conclusións: A intervención cirúrxica no sistema nervioso simpático torácico demostrou ser unha opción segura e eficaz para abordar a hiperhidrose esencial. Aínda que a hipersudoración compensatoria, principalmente na localización palmar, é o efecto adverso máis común e frecuente, o seu impacto non afecta á satisfacción do paciente coa intervención.

RIVO VAZQUEZ, JOSE EDUARDO (Titoría)
Gándara Castro, Cristian Cotitoría
Mundet Tudela, Ariadna Cotitoría
RIVO VAZQUEZ, JOSE EDUARDO (Titoría)
Gándara Castro, Cristian Cotitoría
Mundet Tudela, Ariadna Cotitoría
Tribunal
RODRIGUEZ PALLARES, JANNETTE (Presidente/a)
RODRIGUEZ GARCIA, JAIME JOSE (Secretario/a)
LOPEZ MARTIN, MARIA ELENA (Vogal)
RODRIGUEZ PALLARES, JANNETTE (Presidente/a)
RODRIGUEZ GARCIA, JAIME JOSE (Secretario/a)
LOPEZ MARTIN, MARIA ELENA (Vogal)
Determinación da hormona paratiroidea como predictor da hipocalcemia post-tiroidectomía: revisión bibliográfica
Autoría
A.C.G.
Grao en Medicina
A.C.G.
Grao en Medicina
Data da defensa
20.06.2024 09:00
20.06.2024 09:00
Resumo
A tiroidectomía total é a cirurxía endocrinolóxica máis frecuente podendo indicarse tanto en patoloxías benignas como malignas. A complicación máis habitual asociada a este procedemento é a hipocalcemia. A súa prevalencia varía moito segundo as series, debido á ausencia de consenso tanto na súa definición como na súa clasificación como permanente ou transitoria. Para uns autores, será permanente a hipocalcemia que persista máis de 6 meses tras a cirurxía, mentres que para outros se requirirá que se manteña máis de 1 ano. A incidencia oscila entre o 1 e o 50% das intervencións. En España, a prevalencia do hipoparatiroidismo ao alta hospitalaria, tras tiroidectomía total, cífrase nun 48%, sendo a do hipoparatiroidismo permanente próxima ao 15%. Esta hipofunción é causada pola devascularización ou a resección inadvertida das glándulas paratiroideas, o que produce un hipoparatiroidismo secundario. A hipocalcemia pode manifestarse con síntomas leves, como as parestesias e o hormigueo, ou con outros que poden comprometer a vida do paciente, como a tetania ou as convulsións, e representa o principal obstáculo para un alta precoz, xa que se manifesta clinicamente durante as primeiras 48 horas tras a cirurxía. O seu rápido recoñecemento permite iniciar o tratamento profiláctico con suplementos de calcio e/o vitamina D, o que reduce o risco de complicacións e a estancia hospitalaria. A medición seriada do calcio sérico é unha ferramenta importante para avaliar o risco de hipocalcemia sintomática despois dunha tiroidectomía total, aínda que a determinación da PTH perioperatoria é un indicador útil para a identificación dos pacientes que presentan risco de desenvolver hipocalcemia tras unha tiroidectomía total.

Darriba Fernández, María Isaura Cotitoría
GARCIA GARCIA, MANUEL (Titoría)
Darriba Fernández, María Isaura Cotitoría
Tribunal
BERMEJO BARRERA, ANA MARIA (Presidente/a)
LEIRA MUIÑO, ROGELIO MANUEL (Secretario/a)
LADO LADO, FRANCISCO LUIS (Vogal)
BERMEJO BARRERA, ANA MARIA (Presidente/a)
LEIRA MUIÑO, ROGELIO MANUEL (Secretario/a)
LADO LADO, FRANCISCO LUIS (Vogal)
Ratio compresión:ventilación na reanimación cardiopulmonar do recentemente nado fóra da sala de partos: unha revisión sistemática
Autoría
C.A.C.
Grao en Medicina
C.A.C.
Grao en Medicina
Data da defensa
20.06.2024 09:00
20.06.2024 09:00
Resumo
Introdución: Na idade pediátrica coexisten dous algoritmos diferentes de reanimación cardiopulmonar, un destinado ao recentemente nado na sala de partos (RCP neonatal) e outro destinado ao resto da poboación pediátrica (RCP pediátrica), diferenciándose entre eles en diversos aspectos, como na ratio compresión: ventilación que empregan. Aínda que o algoritmo de RCP neonatal foi deseñado especificamente para o neonato en sala de partos, o feito de que a RCP pediátrica inclúa a un grupo tan amplo e heteroxéneo esperta numerosas discrepancias sobre cal é a mellor técnica a empregar nos pacientes de menor idade e tamaño, polo que é frecuente a aplicación de aspectos dun e doutro protocolo en acabados de nacer fóra da sala de partos. Unha destas controversias está na ratio compresión: ventilación. O obxectivo deste estudo foi determinar cal das dúas ratios de compresión: ventilación, 3:1 ou 15:2, é máis efectiva en pacientes neonatais fóra da sala de partos. Métodos: Deseñouse unha revisión sistemática da literatura de estudos que comparasen ambas ratios na poboación neonatal e que incluísen algunha medida de resultado de éxito. Resultados: Incluíronse seis estudos nesta revisión sistemática. Estes estudos corresponden a ensaios clínicos en porcos recentemente nados e manequíns, publicados nos últimos vinte anos. Catro dos seis estudos incluídos sitúanse a favor da relación compresión: ventilación 3:1 baseándose na recuperación da circulación espontánea, a mecánica de ventilación e a calidade e fatiga dos reanimadores. Un dos estudos non atopou diferenzas significativas en base á resposta inflamatoria cerebral entre as dúas ratios e outro sitúase a favor da ratio 15:2 ao provocar menos fatiga cando participa un só reanimador. Conclusións: Aínda que os estudos que comparan as ratios compresión: ventilación son escasos e limítanse a deseños experimentais, parecen existir algúns datos a favor da ratio 3:1. Porén, non é posible extraer recomendacións firmes e son necesarios máis estudos.

Ávila Álvarez, Alejandro (Titoría)
Ávila Álvarez, Alejandro (Titoría)
Tribunal
PEREZ FERNANDEZ, ROMAN (Presidente/a)
LIROLA DELGADO, ANTONIO GUSTAVO (Secretario/a)
Antela López, Antonio Rafael (Vogal)
PEREZ FERNANDEZ, ROMAN (Presidente/a)
LIROLA DELGADO, ANTONIO GUSTAVO (Secretario/a)
Antela López, Antonio Rafael (Vogal)
Tratamento da síndrome de Kounis: revisión a propósito dun caso
Autoría
A.L.M.
Grao en Medicina
A.L.M.
Grao en Medicina
Data da defensa
20.06.2024 09:00
20.06.2024 09:00
Resumo
INTRODUCIÓN: A síndrome de Kounis (SK) consiste no desenvolvemento dunha síndrome coronaria aguda (SCA) tras unha activación mastocitaria e a conseguinte liberación de mediadores alérxicos. O diagnóstico da SK baséase na súa presentación clínica e apóiase nos achados das probas complementarias, utilizándose a coronariografía para clasificar á SK nun dos seus tipos: I (coronarias normais), II (enfermidade coronaria de base) ou III (reestenosis ou trombosis intra-stent). O tratamento da SK supón un verdadeiro desafío, pois algúns dos fármacos utilizados para tratar as manifestacións cardíacas poden empeorar as reacción alérxicas e viceversa. Ademais, non existen guías terapéuticas específicas para o tratamento da SK, polo que en teoría se deberían seguir as recomendacións establecidas para a SCA clásica. Mediante a presentación dun caso clínico e a revisión da literatura, tratouse de dilucidar se realmente o manexo da SK é similar ao da SCA “clásica” ou non alérxica. MÉTODOS: Realizouse unha búsqueda bibliográfica en Embase, PubMed e WoS de series de casos de pacientes con SK nos que se especificase o tratamento de todos eles. RESULTADOS: Incluíronse 38 casos de SK, provintes de 14 artigos. A SK tipo I era manexada con fármacos antialérxicos e vasodilatadores, mentres que para os tipos II e III se seguían as guías da SCA clásica, engadindo en ocasións glucocorticoides e antihistamínicos. Nestos doentes, intentábanse evitar os betabloqueantes, a morfina e os antihistamínicos en bolo, ademáis de retrasar a administración de adrenalina se era posible. CONCLUSIÓNS: Deberíanse realizar unhas guías terapéuticas específicas para a SK ou, como mínimo, especificar o seu manexo nas guías da SCA, pois o seu tratamento non é exactamente o mesmo.

Marzoa Rivas, Raquel Cotitoría
Barge Caballero, Eduardo (Titoría)
Marzoa Rivas, Raquel Cotitoría
Tribunal
GELABERT GONZALEZ, MIGUEL (Presidente/a)
CABANAS RODRIGUEZ, PALOMA (Secretario/a)
PEREIRO FERREIROS, MANUEL (Vogal)
GELABERT GONZALEZ, MIGUEL (Presidente/a)
CABANAS RODRIGUEZ, PALOMA (Secretario/a)
PEREIRO FERREIROS, MANUEL (Vogal)
Análise da cor das resinas dentais de impresión 3D.
Autoría
A.F.K.
Grao en Odontoloxía
A.F.K.
Grao en Odontoloxía
Data da defensa
21.06.2024 09:30
21.06.2024 09:30
Resumo
Obxectivo: O obxectivo do presente estudo é analizar a literatura dispoñible sobre a cor das resinas dentais de impresión 3D e a súa correlación coa guía VITAPAN Classical. Material e métodos: Realizouse unha revisión sistemática bibliográfica en Pubmed, Wob e Scopus entre os anos 2021 e 2023. Seguíronse os criterios PRISMA e a pregunta PICO: As resinas (P) impresas en 3D (I) presentan correspondencia na súa cor (O) ao comparalas coa guía VITAPAN Classical (C)? Resultados: Atopáronse 1667 artigos, 17 deles cumprían os criterios de inclusión. Todos os artigos atopados son estudos in vitro que avalían a influencia de diferentes factores (ángulo de impresión, pospolimerización, tratamento superficial e envellecemento artificial) na cor e na estabilidade da cor das resinas dentais de impresión 3D. Conclusións: O procesamento, o postprocesamento e a exposición a medios de tinción son factores condicionantes da cor das resinas dentais de impresión 3D.

GALLAS TORREIRA, MARIA MERCEDES (Titoría)
Fernández Millán, David Cotitoría
GALLAS TORREIRA, MARIA MERCEDES (Titoría)
Fernández Millán, David Cotitoría
Tribunal
Diniz Freitas, Márcio (Presidente/a)
BLANCO CARRION, ANDRES (Secretario/a)
FERNANDEZ RIVEIRO, PAULA (Vogal)
Diniz Freitas, Márcio (Presidente/a)
BLANCO CARRION, ANDRES (Secretario/a)
FERNANDEZ RIVEIRO, PAULA (Vogal)
Calidade de Vida Relacionada coa Saúde en Pacientes con Cardiopatía isquémica. Un Estudo Observacional na Poboación de A Estrada.
Autoría
L.C.V.
Grao en Medicina
L.C.V.
Grao en Medicina
Data da defensa
20.06.2024 09:00
20.06.2024 09:00
Resumo
Introducción: A cardiopatía isquémica é a principal causa de morte prematura e unha causa importante de discapacidade a nivel mundial. A supervivencia logo dunha fase aguda implica a transición cara unha condición crónica, con repercusións na calidade de vida. É importante empregar cuestionarios validados para avaliar a calidade de vida relacionada coa saúde nestas persoas, para abordar integralmente as súas necesidades. Obxectivo: Comparar a calidade de vida relacionada coa saúde entre adultos con e sen cardiopatía isquémica nunha mostra aleatoria dun municipio de Galicia, considerando potenciais factores de confusión e características individuais. Métodos: Estudo transversal con 1512 adultos seleccionados aleatoriamente da poboación xeral de A Estrada (Pontevedra) entre 2012 e 2015. Empregouse o cuestionario SF-36 para medir a calidade de vida relacionada coa saúde. Os datos analizáronse mediante modelos de regresión aditiva xeneralizada. Resultados: A mediana de idade dos participantes foi de 52 anos, con un 44.5% de homes e un 55.5% de mulleres. O 4.2% tiña cardiopatía isquémica, máis común en homes maiores, xubilados, ex-fumadores e con un índice de masa corporal elevado. O análise de regresión axustado por idade e sexo revela peor calidade de vida nas persoas con cardiopatía isquémica en cinco das nove escalas do SF-36. Conclusións: A calidade de vida relacionada coa saúde é inferior en adultos que conviven con cardiopatía isquémica en comparación con aqueles que non a padecen, representando unha limitación significativa no seu día a día tanto a nivel físico como mental. Observáronse diferenzas nos resultados do cuestionario segundo a idade e o sexo, destacando disparidades entre homes e mulleres, así como entre grupos de diferentes idades.

Calvo Malvar, María del Mar Cotitoría
GUDE SAMPEDRO, FRANCISCO (Titoría)
Calvo Malvar, María del Mar Cotitoría
Tribunal
RODRIGUEZ PALLARES, JANNETTE (Presidente/a)
RODRIGUEZ GARCIA, JAIME JOSE (Secretario/a)
LOPEZ MARTIN, MARIA ELENA (Vogal)
RODRIGUEZ PALLARES, JANNETTE (Presidente/a)
RODRIGUEZ GARCIA, JAIME JOSE (Secretario/a)
LOPEZ MARTIN, MARIA ELENA (Vogal)
Poden os TILs predicir a resposta ao tratamento no cancro de mama?
Autoría
S.N.L.
Grao en Medicina
S.N.L.
Grao en Medicina
Data da defensa
20.06.2024 09:00
20.06.2024 09:00
Resumo
Introdución: O cancro de mama é o tumor máis común na muller española. Numerosos factores prognósticos e preditivos teñen sido descritos ao longo dos últimos anos en relación con este tumor, se ben é certo que ultimamente a presencia de linfocitos infiltrantes do tumor ou TILs parece adquirir cada vez maior importancia de cara a prognosticar o futuro das pacientes. É precisamente neste tipo de células nas que se centra este traballo. Obxectivos: Estudar o valor dos TILs no prognóstico do cancro de mama e, secundariamente, analizar se gardan ou non relación coa histoloxía tumoral, o subtipo molecular, a resposta á quimioterapia adxuvante e a elección do mellor tratamento para a paciente. Métodos: Para responder á pregunta de investigación levouse a cabo unha revisión sistemática a partir de artigos obtidos de PubMed. Resultados: Partindo dun total de 282 resultados, finalmente seleccionáronse 11 artigos para unha lectura completa por cumpriren cos criterios de selección especificados, que foron divididos en tres grupos segundo o seu tema predominante. Conclusións: Púidose confirmar o papel prognóstico dos TILs no cancro de mama basal- like e HER2, asociándose unhas maiores cifras linfocitarias cuns mellores resultados. Tamén comprobouse que una maior agresividade tumoral se correlaciona cunha maior densidade linfocitaria. No que á terapia se refire, unhas cifras de TILs elevadas ó diagnóstico supoñen unha maior resposta á quimioterapia neoadxuvante nos tumores triple negativos e HER2- positivos; ademais, o beneficio do trastuzumab nestes últimos parece estar ligado a unhas maiores cifras de TILs.

SAMPAYO MONTENEGRO, MARIA VICTORIA (Titoría)
SAMPAYO MONTENEGRO, MARIA VICTORIA (Titoría)
Tribunal
SEÑARIS RODRIGUEZ, ROSA MARIA (Presidente/a)
CABANAS RODRIGUEZ, EDUARDO RODRIGO (Secretario/a)
MATEOS ALVAREZ, RAIMUNDO (Vogal)
SEÑARIS RODRIGUEZ, ROSA MARIA (Presidente/a)
CABANAS RODRIGUEZ, EDUARDO RODRIGO (Secretario/a)
MATEOS ALVAREZ, RAIMUNDO (Vogal)
Papel da proteína fixadora de olores na alerxia ao epitelio de vaca
Autoría
C.S.G.F.
Grao en Medicina
C.S.G.F.
Grao en Medicina
Data da defensa
20.06.2024 09:00
20.06.2024 09:00
Resumo
INTRODUCIÓN: Nun estudo previo realizado pola Sección de Alerxia do HULA en pacientes alérxicos a epitelio de vaca, detectouse sensibilización a unha proteína de 25 kDa non descrita con anterioridade. A espectrometría de masas permitiu identificala como a proteína fixadora de olores (OBP), unha lipocalina de Bos taurus. Aínda que a súa relación coa sintomatoloxía non está clara, investigacións recientes suxiren que a súa inclusión nos extractos para diagnóstico e tratamento podería ser beneficiosa. OBXECTIVOS: Avaliar o papel da proteína fixadora de olores (OBP) na alerxia ao epitelio de vaca (CEA) nos pacientes sensibilizados ao mesmo. MATERIAL E MÉTODOS: Estudo observacional descritivo e transversal dunha serie de casos, incluíndo un total de 17 pacientes con sensibilización a alérxenos da vaca demostrada mediante immunoblotting. Do total de candidatos seleccionáronse sete. Rexistrouse a idade, sexo, profesión, anos de exposición, resultados das probas e grupo ao que pertencía cada un deles. Purificouse e illouse OBP de ouriños de touro, e preparouse un extracto liofilizado para a realización de probas cutáneas e provocación conxuntival. RESULTADOS: Realizáronse probas intraepidérmicas con extracto purificado de OBP en sete pacientes alérxicos a epitelio de vaca, resultado positivas en seis deles. Seis sometéronse a unha proba de provocación alérxica conxuntival (PPAC) co mesmo extracto, sendo positiva en catro deles. Ambas as probas resultaron negativas en todos os controis. CONCLUSIÓNS: A proteína fixadora de olores compórtase como un antíxeno maioritario nesta poboación de alérxicos a epitelio de vaca. Neste estudo demóstrase a implicación desta proteína na sintomatoloxía clínica dos pacientes. De aí a importancia de que a conteñan os extractos para diagnóstico e tratamento.

Carballada Gonzalez, Francisco Javier Cotitoría
VIDAL PAN, Mª DEL CARMEN (Titoría)
Carballada Gonzalez, Francisco Javier Cotitoría
Tribunal
MENDEZ ALVAREZ, ESTEFANIA MARIA SALOME (Presidente/a)
PEÑA FERNANDEZ, MAITE (Secretario/a)
Anibarro García, Luís (Vogal)
MENDEZ ALVAREZ, ESTEFANIA MARIA SALOME (Presidente/a)
PEÑA FERNANDEZ, MAITE (Secretario/a)
Anibarro García, Luís (Vogal)
A loita antirrábica a finais do século XIX e primeiros anos do século XX en Ourense (Galicia)
Autoría
A.R.G.
Grao en Medicina
A.R.G.
Grao en Medicina
Data da defensa
20.06.2024 09:00
20.06.2024 09:00
Resumo
Este traballo trata de revisar o proceso de asistencia e tratamento dos enfermos afectados pola rabia/hidrofobia na Galicia do periodo dos últimos anos do século XIX, e primeiros anos do XX, e que é un periodo inmediatamente posterior ao descubrimento da vacuna contra a rabia que levou a cabo o doctor Louis Pasteur en 1885. Antes da vacuna antirrábica tódalas persoas que se infectaban morrían de rabia. Aínda a día de hoxe, a pesar de que a enfermidade xa non é endémica en España, a rabia segue sendo unha ameaza para moitas persoas. A Organización Mundial da Saúde (OMS) afirma que a rabia ocorre en máis de 150 países e territorios a pesar de ser unha enfermidade prevenible mediante vacinación.

Simón Lorda, David (Titoría)
Simón Lorda, David (Titoría)
Tribunal
VARO PEREZ, EVARISTO (Presidente/a)
ARIAS RIVAS, SUSANA (Secretario/a)
DIAZ RUIZ, MARIA DEL CARMEN (Vogal)
VARO PEREZ, EVARISTO (Presidente/a)
ARIAS RIVAS, SUSANA (Secretario/a)
DIAZ RUIZ, MARIA DEL CARMEN (Vogal)
Comparación entre abordaxe endoscópico e aberto no síndrome do túnel carpiano: revisión sistemática.
Autoría
M.M.P.
Grao en Medicina
M.M.P.
Grao en Medicina
Data da defensa
05.09.2024 09:00
05.09.2024 09:00
Resumo
INTRODUCIÓN: A síndrome do túnel carpiano (CTS) é a condición clínica causada pola compresión do nervio mediano durante o seu percorrido pola canle carpiano. É unha patoloxía de alta prevalencia, que afecta a entre o 0,1% e o 10% da poboación. Máis frecuente en mulleres con maior incidencia na cuarta e quinta década de vida. Presenta síntomas sensoriais, motores e tróficos. A súa etioloxía abarca aspectos estruturais, xenéticos, biolóxicos, ambientais e laborais, aínda que é frecuentemente idiopático. OBXECTIVO: Realizar unha revisión bibliográfica sistemática da literatura que achegue datos para comparar a eficacia, rendibilidade, seguridade e posibles beneficios do tratamento endoscópico menos común fronte ao tratamento clásico aberto, e valoralo como opción no tratamento do STC. METODOLOXÍA: Busca na base de datos MEDLINE/Pubmed, seleccionando ensaios clínicos aleatorios, revisións sistemáticas e metaanálises realizados en humanos, publicados entre 2014 e 2024, en inglés e español e con acceso gratuíto á lectura do seu texto completo. RESULTADOS: Obtivéronse 9 artigos comparando ambas estratexias. As principais complicacións do tratamento endoscópico foron unha liberación ineficaz do ligamento transverso do carpo que require reintervención e unha maior frecuencia de lesións nerviosas transitorias do nervio mediano. As principais vantaxes foron unha recuperación máis temperá cun retorno ao traballo máis rápido. A técnica endoscópica resultou máis cara, aínda que rendible polos seus bos resultados no alivio sintomático e aspectos funcionais da man. CONCLUSIÓN: A técnica endoscópica no CTS representa unha evolución no seu tratamento cirúrxico. O seu enfoque mínimamente invasivo parece reducir algunhas complicacións (infeccións, ferida cirúrxica) e permitir unha recuperación precoz. Os seus resultados funcionais parecen equivalentes aos da cirurxía aberta. Non obstante, é máis caro e as súas complicacións poden ser máis graves. É necesario seguir realizando estudos de calidade que permitan avaliar adecuadamente as súas posibles vantaxes.

Quinteiro Antolín, Tomás Luis Cotitoría
Concheiro Guisán, Ana (Titoría)
Quinteiro Antolín, Tomás Luis Cotitoría
Tribunal
Rodriguez Calvo, Maria Sol (Presidente/a)
LAGE FERNANDEZ, RICARDO (Secretario/a)
Ponte Hernando, Fernando Julio (Vogal)
Rodriguez Calvo, Maria Sol (Presidente/a)
LAGE FERNANDEZ, RICARDO (Secretario/a)
Ponte Hernando, Fernando Julio (Vogal)
Deformidades do pé en crecemento de orixe neurolóxico
Autoría
M.P.S.
Grao en Medicina
M.P.S.
Grao en Medicina
Data da defensa
20.06.2024 09:00
20.06.2024 09:00
Resumo
A enfermidade de Charcot-Marie-Tooth é unha neuropatía periférica hereditaria cunha prevalencia moi significativa a nivel mundial. Esta caracterízase por unha debilidade muscular progresiva, atrofia muscular e trastornos sensoriais, como a perda de sensibilidade á dor, á temperatura e á vibración. Unha das manifestacións máis distintivas da CMT é a deformidade do pé cavo, que pode causar dificultades na marcha e limitacións na mobilidade e que describiremos exhaustivamente nesta revisión. Con este traballo buscamos examinar en profundidade as estratexias para un diagnóstico preciso da CMT, incluíndo avaliacións clínicas detalladas, probas de imaxe, probas de conducción nerviosa e análises xenéticas para identificar as mutacións asociadas. Ademais, contrastamos as opcións de tratamento, desde intervencións cirúrxicas para corrixir deformidades graves ata enfoques conservadores, como a terapia física, o uso de orteses e medicamentos para controlar os síntomas. A pesar dos avances que describiremos no manexo da CMT, queda claro que aínda hai un longo camiño por percorrer en termos de comprensión, diagnóstico e tratamento desta enfermidade. Por iso, resaltamos a necesidade de continuar coa investigación neste campo, explorando novas terapias potenciais, como a terapia xenética e as intervencións moleculares, así como profundizando na comprensión dos mecanismos subxacentes da enfermidade. Este enfoque de investigación continua é crucial para mellorar a calidade de vida dos pacientes con CMT e ofrecer esperanza para futuros tratamentos máis efectivos.

Pardo Fernández, Julio Cotitoría
PINO MINGUEZ, JESUS (Titoría)
Pardo Fernández, Julio Cotitoría
Tribunal
Souto Bayarri, José Miguel (Presidente/a)
Martinón Torres, Nazareth (Secretario/a)
GARCIA ACUÑA, JOSE MARIA (Vogal)
Souto Bayarri, José Miguel (Presidente/a)
Martinón Torres, Nazareth (Secretario/a)
GARCIA ACUÑA, JOSE MARIA (Vogal)
revisión da calidade das guías de práctica clínica de cirurxía plástica.
Autoría
M.H.C.
Grao en Medicina
M.H.C.
Grao en Medicina
Data da defensa
09.02.2024 09:00
09.02.2024 09:00
Resumo
Introducción: As guías de práctica clínica (GPC) son recomendacións sistemáticas baseadas na evidencia científica dispoñible que serven para se leve a cabo unha correcta toma de decisións. Adoitan ter especial importancia no ámbito da cirurxía plástica, xa que, coa súa correcta aplicación pódense evitar complicacións derivadas dos procedementos, así como, o malestar dos pacientes xerado por non obter os resultados deseados contribuíndo así a mellorar a calidade de vida. Obxectivo: Avaliar a calidade das guías de práctica clínica en cirurxía plástica. Material e métodos: Realízase unha revisión das GPC dispoñibles dende o año 2017 ao 2023 nas bases de datos PubMed e Web of Science. Posteriormente aplícanse sobre as GPC seleccionadas o programa AGREE II. Resultados: Das 10 GPC analizadas, 5 (50%) foron recomendadas tras a analise e só unha delas obtivo a máxima puntuación na ferramenta. Tres (30%) foron recomendadas con modificacions. Para rematar, dúas (20%) non foron recomendadas para o seu uso na práctica clínica por carecer da calidade suficiente. Conclusións: As guías analizadas presentaron unha calidade mellorable sobre todo no referente a rigor de desenvolvemento e aplicabilidade. O uso de ferramentas de análise de calidade como AGREE II debería xeralizarse para garantir que os documentos publicados teñan a calidade suficiente.
Introducción: As guías de práctica clínica (GPC) son recomendacións sistemáticas baseadas na evidencia científica dispoñible que serven para se leve a cabo unha correcta toma de decisións. Adoitan ter especial importancia no ámbito da cirurxía plástica, xa que, coa súa correcta aplicación pódense evitar complicacións derivadas dos procedementos, así como, o malestar dos pacientes xerado por non obter os resultados deseados contribuíndo así a mellorar a calidade de vida. Obxectivo: Avaliar a calidade das guías de práctica clínica en cirurxía plástica. Material e métodos: Realízase unha revisión das GPC dispoñibles dende o año 2017 ao 2023 nas bases de datos PubMed e Web of Science. Posteriormente aplícanse sobre as GPC seleccionadas o programa AGREE II. Resultados: Das 10 GPC analizadas, 5 (50%) foron recomendadas tras a analise e só unha delas obtivo a máxima puntuación na ferramenta. Tres (30%) foron recomendadas con modificacions. Para rematar, dúas (20%) non foron recomendadas para o seu uso na práctica clínica por carecer da calidade suficiente. Conclusións: As guías analizadas presentaron unha calidade mellorable sobre todo no referente a rigor de desenvolvemento e aplicabilidade. O uso de ferramentas de análise de calidade como AGREE II debería xeralizarse para garantir que os documentos publicados teñan a calidade suficiente.
Dirección
GARCIA GARCIA, MANUEL (Titoría)
Maes Carballo, Marta Cotitoría
GARCIA GARCIA, MANUEL (Titoría)
Maes Carballo, Marta Cotitoría
Tribunal
Rodriguez Calvo, Maria Sol (Presidente/a)
LAGE FERNANDEZ, RICARDO (Secretario/a)
Ponte Hernando, Fernando Julio (Vogal)
Rodriguez Calvo, Maria Sol (Presidente/a)
LAGE FERNANDEZ, RICARDO (Secretario/a)
Ponte Hernando, Fernando Julio (Vogal)
Anafilaxia secundaria a mordedura de víbora, revisión da literatura a propósito dun caso
Autoría
C.M.M.
Grao en Medicina
C.M.M.
Grao en Medicina
Data da defensa
20.06.2024 09:00
20.06.2024 09:00
Resumo
Presentamos o caso dunha muller de 56 anos de idade que foi mordida por unha víbora mentres paseaba pola praia de Doniños (Ferrol, A Coruña), presentando una anafilaxia grave que requeriu ingreso na UCI e intubación orotraqueal. A víbora seoane (Vipera seoanei) é unha especie endémica de España cuxa localización se distribúe ao longo de toda a costa cantábrica, o norte de Portugal, e zonas limítrofes de ambos territorios.Trátase dun reptil de pequeno tamaño co fociño aplanado, cabeza triangular e pupilas ovaladas. O seu veleno está composto por unha serie de enzimas, responsables da clínica resultante tras unha mordedura. A maioría das mordeduras producen unicamente unha reacción local ( dor, edema, máculas e vesículas), de xeito excepcional, o veleno da víbora seoane pode producir anafilaxia e shock.
Presentamos o caso dunha muller de 56 anos de idade que foi mordida por unha víbora mentres paseaba pola praia de Doniños (Ferrol, A Coruña), presentando una anafilaxia grave que requeriu ingreso na UCI e intubación orotraqueal. A víbora seoane (Vipera seoanei) é unha especie endémica de España cuxa localización se distribúe ao longo de toda a costa cantábrica, o norte de Portugal, e zonas limítrofes de ambos territorios.Trátase dun reptil de pequeno tamaño co fociño aplanado, cabeza triangular e pupilas ovaladas. O seu veleno está composto por unha serie de enzimas, responsables da clínica resultante tras unha mordedura. A maioría das mordeduras producen unicamente unha reacción local ( dor, edema, máculas e vesículas), de xeito excepcional, o veleno da víbora seoane pode producir anafilaxia e shock.
Dirección
VIDAL PAN, Mª DEL CARMEN (Titoría)
García Paz, Vanesa Cotitoría
VIDAL PAN, Mª DEL CARMEN (Titoría)
García Paz, Vanesa Cotitoría
Tribunal
CUEVAS ALVAREZ, JUAN BAUTISTA (Presidente/a)
Rodriguez Garcia, Javier (Secretario/a)
SOBRINO NOGUEIRA, ADOLFO (Vogal)
CUEVAS ALVAREZ, JUAN BAUTISTA (Presidente/a)
Rodriguez Garcia, Javier (Secretario/a)
SOBRINO NOGUEIRA, ADOLFO (Vogal)
Revisión sistemática da actitude terapéutica no tumor de Pancoast.
Autoría
S.V.D.
Grao en Medicina
S.V.D.
Grao en Medicina
Data da defensa
20.06.2024 09:00
20.06.2024 09:00
Resumo
Introdución: O cancro de pulmón é un dos tumores con maior mortalidade. Unha forma particular é o tumor de Pancoast, que se localiza no vértice pulmonar superior. A súa localización produce unha sintomatoloxía característica con predominio de alteracións osteomusculares e neurolóxicas previas ás propias respiratorias. Esta forma variable de presentación retrasa o diagnóstico precoz, o cal se realiza mediante biopsia transtorácica percutánea guiada por imaxe. O tratamento con intención curativa baséase nun esquema multimodal: quimiorradioterapia neoadxuvante seguida de resección cirúrxica e quimioterapia postoperatoria. Partir dun principio irresecable ata acadar unha notable supervivencia a 5 anos dá sentido á revisión da súa actitude terapéutica. Obxectivo: Revisar o manexo, diagnóstico e terapéutico, de pacientes con tumor de Pancoast. Estudo con especial énfase na evolución do tratamento dispoñible. Deseño e fonte de datos: Revisión sistemática dos artigos publicados na base científica de datos PubMed. Inclúense aqueles obtidos baixo os termos de busca MeSH: tumor AND Pancoast. Tras a súa revisión, escóllense os artigos máis relevantes para a súa análise. Resultados: A revisión céntrase en 24 artigos seleccionados tras estudo. Estes son clasificados en tres grupos: Diagnóstico e outros aspectos, Tratamento multimodal e Aspectos cirúrxicos. A clasificación facilita a comparación entre eles e unha obtención de conclusións óptima. Conclusión: A supervivencia en pacientes con tumor de Pancoast mellorou substancialmente grazas ao tratamento multimodal. A introdución dunha quimiorradioterapia previa ao proceso cirúrxico seguida dunha quimioterapia adxuvante conforma o esquema trimodal, a conxunción das tres modalidades supón a novidade no manexo terapéutico. En particular, os novos abordaxes cirúrxicos teñen unha maior capacidade curativa cun aumento da taxa de resección completa, ademais de diminuír a comorbilidade postoperatoria. O futuro cirúrxico céntrase nas técnicas minimamente invasivas, aínda por desenvolver nesta patoloxía. O mesmo sucede coas terapias dirixidas e a inmunoterapia, dúas modalidades terapéuticas moi prometedoras, aínda que con limitacións, como a baixa efectividade no tratamento das metástases cerebrais.

Comparación da estabilidade primaria do implante Bone level X e do implante Standard Plus mediante a análise da frecuencia de resonancia. Estudo “in vitro”.
Autoría
A.R.T.
Grao en Odontoloxía
A.R.T.
Grao en Odontoloxía
Data da defensa
05.09.2024 09:30
05.09.2024 09:30
Resumo
A reposición de dentes perdidos foi unha preocupación ao longo da historia da humanidade, polo tanto, a historia da implantoloxía é ampla e difícil de limitar. O descubrimento do titanio e o proceso de osteointegración descrito por Branemark en 1952 marcou un antes e un despois na historia da implantoloxía. A estabilidade do implante despois de ser colocado coñécese como estabilidade primaria e diso depende en gran medida a osteointegración posterior. Múltiples factores afectan á estabilidade primaria, incluíndo o macrodeseño do implante, que pode ser cónico, paralelo ou mixto. Un mecanismo fiable e obxectivo para medir a estabilidade primaria é fundamental para estudar que factores interveñen nela. Este estudo in vitro compara a estabilidade primaria dos implantes Bone Level X (BLX) en relación cos implantes Standard Plus (SP) cando se colocan en óso tipo IV. O implante BLX é un implante cónico e o SP é un implante cilíndrico. Neste estudo, colocáronse 30 implantes BLX e 30 SP no óso da costela da pantorrilla IV. A estabilidade primaria mídese entón co dispositivo Osstell que mide a análise da frecuencia de resonancia. Posteriormente, a comparación realízase mediante o test t de student, que se utiliza para comparar mostras independentes cun nivel de significación do 5%.Os resultados deste estudo non mostran diferenzas significativas entre os implantes BLX e SP Estes resultados non poden extrapolarse a situacións clínicas reais xa que sempre existe unha capa cortical que inflúe en maior ou menor medida na estabilidade do implante.

FERNANDEZ FORMOSO, NOELIA (Titoría)
Lago González, Laura Cotitoría
FERNANDEZ FORMOSO, NOELIA (Titoría)
Lago González, Laura Cotitoría
Tribunal
CASTRO PEREZ, MARIA DE LOS ANGELES (Presidente/a)
Pose Rodríguez, José Manuel (Secretario/a)
OUTUMURO RIAL, MERCEDES (Vogal)
CASTRO PEREZ, MARIA DE LOS ANGELES (Presidente/a)
Pose Rodríguez, José Manuel (Secretario/a)
OUTUMURO RIAL, MERCEDES (Vogal)
Factores epidemiolóxicos e de consumo de benzodiacepinas nunha unidade de saúde mental e de atención primaria.
Autoría
F.S.D.
Grao en Medicina
F.S.D.
Grao en Medicina
Data da defensa
20.06.2024 09:00
20.06.2024 09:00
Resumo
Introdución: as benzodiacepinas son un conxunto de fármacos ampliamente utilizados na medicina actual. Destaca a súa indicación para o tratamento da ansiedade e o insomnio, entre outros trastornos. Son fármacos seguros, mais que habitualmente consómense de forma crónica e non están exentos de riscos, posto que poden xerar dependencia e presentan efectos secundarios como a somnolencia ou a confusión. Obxectivos: perfilar as características do paciente consumidor de benzodiacepinas nunha Unidade de Salud Mental e nunha Unidade de Atención Primaria dun centro de saúde. Métodos: realizouse un estudo de carácter observacional, descriptivo, transversal no Centro de Saúde de Lérez, na área sanitaria de Pontevedra. Dito estudo levouse a cabo mediante un cuestionario online, ao cal os pacientes usuarios do centro podían acceder de forma completamente anónima a través dun código QR. Resultados: o 76,2% dos pacientes que completaron a enquisa da unidade de saúde mental son mulleres e máis do 60% menores de 45 anos (un dato que na unidade de atención primaria redúcese ao 40%, con igual número de mulleres que de homes). Destacan, ademáis, os menores ingresos dos pacientes de saúde mental (un 52,4% presenta menos de 12.000€/año, porcentaxe que se reduce ao 19% entre os pacientes de primaria) e a alta prevalencia de ansiedad e depresión, así como de un consumo perxudicial de alcohol en dito servizo. Conclusións: o consumo de benzodiacepinas na nosa sociedade actual é moi elevado. Este alto consumo refléxase, especialmente, en pacientes que acoden a unidades de saúde mental, onde en torno ao 90% dos pacientes consume estos fármacos. Cabe destacar que estos pacientes son, na súa maioría, mulleres na idade media da vida con outras patoloxías e, en ocasiones, cun consumo de alcol perxudicial.

