Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Clase Expositiva: 30 Total: 30
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia ordinaria de Cuarto Ciclo
Departamentos: Departamento externo de 4º Ciclo
Áreas: Área externa de 4º Ciclo
Centro IV Ciclo
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Tras cursar esta materia o estudantado debe ser capaz de:
1. Coñecer os conceptos básicos relacionados co patrimonio cultural e as súas tipoloxías, a través do estudo das súas manifestacións máis representativas.
2. Comprender a dimensión e o impacto social, cultural, político, económico, laboral e espacial das actividades relacionadas patrimonio cultural, para aprender a interpretar os seus valores e a súa relevancia como testemuña dunha cultura.
3. Adquirir a capacidade de contextualizar na actualidade os valores do Patrimonio Cultural, cunha perspectiva analítica, reflexiva e crítica, baseada no manexo das fontes bibliográficas e documentais relacionadas co ámbito de estudo.
4. Coñecer as principais medidas de protección do patrimonio cultural que permitan a súa transmisión a xeracións futuras.
5. Aproximar ao alumnado as novas ferramentas de posta en valor e difusión do patrimonio cultural.
Os contidos distribuiranse ao longo do curso en función do seguinte esquema:
BLOQUE 0. INTRODUCIÓN E CONTEXTUALIZACIÓN DA MATERIA.
Metodoloxía e fontes para o estudo do patrimonio cultural.
BLOQUE I. INTRODUCIÓN AO PATRIMONIO CULTURAL
TEMA 1. Concepto, evolución e claves interpretativas do patrimonio cultural.
TEMA 2. Principais tipoloxías do patrimonio cultural no contexto nacional e autonómico.
BLOQUE II. ACTUALIZACIÓN DE CONCEPTOS E NOVOS PARADIGMAS
TEMA 3. Cultura material e inmaterial na era da globalización.
TEMA 4. Identidade cultural e mediación cultural. Diversidade e multiculturalidade.
TEMA 5. Patrimonio cultural, territorio e paisaxe. Prácticas sostibles e ODS.
BLOQUE III. A SALVAGARDA DO PATRIMONIO CULTURAL
TEMA 6. Marco normativo para a conservación dos Bens Culturais. Do global ao local.
TEMA 7. A conservación e restauración do patrimonio cultural. Catalogación e xestión de bens culturais.
BLOQUE IV. ESTRATEXIAS DE COMUNICACIÓN E DINAMIZACIÓN DO PATRIMONIO CULTURAL
TEMA 8. Xestión e divulgación de contidos sobre bens culturais.
TEMA 9. Oportunidades, retos e ameazas na xestión e dinamización do patrimonio cultural.
Bibliografía Básica:
BALLART, J. e TRESSERRAS, J.J. (2001). Gestión de patrimonio cultural. Ariel Patrimonio, Barcelona.
BALLART, J. (2006). El patrimonio histórico y arqueológico: valor y uso. Ariel Patrimonio, Barcelona.
GARCIA CUETOS, M. P. (2012). El patrimonio cultural, conceptos básicos, Prensas Universidade de Zaragoza, Textos docentes, 207
GARCÍA MORALES, M.V., SOTO CABA, V., MARTÍNEZ PINO, J., (2017). El estudio del patrimonio cultural, UNED-Ramón Areces.
GONZÁLEZ-VARAS, I., (1999). Conservación de bienes culturales. Teoría, historia, principios y normas, Cátedra, Madrid.
GONZÁLEZ-VARAS, I., (2015). Patrimonio cultural. Conceptos, debates y problemas, Cátedra, Madrid.
HERNÁNDEZ HERNÁNDEZ, F. (2002). El patrimonio cultural: la memoria recuperada, Trea, Gijón.
MONTERROSO MONTERO, J.M. (2000). Protección e conservación del patrimonio. Principios teóricos. Santiago de Compostela
TUGORES TRUYOL, F. e PLANAS, R.: (2006). Introducción al patrimonio cultural, Trea, Gijón.
Bibliografía complementaria:
ALEGRE ÁVILA, J.M., Evolución y régimen jurídico del Patrimonio Histórico. Ministerio de Cultura, Madrid, 1994.
ANTIGÜEDAD DEL CASTILLO, Mª.D., Colecciones, expolio, museos y mercado artístico en España en los siglos XVIII y XIX, Fundación Ramón Areces, Madrid, 2011.
ARROYO SERRANO, S., Conservación y restauración del patrimonio industrial, Síntesis, 2018.
