Ir o contido principal

La “cuestión académica”

Detalle do texto
Detalle do texto
A non candidatura de Concepción Arenal á Academia de Ciencias Morales y Políticas

A enorme importancia do pensamento de Concepción Arenal, recoñecida por moitos dos seus coetáneos, levou a que cando se abre o debate da presenza das mulleres nas Academias o seu nome sone repetidamente como candidata para a Academia de Ciencias Morales y Políticas.  Anos antes esta mesma institución galardoábaa pola súa obra La beneficencia, la filantropía y la caridad (1861), dedicada a Juana de Vega, presentada co nome do seu fillo menor de idade Fernando.  Os mesmos obstáculos para a presenza da muller na vida pública que a levan a adotar un pseudónimo masculino, reprodúcense cando se abre o debate sobre a participación feminina das Academias.

Na publicación dirixida por Lázaro Galdiano, La España Moderna, febreiro de 1891, escribía Rafael Altamira un artigo co título “La cuestión Académica” no que defendía a entrada de mulleres nas distintas Academias “El camino para la reivindicación por antecedentes del derecho de las hembras á ser académicos, como son jefes del Estado, está abierto. ¿Valdrá más que las reivindicaciones teóricas y de pura razón?”. Emilia Pardo Bazán dálle continuidade co artigo “La cuestión académica. Al Sr. D. Rafael Altamira, Secretario del Museo Pedagógico”, incluido en el Nuevo Teatro Crítico, en marzo de 1891.

A raíz dunha vacante na Academia de Ciencias Morales y Políticas, o xornal El Heraldo de Madrid,  inicia,  o 8  de xuño de 1891,  una campaña co mesmo nome “La cuestión académica” para que distintas personalidades se pronuncien sobre a candidatura de Concepción Arenal. Nesa data inicia a campaña cun extenso artigo en defensa das mulleres nas Academias e cos seus méritos e publicacións: http://hemerotecadigital.bne.es/issue.vm?id=0000391682&page=1&search=%22concepcion+arenal%22&lang=es

Ata o 7 de xullo varios académicos e personalidades  manifestan o seu voto favorable : Narciso Campillo,  Francisco Lastres,  Rafael Salillas aboga por que “el genio no tiene sexo”, Luis Vidart, Eugenio Montero Ríos, R. M. de Labra.

Pero Concepción Arenal renuncia a toda opción á entrada na Academia. Ela ve nesa campaña unha estratexia da Pardo Bazán en apoio á súa propia vontade de entrar na Academia da Lengua á que, unido coa súa pouca apetencia cara cargos e recoñecementos, non quere contribuir. Clarín explicita esa doble intención da campaña de Emilia Pardo Bazán: “por ejemplo, empeñarse en que le hagan a uno monje de clausura, o académico, o por lo menos que se lo hagan a la señora Arenal, que es lo que ahora pide doña Emilia, por aquello de que… pobre que pide por Dios, pide por dos”, (Alas 1901: 59).

Esta é a opinión de un ex ministro de quen non se da o nome:
 

Detalle do texto
Detalle do texto

O varias veces ministro  de Xustiza e presidente do Consello de Goberno, o galego Eugenio Montero Ríos tamén se une a ese debate:

Comezo do artigo
Comezo do artigo
Continuación do artigo
Continuación do artigo

Finalmente, Concepción Arenal non será nunca académica, a pesar de ser a persoa cun pensamento máis rico e recoñecido internacionalmente do Século XIX en España.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 13.10.2020.