FACHAL VAZQUEZ, DAVID Cotitoría
VICENTE ALBA, FRANCISCO JAVIER (Titoría)
FACHAL VAZQUEZ, DAVID Cotitoría
Tribunal
LEIRO VIDAL, JOSE MANUEL (Presidente/a)
PEREZ FENTES, DANIEL ADOLFO (Secretario/a)
Hermida Ameijeiras, Álvaro (Vogal)
LEIRO VIDAL, JOSE MANUEL (Presidente/a)
PEREZ FENTES, DANIEL ADOLFO (Secretario/a)
Hermida Ameijeiras, Álvaro (Vogal)
Eficacia do tratamento farmacolóxico na prevención de condutas de risco ao volante en pacientes con Trastorno por Déficit de Atención e Hiperactividade (TDAH): unha revisión sistemática.
Autoría
L.R.M.
Grao en Medicina
L.R.M.
Grao en Medicina
Data da defensa
18.07.2024 09:00
18.07.2024 09:00
Resumo
Introdución: O Trastorno por Déficit de Atención e Hiperactividade (TDAH) é un trastorno do neurodesarrollo de alta prevalencia a nivel mundial, caracterizado por un patrón clínico persistente de inatención, hiperactividade e impulsividade. Os individuos con TDAH, particularmente os adolescentes e adultos novos, presentan dificultades significativas á hora de conducir, o que lles predispón a un maior risco de infraccións e accidentes de tráfico. Mentres que a eficacia das terapias farmacolóxicas para reducir a sintomatoloxía do TDAH foi probada, a evidencia dispoñible sobre os seus efectos no comportamento ao volante é limitada Obxectivos: O obxectivo desta revisión sistemática é analizar a evidencia dispoñible sobre a eficacia das terapias farmacolóxicas do TDAH para reducir as condutas de risco ao volante e os accidentes de tráfico. Materiais e métodos: Realizouse unha revisión sistemática de acorde aos criterios establecidos na declaración PRISMA 2020. Mediante unha procura bibliográfica nas bases de datos de PubMed e Cochrane, identificáronse ensaios clínicos aleatorizados publicados entre 2004 e 2024 sobre o efecto das terapias farmacolóxicas do TDAH na condución. Resultados: Seleccionáronse 14 ensaios clínicos aleatorizados, nos cales se estudaron psicofármacos estimulantes e non estimulantes: atomoxetina (ATX), lisdexamfetamina dimesilato (LDX), derivados anfetamínicos (AMPH-ER), metilfenidato de liberación inmediata (IR-MPH), metilfenidato de liberación prolongada (OROS-MPH, MPH-ER e MPH-MLR) e metilfenidato de liberación transdérmica (MTS). Os métodos utilizados para avaliar o comportamento ao volante variaron amplamente, incluíndo o uso de simuladores de condución, probas de condución por tráfico real e cuestionarios subxectivos autorreferidos. A pesar de que algúns ensaios clínicos obtiveron resultados mixtos, en xeral todos os fármacos tiveron efectos positivos no comportamento ao volante dos individuos con TDAH. Conclusións: Os estudios revisados suxiren que o tratamento farmacolóxico do TDAH é unha opción efectiva e segura para mellorar o comportamento ao volante e reducir o risco de accidentes de tráfico en adolescentes e adultos con este trastorno. Con todo, é preciso realizar ensaios clínicos de maior calidade no futuro para validar esta evidencia.

Papel dos agonistas do receptor GLP-1 no control da Diabetes Mellitus tipo 1
Autoría
J.J.G.G.
Grao en Medicina
J.J.G.G.
Grao en Medicina
Data da defensa
20.06.2024 09:00
20.06.2024 09:00
Resumo
Introdución: A Diabetes Mellitus tipo 1 (DM1) é a enfermidade autoinmune máis frecuente a nivel mundial e provoca de media unha perda da esperanza de vida de 12 anos e reduce enormemente a calidade de vida dos pacientes. Con estes datos, resulta urxente e imprescindible buscar unha mellora nos tratamentos farmacolóxicos dispoñibles fronte á DM1. Nos últimos anos, os agonistas do receptor de Glucagon-like peptide 1 (GLP-1) foron aprobados para a Diabetes Tipo 2 (DM2), aínda que se descoñece se poderían exercer efectos beneficiosos en DM1. Obxectivos e Metodoloxía: Realizouse unha revisión sistemática da literatura científica para analizar a evidencia existente sobre o uso de fármacos agonistas do receptor de GLP-1 como terapias combinadas coa insulina para o mantemento da glucemia en pacientes con DM1. Os criterios de procura incluíron a base de datos PubMed, especificamente usáronse os termos MeSH (Medical Subject Headlines) type 1 diabetes ou T1D e GLP-1 agonist ou GLP-1R e incluíronse exclusivamente os ensaios clínicos en pacientes humanos no período 2017-2024 en humanos. Resultados: Atopáronse un total de quince artigos, que inclúen o uso dos agonistas do receptor de GLP-1 Exenatida (4), Liraglutida (5), Dulaglutida (2), Semaglutida (2), Albiglutida (1) e Lixisenatida (1) en ensaios clínicos para pacientes con DM1. Nos fármacos Liraglutida e Semaglutida apreciouse unha disminucion significativa e consistente no nivel de hemoglobina glucosilada A1 (HbA1) do sangue, diferenzas inconsistentes en Albiglutida, Dulaglutida e Lixisenatida, sen diferenzas para Exenatida. Ademais, os pacientes tratados con Liraglutida, Semaglutida e Exenatida experimentaron unha perda de peso significativa que non se estudou para Albiglutida e Lixisenatida. Para todos os fármacos, atopáronse leves efectos secundarios gastrointestinales, aínda que autolimitados na súa maioría, e algún evento hipoglucémico puntual non superior ao do grupo placebo. Conclusión: Os ensaios clínicos dispoñibles amosan un prometedor efecto beneficioso de Liraglutida e Semaglutida na disminución da HbA1 e do peso corporal en pacientes con DM1

Xestión anestésica da hemorraxia obstétrica: enfoque e uso preventivo do ácido tranexámico.
Autoría
A.G.L.
Grao en Medicina
A.G.L.
Grao en Medicina
Data da defensa
20.06.2024 09:00
20.06.2024 09:00
Resumo
A hemorraxia obstétrica, especialmente a hemorraxia postparto (HPP), representa unha causa significativa de morbilidade e mortalidade materna a nivel global. Aínda que se estableceron recomendacións para a súa prevención e tratamento, a eficacia do ácido tranexámico (ATX) como medida preventiva aínda carece dunha definición clara na literatura médica. Este traballo ten como obxectivo revisar a evidencia científica dispoñible sobre o uso do ATX na prevención da HPP, co fin de entender o seu impacto na cantidade de perda de sangue. Ademais, busca definir o perfil das pacientes que poderían beneficiarse da súa administración, determinar o momento óptimo para o seu uso e avaliar os posibles efectos secundarios e complicacións asociadas. Realizouse unha busca en PubMed utilizando combinacións de termos clave relacionados coa prevención da hemorraxia obstétrica e o ácido tranexámico. Incluíronse sete artigos, todos eles ensaios clínicos aleatorizados, que avaliaron o uso preventivo do ATX. Analizáronse os resultados obtidos nestes estudos para obter conclusións significativas. Concluíuse que seis dos sete estudos mostraron resultados prometedores respecto ao uso preventivo do ATX para reducir a hemorraxia obstétrica e a necesidade de transfusións, especialmente en mulleres sometidas a cesárea. Sen embargo, un estudo mostrou resultados inconsistentes, cuestionando a eficacia do ATX na redución da mortalidade materna e outros resultados importantes. O ATX preséntase como un fármaco con potencial para a profilaxe da HPP debido á súa eficacia demostrada en outras situacións clínicas. Con todo, a súa inclusión nas guías clínicas require de estudos adicionais, especialmente ensaios clínicos controlados aleatorizados multicéntricos cunha mostra máis ampla e un poder estatístico adecuado. Estes pasos son cruciais para determinar con certeza o seu papel na prevención da hemorraxia obstétrica e a súa seguridade no contexto obstétrico.

Varela Durán, Marina (Titoría)
Varela Durán, Marina (Titoría)
Impacto da periodontite na calidade de vida. Estudo nunha poboación de Galicia.
Autoría
G.M.H.D.
Grao en Medicina
G.M.H.D.
Grao en Medicina
Data da defensa
20.06.2024 09:00
20.06.2024 09:00
Resumo
Introdución. A periodontite é unha patoloxía inflamatoria crónica que afecta principalmente á inserción das pezas dentarias. Demostrouse que a enfermidade periodontal inflúe directamente na calidade de vida de pacientes comprometendo o marco físico, social e psicolóxico. Obxectivos. Investigar se existen diferenzas na calidade de vida relacionada coa saúde entre as persoas que teñen ou non periodontite e coñecer a prevalencia da enfermidade periodontal. Material e métodos. Estudo observacional transversal dunha mostra aleatorizada dun municipio rural de Galicia. Estudáronse a 969 individuos maiores de 18 anos clasificados por décadas de vida, que foron citados no Centro de Saúde da Estrada para o enchemento dun cuestionario dirixido no que se recolleron datos sociodemográficos, hábitos tóxicos, actividade física e parámetros clínicos periodontales. Resultados. A prevalencia da periodontite entre os participantes do estudo foi do 52.9%. Analizando as variables sociodemográficas acháronse diferenzas estatisticamente significativas na idade e no índice de masa corporal, sendo maior nos individuos que padecen periodontite. En canto ao sexo, a proporción de homes con periodontite é maior á do grupo sen periodontite (p=0.003). Existe unha asociación entre a periodontite os hábitos tóxicos: tabaquismo (p=0.009) sendo a taxa de exfumadores dun 27,5% e consumo de alcol (p=0.009). Atopouse unha maior proporción de periodontite en casados, viúvos, divorciados, separados e xubilados que carecen de estudos ou que só teñen estudos básicos. Nas escalas resultantes do SF-36 pódese observar unha peor calidade de vida nos individuos que sofren periodontite na función física, o rol físico, e a saúde xeral. Unha vez axustado a análise de regresión por idade e sexo atopamos que os homes teñen unha maior puntuación en todos os roles do SF-36 excepto en saúde xeral, ademais existe unha asociación significativa coa idade e os roles función física, rol físico, vitalidade, dor corporal, e saúde xeral. Conclusións. O perfil do suxeito con enfermidade periodontal é o dun home maior, exfumador, consumidor alcol, con baixo nivel de estudos, xubilados ou que realizan tarefas do fogar. A calidade de vida con respecto á saúde é peor nos individuos con periodontite. Unha vez axustado por idade e por sexo, concluímos que os homes teñen unha maior puntuación en todos os roles excepto saúde xeral, tamén existe unha asociación estatisticamente significativa coa idade e os roles función física, vitalidade, dor corporal, rol físico e saúde xeral.

Castaño Carou, Ana Isabel Cotitoría
GUDE SAMPEDRO, FRANCISCO (Titoría)
Castaño Carou, Ana Isabel Cotitoría
Tribunal
GALLEGO GOMEZ, MARIA ROSALIA (Presidente/a)
MARTINEZ ROLAN, ROSA MARIA (Secretario/a)
TABOADA MUÑIZ, MANUEL (Vogal)
GALLEGO GOMEZ, MARIA ROSALIA (Presidente/a)
MARTINEZ ROLAN, ROSA MARIA (Secretario/a)
TABOADA MUÑIZ, MANUEL (Vogal)
Sedoanalxesia en urxencias pediátricas. A utilidade do óxido nitroso.
Autoría
L.R.C.
Grao en Medicina
L.R.C.
Grao en Medicina
Data da defensa
20.06.2024 09:00
20.06.2024 09:00
Resumo
Tipo de estudo: Revisión sistemática. Xustificación: A dor representa de un 30% a un 78% das visitas a urxencias pediátricas e, nos hospitais españois, ten unha prevalencia en torno ao 53%. Actualmente, considérase que tanto o alivio da dor como a súa prevención durante o proceso diagnóstico-terapéutico é un marcador de calidade dos SUP. Para logalo, disponse de gran cantidade de estratexias farmacolóxicas e non farmacolóxicas, sendo o N2O unha gran alternativa pola súa facilidade de administración, rápido comezo de acción e escasos efectos adversos. Obxectivo: O obxectivo principal foi comprobar a eficacia e seguridade do óxido nitroso nos diferentes procedementos levados a cabo no servicio de urxencias pediátricas basándose na evidencia existente na literatura. Métodos: Levouse a cabo unha revisión sistemática entre os meses de decembro de 2023 e marzo de 2024 sobre a evidencia científica existente en relación coa pregunta de investigación en formato PICO. Mediante descriptores estandarizados elaborouse unha estratexia de búsqueda primaria incluíndo as bases de datos Pubmed, Cochrane e WOS. Seguindo o diagrama de fluxo PRISMA, seleccionáronse finalmente un total de 15 artículos para a revisión. A calidade dos estudos incluidos foi valorada segundo as ferramentas JBI (Joanna Briggs Institute) de valoración crítica. Resultados: Incluíronse un total de 15 artículos que cumpliron os criterios para a revisión: 4 ensaios clínicos aleatorizados, 5 estudos de cohortes prospectivos e 6 estudos de cohortes retrospectivos. Os resultados dos diferentes estudos concordan en que non se recomenda superar a concentración de N2O do 50% nin prolongar a inhalación mais de 15 minutos, preferíndose asociar a súa administración a fentanilo en caso de analxesia insuficiente. Pódese administrar o fármaco a pacientes de todo o rango de idade estudado (0-18 anos), mais prefírese en maiores de 5 anos pola súa mellor colaboración. Demóstrase a eficacia do N2O no control da dor e a ansiedade nunha variedade de procedementos curtos, incluíndo a reducción de fracturas, curas de quemaduras, reparación de feridas e obtención de accesos venosos, entre outros. A frecuencia de efectos adversos varía segundo a literatura (0-78%), pero todos son leves, predominando as náuseas, vómitos e mareos. Conclusións: O óxido nitroso é un fármaco seguro e eficaz para a sedoanalxesia dos procedementos menores de urxencias pediátricas, sobre todo en nenos maiores de 5 anos ou cunha madurez suficiente, a concentracións do 50% e cunha duración curta da inhalación (menor de 15 minutos).

Prada Tellado, Marta Cotitoría
Leis Trabazo, María Rosaura (Titoría)
Prada Tellado, Marta Cotitoría
Tribunal
VARO PEREZ, EVARISTO (Presidente/a)
ARIAS RIVAS, SUSANA (Secretario/a)
DIAZ RUIZ, MARIA DEL CARMEN (Vogal)
VARO PEREZ, EVARISTO (Presidente/a)
ARIAS RIVAS, SUSANA (Secretario/a)
DIAZ RUIZ, MARIA DEL CARMEN (Vogal)
Impacto do desbridamento enzimático con bromelaína no tratamento do paciente queimado
Autoría
A.V.L.
Grao en Medicina
A.V.L.
Grao en Medicina
Data da defensa
20.06.2024 09:00
20.06.2024 09:00
Resumo
Introdución: As queimaduras son lesións que poden resultar devastadoras, a miúdo causando unha morbilidade significativa, afectando negativamente ó benestar emocional e na calidade de vida. A nivel mundial, son a cuarta causa máis común de traumatismos, despois dos accidentes de tráfico, as caídas e a violencia interpersoal. No tratamento das queimaduras, coñécese que a eliminación temperá da escara reduce as complicacións e a estancia hospitalaria. Tradicionalmente, este tipo de queimaduras tratábase con desbridamento tanxencial cirúrxico. Con todo, na actualidade disponse do desbridamento enzimático con bromelaína (NexoBrid, Mediwound), que elimina de forma selectiva o tecido danado por calor, optimizando o desbridamento e preservando o tecido san. Obxectivo: Coñecer o impacto na actividade asistencial e evolución dos pacientes ingresados na Unidade de Queimados CHUAC tras o desbridamento encimático con bromelaína no ano 2022. Metodoloxía: Realizouse un estudo retrospectivo observacional analítico, onde foron analizados un total de 111 pacientes que foron ingresados por queimaduras térmicas na Unidade de Queimados do CHUAC entre o 1 de xaneiro do 2022 e o 31 de decembro do 2022, que cumprían os criterios de inclusión e exclusión do estudo. Resultados: A maioría das queimaduras foron de segundo grao (75,7%) e afectaron unha superficie corporal total media (SCQ) do 9,5%. O principal axente causal foi a chama (51,4%). 35 pacientes foron sometidos a desbridamento encimático. A aplicación de NexoBrid relacionouse de forma estatísticamente significativa con: o grao máximo da queimadura, MMSS queimado, necesidade de cirurxía urxente, % SCQ, días de estancia hospitalaria, número de intervencións cirúrxicas e días ata a cirurxía. Tras realizar regresión loxística múltiple, relacionouse de forma estatísticamente significativa con: %SCQ e días ata a cirurxía. Conclusións: No noso estudo relacionouse o uso de Nexobrid con queimaduras dunha maior extensión e cunha espera maior á cirurxía, así como unha localización destas no membro superior e a presenza de queimaduras profundas.

Inhibidores da bomba de protóns en pacientes pediátricos con enfermidade por refluxo gastroesofágico: revisión sistemática de ensaios controlados aleatorizados
Autoría
R.M.V.
Grao en Medicina
R.M.V.
Grao en Medicina
Data da defensa
20.06.2024 09:00
20.06.2024 09:00
Resumo
O refluxo gastroesofágico (RGE) é fisiolóxico e frecuente, pero ocasionalmente complícase causando a enfermidade por refluxo gastroesofágico (ERGE). A súa prevalencia é difícil de determinar debido á clínica heteroxénea e á falta de criterios diagnósticos específicos. Na pediatría, empréganse cada vez máis inhibidores da bomba de protóns (IBPs) como tratamento, parecen eficaces e ben tolerados, pero o seu uso é controvertido. O obxectivo do estudo é coñecer a eficacia e seguridade dos IBPs en nenos. Secundariamente, identificar as principais ferramentas diagnósticas e mellorar o coñecemento dos IBPs máis empregados e doutros tratamentos. Realizamos unha procura de ensaios controlados aleatorizados (ECAs) en MEDLINE (PubMed) publicados entre o 1 de xuño de 2010 e o 30 de xuño do 2023. A poboación de estudo incluíu pacientes dende o nacemento ata os 18 anos con ERGE en tratamento con IBPs. Atopáronse 76 estudos e 13 foron incluídos. En lactantes menores de 1 ano, non houbo diferenzas entre os IBPs e o placebo na mellora dos síntomas de ERGE en catro artigos. Noutro, foi menor o número de episodios de RGE e a exposición esofáxica ácida nos que recibiron IBPs e posición lateral esquerda. Noutro máis, a combinación de IBPs e modificacións da alimentación non foi máis efectiva que os IBPs. En nenos e adolescentes, os IBPs foron eficaces para mellorar os síntomas e acadar a curación endoscópica. En canto á seguridade, todos eles determinaron que os IBPs eran seguros e ben tolerados a curto prazo. En conclusión, os IBPs non son eficaces para mellorar os síntomas de ERGE en lactantes, pero si en nenos e adolescentes, onde se alcanzou a curación histolóxica. Xeralmente, os IBPs son seguros a curto prazo, aínda que deben recordarse os seus posibles efectos adversos (EAs), especialmente se se usan a longo prazo.

Fernández González, Sara María Cotitoría
Moreno Álvarez, Ana (Titoría)
Fernández González, Sara María Cotitoría
Tribunal
LAREU HUIDOBRO, MARIA VICTORIA (Presidente/a)
López González, Francisco Javier (Secretario/a)
RODRIGUEZ COBOS, MARIA ANGELES (Vogal)
LAREU HUIDOBRO, MARIA VICTORIA (Presidente/a)
López González, Francisco Javier (Secretario/a)
RODRIGUEZ COBOS, MARIA ANGELES (Vogal)
Eficacia dos exercicios de Brandt-Daroff no tratamento da vertixe posicional paroxística benigna: Unha revisión sistemática.
Autoría
S.S.C.
Grao en Medicina
S.S.C.
Grao en Medicina
Data da defensa
20.06.2024 09:00
20.06.2024 09:00
Resumo
Introdución: A vertixe posicional paroxística benigna (VPPB) é un trastorno común do sistema vestibular que se caracteriza por episodios breves de vertixe intensa desencadeados por cambios de posición da cabeza, como acostarse ou levantarse. Os exercicios de Brandt-Daroff son unha terapia de rehabilitación amplamente utilizada para a VPPB. Estos exercicios implican unha secuencia específica de movementos da cabeza e do corpo destinados a desaloxar os cristais de carbonato de calcio acumulados no oído interno, o que se cre que é a causa da VPPB. Aínda que esta terapia demostrou ser efectiva en moitos casos, existe unha variabiliade na literatura en canto á súa eficacia, e a súa utilidade clínica non está de todo esclarecida. Obxectivos: O obxectivo desta revisión sistemática basarase na recompilación de ensaios clínicos controlados aleatorios que investigan a efectividade dos exercicios Brandt-Daroff en pacientes con VPPB. Metodoloxía: A busca bibliográfica realizouse en diferentes bases de datos indexadas (PubMed/MEDLINE, Cochrane Library, ClinicalTrials e ScienceDirect). Incluíronse todos os traballos nos que os investigadores avaliaron a eficacia, a seguridade e/ou os resultados do tratamento con exercicios de Brand-Daroff en pacientes con VPPB. Este tipo de tratamento tiña que ser monoterapia, sen combinación con manobras de reposición e/ou medicamentos. Resultados: Obtivéronse un total de 12 artigos para realizar a revisión sistemática. Neles, os exercicios de Brandt-Daroff comparáronse con outros tratamentos dispoñibles para a VPPB, como a manobra de Epley ou Semont, ou mesmo con placebo. Os tempos de seguimento dos participantes, a xeografía ou os anos de realización foron bastante variables entre os estudos. A gran maioría dos ensaios mostraron unha maior efectividade das manobras de reposición de partículas. Conclusións: Os exercicios B-D non son máis efectivos que as manobras de reposición de partículas. A evidencia atopada da súa eficacia é limitada. Polo tanto, recoméndase a preferencia de manobras ao elixir o tratamento para a VPPB. Requírese máis investigación no futuro con énfase nos factores influentes no tratamento, un maior tempo de seguimento e a avaliación das recorrencias.

Uso da cirurxía navegada no contexto do ligamento cruzado anterior
Autoría
M.B.V.
Grao en Medicina
M.B.V.
Grao en Medicina
Data da defensa
20.06.2024 09:00
20.06.2024 09:00
Resumo
A lesión do ligamento cruzado anterior (LCA) é unha das lesións máis comúns na articulación do xeonllo, que afecta tanto a deportistas como á poboación en xeral. A reconstrución artroscópica de LCA con enxertos de tendón é o método de elección para o tratamento da inestabilidade anterior do xeonllo. Estudos biomecánicos e clínicos demostraron que a función do LCA só é recuperable se os túneles óseos están correctamente colocados na inserción femoral e tibial do LCA (reconstrución anatómica do LCA). Dispositivos de guiado especiais (guías de portais) permiten a correcta creación destes túneles na cirurxía artroscópica clásica. A cirurxía de reconstrución do LCA con navegación amosou unha mellora na precisión e posicionamento correcto do enxerto. Analizarase, mediante unha revisión sistemática da literatura científica, os resultados biomecánicos, clínico-funcionais e radiolóxicos da reconstrución do LCA a través da cirurxía navegada, avaliando coidadosamente os posibles beneficios desta técnica fronte ás convencionais, especialmente no que se refire á mellora da precisión anatómica e optimización dos resultados postoperatorios. Sumado a isto, abórdanse os retos técnicos e as limitacións asociadas a esta técnica de reconstrución emerxente.

Evaluación da eficacia e seguridade do tratamento con anticorpos monoclonais anti-beta-amiloide na enfermidade de Alzheimer. Revisión sistemática.
Autoría
G.A.L.
Grao en Medicina
G.A.L.
Grao en Medicina
Data da defensa
20.06.2024 09:00
20.06.2024 09:00
Resumo
Introdución: A enfermidade de Alzheimer (EA) é a enfermidade neurodexenerativa primaria máis frecuente e a primeira causa de demencia. Caracterízase por unha dexeneración progresiva e selectiva de poboacións neuronais e histolóxicamente atópanse placas de amiloide e dexeneración neurofibrilar, que constitúen a marca da enfermidade. Os principais fármacos actualmente dispoñibles son os inhibidores da acetilcolinesterasa, como donepezilo, galantamina e rivastigmina, e memantina, un antagonista non competitivo dos receptores NMDA. Trátase dun tratamento sintomático que ten mostrado escasa eficacia. Hipótese e obxectivos: Nos últimos anos, a investigación centrouse no desenvolvemento de anticorpos monoclonais anti-beta-amiloide, proteína implicada na fisiopatoloxía da enfermidade e principal compoñente das placas de amiloide. A revisión efectuada pretende dar resposta á pregunta: Son seguros e eficaces os anticorpos monoclonais anti-beta-amiloide no tratamento da enfermidade de Alzheimer? O obxectivo é sintetizar a evidencia dispoñible para determinar se estes novos fármacos constitúen unha alternativa efectiva e segura para modificar o curso da EA. Material e métodos: Lévase a cabo unha revisión dos artigos obtidos tras unha procura sistemática en PubMed. A procura acótase ás publicacións dos últimos 5 anos (2019 a 2024). Tamén se limita por tipo de artigo (ensaio clínico controlado aleatorizado (ECA)) e por lingua (inglés e español). O procedemento de revisión consiste na análise das variables de eficacia e seguridade, centrándose nas modificacións dos test neuropsicolóxicos básicos (CDR-SB, MMSE e ADAS-Cog) e os biomarcadores (beta-amiloide en LCR, PET de amiloide e RM). Resultados e discusión: Inclúese un total de 8 artigos, publicados entre os anos 2022 e 2023, todos en inglés e de libre acceso. Presentan 10 ECA de fase III que inclúen un total de 11.426 doentes e proban cinco anticorpos monoclonais anti-beta-amiloide. A maioría dos estudos analizados non alcanzan a significación estatística, exceptuando Lecanemab e Donanemab, que mostran resultados prometedores, pero sen clara relevancia clínica e a expensas dunha importante asociación a eventos ARIA e a unha incidencia lixeiramente superior de calquera tipo de efecto adverso. Respecto aos biomarcadores, os achados dispoñibles non son significativos, pero apuntan a unha importante diminución da carga de amiloide en PET e a un aumento xeneralizado dos niveis de Abeta1-42. Conclusión: A relación risco/beneficio destes fármacos é desfavorable. Aínda que Lecanemab e Donanemab presentan os resultados máis positivos, con franca significación estatística e, polo menos, unha lixeira modificación do curso da enfermidade respecto á redución da carga de Abeta, non demostran un impacto relevante a nivel clínico que supere os riscos dos efectos secundarios, que si resultan estar claramente asociados a estes fármacos.

LEIRA MUIÑO, ROGELIO MANUEL (Titoría)
Aldrey Vázquez, José Manuel Cotitoría
LEIRA MUIÑO, ROGELIO MANUEL (Titoría)
Aldrey Vázquez, José Manuel Cotitoría
Tribunal
PEREZ FERNANDEZ, ROMAN (Presidente/a)
LIROLA DELGADO, ANTONIO GUSTAVO (Secretario/a)
Antela López, Antonio Rafael (Vogal)
PEREZ FERNANDEZ, ROMAN (Presidente/a)
LIROLA DELGADO, ANTONIO GUSTAVO (Secretario/a)
Antela López, Antonio Rafael (Vogal)
Tromboangeítis Obliterante. Revisión sistemática a propósito dun caso.
Autoría
C.G.C.
Grao en Medicina
C.G.C.
Grao en Medicina
Data da defensa
18.07.2024 09:00
18.07.2024 09:00
Resumo
A Tromboangeítis Obliterante é una vasculopatía crónica que afecta principalmente a pacientes novos fumadores, causando unha gran comorbilidade que limita en gran medida a súa calidade de vida. Por iso, tras unha introducción teórica acerca da patoloxía, procédese a realizar unha revisión sistemárica pormenorizada utilizando o diagrama de fluxo PRISMA, para chegar a unha conclusión sobre o algoritmo terapéutico que podería ser de utilidade para proporcionar unha mellora pronóstica. Preséntase o caso dun varón de 25 anos que acode por primeira vez en xaneiro do 2014 ao Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo por dor e cianose do pé esquerdo de dúas semanas de evolución. A exploración do MII mostra a ausencia de pulso pedio, cianose reversible e unha lesión non sobreinfectada no terceiro dedo e solicítase unha angio-RM que mostra a presenza de oclusións en ámbolos membros inferiores. Ante os datos anteriores e coa sospeita diagnóstica de Enfermidade de Buerger, procédese a iniciar tratamento con Alprostadil, HBPM e analxesia. A evolución desfavorable deste paciente ao longo de 7 anos, pola persistencia do hábito tabáquico, causará a necesidade de tres amputacións, ata finalmente a perda do seu seguimiento en 2021. Os autores chegan a conclusión de que a abstinencia tabáquica absoluta, mantida no tempo, é o único tratamento válido e efectivo para os pacientes afectos, xa que por si soas o resto das terapias terminarán por fracasar a longo prazo. Ademais, inciden na importancia de comprender a etioloxía da enfermidade para así buscar estratexias terapéuticas que permitan a mellora pronóstica destes pacientes, a pesar de que non ceda o hábito tabáquico.

ENCISA DE SA, JOSE MANUEL Cotitoría
VARELA PONTE, RAFAEL (Titoría)
ENCISA DE SA, JOSE MANUEL Cotitoría
Tribunal
GALLEGO GOMEZ, MARIA ROSALIA (Presidente/a)
SOTO VARELA, ANDRES (Secretario/a)
RODRIGUEZ REQUENA, JESUS (Vogal)
GALLEGO GOMEZ, MARIA ROSALIA (Presidente/a)
SOTO VARELA, ANDRES (Secretario/a)
RODRIGUEZ REQUENA, JESUS (Vogal)
Avaliación dos 10 anos de funcionamento do programa “APLD” para trastorno mental severo na Unidade Asistencial de Drogodependencias de Coruña.
Autoría
M.P.L.
Grao en Medicina
M.P.L.
Grao en Medicina
Data da defensa
20.06.2024 09:00
20.06.2024 09:00
Resumo
A patoloxía dual pódese definir como a asociación entre trastornos por abuso de substancias e otros trastornos mentais de forma paralela, secuencial ou ao longo da vida. Este estudo englóbase dentro do proxecto denominado: Avaliación dos pacientes a tratamento nas redes asistenciais de adiccións de Galicia e norte de Portugal con antipsicóticos inxectables de longa duración (APS-ILD), cuxo obxectivo principal é investigar a calidade asistencial prestada aos pacientes pertencentes a estas redes asistenciais. Neste TFG centrareime na avaliación durante un periodo de dez anos das características clínicas, eficacia, eficiencia, seguridade e custos do tratamento con antipsicóticos inxectables de longa duración (APS-ILD) a través do análise do programa para pacientes con trastorno mental severo no área sanitaria de Coruña (APLD) desenvolvido en ACLAD (Asociación Ciudadana de Lucha Contra la Droga).

GAGO AGEITOS, ANA MARIA Cotitoría
VIDAL MILLARES, MARIA (Titoría)
GAGO AGEITOS, ANA MARIA Cotitoría
Tribunal
PEREZ RIOS, MONICA (Presidente/a)
POSE REINO, ANTONIO DOMINGO (Secretario/a)
Gómez-Reino Rodríguez, Ignacio (Vogal)
PEREZ RIOS, MONICA (Presidente/a)
POSE REINO, ANTONIO DOMINGO (Secretario/a)
Gómez-Reino Rodríguez, Ignacio (Vogal)
Satisfación parental en consulta preanestésica pediátrica de Cirurxía Maior Ambulatoria do Hospital Universitario Álvaro Cunqueiro de Vigo. Un estudo observacional.
Autoría
L.S.A.
Grao en Medicina
L.S.A.
Grao en Medicina
Data da defensa
20.06.2024 09:00
20.06.2024 09:00
Resumo
Introdución: A valoración preanestésica é o primeiro contacto do anestesiólogo co neno e os seus pais antes da intervención. Baséase nunha anamnesis e exploración física detalladas, co obxectivo de detectar calquera problema que poida supoñer un risco anestésico-cirúrxico. Dentro do modelo de Cirurxía Maior Ambulatoria (CMA), todos os procesos levados a cabo, teñen como obxectivo fundamental a mellora da calidade asistencial, influíndo favorablemente no grao de satisfacción parental. Obxectivos: Este estudo analiza a satisfacción parental en consulta preanestésica pediátrica no Hospital Universitario Álvaro Cunqueiro de Vigo mediante distintos indicadores de calidade. Material e métodos: Estudo transversal observacional segundo a declaración STROBE entre os pacientes de CMA pediátrica do Hospital Clínico Universitario Álvaro Cunqueiro de Vigo (Pontevedra, Galicia, España). Os cuestionarios foron realizados ás familias por vía telefónica, participaron no estudo 200 pais de nenos de entre 0 a 14 anos que foron intervidos en réxime ambulatorio desde novembro do 2023 ata febreiro de 2024 no noso hospital. Resultados: recolléronse 184 enquisas, obténdose unha nota media de satisfacción global de 9. Entre os pacientes intervidos a idade media é de 7,46 anos e predominan os homes nun 63%. Con respecto ao grao de satisfacción en canto ao trato ou a información recibida, tanto verbal como escrita, o 98,9% dos enquisados quedaron satisfeitos ou moi satisfeitos. O tempo investido en acudir a consulta é dunhas 1,48 horas de media; e o gasto económico medio por acudir a consulta é de 11,68 euros. Existe relación entre o tempo investido en acudir a consulta e a nota global de satisfacción, de forma que as familias que necesitan máis tempo para acudir a consulta tenden a valorar o servizo con menor puntuación. Así mesmo, tamén existe relación significativa entre o tempo investido en acudir a consulta e o gasto que conleva. Non inflúen sobre a nota final nin a distancia nin o gasto económico. Conclusións: o grao de satisfacción xeral da consulta preanestésica é elevado, tras a avaliación dos factores que inflúen na mesma.

BLANCO BARCA, MANUEL OSCAR (Titoría)
Doniz Campos, María Constantina Cotitoría
BLANCO BARCA, MANUEL OSCAR (Titoría)
Doniz Campos, María Constantina Cotitoría
Tribunal
PAREDES COTORE, JESUS PEDRO (Presidente/a)
URISARRI RUIZ DE CORTAZAR, ADELA (Secretario/a)
PARGA MARTIN, JUAN ANDRES (Vogal)
PAREDES COTORE, JESUS PEDRO (Presidente/a)
URISARRI RUIZ DE CORTAZAR, ADELA (Secretario/a)
PARGA MARTIN, JUAN ANDRES (Vogal)
Diagnóstico genético do Trastorno do Espectro Autista (TEA): Análise mediante secuenciación do xenoma completo
Autoría
L.E.D.R.
Grao en Medicina
L.E.D.R.
Grao en Medicina
Data da defensa
20.06.2024 09:00
20.06.2024 09:00
Resumo
ANTECEDENTES: Os trastornos do espectro autista (TEA) son un grupo de afeccións diversas, relacionadas co neurodesarrollo e cuxo diagnóstico se establece en base a uns criterios clínicos. Constitúen, actualmente, unha das enfermidades con maior importancia na investigación debido ao notable aumento na súa incidencia nos últimos anos e ao impacto que supoñen non só na vida dos pacientes senón tamén nas súas familias e contorna. Aínda que se trata dunha enfermidade de etioloxía complexa e múltiple, sabemos que a xenética xoga un papel crucial nestes trastornos, de feito, considérase que é o trastorno do neurodesarrollo con maior heredabilidade (83%). OBXECTIVO: O principal obxectivo deste traballo é realizar unha análise de xenoma completo de cinco tríos de TEA (probando afectado e proxenitores sans) co obxectivo atopar unha variante causal que nos proporcione o diagnóstico xenético. Xunto a iso, quérese comprobar se a análise do xenoma completo en tríos poderíanos ofrecer unha maior eficacia, fiabilidade e rapidez diagnóstica como proba de primeiro nivel no diagnóstico de TEA, analizando, para iso, o caso dun paciente que foi estudado mediante WES (whole exome secuencing) previamente con resultado negativo. MÉTODOS: Neste traballo, partimos de cinco tríos xenéticos, é dicir, cinco pacientes cun diagnóstico clínico de TEA (probandos afectos) e o seu respectivos pai e nai (proxenitores sans ou afectos). De cada probando afecto, temos o conxunto das variantes do seu xenoma, as cales priorizaremos, filtraremos e anotaremos funcionalmente grazas á ferramenta software Emedgene Analyze (Illumina, inc.), co obxectivo de reducir o número e quedarnos con variantes candidatas para analizalas en detalle e atopar a variante ou variantes causais se é que existen. Unha vez obtido un número manexable de variantes candidatas, levaremos a cabo o proceso de estudo e selección destas baseándonos en criterios como a clasificación de patoxenicidade, herdanza, compatibilidade do fenotipo co descrito na literatura e bases de datos etc., co obxectivo de chegar ao diagnóstico xenético final. RESULTADOS: Conseguiuse chegar ao diagnóstico xenético en catro dos cinco probandos afectos, incluíndo aquel con un resultado negativo nun estudo previo de WES (whole exome sequencing); atopado e caracterizando a variante causal do fenotipo clínico en cada un destes casos. No outro probando, non se conseguiu atopar a variante causal, sen que iso implique que non exista. A aparición, no futuro, tanto de novos datos do paciente, como de avances tecnolóxicos e de investigación poderían achegar máis datos ao estudo deste caso.

