Impacto da autofaxia nas enfermidades oculares asociadas á idade
Autoría
J.S.A.
Máster Universitario en Optometría
J.S.A.
Máster Universitario en Optometría
Data da defensa
16.09.2025 15:00
16.09.2025 15:00
Resumo
A autofaxia é un proceso celular especial que lles permite ás células degradar e reciclar compoñentes danados, como proteínas mal pregadas ou mitocondrias disfuncionais. O seu correcto funcionamento é esencial para manter a homeostase celular, especialmente en tecidos cunha alta demanda metabólica como a retina.

Dirección
CANDAL SUAREZ, EVA MARIA (Titoría)
CANDAL SUAREZ, EVA MARIA (Titoría)
Tribunal
LAMAS FERNANDEZ, JESUS (Presidente/a)
VAZQUEZ SANCHEZ, MARIA COVADONGA (Secretario/a)
LEMA GESTO, MARIA ISABEL (Vogal)

Estudo da Agudeza Visual Dinámica en Función da Velocidade e a Dirección do Movemento.
Autoría
S.D.N.D.
Máster Universitario en Optometría
S.D.N.D.
Máster Universitario en Optometría
Data da defensa
16.09.2025 15:00
16.09.2025 15:00
Resumo
Obxectivo: A Agudeza Visual Dinámica (AVD) é a capacidade do sistema visual para distinguir detalles dun obxecto cando este ou o observador se encontran en movemento. O obxectivo principal deste traballo foi evaluar e comparar a AVD en función da velocidade e da dirección de desprazamento. Métodos: Recrutáronse 30 suxeitos de entre 18 e 35 anos e se realizaron unha serie de probas preliminares de inclusión no estudo (Anamnese, Agudeza Visual, Dominancia Ocular, Cover Test, Movementos Sacádicos e Seguimentos e Reixa de Amsler). Posteriormente mediuse a AVD co dispositivo OptoTab SERIES (SmarThings4Vision) en catro velocidades (4 graos/s, 8 graos/s, 12 graos/s y 15 graos/s), dúas direccións de movemento (Sentido de Lectura e Sentido Contrario de Lectura), e tres condicións de visión (ollo dereito, ollo esquerdo e visión binocular). Analizáronse as diferencias e correlacións en AVD segundo a velocidade e dirección de movemento nas distintas condicións de visión. Resultados: Dos participantes inicialmente recrutados, 26 cumpriron os criterios de inclusión. En relación coa velocidade do estímulo, observáronse correlacións negativas significativas entre a velocidade e AVD en todas as condicións de visión, así como nas direccións medidas (Rho de Spearman, todas r maior ou igual que - 0.901; todas p menor que 0.001). Ademais, atopáronse diferencias significativas nos valores de AVD entre as distintas velocidades dentro de cada dirección de movemento, tanto xerais (Test de Friedman, todos p menor que 0.001), como por pares de velocidades (Test de Wilcoxon, todos p menor que 0.001). En relación coa dirección do movemento, non se observaron diferencias significativas nos valores de AVD entre as dúas direccións utilizadas, para ningunha velocidade nin condición de visión (Test de Wilcoxon, todos p maior ou igual que 0.056). Conclusión: A AVD vese influenciada pola velocidade do estímulo, pero non pola dirección de desprazamento.

PENA VERDEAL, HUGO (Titoría)
Nores Palmás, Noelia Cotitoría
PENA VERDEAL, HUGO (Titoría)
Nores Palmás, Noelia Cotitoría
Tribunal
LAMAS FERNANDEZ, JESUS (Presidente/a)
VAZQUEZ SANCHEZ, MARIA COVADONGA (Secretario/a)
LEMA GESTO, MARIA ISABEL (Vogal)
LAMAS FERNANDEZ, JESUS (Presidente/a)
VAZQUEZ SANCHEZ, MARIA COVADONGA (Secretario/a)
LEMA GESTO, MARIA ISABEL (Vogal)
Estudo da película lacrimal co uso de dispositivos electrónicos
Autoría
A.S.A.
Máster Universitario en Optometría
A.S.A.
Máster Universitario en Optometría
Data da defensa
04.07.2025 09:00
04.07.2025 09:00
Resumo
Obxectivo Este estudo tiña como obxectivo principal analizar o impacto do uso de dispositivos electrónicos sobre a saúde ocular, avaliando a repetibilidade de parámetros lacrimais como son a altura do menisco lacrimal, o tempo de rotura lacrimal non invasivo e tinción corneal, e investigando como actividades dixitais habituais, como a visualización de vídeos e a lectura en pantalla, afectan á película lacrimal. Métodos Realizouse un estudo experimental cun deseño inter-sesión e intra-sesión. Participaron 24 persoas de entre 18 e 25 anos, que completaron dúas sesións separadas por unha semana. En cada sesión, os participantes foron sometidos a medicións da película lacrimal antes e despois de realizar unha actividade visual (visualización de vídeo ou lectura en pantalla), durante 20 minutos. As probas incluíron a medición da altura do menisco lacrimal (TMH), o tempo de rotura lacrimal non invasivo (NIKBUT) e a presenza de tincións corneais, empregando o equipo Keratograph 5M. Os datos foron analizados mediante probas estatísticas para avaliar a repetibilidade e o efecto das tarefas visuais sobre os parámetros estudados. Resultados Os resultados mostraron unha limitada repetibilidade nos parámetros TMH e NIKBUT, cunha dispersión considerable nas diferenzas entre sesións. As actividades visuais propostas non tiveron un efecto significativo na maioría dos parámetros da película lacrimal, agás unhaexcepción puntual no TMH tras a lectura, onde se observou un incremento do seu volume, posiblemente debido a un efecto reflexo. As tincións corneais permaneceron invariantes ao longo do experimento, polo que non foron obxecto de análise comparativa. Conclusión O estudo evidencia que, a curto prazo, o uso de dispositivos electrónicos non provoca alteracións estatisticamente significativas nos principais parámetros da película lacrimal, aínda que a literatura internacional segue a sinalar o uso prolongado de pantallas como un factor de risco relevante. As limitacións metodolóxicas, como o tamaño reducido da mostra e a falta de control de variables ambientais, resaltan a necesidade de deseños experimentais máis robustos e de continuar investigando para delimitar mellor os limiares de risco e identificar estratexias eficaces de protección ocular.

GARCIA RESUA, CARLOS (Titoría)
Sabucedo Villamarín, Belén Cotitoría
GARCIA RESUA, CARLOS (Titoría)
Sabucedo Villamarín, Belén Cotitoría
Tribunal
FANDIÑO FERNANDEZ, JOSÉ MARIA (Presidente/a)
GARCIA DOMINGUEZ, GONZALO (Secretario/a)
VARELA LEMA, MARIA LEONOR (Vogal)

Estudo comparativo de técnicas para medir a heteroforia
Autoría
A.V.F.
Máster Universitario en Optometría
A.V.F.
Máster Universitario en Optometría
Data da defensa
04.07.2025 09:00
04.07.2025 09:00
Resumo
O presente estudo céntrase na avaliación de tres métodos diferentes para medir a heteroforia: o Cover Test, a Proba Modificada de Thorington e o test de Von Graefe. A heteroforia é un desvío ocular latente que pode afectar a visión binocular e a calidade de vida dos individuos, polo que é crucial contar con técnicas precisas e confiables para a súa medición. O obxectivo principal deste traballo é comparar a efectividade e a repetibilidad destas tres técnicas nunha mostra de suxeitos sans. Para iso, levou a cabo un estudo no que participaron 24 voluntarios, dos cales 6 eran homes e 18 mulleres, con idades comprendidas entre os 17 e 30 anos. Rexistráronse as medicións de heteroforia en visión próxima utilizando cada unha das técnicas mencionadas. A metodoloxía do estudo incluíu a realización de múltiples medicións en sesións separadas por unha semana, o que permitiu avaliar a consistencia dos resultados obtidos. Os resultados da análise estatística revelaron que non existiron diferenzas significativas entre as tres técnicas de medición da heteroforia. Con todo, observouse que o Cover Test e a Proba Modificada de Thorington mostraron unha mellor concordancia nos seus resultados, o que suxire que estas técnicas poderían ser máis confiables para a avaliación da heteroforia en comparación co test de Von Graefe. A partir destes achados, o traballo conclúe que, aínda que as tres técnicas son válidas para medir a heteroforia, recoméndase realizar investigacións adicionais con mostras máis amplas para validar os resultados.

Traballo fin de máster.Eficacia dos lubricantes oculares na redución dos síntomas de incomodidade en usuarios de lentes de contacto: Revisión sistemática de estudos clínicos
Autoría
Z.Y.
Máster Universitario en Optometría
Z.Y.
Máster Universitario en Optometría
Data da defensa
16.09.2025 15:00
16.09.2025 15:00
Resumo
Resumo O obxectivo deste traballo foi realizar unha revisión sistemática para avaliar a eficacia de diferentes lubricantes oculares, como bágoas artificiais, colirios lipídicos e outras solucións, na redución de síntomas subxectivos como sequidade e irritación en usuarios de lentes de contacto. Incluíronse dez estudos clínicos con deseños cruzados, paralelos ou cuasi-experimentais. As intervencións avaliadas abrangueron colirios como o diquafosol ao 3 por cento, Systane Balance, combinacións de CMC e ácido hialurónico, povidona ao 2 por cento sen conservantes, sprays liposomais e terapia con compresas quentes. A avaliación dos síntomas realizouse mediante cuestionarios validados como o CLDEQ-8, OSDI, SANDE e escalas VAS. Os resultados mostraron que algúns colirios presentaron melloras significativas nos síntomas. O diquafosol reduciu a sequidade e a visión borrosa en comparación coas bágoas artificiais. A combinación de CMC e ácido hialurónico foi máis eficaz que o CMC só. Pola contra, os sprays lipídicos produciron só melloras modestas. A povidona ao 2 por cento mellorou síntomas asociados ao uso prolongado de pantallas. As compresas quentes reduciron a severidade do ollo seco de forma consistente. En conclusión, os lubricantes avaliados mostraron beneficios na redución de síntomas en portadores de lentes de contacto, especialmente as fórmulas combinadas e os agonistas purinérxicos como o diquafosol. Porén, os estudos presentan limitacións de tamaño e calidade metodolóxica. Estes resultados apoian o uso clínico de bágoas artificiais personalizadas segundo os síntomas, mais tamén subliñan a necesidade de ensaios máis amplos e rigorosos para validar de xeito concluínte a eficacia de

Giráldez Fernández, María Jesús (Titoría)
SANCHEZ SELLERO, CESAR ANDRES Cotitoría