Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Clase Expositiva: 25 Clase Interactiva Seminario: 5 Total: 30
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia ordinaria de Cuarto Ciclo
Departamentos: Departamento externo de 4º Ciclo
Áreas: Área externa de 4º Ciclo
Centro IV Ciclo
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | (Si)
Obxectivo principal:
• Descubrir a relación entre a cultura, a saúde e os coidados de enfermaría
Obxectivos secundarios:
• Iniciar ao alumando na historia da enfermaría.
• Coñecer a historia dos coidados profesionais en Lugo.
• Distinguir os conceptos de multiculturalidade, interculturalidade e transculturalidade.
• Percibir a importancia do contexto cultural e as relación sociais.
• Coñecer e identificar diferentes contextos culturais relacionados cos coidados de saúde.
• Recoñecer a influencia da cultura no proceso de saúde-enfermidade.
Estarán divididos en 4 bloques:
• Bloque I. Historia e historiografía en Enfermaría
Introdución aos fundamentos históricos e teóricos da profesión
Historia dos coidados a través das diferentes etapas históricas.
A historia da enfermaría en España e Galicia
• Bloque II. A Disciplina enfermeira
Marco conceptual de enfermería. Os paradigma
Modelos e teorías enfermeiras
• Bloque III. O determinante cultural da relación saúde-enfermidade
A cultura como determinante dos coidados
Os coidados transculturais de enfermaría
A multiculturalidade nos coidados
Mediación intercultural no coidado da saúde
A relación enfermeira-usuario desde a perspectiva socio-cultural
• Bloque IV . A investigación historiográfica .
Metodoloxía etnográfica.
Observación participante
A Entrevista.
Traballo de campo.
Grupos focais.
Análise de discursos.
Bloque I
- Martínez Martin, ML., & Rebollo, E.C. Historia De La Enfermería: Evolución Histórica Del Cuidado Enfermero. Elsevier; 2017.
- Siles González J. Historia de la Enfermería.España, DAE, 2011
- Vázque Gallego, Jesús. Los hospitales del camino francés en Galicia. Sada (A Coruña) Edicións do Castro; 2001.
Bloque II
- Alfaro-LeFevre R. Aplicación del Proceso Enfermero. Fomentar el Cuidado en Colaboración. Barcelona. Masson 5ª Edición; 2003
- Marriner-Tomey. (2011). Modelos y Teorías de Enfermería. Barcelona: Elsevier.
Potter, P. (2005). Fundamentos de la Enfermería. Madrid: McGraw-Hill Interamericana.
Bloque III e IV
-Bernalte Benazet, A., Miret García, M.T.,Rico Botella, S. Introducción a la antropología de la salud, la enfermedad y los sistemas de cuidados. Libros en Red 2007.
-Comelles, Josep Maria, Martínez, Ángel. Enfermedad, cultura y sociedad. Madrid: EUDEMA. 1993.
-Comelles, Josep Maria; Martorell, María Antonia; Bernal, Mariona. Enfermería y Antropología. Padeceres,cuidadores y cuidados. Icaria. Institut catalá d’Antropología 2009.
-Harris,Marvin. Antropología Cultural. Alianza editorial. Madrid. 2011.
-Hammersley, Martyn; Atkinson, Paul. Etnografía. Edit Paidós. Barcelona 2001.
-Laplantaine, F.. Antropología de la enfermedad. Buenos Aires - Argentina: Ediciones del Sol.1965
-Martínez Hernández, Ángel. Antropología Médica. Teorías sobre la cultura, el poder y la enfermedad. Anthropos. Barcelona .2008.
FILMOGRAFÍA:
Bardem, M. (Director). (2016). 22 ángeles (tv) [Película].
Manuel Gómez Pereira, D. P.-J. (Dirección). (2017). Tiempos de guerra (serie de tv) caps.1,6,7,8 [Película].
Othenin-Girard, D. (Dirección). (2006). Rojo en la cruz [Película].