RODRIGUEZ LOPEZ, JULIO Cotitoría
CARRACEDO ALVAREZ, ANGEL MARIA (Titoría)
RODRIGUEZ LOPEZ, JULIO Cotitoría
Tribunal
Dieguez Gonzalez, Carlos (Presidente/a)
VALDES CUADRADO, LUIS GUILLERMO (Secretario/a)
LOPEZ LOPEZ, RAFAEL (Vogal)
Dieguez Gonzalez, Carlos (Presidente/a)
VALDES CUADRADO, LUIS GUILLERMO (Secretario/a)
LOPEZ LOPEZ, RAFAEL (Vogal)
Avaliación da utilidade da OCTA na detección temperá de neovascularización macular tipo 3 en pacientes con DMAI: un estudio de casos no área de Santiago
Autoría
S.S.V.
Grao en Medicina
S.S.V.
Grao en Medicina
Data da defensa
20.06.2024 09:00
20.06.2024 09:00
Resumo
A Dexeneración Macular Asociada á Idade (DMAI) é unha patoloxía ocular crónica que afecta a persoas maiores de 50 anos, sendo causa dunha perda progresiva de agudeza visual. Clásicamente, divídese en formas neovasculares (exudativas) e secas (atróficas). Dentro da DMAI neovascular (DMAEn), a neovascularización macular tipo 3 (NVM tipo 3), constitúe un dos subtipos de maior gravidade pola alta incidencia de bilateralidade e evolución a formas atróficas. Obxectivo Avaliar a utilidade da anxiografía por tomografía de coherencia óptica (OCT-A) na detección temperá da NVM tipo 3 mediante un análise multimodal que inclúa OCT, anxiografía fluoresceínica (AGF) e anxiografía con verde de indocianina (AVI); e analizar a concordancia entre os achados das técnicas de imaxe. Material e métodos Realizouse un estudo observacional retrospectivo nunha serie de pacientes (n = 36) diagnosticados polo Servicio de Oftalmología do CHUS de NVM tipo 3 entre 2017 y 2024, non tratados previamente, que tiveran realizado AGF/AVI, OCT e OCTA. Empregáronse táboas de continxencia e análise de correlación para examinar a concordancia entre técnicas. Resultados e discusión O perfil dos nosos pacientes foi: muller, idade 78 anos, raza caucásica, agudeza visual de 67,14 letras ETDRS. Observouse unha asociación significativa entre a presenza de DEP e a clasificación por estadios da NVM tipo 3. A OCTA mostrou unha alta sensibilidade (85.7%) na detección de NVM tipo 3 en estadios iniciais, pero unha menor especificidade. A AVI foi superior en estadios avanzados. Conclusións A OCTA é unha ferramenta prometedora para a detección de NVM tipo 3 en estadios temperáns, aínda que require alcanzar unha maior especificidade. A combinación de técnicas de imaxe multimodal mellora o diagnóstico temprano da enfermidade.

FERNANDEZ RODRIGUEZ, MARIA ISABEL (Titoría)
Almuiña Varela, Pablo Cotitoría
FERNANDEZ RODRIGUEZ, MARIA ISABEL (Titoría)
Almuiña Varela, Pablo Cotitoría
Tribunal
PAREDES COTORE, JESUS PEDRO (Presidente/a)
URISARRI RUIZ DE CORTAZAR, ADELA (Secretario/a)
PARGA MARTIN, JUAN ANDRES (Vogal)
PAREDES COTORE, JESUS PEDRO (Presidente/a)
URISARRI RUIZ DE CORTAZAR, ADELA (Secretario/a)
PARGA MARTIN, JUAN ANDRES (Vogal)
Efectividade da radioterapia no cancro oral: tasas de supervivencia e control.
Autoría
M.N.G.R.
Grao en Odontoloxía
M.N.G.R.
Grao en Odontoloxía
Data da defensa
19.07.2024 09:30
19.07.2024 09:30
Resumo
O cancro oral é unha patoloxía que afecta a miles de persoas cada ano, alterando as súas vidas a tódo-los niveis. Como cada paciente é diferente, o seu tratamento debe ser individualizado, e entre as modalidades terapéuticas principais, atopamos a radioterapia, tanto de forma unitaria como adxuvante. Obxectivos: determinar se a radioterapia mellora a supervivencia e o control locorrexional e a distancia en pacientes de cancro oral; ver qué factores afectan ao pronóstico dos pacientes tratados mediante radioterapia e qué técnicas presentan mellores datos de supervivencia e control. Material e métodos: realízase unha revisión bibliográfica mediante unha busca na base de datos Pubmed cos termos (radiotherapy) AND (oral cancer) AND (survival). Resultados: obtense 532 artigos, dos que se seleccionan 24. Conclusións: a radioterapia adxuvante podería mellorar a supervivencia e o control da enfermidade con respecto á cirurxía unitaria; a radioterapia primaria e a quimiorradioterapia mostrarían peores resultados ca a cirurxía, pero mellores que á inmunoterapia; con todo, podería utilizarse o tratamento non cirúrxico en casos nos que a resección non é posíbel. A idade do paciente, o estadio do tumor, a malnutrición, a presenza de VPH-16, o tempo transcorrido e o ratio de células inflamatorias poden afectar á supervivencia. O control da enfermidade e a supervivencia melloran ao irradiar todo o pescozo e usar dosis maiores a 60Gy. Pódese usar radioterapia desescalada en CCE en estadios iniciais sen que afecte gravemente á supervivencia, así coma radioterapia de protóns para reducir as doses en órganos de risco en tumores orais, sen reducir a dose que recibe o tumor.

GARCIA GARCIA, ABEL (Titoría)
GARCIA GARCIA, ABEL (Titoría)
Tribunal
RODRÍGUEZ FERNÁNDEZ, Mª DE LA ALMUDENA (Presidente/a)
GARCIA VARELA, SANDRA (Secretario/a)
Batalla Vázquez, María Pilar (Vogal)
RODRÍGUEZ FERNÁNDEZ, Mª DE LA ALMUDENA (Presidente/a)
GARCIA VARELA, SANDRA (Secretario/a)
Batalla Vázquez, María Pilar (Vogal)
Actualidade do vértigo paroxístico posicional benigno: Patoxénese e xenética. Revisión sistemática.
Autoría
F.C.G.
Grao en Medicina
F.C.G.
Grao en Medicina
Data da defensa
20.06.2024 09:00
20.06.2024 09:00
Resumo
O vértigo paroxístico posicional benigno (VPPB) é a causa de vértigo de orixe vestibular máis común. Caracterízase por episodios breves de vértigo desencadenados por cambios na posición da cabeza. Esta revisión sistemática ten como obxectivo proporcionar unha visión integral da comprensión actual do VPPB, centrándose na súa patoxénese, componentes xenéticos e as súas consecuentes implicacións clínicas. A nosa revisión revela que existe un compoñente de herdanza familiar na enfermidade. Grazas aos estudos revisados sabemos que este patrón familiar ten unha causa xenética e identificamos os xens SLC26a4, PCDHGA10, LOXL1, CACNA1A, ZNF91, TECTA, OTOG, OTOGL, ARMC9, e OTOP1 como posibles causantes de VPPB. Ademais, o feito de que esta patoloxía se relacione fortemente con outras como a enfermidade de Ménière que tamén ten un componente xenético apoia a nosa hipótese de estudo. Os nosos achados suxiren que este componente xenético non é suficiente para o desenvolvemento da enfermidade, pero si un gran predisponente a padecela, puidendo ocurrir a idades máis temperás e con cadros máis complexos. Esta investigación ten unhas implicacións clínicas significativas xa que a identificación de xens asociados ao VPPB pode contribuir á comprensión da enfermidade, mellorando así o diagnóstico, o tratamento e, en consecuencia, o prognóstico destes pacientes. Cremos que este traballo é un bo punto de partida para levar a cabo novos estudios enfocados a encontrar asociacións xenéticas, explicar mellor a patoxénese e atopar biomarcadores que permitan levar a cabo o explicado no parágrafo anterior.

Arán González, Ismael Cotitoría
Anibarro García, Luís (Titoría)
Arán González, Ismael Cotitoría
Tribunal
GONZALEZ GARCIA, FRANCISCO (Presidente/a)
DIAZ PEROMINGO, JOSE ANTONIO (Secretario/a)
GINARTE VAL, MANUEL JAVIER (Vogal)
GONZALEZ GARCIA, FRANCISCO (Presidente/a)
DIAZ PEROMINGO, JOSE ANTONIO (Secretario/a)
GINARTE VAL, MANUEL JAVIER (Vogal)
Factores asociados á presenza de neoplasia oculta no ictus isquémico criptoxénico
Autoría
G.S.R.
Grao en Medicina
G.S.R.
Grao en Medicina
Data da defensa
20.06.2024 09:00
20.06.2024 09:00
Resumo
Introdución: nalgúns casos, o ictus criptoxénico é a primeira manifestación dunha neoplasia maligna que estivera oculta ata ese momento. A identificación de marcadores de ictus asociados ao cancro permitiría mellorar a súa detección precoz e, potencialmente, mellorar o seu prognóstico. Obxectivo: identificar os factores clínicos e paraclínicos asociados á presenza dunha neoplasia maligna oculta nos pacientes con ictus isquémico criptoxénico. Material e métodos: realizouse a procura nas bases de datos Scopus, Web of Science e PubMed. Incluíronse pacientes con ictus isquémico criptoxénico e cancro coñecido ou de novo diagnóstico. Excluíronse a aqueles con ictus hemorráxico ou con ictus debidos a outras causas coñecidas. A calidade dos estudos avaliouse mediante a escala de Newcastle-Ottawa. Resultados: identificáronse 6374 estudos, dos cales 15 incluíronse na análise. Todos eles foron estudos de casos e controis. A presenza de neoplasia oculta asociouse a valores elevados de dímero D, vesículas extracelulares derivadas do cancro (VEC) e fosfatasa alcalina en sangue, así como á existencia de infartos en múltiples territorios cerebrais. Con menos frecuencia, algúns destes estudos atoparon asociación co sexo feminino, a maior idade e a ausencia de hipertensión arterial. Os resultados foron contraditorios para os valores de plaquetas. Conclusións: ante un paciente con ictus isquémico criptogénico con elevación do dímero D ou infartos en múltiples territorios vasculares, débese considerar a posibilidade de que estea causado por unha neoplasia oculta ata o momento. Necesítanse máis estudos para avaliar outros marcadores analíticos como as VEC, a fosfatasa alcalina, a proteína C reactiva (PCR) e a hipoalbuminemia. A calidade dos estudos podería mellorarse incluíndo controis de ámbito comunitario.

VARELA LEMA, MARIA LEONOR (Titoría)
Rivero de Aguilar Pensado, Alejandro Cotitoría
VARELA LEMA, MARIA LEONOR (Titoría)
Rivero de Aguilar Pensado, Alejandro Cotitoría
Tribunal
PAREDES COTORE, JESUS PEDRO (Presidente/a)
URISARRI RUIZ DE CORTAZAR, ADELA (Secretario/a)
PARGA MARTIN, JUAN ANDRES (Vogal)
PAREDES COTORE, JESUS PEDRO (Presidente/a)
URISARRI RUIZ DE CORTAZAR, ADELA (Secretario/a)
PARGA MARTIN, JUAN ANDRES (Vogal)
Uso de EEG de urxencia no Hospital Clínico Universitario de Santiago.
Autoría
D.P.O.
Grao en Medicina
D.P.O.
Grao en Medicina
Data da defensa
20.06.2024 09:00
20.06.2024 09:00
Resumo
O vídeo-electroencefalograma (v-EEG) de urxencia desempeña un papel fundamental no diagnóstico e manexo de diversas patoloxías neurolóxicas agudas. Neste estudo prospectivo, analizouse o uso do v-EEG de urxencia no Hospital Clínico Universitario de Santiago, un hospital de tercer nivel. Diseñouse un cuestionario para recopilar información sobre características básicas dos pacientes, servicios solicitantes, indicacións que motivaron as solicitudes, trazados obtidos e toma de tratamentos que puidesen interferir no estudo. Recopiláronse un total de 140 vEEG entre o 1 de febreiro e o 31 de marzo de 2024. Os servicios que máis uso fixeron do v-EEG urxente foron UCI, Neuroloxía e Urxencias. As indicacións máis frecuentes foron a sospeita de estatus epiléptico non convulsivo, a encefalopatía hipóxico-isquémica por parada cardiorrespiratoria, e as crises epilépticas recurrentes. Identificáronse os trazados electroencefalográficos asociados a cada una destas indicacións, e evaluouse a súa implicación no diagnóstico e pronóstico. Este estudo pretende proporcionar información sobre o uso clínico do v-EEG urxente nun entorno hospitalario específico, co obxecto de mellorar a compresión e o manexo das patoloxías implicadas.

RELOVA QUINTEIRO, JOSE LUIS (Titoría)
Pardellas Santiago, Elva Cotitoría
RELOVA QUINTEIRO, JOSE LUIS (Titoría)
Pardellas Santiago, Elva Cotitoría
Tribunal
Souto Bayarri, José Miguel (Presidente/a)
Martinón Torres, Nazareth (Secretario/a)
GARCIA ACUÑA, JOSE MARIA (Vogal)
Souto Bayarri, José Miguel (Presidente/a)
Martinón Torres, Nazareth (Secretario/a)
GARCIA ACUÑA, JOSE MARIA (Vogal)
Desenvolvemento dun modelo radiómico baseado en imaxes de tomografía computarizada sen contraste para a predición da etioloxía do ictus isquémico agudo
Autoría
P.V.P.
Grao en Medicina
P.V.P.
Grao en Medicina
Data da defensa
20.06.2024 09:00
20.06.2024 09:00
Resumo
O ictus isquémico agudo é unha patoloxía de gran importancia na sociedade, debido a que é unha das principais causas de mortalidade e de discapacidade no adulto. A determinación da etioloxía dos ictus isquémicos agudos é de vital importancia para o manexo clínico destes doentes. En moitos casos, a etioloxía do ictus non se pode establecer durante a fase aguda do ictus, mesmo en numerosas ocasións non é posible determinar a etioloxía logo de completar todas as probas diagnósticas. Por outra banda, a intelixencia artificial está a tomar un papel cada vez máis relevante na nosa sociedade. Unha ferramenta de intelixencia artificial que veu desenvolvéndose nos últimos anos na radioloxía é a radiómica. 7 A radiómica é unha disciplina que busca transformar a análise cualitativa habitual que se fai en radiodiagnose dunha imaxe médica, nunha análise cuantitativa que aporte información do proceso patolóxico subxacente. Cada vez son máis numerosas as publicacións acerca do uso da radiómica en patoloxía non tumoral e, en concreto, en pacientes con patoloxía neurolóxica. O obxectivo deste traballo é desenvolver e aplicar un modelo radiómico baseado nos datos cuantitativos obtidos das imaxes de tomografía computarizada (TC) dos doentes con ictus isquémico agudo realizadas no Servizo de Radiodiagnóstico do Hospital Clínico de Santiago de Compostela, para predicir a etioloxía do ictus. Dispoñer de ferramentas que poidan predicir a etioloxía podería ter implicacións directas na práctica clínica asistencial, ao poder instaurar tratamentos preventivos dunha forma máis precoz.

Mosqueira Martínez, Antonio Jesús Cotitoría
Porto Álvarez, Jacobo Cotitoría
Souto Bayarri, José Miguel (Titoría)
Mosqueira Martínez, Antonio Jesús Cotitoría
Porto Álvarez, Jacobo Cotitoría
Tribunal
MERA VARELA, ANTONIO JOSE (Presidente/a)
CAICEDO VALDES, DIEGO JESUS (Secretario/a)
SAAVEDRA NIEVES, PAULA (Vogal)
MERA VARELA, ANTONIO JOSE (Presidente/a)
CAICEDO VALDES, DIEGO JESUS (Secretario/a)
SAAVEDRA NIEVES, PAULA (Vogal)
Revisión sistemática sobre as complicacións neurolóxicas e dixestivas a longo prazo en pacientes afectos de enterocolitis necrosante e a súa posible asociación co tratamento recibido
Autoría
D.F.S.
Grao en Medicina
D.F.S.
Grao en Medicina
Data da defensa
20.06.2024 09:00
20.06.2024 09:00
Resumo
Introdución: A enterocolitis necrosante (ECN) é unha enfermidade de gran impacto en recentemente nados prematuros que leva asociada unha alta morbilidade e mortalidade. Este cadro caracterízase por necrosis da mucosa ou de capas máis profundas do intestino, supoñendo a urxencia dixestiva máis frecuente no recentemente nado. En función da gravidade do cadro estes pacientes son subsidiarios de tratamento médico (conservador) ou dunha intervención cirúrxica que adoita requirir dunha resección extensa do intestino afecto, coa finalidade de limitar a evolución do cadro. Como en moitas enfermidades dentro da Neonatoloxía existe unha incerteza e interese grande pola evolución a longo prazo destes pacientes, así como as súas posibles complicacións. Obxectivos: Realizar unha revisión sistemática da literatura publicada, acerca da evolución ao longo prazo dos pacientes con Enterocolitis Necrosante (ECN) en recentemente nados expostos a tratamento médico e cirúrxico. Metodoloxía: Realizouse unha procura nas bases de datos de MEDLINE/Pubmed seleccionándose a evidencia dispoñible, de aspectos cuantitativos e cualitativos de estudos prospectivos ou de revisión de pacientes afectos por enterocolitis necrosante publicados entre 2014-2024 Resultados: Tras un cribado inicial e a lectura crítica, incluíronse un total de 16 publicacións; 9 centradas no desenvolvemento neurolóxico e 7 sobre a complicación gastrointestinal principal desta enfermidade, a síndrome de intestino curto (SBS). Conclusións: Os pacientes que debido á gravidade da ECN requiren dunha intervención cirúrxica parecen ter unha maior probabilidade dun peor desenvolvemento tanto a nivel gastrointestinal como neurolóxico. O tipo de intervención mediante laparotomía parece lanzar mellores resultados a longo prazo. A extensión remanente de intestino podería ser de relevancia de fronte ao futuro desenvolvemento neurolóxico dos pacientes. Estes pacientes poderíanse beneficiar dun enfoque multidisciplinar apoiado nos resultados das distintas cohortes.

Sánchez Abuín, Alberto Cotitoría
Concheiro Guisán, Ana (Titoría)
Sánchez Abuín, Alberto Cotitoría
Tribunal
Fernández González, Angel Luis (Presidente/a)
GARCIA CAMPOS, JUAN (Secretario/a)
RELOVA QUINTEIRO, JOSE LUIS (Vogal)
Fernández González, Angel Luis (Presidente/a)
GARCIA CAMPOS, JUAN (Secretario/a)
RELOVA QUINTEIRO, JOSE LUIS (Vogal)
Controversia no uso de sondas de nutrición en doentes anciáns en situación de demencia avanzada
Autoría
M.C.G.
Grao en Medicina
M.C.G.
Grao en Medicina
Data da defensa
20.06.2024 09:00
20.06.2024 09:00
Resumo
-Introdución: este Traballo de Fin de Grao consiste nunha revisión sistemática centrada en avaliar o risco-beneficio que o uso de sondas de nutrición aporta en doentes anciáns en situación de demencia avanzada, así coma o seu impacto sobre profesionais e familias, reflexionando sobre a adecuación do esforzo terapéutico e propoñendo futuras vías de investigación neste campo. -Obxectivo principal: avaliar o impacto, en termos de mortalidade e calidade de vida, que a colocación de sondas de nutrición ten sobre doentes anciáns en situación de demencia avanzada. -Material e métodos: realizase una revisión sistemática da literatura dispoñible mediante unha busca na base de datos Medline (a través do seu buscador PubMed), Web of Science e Cochrane. Recompílanse artigos publicados nos últimos 10 anos (2013-2023) que cumpran os criterios de selección establecidos. -Resultados: o uso de sondas de nutrición artificial en doentes anciáns con demencia é aínda unha técnica usada na práctica clínica diaria, a pesar de que non demostrou mellorar nin a supervivencia nin a calidade de vida nestes doentes. Existen múltiples factores que interveñen dificultando a toma de decisións, polo que é necesario involucrar no proceso ás familias e coidadores. -Conclusión: a maior parte das publicacións coinciden en que as sondas de nutrición artificial en anciáns en situacións de demencia avanzada proporcionan máis complicacións que beneficios, polo que debe desaconsellarse o seu uso neste perfil de doentes. Necesítanse estudios adicionais que permitan establecer unas indicacións claras ao respecto e máis investigación sobre alternativas nutricionais, así coma a inclusión destes doentes en plans de coidados paliativos de calidade.

POSE REINO, ANTONIO DOMINGO (Titoría)
POSE REINO, ANTONIO DOMINGO (Titoría)
Tribunal
GONZALEZ GARCIA, FRANCISCO (Presidente/a)
DIAZ PEROMINGO, JOSE ANTONIO (Secretario/a)
GINARTE VAL, MANUEL JAVIER (Vogal)
GONZALEZ GARCIA, FRANCISCO (Presidente/a)
DIAZ PEROMINGO, JOSE ANTONIO (Secretario/a)
GINARTE VAL, MANUEL JAVIER (Vogal)
Estudo no tratamento actual do aneurisma intracraneal non roto
Autoría
A.D.L.T.M.
Grao en Medicina
A.D.L.T.M.
Grao en Medicina
Data da defensa
20.06.2024 09:00
20.06.2024 09:00
Resumo
Os aneurismas intracraneais son vasodilatacións localizadas nas paredes das arterias cerebrais, habitualmente vinculadas a un debilitamento destas paredes e localizadas máis frecuentemente nas bifurcacións arteriais. Cunha prevalencia aproximada do 2 ao 3% na poboación xeral, estes aneurismas presentan un risco anual de ruptura do 1 ao 2%. Foron clasificados segundo distintas características como a súa forma, tamaño, orixe e ubicación. Os síntomas típicos inclúen cefalea súbita e severa, acompañada ás veces de rixidez no pescozo, náuseas, vómitos ou déficits neurolóxicos focalizados. O avance nas técnicas de diagnóstico por imaxe incrementou o descubrimento destes aneurismas. Para o tratamento e prevención da súa ruptura, desenvolvéronse diversas intervencións cirúrxicas. Dende a introdución da craneotomía e o clipping cirúrxico até outros métodos como o wrapping, a microcirurxía e o bypass, existe unha variedade de enfoques dispoñibles. O pronóstico dos pacientes tratados cirúrxicamente mediante o clipping de aneurismas intracraneais varía e está estreitamente relacionado coa gravidade do sangrado subaracnoideo no momento do diagnóstico do aneurisma. No tocante ao tratamento endovascular, existen dous enfoques principais; un deles busca preservar a arteria principal mediante técnicas como a embolización con coils, o uso de stents ou axentes líquidos. O outro enfoque implica a oclusión da arteria principal utilizando técnicas de fluxo reverso ou oclusión proximal. Hoxe en día, estas técnicas establécese como a opción terapéutica principal para unha variedade de aneurismas. O seguimento postoperatorio realízase habitualmente mediante angiografía, considerada o estándar ouro, xunto coa AngioTAC.

Relación entre o liquen plano oral e a autoinmunidad
Autoría
M.D.S.A.
Grao en Medicina
M.D.S.A.
Grao en Medicina
Data da defensa
18.07.2024 09:00
18.07.2024 09:00
Resumo
O liquen plano oral (LPO) é unha enfermidade inflamatoria crónica que afecta á mucosa bucal e que se caracteriza por un infiltrado linfocitario subepitelial e dexeneración dos queratinocitos basais. Descoñécese a súa etioloxía, pero propúxose que ten unha orixe autoinmune, mediada por linfocitos T CD8+ que recoñecen antíxenos propios ou estraños nas células epiteliais. O LPO pode causar dor, ardor, prurito, ulceración e alteración do gusto, afectando a calidade de vida dos pacientes. Ademais, asociouse cun maior risco de desenvolver cancro oral, polo que se considera unha lesión potencialmente maligna.
O liquen plano oral (LPO) é unha enfermidade inflamatoria crónica que afecta á mucosa bucal e que se caracteriza por un infiltrado linfocitario subepitelial e dexeneración dos queratinocitos basais. Descoñécese a súa etioloxía, pero propúxose que ten unha orixe autoinmune, mediada por linfocitos T CD8+ que recoñecen antíxenos propios ou estraños nas células epiteliais. O LPO pode causar dor, ardor, prurito, ulceración e alteración do gusto, afectando a calidade de vida dos pacientes. Ademais, asociouse cun maior risco de desenvolver cancro oral, polo que se considera unha lesión potencialmente maligna.
Dirección
SUAREZ QUINTANILLA, JUAN ANTONIO (Titoría)
SUAREZ QUINTANILLA, JUAN ANTONIO (Titoría)
Tribunal
GONZALEZ GARCIA, FRANCISCO (Presidente/a)
MERA VARELA, ANTONIO JOSE (Secretario/a)
GINARTE VAL, MANUEL JAVIER (Vogal)
GONZALEZ GARCIA, FRANCISCO (Presidente/a)
MERA VARELA, ANTONIO JOSE (Secretario/a)
GINARTE VAL, MANUEL JAVIER (Vogal)
Influencia dos nivéis de Vitamina D no posterior desarrollo de osteoporosis.
Autoría
P.M.D.R.C.
Grao en Medicina
P.M.D.R.C.
Grao en Medicina
Data da defensa
18.07.2024 09:00
18.07.2024 09:00
Resumo
Introducción: a vitamina D xoga un papel crucial na regulación do metabolismo do calcio e o fosfato, minerais esenciais para a formación e o manetenemento da densidade ósea. A hipovitaminosis D conduce a unha absoción intestinal inadacuada de calcio, o que resulta en hipocalcemia. Esta condición provoca un aumento na secreción da hormona paratoroidea (PTH), a cal estimula a resorción ósea para liberar calcio ao torrente sanguíneo. Este proceso, aínda que fisiolóxicamente necesario para manter a homeostasis do calcio, ten o efecto adverso de reducir a densidade mineral ósea, predispoñendo aos individuos á osteoporosis. Metodoloxía: realizouse una búsqueda da literatura empregando bases de datos académicas, como PubMed, Ovid, a Biblioteca Cochrane e a bibliografía disponible no catálogo IACOBUS da biblioteca da USC, incluíndose os términos “deficiencia de vitamina D”, “osteoporosis”, “enfermidades musculoesqueléticas”, “enfermidades autoinmunes” e “enfermidades crónicas”. Centreime en artigos que examinaban os vínculos entre a deficiencia de vitamina D e diversas patoloxías, sobre todo nas relacionadas co sistema musculoesquelético. Resultados: realizouse unha revisión dos artículos escollidos, sintetizando os seus resultados e analizando a súa aplicación á práctica clínica, así como a acción da vitamina D en diveros factores influíntes na saúde ósea. Discusión: a hipovitaminosis D é unha condición común na población anciá que ten un impacto significativo na saúde ósea. A deficiencia de vitamina D contribúe ao desenvolvemento da osteoporosis, unha enfermidade que aumenta a fraxilidad ósea e o risco de fracturas, que poden ter consecuencias graves, como a discapacidade e un aumento da mortalidade, así como un gran aumento do gasto sanitario. A suplementación con vitamina D, xunto con unha nutrición adecuada, exercicio e medidas de prevención de caídas, é fundamental para mellorar a saúde ósea e reducir o risco de fracturas na población anciana. Ademáis, a vitamina D xoga tamén un papel esencial no desarrollo de diversas patoloxías extraóseas. Conclusións: o uso de suplementos de vitamina D, especialmente cando se toman xunto con calcio, mostrouse beneficioso para fortalecer os ósos e reducir o risco de fracturas. É esencial adherirse ás doses recomendadas e monitorar os niveis de vitamina D para maximizar os beneficios e evitar posibles efectos adversos

Avaliación das ferramentas docentes virtuais no estudo da anatomía
Autoría
F.A.M.L.
Grao en Medicina
F.A.M.L.
Grao en Medicina
Data da defensa
09.02.2024 09:00
09.02.2024 09:00
Resumo
Introdución: o ensino da medicina anatómica é unha das bases de coñecemento máis importantes para a práctica clínica profesional. A chegada das novas tecnoloxías e os avances xurdidos xunto a ela modificaron a metodoloxía de aprendizaxe e ensinanza nas universidades de medicina. A aparición de aplicacións 3D, nas que o alumnado pode observar estruturas anatómicas tridimensionais, rotar, modificar o tamaño, ter unha mellor relación de espazo con respecto a outras estruturas, supuxo un cambio no paradigma tradicional da ensinanza. Obxectivo: avaliar o uso de novas ferramentas virtuais de aprendizaxe, aplicacións 3D, en comparación con modelos audiovisuais e modelos de resina, no ensino e estudo dos ósos do cranio entre os estudantes da Facultade de Medicina de Santiago de Compostela. Material e métodos: realízase mediante a procura e análise da información obtida dunha enquisa realizada ao alumnado de primeiro curso (n=231) da Facultade de Medicina da Universidade de Santiago de Compostela sobre o uso de novas ferramentas. (Aplicacións 3D como Complete Anatomy, vídeos titoriales YouTube), en relación a métodos máis tradicionais (modelos de resina). Resultados: unha gran porcentaxe do alumnado enquisado prefire o uso de ferramentas virtuais como principal método de estudo das estruturas anatómicas (46,95%), debido a unha mellor comprensión e asimilación dos conceptos, con respecto ao alumnado que prefire o estudo tradicional mediante observando modelos de resina (31,3%) ou utilizando vídeos titoriales en YouTube (21,7%). Non obstante, o uso combinado de novas técnicas 3D xunto coa visualización en modelos de resina nos laboratorios de anatomía segue tendo importancia e relevancia como método de ensino (53,71%), en relación ao alumnado que prefire a dobre ensinanza co uso de titorías de YouTube en combinación con maquetas (13,91%). Conclusións: o avance tecnolóxico, a chegada de novas ferramentas virtuais na medicina, en concreto, na práctica médica, modificou a metodoloxía de ensino e aprendizaxe por parte do alumnado e do profesorado. Adaptarse a este novo cambio, e integrar estas novas tecnoloxías na transmisión de conceptos e estruturas anatómicas, é un dos retos que teñen as universidades e os seus profesores para evitar quedar atrás na carreira tecnolóxica que existe na actualidade, onde a actualización é constante, rápida e continua.

Implicacións do cociente sFlt-1:PlGF no diagnóstico e prognóstico do Crecemento Intrauterino Restrinxido: Revisión sistemática.
Autoría
B.M.P.
Grao en Medicina
B.M.P.
Grao en Medicina
Data da defensa
20.06.2024 09:00
20.06.2024 09:00
Resumo
Os marcadores placentarios relacionados coa vasculoxénese foron adquirindo crecente importancia como ferramenta diagnóstica e prognóstica na preeclampsia, concretamente un cociente entre un factor antianxioxénico e outro proanxioxénico: sFlt-1:PlGF. O sFlt-1 é unha molécula que antagoniza o efecto proanxioxénico do PlGF, por iso a relación é máis elevada en patoloxías relacionadas coa isquemia placentaria, tales coma a preeclampsia ou o Crecemento Intrauterino Restrinxido (CIR). Como ambas entidades comparten unha base fisiopatolóxica en relación ao incorrecto desenvolvemento vascular, a hipótese na que se basea esta revisión sistemática é a posible aplicación do estudo do sFlt-1:PlGF para diagnosticar e predicir eventos adversos en CIR, ao igual que se demostrou para preeclampsia. Os estudos revisados mostraron que valores de sFlt-1:PlGF elevados permitiron predicir resultados adversos en xestacións con CIR xa establecido, tales coma parto prematuro, morte perinatal ou patoloxías neonatais. En mulleres con factores de risco de CIR, observouse unha elevación dos marcadores placentarios previa ao diagnóstico de Crecemento Intrauterino Retardado. Ademais, observouse unha relación entre a elevación dos marcadores coa gravidade clínica e a precocidade do diagnóstico. En conclusión, as evidencias dispoñibles suxiren que que o sFlt-1:PlGF pode chegar a ter utilidade para o diagnóstico precoz, seguimento e prognóstico de CIR.

Sánchez-Andrade Santiso, Mariña Cotitoría
ARIAS BALTAR, MARIA EFIGENIA (Titoría)
Sánchez-Andrade Santiso, Mariña Cotitoría
Tribunal
CUEVAS ALVAREZ, JUAN BAUTISTA (Presidente/a)
Rodriguez Garcia, Javier (Secretario/a)
SOBRINO NOGUEIRA, ADOLFO (Vogal)
CUEVAS ALVAREZ, JUAN BAUTISTA (Presidente/a)
Rodriguez Garcia, Javier (Secretario/a)
SOBRINO NOGUEIRA, ADOLFO (Vogal)
GLP-1 no metabolismo: implicacións en diabetes e obesidade
Autoría
P.G.A.
Grao en Medicina
P.G.A.
Grao en Medicina
Data da defensa
05.09.2024 09:00
05.09.2024 09:00
Resumo
As incretinas son un grupo de hormonas producidas a nivel gastrointestinal que xogan un papel importante na regulación da homeostase da glicosa, principalmente aumentando a secreción pancreática de insulina. Estas son segregadas na súa maioría trala inxesta oral de nutrientes, en especial de carbohidratos e graxas. Sen embargo, as súas accións non se limitan ao control da glicemia, desempeñando un rol importante tamén na regulación da inxesta, a perda de peso, o baleirado gástrico, a formación ou destrución de tecido graxo e diversas funcións non relacionadas co metabolismo de glicosa, como poderían ser os seus efectos cardioprotectores ou neuroprotectores, entre moitos outros. O obxectivo desta revisión narrativa é sintetizar a información dispoñíbel acerca das aplicacións terapéuticas dos tratamentos relacionados cas incretinas, centrándose especificamente en Diabetes Mellitus e obesidade, incluindo a última información sobre as novas moléculas mono, dual- e tripleagonistas, o seu potencial e unha crítica acerca da posíbel evolución deste campo de investigación nun futuro. Para elo, realizouse unha búsquea bibliográfica no repositorio dixital PubMed (MEDLINE) utilizando diversos términos MeSH en combinación con operadores booleanos, levando a cabo de xeito posterior unha selección dos estudos que, baixo criterio do redactor, puideran expoñer de xeito máis eficaz o panorama actual das terapias relacionadas co GLP-1. Na elaboración do presente traballo, sempre se consultaron e citaron os artigos orixinais que recollen os resultados dos ensaios clínicos en humanos, así como nos que se describen en modelos preclínicos os potenciais mecanismos moleculares implicados. Os múltiples efectos das incretinas espertaron o interese por poder fabricar análogos sintéticos que foran quen de resistir a rápida degradación que estas hormonas sofren pola activación da enzima DPP-4. Tralo illamento de maneira casual do péptido exendin-4 da saliva do lagarto Gila Monster e o descubrimento de que este era homólogo ao GLP-1 humano, non tardou en comercializarse a súa forma sintética, o exenatide, administrándose 2 veces ao día de xeito subcutáneo . Tras isto, diversas fórmulas foron sendo desenvolvidas, incluíndo formas de inxección semanal ou de administración oral, entre outras. Ademais, ao observarse unha perda de peso de xeito xeral nos pacientes diabéticos tratados con GLP-1RAs, comezaron a estudarse as súas posibles aplicación no tratamento da obesidade, sendo aprobado no ano 2014 o primeiro GLP-1RA con esta indicación. Hoxe en día existen diversas liñas de investigación abertas con respecto aos tratamentos relacionados cas incretinas, especialmente relacionadas co agonsimo/antagonismo múltiple de varios receptores á vez, co fin de mellorar a eficacia dos mesmos no tratamento da diabetes e a obesidade.

Evidencia sobre a eficacia do tratamento antifúngico nas enfermidades do trato aéreo devida a aspergillus
Autoría
I.N.F.
Grao en Medicina
I.N.F.
Grao en Medicina
Data da defensa
20.06.2024 09:00
20.06.2024 09:00
Resumo
Introdución:Aspergillus é un fungo filamentoso presente no chan, plantas, alimentos, auga e materia orgánica en descomposición. As manifestacións pulmonares deste fungo varían desde formas invasivas e pneumonitis por hipersensibilidade ata a colonización simple como o asperxiloma. As principais afectacións da vía respiratoria inclúen infección da mucosa, traqueobronquite pseudomembranosa, reaccións por hipersensibilidade fúngica (asma con sensibilización fúngica a Aspergillus-ASFA, asperxilose broncopulmonar alérxica-ABPA), bronquite por Aspergillus e colonización bronquial. Obxectivo:revisión da evidencia sobre o tratamento antifúngico nas formas de afectación da vía aérea por Aspergillus, especialmente en pacientes con asma. Métodos: realizouse unha procura en PubMed ata febreiro de 2024 coas palabras clave: “Aspergillus fumigatus”, “fungal colonization”, “fungal sensitization”, “fungal bronchitis”, “aspergillus bronchitis”, “aspergillus tracheobronchitis”, “asthma”, “allergic bronchopulmonary aspergillosis” e “treatment”, utilizando todas as posibles combinacións (AND, OR, NOT). Dous investigadores (I.N e M.B.A) realizaron a selección de artigos tendo en conta os criterios de inclusión e exclusión. Resultados: identificáronse 5 estudos sobre tratamento antifúngico oral en ABPA (3 con itraconazol e 2 con voriconazol) con 345 pacientes. Observáronse resultados variables sobre datos de laboratorio, redución de exacerbacións (só en 2 estudos), redución de corticoides (en 2 estudos) e melloría en función pulmonar só nun estudo. No caso de ASFA atopáronse 2 ensaios controlados aleatorizados (1 con itraconazol e 1 con voriconazol) con 123 pacientes; só se observou melloría de calidade de vida e fluxo espiratorio máximo con itraconazol. O tratamento con anfotericina inhalada analizouse en 195 pacientes con ABPA, observándose diminución de exacerbacións graves, e en 11 pacientes con ASFA, observándose melloría de calidade de vida, FEV1 e redución de corticoides. Conclusións: a eficacia do tratamento antifúngico nas formas de afectación da vía aérea por Aspergillus conta con evidencia limitada. A maioría de estudos realizáronse en ABPA, sendo o fármaco máis utilizado o itraconazol, seguido do voriconazol. Tanto en ABPA como en ASFA, utilizouse anfotericina nebulizada nun reducido número de pacientes. Son necesarios máis estudos clínicos para validar estes enfoques e mellorar o manexo desta condición complexa.

Tratamento neurocirúrxico na neuralxia do trixémino
Autoría
M.M.M.
Grao en Medicina
M.M.M.
Grao en Medicina
Data da defensa
20.06.2024 09:00
20.06.2024 09:00
Resumo
Antecedentes: a neuralxia do trixémino (NT) é un trastorno neuropático caracterizado por episodios breves recurrentes de dor que afectan ao territorio do V par cranial. Esta revisión sistemática expón os diferentes abordaxes neurocirúrxicos desta patoloxía, aos cales haberá que recorrer cando o tratamento farmacolóxico non sexa suficiente para o control da dor. Métodos: a presente revisión estruturouse segundo as guías PRISMA (Preferred Reporting Items for Systematic Reviews and Meta-Analysis). Tres principais bases de datos empregáronse para a búsqueda bibliográfica: Pubmed/Medline, Web of Science e Cochrane. Resultados: un total de 10 estudos foron analizados. Distintas técnicas foron comparadas: microdescompresión vascular (MDV), radiocirurxía gamma-knife (RGK), termocoagulación por radiofrecuencia (TCRF), compresión percutánea con balón (CPB) e rizotomía con glicerol. MDV constitúe o procedemento con maiores taxas de remisión da dor nos diferentes estudos, obtendo uns resultados do 92,3%, 86,76% e 96,97%. Cunha eficacia similar conta a CPB; sen embargo, tiveron unha taxa de recurrencia da dor máis elevada que aqueles pacientes que foran sometidos a MDV (OR = 3,50, IC do 95%: 2,25-5,44; P menor a 0,00001), ademais de experimentar máis reaccións adversas. Actualmente non existen ensaios controlados de alta calidade para avaliar a eficacia independente de MDV e TCRF. RGK debe reservarse como tratamento secundario para casos recurrentes. As inxeccións de glicerol poden ser útiles en pacientes con esclerose múltiple. Conclusións: a heteroxeneidade das técnicas e a variabilidade da calidade dos estudos fan necesaria a continuidade da investigación neste campo, sendo esencial a avaliación individualizada e multidisciplinar á hora de decidir o tratamento que mellor se axuste a cada paciente.

