Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 51 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 9 Clase Interactiva: 12 Total: 75
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Enxeñaría Agroforestal
Áreas: Enxeñaría Agroforestal
Centro Escola Politécnica Superior de Enxeñaría
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Coñecemento da obtención e aplicación das distintas fontes de enerxías renovables no medio rural e o sector agroindustrial, as súas vantaxes e inconvenientes, as súas limitacións e beneficios. Saber dimensionar e proxectar instalacións destinadas ao aproveitamento das enerxías renovables no ámbito rural.
Competencias específicas:
Coñecementos adecuados e capacidade para desenvolver e aplicar tecnoloxía propia en enerxías renovables.
Enerxía solar fotovoltaica: células solares, compoñentes dos sistemas fotovoltaicos, dimensionado de instalacións illadas e conectadas á rede. Enerxía solar térmica: paneis solares, compoñentes das instalacións, dimensionado das instalacións.
Enerxía eólica: principios de conversión, avaliación de recursos, selección de emprazamentos, tipos de aeroxeradores, sistemas mecánicos e eléctricos. Control de potencia.
Enerxía da biomasa: procesos de transformación. Biogás e coxeración. Biocombustibles.
Estes contidos serán desenvolvidos segundo o seguinte temario:
Programa teórico:
1. Enerxía eólica: Principios de conversión, avaliación de recursos, selección de emprazamentos. (2 h).
2. Enerxía eólica: Tipos de aeroxeradores, sistemas mecánicos e eléctricos. Control de potencia. (2 h)
3. Enerxía da biomasa: Procesos térmicos. Biogás e coxeración. Biocombustibles. (2 h)
4. Radiación solar. Enerxía solar fotovoltaica. Célula fotovoltaica. Unión p-n. Tecnoloxías de fabricación. Módulo fotovoltaico. Características da célula fotovoltaica. (2 h).
5. Instalacións fotovoltaicas illadas e conectadas á rede. Compoñentes. Sistema fotovoltaico conectado a rede con autoconsumo. Sistema fotovoltaico con seguimento solar. Instalacións fotovoltaicas de bombeo (2 h).
6. Enerxía solar térmica: Paneis solares. Compoñentes das instalacións. Tipos de instalacións. (2 h).
Programa práctico:
1. Rosa dos ventos: de procedencia, de velocidade e de enerxía (2 h).
2. Estimación do potencial eólico (2 h).
3. Dimensionado de reactores de biogás (2 h).
4. Estimación da radiación solar. (2 h).
5. Dimensionado e simulación de instalación solar fotovoltaica aillada. (2 h)
6. Dimensionado e simulación de instalación solar fotovoltaica conectada a rede. (2 h)
Básica:
Carta, J. A. et al. 2013. Centrales de energías renovables: generación eléctrica con energías renovables. 2ª edición. Pearson Educación. Estado de México
Castillo, I. C. et al. 2020. Energía solar fotovoltaica y térmica. Manual Técnico. AMV Ediciones.
Fernandez Salgado, Jose Maria. 2021. Guia completa de la energia eolica. Ed. Antonio Madrid Vicente.
Moro Vallina, Migual. Instalaciones solares fotovoltaicas. Paraninfo. Madrid
Nuñez Sarompas, Adolfo. 2022. Manual de biomasa y biocombustibles: uso y aprovechamiento energético. Ed. CEF.
Reina Hernández, Joaquín Angel.2021. El biogás una ecológica y económica fuente de energía: Instalaciones de captación, limpieza y acondicionamiento del biogás. Máquinas, equipos y tecnologías. Ed. Círculo Rojo.
Rodríguez Amenedo, J.L. et al. 2003. Sistemas eólicos de producción de energía eléctrica.
Complementaria:
Clark, R.N. 2014. Small Wind. Academic Press.
Linares Hurtado, J.L. (ed.). 2009. Biomasa: estado actual y perspectiva inmediata. U. Pontificia.
Messenger, R. 2010. Photovoltaic systems engineering. CRC Press.
Pareja, M. 2009. Energía solar fotovoltaica. Cálculo de una instalación aislada. Ed. Marcombo.
Pérez, David. 2023. Energía eólica. Fundamentos, tecnologías y aplicaciones. Ed. Marcombo.
Sebastian, F.; García Galindo, D.; Rezeau, A. 2010. Energía de la biomasa. Prensa Universitarias de Zaragoza.
Tobajas Vázquez, Manuel Carlos. 2018. Energía solar fotovoltaica. Cano Pina.
Básicas:
CB7 - Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e súa capacidade de resolución de problemas en ámbitos novos ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (o multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudio
CB10 - Que os estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que les permitan continuar estudando de un modo que haberá de ser en gran medida autodirixido o autónomo.
Xerais:
CG7 - Aptitude para desenvolver as habilidades necesarias para continuar a aprendizaxe de forma autónoma o dirixida, incorporando a súa actividade profesional os novos conceptos, procesos o métodos derivados da investigación, o desenvolvemento a a innovación.
Transversais:
CT1 - Capacidade de análises e sínteses.
CT3 - Capacidade de trabalo individual, con actitude autocrítica.
CT5 - Capacidade para obter información adecuada, diversa e actualizada.
