Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Clase Expositiva: 30 Total: 30
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia ordinaria de Cuarto Ciclo
Departamentos: Departamento externo de 4º Ciclo
Áreas: Área externa de 4º Ciclo
Centro IV Ciclo
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
- Coñecer a existencia de átomos, moléculas, ións, tipos de enlace e forzas intermoleculares que determinan os estados de agregación da materia (sólido, líquido, gas). Distinguir entre elementos e compostos; mesturas e disolucións. Interpretar o diagrama de fases do auga e a partir deste explicar o funcionamento da olla a presión, a formación do orballo e da xeada, o proceso de liofilización e o fenómeno de sublimación.
- Coñecer o fenómeno de osmoses e osmoses inversa, así como a importancia dos fenómenos osmóticos que suceden nas células animais e vexetais. Explicar os procedementos de conservación dos alimentos baseados nos devanditos fenómenos.
- Coñecer como actúan os catalizadores nunha reacción química, así como os enzimas ou fermentos nas reaccións bioquímicas, que permiten explicar o proceso de fermentación alcohólica na obtención do viño ou da cervexa.
- Coñecer a natureza da luz e os diferentes tipos de radiacións que constitúen o espectro electromagnético (ondas de radio, microondas, luz infravermella, visible, ultravioleta, raios X, raios gamma), xunto ás súas propiedades.
- Coñecer a dirección da luz a través de prismas e lentes e as causas dos defectos de refracción: estrabismo, miopía, hipermetropía, presbicia e astigmatismo, así como as lentes correctoras utilizadas en cada caso.
Tema 1. Constitución da materia. Tamaño e masa dos átomos. Estrutura dos átomos. Isótopos. Auga pesada ou deuterada: a súa importancia nos reactores nucleares. Modelos atómicos: átomo de Bohr e modelo mecano-cuántico. Orbitais e números cuánticos.
Tema 2. A Táboa Periódica dos elementos: períodos e columnas (grupos). Configuración electrónica dos elementos.
Tema 3. Tipos de enlaces interatómicos: enlace covalente, enlace polar e enlace covalente polar. Momentos dipolar e cuadrupolar dunha molécula. Forzas intermoleculares: dipolo-dipolo e forzas de dispersión. Forzas intermoleculares e temperatura de ebulición. Enlaces ou pontes de hidróxeno. Estrutura do xeo e da auga líquida. Propiedades anómalas da auga: densidade, tensión superficial, capacidade calorífica.
Tema 4. Estados da materia. Estado gasoso. Estado sólido: sólidos amorfos e cristalinos. Estado líquido. Cambios de estado. Mesturas e disolucións.
Tema 5. Evaporación dos líquidos. Influencia da temperatura e da humidade ambiental. Calor de vaporización. Concepto de presión de vapor. Isóbaras. Frontes frías e de calor en meteoroloxía.
Tema 6. Influencia da temperatura sobre a presión de vapor da auga. Curva de vaporización. Temperatura de ebulición. Olla a presión: fundamento. Diagrama de fases do auga. Punto triplo. Punto crítico. Fluidos supercríticos. Formación de iscarcha e orballo.
Tema 7. Sublimación. Neve carbónica ou xeo seco: fabricación, propiedades e aplicacións. Liofilización. Características dos produtos liofilizados. Alimentos e medicamentos liofilizados.
Tema 8. Osmose e presión osmótica. Osmose inversa: a súa aplicación en plantas desalinizadoras. Osmose nas células: a súa importancia en Bioloxía e en Farmacia. Soro salino ou fisiolóxico.
Tema 9. A reacción química: equilibrio químico. Ácidos e Bases. Escala de pH. Velocidade de reacción: factores dos que depende. Orde de reacción.
Tema 10. Catalizadores: tipos, función e aplicación. Cinética enzimática: Importancia de enzimas ou fermentos na elaboración do viño, cervexa e pan. Procesos biotecnóloxicos.
Tema 11. Natureza da luz. O espectro electromagnético: ondas da radio, microondas, radiacións infrarroxas, visibles, ultravioletas, raios X, radios gamma. Reflexión e refracción da luz. Espellismos.
Tema 12. Lentes converxentes e diverxentes. Distancia focal e potencia das lentes. O ollo humano como dioptría na visión. Defectos da visión: miopía e hipermetropía. A súa corrección mediante lentes.
Tema 13. Acomodación do cristalino. Presbicia ou vista cansa. A súa corrección. Lentes bifocais e multifocais. Astigmatismo: tipos. A súa corrección mediante lentes cilíndricas ou esferocilíndricas.
Os alumnos disporán das presentacións elaboradas polos profesores co contido de todos os temas que se expliquen ao longo do curso. Estarán a disposición dos alumnos con anterioridade á exposición de cada tema no Campus Virtual coa finalidade de que coñezan o seu contido e poidan formular nas clases expositivas as preguntas relativas ás dúbidas que lle suscitaron.