Efectos na saúde relacionados co uso de fitosanitarios no cultivo de vide: unha revisión sistemática.
Autoría
E.M.A.M.
Grao en Medicina
E.M.A.M.
Grao en Medicina
Data da defensa
20.06.2024 09:00
20.06.2024 09:00
Resumo
Os produtos fitosanitarios incrementaron a súa demanda nos últimos anos debido ás melloras de rendemento dos cultivos. Dado que España é unha potencia vinícola, e sabendo ca vid é un tipo de cultivo moi demandante de químicos, quixemos revisar a literatura existente sobre os efectos na saúde do uso destos produtos, tanto da poboación xeral como da dos viticultores. Métodos: consultouse a base de datos Pubmed e seleccionáronse estudos de casos e controis e de cohortes que cumpliran os criterios de inclusión. Evaluouse o risco de sesgos e a calidade de cada estudo coa escala Newcastle-Ottawa. Resultados: a diferenza no rendemento cognitivo mediante a realización de test neurolóxicos en suxetos expostos e non expostos é significativa. Observouse un aumento do 5% no risco de neuroblastoma por cada aumento do 10% de densidade vinícola dentro do radio de 1000m da residencia. Achouse evidencia de asociación entre os tumores do SNC e carbamatos. Disminuíron diversos parámetros inmunolóxicos tras a exposición a Mancozeb, sen ter repercusión funcional. Aumentou a tasa de micronúcleos e o dano no ADN nas persoas expostas. A prevalencia de síntomas respiratorios foi maior nos viticultores expostos destacando a disnea, opresión no peito, tos crónica e flema. O risco de leucemia infantil non aumentou pola exposición pasiva a pesticidas. Conclusións: os efectos mostrados foron realizados por estudios con grandes limitacións á hora de establecer os factores de confusión, de cuantificar a exposición e de coñecer as substancias ás que estiveron expostos. Por tanto, a validez externa sería cuestionable e farían falta futuras liñas de investigación para demostrar os resultados con veracidade.

CANDAL PEDREIRA, CRISTINA Cotitoría
RUANO RAVIÑA, ALBERTO (Titoría)
CANDAL PEDREIRA, CRISTINA Cotitoría
Tribunal
PEREZ FERNANDEZ, ROMAN (Presidente/a)
LIROLA DELGADO, ANTONIO GUSTAVO (Secretario/a)
Antela López, Antonio Rafael (Vogal)
PEREZ FERNANDEZ, ROMAN (Presidente/a)
LIROLA DELGADO, ANTONIO GUSTAVO (Secretario/a)
Antela López, Antonio Rafael (Vogal)
Explorando Cambios Neuroplásticos Inducidos pola Ketamina e o seu Papel na Depresión
Autoría
E.T.G.
Grao en Medicina
E.T.G.
Grao en Medicina
Data da defensa
20.06.2024 09:00
20.06.2024 09:00
Resumo
Introdución: O mecanismo de acción subxacente aos rápidos efectos antidepresivos da ketamina en pacientes con trastorno depresivo maior (TDM), incluída a depresión resistente ao tratamento (TRD), segue sen estar claro. Das varias vías de acción contempladas para a ketamina, a restauración dos déficits de neuroplasticidade podería ser o mecanismo máis plausible, tanto en pacientes humanos como en modelos preclínicos de depresión. Obxectivos: Sintetizar a evidencia científica sobre o papel da ketamina na restauración da plasticidade sináptica para inducir o seu rápido efecto antidepresivo. Identificar os eventos celulares e moleculares relevantes para a neuroplasticidade observados tras a administración de ketamina, que se correlacionan con melloras rápidas do estado de ánimo en humanos e efectos antidepresivos en animais. Explorar como os déficits ou alteracións na neuroplasticidade molecular poden constituír marcadores patolóxicos da depresión. Metodoloxía: Busca realizada a través da base de datos PubMed, Scopus e Cochrane. Selección de estudos experimentais, cun máximo de 10 anos dende a publicación, relativos ao efecto neuroplástico da ketamina e a súa relación na melloría clínica no trastorno de depresión maior. Análise dos ensaios máis relevantes, conforme aos criterios de inclusión e exclusión. Resultados: Foron seleccionados 22 ensaios sobre o uso da ketamina en modelos animais, humanos e in vitro, demostrando unha clara correlación entre a súa administración e efectos antidepresivos, así como a súa administración e neuroplasticidade. Por outro lado, requírese maior comprensión sobre o mecanismo antidepresivo da ketamina e a súa relación directa coa neuroplasticidade. Conclusións: Atopamos evidencias que apoian que a ketamina induce un aumento das moléculas implicadas na modulación da neuroplasticidade, e que estes cambios están emparellados con rápidos efectos antidepresivos. As moléculas ou complexos de grande interese inclúen glutamato, receptores AMPA (AMPAR), mTOR e BDNF/TrkB. Estes estudos suxiren unha sólida relación entre as melloras no estado de ánimo e os aumentos inducidos pola ketamina na neuroplasticidade molecular, en particular no que respecta ás moléculas de sinalización intracelular.

ALVAREZ ARIZA, MARÍA (Titoría)
ALVAREZ ARIZA, MARÍA (Titoría)
Tribunal
DOMINGUEZ PUENTE, FERNANDO (Presidente/a)
González Barcala, Francisco Javier (Secretario/a)
PINO MINGUEZ, JESUS (Vogal)
DOMINGUEZ PUENTE, FERNANDO (Presidente/a)
González Barcala, Francisco Javier (Secretario/a)
PINO MINGUEZ, JESUS (Vogal)
Análise comparativa da cirurxía do carcinoma broncoxénico segundo o tipo de neoadxuvancia.
Autoría
A.V.R.
Grao en Medicina
A.V.R.
Grao en Medicina
Data da defensa
18.07.2024 09:00
18.07.2024 09:00
Resumo
Introdución: Actualmente a primeira causa de morte por cancro nos países desenvolvidos é o cancro de pulmón. No momento do diagnóstico, máis do 40% dos pacientes padecen enfermidade localmente avanzada, o que reduce significativamente as posibilidades de curación debido á posibilidade de existencia de micrometástases. É por iso que, na actualidade, se opta por un enfoque combinado no tratamento destes pacientes, consistente en terapia neoadxuvante seguida de reseción cirúrxica. Obxectivos: Realizar unha análise comparativa entre dous grupos de pacientes, un receptor de quimioterapia neoadxuvante e outro receptor de quimiorradioterapia neoadxuvante, para así determinar cal das dúas liñas de tratamento obtén mellores resultados cirúrxicos, tanto no referente á vía de abordaxe e técnica cirúrxica coma no referente ás complicacións, mortes, estancia hospitalaria e reingresos. Métodos: Estudo observacional, descritivo dunha base de datos anonimizada que inclúe 3304 pacientes diagnosticados de carcinoma broncoxénico, dos cales 253 recibiron neoadxuvancia. Compáranse os resultados cirúrxicos entre dous grupos de pacientes receptores de neoadxuvancia, un receptor de quimioterapia formado por 172 pacientes e outro receptor de quimiorradioterapia formado por 81 pacientes. Resultados: Os nosos resultados mostran que non existen diferencias significativas entre ambas liñas de tratamento a excepción do logro de máis respostas completas e o menor uso de VATS no grupo que recibiu quimiorradioterapia neoadxuvante. Tamén se atoparon diferencias significativas a favor da quimiorradioterapia neoadxuvante nos pacientes con estadio clínico IIIB. Conclusión: En conxunto, este estudo determina que non existen diferenzas significativas no resultado da cirurxía do carcinoma broncoxénico entre os pacientes que reciben quimioterapia neoadxuvante e os pacientes que reciben quimiorradioterapia neoadxuvante.

Quiroga Martínez, Jorge Cotitoría
RIVO VAZQUEZ, JOSE EDUARDO (Titoría)
Quiroga Martínez, Jorge Cotitoría
Tribunal
LAREU HUIDOBRO, MARIA VICTORIA (Presidente/a)
LIROLA DELGADO, ANTONIO GUSTAVO (Secretario/a)
RODRIGUEZ COBOS, MARIA ANGELES (Vogal)
LAREU HUIDOBRO, MARIA VICTORIA (Presidente/a)
LIROLA DELGADO, ANTONIO GUSTAVO (Secretario/a)
RODRIGUEZ COBOS, MARIA ANGELES (Vogal)
Aplicacións da Telemedicina en Psiquiatría: Aspectos Éticos e Legais
Autoría
M.T.D.V.D.C.
Grao en Medicina
M.T.D.V.D.C.
Grao en Medicina
Data da defensa
20.06.2024 09:00
20.06.2024 09:00
Resumo
INTRODUCIÓN: A telemedicina é unha modalidade de atención médica que utiliza tecnoloxías da información e comunicación para facilitar a avaliación, diagnóstico, tratamento e seguimento de pacientes a distancia. É fundamental dispoñer de sistemas dixitais seguros, fiables e sen fallos, o que implica investir máis en tecnoloxía para facilitar o acceso. A implementación da telemedicina planta importantes desafíos, debendo garantirse a súa sustentabilidade a longo prazo, necesitando normativas adecuadas, recursos económicos e a aceptación tanto dos profesionais como dos pacientes. A telepsiquiatría (TP) presenta unha ampla gama de aplicacións terapéuticas e diagnósticas, beneficiando a unha poboación moi heteroxénea e proporciona ferramentas adecuadas para mellorar a relación psiquiatra-paciente, facilitando a autoexpresión, autoconciencia e conexión dos pacientes. OBXECTIVOS: Expor os retos fundamentais derivados da implementación da telemedicina na atención ao paciente psiquiátrico, así como coñecer os aspectos éticos e legais envolventes. MÉTODOS: Revisión bibliográfica en bases de datos de Ciencias da Saúde (PubMed, MedLine e ScienceDirect) definindo os termos de búsqueda, filtros e criterios de inclusión e exclusión. Así como, unha busca en páxinas web oficiais de sociedades científicas e entidades gobernamentais, co fin de acceder aos protocolos, guías e recomendacións actualizadas sobre o tema de estudo. RESULTADOS E CONCLUSIÓNS: Hai unha preocupación crecente entre os médicos respecto da implementación da telemedicina, debido á protección dos dereitos fundamentais do paciente e os aspectos ético-legais. Aínda que algúns países avanzaron na implementación de estratexias nacionais de saúde dixital, outros requiren apoio para a súa adopción. É fundamental que a telemedicina sexa accesible, ética, segura e sustentable, o que implica a necesidade de investir en recursos e formación tanto dos profesionais como dos pacientes, así como explorar solucións globais para abordar as disparidades económicas, culturais e sociais, mellorando o acceso das poboacións máis vulnerables. A TP ten potencial, pero persisten preocupacións sobre consecuencias non investigadas, destacando así o seu papel como complemento, non substituto, da consulta psiquiátrica presencial.

Estudo transversal do uso de materiais biocerámicos en tratamentos endodóncicos por odontólogos que exercen en Galicia.
Autoría
I.V.M.
Grao en Odontoloxía
I.V.M.
Grao en Odontoloxía
Data da defensa
21.06.2024 09:30
21.06.2024 09:30
Resumo
Introdución: Este estudo examina o uso de materiais biocerámicos en tratamentos endodóncicos por odontólogos que exercen en Galicia. Analizouse a preferencia por estos materiais en diversos tratamentos endodóncicos, así como a relación entre o seu uso e os factores sociodemográficos, formación dos profesionais e o equipamento clínico dispoñible. Obxectivos: Evaluar a prevalencia do uso de materiais biocerámicos en endodoncia, analizar a relación entre a formación e o uso destes materiais, investigar a influencia do equipamento clínico na eleción de materiais e identificar posibles diferenzas demográficas no uso de biocerámicos. Material e métodos: Realizouse una enquisa a 280 odontólogos colexiados en Galicia. A enquisa abarcou aspectos sociodemográficos, tipos de tratamentos realizados, materiais preferidos, formación específica e equipamento clínico dispoñible. Resultados: O 48.2% dos enquisados son odontólogos xerais e o 24.3% son endodoncistas. Un 43.2% prefire materiais biocerámicos para proteccións pulpares directas en dentes permanentes. En apicoformación, o 38.9% opta por biocerámicos. Un 57.7% usa biocerámicos en casos de traumatismo dental con exposición pulpar. O 73.6% prefire biocerámicos para selado de perforacións radiculares internas. Un 50.7% os emprega en obturación retrógrada tras cirurxía endodóncica.Porén, o 54.3% non recibira formación específica sobre biocerámicos. Ademáis, un 32.5% das clínicas carecen de CBCT ou microscopio. Conclusións: Os materiais biocerámicos son ampliamente preferidos en varios tratamentos endodoncicos. A falta de formación específica e actualización tecnolóxica nalgunhas clínicas limita o seu uso. Recoméndase unha educación máis continuada e maior inversión en equipamento avanzado para optimizar os tratamentos de endodoncia en Galicia.

GARCIA VARELA, SANDRA (Titoría)
Méndez Díaz, Ramón Cotitoría
GARCIA VARELA, SANDRA (Titoría)
Méndez Díaz, Ramón Cotitoría
Tribunal
CASTRO PEREZ, MARIA DE LOS ANGELES (Presidente/a)
BORRAJO GARCIA, MARIA ISABEL (Secretario/a)
OUTUMURO RIAL, MERCEDES (Vogal)
CASTRO PEREZ, MARIA DE LOS ANGELES (Presidente/a)
BORRAJO GARCIA, MARIA ISABEL (Secretario/a)
OUTUMURO RIAL, MERCEDES (Vogal)
Cara a una pauta consensuada para o manexo da distrofia muscular de Duchenne: Avaliación comparativa de deflazacort e prednisona
Autoría
D.C.M.
Grao en Medicina
D.C.M.
Grao en Medicina
Data da defensa
20.06.2024 09:00
20.06.2024 09:00
Resumo
Introdución: A distrofia muscular de Duchenne (DMD), articúlase como a máis severa e frecuente das distrofinopatías. Trátase dunha alteración xenética no xene da distrofina, que é transmitida por herdanza recesiva ligada ao cromosoma X. Caracterízase por unha deterioración progresiva das funcións motoras que comeza na infancia e continúa ata a adolescencia e adultez temperá culminando na morte prematura por complicacións respiratorias e cardiológicas. Actualmente non se dispón dun tratamento curativo, pero grazas ao tratamento con corticoides, a esperanza e calidade de vida dos pacientes mellorou moito. Xustificación: A terapia con corticoides é, e posiblemente será, un piar fundamental no tratamento da DMD, con todo, non se dispón a día de hoxe dun contundente corpo de información que permita definir unha pauta corticoide óptima. Obxectivos: Comparar os dous tratamentos corticoides máis empregados no manexo da DMD, prednisona e deflazacort. Expoñer os efectos secundarios indeseados asociados a este tratamento. Material e métodos: Practicouse unha revisión sistemática utilizando a base biomédica PubMed, de estudos primarios nos que se comparase o uso de ambos os corticoides en pacientes con DMD. Exposición dun caso clínico a tratamento con deflazacort. Resultados: Incluíronse 5 estudos con diferenzas notables en termos de poboación e avaliación de resultados, o que dificultou a súa comparación. A melloría clínica e aparición dalgúns efectos secundarios, son os aspectos máis destacables do caso clínico exposto. Conclusións: Non pode afirmarse categoricamente que o deflazacort sexa superior no tratamento da DMD fronte á prednisona, aínda que si achega mellores resultados clínicos, ademais, é mellor tolerado. Os réximes intermitentes non son tan efectivos como os réximes diarios, aínda que poden ser unha opción se existe escasa tolerancia ao tratamento.

Anticoagulantes orais de acción directa fronte a anticoagulantes anti vitamina K en pacientes con fibrilación auricular non valvular. Revisión Bibliográfica.
Autoría
Y.Y.D.L.
Grao en Medicina
Y.Y.D.L.
Grao en Medicina
Data da defensa
18.07.2024 09:00
18.07.2024 09:00
Resumo
Resumo Introdución: Esta revisión bibliográfica propón examinar exhaustivamente a evidencia dispoñible sobre a eficacia, seguridade e outros aspectos relevantes de ambos tipos de anticoagulantes (anticoagulantes orais de acción directa, ACOD, e antagonistas da vitamina K, AVK). Obxectivo: Revisar a evidencia dispoñible sobre a efectividade e seguridade do tratamento con antagonistas da vitamina K fronte aos anticoagulantes orais de acción directa en pacientes con fibrilación auricular non valvular. Metodoloxía: Realízase unha revisión da literatura actual co apoio da plataforma BiblioSaúde do Servizo Galego de Saúde, que nos facilitou o acceso a diferentes recursos de evidencia e información de organismos internacionais como a OMS, CDC, Sociedade Española de Cardioloxía, PubMed, Health Evidence, etc. Resultados: Recuperáronse 352 artigos nas procuras e, tras pasar por cribados e ferramentas de avaliación crítica, finalmente seleccionáronse 6 artigos para ser analizados. Conclusións: En resumo, esta revisión apoia o uso preferente dos ACOD sobre os AVK na prevención de eventos tromboembólicos en pacientes con fibrilación auricular non valvular, proporcionando unha guía actualizada para a toma de decisións terapéuticas.

RIVERA GALLEGO, ALBERTO JOSE (Titoría)
RIVERA GALLEGO, ALBERTO JOSE (Titoría)
Tribunal
GALLEGO GOMEZ, MARIA ROSALIA (Presidente/a)
SOTO VARELA, ANDRES (Secretario/a)
RODRIGUEZ REQUENA, JESUS (Vogal)
GALLEGO GOMEZ, MARIA ROSALIA (Presidente/a)
SOTO VARELA, ANDRES (Secretario/a)
RODRIGUEZ REQUENA, JESUS (Vogal)
Avaliación da irritación xenxival segundo o deseño da férula nun procedemento de branqueamento externo ambulatorio
Autoría
E.J.P.
Grao en Odontoloxía
E.J.P.
Grao en Odontoloxía
Data da defensa
21.06.2024 09:30
21.06.2024 09:30
Resumo
Obxectivos: Neste ensaio clínico dobre cego, aleatorio e de boca completa avaliou se o deseño da férula de branqueamento influía no grado de cambio da cor, así como no risco de aparición da irritación xenxival e se influía no risco de sensibilidade dental. Material e métodos: Setenta e dous pacientes foron seleccionados e dividíronse aleatoriamente en dous grupos: férula non estendida (1 mm da marxe xenxival) e estendida (3 mm da marxe xenxival). O branqueamento ambulatorio realizouse durante a noite (6-8 horas) con peróxido de carbamida o 16% durante 3 semanas. O risco de irritación xenxival avaliouse de forma obxectiva (visualmente e mediante sondaxe xenxival) e de forma subxectiva polo paciente (folla de rexistro diario). A sensibilidade dental e a súa intensidade avaliouse subxectivamente a través de folla de rexistro e empregando unha escala numérica de 5 puntos. O cambio da cor avaliouse obxectivamente mediante un espectofotómetro e férulas de posicionamento. Resultados: A proporción de pacientes que presentaron irritación xenxival nos datos subxectivos foi de 56,9% sen diferenzas significativas entre os grupos (p=0.09). Mentres que nos datos obxectivos si que houbo diferenzas significativas na primeira (p=0.013) e na segunda semana (p=0.009). A intensidade da sensibilidade dental foi significativamente maior no grupo de férula extensa (p menor que 0.001), sen embargo, non se atoparon diferenzas entre grupos en canto a risco de sensibilidade. O grado de branqueamento dental foi significativo en ambos grupos. Conclusións: Observouse un cambio significativo da cor en ambos grupos. A férula non estendida (1 mm) resultou ser mellor en canto a risco de irritación xenxival cando foi estudada de forma obxectiva, durante un branqueamento ambulatorio externo con peróxido de carbamida o 16%. Detectouse unha maior intensidade de sensibilidade no grupo de férulas estendidas (3 mm).

Castelo Baz, Pablo (Titoría)
Pereira Lores, Patricia Cotitoría
Castelo Baz, Pablo (Titoría)
Pereira Lores, Patricia Cotitoría
Tribunal
CASTRO PEREZ, MARIA DE LOS ANGELES (Presidente/a)
BORRAJO GARCIA, MARIA ISABEL (Secretario/a)
OUTUMURO RIAL, MERCEDES (Vogal)
CASTRO PEREZ, MARIA DE LOS ANGELES (Presidente/a)
BORRAJO GARCIA, MARIA ISABEL (Secretario/a)
OUTUMURO RIAL, MERCEDES (Vogal)
Defectos de reparación do ADN no cáncro e oportunidades terapéuticas: revisión sistemática
Autoría
I.G.P.
Grao en Medicina
I.G.P.
Grao en Medicina
Data da defensa
20.06.2024 09:00
20.06.2024 09:00
Resumo
INTRODUCIÓN: As mutacións nos xenes de reparación do ADN causan defectos que conducen á inestabilidade xenómica e contribúen á tumorixénese. O tratamento dirixido a estes defectos pode mellorar o prognóstico. OBXECTIVO: realizar unha revisión sistemática para resumir toda a evidencia dispoñible que recolle a eficacia e a seguridade dos tratamentos impulsados por defectos nas vías de HRR (reparación homóloga recombinante), MMR (reparación de erros de apareamento) ou vías de control de danos no ADN. MATERIAL E MÉTODOS: despois de deseñar un protocolo segundo as directrices de PRISMA, realizouse unha busca electrónica de artigos de investigación publicados entre Xaneiro de 2014 e Xaneiro de 2024 inclusive, limitada a inglés e español. RESULTADOS: a busca identificou 95 rexistros, con 18 artigos para revisión final, clasificados en 4 grupos. Grupo I: 11 ensaios en fase II ou III en tumores con defectos nos xenes de reparación homóloga recombinante (HRR), demostrando alta taxa de resposta e supervivencia libre de progresión (SPL) prolongada en cancro de ovario (Olaparib, en primeira e seguintes liñas: 1 ensaio cada un), cancro de mama (Olaparib, adxuvante e metastásico, 1 ensaio cada un; Lurbinectedina en enfermidades metastásicas, 1 ensaio), cancro de próstata (recorrente, Talazoparib, Niraparib, Rucaparib, 1 ensaio cada un), cancro de páncreas (Olaparib, en liñas primeiras ou posteriores, 1 ensaio respectivamente), 1 ensaio cesta con Olaparib. Grupo II: 1 ensaio con Olaparib dirixido a mutacións en xenes de control de danos no ADN como ATM, ATR, CHK1, CHK2 e WEE1 en cancro colorrectal avanzado, cunha taxa de resposta menor do 5%. Grupo III: 5 ensaios dirixidos a mutacións de erros de apareamento (MMR) con alta taxa de resposta e SLP prolongada no cancro de endometrio (Durvalumab, Dostarlimab, 1 ensaio cada un), cancro colorrectal (Pembrolizumab, 1 ensaio), non colorrectal (Nivolumab-iIpilimumab, 1 ensaio), ensaio cesta (Pembrolizumab, 1 ensaio). Grupo IV: 1 ensaio cesta con Olaparib dirixido a distintos grupos, principalmente I e II, cunha taxa de resposta menor do 10%. CONCLUSIÓN: a resposta ao dano no ADN é clave, xa que o tratamento con inhibidores de PARP en cancros con deficiencia de recombinación homóloga e a terapia con inhibidores de puntos de control inmunitarios en tumores dMMR/MSI-H cambiaron a práctica oncolóxica.

A crise do fentanilo en Estados Unidos, pode chegar a España?
Autoría
P.L.M.
Grao en Medicina
P.L.M.
Grao en Medicina
Data da defensa
20.06.2024 09:00
20.06.2024 09:00
Resumo
Introdución: A crise dos opioides dos Estados Unidos remóntase á década dos 90, cando a farmacéutica Purdue Pharma comercializou de forma masiva o OxyContin para tratar diversos tipos de dores, dende leves ata severos. Dende entón, esta crise pasou por unha serie de etapas e, actualmente, Estados Unidos enfróntase a unha situación crítica derivada do abuso do fentanilo e os seus análogos. Estes opioides sintéticos contribuíron ao incremento das taxas de mortalidade por sobredose. A súa fácil accesibilidade e alto potencial de adición representan unha ameaza significativa para a saúde pública. Existe o risco de que o uso ilegal do fentanilo esténdase a outros países, entre eles España, onde podería xerar unha crise similar á que enfronta EE.UU. Obxectivos: Coñecer o impacto do fentanilo tanto en Estados Unidos como a nivel global. Ademais, establecerase o perfil do adicto e o perfil da vítima mortal, identificaranse cales son os principais países que están a contribuír á crise do fentanilo, analizarase a situación tanto en Europa como en España, ofrecerase unha comparación dos mecanismos de control cos que conta España e EE.UU., analizaranse as accións adoptadas polos distintos países para abordar esta crise e, por último, valorarase se existen novas drogas de ameaza emerxente. Resultados e discusión: As mortes por fentanilo e os seus análogos seguen aumentando cada ano nos Estados Unidos. Identificáronse dous perfís de usuarios ben diferenciados, por unha banda, mulleres brancas de idade avanzada que consomen fentanilo de forma legal receitado polos seus médicos para tratar unha dor crónica, co risco de desenvolver adicción, e doutra banda homes de raza negra de mediana idade que recorren ao fentanilo ilegal para uso recreativo. A situación en Europa e España está moi lonxe de parecerse a dos Estados Unidos. En España, a receita electrónica actúa como o principal mecanismo de control na dispensación de opioides ao previr o abuso dos mesmos. No caso de Estados Unidos, non conta cun mecanismo tan sólido, polo que é frecuente que moitos pacientes acudan a distintos médicos co fin de obter múltiples receitas de medicamentos. Por esta razón, suxírese limitar a capacidade de prescrición a médicos especializados, pois en Estados Unidos, calquera especialista pode receitalos. Tamén é importante que se tomen outro tipo de medidas, como a implementación de políticas de prevención, educación e tratamento, así como esforzos para reducir tanto a oferta como a demanda de drogas ilícitas. Para iso, necesítase unha cooperación internacional, pero mentres China, principal provedor do fentanilo, non colabore con Estados Unidos e México, isto non será posible. É importante vixiar as novas drogas de ameaza emerxente, como os nitazenos e a xilacina, xa que o fentanilo a miúdo adultérase con estas substancias, aumentando o risco de morte por sobredose. Conclusións: Tanto o fentanilo derivado do uso legal como o ilegal son responsables do aumento de mortes por sobredose. China, México e EE.UU. son os principais contribuíntes á crise dos opioides. Europa e España están protexidas dunha crise similar ao contar con mecanismos estritos na dispensación de opioides. É necesaria unha cooperación global e tomar medidas dirixidas ás causas e non ás consecuencias. Existen drogas de ameaza emerxente como a xilacina e os nitazenos capaces de producir unha crise máis letal que a do fentanilo.

Enfermidades alérxicas en Europa: características clínicas, perfil de sensibilización e prescrición de inmunoterapia.
Autoría
J.L.B.F.
Grao en Medicina
J.L.B.F.
Grao en Medicina
Data da defensa
20.06.2024 09:00
20.06.2024 09:00
Resumo
Introdución A patoloxía respiratoria alérxica é un prevalecente problema de saúde na nosa poboación. A inmunoterapia específica con alérxenos é un tratamento eficaz para diminuír os síntomas e atrasar a progresión da enfermidade. Esta inmunoterapia pódese facer con produtos administrados por vía sublingual ou subcutánea e con distintos tipos de formulacións. Apenas se realizaron estudos enfocados a identificar o que motiva aos médicos prescritores a elixir un ou outro produto de inmunoterapia. Obxectivos O obxectivo principal do presente TFG foi o de identificar os principais motivos polos que un médico decide unha ou outra vacina para o tratamento da patoloxía respiratoria dos seus pacientes, en Europa. Como obxectivos secundarios defínense a identificación das características da poboación tratada: tipo de enfermidade respiratoria e perfil de sensibilización, fundamentalmente. Suxeitos e Métodos Estudo prospectivo e transversal mediante unha enquisa en liña na que os médicos deberían contestar a unha serie de preguntas en relación ás características clínicas dos seus pacientes e a finalidade que pretenden conseguir co tratamento prescrito. O cuestionario elaborouse de acordo con a lista “CHERRIES”, siglas en inglés de: “CHEcklist for Reporting Results of Internet E-Surveys”. O instrumento en liña SurveyMonkey permitiu almacenar os datos recollidas nunha base de datos electrónica centralizada. O estudo non foi remunerado e contou coa aprobación do CEIC de Andalucía para o seu desenvolvemento en España. Resultados Un total de 127 médicos de 6 países europeos recrutaron un total de 2482 pacientes (433 en Francia, 1302 en España, 5 en Portugal, 36 en Noruega, 314 en Italia, e 392 en Alemania) de todas as idades. A gravidade da enfermidade respiratoria, a seguridade do tratamento e a actividade biolóxica do extracto seleccionado xunto á cuantificación dos alérxenos maiores son os parámetros que os médicos consideran de maior relevancia antes de elixir o tratamento para os seus pacientes. A inmunoterapia subcutánea foi a elixida para 1308 pacientes e a composición máis frecuente foi na súa forma depot con extractos de poles de gramíneas e de ácaros do po. Conclusión principal A gravidade da enfermidade respiratoria padecida é o factor máis relevante que determina a elección do produto de inmunoterapia en Europa.

Síndrome de hiperemese cannabinoide: Unha complicación en consumidores crónicos
Autoría
M.P.A.
Grao en Medicina
M.P.A.
Grao en Medicina
Data da defensa
20.06.2024 09:00
20.06.2024 09:00
Resumo
INTRODUCIÓN: O síndrome de hiperemese cannabinoide (CHS) informouse por primeira vez hai máis de 20 anos, porén, segue a ser unha entidade clínica pouco coñecida. Son aínda escasos os estudos sobre este, a súa fisiopatoloxía e tratamento. A legalización da marihuana pode incrementar a prevalencia de CHS, polo que coñecer ben este síndrome é importante para os profesionais sanitarios. OBXECTIVOS: Describir o CHS analizando polo miudo os seus criterios diagnósticos, identificando factores de risco ou etiolóxicos que se asocian ao consumo crónico de cannabis, contrastando os diferentes tratamentos dispoñibles e, por último, reflexionando sobre o seu impacto. METODOLOXÍA: Búsqueda bibliográfica de artigos científicos publicados dende 2018 ata a actualidade en bases de datos como PubMed, Scopus e Web Of Science, ademáis do emprego de libros de texto e recursos online dispoñibles. RESULTADOS: A clasificación Roma IV cataloga o CHS coma un trastorno gastroduodenal funcional, caracterizado por episodios de vómitos estereotipados asociados a dor abdominal, que pode desencadear complicacións e casos fatais. A prevalencia do síndrome está en incremento. A súa fisiopatoloxía baséase no efecto que produce o THC en diferentes receptores do organismo, destacando entre eles o receptor cannabinoide tipo 1, o receptor cannabinoide tipo 2 e o receptor de potencial transitorio V1. O tratamento do CHS consiste en medidas de apoio para a fase aguda, haloperidol, lorazepam, droperidol e crema de capsaicina. A nabilona e dronabinol poden axudar á prevención da reincidencia, sendo a abstinencia ao cannabis o método definitivo. CONCLUSIÓNS: É importante salientar a necesidade dunha maior investigación no eido do CHS, sendo chave á hora de adquirir capacidades de diagnóstico e tratamento precoz, sendo quen de aforrar recursos e previr complicacións e casos fatais.

BERMEJO BARRERA, ANA MARIA (Titoría)
BERMEJO BARRERA, ANA MARIA (Titoría)
Utilidade da tomografía de coherencia óptica intraoperatoria na cirurxia do segmento anterior
Autoría
B.V.T.
Grao en Medicina
B.V.T.
Grao en Medicina
Data da defensa
20.06.2024 09:00
20.06.2024 09:00
Resumo
A tomografía de coherencia óptica intraoperatoria (iOCT) é un método diagnóstico por imaxe sen contacto e non invasivo que experimentou un extraordinario desenvolvemento nos últimos anos, pois permite obter imaxes histolóxicas in vivo das estruturas oculares sen interromper o procedemento cirúrxico, facilitando unha visión dinámica en tempo real da cirurxía. O principal obxectivo da nosa revisión foi avaliar a utilidade da iOCT na cirurxía do segmento anterior. Buscouse a literatura baseada na consulta da basa de datos Medline (vía PubMed), incluíndo 37 estudos. Clasificamos os seus resultados segundo os seus respectivos campos, incluíndo o uso da iOCT en diferentes procedementos de segmento anterior. Os resultados suxiren como relevante a utilidade do iOCT no transplante de córnea lamelar, especialmente no transplante de membrana Descemet (DMEK), cirurxía de cataratas e cirurxía de implante de lente fáquica. Non se atoparon estudos que cumpran os criterios de inclusión en cirurxía de membrana amniótica, glaucoma, queratoplastia penetrante, segmentos intracorneais e cirurxía de queratoprótese, polo que non se poden achegar conclusións sobre a súa utilidade nestes procedementos. Os autores perciben a implementación da iOCT como un paso adiante na maioría dos procedementos do segmento anterior, constituíndo unha tecnoloxía clave no futuro da cirurxía oftálmica. A iOCT afecta significativamente á toma de decisións cirúrxicas, e ten o potencial necesario para mellorar os resultados cirúrxicos e evitar complicacións, aumentando a seguridade dos procedementos. Non obstante, aínda hai limitacións para a súa adopción polo seu elevado custo, a falta de análise automática de imaxes, a necesidade de deseñar instrumentos cirúrxicos compatibles, e a heteroxeneidade dos estudos publicados.

DE ROJAS SILVA, MARIA VICTORIA (Titoría)
DE ROJAS SILVA, MARIA VICTORIA (Titoría)
Tribunal
DOMINGUEZ PUENTE, FERNANDO (Presidente/a)
González Barcala, Francisco Javier (Secretario/a)
PINO MINGUEZ, JESUS (Vogal)
DOMINGUEZ PUENTE, FERNANDO (Presidente/a)
González Barcala, Francisco Javier (Secretario/a)
PINO MINGUEZ, JESUS (Vogal)
A efectividade das intervencións non farmacolóxicas para reducir a dor pélvica crónica en mulleres con endometriose
Autoría
M.P.N.V.
Grao en Medicina
M.P.N.V.
Grao en Medicina
Data da defensa
20.06.2024 09:00
20.06.2024 09:00
Resumo
Introdución: A endometriose é unha patoloxía complexa e común que se manifestamediante dor pélvica crónica e infertilidade. A condición defínese pola presenza de tecido endometrial fóra do útero, causando unha resposta inflamatoria crónica. Afecta predominantemente a mulleres en idade reprodutiva e caracterízase por unha gran variabilidade na manifestación clínica, impactando significativamente na calidade de vida das pacientes. Obxectivos: O obxectivo principal deste estudo é revisar a efectividade das intervencións non farmacolóxicas na xestión da dor pélvica crónica asociada coa endometriose. Ademais, búscase explorar como estas intervencións poden influír na mellora da calidade de vida das pacientes afectadas. Métodos: Realizouse unha revisión de literatura en PubMed seguindo os criterios PRISMA, para identificar estudos relevantes publicados nos últimos 10 anos. Os estudos seleccionados foron aqueles que investigaron a eficacia das intervencións non farmacolóxicas en mulleres diagnosticadas con endometriose, excluíndo estudos que non se enfocaban no tratamento da dor pélvica crónica. Resultados: Dun total de 2016 estudos identificados, 31 pasaron os criterios de inclusión e exclusión. Despois dunha avaliación detallada, 13 estudos foron incluídos na revisión final. Estes estudos demostraron que as intervencións non farmacolóxicas poden reducir significativamente a dor pélvica crónica e mellorar a calidade de vida das pacientes, aínda que os resultados variaron segundo o tipo de intervención e a severidade da enfermidade nas pacientes estudadas. Conclusión: As intervencións non farmacolóxicas representan unha alternativa prometedora e complementaria aos tratamentos médicos para a xestión da dor pélvica asociada coa endometriose. Estes métodos, que inclúen dende terapias físicas ata técnicas psicolóxicas, ofrecen beneficios significativos no alivio da dor e na mellora da calidade de vida, facendo fincapé na importancia dun enfoque individualizado e multidisciplinarno tratamento desta complexa condición.