CT9 – Habilidade no manexo de tecnoloxías da información e da comunicación (TIC).
CT10 - Utilización de información bibliográfica e de Internet.
CT11 - Utilización de información en lingua estranxeira.
O conxunto de actividades docentes a realizar polos estudantes se clasifican como sigue:
Clases expositivas: clases presenciais de teoría nas que o profesor presentará, con axuda de medios audiovisuais os contidos do programa en liñas xerais. O obxectivo destas clases e proporcionar ao alumnado os coñecementos básicos que lle permitan abordalo estudo da materia de modo autónomo con axuda da bibliografía recomendada e dos exercicios e traballos que realice durante o curso. O alumnado disporá do material docente na Aula Virtual da materia. CB7, CB10, CG7, CT1.
Clases interactivas: clases presenciais nas que o profesor realizará exercicios. O alumnado disporá do material depositado na Aula Virtual da materia: preténdese que profesorado e estudantes interactúen na resolución dos exercicios. CB7, CB10, CG7, CT1, CT3, CT5, CT9, CT10.
Este traballo complementarase coa realización de traballos individuais e a resolución de exercicios de forma autónoma. CB7, CB10, CG7, CT1, CT3, CT5, CT11, CT9, CT10. As titorías van destinadas a discutir, comentar, clarexar ou resolver dubidas ou cuestións relacionadas co o desenvolvemento da materia
Proba ou probas escritas: 30% da nota final.
Realización de exercicios: 30 % da nota final.
Traballos entregados e/ou presentados: 20 % da nota final.
Participación do alumnado nas actividades da aula: 20% da nota final.
Probas escritas: CB7, CT5, CT9.
Realización de exercicios e traballos entregados e/ou presentados: CT1, CG7, CT3, CT5, CT9, CT10, CT11, CB10, CB7.
Participación do alumnado nas actividades da aula: CT1, CB7
Os traballos e as outras actividades desenvolvidas deberán ser entregadas nos prazos establecidos e só terán validez durante o curso académico. Para superar a materia é necesario que se cumpran ámbolos dous requisitos seguintes:
-obter unha nota mínima de 3 puntos sobre 10 no exame.
-a cualificación global obtida como ponderación do exames, traballos e exercicios sexa como mínimo de 5 puntos sobre 10.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na "Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión das cualificacións”.
O alumnado que teña concedida a dispensa de asistencia segundo a Instrución 1/2017 da Secretaría Xeral, poderá facer entrega de todas as actividades que se leven a cabo ao longo do curso, xa que estarán á súa disposición no Campus Virtual, polo que a súa avaliación será nas mesmas condicións cos/as demais alumnos/as.
Avaliación 2º oportunidade: En caso de que o estudante non superara a materia na primeira oportunidade, deberase presentar ao exame final da segunda oportunidade. O alumnado presentarase ao exame desta oportunidade nas mesmas condicións que ao exame ordinario, o cal implica que non poderá entregar traballos nin memorias pendentes.
A avaliación do alumnado repetidor será exactamente igual que aquel non repetidor.
Traballo presencial na aula:
Clases expositivas: 12 h
Clases interactivas: 12 h
Actividades de avaliación: 2 h
Traballo persoal do alumno
Lectura e preparación de temas: 20 h
Realización de exercicios: 10 h
Elaboración de traballos de curso: 10 h
Preparación de probas de avaliación: 9 h
Total: 75 horas
Asistencia regular ás clases tanto teóricas como prácticas e uso do campus virtual.
- Asistencia e participación nas clases.
- Dedicación regular ao estudio teórico e realización dos exercicios e cuestións propostas.
- Uso do campus virtual tanto para a realización de test como para a resolución de dubidas e estudio da materia.
- Uso das titorías para a consulta das dubidas que xurdan do estudio da materia a medida que se necesite.
O idioma empregado será o galego.
O alumnado matriculado na materia contará con atención presencial continuada no horario de titorías nos despachos números 12 e 14 do pavillón 2, planta 2ª superior. Ademais prestarase atención a través do Campus Virtual, MSTeams e do correo electrónico dos profesores: manuelramiro.rodriguez [at] usc.es (manuelramiro[dot]rodriguez[at]usc[dot]es)
mdolores.fernandez [at] usc.es (mdolores[dot]fernandez[at]usc[dot]es)
Manuel Ramiro Rodriguez Rodriguez
- Departamento
- Enxeñaría Agroforestal
- Área
- Enxeñaría Agroforestal
- Correo electrónico
- manuelramiro.rodriguez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
María Dolores Fernández Rodríguez
Coordinador/a- Departamento
- Enxeñaría Agroforestal
- Área
- Enxeñaría Agroforestal
- Correo electrónico
- mdolores.fernandez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Luns | |||
---|---|---|---|
09:00-10:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 18 (Pav.II-PPS) |
Martes | |||
09:00-10:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 18 (Pav.II-PPS) |
Mércores | |||
09:00-10:00 | Grupo /CLIL_01 | Galego | Aula 18 (Pav.II-PPS) |
Xoves | |||
09:00-10:00 | Grupo /CLIL_01 | Galego | Aula 18 (Pav.II-PPS) |
16.01.2025 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 3 (Aulario 1) |
27.06.2025 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 3 (Aulario 1) |