Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Clase Expositiva: 30 Total: 30
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia ordinaria de Cuarto Ciclo
Departamentos: Departamento externo de 4º Ciclo
Áreas: Área externa de 4º Ciclo
Centro IV Ciclo
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Esta materia pretende introducir ao alumnado nos temas fundamentais da astronomía, principalmente naqueles relativos á observación astronómica e ao movemento e composición dos corpos do sistema solar. Os seus obxectivos son:
- Comprender algúns dos fenómenos astronómicos máis destacados que teñen lugar no sistema solar.
- Analizar e comprender as novas sobre temas astronómicos que regularmente aparecen nos medios de comunicación.
- Contribuír á formación dunha cultura científica crítica e libre de concepcións pseudocientíficas.
1. A Terra e os seus movementos.
2. Como medimos o tempo?
3. O sistema solar.
4. A esfera celeste e o planisferio.
5. Unha noite no luar...
1. ALLER, Ramón María. Astronomía a ollo ceibe. Santiago de Compostela: Servizo de Publicacións da Universidade de Santiago de Compostela, 2016 (publicada orixinalmente en 1948). 286 p. ISBN 978-83-16533-60-2
2. BELMONTE, Juan Antonio. Las leyes del cielo: astronomía y civilizaciones antiguas. Madrid: Editorial Temas de Hoy, 1999. 293 p. ISBN 978-84-7880-796-3
3. BRAHIC, André, Paul TAPPONNIER, Lester R. BROWN e Jacques GIRARDON. La historia más bella de la Tierra. Barcelona: Editorial Anagrama, 2003. 200 p. ISBN 978-8433961990
4. FEYNMAN, Richard P. El placer de descubrir. Barcelona: Editorial Crítica, 2017. 224 p. ISBN 978-84-17067-05-2
5. HEIFETZ, Milton D. e Wil TIRION. Un paseo por las estrellas. Una guía de las estrellas, las constelaciones y sus leyendas. Madrid: Ediciones Akal, 2019. 112 p. ISBN 978-84-460-4728-5
6. MUÑOZ, Fernando. Las medidas del tiempo en la historia. Calendarios y relojes. Valladolid: Secretariado de Publicaciones e Intercambio Editorial de la Universidad de Valladolid, 2011. 173 p. ISBN 978-84-8448-604-6
7. PETERSON, Ivars. El reloj de Newton: caos en el Sistema Solar. Madrid: Alianza Editorial, 1997. 312 p. ISBN 978-8420694184
8. REEVES, Hubert. Una pequeña historia para entender el universo. Barcelona: Editorial Comanegra, 2011. 130 p. ISBN 978-8415097228
9. SAGAN, Carl. El mundo y sus demonios. La ciencia como una luz en la oscuridad. Barcelona: Editorial Planeta, 2000. 439 p. ISBN 84-08-03515-0
10. SOBEL, Dava. Los planetas. Barcelona: Editorial Anagrama, 2006. 240 p. ISBN 978-84-339-6249-2
11. VILALTA, Ramón. Astronomía Práctica e Outras Cousas. Noia: Editorial Toxosoutos, 1999. 237 p. ISBN 978-84-89129-76-4
- Capacidade de recoñecer os principais obxectos do ceo nocturno.
- Capacidade de utilizar o planisferio celeste, así como algúns dos recursos astronómicos dispoñíbeis na Internet.
- Aulas expositivas asistidas con material multimedia e exposición dialogada dos temas.
- Análise e comentario de novas astronómicas.
- Aulas prácticas: construción de reloxos de sol e observacións do ceo nocturno.
Ao finalizar o curso cada alumna/o terá unha cualificación mínima ligada á súa asistencia ás 15 sesións do curso (de 2 horas cada unha) conforme ao seguinte esquema:
Asistencia Cualificación
-------------------------------------------------------
Menos de 12 Non presentada/o
12 – 13 8.0
14 – 15 9.0
Esta cualificación poderá ser aumentada, sempre que se teña asistido a un mínimo de 12 sesións, até un máximo de 1.0 puntos, tendo en conta a participación na aula.
---
---
As aulas impartiranse en lingua galega.
NORMATIVA DA USC
ASISTENCIA A CLASE
O Consello de Goberno de 25 de marzo de 2010 aprobou a Normativa de asistencia a clase nas ensinanzas adaptadas ao EEES (http://www.usc.es/export/sites/default/gl/normativa/descargas/normaasis…).
Na mesma expóñense os beneficios da asistencia á clase, entre eles facilita unha “mellor comprensión da materia, a adquisición de competencias en grupos e individuais, a aprendizaxe continua, a interacción directa con outros alumnos e alumnas ou a posibilidade dunha metodoloxía docente-discente máis participativa”. Cabe lembrar que a USC é unha universidade presencial, polo que a asistencia a un mínimo do 80% das sesións de clase é obrigatoria. Nos casos contemplados na normativa da Facultade, os/as alumnos/as poderán solicitar exención oficial de docencia.
ENTREGA DE TRABALLOS. Os traballos realizados polo alumnado deben entregarse, preferentemente, a través da aula virtual.
RESPONSABILIDADE MEDIOAMBIENTAL En relación aos traballos persoais ou de grupo que se realicen para a materia cómpre ter en conta as seguintes indicacións: - Evitar tapas de plástico ou outros envoltorios externos innecesarios. - Sempre que sexa posible, empregar grampas en lugar de encanutillados. - Imprimir a dúas caras en calidade “aforro de tinta”. - Non empregar folios en branco como separadores de capítulos ou partes. - Evitar anexos que non teñan referencia directa cos temas desenvolvidos.
PERSPECTIVA DE XÉNERO: En atención a criterios de igualdade de xénero no ámbito universitario, recoméndase facer uso da linguaxe non sexista tanto no traballo cotiá de aula como nos traballos académicos encomendados.
CONTA RAI: É obrigatorio que o alumnado faga uso da conta de correo rai.
FERRAMENTAS TECNOLÓXICAS INSTITUCIONAIS: É obrigatorio o uso das ferramentas tecnolóxicas institucionais: Campus Virtual, Microsoft Office 365, e outras ferramentas facilitadas pola facultade e autorizadas como ferramentas institucionais pola USC.
USO DO TELÉFONO MÓBIL: Non se poderá empregar o teléfono móbil, salvo cando se use como instrumento de traballo seguindo as indicacións dadas polo equipo docente, responsabilizándose o alumnado das consecuencias legais e académicas que poidan derivarse dun emprego non axeitado do mesmo.
PROCESO DE ENSINO-APRENDIZAXE: Ter en conta que o proceso de ensino-aprendizaxe (clases / titorías) é de carácter privado. Neste senso, enténdese que se trata dun acto de comunicación e intercambio entre o/a docente e o estudantado matriculado na materia.
PROTECCIÓN DE DATOS: No referido á protección de datos a normativa de referencia pode ser consultada no seguinte enlace: https://www.usc.gal/es/politica-privacidad-proteccion-datos.
NOTA: “Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”.
Manuel Andrade Baliño
Coordinador/a- Departamento
- Matemática Aplicada
- Área
- Astronomía e Astrofísica
- Teléfono
- 982823319
- Correo electrónico
- manuel.andrade [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Luns | |||
---|---|---|---|
17:00-19:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | 5512 Sala Xuntas EPS |