Vieitez Villaverde, María Dolores Cotitoría
LOPEZ RAMON Y CAJAL, CARLOS NICOLAS (Titoría)
Vieitez Villaverde, María Dolores Cotitoría
Tribunal
SEÑARIS RODRIGUEZ, ROSA MARIA (Presidente/a)
CABANAS RODRIGUEZ, EDUARDO RODRIGO (Secretario/a)
MATEOS ALVAREZ, RAIMUNDO (Vogal)
SEÑARIS RODRIGUEZ, ROSA MARIA (Presidente/a)
CABANAS RODRIGUEZ, EDUARDO RODRIGO (Secretario/a)
MATEOS ALVAREZ, RAIMUNDO (Vogal)
Preditores de hospitalización en nenos diagnosticados de neumonía adquirida na comunidade: revisión bibliográfica serie de casos
Autoría
A.D.M.
Grao en Medicina
A.D.M.
Grao en Medicina
Data da defensa
20.06.2024 09:00
20.06.2024 09:00
Resumo
Obxectivo: Recoñecer os marcadores preditivos de ingreso hospitalario en nenos con neumonía adquirida na comunidade para xestionar este tipo de pacientes de xeito precoz e eficaz segundo a literatura e comparalos cos casos estudados. Método: revisión da literatura nas bases de datos PubMed, Medline, Cochrane e UptoDate cos termos: Infantil, Hiperreactividade bronquial, Pneumonía, Pneumonía, Bacteriana, Hospitalización. Serie de casos con 6 pacientes de 2 a 14 anos que acudiron entre febreiro de 2024 e marzo de 2024 ao servizo de urxencias pediátricas do Hospital Materno Infantil Teresa Herrera da Coruña, diagnosticados de neumonía adquirida na comunidade e que requiriron observación con/sen hospitalización posterior. Resultados e conclusións: A gravidade da pneumonía adquirida na comunidade está directamente relacionada co nivel de afectación lobar, os días previos de síntomas e febre, e o uso de antibióticos, antecedentes de hiperreactividade bronquial ou neumonía, que corresponde aos pacientes que precisaron ingreso na nosa serie

Yáñez Mesía, Sandra Cotitoría
Ávila Álvarez, Alejandro (Titoría)
Yáñez Mesía, Sandra Cotitoría
Tribunal
CRUZ LANDEIRA, ANGELINES (Presidente/a)
ANTUNEZ LOPEZ, JOSE RAMON (Secretario/a)
RODRIGUEZ REQUENA, JESUS (Vogal)
CRUZ LANDEIRA, ANGELINES (Presidente/a)
ANTUNEZ LOPEZ, JOSE RAMON (Secretario/a)
RODRIGUEZ REQUENA, JESUS (Vogal)
Utilidade do láser de 445 nm no tratamento da patoloxía larínxea: Unha revisión sistemática.
Autoría
S.A.G.
Grao en Medicina
S.A.G.
Grao en Medicina
Data da defensa
20.06.2024 09:00
20.06.2024 09:00
Resumo
INTRODUCIÓN: A larinxe, unha estrutura esencial na produción vocal e a deglutición, adoita verse afectada por diversas patoloxías (cancro, nódulos, pólipos, granulomas, papilomas, etc.) que poden impactar significativamente na calidade de vida dos pacientes. O láser de 445 nm, tamén coñecido como láser azul, é unha nova ferramenta terapéutica que está a gañar interese na comunidade médica para o tratamento de afeccións na área otorrinolaringolóxica. OBXECTIVO: Examinar a utilidade do láser azul no tratamento de patoloxías da larinxe en procedementos minimamente invasivos. MATERIAIS E MÉTODOS: Busca por parte de tres autores nas seguintes bases de datos indexadas PubMed/MEDLINE, a Biblioteca Cochrane e ScienceDirect. Analisáronse os criterios de inclusión, exclusión e diagnóstico, así como a avaliación dos resultados clínicos dos estudos incluídos mediante os criterios PRISMA. A análise de sesgos evaluouse coa ferramenta NICE Public Health Guidance. RESULTADOS: Identificáronse un total de 151 artigos. Unha vez excluídos os duplicados e os artigos non relacionados, seleccionáronse 24 artigos. Avaliouse o texto completo segundo a metodoloxía proposta, tras o cal se excluíron 9 manuscritos, o resultado final foi de 15 artigos incluídos. O láser azul é unha ferramenta recente indicada para o tratamento de patoloxía larínxea diversa, os estudos mostran unha tolerancia ao procedemento excelente e uns resultados satisfactorios relacionados coa regresión das lesións e os valores de escalas que avalían a calidade vocal. CONCLUSIÓN: Baseándonos nos estudos que existen ata a actualidade, o láser 445 nm é unha modalidade terapéutica eficaz e segura para o tratamento de patoloxía larínxea. Non obstante, son necesarias futuras investigacións realizadas en mostras poboacionais que sexan representativas.

Enfermidade autoinmune do oído interno: estratéxia diagnóstica e terapéutica
Autoría
T.F.A.F.
Grao en Medicina
T.F.A.F.
Grao en Medicina
Data da defensa
20.06.2024 09:00
20.06.2024 09:00
Resumo
A enfermidade autoinmune do oído interno (EAOI) é definida como unha pérdida auditiva neurosensorial rápidamente progresiva (3 a 9 días), bilateral, que pode ser fluctuante e que responde o tratamento con corticoides. Xurde do dano directo do sistema inmune nas estruturas do oído interno ou por unha enfermidade autoinmune sistémica. Máis do 50% dos doentes con esta enfermidade poden ter síntomas verticinosos, acúfenos e cofosis. EAOI e unha condición non frecuente pero grave que pode levar a unha perda total da audición se non se trata a tempo. A incidencia de enfermidade autoinmune do oído interno é dificil de determinar. É unha entidade rara, representable de menos do 1% de tódos los casos de enfermidades auditivas ou menos, sin embargo, o diagnóstico de EAOI pode pasarse por alto debido á ausencia de test e criterios diagnósticos bien establecidos. A sospeita diagnóstica de EAOI baséase na clínica, ca evidencia dunha perda auditiva neurosensorial progresiva en varias audiometrías de, polo menos, un oído con melloría ..... administración de corticoides. É importante descartar outras causas de hipoacusia e realizar estudos analíticos, serolóxicos e radiolóxicos. Niveis elevados de HSP70 e unha disminución das células T CD4+CD45RA+ cun incremento das celulas T CD4+ CD45RO+ podem ser dous achados suxestivos desta entidade. Nun existe cura para EAOI, pero o tratamento pode axudar a controlar a enfermidade e melhorar a audición. O tratamento terapéutico sigue sendo administración oral de dosis elevadas de corticoides, pero os axentes biololóxicos e inmunosupresores (principalmente o metatrexato), teñen cada vez máis importancia como tratamento adxuvante para ahorrar corticoides e como tratamento alternativo para os doentes intolerantes á corticoterapia ou que non responden a mesma. O implante coclear pode ser unha boa alternativa para os doentes cunha hipoacusia severa que non responden o tratamento médico.

PALLAS PALLAS, ESTRELLA (Titoría)
Pérez-Carro Ríos, Adela Cotitoría
PALLAS PALLAS, ESTRELLA (Titoría)
Pérez-Carro Ríos, Adela Cotitoría
Tribunal
ARAUJO VILAR, DAVID (Presidente/a)
SOTO VARELA, ANDRES (Secretario/a)
SUAREZ PEÑARANDA, JOSE MANUEL (Vogal)
ARAUJO VILAR, DAVID (Presidente/a)
SOTO VARELA, ANDRES (Secretario/a)
SUAREZ PEÑARANDA, JOSE MANUEL (Vogal)
Satisfacción dos profesionais da saúde das unidades de coidados intensivos pediátricos e neonatais coa simulación in situ: revisión sistemática.
Autoría
L.F.I.
Grao en Medicina
L.F.I.
Grao en Medicina
Data da defensa
20.06.2024 09:00
20.06.2024 09:00
Resumo
Introdución: A simulación clínica consiste en representar unha situación real nun espazo seguro e controlado co fin último de mellorar a atención ao paciente. Trátase dunha ferramenta cuxo uso foi medrando exponencialmente nas últimas décadas. Cando se desenvolve no entorno de traballo dos traballadores, coñécese como simulación in situ (ISS). Aínda que son moitos os beneficios que se lle atribúen a esta práctica, seguen existindo carencias de coñecemento ao seu redor, unha delas é a satisfacción do persoal sanitario coa implantación desta práctica nas súas unidades. Obxectivo: O obxectivo principal desta revisión sistemática é determinar o grao de satisfacción do persoal sanitario das unidades de coidados intensivos neonatais e pediátricos coa ISS. Métodos: Realizouse unha busca bibliográfica sistematizada de artigos publicados nas bases de datos PubMed, Scopus, Cinhal e Cochrane. A continuación, revisáronse e analizáronse os estudos atopados. Resultados: Obtivéronse un total de 52 artigos, dos que se descartaron 19 duplicados e excluíronse 16 artigos por non cumprir os criterios de inclusión ou por tratarse de artigos de baixa calidade. Finalmente, incluíronse na revisión 17 artigos. As probas que utiliza cada estudo para medir a satisfacción son diversas, recóllense tanto cuestionarios ad hoc (9 estudos) como cuestionarios estandarizados (todos eles diferentes). Incluíronse un total de 1630 participantes, a satisfacción global é alta, aínda que a heteroxeneidade das escalas non permite a comparación entre elas. Conclusións: Hai unha boa acollida da ISS por parte dos profesionais sanitarios, con altas cifras de satisfacción, así como un aumento da confianza, comodidade e preparación dos participantes neste tipo de actividades para afrontar situacións críticas que se poidan presentar nas unidades de coidados intensivos.

Ogando Martínez, Alicia Cotitoría
Ávila Álvarez, Alejandro (Titoría)
Ogando Martínez, Alicia Cotitoría
Tribunal
GARCIA RIESTRA, CARLOS (Presidente/a)
Rodríguez Vázquez, Virginia María (Secretario/a)
PAZOS CASTELOS, ANTONIO JUAN (Vogal)
GARCIA RIESTRA, CARLOS (Presidente/a)
Rodríguez Vázquez, Virginia María (Secretario/a)
PAZOS CASTELOS, ANTONIO JUAN (Vogal)
Avaliación da precisión dun sistema de ciruxía guiada na colocación de implantes dentais: un estudo in vitro
Autoría
B.F.G.
Grao en Odontoloxía
B.F.G.
Grao en Odontoloxía
Data da defensa
21.06.2024 09:30
21.06.2024 09:30
Resumo
Introdución. A ciruxía guiada en implantoloxía oral está a experimentar unha expansión pola simplificación dos procedementos e o aumento da previsibilidade dos resultados que supón o seu uso no ámbito da rehabilitación oral. Permítenos observar, visualizar e planificar dixitalmente a posición do implante, pero na actualidade presenta certa discrepancia entre a posición prevista do implante e a súa posición real final. Obxectivos. Avaliar a precisión dun sistema de ciruxía guiada na colocación de implantes dentais in vitro nun operador sen experiencia na colocación de implantes. Material e métodos. Realizouse un estudo experimental colocando 30 implantes dentais en 5 modelos de resina, 6 implantes por modelo, mediante a ciruxía guiada coa axuda dunha férula de resina dentosoportada, deseñada cun software de planificación de ciruxía guiada. Realizáronse medicións en referencia á desviación horizontal da cabeza e ó ápice do implante, á desviación angular e á desviación vertical con respecto á posición previamente planificada. Resultados. A desviación horizontal media na cabeza do implante foi de 0,54 mm. e a desviación horizontal media no ápice do implante foi de 0,92 mm. A desviación vertical media na posición apico-coronal do implante foi de 0,44 mm. Finalmente, a desviación angular media foi de 5,18 grados. Conclusións. A precisión da cirurxía guiada por un operador inexperto mostrou resultados similares aos reportados na literatura. A desviación angular foi a variable onde se observou a maior diverxencia. Os datos sobre a desviación horizontal, tanto na cabeza como no vértice do implante, e a desviación vertical, mostraron valores moi similares aos reportados noutros estudos de cirurxía guiada.

MAREQUE BUENO, SANTIAGO (Titoría)
MAREQUE BUENO, SANTIAGO (Titoría)
Tribunal
Diniz Freitas, Márcio (Presidente/a)
BLANCO CARRION, ANDRES (Secretario/a)
FERNANDEZ RIVEIRO, PAULA (Vogal)
Diniz Freitas, Márcio (Presidente/a)
BLANCO CARRION, ANDRES (Secretario/a)
FERNANDEZ RIVEIRO, PAULA (Vogal)
Uso de plumas intelixentes de insulina no tratamento da Diabetes Mellitus tipo 1. Impacto na variabilidade glicémica e control metabólico.
Autoría
I.L.P.
Grao en Medicina
I.L.P.
Grao en Medicina
Data da defensa
20.06.2024 09:00
20.06.2024 09:00
Resumo
Introdución: As plumas intelixentes de insulina ou “smartpens” son dispositivos recargables que contan cunha memoria electrónica na que rexistran a dose administrada. Obxectivos: Avaliar o impacto na vida real do uso de plumas intelixentes de insulina no control glicémico de pacientes con DM1, mediante o análise dos parámetros glucométricos obtidos da monitorización continua de glicosa. Metodoloxía: Estudo retrospectivo observacional en 23 pacientes con DM1 que iniciaron o uso de plumas intelixentes de insulina NovoPen 6 e NovoPen Echo Plus. Analizáronse os datos obtidos da monitorización continua de glicosa, dispoñibles na plataforma Libreview, os 14 días previos a iniciar o tratamento con plumas intelixentes e os 14 días previos á consulta de seguimento ós 3 meses. Analizouse o cambio no CV, TIR, TBR ,TAR e GMI. Resultados: Non se detectaron diferenzas significativas entre o CV inicial e aos 3 meses (p=0.57). Respecto ao resto de variables, o TIR aumentou de forma significativa aos 3 meses (54% inicial, 57% final) (p=0.028) mentres que non houbo diferenzas significativas no resto de parámetros analizados. Nos pacientes con mal control metabólico ao inicio, aumentou o TIR e diminuíron o TAR e o GMI. Pola contra, observouse un aumento significativo do CV, así coma do TBR. Nos pacientes ben controlados non houbo cambios significativos en ningún dos parámetros analizados. Conclusións: O uso de plumas intelixentes de insulina non supuxo un cambio significativo no CV da mostra. Sen embargo, aumentou o tempo en rango obxectivo da glicemia. O control glicémico previo influíu nos resultados obtidos, sendo máis beneficiados aqueles con peor control glicémico previo.

Seoane Cruz, Inés Cotitoría
Fernández Rodríguez, Eva (Titoría)
Seoane Cruz, Inés Cotitoría
Tribunal
GELABERT GONZALEZ, MIGUEL (Presidente/a)
CABANAS RODRIGUEZ, PALOMA (Secretario/a)
PEREIRO FERREIROS, MANUEL (Vogal)
GELABERT GONZALEZ, MIGUEL (Presidente/a)
CABANAS RODRIGUEZ, PALOMA (Secretario/a)
PEREIRO FERREIROS, MANUEL (Vogal)
Avaliación das ferramentas empregadas para a medición dos resultados en Vertebroplastia e a súa validez: unha Revisión Sistemática
Autoría
A.T.L.S.
Grao en Medicina
A.T.L.S.
Grao en Medicina
Data da defensa
20.06.2024 09:00
20.06.2024 09:00
Resumo
INTRODUCCIÓN: As fracturas vertebrais debidas á osteoporose son unha condición prevalecente, a miúdo tratada con Vertebroplastia. Este estudo avalía a especificidade das ferramentas utilizadas para medir os resultados en Vertebroplastia a través dunha revisión sistemática, cun enfoque particular na adecuación e o proceso de recollida de datos. OBXECTIVO: O obxectivo deste traballo consiste en avaliar a validez das ferramentas de medición en estudos de Vertebroplastia Percutánea en fractura vertebral osteoporótica, co propósito de determinar a adecuación e o proceso de recollida de datos. MATERIAL E MÉTODOS: Revisión Sistemática. Realizouse unha busca a través das bases de datos PubMed e Cochrane empregando os términos Vertebroplasty AND Osteoporosis AND Osteoporotic AND Fracture AND Compression fracture. Incluíronse os artigos entre Xaneiro de 2009 e Xaneiro 2024. RESULTADOS: A partir dunha selección de 365 artigos iniciais, foron finalmente elixibles 10 estudos que cumpriron os criterios de revisión (todos eles ECA). Avaliáronse 1229 pacientes, dos cales 615 foron tratados con vertebroplastia e 614 con tratamento conservador. Os 10 estudos avaliaron pacientes con fracturas de fraxilidade vertebral de causa osteoporótica. A maioría dos estudos coinciden en que o tratamento con vertebroplastia é eficaz tanto nas fracturas agudas como nas crónicas. CONCLUSIÓNS: A Vertebroplastia demostrou a súa eficacia tanto no tratamento de fracturas agudas como crónicas, mellorando a dor e a calidade de vida. Faise especial fincapé na importancia da exploración física adecuada no diagnóstico das fracturas vertebrais. É necesario seguir investigando e establecendo criterios consensuados para unha clasificación precisa destas fracturas, para mellorar os tratamentos e a atención clínica nesta poboación. Non obstante, son necesarias máis investigacións para apoiar estas observacións.

Pazos Mohri, Alba Cotitoría
DIEZ ULLOA, MAXIMO ALBERTO (Titoría)
Pazos Mohri, Alba Cotitoría
Tribunal
VIDAL PAN, Mª DEL CARMEN (Presidente/a)
de la Iglesia Martínez, Fernando Antonio (Secretario/a)
CAMESELLE TEIJEIRO, JOSE MANUEL (Vogal)
VIDAL PAN, Mª DEL CARMEN (Presidente/a)
de la Iglesia Martínez, Fernando Antonio (Secretario/a)
CAMESELLE TEIJEIRO, JOSE MANUEL (Vogal)
Estudo sobre a calidade de vida relacionada coa saúde nas persoas coidadoras.
Autoría
M.D.P.B.I.
Grao en Medicina
M.D.P.B.I.
Grao en Medicina
Data da defensa
20.06.2024 09:00
20.06.2024 09:00
Resumo
Introdución: Un coidador é aquela persoa que asiste a outra que necesita axuda para coidar de si mesma. Esta labor pode afectar á saúde física, emocional ou social do coidador, é dicir, á súa calidade de vida. Obxectivos: Evaluar se ser coidador afecta á calidade de vida relacionada coa saúde, utilizando o cuestionario xenérico SF-36 nunha mostra representativa dunha poboación rural. Material e métodos: Estudio transversal sobre unha mostra aleatorizada de 1512 individuos maiores de 18 anos do municipio de A Estrada (Pontevedra) reclutados entre 2012 e 2015, e dividida en dous grupos: coidadores e non coidadores. A través de determinacións, datos da súa historia clínica, e o cuestionario SF-36, estudiáronse as variables sodiodemográficas e de estilo de vida de ambos grupos e se confeccionaron modelos lineais aditivos xeneralizados axustados por idade e sexo. Resultados: Os coidadores presentan peores puntuacións na súa función física (mediana 85) respecto aos non coidadores (mediana 90); vitalidade (55 versus 60), saúde mental (72 vs 76), función social (87 vs 100) e dor corporal (67 vs 70). Non existen diferencias significativas no seu rol físico, saúde xeral e autopercepción da saúde. Ao axustar por idade e sexo, unicamente son significativamente inferiores o seu rol emocional e función social (disminución media de 6,1 e 3,8 puntos, respectivamente, en relación cos non coidadores). Conclusión: Ser coidador asocia unha peor calidade de vida percebida, especificamente significativa no rol emocional e función social. O noso estudio permite, ademais, recoñecer o seu perfil sociodemográfico e apoiar a creación de redes de soporte para as familias con persoas con enfermidades crónicas. É necesario maior investigación ao respecto para crear unha base de información máis robusta.

Fernández Merino, María del Carmen Cotitoría
GUDE SAMPEDRO, FRANCISCO (Titoría)
Fernández Merino, María del Carmen Cotitoría
Tribunal
RODRIGUEZ PALLARES, JANNETTE (Presidente/a)
RODRIGUEZ GARCIA, JAIME JOSE (Secretario/a)
LOPEZ MARTIN, MARIA ELENA (Vogal)
RODRIGUEZ PALLARES, JANNETTE (Presidente/a)
RODRIGUEZ GARCIA, JAIME JOSE (Secretario/a)
LOPEZ MARTIN, MARIA ELENA (Vogal)
Impregnación de titanio en pacientes tratados con barras de crecemento por Escoliose de Inicio Precoz: Barras de Crecemento Magnéticas.
Autoría
E.D.S.
Grao en Medicina
E.D.S.
Grao en Medicina
Data da defensa
20.06.2024 09:00
20.06.2024 09:00
Resumo
CONTEXTO: O desenvolvemento volumétrico da caixa torácica depende do crecemento en lonxitude da columna vertebral. Por iso hai que evitar a fusión definitiva da columna antes de que a caixa torácica se desenvolva completamente, empregando xesos, corsés ou barras de crecemento (BC, magnéticas -MCGR-, ou tradicionais -TGR-). O titanio destes implantes libérase por fricción, orixinando unha reacción tisular local (metalose). HIPÓTESE: As MCGR xeran máis metalose que as TGR. OBXECTIVOS: Detección do problema da metalose na literatura de BC, con referencia ao tipo de implante: MCGR vs TGR. Niveis de titanio en tecidos brandos adxacentes ás barras, sangue e outros tecidos a distancia (pelo, uñas, etc). FONTES DE INFORMACIÓN: Revisión sistemática en MEDLINE (vía PubMed), citas indirectas dos artigos cribados e consulta con expertos en EOS. RESULTADOS: Na literatura detéctase o problema da metalose: pseudomembrana inflamatoria crónica adxacente ás MCGR. Así mesmo, atopáronse valores de Ti elevados na devandita pseudomembrana (0,62-54,4 g/Kg), en sangue (0,8-28,2 microgramos/L), pelo (3,09 mg/Kg) e uñas (menos de 0,05 mg/Kg) nos estudos analizados. CONCLUSIÓNS: 1. Recalcamos que o tratamento da EOS debe permitir o desenvolvemento completo do tórax. 2. 3. 4. Existe unha metalose por titanio en portadores de MCGR. É maior en pacientes con MCGR que en pacientes con TGR. Hai niveis de Ti séricos e tisulares a distancia elevados en pacientes con MCGR. 5. Non se demostraron efectos deletéreos para a saúde do Ti. 6. Resaltamos a importancia do seguimento destes pacientes a longo prazo. 7. Fan falta máis estudos sobre o tema, como o que estamos desenvolvendo.

HERBELLO HERMELO, PALOMA Cotitoría
GELABERT GONZALEZ, MIGUEL (Titoría)
HERBELLO HERMELO, PALOMA Cotitoría
Tribunal
CRUZ LANDEIRA, ANGELINES (Presidente/a)
ANTUNEZ LOPEZ, JOSE RAMON (Secretario/a)
RODRIGUEZ REQUENA, JESUS (Vogal)
CRUZ LANDEIRA, ANGELINES (Presidente/a)
ANTUNEZ LOPEZ, JOSE RAMON (Secretario/a)
RODRIGUEZ REQUENA, JESUS (Vogal)
Factores de risco de negativización tardía dos cultivos de esputo de doentes con tuberculose pulmonar.
Autoría
A.L.L.
Grao en Medicina
A.L.L.
Grao en Medicina
Data da defensa
20.06.2024 09:00
20.06.2024 09:00
Resumo
Os doentes con tuberculose (TB) pulmonar sensible que persisten con cultivos de esputo positivos tras dous meses de tratamento teñen un alto risco de recaída tras finalizaren o tratamento convencional de seis meses. Porén, na práctica clínica e por distintos motivos, é frecuente que non se realice o control microbiolóxico de esputos no segundo mes de tratamento. O obxectivo deste traballo é analizar as variables predictoras de cultivos positivos ao segundo mes de tratamento e, daquela, que poidan ser identificados ao comezo os doentes con alto risco de recaída. O seu recoñecemento axudaría ao clínico a dirixir esforzos de cara a obtención de mostras ao segundo mes de tratamento nestes doentes. Levouse a cabo un estudo descritivo retrospectivo dos doentes con TB pulmonar sensible seguidos na Unidade de Tuberculose de Pontevedra que iniciaron tratamento entre o 1-1-2018 e o 31-10-2023, e que tiñan polo menos unha mostra para o cultivo de esputo realizado despois de dous meses de tratamento. Analizáronse variables sociodemográficas, características radiográficas e microbiolóxicas, a evolución do doente aos seis meses e a súa situación final. Identificáronse 240 doentes, dos que 104 cumprían os criterios de inclusión. Houbo 15 (14,4%) con cultivos positivos no segundo mes. Na análise univariante atopáronse 10 variables predictoras: sexo masculino, tabaquismo, expectoración, síndrome constitucional, cavitacións pulmonares, baciloscopia inicial positiva, leucocitose, trombocitose, elevación da Proteína C Reactiva, e descenso da hemoglobina (Hb). Na análise multivariante mostraron significación estatística: o sexo masculino (p=,030), a Hb (p=,026) e a presenza de imaxes cavitadas (p=,014). Pódese concluír que se debe realizar seguimento especialmente de preto a aqueles doentes que inician tratamento antituberculoso con algunhas das características descritas, dado o seu risco aumentado de presentaren cultivos positivos no segundo mes. É fundamental subliñar a importancia da toma de mostras no segundo mes nestes doentes.

Melián Rodríguez, Luis Cotitoría
Anibarro García, Luís (Titoría)
Melián Rodríguez, Luis Cotitoría
Tribunal
GELABERT GONZALEZ, MIGUEL (Presidente/a)
CABANAS RODRIGUEZ, PALOMA (Secretario/a)
PEREIRO FERREIROS, MANUEL (Vogal)
GELABERT GONZALEZ, MIGUEL (Presidente/a)
CABANAS RODRIGUEZ, PALOMA (Secretario/a)
PEREIRO FERREIROS, MANUEL (Vogal)
Adestramento de forza na fase II dun protocolo de rehabilitación cardiaca.
Autoría
A.L.D.C.
Grao en Medicina
A.L.D.C.
Grao en Medicina
Data da defensa
20.06.2024 09:00
20.06.2024 09:00
Resumo
INTRODUCIÓN: A rehabilitación cardíaca (RC) e o adestramento de forza (AF) representan dúas facetas esenciais na atención dos pacientes con enfermidades cardiovasculares (ECV) na actualidade. Un dos aspectos máis destacados da RC neste momento é a crecente importancia do AF. Tradicionalmente, a rehabilitación centrábase no exercicio aeróbico, pero o fortalecemento muscular foi cada vez máis recoñecido como un papel crucial na recuperación. O AF converteuse nunha gran ferramenta para mellorar a saúde cardiovascular, aumentar a capacidade funcional e reducir o risco de futuros eventos cardiovasculares. Nesta revisión, exploraremos a importancia do AF nun protocolo de rehabilitación cardíaca (PRC) no contexto das ECV. Ademais, avaliaremos como estes enfoques están a transformar positivamente a atención dos pacientes na actualidade, o que resulta en beneficios significativos para a súa saúde e calidade de vida. OBXECTIVOS: Avaliar na literatura dispoñible os efectos de incluír o AF na fase II do PRC, xunto co adestramento aeróbico (AA) que se realizaba previamente de forma illada. DESEÑO E FONTES DE DATOS: O traballo consistirá nunha revisión sistemática. No mes de decembro de 2023 realizouse unha busca nas seguintes bases de datos electrónicas: Medline (a través de PubMed) e Web of Science de 2014 a 2023. Os criteriosde inclusión/exclusión permitíronnos seleccionar estudos realizados en humanos que estudaron a eficacia de adestramento combinado (AC) en pacientes cardíacos. RESULTADOS: Identificáronse 1348 artigos potencialmente relevantes, dos cales 6 cumpriron todos os criterios de inclusión. Incluíronse un total de 9.020 pacientes con predominio de homes, onde a franxa de idade dos suxeitos era de 27-86 anos. Os resultados mostran que o AF combinado co AA ten efectos positivos en varios aspectos da saúde en pacientes con patoloxía cardíaca. Observáronse melloras significativas en varios parámetros como o consumo máximo de osíxeno (VO2pico), a forza muscular e a calidade de vida en comparación coa realización dun AA exclusivo ou a non participación en ningún PRC. Ademais, atopáronse poucos efectos adversos, a maioría leves, como dor musculoesquelética ou síntomas cardiovasculares leves. CONCLUSIÓNS: O AC en RC ofrece beneficios significativos en comparación co exercicio aeróbico só ou sen rehabilitación. Aínda que o AC é máis eficaz que ningunha rehabilitación na maioría dos aspectos, hai unha variabilidade nos resultados en comparación co exercicio aeróbico só. Identificáronse limitacións nos estudos incluídos e recoméndase futuras investigacións máis rigorosas con protocolos estandarizados que eliminen a heteroxeneidade entre os estudos para optimizar os protocolos de adestramento e comprender mellor os seus efectos.

Bermejo de la Fuente, Pilar Cotitoría
FIGUEROA RODRIGUEZ, JESUS (Titoría)
Bermejo de la Fuente, Pilar Cotitoría
Tribunal
GELABERT GONZALEZ, MIGUEL (Presidente/a)
CABANAS RODRIGUEZ, PALOMA (Secretario/a)
PEREIRO FERREIROS, MANUEL (Vogal)
GELABERT GONZALEZ, MIGUEL (Presidente/a)
CABANAS RODRIGUEZ, PALOMA (Secretario/a)
PEREIRO FERREIROS, MANUEL (Vogal)
O peso materno prexestacional, o aumento de peso e o exercicio físico durante o embarazo e a lactancia materna como factores de risco para a obesidade infantil. Unha revisión sistemática.
Autoría
P.C.D.
Grao en Medicina
P.C.D.
Grao en Medicina
Data da defensa
20.06.2024 09:00
20.06.2024 09:00
Resumo
Xustificación: Os primeiros 1000 días de vida son unha xanela de oportunidade para a prevención da obesidade pediátrica. As estratexias de intervención para as mulleres en idade fértil e de embarazo e os lactantes poderían ser esenciais. Obxectivos: O obxectivo principal é avaliar a asociación entre o peso prexestacional, o aumento de peso e o exercicio físico durante o embarazo e a lactación e o sobrepeso e a obesidade infantil. Ademais de identificar as interaccións entre estas e o seu posible efecto combinado. Material e métodos: Realízase unha revisión sistemática segundo PRISMA na base de datos PubMed, utilizando a fórmula (((((((Pediatric Obesity/prevention and control[Mesh]) OR Overweight/prevention and control[Mesh]) AND Risk Factors[Mesh]) AND Obesity, Maternal[Mesh]) OR Gestational Weight Gain[Mesh]) OR Breast Feeding[Mesh]) OR Exercise[Mesh]) AND Pregnancy[Mesh] OR First 1000 day”. Tamén se exploran Scopus e Web of Science. Os sesgos analízanse mediante ROBINS-E e ROBINS-I. Resultados: Tras buscar nas bases de datos obtivéronse 169 estudos, dos cales se incluíron 13. O peso materno prexestacional máis elevado e o aumento excesivo de peso durante o embarazo demostraron ser factores de risco para a obesidade infantil. O exercicio físico de intensidade moderada durante o embarazo e unha duración adecuada da lactación materna foron factores protectores para o seu desenvolvemento. Ademais, a adición de factores de risco supón un aumento do risco. Conclusións: Os factores de risco estudados resultan ser factores críticos que inflúen no risco de sobrepeso e obesidade infantil. Comprender e xestionar adecuadamente estes factores xoga un papel importante na prevención da obesidade dende os primeiros anos de vida.

García García, Eva María Cotitoría
Leis Trabazo, María Rosaura (Titoría)
García García, Eva María Cotitoría
Tribunal
Alvarez Villamarin, Clara (Presidente/a)
SAAVEDRA NIEVES, ALEJANDRO (Secretario/a)
FERNANDEZ PEREZ, CRISTINA (Vogal)
Alvarez Villamarin, Clara (Presidente/a)
SAAVEDRA NIEVES, ALEJANDRO (Secretario/a)
FERNANDEZ PEREZ, CRISTINA (Vogal)
Envellecemento en pacientes con VIH: estudo dunha cohorte de maiores de 65 anos
Autoría
M.G.S.
Grao en Medicina
M.G.S.
Grao en Medicina
Data da defensa
20.06.2024 09:00
20.06.2024 09:00
Resumo
Tipo de estudo: Estudo de cohortes Xustificación: Na actualidade, as persoas maiores que viven co VIH (PMHIV) gozan dunha esperanza de vida comparable á da poboación xeral. Este aumento da lonxevidade leva á aparición de novas comorbilidades relacionadas coa idade. O que leva á necesidade de adaptarse ás novas circunstancias e individualizar o coidado e atención do PHIV. Obxectivo: Describir e analizar as características do PMHIV e como se relacionan coas diferentes comorbilidades e polifarmacia que presentan na actualidade. Métodos: Análise transversal dos pacientes con VIH que están sendo monitorizados na Unidade de Enfermidades Infecciosas do Hospital Clínico Universitario de Santiago de Compostela. Os seus datos clínicos, así como comorbilidades e polifarmacia serán analizados nunha mostra de 85 pacientes. Resultados: Estudáronse 85 persoas maiores de 65 anos que viven co VIH, cunha idade media de 69 anos e unha duración da vida co VIH de mediana de 17 anos. O 41% foi diagnosticado con criterios que definen a SIDA. As comorbilidades máis frecuentes son a hipertensión arterial 55% e as dislipidemias 52%. No ámbito da polifarmacia, polo menos o 40% dos nosos pacientes que viven co VIH toman 5 ou máis medicamentos. O 35% dos pacientes recibiron máis de 5 liñas de tratamento antirretroviral. No momento do estudo, todas as persoas tiñan unha carga viral indetectable. Atopouse unha débil correlación entre a idade, o número de tratamentos antirretrovirais recibidos ao longo da súa vida e o número de comorbilidades que presenta o PMHIV. Conclusións: Desta análise destacamos as diferentes comorbilidades e a carga da polifarmacia que experimenta o PMHIV. Para comprender as variables que inflúen no desenvolvemento das comorbilidades e mellorar a atención prestada son necesarios máis estudos.

Comparación entre a enucleación con láser Holmium e a resección transuretral no tratamento da hiperplasia benigna de próstata: un estudo retrospectivo.
Autoría
M.A.A.S.
Grao en Medicina
M.A.A.S.
Grao en Medicina
Data da defensa
20.06.2024 09:00
20.06.2024 09:00
Resumo
Introdución: a hiperplasia benigna de próstata é unha enfermidade que afecta a millóns de homes e reduce moito a súa calidade de vida. Disponse de diferentes opcións terapéuticas, entre elas dúas técnicas cirúrxicas que son obxecto deste traballo: a resección transuretral da próstata (RTUp) e a enucleación prostática con láser de holmio (HoLEP). Obxectivo: comparar a efectividade de RTUp e HoLEP no tratamento da hiperplasia prostática, en termos de valores de fluxo máximo, volume de vaciado, residuo posmiccional, impacto nos niveis de PSA, tecido enucleado/resecado e duración da operación, hospitalización e cateterismo, así como a presenza de complicacións asociadas. Métodos: realizouse un estudo retrospectivo sobre unha base de datos seudonimizada dunha serie de 96 casos intervidos no CHUAC: 41 de RTUp e 55 de HoLEP, entre xaneiro de 2022 e outubro de 2023. Recolléronse variables preoperatorias, intraoperatorias e a análise estatística realizouse na plataforma SPSS 29. Resultados: atopáronse diferenzas estatisticamente significativas en canto á diferenza no fluxo máximo (p-valor menos de 0,001, a favor de HoLEP), duración da operación (p-valor menos de 0,001, a favor da RTUp), redución do PSA e tecido enucleado (ambos p-valor menos de 0,001 e a favor de HoLEP) e diminución da hemoglobina (valor de p 0,030 a favor de RTUp). No resto de obxectivos non se atoparon diferenzas significativas. Conclusións: con HoLEP conseguíronse aumentos significativamente maiores do fluxo máximo posoperatorio e da cantidade de tecido prostático enucleado, así como maiores diminucións do PSA. No grupo RTUp, a duración das cirurxías e a diminución da hemoglobina foron menores. Non se atoparon diferenzas significativas en canto ao volume miccional, residuo post-miccional, duración da hospitalización e cateterismo, nin na aparición de complicacións.

Vázquez-Martul Pazos, Darío Cotitoría
BLANCO PARRA, MIGUEL ANGEL (Titoría)
Vázquez-Martul Pazos, Darío Cotitoría
Tribunal
PEREZ FERNANDEZ, ROMAN (Presidente/a)
LIROLA DELGADO, ANTONIO GUSTAVO (Secretario/a)
Antela López, Antonio Rafael (Vogal)
PEREZ FERNANDEZ, ROMAN (Presidente/a)
LIROLA DELGADO, ANTONIO GUSTAVO (Secretario/a)
Antela López, Antonio Rafael (Vogal)
A autopsia médico-legal na morte sospeitosa: a morte súbita funcional con base patolóxica.
Autoría
P.C.C.
Grao en Medicina
P.C.C.
Grao en Medicina
Data da defensa
20.06.2024 09:00
20.06.2024 09:00
Resumo
A morte súbita caracterízase por ser inesperada e rápida, tendo lugar dentro das 24 horas dende o inicio das manifestacións clínicas. A máis frecuente é a de orixe cardíaca, causando entre 4 e 5 millóns de mortes ao ano en todo o mundo, sendo a debida a aterosclerose coronaria a máis frecuente. A morte súbita cardíaca, ao tratarse dunha morte sospeitosa, require da realización de autopsia xudicial, pero en moitos casos non se evidencia unha lesión que xustifique con total certeza a causa do falecemento, podendo atoparse outras lesións inespecíficas que poderían explicala pero que ao mesmo tempo tamén poderían estar presentes en persoas vivas sen provocar a súa defunción, clasificándose estes casos como morte súbita cardíaca funcional con base patolóxica. Este traballo, centrado na morte súbita cardíaca funcional con base patolóxica coronaria, demostra a falta de criterios homoxéneos e estandarizados para o seu diagnóstico mediante unha revisión sistemática, ao tempo que se avalía a evidencia dispoñible sobre o uso de técnicas de imaxe e marcadores moleculares e bioquímicos post mortem para o seu estudo. Tamén se realiza unha revisión das sentenzas e autos ditados na comunidade autónoma de Galicia, que demostra a importancia dunha correcta clasificación desta morte dadas as repercusións que pode ter a nivel xurídico. Ademais, descríbense e compáranse os datos estatísticos facilitados polos distintos Institutos de Medicina Legal e Ciencias Forenses do territorio español, que permiten deducir da situación actual a existencia dun elevado número de mortes que son catalogadas erradamente como sospeitosas en España, un dos países cunha menor incidencia de morte súbita cardíaca dentro de Europa.

