Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 74.25 Horas de Titorías: 2.25 Clase Expositiva: 18 Clase Interactiva: 18 Total: 112.5
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Psicoloxía Social, Básica e Metodoloxía, Ciencia Política e Socioloxía
Áreas: Psicoloxía Básica, Psicoloxía Organizacional e Xurídico-Forense
Centro Facultade de Psicoloxía
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Sen docencia (En extinción)
Matrícula: Non matriculable (Só alumnado repetidor)
Este curso pretende ser unha introdución xeral á psicoloxía da percepción e da atención. Estudaremos como usamos os sistemas sensoriais para construír e confirmar modelos do mundo. A visión será o único sistema sensorial estudado con certa profundidade, aínda que tamén se explicarán os principios xerais de funcionamento doutros sistemas sensoriais. Ademais, os problemas abordados tamén nos remitirán a cuestións filosóficas, entre elas as orixes do coñecemento.
EXPOSITIVAS
1. Introdución aos sistemas sensoriais.
Clasificación dos sistemas sensoriais (propioceptivos, interoceptivos e exteroceptivos)
Estructura xeneral e principios básicos de operación (Período crítico de desenvolvemento, Selectividade, Sensibilidade, Adaptación)
Métodos (psicofísica, fisioloxía…)
Percepción e novas tecnoloxías
2. Psicofísica básica da visión.
Receptores sensoriais
Sumación espacial e resposta á iluminación
Adaptación á oscuridade
Sensibilidade espectral
Vía visual primaria
Función de sensibilidade ao contraste
Percepción e predición
3. Cor..
Psicofísica básica da cor
Teoría tricromática
Teoría dos procesos opoñentes
4. Percepción do movemento.
Psicofísica do movemento
Detectores do movemento
Teoría da descarga corolaria
Ilusions de movemento
5. Percepción do espazo.
Indicios monoculares
Indicios binoculares
Constancia do tamaño e profundidad
6. Atención e organización perceptual.
Principios de organización perceptiva (principios ou leis da gestalt)
Teoría da integración de características
Atención baseada en obxectos
7. Atención selectiva
Reflexo de orientación
Saliencia e búsca visual
Control visual: atención pasiva vs. Activa
Atención encuberta
Alteracions da atención visual
8. Atención sostida
Tarefa de vixilancia
Fluctuacións e lapsus da atención
Teoría detección de sinais
Déficit de atención
Atención e meditación
INTERACTIVAS
1. Psicofísica da cor
2. Psicofísica do contraste
3. Percepción da profundidade (3D)
4. Atención visual
Bibliografía Básica
Goldstein, B.E. (2006). Sensación y Percepción. Paraninfo (6ª edición). O 80% da materia da asignatura póde estudarse por este libro (en concreto, os capítulos do 1 ao 8, ambos os dous inclusive, corresponderíanse cos contidos que se tratan nos 5 primeiros temas e parte do 6º). O resto do material de estudo serán apuntamentos de clase o material da bibliografía complementaria.
Bibliografía complementaria
Bibliografía complementaria
Arnheim, (1979). Arte y Percepción Visual. Madrid: Alianza.
Artigas, J. M. y otros (1995): Óptica fisiológica. Psicofísica de la visión. Madrid: Interamericana McGraw-Hill.
Botella, J. (1999). El estudio experimental de la atención. En E. Munar, J. Roselló y A. Sánchez-Cabaco (Coors.), Atención y percepción. Madrid: Alianza Editorial.
Comí, J. y Martínez, L. M. (2022). El cerebro ilusionista.
Crick, F. (1994). La búsqueda científica del alma. Madrid: Debate.
Eagleman, D. (2012). Incognito. Las vidas secretas del cerebro. Madrid: Anagrama.
Fuentes, L. y García Sevilla, J. (2008). Manual de Psicología de la atención. Una perspectiva neurocientífica. Madrid: Síntesis.
Koch, Ch. (2005). La consciencia. Barcelona: Ariel.
Luna, D. y Tudela, P. (2006). Percepción Visual, Madrid: Trotta. (2ª edición 2007, reimpresión corregida, 2011).
Macknik, S.L. y Martínez-Conde, S. (2013). Los engaños de la Mente. Madrid: Destino.
Palmer, S. E. (1999). Vision science. MIT Press.
Ramachandran, V.S. y Blakeslee, S. (1999). Fantasmas en el cerebro. Madrid: Debate.
Ramachandran, V.S. (2012). Lo que el cerebro nos dice. Madrid: Paidos.
Seckel, A. y Hofstadter, D.R. (2004). Masters of deception: Escher, Dalí & the Artists of Optical Illusion. Sterling Publishing Company.
Wolfe, J. M. (2019). Sensation and perception.
webs de interese
- www.michaelbach.de/ot/. A mellor páxina de ilusións visuais
- www.purveslab.net. Laboratorio de Dale Purves (Universidad de Duke, USA). Interesantes fenómenos relacionados co brillo. Purves ten publicado en español “Invitación a la Neurociencia” (Panamericana)
- www.ilusionario.es Boa recompilación de ilusións visuais. Ben actualizada.
