Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Centro Facultade de Humanidades
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Sen docencia (En extinción)
Matrícula: Non matriculable (Só plans en extinción)
Nesta materia, en primeiro lugar, analizaremos a función da linguaxe na acción social humana, tentando unha definición sociolóxica do que é a cultura en calquera sistema social.
A continuación, desenvolveremos un concepto da estruturación das clases medias urbanas contemporáneas, analizando como se enxendran nelas as grandes culturas políticas que orientan o seu comportamento: liberalismo, nacionalismo, socialismo, feminismo.
Finalmente, tentaremos unha clasificación de imaxes, para ver de situar nesa clasificación á televisión, tratando de comprender o que a TV nos fai.
I. Teoría da Acción Social.
A función da linguaxe nas sociedades humanas
II. Patriarcado campesiño e Capitalismo.
Clases profesionalizadas urbanas contemporáneas.
Grandes – ismos
III. Clasificación de imaxes.
A TV. Planos secundarios
C. ALLONES PÉREZ (2005): Teoría de la Acción Social: propuesta de un método. Revista de Investigacións Políticas e Sociolóxicas ( RIPS): Vol 4, núm. 2, ( pp 57-68)
C. ALLONES PÉREZ (2021): Liberalismo, nacionalismo, socialismo, feminismo. Una interpretación sociológica. Madrid: Ed. Libros da Catarata
A.GARCÍA CALVO (1979): Del Lenguaje I. Madrid: Lucina
J. KOSINSKI (2006): Desde el Jardín. Barcelona: Anagrama
S. KRACAUER (1989): Teoría del cine: la redención de la realidad física. Barcelona: Paidós
J. C. PÉREZ JIMÉNEZ (1996): Imago Mundi. La cultura audiovisual. Madrid: Fundesco
Buscamos que os estudantes adquiran unha mirada sociolóxica sobre os automatismos culturais que fan posible a reprodución de calquera sociedade humana, e especificamente a reprodución das nosas sociedades occidentais.
Esta materia está afectada polo proceso de extinción da oferta do título. Por este motivo só pode matricularse nesta materia o alumnado que xa o fixese en cursos anteriores, tendo dereito a titorización e avaliación pero non a docencia lectiva.
A metodoloxía da ensinanza será, pois, de carácter titorial. Ao longo do curso o alumnado matriculado poderá e deberá concertar sesións de titoría co docente para clarexar calquera aspecto da materia e da súa avaliación.
1ª OPORTUNIDADE: Neste proceso de extinción da oferta do título, a avaliación se fará exclusivamente a través da cualificación obtida no exame final, no que se valorará a adquisición dos contidos e competencias da materia e se realizará na data establecida pola Secretaría da Facultade.
2ª OPORTUNIDADE: Neste proceso de extinción da oferta do título, a avaliación se fará exclusivamente a través da cualificación obtida no exame final, no que que se valorará a adquisición dos contidos e competencias da materia e se realizará na data establecida pola Secretaría da Facultade.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na "Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións"
19.05.2025 10:00-12:30 | Grupo de exame | Aula 12 |
25.06.2025 10:00-12:00 | Grupo de exame | Aula 12 |