WEBGRAFÍA:
Pubmed: http://www.ncbi.nlm.nih.gov/
Google Académico: https://scholar.google.es/schhp?hl=es
Cinahl: https://www.ebscohost.com/nursing/products/cinahl-databases/cinahl-comp…
Asociación española de Nomenclatura, Taxonomía e Diagnósticos de Enfermería: https://www.aentde.com/
Academia de Enfermería de Galicia: https://academiaenfermariagalicia.org/
Consejo general de enfermería de España: https://www.consejogeneralenfermeria.org/
Consejo Internacional de Enfermeras: https://www.icn.ch/es
EORNA: http://aeeq.net/asociacion/eorna.php
Federación Europea de Enfermería: http://www.efnweb.be/
REVISTAS CIENTÍFICAS DE INTERÉS
- Revista Index.
- Revista Nure investigación.
- Revista Metas de enfermería.
- Revista ENE.
- Híades. Revista de historia de la enfermería.
- Revista ROL.
- International journal of nursing.
- International journal of nursing studies.
- International journal of nursing education.
O alumnado, ao rematar a materia, será capaz de establecer un pensamento crítico arredor do factor cultural e a súa relación cos procesos de atención á saúde e a enfermidade dende a perspectiva dos coidados.
Así como de realizar una comprensión dos traballos etnografícos e historiográficos,
Ser capaz de utilizar ferramentas básicas da investigación historiográfica e máis etnográfica dúas disciplinas,
• Dinámica de traballo:
A través da participación profesor/alumno nas sesións, tanto, expositivas como interactivas
Integración teórico-práctica en todas e cada una das unidades didácticas que compoñen o programa
Exposición teórica, debate, traballo práctico, exposición, discusión
Seminarios, con exposición dos diferentes puntos de vista sobre os diferentes temas a tratar
Titorías individualizadas para solucionar os casos particulares e personalizados de cada alumno, con respecto á materia
• Recursos ou Materiais a utilizar durante o desenvolvemento da materia:
Cine (documentais e filmes)
Literatura e fotografía
Hemeroteca
Biografías
• Temáticas:
Alteridades
Minorías
Emigración
Inmigración
Anciáns e nenos
Diferentes sexualidades
Alienación
Violencia e Guerra
O xénero
Estado da enfermidade: aguda/ crónica, epidemias, accidentes e situacións consecuentes
Morte/dor
Historias de hospital e outros escenarios sanitarios, de profesionais e usuarios do sistema de
saúde
• Realización e presentación dun diario da aula, un diario de campo e dun traballo de observación participante o remate do curso. Nel deberán recollerse os contidos teóricos aplicados a praxe
O temario consta dunha parte teórica e unha parte práctica. A avaliación realizarase independente e obrigatoriamente, da parte teórica e da parte práctica de que consta o programa.
A avaliación será continuada, o que leva consigo a asistencia as sesións presenciais, segundo marcan os Estatutos da USC.
1.-No que se refire á parte teórica o alumno realizará as diferentes probas, tanto orais como escritas, no transcurso das sesións expositivas e interactivas que se realicen durante o desenvolvemento do programa da materia e que se irán marcando na medida en que se vaia desenrolando o curso.
Esta metodoloxía leva consigo a obrigatoriedade da asistencia ás sesións expositivas e
interactivas da materia impartida durante o curso.
2.-No que respecta á parte práctica, en fecha pre-determinada o alumnado presentará e defenderá na aula o seu traballo de investigación, sobre un tema tratado na materia e que cada quen elixise no seu momento.
Valoración e puntuación das probas de avaliación:
A suficiencia dos coñecementos adquiridos na materia será conseguida polo alumnado como sumatorio do resultado das probas da parte teórica por una banda, e das practicas por outra. Cada una delas será puntuada de 0 a 10, debendo superar (en cada una) de media o 5 (que supón o mínimo para a suficiencia)
A incomparecencia a unha das partes (tanto teórica como práctica) supón a non presentación na materia.
Cada ECTS equivale a 25 horas, das cales 17 corresponden ao traballo independente do alumnado e 8 horas á docencia presencial.