BANDARIN, F. e VAN OERS, R., El paisaje urbano histórico. La gestión del patrimonio en un siglo urbano, Abada, Madrid, 2014.
BECK, J., DALEY, M., La restauración de obras de arte. Negocio y cultura, controversia y escándalo. Eds. del Serbal, Barcelona, 1997.
BELLIDO GANT, M.L., Difusión del Patrimonio Cultural y Nuevas Tecnologías, Universidad Internacional de Andalucía, Sevilla, 2008.
BERMÚDEZ, A. et. al., Intervención en el patrimonio cultural. Creación y gestión de proyectos, Síntesis, Madrid, 2004.
BEVAN, R., The destruction of memory. Architecture at war, London 2006.
CALLE VAQUERO, M. de la, La ciudad histórica como destino turístico, Ariel, Madrid, 2006.
CAPITEL, A., Metamorfosis de monumentos y teorías de la restauración. Alianza ed., Madrid, 1988.
FERNÁNDEZ ARENAS, J., Introducción a la conservación del patrimonio y técnicas artísticas. Ariel, Barcelona, 1996.
FERNÁNDEZ ZAMORA, A., Turismo y Patrimonio Cultural, Universidad de Jaén, 2006.
HERNÁNDEZ HERNÁNDEZ, Fr., El patrimonio cultural, la memoria recuperada. Edicións Trea, Madrid, 2002.
LOPEZ TRUJILLO, M., A la lucha por los bienes culturales españoles (1500-1939). Trea, Asturias, 2006.
MACARRÓN MIGUEL, A. Mª. e GONZÁLEZ MOZO, A., La conservación y restauración en el siglo XX. Madrid, Tecnos, 1998.
MACARRÓN MIGUEL, A. Mª., Historia da conservación e a restauración. Desde a antigüedad hasta finales del siglo XIX. Tecnos, Madrid, 1995.
MARTINEZ XUSTIZA, Mª. J., Historia y teoría de la conservación e restauración artística. Tecnos, Madrid,2000.
MUÑOZ COSME, A., La conservación del patrimonio arquitectónico español. Ministerio de Cultura. Instituto de Conservación e Restauración de Bens Culturais, Madrid, 1989.
- Capacidade para reflexionar e aplicar os coñecementos básicos adquiridos a través dun razoamento crítico.
- Habilidade para relacionar e contextualizar o patrimonio material e inmaterial en base a criterios de recoñecemento da diversidade, multiculturalidade, igualdade, accesibilidade, sostenibilidade...
- Destreza para observar e interpretar a información procedente da lectura in situ dos bens culturais.
- Capacidade para procurar información a través de fontes bibliográficas, hemerográficas, documentais, audiovisuais... e o manexo dos repositorios en liña.
- Competencia na comunicación e exposición de ideas con claridade e emisión de xuízos reflexivos sobre a salvagarda e posta en valor do patrimonio cultural.
A aprendizaxe desta materia fundaméntase no emprego dun sistema mixto, a través de sesións expositivas e sesións interactivas.
As sesións expositivas basearanse na metodoloxía de clase maxistral, na que a docente explicará os conceptos teórico-prácticos dos contidos da materia, apoiándose no emprego de presentacións multimedia e recursos dixitais ou calquera outro medio que facilite a comprensión da asignatura.
Para unha mellor comprensión dos contidos, cada bloque teórico disporá dunha bibliografía específica que estará a disposición do alumnado. O estudantado disporá, ademais da bibliografía recomendada, de material docente complementario (documentos gráficos, material audiovisual, artigos, repositorios en liña, webgrafía e referencias electrónicas...) que será proporcionado pola profesora e que estará á súa disposición na aula virtual (https://cv.usc.es.).
As sesións interactivas, desenvolveranse de xeito complementario ás sesións expositivas cunha metodoloxía participativa, fomentando o desenvolvemento das intelixencias múltiples e o pensamiento diverxente e realizando diversas actividades secuenciadas en función dos contidos de cada bloque temático.
En caso de dispor de financiamento, organizarase unha visita a algún lugar próximo para interpretar o patrimonio cultural in situ.
Por último, o alumnado que así o desexe, ten á súa disposición as titorías personalizadas, orientadas ao apoio do alumnado no transcurso do curso, resolución de dúbidas e reforzo ou ampliación de contidos. Realizaranse no horario de titorías da docente, que estará a disposición do alumnado na aula virtual. Recoméndase solicitar a sesión previamente por correo electrónico a fin de definir un horario concreto.
O sistema de avaliación será a avaliación continua, valorando a asistencia e participación nas sesións e saídas, se as houbera, e a entrega en tempo e forma das actividades programadas durante o curso académico.