Caracterización do microbioma oral en saúde en diferentes nichos orais: unha análise multi lotes
Autoría
R.F.M.
Grao en Odontoloxía
R.F.M.
Grao en Odontoloxía
Data da defensa
19.07.2024 09:30
19.07.2024 09:30
Resumo
Obxectivo: Analizar os microbiomas supraenxival, subenxival e salivar de pacientes periodontalmente sans a nivel variante de secuencia de amplicón (ASV) en termos de alfa diversidade, estrutura da comunidade e abundancia diferencial. Isto fíxose cun enfoque de análise composicional e despois de remover os efectos de lote. Material e métodos: Realizáronse procuras en distintas bases de datos para identificar estudos previos de secuenciación Illumina V3,V4 no microbioma da placa supraenxival, placa subenxival e/ou saliva en saúde periodontal. Aqueles que cumpriron os criterios para os metadatos e secuencias foron incluídos na nosa análise, acadándose 848 mostras. As secuencias procesáronse co mesmo protocolo bioinformático, que incluíu a clasificación a nivel ASV e o emprego dunha base específica oral para a asignación taxonómica. A análise estatística realizouse no entorno de RBioconductor. Resultados: A placa supraenxival foi máis rica ca a subenxival e saliva (ASVs612,00 vs. 479,00 e 445,00; cobertura95% 224,00 vs. 171,00 e 172,00; pmenor0,05). Porén, a placa sub presentou unha distribución máis uniforme (Pielou0,65 vs. 0,62; pmenor0,01) e a saliva maior diversidade e distribución (Shannon4,11 vs. 4,07; Pielou0,65 vs. 0,62; pmenor0,05) que a supra. A PCA revelou un agrupamento das mostras sás segundo o nicho ao que pertencían (pmenor0,0001). Finalmente, 121 ASVs (1,14% das detectadas), das cales 10 (0,09%) tiveron tamaño do efecto grande, presentaron abundancia diferencial entre placas. Nas comparativas placas vs. saliva estes números foron de 212 (2,00%) e 107 (1,01%) para a supra, e 160 (1,51%) e 95 (0,90%) para a sub. Conclusión: En saúde oral, a placa supraenxival é máis rica ca subenxival e a saliva. Porén, a placa subenxival é máis uniforme e a saliva máis diversa e uniforme ca placa supraenxival. A estrutura da comunidade microbiana é diferente nos tres nichos. En termos de abundancia diferencial, as placas son máis similares entre si que coa saliva.

TOMAS CARMONA, INMACULADA (Titoría)
Regueira Iglesias, Alba Cotitoría
TOMAS CARMONA, INMACULADA (Titoría)
Regueira Iglesias, Alba Cotitoría
Tribunal
RODRÍGUEZ FERNÁNDEZ, Mª DE LA ALMUDENA (Presidente/a)
GARCIA VARELA, SANDRA (Secretario/a)
Batalla Vázquez, María Pilar (Vogal)
RODRÍGUEZ FERNÁNDEZ, Mª DE LA ALMUDENA (Presidente/a)
GARCIA VARELA, SANDRA (Secretario/a)
Batalla Vázquez, María Pilar (Vogal)
Análise do potencial carioxénico nos menús escolares de educación primaria para os alumnos de 6 ata 12 anos nos colexios públicos, privados e concertados da área de Santiago de Compostela.
Autoría
Y.G.A.
Grao en Odontoloxía
Y.G.A.
Grao en Odontoloxía
Data da defensa
21.06.2024 09:30
21.06.2024 09:30
Resumo
Introdución: A nutrición é vital para un desenvolvemento axeitado, sendo clave unha dieta equilibrada, completa e saudable. Segundo a OMS, a dieta inflúe no correcto desenvolvemento do organismo e na probabilidade de padecer enfermidades non transmisibles como a diabetes, as enfermedades cardiovasculares ou a carie. En Galicia, a metade dos escolares come ao mediodía en comedores, o que resalta a importancia de analizar os seus menús, especialmente tras a pandemia da COVID-19 onde o hábito do cepillado tras a comida foi vetado en moitos centros. O noso estudio avalía o poder carioxénico dos menús en nenos de 6 a 12 anos en Santiago de Compostela. Materiais e método: Este estudo descriptivo recompilou os menús escolares dos colexios de educación primaria da área de Santiago. Recompiláronse 27 menús dos cales 19 foros avaliados en función do tipo de alimento e a frecuencia de consumo. Resultados: Dos 19 menús, 5 pertencían a colexios públicos, 12 a concertados e 2 a privados. O 68,4% (13 menús) tiñan un poder carioxénico moderado e o 31,6% (6 menús) un poder carioxénico alto. É dicir, ningún dos menús obtivo un risco carioxénico baixo. Non se atopou relación significativa entre o tipo de xestión do comedor, o tipo de centro e o risco carioxénico dos menús. Atopamos que os alimentos con hidratos de carbono complexos con azucres engadidos e os sólidos medianamente adhesivos azucarados son os que maior risco cairoxénico teñen. Conclusións: Independentemente do tipo de centro ou da xestión do comedor, todos os menús posuían un poder carioxénico moderado ou alto. Atopamos que os alimentos que maior poder carioxénico aportaban eran os hidratos de carbono con azucres engadidos e os sólidos medianamente azucarados.

CHAMORRO PETRONACCI, CINTIA MICAELA (Titoría)

Papel da Odontoloxía Forense nas Grandes Catástrofes
Autoría
I.G.M.
Grao en Odontoloxía
I.G.M.
Grao en Odontoloxía
Data da defensa
19.07.2024 09:30
19.07.2024 09:30
Resumo
Introdución: Nas últimas décadas, as grandes catástrofes ou desastres de masas fixéronse máis frecuentes debido aos cambios na sociedade (avances tecnolóxicos, grandes construcións, ataques terroristas…). Nestas situacións, a guía de referencia a nivel internacional é o protocolo da Interpol para a Identificación de Vítimas de Catástrofes (IVC). O papel que desempeña a Odontoloxía Forense neste procedemento é de gran importancia, xa que ofrece técnicas rápidas, fiables e económicas. Obxetivos: Coñecer o papel que desempeñou a Odontoloxía Forense na identificación de cadáveres en desastres de masas dos últimos 20 anos. Material e métodos: Revisión bibliográfica mediante a busca de artigos en PubMed, Dialnet, Scilo e Google Académico no rango temporal comprendido entre o ano 2004 ata o ano 2024. Resultados: Seleccionáronse 36 artigos para a realización deste traballo, dos cales 16 facían referencia as catástrofes ocorridas nos últimos 20 anos. A Guía de Interpol para a IVC recolle os detalles de todas as fases do proceso de identificación e o papel que desempeñan cada un dos profesionais, incluidos os odontólogos forenses. Nos últimos 20 anos, dos 16 desastres de masas dos que se obtivo información, a odontoloxía forense contribuiu á IVC en 14 deles (87,5%), sendo o principal método en 4 (25%). Conclusiones: A Odontoloxía Forense é necesaria e segue sendo resolutiva para a identificación de cadáveres en desastres de masas.

Enfermidade de Castleman, variante TAFRO, na idade pediátrica: caso clínico e revisión
Autoría
M.I.M.P.D.C.
Grao en Medicina
M.I.M.P.D.C.
Grao en Medicina
Data da defensa
18.07.2024 09:00
18.07.2024 09:00
Resumo
Introdución: A enfermidade de Castleman (CD) é unha enfermidade sistémica linfoproliferativa non clonal moi infrecuente. Dentro do espectro desta patoloxía atópase unha das súas variantes, TAFRO, acrónimo para trombocitopenia, anasarca, febre, fibrose reticulínica e organomegalia. É un subtipo de enfermidade de Castleman idiopática e multicéntrica (iMCD-TAFRO) grave, e se ben se describe maioritariamente en pacientes adultos, existen casos excepcionais descritos en idade pediátrica. Denótanse polo tanto limitacións na evidencia sobre a aplicabilidade dos métodos diagnósticos e terapéuticos neste grupo de pacientes. Obxectivo e métodos: A raíz dun caso clínico dun varón que debutou aos 12 anos co síndrome de TAFRO, procedemos á revisión de casos semellantes seguindo as directrices PRISMA e exploramos a utilidade do anticorpo monoclonal anti-IL-6, siltuximab, no contexto pediátrico, xa que actualmente é o único fármaco aprobado para o tratamento da enfermidade de Castleman en pacientes maiores de 18 anos. Resultados: Profundizamos nun total de 16 artigos, dos cales se obtivo, xunto co caso do presente estudo, unha mostra de 20 pacientes con idades comprendidas entre 0,92 e 17 anos. Todos recibiron un diagnóstico dalgunha das formas de síndrome de TAFRO. Siltuximab foi usado no 30% (6/20) dos casos, presentando respostas favorables sen terse rexistrado ningún tipo de efecto adverso a curto e medio prazo. Entre os pacientes que responderon, observouse un aumento de IL-6 e PCR no 60% (3/5) e anemia no 80% (4/5), previo ao tratamento. Conclusións: Ademais dunha resposta favorable ao uso de siltuximab e un perfil de seguridade aceptable, atopáronse algunhas características clínicas e histopatolóxicas superpoñibles ás das cohortes de pacientes adultos. Necesítanse estudos controlados, aplicados a un maior número de pacientes e con períodos de seguimento máis longos, que comproben estes achados.

FERNANDEZ MARTIN, JORGE JULIAN (Titoría)
FERNANDEZ MARTIN, JORGE JULIAN (Titoría)
Tribunal
MENDEZ ALVAREZ, ESTEFANIA MARIA SALOME (Presidente/a)
PEÑA FERNANDEZ, MAITE (Secretario/a)
MONTES MARTINEZ, AGUSTIN (Vogal)
MENDEZ ALVAREZ, ESTEFANIA MARIA SALOME (Presidente/a)
PEÑA FERNANDEZ, MAITE (Secretario/a)
MONTES MARTINEZ, AGUSTIN (Vogal)
Eficacia do Ustekinumab no tratamento da Colitis Ulcerosa: Experiencia dun centro. Estudo dunha serie de casos
Autoría
P.U.M.
Grao en Medicina
P.U.M.
Grao en Medicina
Data da defensa
20.06.2024 09:00
20.06.2024 09:00
Resumo
Introdución: As enfermidades inflamatorias do intestino, e máis concretamente a colite ulcerosa, son patoloxías inmunomediadas. Ustekinumab demostrou a súa eficacia nos Ensaios Clínicos de Fase III, incorporándoo ás liñas de tratamento actuais. Non obstante, hai datos limitados sobre a súa eficacia na vida real. Obxetivos: O obxectivo principal é medir a eficacia de Ustekinumab na vida real avaliando a remisión clínica sen corticoides despois da indución, mantemento e persistencia. Pacientes e métodos: Estudo descritivo retrospectivo dun único centro en pacientes diagnosticados de CU que recibiron tratamento con Ustekinumab. Examináronse as variables demográficas, terapéuticas e clínicas. Analizouse a actividade clínica e biolóxica da enfermidade, o uso contaminante de corticoides e a interrupción da USTK en períodos definidos (semanas 1 e 16 despois da indución e cada 6 meses). Resultados: Estudáronse 18 pacientes. Dous non recibiron tratamento avanzado previo (ingenuo). Dez pacientes non responderon a 2 ou máis terapias avanzadas. O seguimento medio foi de 52 semanas (IQR 24-70). Na semana 16, nove pacientes (50%) presentaron remisión clínica e seis (33,3%) remisión sen corticosteroides. Só dous pacientes obtiveron remisión biolóxica. A eficacia global, con remisión clínica, rexistrouse en 9 pacientes (50%). Cinco estaban en remisión clínica sen corticoides. Seis pacientes interromperon o tratamento por falta de resposta. A porcentaxe estimada de persistencia do tratamento con ustekinumab foi do 88,5% (intervalo de confianza do 95%, 61-97%) na semana 52. Non se observaron efectos adversos graves. Conclusión: Este estudo da vida real apoia que USTK é unha opción terapéutica eficaz en pacientes refractarios a tratamentos avanzados anteriores. Observouse menos persistencia en pacientes con enfermidade máis grave. Ustkekinumab ten un bo perfil de seguridade, con poucos efectos secundarios. Estes están máis relacionados co grao de actividade da enfermidade que coa droga.

Detección precoz da preeclampsia con cell-free RNA
Autoría
E.B.S.
Grao en Medicina
E.B.S.
Grao en Medicina
Data da defensa
18.07.2024 09:00
18.07.2024 09:00
Resumo
Tipo de estudo: Revisión sistemática. Xustificación: A preeclampsia é un trastorno hipertensivo do embarazo cunha importante prevalencia que pode conducir a graves complicacións. É fundamental detectar a mulleres con risco de desenvolver preeclampsia antes da aparición de síntomas. Por iso, é necesario atopar un método de cribado eficaz para seleccionar pacientes de risco que poidan beneficiarse de accións preventivas encamiñadas a evitar a aparición de complicacións materno-fetais. Obxectivo: O obxectivo desta revisión é valorar se a medición de ARN libre circulante en sangue materno (cf-RNA: cell-free RNA) é útil para a predición da preeclampsia. Métodos: Realizouse unha procura da literatura dispoñible sobre a predición da preeclampsia en mulleres embarazadas mediante o uso de cf-RNA (pregunta PICO) na base de datos Medline (vía Pubmed) e Web of Science. Resultados: De 147 artigos iniciais foron seleccionados 7 estudos que cumprían cos criterios para esta revisión. Seleccionáronse estudos de casos e controis e de cohortes. No primeiro estudo seleccionado utilizáronse mostras de líquido amniótico, mentres que no resto dos estudos empregáronse mostras de sangue. En todos os artigos atopáronse xenes relacionados coa fisiopatoloxía da preeclampsia que se expresaban de maneira diferencial en mulleres embarazadas que acabaron desenvolvendo a enfermidade ou que xa a padecían. Conclusións: Cos resultados obtidos podemos determinar que a análise de cf-RNA pode utilizarse para predicir a preeclampsia en mulleres embarazadas de maneira efectiva. Aínda é necesario realizar máis estudos para determinar o momento óptimo para a extracción da mostra e o panel de xenes que se vai a empregar, pero os resultados dos últimos estudos son prometedores e nun futuro é posible que se poida desenvolver unha proba de biopsia líquida para o cribado da preeclampsia.

Terapia xénica en lactantes con diagnóstico precoz de atrofia muscular espinal (ame)
Autoría
M.P.B.
Grao en Medicina
M.P.B.
Grao en Medicina
Data da defensa
20.06.2024 09:00
20.06.2024 09:00
Resumo
Introdución: A atrofia muscular espinal (AME) é unha das enfermidades neurodexenerativas máis comúns na idade pediátrica. A súa herencia é autosómica recesiva e ten unha incidencia de 1 en 10.000 nacementos, cunha alta morbimortalidade, que leva á morte se non se trata (1). Estes pacientes teñen unha baixa concentración de SMN, proteína esencial, existindo un fallo na condución nerviosa das motoneuronas. Presentan atrofia muscular e debilidade nos músculos a nivel axial, de membros, e disfunción a nivel respiratorio e bulbar. O seu diagnóstico é principalmente a través do cribado neonatal precoz. Existen certos medicamentos aprobados pola FDA e a EMA para o tratamento desta enfermidade, pero ningún é curativo. Aprobado recentemente aparece o Onasemnogen abeparvovec que modifica o xenoma dos pacientes afectados, sendo a terapia xénica a esperanza dun tratamento definitivo (2). Xustificación e obxectivos: O obxectivo deste traballo residirá en realizar unha revisión sistemática dos estudos que recollen a evolución clínica dos pacientes con cribado precoz e diagnóstico posterior da enfermidade e que foron sometidos á terapia xénica en monoterapia con o Onasemnogen abeparvovec, así como os posibles efectos adversos derivados da mesma, de cara a avaliar o impacto que poida supoñer este novo enfoque diagnóstico e terapéutico para os pacientes afectos de AME. Isto apoia o enorme avance que se perfila no abordaxe clínico desta enfermidade, tendo como exemplo a introdución recente na comunidade autónoma de Galicia a terapia xénica con Onasemnogen abeparvovec para pacientes con diagnóstico precoz no cribado neonatal. O obxectivo deste traballo é dar a coñecer a Atrofia Muscular Espinal, cuxos coidados sempre foron paliativos, pero con grandes esperanzas nun tratamento definitivo gracias á terapia xénica con Onasemnogen abeparvovec. Material e métodos: Realizouse unha revisión bibliográfica do tratamento da AME mediante a selección de artigos relevantes obtidos na base de datos MEDLINE (PubMed) e Clarivate (Web of Science) Resultados e discusión: Foron seleccionados 7 artigos nos que se estudan os beneficios e os potenciais efectos secundarios na evolución natural da enfermidade ao inicio do tratamento e precocidade na administración do mesmo, cara a obter un maior beneficio. Conclusións: Obsérvase unha clara melloría a nivel motor nestes pacientes unha vez tratados con Onasemnogen, pero é preciso continuar o seguimento dos pacientes para observar se é un tratamento curativo e de largo prazo; corroborando os resultados dos ensaios clínicos que se publicaron ata o momento.

Escolar Martín, José María Cotitoría
BLANCO BARCA, MANUEL OSCAR (Titoría)
Escolar Martín, José María Cotitoría
Tribunal
GARCIA-CABALLERO PARADA, TOMAS M. M. (Presidente/a)
RODRIGUEZ CID, Mª JOSEFA (Secretario/a)
VICENTE ALBA, FRANCISCO JAVIER (Vogal)
GARCIA-CABALLERO PARADA, TOMAS M. M. (Presidente/a)
RODRIGUEZ CID, Mª JOSEFA (Secretario/a)
VICENTE ALBA, FRANCISCO JAVIER (Vogal)
Revisión sistemática sobre conxugados de anticorpos-fármacos para o tratamento dos cancros xinecolóxicos.
Autoría
E.S.A.
Grao en Medicina
E.S.A.
Grao en Medicina
Data da defensa
20.06.2024 09:00
20.06.2024 09:00
Resumo
Os conxugados anticorpo-fármaco supoñen un novo enfoque terapéutico no cancro, permitindo a liberación do fármaco fronte a un antíxeno específico nas células tumorais. Tras deseñar un protocolo, nesta revisión sistemática plantexarase a eficacia e seguridade do tratamento no cancro xinecolóxico (endometrio, cérvix e ovario), así como os seus resultados a través dunha busca electrónica de artigos de investigación.
Os conxugados anticorpo-fármaco supoñen un novo enfoque terapéutico no cancro, permitindo a liberación do fármaco fronte a un antíxeno específico nas células tumorais. Tras deseñar un protocolo, nesta revisión sistemática plantexarase a eficacia e seguridade do tratamento no cancro xinecolóxico (endometrio, cérvix e ovario), así como os seus resultados a través dunha busca electrónica de artigos de investigación.
Dirección
Gonzalez Quintela, Arturo (Titoría)
VILLANUEVA SILVA, MARIA JOSE Cotitoría
Gonzalez Quintela, Arturo (Titoría)
VILLANUEVA SILVA, MARIA JOSE Cotitoría
Tribunal
LEIRO VIDAL, JOSE MANUEL (Presidente/a)
PEREZ FENTES, DANIEL ADOLFO (Secretario/a)
Hermida Ameijeiras, Álvaro (Vogal)
LEIRO VIDAL, JOSE MANUEL (Presidente/a)
PEREZ FENTES, DANIEL ADOLFO (Secretario/a)
Hermida Ameijeiras, Álvaro (Vogal)
Métodos de monitorización neurolóxica na hemorraxia intracerebral: unha revisión sistemática
Autoría
P.G.O.
Grao en Medicina
P.G.O.
Grao en Medicina
Data da defensa
20.06.2024 09:00
20.06.2024 09:00
Resumo
Introdución: A hemorraxia intraparenquimatosa (HIP) é unha forma grave de accidente cerebrovascular caracterizada por sangrado dentro do parénquima cerebral. A monitorización neurolóxica xoga un papel crucial na xestión e prognóstico dos pacientes con HIP, permitindo a detección temperá de complicacións e a optimización do tratamento. Obxectivos: Neste traballo proponse revisar e comparar os diferentes métodos de monitorización neurolóxica utilizados na HIP, centrándose na súa eficacia, aplicabilidade clínica e limitacións. Esta procura tratará de obter unha listaxe dos distintos métodos de monitorización e comparalos para tentar seleccionar o óptimo en cada caso para mellorar o prognóstico do paciente, diminuíndo a morbimortalidad asociada a esta patoloxía. Resultados e discusión: Entre os resultados obtidos atopamos métodos tradicionais como a escala de Glasgow e a monitorización da presión intracraneal, así como tecnoloxías emerxentes. Posteriormente compáranse os resultados obtidos coas guías AHA (2022). Conclusión: Tras a procura e selección de 12 artigos sobre diversos métodos, conclúese que é necesario establecer un modelo de monitorización axustado ás necesidades de cada paciente, polo que son necesarias futuras investigacións neste campo.

Touceda Bravo, Alberto Cotitoría
Anibarro García, Luís (Titoría)
Touceda Bravo, Alberto Cotitoría
Tribunal
GALLEGO GOMEZ, MARIA ROSALIA (Presidente/a)
MARTINEZ ROLAN, ROSA MARIA (Secretario/a)
TABOADA MUÑIZ, MANUEL (Vogal)
GALLEGO GOMEZ, MARIA ROSALIA (Presidente/a)
MARTINEZ ROLAN, ROSA MARIA (Secretario/a)
TABOADA MUÑIZ, MANUEL (Vogal)
Revisión do manexo terapéutico nas convulsións neonatais. Melloría cos novos tratamentos?
Autoría
P.M.M.
Grao en Medicina
P.M.M.
Grao en Medicina
Data da defensa
20.06.2024 09:00
20.06.2024 09:00
Resumo
Introdución Debido á inmadureza neurolóxica dos recén nados, as convulsións neonatais (CN) son unha patoloxía frecuente nesta etapa da vida. Poden afectar ao neurodesenvolvemento dos mesmos, tendo repercusións a longo prazo. É de vital importancia o seu diagnóstico e tratamento precoz. Obxectivos O obxectivo é valorar se houbo cambios respecto ao tratamento das convulsións neonatais nos últimos anos. Metodoloxía Esta revisión recolle os artigos publicados dende xaneiro de 2015 a xaneiro de 2024, que abordaron como tema o tratamento das convulsións neonatais. Para iso, realizouse unha busca na base de datos PubMed seguindo a declaración PRISMA, establecéndose previamente criterios de inclusión e exclusión utilizando o sistema PICOs. Resultados Foron incluídos un total de 18 artigos na revisión sistemática de 124 avaliados. Nos últimos anos, estudouse a superioridade do levetiracetam fronte ao fenobarbital, como tratamento antiepiléptico de primeira liña nas CN, obténdose resultados contradictorios entre os diversos artigos. Demostrouse a eficacia no tratamento das CN do midazolam e lidocaína, tanto individualmente como administrados de forma conxunta. A hidrocortisona tamén resultou eficaz no tratamento de tres casos con convulsións refractarias. O uso de protocolos para o tratamento das convulsións neonatais demostrou melloría dos resultados a curto prazo. Conclusións O fenobarbital é o fármaco máis empregado como tratamento das CN, pero comeza a estudarse se o levetiracetam pode ser un fármaco que o substitúa no futuro. É necesario realizar máis estudos sobre o tratamento das convulsións neonatais, xa que actualmente non hai suficiente evidencia.

Monteagudo Vilavedra, Einés Cotitoría
COUCE PICO, MARIA DE LA LUZ (Titoría)
Monteagudo Vilavedra, Einés Cotitoría
Tribunal
CUEVAS ALVAREZ, JUAN BAUTISTA (Presidente/a)
Rodriguez Garcia, Javier (Secretario/a)
SOBRINO NOGUEIRA, ADOLFO (Vogal)
CUEVAS ALVAREZ, JUAN BAUTISTA (Presidente/a)
Rodriguez Garcia, Javier (Secretario/a)
SOBRINO NOGUEIRA, ADOLFO (Vogal)
Influenza da dieta na doenza de Menière
Autoría
A.C.L.
Grao en Medicina
A.C.L.
Grao en Medicina
Data da defensa
20.06.2024 09:00
20.06.2024 09:00
Resumo
A doenza de Menière é únha afectación do ouvido interno caracterizada por episodios de vertixe, hipoacusia neurosensorial e acúfenos. Créese que se debe a un aumento de presión da endolinfa no cóclea e no labirinto posterior, responsable de desencadear ditos síntomas. Pese a ser unha entidade frecuente na nosa sociedade, aínda non existe consenso sobre a súa etiopatoxenia e a estratexia terapéutica. Con todo, desde hai décadas, recoméndanse modificacións dietéticas como primeira liña de tratamento.

Papel da odontoloxía forense na identificación de restos cadavéricos en fosas comúns
Autoría
S.P.P.
Grao en Odontoloxía
S.P.P.
Grao en Odontoloxía
Data da defensa
05.09.2024 09:30
05.09.2024 09:30
Resumo
INTRODUCIÓN: A odontoloxía forense supón un piar fundamental na identificación de vítimas inhumadas en fosas comúns ao borde do esquecemento. A través dela a identificación comparativa é unha das ferramentas máis esclarecedoras a empregar. Non obstante son moitas as veces nas que a ausencia de datos antemortem fai imperativa a utilización da identificación reconstrutiva en base a parámetros antropolóxicos. A través desta revisión estúdase a importancia da recuperación cadavérica e os protocolos dentais e forenses empregados para asumir tal misión. METODOLOXÍA: A busca bibliográfica realizouse dende outubro de 2023 a xullo de 2024. A base de datos empregada foi fundamentalmente PUBMED. Non obstante, consultáronse portais de información científica tales como Google académico e portais web especializados no campo da odontoloxía forense portadores de revistas esenciais nesta revisión bibliográfica. RESULTADOS: Seleccionáronse un total de 24 artigos a partir das cales foron estudadas as razóns humanitarias para a identificación de vítimas e as dificultades presentes para a ¡identificación das mesmas. Estudáronse un total de 14 fosas comúns, 9 no contexto español, 3 a nivel Europeo e 1 a nivel internacional. CONCLUSIÓNS: A análise xenética é o método principal na resolución dos casos, mais son moitas as ocasións nas que non é preciso levalas a cabo, sempre e cando existan datos antemortem dispoñibles así como restos dentais significativos a través dos cales facer a comparación. A caixa negra do noso organismo é por consecuencia a chave á recuperación da dignidade de cada semellante desaparecido.

Todo o que non se ve detrás da estenose da arteria renal: Análise dun caso clínico e revisión da literatura
Autoría
V.M.E.C.
Grao en Medicina
V.M.E.C.
Grao en Medicina
Data da defensa
20.06.2024 09:00
20.06.2024 09:00
Resumo
A estenose da arteria renal representa a causa máis frecuente de hipertensión secundaria, e, polo tanto, potencialmente tratábel. No entanto, a súa presentación amosa varias caras e agocha aspectos fisiopatolóxicos non ben comprendidos aínda na actualidade. Esta patoloxía sufriu un cambio de paradigma no seu manexo nos últimos anos por mor de estudos aleatorizados non sempre ben diseñados e con nesgos. En calquera caso, é preceptivo o seu manexo multidisciplinario en unidades especializadas. O obxectivo deste traballo é presentar un caso clínico de manexo invasivo e realizar unha discusión baseada na literatura científica que agrupe distintos xuízos e os estudos máis actuáis. Todo isto levaranos a atopar o que verdadeiramente se agocha tras esta apaixonante patoloxía que supón todo un desafío.

CAICEDO VALDES, DIEGO JESUS (Titoría)
Fernández González, Angel Luis Cotitoría
CAICEDO VALDES, DIEGO JESUS (Titoría)
Fernández González, Angel Luis Cotitoría
Tribunal
Dieguez Gonzalez, Carlos (Presidente/a)
VALDES CUADRADO, LUIS GUILLERMO (Secretario/a)
LOPEZ LOPEZ, RAFAEL (Vogal)
Dieguez Gonzalez, Carlos (Presidente/a)
VALDES CUADRADO, LUIS GUILLERMO (Secretario/a)
LOPEZ LOPEZ, RAFAEL (Vogal)
Fertilidade despois do tratamento do embarazo ectópico
Autoría
M.C.G.
Grao en Medicina
M.C.G.
Grao en Medicina
Data da defensa
20.06.2024 09:00
20.06.2024 09:00
Resumo
Introdución: o embarazo ectópico é todo aquel embarazo de localización extrauterina, sendo, con moito, os máis frecuentes os de localización tubárica. Dado que se trata dunha patoloxía que pode chegar a causar a morte da muller, o diagnóstico e tratamento precoz son fundamentais no seu manexo. As principais opcións terapéuticas consistirán nun tratamento médico a base de metotrexato ou nunha abordaxe cirúrxica sexa esta máis conservadora (salpingostomía) ou máis radical (salpingectomía). A fertilidade posterior a un embarazo ectópico e ao seu tratamento pode verse disminuída, o que representa un motivo de preocupación para as pacientes. Obxectivo: realizar unha revisión sistemática sobre cómo afectan as distintas alternativas terapéuticas do embarazo ectópico a fertilidade futura da muller. Materiales e métodos: revisión sistemática realizada na base de datos Medline a través do seu buscador Pubmed incluíndo artigos publicados entre o ano 2000 e xullo do 2023 que estivesen en inglés ou español nos que se tratase o embarazo ectópico tubárico e se avaliase a fertilidade tras o seu tratamento. Incluíronse estudos clínicos, ensaios clínicos, estudos comparativos e observacionais e ensaios controlados aleatorizados. Resultados e conclusións: unha vez aplicados os criterios de inclusión e de exclusión seleccionáronse finalmente 16 artigos dos cales 11 non atoparon ninguna diferenza estadísticamente significativa entre o tratamento médico e o cirúrxico ou entre as distintas opción cirúrxicas. Dos restantes estudos, algúns atopan diferenzas significativas a favor da salpingostomía, aínda que a evidencia é limitada.

Avaliación da precisión diagnóstica do test de sangue oculta en feces inmunoquímico (SOFi) para a detección de cancro colorrectal (CCR), en función de diferentes indicacións de colonoscopia
Autoría
N.V.V.
Grao en Medicina
N.V.V.
Grao en Medicina
Data da defensa
18.07.2024 09:00
18.07.2024 09:00
Resumo
A proba de sangre oculta en feces inmunoquímica (SOFi) mostra, para a detección de cancro colorrectal (CCR), un amplo respaldo científico no cribado poblacionaln. Porén, existe debate sobre o seu emprego noutros escenarios clínicos e respecto á súa precisión diagnóstica para lesión premalignas. Obxectivo: Avaliar a precisión diagnóstica do test de SOFi, en diferentes grupos de indicación de colonoscopia: procedentes do programa de cribado de CCR, vixilancia tras resección de lesión colónica avanzada e pacientes con síntomas dixestivos de recente aparición. Deseño do estudo: subanálisis enmarcado dentro do proxecto de investigación TEDCRC1. Este é un estudo prospectivo observacional multicéntrico, de probas diagnósticas baseadas nun biomarcador sanguíneo para a detección de CCR. Resultados: Entre o 22/01/2024 e o 08/05/2024, incluíronse 144 doentes; 92 no grupo procedente de cribado, 28 no de vixilancia e 24 no de pacientes sintomáticos. Detectáronse 3 CCR, 35 neoplasias avanzadas (NA: CCR e/ou adenoma avanzado e/ou lesión serrada avanzada) e 37 lesións colónicas significativas (LCS: NA e/ou 3 ou máis adenomas non avanzados, poliposis, colitis, enfermidade diverticular complicada, úlcera colónica ou anxiodisplasia sangrante). Globalmente, obtívose unha sensibilidade e especificidade para o diagnóstico de CCR, NA e LCS do: 100.00% (IC95% 31.00-96.82%) e 83.69% (IC95% 76.32-89.17%), 48.57% (IC95% 31.72-65.72%) e 91.74% (IC95% 84.49-95.92%), 45.95% (IC95% 29.85-62.87%) e 91.59% (IC95% 84.21-95.84%). Conclusións: Neste estudo evidenciouse, globalmente, unha boa precisión diagnóstica para CCR, sendo máis limitada no caso de NA e LCS. Esto concorda coa evidencia actual. Non obstante, non se pode realizar unha análise por subgrupos, dado o baixo número de participantes.

Regueiro Expósito, Cristina Cotitoría
Cubiella Fernández, Joaquin Cotitoría
Fernández Rodríguez, Eva (Titoría)
Regueiro Expósito, Cristina Cotitoría
Cubiella Fernández, Joaquin Cotitoría
Tribunal
LAREU HUIDOBRO, MARIA VICTORIA (Presidente/a)
LIROLA DELGADO, ANTONIO GUSTAVO (Secretario/a)
RODRIGUEZ COBOS, MARIA ANGELES (Vogal)
LAREU HUIDOBRO, MARIA VICTORIA (Presidente/a)
LIROLA DELGADO, ANTONIO GUSTAVO (Secretario/a)
RODRIGUEZ COBOS, MARIA ANGELES (Vogal)
Emprego de fármacos biolóxicos para indicacións fóra de ficha técnica en dermatoloxía pediátrica
Autoría
M.J.B.
Grao en Medicina
M.J.B.
Grao en Medicina
Data da defensa
18.07.2024 09:00
18.07.2024 09:00
Resumo
Introdución: Un fármaco de uso fóra de ficha técnica (FFT) é aquel que se prescribe para unha indicación, idade, dose ou vía de administración non aprobada. Un grupo terapéutico de especial interese é o dos fármacos biolóxicos, cuxo uso FFT en nenos e adolescentes foi escasamente estudado. Obxectivo: Describir os fármacos biolóxicos empregados para dermatosis diferentes das aprobadas, en menores de 18 anos. Secundariamente tratouse de describir as patoloxías subsidiarias do emprego dos devanditos fármacos, e avaliar a efectividade e seguridade do tratamento biolóxico neste contexto. Metodoloxía: Revisión exhaustiva da literatura de casos e series de casos publicados en lingua inglesa ou castelá en PubMed e Web of Science, que describisen o uso de fármacos biolóxicos para unha indicación dermatolóxica non aprobada, en pacientes menores de 18 anos de idade. Dos artigos seleccionados recolléronse datos referidos á propia publicación e variables clínico-demográficas dos pacientes reportados. Resultados: Obtivéronse 148 artigos (36,5% de procedencia europea), que achegaron datos de 205 pacientes (idade media 9,7 anos; 55,2% homes) e 220 ciclos de tratamento. Dupilumab (16,8%), rituximab (15,5%) e omalizumab (15%) foron os fármacos biolóxicos máis frecuentemente empregados. As patoloxías máis representadas foron as ictiosis e as síndromes ictiosiformes (12,8%), seguidas da pitiriasis rubra pilaris e trastornos relacionados (8,1%). No 50,7% dos ciclos de tratamento biolóxico rexistrouse un tratamento sistémico concomitante (74,8% corticoides). O 40,6% dos casos concluíron en resolución, un 52,2% en melloría, un 5,8% en ausencia de efecto e un 1,4% en empeoramento. Reportáronse 19 efectos adversos, sendo o máis frecuente a reacción infusional (21,05%). Conclusións: Os fármacos biolóxicos FFT máis frecuentemente empregados en nenos e adolescentes foron dupilumab, rituximab e omalizumab. As ictiosis e síndromes ictiosiformes foron as entidades máis subsidiarias destes tratamentos. En máis do 90% dos casos a resposta terapéutica concluíu en melloría ou resolución. Os efectos adversos foron escasos e fundamentalmente de carácter leve.

Batalla Cebey, Ana Cotitoría
Martínez Sernández, Victoria Cotitoría
PEREIRO FERREIROS, MANUEL (Titoría)
Batalla Cebey, Ana Cotitoría
Martínez Sernández, Victoria Cotitoría
Tribunal
Dieguez Gonzalez, Carlos (Presidente/a)
VALDES CUADRADO, LUIS GUILLERMO (Secretario/a)
LOPEZ LOPEZ, RAFAEL (Vogal)
Dieguez Gonzalez, Carlos (Presidente/a)
VALDES CUADRADO, LUIS GUILLERMO (Secretario/a)
LOPEZ LOPEZ, RAFAEL (Vogal)
Un enfoque diferente na abordaxe da síndrome do ovario poliquístico.
Autoría
N.S.L.
Grao en Medicina
N.S.L.
Grao en Medicina
Data da defensa
20.06.2024 09:00
20.06.2024 09:00
Resumo
Introdución: A síndrome do ovario poliquístico (PCOS) é multifactorial, o que implica unha interacción complexa entre factores hormonais, metabólicos e psicolóxicos. As intervencións no estilo de vida demostran ser estratexias efectivas para mellorar a sensibilidade á insulina e reducir o risco cardiovascular. Este enfoque integral non só apunta á mellora dos parámetros bioquímicos, senón tamén á calidade de vida e ao benestar psicolóxico das pacientes con PCOS. Obxectivo: Comparar a dieta hiperproteica e a normoproteica en mulleres que padecen PCOS, o seu efecto sobre a composición corporal, a regulación hormonal, a ovulación, a sensibilidade á insulina e a inflamación, así como o seu impacto na xestión do peso e na saciedade. Material e métodos: Realizouse unha revisión sistemática da bibliografía dispoñible para incluír estudos dende o 2003 ata o presente. Resultados: A revisión sistemática, onde se revisaron seis ensaios clínicos, estudou a eficacia da dieta hiperproteica en comparación coa normoproteica en mulleres con PCOS e como estas intervencións modificaban tanto parámetros analíticos como antropométricos. No 66% dos estudos, observáronse melloras significativas. Conclusións: Os estudos suxiren que a dieta hiperproteica pode ter beneficios metabólicos e reprodutivos en mulleres con PCOS. Con todo, os resultados non son concluíntes debido á heteroxeneidade dos estudos.

Boullón Batalla, Nuria Cotitoría
ARIAS BALTAR, MARIA EFIGENIA (Titoría)
Boullón Batalla, Nuria Cotitoría
Tribunal
LEIRO VIDAL, JOSE MANUEL (Presidente/a)
PEREZ FENTES, DANIEL ADOLFO (Secretario/a)
Hermida Ameijeiras, Álvaro (Vogal)
LEIRO VIDAL, JOSE MANUEL (Presidente/a)
PEREZ FENTES, DANIEL ADOLFO (Secretario/a)
Hermida Ameijeiras, Álvaro (Vogal)
Tratamento endoscópico vs tratamento cirúrxico da dor na pancreatite crónica. Revisión sistemática.
Autoría
A.I.C.C.
Grao en Medicina
A.I.C.C.
Grao en Medicina
Data da defensa
20.06.2024 09:00
20.06.2024 09:00
Resumo
Introdución: A pancreatite crónica é unha enfermidade caracterizada pola inflamación crónica do páncreas, sendo o principal síntoma a dor. O obxectivo do presente traballo é avaliar, mediante unha revisión sistemática da literatura, a efectividade do tratamento endoscópico fronte ao tratamento cirúrxico da dor secundaria á pancreatite crónica. Métodos: seguindo as pautas establecidas na declaración PRISMA para a elaboración de revisións sistemáticas, realizouse unha busca sistemática nas bases de datos MEDLINE/PubMed e Cochrane Library. Os criterios de inclusión para a selección de artigos foron deseños de estudos tipo ensaio clínico, comparación de tratamentos endoscópicos e cirúrxicos, redacción en inglés e/ou español, texto completo dispoñible e adultos maiores de 18 anos. Resultado: incluíronse 4 ensaios clínicos aleatorios cun total de 238 pacientes. O principal parámetro estudado é o alivio da dor. Segundo a escala Izbicki, a cirurxía precoz reduce a dor cunha puntuación máis baixa na proba Issa con P=0,02; no xuízo CahenDjuna P=menor 0,001; na proba de Cahen con P=0,042 e na proba de Dite con P=0,002. Así, os pacientes sometidos a endoscopia requiren posteriormente cirurxía cun P=0,001.; a calidade de vida é mellor nos pacientes sometidos a intervencións cirúrxicas con P=0,03; e a cirurxía tamén foi máis rendible cun P=0,29. Discusión: a limitada evidencia actual dispoñible que apoia a nosa hipótese establece que o tratamento cirúrxico é máis eficaz para mellorar a dor causada pola pancreatite crónica. Non obstante, a calidade desta evidencia é baixa, polo que son necesarios máis estudos para establecer conclusións firmes.

