Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Clase Expositiva: 25 Clase Interactiva Seminario: 5 Total: 30
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia ordinaria de Cuarto Ciclo
Departamentos: Departamento externo de 4º Ciclo
Áreas: Área externa de 4º Ciclo
Centro IV Ciclo
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | (Si)
• Inmersión na historia de Italia, desde a antigüidade ata o presente.
• Percorrido pola xeografía física e humana de Italia.
• Introdución á lingua e literatura italianas.
• Realización de obradoiros divulgativos sobre a moda e o deseño, o cinema e a gastronomía dos italianos.
1) Historia de Italia: desde as orixes ata a actualidade.
2) Atlas de xeografía italiana: os lugares, as xentes, as formas culturais.
3) A lingua italiana.
4) A literatura en lingua italiana.
5) Outras linguas e códigos lingüísticos de Italia.
6) A moda e o deseño “made in Italia”.
7) A arte e as manifestacións artísticas ao longo do tempo.
8) O cinema e as artes audiovisuais.
9) Tradicións e costumes netamente italianos.
10) A gastronomía: unha das cociñas máis internacionais.
11) Organización administrativa, política e social na Italia actual.
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA
BURKE, Peter (1993) El renacimiento italiano. Cultura y sociedad en Italia. Madrid: Ed. Alianza Forma.
DUGGAN,Christopher (2017) Historia de Italia. Madrid: Akal.
VILLENA, Luis Antonio de (2023) La dolce vita: breve diccionario sentimental de Italia. Madrid: Fórcola Ediciones.
VV.AA. (2019) Italiano fácil. Madrid: Espasa
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA
BRILLI, Attilio (2023) El viaje a Italia. Historia de una gran tradición cultural. Madrid: A. Machado Libros S.A.
GONZÁLEZ MARTÍN, Vicente e AZCONA PASTOR, José Manuel -coord.- (2022) Italia y España: una historia convergente. Madrid: Sílex.
MONTAIGNE, Michel de (2020) Diario del viaje a Italia. Por Suiza y Alemania (1580-1581). Madrid: Acantilado.
SCALMANI, Davide (2016) Historia de Italia. Madrid: Sílex.
Non procede demostrar competencias previas. O seguimento das clases e das lecturas ou propostas que o profesor faga na aula serán suficientes para adquirir a competencia necesaria para superar a materia. Búscase adentrar ao alumnado no interese por unha cultura, a italiana, que exerce unha influencia indiscutible no contexto internacional, demostrando unha capacidade de atracción e fascinación que poucas outras culturas chegan a acadar. A súa lingua, a súa arte, a súa capacidade creativa en todas as disciplinas (cinema, literatura, moda, gastronomía, etc.) e a forma de vida e civilización desenvolvidas no “bel paese” atrapan, ata o punto de suscitar paixóns.
Esta material de IV Ciclo pretende introducir, dun xeito ameno e didáctico, nos aspectos máis salientables dunha cultura e dun país tan próximos a nós e, porén, non suficientemente coñecido.
A materia estrutúrase en dúas partes: unha primeira, desenvolvida a través de clases expositivas con material de apoio audiovisual, cunha duración de dúas horas semanais a realizar na aula no primeiro cuadrimetre, na que indagaremos na lingua, nas manifestacións culturais e artísticas e na sociedade italianas; e unha segunda parte, a realizar no segundo cuadrimestre, consistente nun “practicum” intensivo de inmersión na realidade italiana, a través da organización dunha estadía cultural en Italia para o alumnado matriculado que voluntariamente decida participar e custear ese complemento formativo.
Levarase a cabo unha avaliación continua da participación do alumnado nas actividades propostas na aula, e solicitarase a realización dun traballo final sobre temática consensuada entre o/a alumno/a e o profesor.
O establecido na normativa de IV Ciclo a estes efectos.
O seguimento das clases, a actitude participativa nas mesmas e o interese e aproveitamento dos materiais propostos serán fundamentais para superar con éxito a materia.
ASISTENCIA A CLASE
O Consello de Goberno de 25 de marzo de 2010 aprobou a Normativa de asistencia a clase nas ensinanzas adaptadas ao EEES (http://www.usc.es/export/sites/default/gl/normativa/descargas/normaasis…).
Na mesma expóñense os beneficios da asistencia á clase, entre eles facilita unha “mellor comprensión da materia, a adquisición de competencias en grupos e individuais, a aprendizaxe continua, a interacción directa con outros alumnos e alumnas ou a posibilidade dunha metodoloxía docente-discente máis participativa”. Cabe lembrar que a USC é unha universidade presencial, polo que a asistencia a un mínimo do 80% das sesións de clase é obrigatoria. Nos casos contemplados na normativa da Facultade, os/as alumnos/as poderán solicitar exención oficial de docencia.
ENTREGA DE TRABALLOS. Os traballos realizados polo alumnado deben entregarse, preferentemente, a través da aula virtual.
RESPONSABILIDADE MEDIOAMBIENTAL En relación aos traballos persoais ou de grupo que se realicen para a materia cómpre ter en conta as seguintes indicacións: - Evitar tapas de plástico ou outros envoltorios externos innecesarios. - Sempre que sexa posible, empregar grampas en lugar de encanutillados. - Imprimir a dúas caras en calidade “aforro de tinta”. - Non empregar folios en branco como separadores de capítulos ou partes. - Evitar anexos que non teñan referencia directa cos temas desenvolvidos.
PERSPECTIVA DE XÉNERO: En atención a criterios de igualdade de xénero no ámbito universitario, recoméndase facer uso da linguaxe non sexista tanto no traballo cotiá de aula como nos traballos académicos encomendados.
CONTA RAI: É obrigatorio que o alumnado faga uso da conta de correo rai.
FERRAMENTAS TECNOLÓXICAS INSTITUCIONAIS: É obrigatorio o uso das ferramentas tecnolóxicas institucionais: Campus Virtual, Microsoft Office 365, e outras ferramentas facilitadas pola facultade e autorizadas como ferramentas institucionais pola USC.
USO DO TELÉFONO MÓBIL: Non se poderá empregar o teléfono móbil, salvo cando se use como instrumento de traballo seguindo as indicacións dadas polo equipo docente, responsabilizándose o alumnado das consecuencias legais e académicas que poidan derivarse dun emprego non axeitado do mesmo.
PROCESO DE ENSINO-APRENDIZAXE: Ter en conta que o proceso de ensino-aprendizaxe (clases / titorías) é de carácter privado. Neste senso, enténdese que se trata dun acto de comunicación e intercambio entre o/a docente e o estudantado matriculado na materia.
PROTECCIÓN DE DATOS: No referido á protección de datos a normativa de referencia pode ser consultada no seguinte enlace: https://www.usc.gal/es/politica-privacidad-proteccion-datos.
NOTA: “Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”.
Xose Antonio Neira Cruz
Coordinador/a- Departamento
- Ciencias da Comunicación
- Área
- Xornalismo
- Teléfono
- 881816531
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor