Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 51 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 9 Clase Interactiva: 12 Total: 75
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Centro Facultade de Psicoloxía
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | (Si)
• Familiarizarse co estudo científico do procesamento da linguaxe en bilingües.
• Coñecer modelos e/o hipóteses teóricas sobre o procesamento da linguaxe en bilingües, formuladas sobre a base de datos empíricos e da neurociencia.
• Coñecer os resultados máis actuais da investigación nos distintos niveis de procesamento da linguaxe en bilingües, tanto na modalidade oral como escrita.
• Adquirir competencias de investigación en Psicolingüística.
Tema 1: Aspectos básicos do bilingüismo
• Que é o bilingüismo?
• O alcance do bilingüismo
• Tipos de bilingüismo
• Técnicas e paradigmas de investigación en bilingüismo
• Vantaxes e desvantaxes de ser bilingüe
Tema 2: Adquisición de segundas linguas (L2) e de linguas extranxeiras (LEs)
• Adquisición de vocabulario novo
• Factores implicados na aprendizaxe dunha L2/LE
• Métodos de ensino
Tema 3: Procesamento da linguaxe falada e escrita
• Percepción e comprensión da fala
• Produción da fala
• Representación e procesamento do léxico bilingüe
o Acceso léxico
o A neurociencia cognitiva do bilingüismo: modelos de representación léxica
o Procesamento semántico
o Procesamento de oracións en bilingües
Bibliografía básica:
Manual da asignatura:
Grosjean, F. e Li, P. (2013). The psycholinguistics of bilingualism. Malden, MA: Wiley- Blackwell. (Dispoñible libro electrónico)
Outras lecturas obrigatorias:
Comesaña, M., Fraga, I., Perea, A., e Pinheiro, A. (2008). O léxico bilingue: Um léxico ou dois? Eis a questão… En C. Flores (Ed.), Temas em Bilinguismo (pp. 15-60). Braga: Hespérides.
Li, P. (2013). Computational modeling of bilingualism: How can models tell us more about the bilingual mind? Bilingualism: Language and Cognition, 16, 241–245.
Bibliografía complementaria:
Abdelilah-Bauer, B. (2007). El desafío del bilingüismo. Madrid: Morata.
Bhatia, T. K., e Ritchie, W. C. (Eds.). (2013). The handbook of bilingualism and multilingualism. Oxford, England: Wiley Blackwell.
Hawkins, R. (2018). How second languages are learned: An introduction. Cambridge University Press: Cambridge, UK.
Lightbown, P. e Spada, N. (2013). How languages are learned. Oxford: Oxford University Press.
Méndez Santos, M.C. e Duñabeitia, J.A. (Eds.) (en prensa). Factores cognitivos y afectivos en la enseñanza del español LE/L2. London/New York: Routledge.
Pavlenko, A. (2014). The bilingual mind. Nueva York, Estados Unidos: Cambridge University Press.
BÁSICAS E XERAIS
CB9. Saber comunicar as súas conclusións –e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan– a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüidades.
CB10. Posuír as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun modo que haberá de ser en gran medida autodirixido ou autónomo.
CX1. Ser capaz de realizar unha análise da realidade con base nos criterios e coñecementos científicos da Psicoloxía.
CX2. Saber elixir unha estratexia apropiada para manexar os problemas da disciplina, que se axuste ao contexto e ás competencias que uno/a mesmo/a posúe.
CX3. Ser capaz de establecer obxectivos de actuación que sexan aceptables eticamente, realizables, e susceptibles de ser avaliados posteriormente.
CX4. Saber formular propostas de investigación, pertinentes e actualizadas documentalmente, a partir do coñecemento da disciplina, da práctica profesional e das necesidades sociais, e levalas a cabo desde un punto de vista científico e innovador.
TRANSVERSAIS
CT1. Demostrar capacidade de manexo de fontes documentais, selección, análise e síntese de información relevante de textos ou documentos científicos.
CT3. Demostrar capacidade de reflexión e razoamento crítico.
CT4. Demostrar capacidade para traballar en equipo e colaborar eficazmente con outras persoas.
ESPECÍFICAS
CE3. Saber identificar e seleccionar técnicas e instrumentos propios dos ámbitos de especialización do máster de acordo cos obxectivos expostos.
• Lección-explicación
• Talleres/Seminario
• Traballo de laboratorio
• Lectura e análise de textos e documentos
• Elaboración e exposición de informes, ensaios e traballos
Avaliación continua: para preparar esta materia será necesario un traballo constante por parte do estudante. Ese traballo será guiado, supervisado e avaliado de xeito continuado polas profesoras nas sesións expositivas e interactivas. Valorarase o traballo sistemático, a participación activa nos seminarios e a calidade da mesma.
Traballo: nas sesións interactivas de seminario os/as estudantes terán que escoller, planificar e desenvolver un traballo de revisión sistemática o un estudo piloto experimental sobre un dos temas ofrecidos en función dos seus intereses académicos. Valorarase a capacidade de organizar e integrar a información, a claridade expositiva e o dominio no manexo da terminoloxía propia da disciplina.
A avaliación continua contribuirá ata un 30%, e o traballo de curso ata un 70%, á cualificación final.
Clases expositivas: 8 horas
Clases interactivas de seminario: 6 horas
Realización de traballos: 4 horas
Exposición de traballos: 4 horas
Titorías individuais e/ou en grupos reducidos: 3 horas
Traballo persoal do/a alumno/a: 50 horas
Recoméndase revisar lecturas básicas de nivel de grao sobre o procesamento da linguaxe.