Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Centro Facultade de Humanidades
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Sen docencia (En extinción)
Matrícula: Non matriculable (Só plans en extinción)
Estudo das formas e modelos de xestión, análise, difusión e control da comunicación nas organizacións. Análise das funcións dos gabinetes de comunicación e estudo das principais formas de relacións informativas.
NOTA IMPORTANTE: Os alumnos/as matriculados/as nesta materia non teñen dereito a docencia desde o curso 2023-2024 por estar extinguida a materia. Só teñen dereito a exame de acordo cos contidos do programa que se impartiu no curso 2022-2023.
Revisión dos conceptos chave en comunicación organizacional, corporativa e mercadotecnia. Estudo dos modelos liñais e circulares, ascendentes e descendentes, horizontais e verticais na comunicación interna e externa das organizacións. Estudo e desenvolvemento dos elementos necesarios para a planificación e implementación de estratexias informativas e plans de comunicación. Realización de notas de prensa e conferencias de prensa como principais modalidades das relacións informativas.
1. A comunicación nas organizacións. Delimitación conceptual: información, comunicación, relacións públicas. Modelos de comunicación nas organizacións e escolas de estudo. A comunicación por sectores: primeiro, segundo e terceiro sector.
2. Comunicación integral. Imaxe corporativa e de marca. Identidade e cultura organizacional. Reputación. Posicionamento. Patrocinio e mecenado. Responsabilidade Social Corporativa. Os eventos como ferramenta de comunicación.
3. O Plan Global de Comunicación. Elementos e funcións. Fases dunha campaña de comunicación. As estratexias de comunicación: o método RACE e o ROPE. Comunicación above the line e below the line. A avaliación: auditorías de comunicación. O rol do DIRCOM.
4. Comunicación externa: Accións e instrumentos. A relación cos públicos: comunidades, grupos de interese, stakeholders, lobbying, think tanks. Ferramentas de avaliación e informe.
5. As relacións informativas. O Gabinete de Comunicación: definición, tipoloxía, funcións, organigrama, ferramentas. Gabinete de comunicación vs. Gabinete de prensa. Rutinas produtivas dos medios: os valor-noticia. O discurso.
6. Comunicación interna. Teoría da cultura organizativa e clima laboral. Tipos de comunicación interna. Accións e ferramentas. Avaliación e informe.
7. Comunicación de crise Definición de crise e tipoloxías. Os rumores. O Plan de crise: gabinete de crise e manual de crise.
8. Comunicación en contornos virtuais. A web 2.0: propiedades. Salas de prensa online. Viralidade. Accións para redes sociais e smartphones: o mobile marketing.
Bibliografía básica
CANEL, María José (2007): Comunicación en las instituciones públicas. Tecnos: Madrid
GARCÍA OROSA, Berta (2005): Los altavoces de la actualidad: radiografía de los gabinetes de comunicación. Netbiblo: A Coruña
TÚÑEZ, Miguel (2012): La gestión de la comunicación en las organizaciones Comunicación Social: Sevilla
Bibliografía complementaria
ALMANSA, Ana (2011): Del gabinete de prensa al gabinete de comunicación: la dirección de comunicación en la actualidad. Sevilla: Comunicación Social
ÁLVAREZ, Jesús Timoteo (2013): Manejo de la comunicación organizacional. Díaz de Santos: Madrid
ANDRADE, Horacio (2005): Comunicación organizacional interna: proceso, disciplina y técnica. Netbiblo: A Coruña
BARQUERO, José Daniel (2005): Comunicación estratégica. Relaciones Públicas, Publicidad y Marketing. McGraw Hill: Madrid
CASTELLÓ, Araceli (2010): Estrategias empresariales en la web 2.0. Las redes sociales online. ECU: Alicante
CASTILLO, Antonio (2005): Comunicación organizacional. Teorías y estudios. Clave: Málaga
CASTILLO, Antonio (2015): COMUNICACION DE CRISIS 2.0. Editorial Fragua
CERVERA, Ángel Luis (2004): Comunicación total ESIC: Madrid
CHAVES, Norberto (2005): La imagen corporativa. Teoría y práctica de la identificación institucional. Gustavo Gili: Barcelona
COSTA, Joan (2012): El Dircom hoy. Dirección y gestión de la comunicación en la nueva economía. CPC: Barcelona
DEL POZO, Marisa (2007): Gestión de la comunicación interna en las organizaciones EUNSA: Pamplona
ESCALONA, Nuria (2015): Comunicación de instituciones públicas. UOC: Barcelona
GARCÍA OROSA, Berta (2009): Gabinetes de comunicación online: claves para generar información corporativa en la red. Comunicación Social: Sevilla
GRUNIG, Jim e HUNT, Todd (2003): Dirección de relaciones públicas. Gestión 2000: Barcelona
HEALY, Matthiew (2009): ¿Qué es el branding? Gustavo Gili: Barcelona
KOTLER, Philip e ARMSTRONG, Gary (2008): Fundamentos de marketing. Pearson: México
LOSADA, José Carlos (2004): Gestión de la comunicación en las organizaciones. Ariel: Barcelona
LOSADA, José Carlos (2014): Comunicación en la gestión de crisis. UOC: Barcelona
LOSADA, José Carlos (2018): (NO CRISIS): La Comunicación de crisis en un mundo conectado. UOC: Barcelona
MARÍN, Francisco (2008): Responsabilidad social corporativa y comunicación. Fragua: Madrid
McCOMBS, Maxwell (2006): Estableciendo la agenda. Paidós: Barcelona
MÍGUEZ, María Isabel (2010): Los públicos en las relaciones públicas. UOC: Barcelona
MOLINA, Juan Pedro (2011): Introducción a la comunicación institucional a través de Internet Grupo 5: Madrid