Suárez Pazos, Natalia Cotitoría
DOMINGUEZ MUÑOZ, JUAN ENRIQUE (Titoría)
Suárez Pazos, Natalia Cotitoría
Tribunal
BERMEJO BARRERA, ANA MARIA (Presidente/a)
LEIRA MUIÑO, ROGELIO MANUEL (Secretario/a)
LADO LADO, FRANCISCO LUIS (Vogal)
BERMEJO BARRERA, ANA MARIA (Presidente/a)
LEIRA MUIÑO, ROGELIO MANUEL (Secretario/a)
LADO LADO, FRANCISCO LUIS (Vogal)
Calidade de vida relacionada coa saúde en pacientes con artrose. Un estudo en poboación adulta
Autoría
A.V.F.
Grao en Medicina
A.V.F.
Grao en Medicina
Data da defensa
20.06.2024 09:00
20.06.2024 09:00
Resumo
Introdución: A artrose é unha enfermidade crónica e dexenerativa das articulacións que provoca dor crónica, inchazo, rixidez articular e diminución do rango de movementos, deteriorando significativamente a calidade de vida relacionada coa saúde (CVRS). A CVRS defínese como a percepción dos pacientes da súa autonomía, benestar global e capacidade para realizar actividades básicas diarias. Para medir obxectivamente a CVRS en pacientes con artrose, utilízase o cuestionario SF-36, que permite comparar os resultados dos pacientes con artrose cos da poboación xeral. Obxectivos: Investigar a CVRS en persoas con artrose e a súa comparación con persoas sen a enfermidade utilizando o cuestionario SF-36 nunha mostra representativa da poboación maior de 18 anos. Material e métodos: Os datos proceden do estudo A-Estrada Glycation and Inflammation (AEGIS), un estudo transversal de base na poboación realizado no municipio da Estrada entre 2012 e 2015. Os participantes acudiron ao centro de saúde, onde se lles realizou unha entrevista clínica cun cuestionario estruturado (incluíndo o formulario SF-36), unha exploración física e unha extracción de sangue. Neste estudo realizouse a análise estatística cos datos obtidos. Analizáronse variables sociodemográficas, socioeconómicas e de estilo de vida, tanto para a mostra xeral como separando segundo a presenza ou ausencia de OA, así como os resultados das escalas do cuestionario SF-36. Finalmente, realizouse unha análise multivariante das escalas do SF-36 en función da presenza de OA, axustando tamén por idade e sexo. Resultados: Os resultados amosan que a idade en pacientes con OA é maior e o 96,9% son mulleres. Tamén se atoparon asociacións significativas co estado civil, nivel de estudos, e consumo de tabaco e alcohol, pero non co IMC e estilo de vida. As persoas con OA obtiveron puntuacións significativamente máis baixas en todas as dimensións do SF-36, excepto en rol emocional e transición da saúde. Na análise multivariada axustada por sexo e idade, mantivéronse puntuacións inferiores en todas as dimensións do SF-36, sendo estatisticamente significativas en función física, vitalidade, dor corporal e saúde xeral. Conclusión: Este estudo destaca o impacto significativo da OA na calidade de vida relacionada coa saúde, evidenciado polas puntuacións inferiores obtidas no cuestionario SF-36.

Díaz Louzao, Carla Cotitoría
GUDE SAMPEDRO, FRANCISCO (Titoría)
Díaz Louzao, Carla Cotitoría
Tribunal
MERA VARELA, ANTONIO JOSE (Presidente/a)
CAICEDO VALDES, DIEGO JESUS (Secretario/a)
SAAVEDRA NIEVES, PAULA (Vogal)
MERA VARELA, ANTONIO JOSE (Presidente/a)
CAICEDO VALDES, DIEGO JESUS (Secretario/a)
SAAVEDRA NIEVES, PAULA (Vogal)
Estudo aberto retrospectivo multicéntrico sobre o emprego de alemtuzumab na esclerose múltiple remitente recorrente na práctica clínica habitual. Seguimento durante 4 anos.
Autoría
P.G.A.
Grao en Medicina
P.G.A.
Grao en Medicina
Data da defensa
20.06.2024 09:00
20.06.2024 09:00
Resumo
Introdución: a eficacia e seguridade de alemtuzumab en pacientes con esclerose múltiple remitente-recorrente (EMRR) demostrouse en ensaios clínicos. Con todo, polas limitacións destes, é importante comprobar como se comporta en condicións de práctica clínica habitual a longo prazo Obxectivo: describir a efectividade de alemtuzumab medida en número de brotes anuais en práctica clínica real en pacientes con esclerose múltiple. Como obxectivos secundarios valoramos a efectividade en estado da discapacidade e probas de neuroimaxe, así como a tolerabilidade, seguridade e risco de inmunosupresión. Material e métodos: levouse a cabo un estudo aberto retrospectivo multicéntrico para o cal se revisaron as historias clínicas de pacientes que recibiron tratamento con alemtuzumab por EMRR. Resultados: incluíronse un total de 32 pacientes no estudo ao comezo dos 4 anos de seguimento. A media de brotes anuais mantívose por debaixo de 0.35 fronte aos 1.25 brotes por ano antes do tratamento. A discapacidade medida pola escala EDSS mellorou durante o primeiro e segundo ano manténdose estable posteriormente. Observouse un descenso na actividade da enfermidade por probas de imaxe. Así mesmo, observáronse efectos adversos e inmunosupresión na liña doutros estudos de práctica clínica habitual, cunha taxa de retención do 87.5%. Conclusións: alemtuzumab demostrou ser efectivo en práctica clínica real en pacientes con esclerose múltiple na redución do número de brotes anuais, na melloría do grao de discapacidade medido pola escala EDSS, no control e diminución da actividade de resonancia magnética cranial e no control dos diferentes parámetros do concepto NEDA (No Evidence of Disease Activity). Conta ademais cunha elevada taxa de persistencia e un adecuado perfil de tolerabilidade e seguridade, aínda que con risco de inmunosupresión, precisando medidas de prevención e control.

Pato Pato, Antonio Cotitoría
LEIRA MUIÑO, ROGELIO MANUEL (Titoría)
Pato Pato, Antonio Cotitoría
Tribunal
Fernández González, Angel Luis (Presidente/a)
GARCIA CAMPOS, JUAN (Secretario/a)
RELOVA QUINTEIRO, JOSE LUIS (Vogal)
Fernández González, Angel Luis (Presidente/a)
GARCIA CAMPOS, JUAN (Secretario/a)
RELOVA QUINTEIRO, JOSE LUIS (Vogal)
O que os tumores do corpo carotídeo esconden. Presentación dun caso atípico e revisión da literatura.
Autoría
R.C.D.
Grao en Medicina
R.C.D.
Grao en Medicina
Data da defensa
20.06.2024 09:00
20.06.2024 09:00
Resumo
Antecedentes: Os tumores do corpo carotídeo son tumores neuroendocrinos moi pouco frecuentes. Clasicamente, o único tratamento dispoñible era a cirurxía, a cal pode complementarse hoxe con outras técnicas de desenvolvemento máis actual. O reto destes tumores xorde do recente achado acerca da súa xenética, o que determina unha abordaxe individualizada e multidisciplinar obrigada. Obxectivos: O obxectivo desta revisión é reunir a evidencia científica máis actualizada acerca do manexo destes tumores, así como presentar un caso clínico singular. Métodos: A información científica empregada para esta revisión foi extraída de Medline (vía PubMed) e Cochrane Library. A busca e análise de información foi realizada seguindo as guías PRISMA, o modelo PICO e as Fichas de Lectura Crítica. Resultados: Realízase unha análise da calidade científica publicada. Expóñense as principais características dos tumores do corpo carotídeo e as últimas novidades diagnósticas e terapéuticas, así como os riscos e beneficios do tratamento cirúrxico e as súas indicacións actuais. Conclusión: Nesta revisión destácase o gran interese científico que posúen os tumores do corpo carotídeo e o potencial que agochan para crear novas liñas de investigación. A literatura actual é útil para orientarse na práctica clínica, mais debe ser reforzada nun futuro con evidencia científica de maior validez. Estes tumores deben ser abordados sempre desde comités multidisciplinares para mellorar o seu prognóstico e precisan de seguemento analítico e por imaxe molecular pola posibilidade de crecemento e produción de hormonas, así como pola probabilidade de aparición de novos focos.
Antecedentes: Os tumores do corpo carotídeo son tumores neuroendocrinos moi pouco frecuentes. Clasicamente, o único tratamento dispoñible era a cirurxía, a cal pode complementarse hoxe con outras técnicas de desenvolvemento máis actual. O reto destes tumores xorde do recente achado acerca da súa xenética, o que determina unha abordaxe individualizada e multidisciplinar obrigada. Obxectivos: O obxectivo desta revisión é reunir a evidencia científica máis actualizada acerca do manexo destes tumores, así como presentar un caso clínico singular. Métodos: A información científica empregada para esta revisión foi extraída de Medline (vía PubMed) e Cochrane Library. A busca e análise de información foi realizada seguindo as guías PRISMA, o modelo PICO e as Fichas de Lectura Crítica. Resultados: Realízase unha análise da calidade científica publicada. Expóñense as principais características dos tumores do corpo carotídeo e as últimas novidades diagnósticas e terapéuticas, así como os riscos e beneficios do tratamento cirúrxico e as súas indicacións actuais. Conclusión: Nesta revisión destácase o gran interese científico que posúen os tumores do corpo carotídeo e o potencial que agochan para crear novas liñas de investigación. A literatura actual é útil para orientarse na práctica clínica, mais debe ser reforzada nun futuro con evidencia científica de maior validez. Estes tumores deben ser abordados sempre desde comités multidisciplinares para mellorar o seu prognóstico e precisan de seguemento analítico e por imaxe molecular pola posibilidade de crecemento e produción de hormonas, así como pola probabilidade de aparición de novos focos.
Dirección
CAICEDO VALDES, DIEGO JESUS (Titoría)
Fernández González, Angel Luis Cotitoría
CAICEDO VALDES, DIEGO JESUS (Titoría)
Fernández González, Angel Luis Cotitoría
Tribunal
BERMEJO BARRERA, ANA MARIA (Presidente/a)
LEIRA MUIÑO, ROGELIO MANUEL (Secretario/a)
LADO LADO, FRANCISCO LUIS (Vogal)
BERMEJO BARRERA, ANA MARIA (Presidente/a)
LEIRA MUIÑO, ROGELIO MANUEL (Secretario/a)
LADO LADO, FRANCISCO LUIS (Vogal)
Impacto da Noite de San Xoan na Unidade de Queimados do CHUAC
Autoría
M.M.O.
Grao en Medicina
M.M.O.
Grao en Medicina
Data da defensa
20.06.2024 09:00
20.06.2024 09:00
Resumo
As queimaduras son lesións na pel e tecidos subxacentes provocadas por diversos axentes, cuxa gravidade depende de varios factores. Polas complexidades no tratamento e as múltiples repercusións orgánicas que producen, requiren dunha abordaxe multidisciplinar, existindo Unidades de Queimados especializadas no tratamento específico do paciente queimado, estando unha delas no Complexo Hospitalario da Coruña. A noite de San Xoán, celebrada o 23 de xuño, é unha festividade popular en Galicia, que consiste en acender fogueiras para marcar o solsticio de verán, polo que está intimamente ligada a un risco inherente de lesións por queimaduras. Realizouse un estudo retrospectivo observacional analítico, co obxectivo de estudar a carga asistencial da Unidade de Queimados do CHUAC durante estas festividades de 2018 a 2022, identificar o grupo poboacional máis afectado, o tipo de queimadura, crear un perfil de paciente para enfocar campañas de prevención e analizar o impacto da pandemia de COVID-19. Os datos obtivéronse de 54 pacientes queimados entre o 22, 23 e 24 de xuño deses anos. Destes, 16 eran mulleres (29,6%) e 38 homes (70,4%), cunha media de idade de 38 anos e maioritariamente da provincia da Coruña (81,5%). A maioría das queimaduras ocorreron no ámbito de fogueiras (66,7%) e foron causadas por chama (55,6%). As queimaduras de 2o grao foron as máis comúns (83%), afectando de media ao 4,4% da superficie corporal, especialmente membros superiores (42,6%). O ano con máis queimaduras foi 2018 (46,3%). Posteriormente separouse a mostra en dous grupos definidos por: directamente relacionados coa festividade ou non, comparando as súas variables entre sí. En conclusión, no noso estudo observamos un aumento na carga asistencial debido ás festas de San Xoán, afectando principalmente a homes de 30 a 39 anos da Coruña. A pandemia de COVID-19 implicou unha redución das queimaduras atendidas na Unidade entre os anos 2020 e 2021.

Efecto da prehabilitación sobre a condición física medida a través do test da marcha dos seis minutos no paciente adulto prequirúrxico; unha revisión sistemática e metaanálise.
Autoría
P.D.V.
Grao en Medicina
P.D.V.
Grao en Medicina
Data da defensa
20.06.2024 09:00
20.06.2024 09:00
Resumo
Introdución: Un dos principais factores asociados ao incremento das complicacións perioperatorias é a capacidade cardiorrespiratoria (CRF). É por iso polo que se teñen implementado programas de prehabilitación precirúrxica que buscan mellorar o CRF co que os pacientes afrontan a cirurxía e a súa recuperación. Obxectivo principal: Valorar o efecto dos programas de prehabilitación precirúrxicos, baseados no exercicio, sobre a CRF pre e postoperatoria, medida co test dos seis minutos (6MWT). De forma secundaria analizáronse factores que poderían influír sobre o 6MWT, así como complicacións perioperatorias, medidas coa estancia hospitalaria e a mortalidade. O protocolo do estudo rexistrouse en OSF (DOI: osf.io/upyqv). Métodos: Realizouse unha revisión sistemática e meta-análise incluíndo estudos que realizaron prehabilitación física en adultos para calquera tipo de cirurxía electiva e utilizaron o 6MWT. Seguise a metodoloxía PRISMA, buscando en PUBMED e WOS, utilizando o ROB para analizar o risco de sesgo, mediante un modelo de efectos aleatorios, co software RevMan e Meta-Essentials. Resultados: Incluíronse 27 estudos con 2163 pacientes. A prehabilitación asociouse a unha melloría significativa na CRF preoperatoria, cunha diferenza media de 29 m respecto ao grupo control (IC95% 17; 42, p menor a 0.001). O grupo de prehabilitación superou a distancia mínima detectable e a clinicamente relevante [OR 2,77(IC95% 1.77; 4.35) e OR 2.66 (IC95% 1.76; 4.00), ambas p menor a 0.001] de forma superior ao grupo control. No período postoperatorio a melloría da CRF mantívose superior no grupo prehabilitación (p=0.005). Os suxeitos coa CRF basal inferior obtiveron maior melloría [diferenza media 47 m (IC95% 11; 83), p=0.01]. O tipo de cirurxía ou de exercicio non se asociaron a diferenzas no 6MWT, e tampouco se demostraron melloras na estancia hospitalaria nin na mortalidade perioperatoria. Discusión: A prehabilitación con exercicio físico asociouse a unha melloría clinicamente relevante da CRF preoperatoria (calidade de evidencia moderada). Esta mantívose durante o postoperatorio (calidade de evidencia baixa), producíndose as melloras máis destacables no grupo con CRF menor (calidade de evidencia moderada). Non se demostraron diferenzas segundo tipo de exercicio ou cirurxía, nin tampouco influencia sobre as complicacións perioperatorias (nivel de evidencia baixa). A elevada heteroxeneidade atopada provocou a diminución da calidade da evidencia. É necesario dispoñer de novos estudos que acheguen mellor evidencia sobre os protocolos de exercicio e a súa adaptación individual, para optimizar os resultados clínicos.

Farmacoloxía nos estados alterados de consciencia: ¿Qué temos dispoñible? Revisión sistemática
Autoría
G.F.V.
Grao en Medicina
G.F.V.
Grao en Medicina
Data da defensa
20.06.2024 09:00
20.06.2024 09:00
Resumo
Os estados alterados de consciencia constitúen un reto na actualidade. Avances en neuroimaxe, neurofisioloxía e investigación están a revelar nova información sobre a fisiopatoloxía destes pacientes e avaliando as opcións terapéuticas. O síndrome de vixilia sen resposta e o estado de mínima consciencia requiren un abordaxe terapéutico amplo buscando un diagnóstico preciso, estabilización e recuperación, mellora da consciencia e da calidade de vida. A maioría da investigación centrouse en agonistas dopaminérxicos e dano cerebral traumático, con menos estudos doutras etioloxías. -Obxectivos: Avaliar na bibliografía dispoñible as opcións terapéuticas farmacolóxicas e a súa eficacia no espertar de pacientes con estados alterados de consciencia de calquera etioloxía de dano cerebral adquirido. -Material e métodos: Revisión sistemática cualitativa. Realizouse unha busca utilizando a base de datos PUBMED, seguindo os criterios PRISMA co obxectivo de identificar a literatura académica publicada sobre a terapéutica farmacolóxica no emerxer dos estados alterados de consciencia dende xaneiro de 2000 ata outubro de 2023. Os criterios de inclusión/exclusión permitiron seleccionar 26 artigos para a súa análise. -Resultados: Os artigos seleccionados amosan globalmente resultados positivos para múltiples opcións terapéuticas farmacolóxicas, analizadas mediante diversos métodos e con tempos de seguimento moi variables, pero a falta de control de variables confusoras e a pouca potencia estatística limita a calidade dos seus resultados. -Conclusións: Os fármacos máis estudados son a amantadina e o zolpidem. Suponen opcións terapéuticas cuxo uso pode prantexarse dentro do abordaxe global do paciente, pero non dispoñen de evidencia de moita calidade. O uso doutras alternativas farmacolóxicas é plausible, pero a calidade da evidencia que apoie o seu uso é de baixa calidade.

Martín Mourelle, Rosa Cotitoría
FIGUEROA RODRIGUEZ, JESUS (Titoría)
Martín Mourelle, Rosa Cotitoría
Tribunal
GARCIA RIESTRA, CARLOS (Presidente/a)
Rodríguez Vázquez, Virginia María (Secretario/a)
PAZOS CASTELOS, ANTONIO JUAN (Vogal)
GARCIA RIESTRA, CARLOS (Presidente/a)
Rodríguez Vázquez, Virginia María (Secretario/a)
PAZOS CASTELOS, ANTONIO JUAN (Vogal)
Calidade de vida (SF-36) en pacientes con enfermidade respiratoria crónica.
Autoría
I.G.S.
Grao en Medicina
I.G.S.
Grao en Medicina
Data da defensa
20.06.2024 09:00
20.06.2024 09:00
Resumo
Introdución. As Enfermidades Respiratorias Crónicas (ERC) son un grupo de patoloxías con afectación do pulmón e/ou das vías respiratorias cunha progresión lenta e sen tratamento curativo definitivo. O seu control persigue reducir a aparición das reagudizacións, evitar a súa progresión e diminuír a influencia no desenvolvemento cognitivo, emocional, físico, familiar e social. Entre as ERC máis frecuentes destacamos a enfermidade pulmonar obstrutiva crónica (EPOC), a asma e a apnea obstrutiva do sono (SAOS). Obxectivo. Analizar a calidade de vida relacionada coa saúde en pacientes diagnosticados de EPOC, asma e SAOS. Material e métodos. Estudio basado na base de datos do estudio AEGIS cunha mostraxe aleatorizada e estratificada por idade (maior de 18 anos) dunha poboación do Municipio de A Estrada (n=1516). Recolléronse variables socio demográficas, alcohol, tabaco e actividade física, e cumplimentouse o SF-36 de calidade de vida. Resultados. Participaron 678 (45%) homes e 838 (55%) mulleres. A prevalencia de enfermidade respiratoria crónica foi do 9,7% (147). A proporción de homes con ERC é estatisticamente superior á do grupo sen ERC. Non se atoparon diferencias estatísticamente significativas con respecto á idade, índice de masa corporal, actividade física, hábito tabáquico nin enólico dos individuos con ERC vs sin ERC. Tampouco se atoparon diferencias significativas no estado civil nin no nivel de estudos entre os dous grupos, mentres que a proporción de xubilados, estudantes e persoas de baixa laboral é superior no grupo de individuos con ERC que no grupo sen ERC. A calidade de vida relacionada coa saúde é peor nos individuos con ERC. Na análise de regresión atopáronse diferencias significativas na función física, rol físico, vitalidade e saúde xera, peor na ERC. Axustado por idade e sexo atopouse unha asociación estatisticamente significativa entre a idade e a función física, rol físico, vitalidade, dor corporal, saúde xeral e transición de saúde, os homes teñen unha maior puntuación en xeral en todos os ítems do SF-36 excepto na transición da saúde. Conclusións. Os homes padecen máis ERC. A calidade de vida é mellor nos homes que nas mulleres e peor nos pacientes con ERC. Existe unha asociación estatísticamente significativa entre as ERC e os compoñentes de función física, rol físico, vitalidade, saúde xeral e transición de saúde. Ocorre o mesmo coa ideade, mais de forma non lineal.

Consideracións éticas do fenotipado forense a partir do ADN.
Autoría
M.P.V.
Grao en Medicina
M.P.V.
Grao en Medicina
Data da defensa
20.06.2024 09:00
20.06.2024 09:00
Resumo
Introdución: O campo da xenética forense experimentou múltiples avances nos derradeiros anos. Dende as súas fases iniciais, con métodos centrados no emprego de proteínas (enzimas, sistema AB0), pasando polo desenvolvemento de técnicas de análise de ADN (pegada xenética, microsatélites…), as técnicas moleculares máis recentes buscan ir máis aló e ser capaces de predicir trazos fenotípicos a partir do ADN. Con este obxectivo aparecen as chamadas técnicas de fenotipado forense a partir de ADN (FDP). O FDP busca realizar predicións probabilísticas que relacionen variacións xenéticas con características observables, e funcionar, así, coma “testemuña biolóxica” no curso de investigacións criminais. Actualmente, estas técnicas inclúen entre as súas aplicacións a inferencia da orixe bioxeográfica, a predición de características visibles externas, así como a estimación da idade. Porén, a inferencia destas características do doante dunha mostra biolóxica leva asociadas de forma intrínsea unha serie de connotacións éticas que deben ser exploradas, non existindo aínda unha regulación legal específica para elas na maioría dos países. Este traballo den como obxectivo realizar unha revisión bibliográfica sistemática sobre as consideracións éticas das técnicas de fenotipado de ADN forense, coa finalidade de avaliar pros e contras do seu emprego en contraposición a métodos tradicionais.

LAREU HUIDOBRO, MARIA VICTORIA (Titoría)
FREIRE ARADAS, ANA MARIA Cotitoría
LAREU HUIDOBRO, MARIA VICTORIA (Titoría)
FREIRE ARADAS, ANA MARIA Cotitoría
Tribunal
GARCIA-CABALLERO PARADA, TOMAS M. M. (Presidente/a)
RODRIGUEZ CID, Mª JOSEFA (Secretario/a)
VICENTE ALBA, FRANCISCO JAVIER (Vogal)
GARCIA-CABALLERO PARADA, TOMAS M. M. (Presidente/a)
RODRIGUEZ CID, Mª JOSEFA (Secretario/a)
VICENTE ALBA, FRANCISCO JAVIER (Vogal)
Protocolo de hemorraxia masiva no paciente politraumatizado
Autoría
P.L.C.
Grao en Medicina
P.L.C.
Grao en Medicina
Data da defensa
20.06.2024 09:00
20.06.2024 09:00
Resumo
O manexo da hemorraxia masiva nos pacientes politraumatizados é unha das situacións máis relevantes na asistencia ao paciente tanto pola súa elevada prevalencia como a complexidade da situación, requerindo dunha atención inmediata hospitalaria. A existencia de protocolos de transfusión masiva no ámbito hospitalario esta a ser implantada na gran maioría de hospitais co obxectivo de estandarizar as actuacións nestas situacións de extrema gravidade. A pesar disto, existe unha marcada hetereoxeneidade na aplicación e posta en marcha destes protocolos. É un tema que está sendo continuamente revisado e modificado. Existen constantes actualizacións nas estratexias de resucitación, uso de hemoderivados, axentes hemostáticos, novas técnicas de monitorización e obxectivos a alcanzar na resucitación hemostática destes pacientes. O descubrimento da denominada a comezos deste século, coagulopatía asociada ao trauma é responsable dun cambio na visión dos procesos fisiopatolóxicos implicados no sangrado, e por conseguinte, nas estratexias de reanimación destes pacientes. Neste traballo realizarase unha revisión bibliográfica sobre as recomendacións a seguir nos protocolos de hemorraxia masiva no paciente politraumatizado, utilizando como exemplo o protocolo do Complexo Hospitalario Universitario de A Coruña. Profundizarase na avaliación do paciente politraumatizado, identificación e caracterización da hemorraxia masiva, activación do protocolo de hemorraxia masiva, compoñentes a transfundir, monitorización da hemostase e obxectivos a cumplir .

Cordero Lorenzana, María Lourdes Cotitoría
PINO MINGUEZ, JESUS (Titoría)
Cordero Lorenzana, María Lourdes Cotitoría
Tribunal
GELABERT GONZALEZ, MIGUEL (Presidente/a)
CABANAS RODRIGUEZ, PALOMA (Secretario/a)
PEREIRO FERREIROS, MANUEL (Vogal)
GELABERT GONZALEZ, MIGUEL (Presidente/a)
CABANAS RODRIGUEZ, PALOMA (Secretario/a)
PEREIRO FERREIROS, MANUEL (Vogal)
Efecto da implementación de protocolos ERAS sobre a evolución perioperatoria en pacientes sometidos a cirurxía cardíaca: Unha revisión sistemática e metaanálisis.
Autoría
E.D.F.
Grao en Medicina
E.D.F.
Grao en Medicina
Data da defensa
20.06.2024 09:00
20.06.2024 09:00
Resumo
Introdución: A recuperación postoperatoria na cirurxía cardíaca asocia un elevado número de complicacións. É por iso que xurdiron os protocolos ERAS (Enhanced Recovery After Surgery) como estratexia para intentar reducir a morbimortalidade. Obxectivos: Os obxectivos primarios son a valoración do efecto sobre a estancia hospitalaria e a mortalidade ao implementar un protocolo ERAS na cirurxía cardíaca. Secundariamente, analizouse a calidade de vida e a incidencia de complicacións postquirúrxicas. Métodos: Realizouse unha revisión sistemática e metaanálise incluíndo estudos con protocolos ERAS implementados en doentes adultos sometidos a cirurxía cardíaca electiva. Seguiuse a metodoloxía PRISMA, buscando en PUBMED e WOS, utilizando o ROB e NOS para analizar o risco de nesgo, mediante un modelo de efectos aleatorios, co software RevMan e Meta-Essentials. O protocolo rexistrouse en OSF. Resultados: Analizáronse 20 artigos con 5362 pacientes. Os ERAS asociáronse a unha redución da estancia hospitalaria de 1.24 días (IC95% 0.82; 1.67, p menor 0.05) e na UCI unha redución de 11.67 horas (IC95% 4.13; 19.22, p menor 0.05). Non houbo diferenza significativa na mortalidade nin no risco de fibrilación auricular. A calidade de vida non puido ser analizada pois non foi valorada en ningún dos estudos. No análise post hoc, os ERAS asociáronse a reducións no risco de insuficiencia renal aguda, de infeccións, uso de opioides, tempo de intubación e risco de reintubación. Non se asociaron a unha variación no risco de ACV, reingreso na UCI nin no hospital, nin de reintervención. Discusión: Os protocolos ERAS asociáronse a unha redución da estancia hospitalaria e da estancia na UCI (ambas, calidade de evidencia moi baixa). Porén, non se asociaron a unha variación no risco de mortalidade (calidade de evidencia moi baixa) nin a variación no risco de fibrilación auricular (calidade de evidencia moi baixa). Non se puido estudar a asociación dos protocolos ERAS coa calidade de vida. A elevada heteroxeneidade encontrada e uso de estudos observacionais provocou a diminución da calidade de evidencia. É necesario dispoñer de novos estudos que aporten mellor evidencia sobre a calidade de vida e criterios de recuperación máis centrados no doente.

Estudo do cuestionario SNOT-22 en pacientes con apnea obstrutiva do sono
Autoría
R.A.L.B.
Grao en Medicina
R.A.L.B.
Grao en Medicina
Data da defensa
20.06.2024 09:00
20.06.2024 09:00
Resumo
Introdución: A apnea do sono é un trastorno crónico de alta prevalencia que ten un impacto significativo na vida das persoas afectando en diversos aspectos da súa saúde física, mental e emocional. O cuestionario SNOT-22 considérase como un dos test de referencia para coñecer a repercusión da sintomatoloxía nasal e sinusal dos pacientes. Obxectivos: O propósito principal deste artigo é comparar a puntuación do SNOT-22 en pacientes sen patoloxía nasal con apnea obstrutiva do sono fronte á puntuación media de voluntarios sans. Doutra banda, tamén se realizarán como obxectivos secundarios a comparación de puntuacións do SNOT-22 en pacientes con apnea obstructiva do sono con e sen patoloxía nasal e en pacientes con apnea obstructiva do sono con e sen CPAP. Método: Trátase dun estudo transversal multicéntrico cun total de 590 participantes, 282 controis sans sen apnea nin patoloxía nasal e 308 pacientes con apnea con e sen patoloxía nasal. Resultados: Tras a clasificación dos resultados evidénciase que os pacientes que sofren apnea obstructiva do sono presentas puntuacións do cuestionario SNOT-22 máis elevadas, que aqueles controis sans. Por outra parte, non se atopou unha diferenza significativa no cuestionario entre os pacientes con apnea obstrutiva do sono con patoloxía nasal e sen patoloxía nasal. Por último, en los pacientes con CPAP e aqueles sen CPAP non se obtiveron resultados concluíntes que nos puidesen indicar un patrón. Conclusións: Tras a discusión dos datos concluíuse que os pacientes con apnea teñen un SNOT-22 máis elevado a expensas de todos os subdominios e independente da existencia de patoloxía nasal, gravidade da apnea ou do tratamento con CPAP. Proponse como valor de referencia 20 en pacientes con apnea independentemente da gravidade.

Calvo Henríquez, Christian Ezequiel Cotitoría
SANTOS PEREZ, SOFIA MARIA SOLEDAD (Titoría)
Calvo Henríquez, Christian Ezequiel Cotitoría
Tribunal
VIDAL PAN, Mª DEL CARMEN (Presidente/a)
de la Iglesia Martínez, Fernando Antonio (Secretario/a)
CAMESELLE TEIJEIRO, JOSE MANUEL (Vogal)
VIDAL PAN, Mª DEL CARMEN (Presidente/a)
de la Iglesia Martínez, Fernando Antonio (Secretario/a)
CAMESELLE TEIJEIRO, JOSE MANUEL (Vogal)
A Estimulación Cerebral Profunda na Parálise Cerebral: unha revisión sistemática
Autoría
G.F.R.
Grao en Medicina
G.F.R.
Grao en Medicina
Data da defensa
20.06.2024 09:00
20.06.2024 09:00
Resumo
Introdución: A parálise cerebral (PC) é un trastorno persistente da postura, do ton muscular e do movemento, debido a unha lesión non progresiva nun cerebro inmaduro. O tratamento da disfunción motora é multidimensional, tratando de mellorar a calidade de vida e o desenvolvemento funcional e cognitivo do paciente. Na súa forma discinética, as terapias farmacolóxicas convencionais non foron satisfactorias. A Estimulación Cerebral Profunda (DBS) é unha técnica neurocirúrxica indicada en enfermidades psiquiátricas e trastornos do movemento como a distonía primaria. Na distonía secundaria á CP, a neuroestimulación é unha opción para os pacientes refractarios. Obxectivos: Avaliar a eficacia e seguridade da Estimulación Cerebral Profunda na CP discinética. Analizarase a mellora da funcionalidade motora e da calidade de vida, avaliando posibles marcadores predictivos de éxito da técnica. Material e métodos: Revisión bibliográfica actualizada e sistemática a partir dunha selección de artigos obtidos das bases de datos Medline e WOS, limitada aos últimos 15 anos. Incluíronse series de casos, estudos de cohortes e ensaios clínicos. Tamén se seguiu a declaración de PRISMA 2020 para garantir a calidade da revisión. Resultados: Incluíronse un total de 15 estudos que cumpriron os criterios de inclusión, referidos a pacientes menores de 21 anos con distonía secundaria a PC tratados con DBS. Analizáronse as seguintes variables de cada estudo: deseño, criterios de inclusión e exclusión, tamaño da mostra, obxectivos principais e secundarios, resultados, conclusións e limitacións. Conclusión: Aínda que son necesarios estudos cun maior tamaño de mostra, así como identificar marcadores e características do paciente que predigan unha mellor resposta, a DBS parece mellorar a funcionalidade motora e a calidade de vida en certos pacientes con Parálise Cerebral.

Amelogénesis imperfecta: presentación de casos e revisión da literatura.
Autoría
R.A.D.V.M.G.
Grao en Odontoloxía
R.A.D.V.M.G.
Grao en Odontoloxía
Data da defensa
21.06.2024 09:30
21.06.2024 09:30
Resumo
Obxectivos: Describir os tipos de amelogénesis imperfecta. Identificar os tipos de tratamentos utilizados, segundo a evidencia científica e o grao de afectación do esmalte. Presentar evidencia a través da resolución de casos clínicos. Material e métodos: Realizouse unha procura nas bases de datos PubMed, Cochrane e Lilacs, limitándose a estudos en humanos en inglés e español. Discusión: A ameloxénese imperfecta (AI) defínese como un grupo de alteracións na estrutura do esmalte durante a súa formación. Predominantemente é de carácter xenético, afectando tanto á dentición temporal como á permanente. O esmalte pode ser de espesor delgado, irregular con socavados na superficie e esta pode estar decolorada ou pigmentada. Identificáronse 70 xenes implicados na AI. Algúns están asociados con síndromes coma: Síndrome Trico-dentoóseo, Síndrome de Jalili e a Síndrome esmalte-renal. Existen 4 tipos principais de AI segundo o seu fenotipo: hipoplásica, hipocalcificada, hipomadura ou hipomadura-hipoplásica con taurodontismo, diferencándose clínica e radiográficamente. A perda do esmalte provoca distintas repercusións nos pacientes, coma a sensibilidade aos cambios térmicos, desgaste dentario, perda da dimensión vertical, maior retención de placa bacteriana, así como repercusións psicolóxicas. É por iso, que diversos autores expoñen unha serie de tratamentos restauradores como: o uso de resinas compostas con técnicas directas e indirectas (facetas de composite e facetas de porcelana), coroas de recubrimento total e tratamentos interdisciplinarios de ortodoncia, en caso de presenza de maloclusións ou mordidas abertas. Ademais, algúns autores propoñen as extraccións e o uso de implantes. Conclusións: É importante coñecer as características dos tipos de AI, para axudar a determinar un diagnóstico axeitado. Dadas as alternativas para a restauración dos dentes con AI, os clínicos deben empregar un enfoque baseado na evidencia.

Miopía no século XXI: Alternativas de tratamento para o control da súa progresión
Autoría
C.F.M.
Grao en Medicina
C.F.M.
Grao en Medicina
Data da defensa
20.06.2024 09:00
20.06.2024 09:00
Resumo
Introdución e obxectivos. A miopía experimenta hoxe en día un crecemento exponencial, que responde a distintos condicionantes xenético-ambientais. Por isto, o obxectivo desta revisión foi analizar e comparar as terapias mais empregadas actualmente, optimizando así a súa eficacia mediante a medición da lonxitude axial (LA) e dos cambios no equivalente esférico (EE) refractivo. Material e métodos. A búsqueda bibliográfica levouse a cabo na base de datos Pubmed, mediante a división en catro subgrupos para a procura de artigos (Atropina, ortoqueratoloxía (OK), lentes de contacto e, combinación de atropina e ortoqueratoloxía (AOK)). Admitíronse ensaios clínicos aleatorizados, non aleatorizados, estudios de cohortes e estudios de casos e controis, de acordó cuns criterios de inclusión-exclusión establecidos. Estudáronse modificacións na LA e no EE. Resultados. Vinte e oito estudos foron analizados. No que respecta á atropina, obxectivouse unha rebaixa no progreso de miopía, en base ao análise da LA e do EE de -0.11 mm/ano e de -0.35 D/ano, respectivamente. Porén, na análise da OK, so se obxectivou a desaceleración do avance de miopía mediante a LA. Por outra banda, as lentes de contacto frearon o crecemento do defecto refractivo, cunhas diferencias medias de EE e de LA, de -0.41D/ano e -0.65 mm/ano, respectivamente. Por último, estudouse a eficacia da terapia combinada, conseguindo efectos positivos, de maneira, os usuarios de AOK, obtiveron unha inhibición media xeral de -0.23 D/ano no EE, e de -0.10mm/ano na LA. Conclusións. As lentes de contacto lograron posicionarse como a terapia mais eficaz á hora de frear o crecemento do defecto refractivo, cunhas diferencias medias de EE e de LA, de -0.41D/ano y -0.65 mm/ano, respectivamente. Porén, toda-las terapias estudadas apuntaron resultados positivos no control da miopía.