Por cada hora de docencia expositiva e interactiva, considerase necesario dedicar 1,5 horas de traballo persoal (revisión deconceptos e consulta bibliográfica).
Recoméndase a contextualización histórica das diferentes etapas, co obxectivo de conseguir, mediante a lectura dun texto, a realización dun comentario crítico que inclúa os elementos fundamentais e históricos da profesión.
É desexable o estudo diario e a elaboración dun caderno do alumno para poder facer un seguimento da materia.
Resulta de gran importancia a lectura dos textos propostos.
Establecer vínculos entre os contidos teóricos das clases expositivas e as observacións e intervencións realizadas nas interactivas.
Ter acceso ao Campus Virtual da materia e consultalo regularmente.
Utilizar titorías para resolver dúbidas sobre o tema.
ASISTENCIA A CLASE
O Consello de Goberno de 25 de marzo de 2010 aprobou a Normativa de asistencia a clase nas ensinanzas adaptadas ao EEES (http://www.usc.es/export/sites/default/gl/normativa/descargas/normaasis…).
Na mesma expóñense os beneficios da asistencia á clase, entre eles facilita unha “mellor comprensión da materia, a adquisición de competencias en grupos e individuais, a aprendizaxe continua, a interacción directa con outros alumnos e alumnas ou a posibilidade dunha metodoloxía docente-discente máis participativa”. Cabe lembrar que a USC é unha universidade presencial, polo que a asistencia a un mínimo do 80% das sesións de clase é obrigatoria. Nos casos contemplados na normativa da Facultade, os/as alumnos/as poderán solicitar exención oficial de docencia.
ENTREGA DE TRABALLOS. Os traballos realizados polo alumnado deben entregarse, preferentemente, a través da aula virtual.
RESPONSABILIDADE MEDIOAMBIENTAL En relación aos traballos persoais ou de grupo que se realicen para a materia cómpre ter en conta as seguintes indicacións: - Evitar tapas de plástico ou outros envoltorios externos innecesarios. - Sempre que sexa posible, empregar grampas en lugar de encanutillados. - Imprimir a dúas caras en calidade “aforro de tinta”. - Non empregar folios en branco como separadores de capítulos ou partes. - Evitar anexos que non teñan referencia directa cos temas desenvolvidos.
PERSPECTIVA DE XÉNERO: En atención a criterios de igualdade de xénero no ámbito universitario, recoméndase facer uso da linguaxe non sexista tanto no traballo cotiá de aula como nos traballos académicos encomendados.
CONTA RAI: É obrigatorio que o alumnado faga uso da conta de correo rai.
FERRAMENTAS TECNOLÓXICAS INSTITUCIONAIS: É obrigatorio o uso das ferramentas tecnolóxicas institucionais: Campus Virtual, Microsoft Office 365, e outras ferramentas facilitadas pola facultade e autorizadas como ferramentas institucionais pola USC.
USO DO TELÉFONO MÓBIL: Non se poderá empregar o teléfono móbil, salvo cando se use como instrumento de traballo seguindo as indicacións dadas polo equipo docente, responsabilizándose o alumnado das consecuencias legais e académicas que poidan derivarse dun emprego non axeitado do mesmo.
PROCESO DE ENSINO-APRENDIZAXE: Ter en conta que o proceso de ensino-aprendizaxe (clases / titorías) é de carácter privado. Neste senso, enténdese que se trata dun acto de comunicación e intercambio entre o/a docente e o estudantado matriculado na materia.
PROTECCIÓN DE DATOS: No referido á protección de datos a normativa de referencia pode ser consultada no seguinte enlace: https://www.usc.gal/es/politica-privacidad-proteccion-datos.
NOTA: “Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”.
Isidoro Rodríguez Pérez
Coordinador/a- Departamento
- Departamento externo de 4º Ciclo
- Área
- Área externa de 4º Ciclo
- Correo electrónico
- isidoro.rodriguez [at] usc.es
- Categoría
- Profesional área externa_máx. 30 h