- www.viperlib.com. Curso de visión (e outros procesos psicolóxicos básicos) con excelentes imaxes.
Das competencias establecidas para o Título, nesta materia abórdanse as seguintes:
Basicas
CB1 - Que os estudantes demostren posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base do ensino secundario xeral, e adóitase atopar a un nivel que, aínda que se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecemento procedente da vangarda do seu campo de estudo
CB2 - Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que se adoitan demostrar coa elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo
CB3 - Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (xeralmente dentro da súa área de estudo) para facer xuízos que inclúan unha reflexión sobre cuestións relevantes de índole social, científica ou ética
CB4 - Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado
CB5 - Que os estudantes desenvolvan as destrezas de aprendizaxe necesarias para realizar estudos posteriores cun alto grado de autonomía
CG1 - Que teñan capacidade de achegar súa actividade profesional e formativa dende o respecto ao Código Deontolóxico do psicólogo, que inclúe, entre outros mais específicos, os principios de respecto e promoción dos dereitos fundamentais das persoas, a igualdade entre as persoas, os principios de accesibilidade e deseño universal para todos e os valores democráticos e unha cultura en paz.
Tansversales
CT1 – Capacidade de síntese
CT2 – Capacidade para resolver problemas e toma de decisións
CT3 – Capacidade para traballar en equipo e colaborar con outros profesionais
CT4 – Capacidade de autocrítica
CT5 – Capacidade de comunicación
CT6 – Capacidade de desenvolvemento e mantemento actualizado das competencias, destrezas e coñecementos propios da profesión
Específicas
CE1 - Coñecer e comprender as función, características, achegas e limitacións dos diferentes modelos teóricos da Psicoloxía
CE2 - Demostrar coñecementos e comprensión das leis básicas dos diferentes procesos psicolóxicos
CE4 - Demostrar coñecementos e comprensión dos fundamentos biolóxicos do comportamento humano e das función psicolóxicas
CE9 – Coñecer como identificar as características relevantes do comportamento dos individuos, grupos, organizacións e contextos a través dos métodos, técnicas e instrumentos propios da avaliación psicolóxica
CE11 - Saber seleccionar e administrar técnicas e instrumentos propios e específicos da Psicoloxía
CE14 - Saber elaborar informes psicolóxicos en diferentes ámbitos de actuación, dirixidos os destinatarios e outros profesionais
Sesións Expositivas coas que se introducen e explican os contidos principais do programa utilizando os materiais de apoio que sexan pertinentes e estean disponibles. Prográmanse un total de 24 sesións dunha hora.
Sesións Interactivas nas que se traballan en profundidade aqueles contidos relacionados coas técnicas e instrumentos de avaliación dos procesos perceptivos e atencionales. Prográmanse un total de 10 sesións de hora e media cada unha e os traballos desenvolvidos nestas sesións deberanse presentar de forma oral e/ou a través dun informe escrito.
Os horarios nos que se realizarán estos dous tipos de sesións pódense consultar no taboeiro de anuncios da facultade ou na intranet do centro.
Traballo Autónomo dos Estudantes. Alén da asistencia ás actividades presenciais, o/a estudante deberá dedicar un tempo á lectura de materiais complementarios, a elaboración dos informes asociados ás sesións interactivas e ao estudo dos contidos. Este traballo require de 67'5 horas
Tutorias: os profesores da materia están dispoñibles en titorías para atender dúbidas e calquera cuestión respecto do desenvolvemento da materia e os seus contidos.
Manuel J. Blanco (Despacho 2 Módulo B): m.blanco [at] usc.es (m[dot]blanco[at]usc[dot]es), 881813708. Luns e Martes de 9 a 12 h.
Dolores Ponte (Despacho 42 Módulo A): dolores.ponte [at] usc.es (dolores[dot]ponte[at]usc[dot]es), 881813710. Martes e xoves de 9 a 12 h.
Utilización da USC virtual. O programa xeral da materia, os programas específicos de cada tema e os materiais de apoio utilizados nas clases expositivas e interactivas estarán a disposición dos estudantes a través do Campus Virtual da USC.
Os contidos tratados nas sesións interactivas serán avaliados a través da memoria de prácticas (cunha ponderación do 15%) e terase en conta a corrección dos datos recollidos e a súa interpretación. Ademais, avaliarase a calidade da escrita (corrección terminolóxica, calidade expresiva, esforzo escrito) así como a correcta presentación do traballo.
Non se admitirán -nin serán avaliados- os informes correspondentes a prácticas que non fosen atendidas.