NOSNIK, Abraham (2005): Culturas organizacionales. Su origen, consolidación y desarrollo. Netbiblo: A Coruña
PIÑUEL, José Luis (2010): Teoría de la comunicación y gestión de las organizaciones. Síntesis: Madrid
RAMÍREZ, Txema (1995): Gabinetes de Comunicación. Funciones, Disfunciones e Incidencia. Bosch: Barcelona
TÚÑEZ, Miguel (1999): Producir noticias. Cómo se fabrica la realidad periodística. Tórculo: Santiago de Compostela
TÚÑEZ, Miguel e COSTA, Carmen (eds.) (2014): Comunicación corporativa. Claves y escenarios. UOC: Barcelona
ULLOD, Ana (2014): Relaciones públicas y gabinetes de comunicación. Tirant Humanidades: Valencia
VVAA (2014): Anuario de la comunicación DirCom. Dircom: Madrid: en http://www.dircom.org/images/Dircom-Anuario-2014.pdf
VILLAFAÑE, Justo (2006): La comunicación empresarial y la gestión de los intangibles en España y Latinoamérica. Pearson Ed: Madrid
XIFRA,
A materia revisa as chaves para xestionar e avaliar a xestión da comunicación en calquera organización de modo que os alumnos adquiran as competencias necesarias para incorporarse ás dinámicas laborais dos gabinetes de comunicación e dos gabinetes de prensa ou, desde as redaccións dos medios, saber como foron xestionadas as propostas que se lle achegan como información para converter en noticia.
Revisión dos conceptos chaves de comunicación organizacional, comunicación corporativa e mercadotecnia, diferenciando o peso que a información xornalística ten en cada unha delas.
Revisión e relación dos conceptos, marca, identidade corporativa e imaxe cos contidos informativos dos medios.
Revisión dos modelos lineais e circulares, ascendentes e descendentes, horizontais e verticais, da comunicación interna e externa nas organizacións.
Coñecemento das técnicas de comunicación utilizadas polas organizacións e da estrutura e funcionamento dos gabinetes de comunicación como instrumento estratéxico para lograr a presenza no temario informativo ou promover información en medios propios.
COMPETENCIAS BÁSICAS E XERAIS
CG1 - Que os estudantes demostrasen posuír e comprender coñecementos na área das Humanidades e da Cultura como resultado da súa educación secundaria xeral, conseguidos tanto a través de libros de texto avanzados, como procedentes da vangarda destes dous campos de estudo; [Que os estudantes posúan os coñecementos básicos relativos á área das Humanidades e da Cultura derivados da educación secundaria e que sexan capaces de amplialos e desenvolvelos mediante o contacto con textos especializados e achegamentos recentes]
CG2 - Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro de as áreas das Humanidades e da Cultura
CG3 - Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (relativos aos contidos no Grao de Ciencias da Cultura e Difusión cultural) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética
CG4 - Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado
CG5 - Que os estudantes desenvolvesen aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía
TRANSVERSAIS
CT1 - Capacidade de uso correcto e coherente dunha lingua estranxeira en situacións comunicativas diversas
CT2 - Redacción adecuada de textos, coa correspondente presentación formal axustada aos parámetros hoxe imperantes nos procesadores informáticos.
CT3 - Habilidade no uso das novas tecnoloxías.
ESPECÍFICAS
CE1 - Adquirir os coñecementos básicos que permitan comprender os distintos compoñentes que interveñen na actividade lingüística e os principais métodos e recursos para o seu estudo científico
CE2 - Desenvolver un punto de vista reflexivo e crítico en relación coa influencia da ciencia no mundo actual.
CE3 - Comprender razonadamente o interese do diálogo intercultural e a necesidade do respecto ás diferenzas culturais.
Esta materia está afectada polo proceso de extinción da oferta do título. Por este motivo só poden matricularse nesta materia o alumnado que xa o fixese en cursos anteriores, tendo dereito a titorización e avaliación, pero non a docencia lectiva.
A metodoloxía da ensinanza será, pois, de carácter titorial. Ao longo do curso o alumnado matriculado poderá e deberá concertar sesións de titoría coa docente para clarexar calquera aspecto da materia e da súa avaliación.
1ª OPORTUNIDADE: neste proceso de extinción da oferta do título, a avaliación farase exclusivamente a través da cualificación obtida no exame final, no que se valorará a adquisición dos contidos e competencias da materia e que se realizará na data estabelecida pola Secretaría da facultade.
2ª OPORTUNIDADE: neste proceso de extinción da oferta do título, a avaliación farase exclusivamente a través da cualificación obtida no exame final, no que se valorará a adquisición dos contidos e competencias da materia e que se realizará na data estabelecida pola Secretaría da facultade.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na "Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificación".
150 horas, segundo o contemplado na memoria destes estudos.
Marta Veiga Izaguirre
- Departamento
- Ciencias da Comunicación
- Área
- Comunicación Audiovisual e Publicidade
- Correo electrónico
- martav.izaguirre [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Asociado/a de Universidade LOSU
13.01.2025 16:00-18:30 | Grupo de exame | Aula 12 |
10.06.2025 16:00-18:00 | Grupo de exame | Aula 12 |