Ir o contido principal

A Universidade de Santiago será por uns días a sede das Nacións Unidas

O encontro desenvolverase  entre o 21 e o 23 de marzo
O encontro desenvolverase entre o 21 e o 23 de marzo
O Consello do Estudantado da USC e o Club de Debate Compostela co organizan un evento académico de debate no que as persoas participantes simularán ser membros de delegacións diplomáticas

O Consello do Estudantado da USC e o Club de Debate Compostela co organizan entre o 21 e o 23 de marzo o Modelo Galego de Nacións Unidas (Galimun), un evento académico pioneiro que busca ofrecer unha plataforma única para que estudantes da USC participen nun foro de debate sobre cuestións internacionais, fomentando competencias como a oratoria, a diplomacia e o traballo en equipo.  

O Modelo Galego de Nacións Unidas simula as reunións diplomáticas das Nacións Unidas nas que as persoas participantes representan distintos países e actúan como delegados diplomáticos, recreando o funcionamento real desta organización e tomando decisións sobre asuntos clave como a paz e seguridade internacionais, os dereitos humanos, a economía ou o medio ambiente.

Para iso, deben investigar e preparar as posicións que reflictan os intereses do país que representan. Ademais, negociarán, resolverán conflitos e colaborarán con outros delegados, promovendo o desenvolvemento de competencias fundamentais como a comunicación efectiva, o pensamento crítico, o traballo en equipo e a capacidade de negociación.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 12.02.2025.