Unha vez rematados os contidos da materia, realizarase unha proba de avaliación que incluirá cuestións relacionadas cos temas tratados nas sesións expositivas (ponderando ata o 70%) incluíndo contidos traballados nas sesións interactivas (ponderando ata 15%). Esta proba constará de dúas partes: unha con varias preguntas curtas e a outra de resposta múltiple (varias respostas alternativas, unha delas correcta).
A cualificación final será a seguinte: nota da proba de avaliación + nota da memoria. Aqueles alumnos que non superen a materia mediante avaliación continua terán a posibilidade de superala nas convocatorias de exames finais fixadas polo centro. A realización/entrega dalgunha das probas implica a incorporación ao proceso de avaliación, para o que suporá unha cualificación final da materia aínda no caso de non acudir ao exame final.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas aplicarase o disposto na Normativa para a avaliación do rendemento académico de dous alumnos e a revisión de cualificacións.
A materia consta de 4,5 créditos, o que corresponde a un total estimado de 112,5 h de traballo do/a estudante, que se estiman repartidas do seguinte xeito:
Asistencia a actividades presenciais (docencia e avaliación):
- Asistencia a clases expositivas = 24 horas (24 clases x 1 hora)
- Asistencia a clases interactivas = 15 horas (10 clases x 1.5 horas)
- Tutoria de actividades do curso = 2
- Tempo dedicado a avaliación = 4 horas
Traballo autónomo dos estudantes:
-Traballo non presencial dedicado ao estudo dos diferentes temas: 2 horas de estudo por clase x 24 clases = 48 horas
- Tempo dedicado a traballo en grupo: 19'5 horas (13'5 horas de elaboración de informes, 6 horas de preparación das sesións interactivas)
Para preparar os contidos da materia recoméndase un traballo constante por parte do alumno ao longo do cuadrimestre. Para facilitar o estudo, os estudantes dispoñerán dende principios do cuadrimestre dunha guía docente, así como de guías de estudo correspondentes a cada tema nas que se recollen -ademais dos contidos básicos e a bibliografía recomendada- as principais actividades a desenvolver nas clases interactivas e un resumo dos conceptos clave.
Todos aqueles alumnos que teñan dereito á exención da asistencia poderán facer un seguimento detallado dos contidos expositivos a través dos materiais didácticos facilitados no campus virtual. Por outra banda, tamén se lles facilitará o material correspondente ás sesións interactivas para que as traballen individualmente sen prexuízo dos seus compañeiros. Deste xeito, conséguese que a adquisición de coñecementos e destrezas será similar ás acadadas polo resto do alumnado da materia.
En canto á avaliación, estes alumnos teñen que realizar as probas de forma presencial na mesma data que os seus compañeiros sen posibilidade de cambiar a modalidade de avaliación.
Dolores Ponte Fernández
Coordinador/a- Departamento
- Psicoloxía Social, Básica e Metodoloxía
- Área
- Psicoloxía Básica
- Teléfono
- 881813710
- Correo electrónico
- dolores.ponte [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Manuel Jose Blanco Rial
- Departamento
- Ciencia Política e Socioloxía
- Área
- Psicoloxía Organizacional e Xurídico-Forense
- Teléfono
- 881813708
- Correo electrónico
- m.blanco [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Luns | |||
---|---|---|---|
12:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 5 |
14:00-15:00 | Grupo /CLE_02 | Castelán | Aula 6 |
Martes | |||
12:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 5 |
12:00-13:00 | Grupo /CLE_02 | Castelán | Aula 6 |
20.01.2025 12:30-15:00 | Grupo de exame | Aula 3 |
20.01.2025 12:30-15:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 3 |
20.01.2025 12:30-15:00 | Grupo /CLE_02 | Aula 3 |
20.01.2025 12:30-15:00 | Grupo /CLE_02 | Aula 5 |
20.01.2025 12:30-15:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 5 |
20.01.2025 12:30-15:00 | Grupo de exame | Aula 5 |
20.01.2025 12:30-15:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 6 |
20.01.2025 12:30-15:00 | Grupo de exame | Aula 6 |
20.01.2025 12:30-15:00 | Grupo /CLE_02 | Aula 6 |
20.01.2025 12:30-15:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 7 |
20.01.2025 12:30-15:00 | Grupo /CLE_02 | Aula 7 |
20.01.2025 12:30-15:00 | Grupo de exame | Aula 7 |
20.06.2025 12:30-15:00 | Grupo /CLE_02 | Aula 3 |
20.06.2025 12:30-15:00 | Grupo de exame | Aula 3 |
20.06.2025 12:30-15:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 3 |
20.06.2025 12:30-15:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 6 |
20.06.2025 12:30-15:00 | Grupo /CLE_02 | Aula 6 |
20.06.2025 12:30-15:00 | Grupo de exame | Aula 6 |
20.06.2025 12:30-15:00 | Grupo de exame | Aula 7 |
20.06.2025 12:30-15:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 7 |
20.06.2025 12:30-15:00 | Grupo /CLE_02 | Aula 7 |