A priori, non se realizarán exames ou probas finais. Non obstante, con carácter opcional, o alumnado terá a posibilidade de facer un traballo individual que afonde nalgún dos contidos da materia coa finalidade de acadar a máxima cualificación.
A materia consta dun traballo presencial de 30 horas lectivas ao longo do curso, ao que é preciso engadir o tempo de estudo e de reflexión persoal que debe realizar o estudantado fóra da aula, considerado traballo autónomo. Para a orientación dese traballo autónomo, é posible facer uso das titorías personalizadas.
1. Constancia no estudo da materia e participación nas sesións presenciais na aula cunha actitude analítica e crítica.
2. Visualización, revisión e lectura semanal do material a traballar en cada sesión e do material complementario e a bibliografía para profundizar nos contidos.
3. Interese pola aprendizaxe de ferramentas en liña para afondar nos coñecementos e explorar os recursos ao alcance do alumnado por medios tradicionais e electrónicos.
4. Revisión frecuente do Campus Virtual e do correo electrónico corporativo.
5. Facer uso das titorías para a consulta individualizada de dúbidas.
6. Realización das tarefas e actividades programadas en tempo e forma.
ASISTENCIA A CLASE
O Consello de Goberno de 25 de marzo de 2010 aprobou a Normativa de asistencia a clase nas ensinanzas adaptadas ao EEES (http://www.usc.es/export/sites/default/gl/normativa/descargas/normaasis…).
Na mesma expóñense os beneficios da asistencia á clase, entre eles facilita unha “mellor comprensión da materia, a adquisición de competencias en grupos e individuais, a aprendizaxe continua, a interacción directa con outros alumnos e alumnas ou a posibilidade dunha metodoloxía docente-discente máis participativa”. Cabe lembrar que a USC é unha universidade presencial, polo que a asistencia a un mínimo do 80% das sesións de clase é obrigatoria. Nos casos contemplados na normativa da Facultade, os/as alumnos/as poderán solicitar exención oficial de docencia.
ENTREGA DE TRABALLOS. Os traballos realizados polo alumnado deben entregarse, preferentemente, a través da aula virtual.
RESPONSABILIDADE MEDIOAMBIENTAL En relación aos traballos persoais ou de grupo que se realicen para a materia cómpre ter en conta as seguintes indicacións: - Evitar tapas de plástico ou outros envoltorios externos innecesarios. - Sempre que sexa posible, empregar grampas en lugar de encanutillados. - Imprimir a dúas caras en calidade “aforro de tinta”. - Non empregar folios en branco como separadores de capítulos ou partes. - Evitar anexos que non teñan referencia directa cos temas desenvolvidos.
PERSPECTIVA DE XÉNERO: En atención a criterios de igualdade de xénero no ámbito universitario, recoméndase facer uso da linguaxe non sexista tanto no traballo cotiá de aula como nos traballos académicos encomendados.
CONTA RAI: É obrigatorio que o alumnado faga uso da conta de correo rai.
FERRAMENTAS TECNOLÓXICAS INSTITUCIONAIS: É obrigatorio o uso das ferramentas tecnolóxicas institucionais: Campus Virtual, Microsoft Office 365, e outras ferramentas facilitadas pola facultade e autorizadas como ferramentas institucionais pola USC.
USO DO TELÉFONO MÓBIL: Non se poderá empregar o teléfono móbil, salvo cando se use como instrumento de traballo seguindo as indicacións dadas polo equipo docente, responsabilizándose o alumnado das consecuencias legais e académicas que poidan derivarse dun emprego non axeitado do mesmo.
PROCESO DE ENSINO-APRENDIZAXE: Ter en conta que o proceso de ensino-aprendizaxe (clases / titorías) é de carácter privado. Neste senso, enténdese que se trata dun acto de comunicación e intercambio entre o/a docente e o estudantado matriculado na materia.
PROTECCIÓN DE DATOS: No referido á protección de datos a normativa de referencia pode ser consultada no seguinte enlace: https://www.usc.gal/es/politica-privacidad-proteccion-datos.
NOTA: “Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”.
Patricia Cupeiro Lopez
Coordinador/a- Departamento
- Departamento externo de 4º Ciclo
- Área
- Área externa de 4º Ciclo
- Categoría
- Profesional área externa_máx. 30 h
Xoves | |||
---|---|---|---|
17:30-19:30 | Grupo /CLE_01 | Galego | 5512 Aula 11 Facultade de Humanidades |