Cos coñecementos adquiridos os alumnos serán capaces de comprender e interpretar moitos dos fenómenos que ocorren na natureza, podendo explicar os mesmos desde un punto de vista molecular e/ou enerxético.
Clases expositivas con proxección de presentacións en PowerPoint, sen esquecer o uso da pizarra cando sexa necesario. Estas clases serán participativas, intervindo os alumnos para expoñer os seus comentarios, aclarar as súas dúbidas e formular ao profesor cuestións sobre o tema que se está expoñendo.
Avaliación continua ao longo do curso, realizándose controis periódicos sobre os temas desenvolvidos. (Ponderación: 70%)
Control de asistencia a clases, esixíndose un número mínimo (80%) para superar a materia. (Ponderación: 30%)
O estudante deberá adicar ao estudo dos temas 30 horas e 15 ao traballo persoal.
Traballar de forma continuada
ASISTENCIA A CLASE
O Consello de Goberno de 25 de marzo de 2010 aprobou a Normativa de asistencia a clase nas ensinanzas adaptadas ao EEES (http://www.usc.es/export/sites/default/gl/normativa/descargas/normaasis…).
Na mesma expóñense os beneficios da asistencia á clase, entre eles facilita unha “mellor comprensión da materia, a adquisición de competencias en grupos e individuais, a aprendizaxe continua, a interacción directa con outros alumnos e alumnas ou a posibilidade dunha metodoloxía docente-discente máis participativa”. Cabe lembrar que a USC é unha universidade presencial, polo que a asistencia a un mínimo do 80% das sesións de clase é obrigatoria. Nos casos contemplados na normativa da Facultade, os/as alumnos/as poderán solicitar exención oficial de docencia.
ENTREGA DE TRABALLOS. Os traballos realizados polo alumnado deben entregarse, preferentemente, a través da aula virtual.
RESPONSABILIDADE MEDIOAMBIENTAL En relación aos traballos persoais ou de grupo que se realicen para a materia cómpre ter en conta as seguintes indicacións: - Evitar tapas de plástico ou outros envoltorios externos innecesarios. - Sempre que sexa posible, empregar grampas en lugar de encanutillados. - Imprimir a dúas caras en calidade “aforro de tinta”. - Non empregar folios en branco como separadores de capítulos ou partes. - Evitar anexos que non teñan referencia directa cos temas desenvolvidos.
PERSPECTIVA DE XÉNERO: En atención a criterios de igualdade de xénero no ámbito universitario, recoméndase facer uso da linguaxe non sexista tanto no traballo cotiá de aula como nos traballos académicos encomendados.
CONTA RAI: É obrigatorio que o alumnado faga uso da conta de correo rai.
FERRAMENTAS TECNOLÓXICAS INSTITUCIONAIS: É obrigatorio o uso das ferramentas tecnolóxicas institucionais: Campus Virtual, Microsoft Office 365, e outras ferramentas facilitadas pola facultade e autorizadas como ferramentas institucionais pola USC.
USO DO TELÉFONO MÓBIL: Non se poderá empregar o teléfono móbil, salvo cando se use como instrumento de traballo seguindo as indicacións dadas polo equipo docente, responsabilizándose o alumnado das consecuencias legais e académicas que poidan derivarse dun emprego non axeitado do mesmo.
PROCESO DE ENSINO-APRENDIZAXE: Ter en conta que o proceso de ensino-aprendizaxe (clases / titorías) é de carácter privado. Neste senso, enténdese que se trata dun acto de comunicación e intercambio entre o/a docente e o estudantado matriculado na materia.
PROTECCIÓN DE DATOS: No referido á protección de datos a normativa de referencia pode ser consultada no seguinte enlace: https://www.usc.gal/es/politica-privacidad-proteccion-datos.
NOTA: “Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”.
Carlos Alberto Garcia Gonzalez
Coordinador/a- Departamento
- Departamento externo de 4º Ciclo
- Área
- Área externa de 4º Ciclo
- Teléfono
- 881815252
- Correo electrónico
- carlos.garcia [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a área externa
Ines Ardao Palacios
- Departamento
- Departamento externo de 4º Ciclo
- Área
- Área externa de 4º Ciclo
- Correo electrónico
- ines.ardao [at] usc.es
- Categoría
- Profesional área externa_máx. 30 h
Clara López Iglesias
- Departamento
- Departamento externo de 4º Ciclo
- Área
- Área externa de 4º Ciclo
- Correo electrónico
- claralopez.iglesias [at] usc.es
- Categoría
- Profesional área externa_máx. 30 h
Luns | |||
---|---|---|---|
17:00-19:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | 5512 Aula 15 Facultade CC Educación |