Relación entre biomarcadores e susceptibilidade ao cancro de mama: análise por subtipos e interaccións potenciais
Autoría
M.C.G.
Grao en Medicina
M.C.G.
Grao en Medicina
Data da defensa
20.06.2024 09:00
20.06.2024 09:00
Resumo
Múltiples estudos descubriron que a relación neutrófilos-linfocitos (NLR) está asociada con mal prognóstico e supervivencia do cancro de mama (BC). Na nosa publicación anterior (1), a través do estudo BREOGAN (Breast Oncology Galicia Network, Red Galega de Cancro da Mama: https://proyectobreogan.es/), demostramos que os niveis de N e NLR están asociados co risco de sufrir BC. No presente estudo, analizamos a asociación de N-CM e NLR-CM por niveis de diferentes lipoproteínas circulantes, incluíndo colesterol total (TC), colesterol de lipoproteínas de baixa densidade (LDL), colesterol de lipoproteínas de alta densidade (HDL) e triglicéridos. (TG), e por subtipos, estado menopáusico, grao histolóxico e estadio clínico. Realizouse un estudo de casos e controis anidado nunha cohorte que incluíu 300 casos e o mesmo número de controis pertencentes ao estudo galego BREOGAN. Os casos foron pacientes diagnosticados de CM nos hospitais de Santiago (Complexo Hospitalario Universitario de Santiago, CHUS) e Vigo (Complexo Hospitalario Universitario de Vigo, CHUVI), e os controis foron mulleres sans das mesmas bases poboacionais. O NLR elevado estivo asociado cun aumento do risco de cancro de mama, principalmente o cancro de mama Luminal A. Segundo sabemos, este é o primeiro estudo que examina a asociación entre o NLR e o risco de cancro de mama en mulleres non-asiáticas estratificado por nivel de lipoproteínas circulantes, polos principais subtipos de cancro de mama, grao e estadío. As asociacións NLR-cancro de mama foron máis pronunciadas entre as mulleres con altos niveis de colesterol total e triglicéridos. A asociacións NLR-cancro de mama foi máis pronunciada para o subtipo Luminal A que para otros subtipos. Tamén foi máis pronunciada para tumores de graos 2 e 3 que en grao 1. Ainda que non tuvemos unha precisión adecuada, a asociación tamén parecéu más pronunciada para estadío 1 que estadíos 2 e 3. Atopáronse resultados similares para N# e N%.

Gago Domínguez, Manuela Cotitoría
CARRACEDO ALVAREZ, ANGEL MARIA (Titoría)
Gago Domínguez, Manuela Cotitoría
Tribunal
GONZALEZ GARCIA, FRANCISCO (Presidente/a)
DIAZ PEROMINGO, JOSE ANTONIO (Secretario/a)
GINARTE VAL, MANUEL JAVIER (Vogal)
GONZALEZ GARCIA, FRANCISCO (Presidente/a)
DIAZ PEROMINGO, JOSE ANTONIO (Secretario/a)
GINARTE VAL, MANUEL JAVIER (Vogal)
Risco de neoplasias en pacientes con indicacións reumatolóxicas tratados con ixekizumab. Revisión sistemática e meta-anális
Autoría
J.C.M.
Grao en Medicina
J.C.M.
Grao en Medicina
Data da defensa
20.06.2024 09:00
20.06.2024 09:00
Resumo
Ixekizumab, un anticorpo monoclonal inhibidor da IL17, emprégase no tratamento de enfermidades autoinmunes como a Artrite Psoriásica e a Espondilite Axial. Este estudo pretende verificar a posible asociación entre ixekizumab e o desenvolvemento de tumores, e determinar que tipos de tumores (sólidos ou hematolóxicos) poderían xurdir en pacientes con estas condicións. O obxectivo é mellorar a comprensión, manexo e uso deste fármaco en pacientes con neoplasias ou en risco de desenvolvelas. Material e método: identificáronse 416 artículos. Tras excluir duplicados, aplicar os criterios de inclusión e exclusión, e facer unha lectura completa, incluíronse 18 estudios. Seis asignáronse á fase comparativa (EC) e doce enfocáronse en estudios de extensión a longo prazo (LTE). Para cada metaanálisis, avaliouse o sesgo de publicación mediante funnel plots, a significación estatística mediante a proba de Egger, e a heteroxeneidade empregando I2. Resultados: os estudios en EC non revelaron diferencias significativas entre o uso de ixekizumab e placebo (OR 1.99, IC 95% 0.26, 15.00). Tampouco en comparación con adalimumab, un iTNF tamén empregado no tratamento de ditas enfermidades(OR 0.45, IC 95% 0.11 - 1.86). Nos estudios LTE, tampouco se atoparon variacións específicas. A incidencia de neoplasias foi de 1.24 por cada 100 pacientes/ano na semana 52 (IC 95% 0,51 - 2,30), e de 0.79 (0,38 - 1,32) na semana 156, sen diferenzas significativas nos tipos de tumores. Os máis frecuentes foron o cancro de pel non melanoma, seguidos de tumores sólidos e hematolóxicos. Conclusión: este estudo non atopou asociación significativa entre o uso de Ixekizumab o o risco de desenvolvemento tumoral, suxerindo incluso un posible menor risco co emprego de inhibidores da IL-17.

MANEIRO FERNANDEZ, JOSE RAMON (Titoría)
MANEIRO FERNANDEZ, JOSE RAMON (Titoría)
Análise socio-xeográfico mundial da tuberculose: Causas da alta prevalencia de tuberculose multirresistente nos países da antiga Unión Soviética.
Autoría
T.V.N.
Grao en Medicina
T.V.N.
Grao en Medicina
Data da defensa
20.06.2024 09:00
20.06.2024 09:00
Resumo
Estímase que no 2022, aproximadamente 6 millóns de persoas contraeron tuberculose no mundo. As rexións con maior prevalencia de tuberculose son o Surleste Asiático, con 234 casos por cada 100.000 habitantes, e África, con 208 casos por cada 100.000 habitantes. Porén, a rexión do mundo con maior proporción de casos de tuberculose multirresistente (MDR) con respecto ao total de casos de tuberculose é Europa do Leste e Asia Central, superándose en varios países taxas do 30% nos novos casos de tuberculose e do 50% nos previamente tratados. Os quince países do mundo con maiores taxas de tuberculose MDR pertencían á antiga Unión Soviética (URSS). O obxectivo do traballo é analizar os factores derivados da caída da URSS que contribuíron ao aumento na prevalencia da tuberculose MDR na rexión. Inicialmente realizouse unha revisión sobre a carga global da tuberculose, empregando as bases de datos Web of Science, PubMed e Scopus. Atopáronse 26.211 artigos, dos cales 50 cumpriron cos criterios de selección. A súa revisión permitiu centrar o traballo nas incidencias de tuberculose MDR e de tuberculose en prisións na rexión de Europa Oriental e Asia Central. Esta análise inicial ampliouse mediante a revisión das bibliografías dos artigos seleccionados, o que permitiu identificar estudos adicionais relevantes que abordaban factores asociados ao desenvolvemento de multirresistencias na rexión. A análise dos artigos incluídos amosa que o colapso do sistema sanitario e as condicións socioeconómicas que trouxeron consigo a caída da URSS parecen ter tido un impacto significativo no aumento da prevalencia de tuberculose MDR nos países de Europa do Leste e Asia Central. A literatura revisada revela que os factores que contribuíron a dito incremento foron o tratamento inadecuado, o retraso nas probas de detección de sensibilidade antibiótica, a transmisión nosocomial, o aumento dos encarceramentos, a coinfección por VIH e o amento no consumo de acohol e drogas.

Uso de Cannabis Medicinal en nenos con Trastorno do Espectro Autista (TEA): Revisión Sistemática
Autoría
A.C.O.C.
Grao en Medicina
A.C.O.C.
Grao en Medicina
Data da defensa
18.07.2024 09:00
18.07.2024 09:00
Resumo
Introdución: O Trastorno do Espectro Autista (TEA) é unha condición neuropsiquiátrica caracterizada por déficits na comunicación social e comportamentos repetitivos. A pesar dos tratamentos convencionais, moitos nenos con TEA non conseguen un control adecuado dos síntomas. O cannabis medicinal, especialmente o cannabidiol (CBD), emerxeu como unha opción potencial para aliviar os síntomas do TEA. Material e Métodos: Este estudo é unha revisión sistemática sobre a eficacia e seguridade do cannabis medicinal en nenos con TEA. Realizouse unha busca exhaustiva en bases de datos (Medline (a través de PubMed), Embase, Cochrane e Scopus), seleccionando estudos que avaliaron o uso de cannabis medicinal en pacientes con TEA menores de 16 anos. Incluíronse ensaios clínicos e estudos observacionais (series, estudos e informes de casos). Resultados: Seleccionáronse doce estudos relevantes que involucraron un total de 695 participantes. A maioría dos estudos utilizaron preparacións de cannabis cunha proporción de CBD:THC de 20:1. Os resultados mostraron mellorías significativas nas habilidades sociais, a concentración e a calidade do sono. Nalgúns estudos, tamén se observou unha melloría na ansiedade, hiperactividade, episodios de ira e convulsións. Os efectos secundarios foron xeralmente leves e transitorios. Discusión: Os achados suxiren que o cannabis medicinal, particularmente o CBD, pode ser unha opción terapéutica segura e efectiva para os nenos con TEA. Con todo, a variabilidade nos métodos de avaliación e a falta de máis estudos controlados limitan a xeneralización destes resultados. Ademais, a maioría dos estudos incluíron unha ampla gama de idades, o que subliña a necesidade de investigacións focalizadas en grupos de idades específicas. Conclusións: O cannabis medicinal mostra potencial para mellorar os síntomas do TEA en nenos, pero necesítanse máis estudos controlados e específicos para validar estes achados e establecer pautas claras de tratamento. A seguridade e a eficacia a longo prazo deben ser prioritarias en futuras investigacións.

Relación da microbiota e o seu impacto no diagnóstico e prognóstico do cancro colorrectal: revisión sistemática da literatura
Autoría
B.A.J.
Grao en Medicina
B.A.J.
Grao en Medicina
Data da defensa
18.07.2024 09:00
18.07.2024 09:00
Resumo
Introdución: O cancro colorrectal (CCR) é un dos cancros máis comúns e representa unha importante carga para a saúde mundial e a súa etioloxía relacionouse coa composición da microbiota intestinal. Obxectivo: estudar a Relación da microbiota e o seu impacto no diagnóstico e prognóstico do Cancro Colorrectal. Metodoloxía: realizouse unha revisión sistemática de acordo cas pautas establecidas na Guía de Elementos de informes preferidos para revisións sistemáticas e metanálisis (PRISMA polas súas siglas en inglés Preferred Reporting Items for Systematic Reviews and Meta-Analyses). Incluíronse Estudos observacionais prospectivos, estudos prospectivos transversais de cohortes, ou ensaios clínicos aleatorizados realizados en humanos. Excluíronse resumos de congresos, traballos non indexados ou publicados nun idioma diferente ao inglés ou español. Consultáronse as bases de datos de PUBMED, Scielo, Web of Science e Google Scholar. Resultados: O proceso de procura e selección resultou en 25 traballos que cumpriron cos criterios de inclusión e exclusión que comprenden distintos aspectos da relación da microbiota intestinal co cancro colorectal. Os resultados dos traballos mostraron que a microbiota intestinal dos pacientes con CCR difire do das persoas normais presentando un perfil disbiótico que favorece os procesos de oncogénesis. Tamén os traballos mostran que o uso da combinación de técnicas de rutina para o diagnóstico de CCR coas técnicas de secuenciación para determinar perfís de microbiota e análises de metabolomas veu construíndo plataformas de diagnóstico moito máis sensibles e específicas. Algunhas bacterias como Clostridium symbiosum e Fusobacterium nucleatum poderían servir como marcadores de progresión tumoral no CCR. O uso de probióticos beneficia aos pacientes pre e post intervención cirúrxica debido aos seus efectos inhibitorios dos mecanismos que contribúen ao desenvolvemento tumoral. Conclusión: Os resultados dos traballos analizados confirman que a composición da microbiota intestinal inflúe na etioloxía e desenvolvemento do cancro colono rectal. O avance das técnicas de bioloxía molecular actualmente permite a identificación de especies de bacterias que son clave no desenvolvemento desta patoloxía e que poderían servir como marcadores de prognóstico e seguimento.

Microbiota e migraña
Autoría
A.F.P.
Grao en Medicina
A.F.P.
Grao en Medicina
Data da defensa
18.07.2024 09:00
18.07.2024 09:00
Resumo
Contexto: A migraña é unha afectación neurolóxica debilitante e dolorosa que afecta aproximadamente ao 15% da poboación mundial. É un desorden crónico do sistema nervioso, caracterizado pola aparición de episodios, típicos, recorrentes, de dor de cabeza, os cales usualmente se asocian a náuseas, vómito, fotofobia, sonofobia, ademais dalgunhas molestias menos frecuentes. Ocasiona problemas e trastornos na vida social e laboral das persoas que o padecen. Os síntomas manéxanse principalmente co uso de productos farmacéuticos e biolóxicos. A microbiota é o conxunto de microorganismos que residen no noso corpo. Unha desregulación desta (disbiosis), está implicada en afectacións inflamatorias crónicas e dolorosas, como a migraña, a través de moléculas de sinalización microbiana, capaces de modula-lo sistema inmunitario e a producción dunha serie de mediadores endóxenos. Obxectivos: O obxectivo do noso traballo baséase en coñecer a implicación da microbiota en xeral, e a intestinal e oral en particular, e as posibles disbiosis asociadas coa migraña, así como sobre os posibles mecanismos relacionados con estas interaccións. Tamén analizamos os resultados derivados das intervencións mediante probióticos e prebióticos. Metodoloxía: Levouse a cabo unha revisión sistemática dos traballos publicados nos últimos 10 anos, desenvolvida a partir das bases de datos PubMed, Scopus, Cochrane e Google Scholar. Seguimos as recomendacións contidas na metodoloxía PRISMA. Tras aplicar filtros de inclusión e exclusión, identificamos as publicacións máis relevantes sobre os obxectivos do noso estudo. Resultados: Nos traballos de investigación analizados, tanto clínicos como experimentais, femos atopado evidencias bastante claras sobre o papel da microbiota intestinal e oral na severidade da migraña. Existe unha certa correlación entre estes resultados e cambios no sistema inmunitario, na vía do triptófano e na producción de ácidos graos de cadea curta implicados na patoxenia da enfermidade. Ademais, algúns traballos demostran a eficacia dalgunhas formulacións de probióticos, e en menos medida de prebióticos, sobre a intensidade da sintomatoloxía en pacientes con migraña. Conclusións: De todos modos, aínda que os resultados sobre a relación entre a microbiota e a migraña son alentadores, e necesario levar a cabo máis investigacións, con diferentes enfoques, para diseñar estratexias diagnósticas e terapéuticas que melloren o pronóstico desta enfermidade.

FREIRE-GARABAL NUÑEZ, MANUEL (Titoría)
FREIRE-GARABAL NUÑEZ, MANUEL (Titoría)
Tribunal
GALLEGO GOMEZ, MARIA ROSALIA (Presidente/a)
SOTO VARELA, ANDRES (Secretario/a)
RODRIGUEZ REQUENA, JESUS (Vogal)
GALLEGO GOMEZ, MARIA ROSALIA (Presidente/a)
SOTO VARELA, ANDRES (Secretario/a)
RODRIGUEZ REQUENA, JESUS (Vogal)
Electroterapia analxésica en dores musculoesqueléticos revisión narrativa
Autoría
D.D.S.L.
Grao en Medicina
D.D.S.L.
Grao en Medicina
Data da defensa
20.06.2024 09:00
20.06.2024 09:00
Resumo
O emprego da enerxía eléctrica en diferentes modalidades ten un longo percorrido en tempos e usos. Un destes usos é a súa utilización como tratamento médico en diversas áreas. Unha delas é a dor músculo-esquelética. Os seus beneficios baséanse en estimular de forma esóxena ás células con diferentes tipos e formas de correntes para modificar o seu potencial de membrana e conseguir niveis de actividade celular terapéuticos. Existen numerosas técnicas, cada unha das cales consegue exercer un efecto diferente dependendo do tecido. Por exemplo, os ultrasóns son maiormente absorbidos por tecidos con alta densidade de coláxeno, como son a cartilaxe, os tendóns ou a fascia. Por outra banda, a Estimulación Eléctrica Nerviosa Transcutánea (TENS) e a Onda Corta (OC) son especialmente útiles en tecidos con alto compoñente en auga, edemas e hematomas. As citadas, entre outras como a magnetoterapia, empregáronse e aínda se empregan en gran volume a nivel mundial. Non obstante, a evidencia terapéutica demostrada foi sempre limitada. Este traballo pretende realizar unha revisión narrativa de evidencia de calidade (meta análises, revisións sistemáticas e ensaios clínicos randomizados) actualizada para realizar unha serie de recomendacións de facer o, no seu caso, de non facer aplicables na práctica clínica habitual.

Formigo Couceiro, Jacobo Cotitoría
FIGUEROA RODRIGUEZ, JESUS (Titoría)
Formigo Couceiro, Jacobo Cotitoría
Tribunal
CRUZ LANDEIRA, ANGELINES (Presidente/a)
ANTUNEZ LOPEZ, JOSE RAMON (Secretario/a)
RODRIGUEZ REQUENA, JESUS (Vogal)
CRUZ LANDEIRA, ANGELINES (Presidente/a)
ANTUNEZ LOPEZ, JOSE RAMON (Secretario/a)
RODRIGUEZ REQUENA, JESUS (Vogal)
Revisión narrativa sobre os efectos da dieta cetoxénica no rendemento deportivo
Autoría
C.G.N.
Grao en Medicina
C.G.N.
Grao en Medicina
Data da defensa
20.06.2024 09:00
20.06.2024 09:00
Resumo
Introdución: A dieta cetoxénica (DC) é unha dieta normocalórica composta por un alto contido en graxas, baixo contido de carbohidratos e proteínas adecuadas, que induce efectos similares ao xaxún e dá como resultado a produción de corpos cetónicos. Obxectivos: O obxectivo deste TFG é facer unha revisión sistemática da literatura científica máis recente coa finalidade de avaliar o impacto da dieta cetoxénica no rendemento deportivo de acordo coa evidencia científica actual. Material e métodos: Revisión narrativa da literatura científica dispoñible en PubMed. Resultados: Entre os artigos atopados seleccionáronse 13 estudos, comprendendo metaanálises, revisións sistemáticas e ensaios clínicos, nos que se analizaban os cambios na composición corporal, o rendemento en exercicios de resistencia e forza e os cambios bioquímicos e moleculares. Conclusións: Esta dieta pode potencialmente aumentar a resistencia, a capacidade de recuperación e mellorar a composición corporal dos atletas. Sen embargo, os efectos varían segundo o tipo de exercicio, a adaptación individual e a duración da dieta. Necesítase máis investigación para comprender completamente os mecanismos subxacentes e optimizar a súa aplicación en diferentes disciplinas deportivas, ademais de individualizar un protocolo de dieta e exercicio específico e adecuado ás necesidades de cada individuo.

Vidal Casariego, Alfonso José Cotitoría
ARAUJO VILAR, DAVID (Titoría)
Vidal Casariego, Alfonso José Cotitoría
Tribunal
GALLEGO GOMEZ, MARIA ROSALIA (Presidente/a)
MARTINEZ ROLAN, ROSA MARIA (Secretario/a)
TABOADA MUÑIZ, MANUEL (Vogal)
GALLEGO GOMEZ, MARIA ROSALIA (Presidente/a)
MARTINEZ ROLAN, ROSA MARIA (Secretario/a)
TABOADA MUÑIZ, MANUEL (Vogal)
Hemorraxias intracraniais espontáneas en pacientes maiores de 80 anos anticoagulados con antivitamina K
Autoría
A.F.D.
Grao en Medicina
A.F.D.
Grao en Medicina
Data da defensa
20.06.2024 09:00
20.06.2024 09:00
Resumo
Introdución: Existen traballos epidemiolóxicos sobre a hemorraxia intracranial espontánea asociada a tratamento anticoagulante con antivitamina-K (HICE-AVK) en varios países, pola contra, descoñecemos a súa repercusión na área sanitaria do Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra. Obxectivos: Comparar dous grupos separados por idade superior-inferior a 80 anos, co diagnóstico de HICE-AVK. Coñecer en ambos grupos os factores relacionados coa saúde cardiovascular dos pacientes, co sangrado, os parámetros clínicos e analíticos tanto á súa chegada ao hospital coma durante a súa hospitalización, o estudo anatómico da HIC, o tipo de tratamento aplicado durante a súa estancia hospitalaria e a mortalidade. Material e métodos: Estudo observacional, lonxitudinal, retrospectivo dunha cohorte de 169 pacientes ingresados co diagnóstico de HICE-AVK, entre o 1 de xaneiro de 2010 ata o 31 de decembro de 2018. Os datos foron recollidos nunha base de datos empregando o programa Excel e a análise estadística realizouse mediante o paquete IBM SPSS Statistics. Na análise univariada, realizouse a comparación de dúas medias por medio do test da T de Student. Para o contraste das variables cualitativas realizouse o test Chi-cadrado (X2); cando as celdas contiñan valores esperados inferiores a 5 utilizouse o test exacto de Fisher. Resultados: Observáronse diferenzas estadísticamente significativas nalgunhas variables. Para o grupo de idade menor de 80 anos: o consumo de tabaco foi máis frecuente (p- valor 0,03); a localización da hemorraxia foi máis frecuente nas estruturas cerebrais profundas (p-valor 0,011); o número de días de hospitalización foi maior (p-valor 0,002) e o número de pacientes ingresados na UCI foi maior (p-valor menor de 0,001). Para o grupo de idade de 80 anos ou máis: a localización da hemorraxia nas estruturas lobares foi máis frecuente (p-valor 0,011). Conclusións: Os factores de risco de sangrado foron máis frecuentes no grupo de menor idade e os esforzos terapéuticos tamén foron maiores neste grupo aínda que non se atoparon grandes diferenzas. Sería recomendable que futuras investigacións tratasen este tema cunha mostra de pacientes máis elevada para coñecer mellor a repercusión clínica destas diferenzas para os grupos de idade estudados.

Núñez Fernández, Manuel Jesús Cotitoría
Anibarro García, Luís (Titoría)
Núñez Fernández, Manuel Jesús Cotitoría
Tribunal
GARCIA RIESTRA, CARLOS (Presidente/a)
Rodríguez Vázquez, Virginia María (Secretario/a)
PAZOS CASTELOS, ANTONIO JUAN (Vogal)
GARCIA RIESTRA, CARLOS (Presidente/a)
Rodríguez Vázquez, Virginia María (Secretario/a)
PAZOS CASTELOS, ANTONIO JUAN (Vogal)
Aportacións do TC espectral na estadificación local do adenocarcinoma de páncreas. Revisión sistemática.
Autoría
K.N.B.T.
Grao en Medicina
K.N.B.T.
Grao en Medicina
Data da defensa
20.06.2024 09:00
20.06.2024 09:00
Resumo
O adenocarcinoma pancreático presenta un prognóstico desafiante debido á súa detección tardía e rápida propagación, sendo maiormente diagnosticado en etapas avanzadas. O seu manexo require enfoques multidisciplinares e estratexias innovadoras. Neste contexto, a Tomografía Computarizada de Enerxía Dual (DECT) emergiu como unha ferramenta prometedora, ofrecendo unha caracterización precisa do tumor e mellorando a xestión clínica. Dada a crecente importancia da DECT no diagnóstico e monitorización desta enfermidade, a nosa investigación centrouse en explorar a información máis recente nesta área, co obxectivo de proporcionar unha visión integral dos desenvolvementos actuais e o seu impacto na práctica clínica. Para levar a cabo a revisión sistemática, realizaronse buscas sistemáticas en múltiples bases de datos, aínda que finalmente só se utilizou PubMed debido á súa relevancia no campo. Posteriormente, aplicáronse criterios de inclusión e exclusión para seleccionar 10 artigos, coa súa información extraída nunha táboa. Os resultados desta revisión sistemática revelaron que, na DECT, as baixas enerxías, especialmente entre 40-50 keV, melloran a detección do adenocarcinoma pancreático. Os mapas de iodo proporcionan unha visión detallada da fisiopatoloxía e axudan na xestión clínica. As imaxes monoenerxéticas melloran a visualización das lesións pancreáticas cunha maior calidade de imaxe que as polienerxéticas. A DECT promete avances significativos no futuro do diagnóstico e monitorización do adenocarcinoma pancreático, ofrecendo unha caracterización máis precisa do tumor e mellorando a xestión clínica dos pacientes. Sería conveniente profundar aínda máis no tema ata que se realicen máis investigacións.

Quintero Rivera, Juan Carlos Cotitoría
VARELA PONTE, RAFAEL (Titoría)
Quintero Rivera, Juan Carlos Cotitoría
Tribunal
ARAUJO VILAR, DAVID (Presidente/a)
SOTO VARELA, ANDRES (Secretario/a)
SUAREZ PEÑARANDA, JOSE MANUEL (Vogal)
ARAUJO VILAR, DAVID (Presidente/a)
SOTO VARELA, ANDRES (Secretario/a)
SUAREZ PEÑARANDA, JOSE MANUEL (Vogal)
Os efectos nasais de mepolizumab en doentes con rinosinusitis crónica y pólipos nasais
Autoría
M.R.R.
Grao en Medicina
M.R.R.
Grao en Medicina
Data da defensa
20.06.2024 09:00
20.06.2024 09:00
Resumo
Introducción: A rinosinusitis crónica con pólipos nasais (RSCcPN) é unha enfermidade cunha prevalencia considerable e cun impacto negativo na calidade de vida dos pacientes. Ademais, supón unha gran carga económica para o sistema sanitario. Nos últimos anos apareceu unha nova liña de tratamento para a RSCcPN, os anticorpos monoclonales. Estes fármacos monoclonales actúan sobre diferentes vías diminuíndo así o proceso de inflamación. Mepolizumab é o único monoclonal con indicación e prezo de reembolso no sistema nacional de saúde (SNS). Antecedentes: O presente estudo ten como obxectivo resumir nun metaanálisis toda a evidencia dispoñible sobre os efectos nasosinusales de mepolizumab en pacientes con RSCcPN a partir de estudos observacionales reais publicados. Metodoloxía: Realizáronse procuras en Pubmed (Medline), a Biblioteca Cochrane, EMBASE e Trip Database por duplicado. Resultados: 13 estudos (426 pacientes) cumpriron os criterios de inclusión. 12 estudos (422 pacientes) que avaliaron o SNOT-22 reuníronse nun metaanálisis atopando unha diminución de -26,76 puntos, en contraste co ensaio clínico MUSCA que só informou dunha diminución de -13,7. Por outra banda, incluíronse no metaanálisis 6 estudos (207 pacientes) que avaliaban a puntuación de pólipos nasais (NPS), achándose unha diminución media de -1,77 puntos. Conclusións: Na actualidade non se dispón de estudos reais exclusivamente en pacientes con RSCcPN grave que reciban mepolizumab. En vista desta limitación, os resultados do noso metaanálisis non poden compararse co ensaio clínico Synapse, senón co ensaio clínico MUSCA que mostra nesta comparación unha mellor resposta clínica con resultados estatisticamente significativos con respecto a SNOT-22 e NPS (en comparación con Synapse).

Uso de quimioluminiscencia e autofluorescencia na detección de displasia en leucoplasia oral. Revisión da literatura.
Autoría
A.A.B.
Grao en Odontoloxía
A.A.B.
Grao en Odontoloxía
Data da defensa
21.06.2024 09:30
21.06.2024 09:30
Resumo
Introdución: A leucoplasia é a lesión potencialmente maligna máis frecuente da mucosa oral e o factor máis importante para o prognóstico da súa transformación maligna é a presenza de displasia epitelial. Ambos diagósticos fundaméntanse en avaliacións clínicas con confirmación histolóxica. Existen outros métodos diagnósticos que se basean na premisa de que os tecidos neoplásicos e preneoplásicos que sufriron cambios metabólicos ou estructurais anormais presentan propiedades de absorción e reflectancia diferentes cando expóñense a lonxitudes de onda de luz específicas. Metodoloxía: Realizouse a revisión da literatura co obxectivo de responder á pregunta PICO da guía SECIB: “existe algunha exploración complementaria que mellore o diagnóstico clínico convencional da leucoplasia oral?, en relación coa displasia, centrándonos nos métodos diagnósticos de luz e actualizar a evidencia de dita guía. Na búsqueda empleáronse as bases de datos PubMed e EMBASE, entre o 27 de novembro de 2014 e o 27 de novembro de 2023, utilizando termos Mesh e libres, e operadores booleanos “OR”, “NOT” e “AND”. Seleccionáronse 4 artigos que cumprían cos criterios de inclusión e exclusión determinados. Resultados: Os artigos sobre autofluorescencia utilizaron a marca comercial VELscope e aportan sensibilidades do 87,1% e 85,36% e especificidades do 21,4 % e 75%. En canto á quimioluminiscencia, emplearon VizLite e describiron sensibilidades do 77,1%, 84,84% e 12% e especificidades do 26,8%, 41,17% e 76%. Conclusión: Estas técnicas non poden substituír á biopsia convencional no diagnóstico da displasia en leucoplasia, se se utilizan correctamente e cos coñecementos adecuados poden ser un recurso para mellorar a calidade do proceso diagnóstico na patoloxía oral no futuro. Non se actualizou a guía por similitude nas conclusións.

GANDARA VILA, PILAR (Titoría)
López Rodríguez, Clara Cotitoría
GANDARA VILA, PILAR (Titoría)
López Rodríguez, Clara Cotitoría
Tribunal
RODRÍGUEZ FERNÁNDEZ, Mª DE LA ALMUDENA (Presidente/a)
GARCIA VARELA, SANDRA (Secretario/a)
facal garcia, miguel (Vogal)
RODRÍGUEZ FERNÁNDEZ, Mª DE LA ALMUDENA (Presidente/a)
GARCIA VARELA, SANDRA (Secretario/a)
facal garcia, miguel (Vogal)
Aprendizaxe e Servizo en Medicina Oral, unha revisión de alcance. APS-MO
Autoría
L.G.P.
Grao en Odontoloxía
L.G.P.
Grao en Odontoloxía
Data da defensa
19.07.2024 09:30
19.07.2024 09:30
Resumo
O Aprendizaxe e Sercizo (ApS) é unha proposta pedagóxica que implica o traballo voluntario dos estudantes en proxectos de servizos á comunidade que lles permitan consolidar os seus coñecementos. Por este motivo investigouse acerca da súa implantación nas facultades de odontoloxía, para que os estudantes coñezan a realidade das comunidades coas que tratarán e potencien a súa experiencia académica. Nesta revisión bibliográfica levouse a cabo unha búsqueda en 2 bases de datos coa fin de atopar evidencias basadas na avaliación destes proxectos que determinen a eficacia da metodoloxía en estudantes de odontoloxía centrándonos na promoción da saúde oral. En términos xerais, observouse o impacto positivo e as boas valoracións dos proxectos. Porén, ao ser tan nova a súa chegada ás universidades galegas, aínda queda moito por traballar para chegar a un consenso de términos entre institucións e para acadar unha experiencia óptima.

Sanmartín Barragáns, Valeria Cotitoría
GANDARA VILA, PILAR (Titoría)
Sanmartín Barragáns, Valeria Cotitoría
Tribunal
RODRÍGUEZ FERNÁNDEZ, Mª DE LA ALMUDENA (Presidente/a)
GARCIA VARELA, SANDRA (Secretario/a)
Batalla Vázquez, María Pilar (Vogal)
RODRÍGUEZ FERNÁNDEZ, Mª DE LA ALMUDENA (Presidente/a)
GARCIA VARELA, SANDRA (Secretario/a)
Batalla Vázquez, María Pilar (Vogal)
Estratexias de Atención Primaria para o manexo da asma no paciente ancián.
Autoría
M.R.B.C.
Grao en Medicina
M.R.B.C.
Grao en Medicina
Data da defensa
05.09.2024 09:00
05.09.2024 09:00
Resumo
A asma é unha enfermidade respiratoria crónica moi prevalente en todos os rangos de idade. Con todo, o manexo desta enfermidade en pacientes maiores recibiu pouca atención, probablemente debido á súa complexidade. A fisiopatoloxía da asma en adultos maiores presenta cambios fisiolóxicos e inmunolóxicos especificamente asociados ao envellecemento. É fundamental desenvolver estratexias eficaces para abordar a asma nesta poboación, xa que presentan un maior risco de exacerbacións e de incumprimento terapéutico. Neste contexto, a atención primaria xoga un papel fundamental pola súa proximidade e coñecemento do paciente. A implementación de estratexias de manexo baseadas na educación sanitaria pode mellorar o control da asma nesta poboación e deben ser implementadas de maneira sistemática nos servizos de atención primaria. Para profundar neste tema, este estudo pretende sintetizar a evidencia actual sobre as distintas estratexias de manexo da paciente maior con asma e identificar as intervencións máis relevantes encamiñadas ao control da enfermidade nesta faixa etaria. Para iso desenvolveuse unha scoping review da literatura dispoñible, realizada a través dos buscadores bibliográficos PubMed e WOS e seguindo as directrices PRISMA. Incluíronse revisións, revisións sistemáticas, ensaios clínicos aleatorizados e metaanálises. Fíxose a análise de un total de 7 artigos. Os estudos que utilizan cuestionarios ACQ e ACT amosan melloras no control da asma nos grupos de intervención, aínda que os resultados varían. En algunhas intervencións obsérvase unha mellor adherencia á medicación, mentres que a redución das exacerbacións é significativa en varios estudos. A educación en técnicas de inhalación, en particular os métodos de educación activa, resulta eficaz para mellorar a competencia no uso de inhaladores. En xeral, as estratexias educativas resultan prometedoras para optimizar o manexo da asma nos adultos maiores, o que subliña a necesidade de estratexias personalizadas nos centros de atención primaria.

Fernández Villar, José Alberto Cotitoría
Mosquera Nogueira, Jacinto José (Titoría)
Fernández Villar, José Alberto Cotitoría
Tribunal
Rodriguez Calvo, Maria Sol (Presidente/a)
LAGE FERNANDEZ, RICARDO (Secretario/a)
Ponte Hernando, Fernando Julio (Vogal)
Rodriguez Calvo, Maria Sol (Presidente/a)
LAGE FERNANDEZ, RICARDO (Secretario/a)
Ponte Hernando, Fernando Julio (Vogal)
Anticorpos conxugados, a bala máxica contra o cancro: actuación no cancro de mama. Revisión sistemática.
Autoría
A.C.L.
Grao en Medicina
A.C.L.
Grao en Medicina
Data da defensa
05.09.2024 09:00
05.09.2024 09:00
Resumo
El cáncer de mama es una de las neoplasias más prevalentes a nivel mundial, siendo el tumor más diagnosticado en mujeres en nuestro medio, representando la primera causa de muerte por cáncer en mujeres en países desarrollados. Estos tumores son muy heterogéneos desde el punto de vista biológico, la clasificación molecular, basada en la sobreexpresión de moléculas en la superficie de las células tumorales, ha revolucionado el tratamiento de esta enfermedad gracias al desarrollo de nuevos fármacos dirigidos a estas moléculas. En esta revisión nos centramos en el papel que juegan los anticuerpos conjugados, estos fármacos están formados por un anticuerpo monoclonal capaz de reconocer de manera específica las moléculas sobreexpresadas en la superficie tumoral; este se encuentra unido mediante un enlace estable, escindible o no, a una sustancia con capacidad citotóxica, que al llegar a las células diana produce su muerte y las de las células vecinas en el microambiente tumoral. Los anticuerpos conjugados han mejorado el pronóstico de mujeres con neoplasias que anteriormente tenían opciones de tratamiento muy limitadas con las terapias tradicionales, mejorando la supervivencia y disminuyendo la toxicidad lo que ha hecho que se establezcan como una de las principales líneas de tratamiento en el cáncer de mama.

García Mata, Jesús Cotitoría
Guedella López, Ana Cotitoría
VARELA PONTE, RAFAEL (Titoría)
García Mata, Jesús Cotitoría
Guedella López, Ana Cotitoría
Tribunal
Rodriguez Calvo, Maria Sol (Presidente/a)
LAGE FERNANDEZ, RICARDO (Secretario/a)
Ponte Hernando, Fernando Julio (Vogal)
Rodriguez Calvo, Maria Sol (Presidente/a)
LAGE FERNANDEZ, RICARDO (Secretario/a)
Ponte Hernando, Fernando Julio (Vogal)
Neuroestimulación no tratamento da dor crónica
Autoría
M.L.F.
Grao en Medicina
M.L.F.
Grao en Medicina
Data da defensa
20.06.2024 09:00
20.06.2024 09:00
Resumo
Introdución: Ao longo da historia, o concepto de dor crónica e a súa comprensión foron evolucionando, sendo obxecto de numerosos estudos e experimentos, aínda que o seu manexo e tratamento sempre resultou ser unha incógnita. Desde a crenza en causas sobrenaturais ata o enfoque científico actual, a comprensión da dor crónica pasou por diversas etapas, ao igual que o seu tratamento. Na actualidade, os avances médicos e o rápido desenvolvemento tecnolóxico permiten o desenvolvemento de novas técnicas co fin de acadar un mellor control da dor, como é o caso da neuroestimulación, unha proposta interesante e á vangarda na medicina. Obxectivos: Este proxecto ten como obxectivo principal analizar diferentes tipos de neuroestimulación empregados para tratar a dor crónica. En particular, centrarémonos en comparar tres dos patróns de estimulación máis novidosos: a alta frecuencia, o burst e a DTM (differential target multiplexed ou multiplexada por obxectivos diferenciais), examinando a súa eficacia, seguridade e aplicacións clínicas no tratamento da dor crónica. Métodos: Realízase unha revisión bibliográfica exhaustiva en bases de datos científicas (PubMed, SciELO, The Cochrane Library, JAMA e Google Académico), seleccionando e avaliando criticamente os estudos relevantes, e sintetizando os resultados de maneira estruturada. Resultados e discusión: Foron seleccionados 9 artigos no total que cumprían cos requisitos de busca e os criterios establecidos. A partir destes estudos, comparáronse os parámetros e características específicas de cada técnica, e observouse unha clara evidencia da súa eficacia, presentando unha mellora significativa en canto á dor e á funcionalidade dos pacientes tratados. Conclusións: Pódese concluír que o burst, a alta frecuencia e a DTM resultan ser unha opción terapéutica efectiva e segura, producindo unha gran mellora na calidade de vida dos pacientes fronte a mínimos efectos adversos. Con todo, requírese máis investigación para comprender completamente os mecanismos de acción e poder desenvolver e optimizar o uso destas técnicas.

Vizcaíno Martínez, Lucia Cotitoría