Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Clase Expositiva: 30 Total: 30
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia ordinaria de Cuarto Ciclo
Departamentos: Departamento externo de 4º Ciclo
Áreas: Área externa de 4º Ciclo
Centro IV Ciclo
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
A materia propón unha viaxe, unha labor retrospectiva de achegamento ao estudo da obra de arte. Incardinada nos eixos cronolóxicos que se desenvolven dende a Prehistoria até o Medievo e froito da creatividade humana, e expresión tanto do mundo tanxíbel coma intanxíbel; a creación artística; e a súa relación coas primeiras sociedades, coas grandes e antigas civilizacións e cos vellos e novos deuses; centrarán os contidos e aproximarán unha primeira perspectiva do incríbel mundo da Historia da Arte. Aquelxs interesadxs obterán unha visión panorámica sobre a Arte Antiga e Medieval, contextualizado a realidade artística galega, a creación das tipoloxías e estilos e a compresión da cosmovisión artística de outrora; básica para entender o desenvolvemento artístico e estético posterior e contextualizar, de xeito crítico, a realidade artística actual.
1. Aprender a ver a arte. Linguaxes e significados
2. A prehistoria da arte. Entre a Venus de Willwndorf, os mamuts de Cova de Eirós e os gravados dos megalitos
3. A arte protohistórica. Das insculturas ou petrogrlifos aos guerreiros da Idade do Ferro
4. A arte exipcia. Das orixes da arquitectura á función eterna da arte
5. Arquitectura grega. Dos tipos arquitectónicos ás orixes do urbanismo occidental
6. Arquitectura romana. Entre as técnicas construtivas e a función propagandística dos espazos
7. Arte clásica. Pintura e escultura en Grecia e Roma
8. A arte ao servizo de Deus. Do aniconismo á didáctica das imaxes
9. Os espazos cultuais cristiás. A evolución arquitectónica do templo
10. A cosmopolita arte do Alto Medievo hispánico. Interacción e reacción entre culturas
11. Arquitectura románica e gótica. De Cluny á Rivoyra Sacrata
12. A figuración románica e gótica. Entre o relato e o esplendor da cor
13. Cruzando o charco. A arte precolombina andina
14. De cara oriente. O antigo mundo artístico oriental
15. A arte do complemento. Entre a dimensión máxico-simbólica e a distinción social
- ALCINA FRANCH, J. (1982): Arte y antropología, Madrid, Alianza.
- BELTING, H. (2007): Antropología de la imagen, Buenos Aires, Katz.
- BORRÁS GUALI, G. E OUTROS (1988): Introducción General al Arte, Madrid, Istmo.
- CHECA CREMADES, F., GARCÍA FELGUERA, M.S. E MORÁN TURINA, M. (1987): Guía para el estudio de la Historia del Arte, Madrid, Cátedra (Cuadernos Arte).
- ECO, U. (1985): La definición del arte. Lo que hoy llamamos arte ¿ha sido y será siempre arte?, Barcelona, Martínez Roca.
- FAERNA GARCÍA-BERMEJO, J.M. e GÓMEZ CEDILLO, A. (2000): Conceptos fundamentales del arte, Madrid, Alianza.
- FATÁS, G. e BORRÁS, G.M. (1999): Diccionario de términos de arte y elementos de arqueología, heráldica y numismática , Madrid, Alianza.
- FREELAND, C. (2003): Pero ¿esto es arte? Una introducción a la teoría del arte, Madrid, Cátedra.
- FREIXA, M., CARBONELL, E., FURIÓN, V., VÉLEZ, P., VILA, F. E YARZA, J. (1991): Introducción a la Historia del Arte. Fundamentos teóricos y lenguajes artísticos, Barcelona, Barcanova (Temas Universitarios).
- FURIÓ, V. (2002): Sociología del arte, Madrid, Cátedra.
- GOMBRICH, E.H. (1997): La historia del arte, Madrid, Destino.
- GONZÁLEZ GARCÍA, M.A. E OUTROS (1990): Arte galega. Estado da cuestión, A Coruña, Consello da Cultura Galega.
- PATETTA, L. (1997): Historia de la arquitectura (antología crítica), Madrid, Celeste.
- RAMÍREZ, J.A. (1976): Medios de Masas e Historia del Arte, Madrid, Cátedra.
- RODRÍGUEZ IGLESIAS, F. (Ed) (1993): Galicia Arte, A Coruña, Hércules (Proxecto Galicia 7 vols.).
- WITTKOWER, R. (1987): La escultura, procesos y principios, Madrid, Alianza.
- Capacidade para aplicar os coñecementos básicos adquiridos a través dun razoamento crítico aplicado ao análise e valoración de alternativas.
- Capacidade de análise crítica das diversas concepcións artísticas.
- Capacidade de relacionar e contextualizar as manifestacións artísticas, en especial a Arte Galega coa doutros lugares e en diferentes períodos históricos.
- Saber aplicar os coñecementos instrumentais aplicados á Historia da Arte para interpretar e manexar gráficos, fotografías, imaxes en movemento, informática e materiais da obra de arte.
- Tomar contacto directo coas obras artísticas mediante visitas aos monumentos históricos, museos e exposicións que amosan ao público este tipo de obras.
- Capacidade de lectura do entorno a partir do análise, observación e dedución da información procedente das obras artísticas producidas ao longo da historia.
- Capacidade de análise e síntese a partir da información procedente dos diversos contidos da Historia da Arte.
- Capacidade para reunir e interpretar datos relevantes e emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre aspectos da produción artística nas súas diferentes facetas.
- Recoñecemento da diversidade e multiculturalidade da humanidade.
De cara facilitar e favorecer a adquisición de coñecementos a materia impartirase do seguinte xeito:
- Exposición teórica. Aulas expositivas complementadas con información gráfica nas que se fará a explicación dos contidos teóricos da materia .
- Exposición a debate. Aulas interactivas ou participativas nas que xs alumnxs afrontarán actividades prácticas relacionadas cos contidos teóricos da materia.
- Prácticas de campo. Saídas fóra da aula concordadas cxs alumnxs .
- Participación e aportación nas aulas aos debates 70%
- Presentación de un traballo individual sobre algún dos aspectos da materia 20%
- Asistencia e participación nas actividades extra-aulares, 10%
Carolina Casal Chico
Coordinador/a- Departamento
- Departamento externo de 4º Ciclo
- Área
- Área externa de 4º Ciclo
- Correo electrónico
- carolina.casal.chico [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a área externa
Mércores | |||
---|---|---|---|
17:00-19:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | 5512 Aula 22B Facultade Formación do profesorado |